Solución ficha diapositiva 4

2
IDADE CONTEMPORÁNEA DIAPOSITIVA 4 1. Como cambiou o réxime de goberno en Francia despois da Revolución? O sistema de goberno de Francia tras a Revolución Francesa deixou de ser unha monarquía absoluta e pasou a ser unha República. 2. Cal é diferenza entre unha monarquía e unha república? E entre unha monarquía absolutista e unha monarquía parlamentaria? Coñeces algunha monarquía parlamentaria? A monarquía diferénciase da república en que unha monarquía é unha forma de goberno dun estado na que a xefatura do estado está a cargo dun rei ou raíña (cargo vitalicio e hereditario), mentres que nunha república a xefatura do goberno é elixida directamente polo pobo a través do voto. Nas monarquías absolutos o rei exerce todos os poderes (executivo, lexislativo e xudicial) mentres que nun estado no que o sistema de goberno é unha monarquía parlamentaria, o monarca reina pero non goberna. O poder lexislativo o exerce o parlamento, o executivo o goberno e o xudicial o exercen os xuíces nos xulgados e tribunais. España é un exemplo de monarquía parlamentaria. VÍDEO: Francia antes e despois da Revolución FRANCIA ANTES DA REVOLUCIÓN FRANCESA 3. Quen reinaba en Francia? Antes da Revolución Francesa en Francia reinaba Luís XVI. 4. Esquema da estruturas da sociedade 5. Que porcentaxe de poboación representaban as clases non privilexiadas? E as privilexiadas? Al clases non privilexiadas representaban un 90% e as privilexiadas un 10%.

Transcript of Solución ficha diapositiva 4

Page 1: Solución ficha diapositiva 4

IDADE CONTEMPORÁNEA

DIAPOSITIVA 4

1. Como cambiou o réxime de goberno en Francia despois da Revolución?

O sistema de goberno de Francia tras a Revolución Francesa deixou de ser unha

monarquía absoluta e pasou a ser unha República.

2. Cal é diferenza entre unha monarquía e unha república? E entre unha monarquía

absolutista e unha monarquía parlamentaria? Coñeces algunha monarquía

parlamentaria?

A monarquía diferénciase da república en que unha monarquía é unha forma de goberno

dun estado na que a xefatura do estado está a cargo dun rei ou raíña (cargo vitalicio e

hereditario), mentres que nunha república a xefatura do goberno é elixida directamente

polo pobo a través do voto.

Nas monarquías absolutos o rei exerce todos os poderes (executivo, lexislativo e xudicial)

mentres que nun estado no que o sistema de goberno é unha monarquía parlamentaria, o

monarca reina pero non goberna. O poder lexislativo o exerce o parlamento, o executivo o

goberno e o xudicial o exercen os xuíces nos xulgados e tribunais.

España é un exemplo de monarquía parlamentaria.

VÍDEO: Francia antes e despois da Revolución

FRANCIA ANTES DA REVOLUCIÓN FRANCESA

3. Quen reinaba en Francia?

Antes da Revolución Francesa en Francia reinaba Luís XVI.

4. Esquema da estruturas da sociedade

5. Que porcentaxe de poboación representaban as clases non privilexiadas? E as

privilexiadas?

Al clases non privilexiadas representaban un 90% e as privilexiadas un 10%.

Page 2: Solución ficha diapositiva 4

6. Que clases sociais sustentaban o Estado? Como o sustentaban?

As clases non privilexiadas eran as que mantiñan o Estado xa que eran as que pagaban

impostos.

7. Que clase social dos non privilexiados empezou a enriquecerse? Tiñan decisión

política? Por que cres que no vídeo di que é unha das causas da Revolución?

A burguesía tiña un gran poder económico pero non tiña poder político. A negativa da

nobreza a aumentar o poder político da burguesía e o feito de que un dos obxectivos de

esta era que toda a sociedade pagara impostos e tivera os mesmo dereitos ante a lei fixo

que a burguesía apoiara a Revolución.

8. Busca no dicionario RAG a palabra latifundio e explica o seu significado

Propiedade rural de gran extención.

9. Quen explotaba os latifundios no seu beneficio?

O clero e a nobreza (clases privilexiadas) eran os que se beneficiaban da explotación dos

latifundios.

10. Quen traballaba os latifundios?

Os latifundios eran traballados polo campesiñado.

FRANCIA DESPOIS DA REVOLUCIÓN FRANCESA

11. Que significa soberanía nacional.

Soberanía nacional significa poder do pobo.

12. Como se reparte o poder en Francia tras a Revolución?

O poder ser reparte en:

Lexislativo (Parlamento).

Executivo (Goberno).

Xudicial (xuíces nos xulgados e tribunais).

13. Como cambia a explotación da terra?

Os latifundios pasaron a ser terreos de tamaño medio que xa non estaban en mans da

nobreza e o clero, senón dos campesiños.

14. Esquema da nova estrutura social.

Tras a Revolución francesa desaparece a sociedade de clases. Tanto campesiños, como

burgueses , clero, nobreza son iguais ante a lei e todos teñen que pagar impostos e

dereito ao voto. Desaparecen os privilexios.