SOGAMA: A XESTIÓN DO LIXO QUE GALIZA PRECISA?adega.gal/media/documentos/sogama_xestion.pdf ·...

4
cerna nº 76 · 2016 · 10 Nos últimos tres anos (2013 a 2015) SOGAMA tratou unha media de 807.000 t de residuos municipais (RM), o 80% do total galego. Os residuos chegan ao chamado Complexo Medioambiental de Cerceda (CMC) por dúas vías, a bolsa amarela (colector amarelo, destinado aos residuos de envases), e a bolsa negra (colector verde, destinado á fracción resto, incluídos os restos orgánicos). O COLECTOR AMARELO: INEFICACIA AMBIENTAL, DOBRE CUSTO PARA A CIDADANÍA Os cambios introducidos na planta de selección de envases en 2008 permitíronlle pasar das 17.883 t, recibidas en 2007, ás 21.063 de 2011. De aí en diante, as cifras da bolsa amarela permaneceron estancas, sen acadar as 22.000 t en ningún dos exercicios posteriores. De todo o que vai na bolsa amarela, SOGAMA recuperou 12.370 t (metais, plásticos e bricks) en 2015. Cómpre preguntarse canto é isto. Cal é a eficiencia do colector amarelo? Segundo os propios datos da Xunta, os envases lixeiros son o 15% do total de residuos xerados, isto é, 130.000 t no ámbito SOGAMA. Despois de 18 anos de experiencia, e as supostas melloras continuadas, o modelo apenas acada a recuperar o 10% dos residuos de envases xerados. SOGAMA reitera nas súas campañas publicitarias que vai mellorando cada ano os seus resultados, mais, a este ritmo, o obxectivo do 50% fixado nas directivas europeas non se acadaría en menos de 120 anos! Manuel Soto Castiñeira* SOGAMA: A XESTIÓN DO LIXO QUE GALIZA PRECISA? O 97% dos residuos que chegan a SOGAMA van a incineración e a vertido directo, limitándose a reciclaxe ao 3%. A nivel ga- lego, a reciclaxe chega a un total do 12%, pola recollida de vidro e papel e a achega do ámbito Nostián (15%) e Barbanza (40%), pero o conxunto do país fica lonxe dos obxectivos europeos do 50%. Máis de 6 millóns de toneladas de residuos acu- múlanse nos vertedoiros de SOGAMA, incluíndo medio millón de t de cinzas tóxicas. A contaminación volveuse un problema en toda a contorna. Ao tempo, a creación de emprego queda no 10% da que tería lugar nun modelo de xestión ecolóxica, per- déndose uns 3.000 postos de traballo no sector. A cidadanía paga dúas e tres veces a xestión dos mesmos residuos, cun custo que continúa a aumentar. É esta a xestión do lixo que Galiza precisa? RESIDUOS www.adega.gal/revistacerna Esquema de funcionamento e resultados de SOGAMA: A) modelo de recollida dos residuos, B) Planta de elaboración de combustible (CDR), C) Planta termoeléctrica (incinera- dora), D) Vertedoiro de residuos sen tratar (Areosa). As plantas de clasificación de residuos de envases, CDR e termoeléctrica están no Complexo Medioambiental de Cerceda (CMC), onde hai dous vertedoiros máis, para cinzas, escouras e inertes. Porcentaxes sobre residuos municipais (RM) totais no ámbito; cantidades en toneladas (t) correspon- dentes a 2015. Fonte: elaboración propia a partir de datos de SOGAMA (www.sogama.es) e Xunta. GN: gas natural, MWh: mega watios hora (= 1.000 kWh). O poder calorífico dos residuos é de aproximadamente 2,8 MWh/t.

Transcript of SOGAMA: A XESTIÓN DO LIXO QUE GALIZA PRECISA?adega.gal/media/documentos/sogama_xestion.pdf ·...

Page 1: SOGAMA: A XESTIÓN DO LIXO QUE GALIZA PRECISA?adega.gal/media/documentos/sogama_xestion.pdf · recuperado da bolsa amarela (como vimos, outras 12.370 t en 2015), dános que en 2015

cerna nº 76 · 2016 · 10

Nos últimos tres anos (2013 a 2015) SOGAMA tratou unha media de807.000 t de residuos municipais (RM), o 80% do total galego. Osresiduos chegan ao chamado Complexo Medioambiental de Cerceda(CMC) por dúas vías, a bolsa amarela (colector amarelo, destinado aosresiduos de envases), e a bolsa negra (colector verde, destinado áfracción resto, incluídos os restos orgánicos).

O COLECTOR AMARELO: INEFICACIA AMBIENTAL, DOBRE CUSTOPARA A CIDADANÍA

Os cambios introducidos na planta de selección de envases en 2008permitíronlle pasar das 17.883 t, recibidas en 2007, ás 21.063 de 2011.De aí en diante, as cifras da bolsa amarela permaneceron estancas, sen

acadar as 22.000 t en ningún dos exercicios posteriores. De todo o quevai na bolsa amarela, SOGAMA recuperou 12.370 t (metais, plásticos ebricks) en 2015.

Cómpre preguntarse canto é isto. Cal é a eficiencia do colector amarelo?Segundo os propios datos da Xunta, os envases lixeiros son o 15% dototal de residuos xerados, isto é, 130.000 t no ámbito SOGAMA. Despoisde 18 anos de experiencia, e as supostas melloras continuadas, omodelo apenas acada a recuperar o 10% dos residuos de envasesxerados. SOGAMA reitera nas súas campañas publicitarias que vaimellorando cada ano os seus resultados, mais, a este ritmo, o obxectivodo 50% fixado nas directivas europeas non se acadaría en menos de120 anos!

Manuel Soto Castiñeira*

SOGAMA:A XESTIÓN DO LIXO QUE GALIZA PRECISA?

O 97% dos residuos que chegan a SOGAMA van a incineración e a vertido directo, limitándose a reciclaxe ao 3%. A nivel ga-lego, a reciclaxe chega a un total do 12%, pola recollida de vidro e papel e a achega do ámbito Nostián (15%) e Barbanza(40%), pero o conxunto do país fica lonxe dos obxectivos europeos do 50%. Máis de 6 millóns de toneladas de residuos acu-múlanse nos vertedoiros de SOGAMA, incluíndo medio millón de t de cinzas tóxicas. A contaminación volveuse un problemaen toda a contorna. Ao tempo, a creación de emprego queda no 10% da que tería lugar nun modelo de xestión ecolóxica, per-déndose uns 3.000 postos de traballo no sector. A cidadanía paga dúas e tres veces a xestión dos mesmos residuos, cuncusto que continúa a aumentar. É esta a xestión do lixo que Galiza precisa?

RESIDUOS www.adega.gal/revistacerna

Esquema de funcionamento e resultados de SOGAMA: A) modelo de recollida dos residuos, B) Planta de elaboración de combustible (CDR), C) Planta termoeléctrica (incinera-dora), D) Vertedoiro de residuos sen tratar (Areosa). As plantas de clasificación de residuos de envases, CDR e termoeléctrica están no Complexo Medioambiental de Cerceda(CMC), onde hai dous vertedoiros máis, para cinzas, escouras e inertes. Porcentaxes sobre residuos municipais (RM) totais no ámbito; cantidades en toneladas (t) correspon-dentes a 2015. Fonte: elaboración propia a partir de datos de SOGAMA (www.sogama.es) e Xunta. GN: gas natural, MWh: mega watios hora (= 1.000 kWh). O poder caloríficodos residuos é de aproximadamente 2,8 MWh/t.

Page 2: SOGAMA: A XESTIÓN DO LIXO QUE GALIZA PRECISA?adega.gal/media/documentos/sogama_xestion.pdf · recuperado da bolsa amarela (como vimos, outras 12.370 t en 2015), dános que en 2015

cerna nº 76 · 2016 · 11

www.adega.gal/revistacerna RESIDUOS

O fracaso é evidente, e ten claras consecuencias ambientais e taméneconómicas. Son os concellos os que pagan o custo extra destaineficacia: o 90% dos residuos de envases continúan indo á bolsa negra,e por tanto os concellos vense na obriga de pagar 73,9 €/t cando nondeberían pagar nada, pois son residuos acollidos ao punto verde. O puntoverde é o símbolo da responsabilidade do produtor na xeración de

residuos, polo cal as empresas envasadoras e comercializadorasrepercuten no prezo do produto o custo da recollida separada etratamento dos residuos de envases (o 25% dos residuos, sumandoenvases lixeiros e envases de cartón). Parte deste canon debe reverterás entidades locais para cubrir os gastos de recollida e tratamento dosresiduos de envases.

O modelo ten moitas deficiencias, pero a maior delas é a forma en quea Xunta e SOGAMA o levaron á práctica, en común acordo conEcoembes e con manifestos casos de “portas xiratorias”. Mentres ocolector amarelo só capta o 10% dos residuos de envases, os concellossó reciben compensación por esta pequena fracción e seguen a pagar arecollida e o tratamento do outro 90%. Ao final, con este modelo, aspersoas pagamos dobremente, primeiro o punto verde e despois a taxado concello, e todo para que os residuos acaben na incineradora ou novertedoiro.

A BOLSA NEGRA: COBRAR, QUEIMAR E VERTER

O colector verde (ou bolsa negra) recibe o 97,4% dos residuos edetermina as cifras ambientais e económicas de SOGAMA. En cifras

medias, para os últimos tres anos, SOGAMA enviou directamente aovertedoiro da Areosa 207.000 t/ano de residuos sen tratar, mentresprocesou no CMC unhas 577.000 t/ano. Desta última cantidade,recuperou unhas 12.173 t/ano de metais. Sumada esta cantidade aorecuperado da bolsa amarela (como vimos, outras 12.370 t en 2015),dános que en 2015 SOGAMA só recuperou o 2,98% do total de residuosrecibidos. Ademais de retirar estes metais para a a súa reciclaxe, noprocesado da bolsa negra do CMC resultan outras correntes minoritariastales como vidro, cerámicas e pedras, que pola súa baixa calidade sedestinan a vertedoiro de inertes, e a masa principal pasa a trituración esecado por contacto cos gases quentes que resultan de queimar gasnatural. O resultado é o chamado combustible derivado de residuos(CDR), que se acumula para a súa incineración na planta.

Así, SOGAMA consegue “eliminar” o 80% do lixo doméstico e municipalxerado en Galiza. Mais, isto é correcto? Elimínanse os residuos eproblema resolto? A realidade está lonxe de ser tan idílica. Desde 1995,SOGAMA enviou unha parte significativa dos residuos recibidos,directamente ao vertedoiro da Areosa, sen tratamento ningún. Vinte anosdespois, este vertedoiro acumula arredor de 5 millóns de t de residuos,téndose convertido, historicamente, no de maiores dimensións de Galiza.

INCINERACIÓN: MÁIS RESIDUOS TÓXICOS E EMISIÓNS ÁATMOSFERA

A incineración xera tanto residuos non perigosos (fraccións inertesretiradas no procesado previo, e escouras dos fornos incineradores)como residuos perigosos (cinzas voantes e residuos da depuración defumes, entre outros). As cantidades medias para os últimos anos foronde 91.000 t/ano de residuos non perigosos e 42.000 t/ano de residuosperigosos, nun total que atinxe ao 23% dos residuos queimados. Pero osignificativo é que, onde non había residuos perigosos, a incineraciónxerou 42.000 t/anuais de residuos perigosos. Estes residuos sonsimplemente cargados en grandes sacos (preto de 50.000 unidadesanuais) e depositados nun vertedoiro ao lado do CMC.

A reciclaxe de SOGAMA atinxiu en 2015ao 3% dos residuos recibidos: un

completo engano á cidadanía

Na parroquia de Lesta, Ordes, loitaron todo o verán contra este proxecto de vertedoiro, que ameaza a calidade ambiental e a tranquilidade das aldeas próximas.

Asoc

iación

de

afec

tadx

s do

verte

doiro

de

Lesta

Page 3: SOGAMA: A XESTIÓN DO LIXO QUE GALIZA PRECISA?adega.gal/media/documentos/sogama_xestion.pdf · recuperado da bolsa amarela (como vimos, outras 12.370 t en 2015), dános que en 2015

cerna nº 76 · 2016 · 12

RESIDUOS www.adega.gal/revistacerna

O tratamento térmico de residuos municipais mesturados, como é a bolsanegra de SOGAMA, xera emisións contaminantes de metais pesados,partículas, dioxinas e furanos, ademais de gases ácidos e gases conefecto invernadoiro. Parte dos contaminantes recupéranse durante otratamento de gases, quedando contidos nas cinzas. O seu manexocausa un forte risco para o persoal empregado e para a veciñanza, polosriscos de contaxio directo e de escape de partículas á atmosfera. O CMCsupera o medio millóns de t de cinzas tóxicas alí acumuladas, creandoun risco potencial para o futuro sen precedentes na Galiza. Outroscontaminantes, como é o mercurio ouas partículas de menor tamaño,retéñense en menor medida ealcanzan un ámbito maior de afección,a través da dispersión atmosférica.

No que se refire ás emisións de gasescon efecto invernadoiro, SOGAMAincrementou a taxa de emisión de 0,44t CO2 equivalente por cada t residuotratado en 2009 a 0.65 t CO2 eq/t en2015. Isto sen contar o chamadocarbón bioxénico, o contido nospropios residuos queimados, xa queconsideran só o carbono procedentedos combustibles fósiles utilizados (ogas natural). Aínda con estacontabilidade fraudulenta, a taxa deemisión acada os 670 g CO2/kWh deenerxía eléctrica xerada, superior á decalquera outra fonte de enerxíaprocedente de combustibles fósiles, emaior do dobre das dunha centraltérmica de gas. Se sumamos o metano emitido desde o vertedoiro daAreosa, a taxa de emisión sobe a 1.012 g CO2 eq/kWh para o conxuntode SOGAMA.

OS “CLIENTES” DE SOGAMA

En 2013 a taxa de SOGAMA foi de 53,47 €/t RM recibidos e en 2015 de70,81 €/t. A batalla da taxa gañouna sen paliativos a empresa, e osconcellos pasaron de pagar 43 millóns de euros en 2013 a 57 millóns en2015. Acomodáronse á nova situación, incrementando en xeral o déficitentre os pagamentos a SOGAMA, aos que hai que sumar o custo doservizo de recollida (entre 110 e 130 €/t RM), e os ingresos polas taxasdo lixo. Dos tres grupos de “clientes”, tal como os define SOGAMA noseu informe económico, os concellos, e por tanto a cidadanía, pagan oefecto da crise e da conseguinte redución na xeración de residuos. Osingresos pola venda de enerxía e dosmateriais recuperados permaneceronconstantes, e SOGAMA pasou derecibir 126 €/t en 2013 a 144 €/t en2015.

A pregunta é obrigada. Por que aredución na xeración de lixo desbaratao equilibrio económico de SOGAMA elle fai incrementar a taxa aos concellos? A resposta está nos elevadoscustos da incineración, que nos anos de maior xeración de residuos seviron compensados polo vertido a moi baixo custo de grandes cantidadesno vertedoiro da Areosa. O excedente de residuos que SOGAMA recibeen relación á súa capacidade incineradora caeu de 373.000 t en 2009 a200.000 t en 2015 polo efecto da crise e o menor consumo da sociedadegalega. Ese excedente vertido a baixo prezo, pero cobrado á taxa única,era a salvagarda das contas de SOGAMA. Ao verse reducido, estagarantiu o mesmo nivel de ingresos aumentando unilateralmente a taxa.Cousas do monopolio e dunha tecnoloxía inflexible, claramente

incompatible cos obxectivos de redución do lixo. Na situación actual,con 200.000 t vertidas sen tratamento e cun diferencial entre o custo devertido e a taxa de máis de 50 €/t, só esta liña de xestión dálle aSOGAMA un beneficio de máis de 10 millóns de euros anuais que paganos concellos.

DENUNCIA ECOLOXISTA ANTE O PARLAMENTO EUROPEO

A teimosía (e tamén impunidade) coa que a Xunta mantén e alimentacon novos investimentos este modeloé de difícil comprensión. Treselementos farán que non tarden enchegar a Galiza as sancións da UEpolo incumprimento da normativa envigor, como seguen a chegar polovertido de augas residuais sendepurar. O primeiro é que Galiza nonacada os obxectivos de reciclaxefixados nas directivas europeas, comotampouco o fai o Estado español noseu conxunto. En segundo lugar,tamén o vertido de residuos sentratamento previo, como o que sesegue a facer na Areosa, incumpre anormativa. Por último, a eficienciaenerxética do CMC de Cercedasitúase no 0,36 fronte ao 0,60 mínimoesixido para poder cualificala comovalorización enerxética.

ADEGA e outros colectivos ecoloxistaspresentaron en 2013 unha denuncia

diante do Parlamento Europeo, coa colaboración da eurodeputada doBNG, Ana Miranda. Esta denuncia segue en estudo cando vén decoñecerse a sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo sobre un casosimilar, aínda que de maior tamaño, relativo ao vertedoiro de Malagrottaen Roma. Unha sentenza chamada a impulsar a iniciativa da ComisiónEuropea sobre este tipo de situacións, que son as que explican conclaridade o fracaso nas políticas de prevención e reciclaxe nalgunhasrexións de Europa. Unha sentenza que pon o foco na necesidade deretirar as subvencións e axudas aos tratamentos finalistas como son overtido ou a incineración.

ALTERNATIVAS

Tamén merece a nosa reflexión o feito de que os concellos galegos, enparticular os concellos do rural e das vilas, non teñan avanzado na buscade solucións máis eficaces, ecolóxicas e baratas ao modelo SOGAMA.Falta de conciencia ambiental? Despreocupación polo destino do diñeiro

público? Desinterese pola creación deemprego local? Covardía política?Todos os estudos e experiencias endiferentes países mostran que unhaxestión ecolóxica do lixo non é máiscara que a incineración.

A diferenza está en que os custosdunha xestión ecolóxica van,

maiormente, para pagar empregos e non sofisticadas tecnoloxíasvendidas por multinacionais. Por cada emprego en SOGAMA (329 en2015), os concellos pagaron 173.000 €. Con eses pagos e os retornospola recuperación de residuos de envases, Galiza podería crear no seuconxunto non menos de 3.000 empregos na xestión ecolóxica do lixo.Así o demostran as cifras de emprego do Plan do Barbanza, e outrosmoitos exemplos por toda Europa.

Mais, as alternativas non pasan necesariamente por saírse de SOGAMA.Despois dos primeiros anos de SOGAMA cando esixía aos concellos

O punto verde nos envases confirma quexa temos pagado a recollida e reciclaxe do25% do lixo. Con SOGAMA volvemos pagar

por segunda (taxa do concello) e terceiravez (primas á enerxía “verde” de SOGAMA),

e todo para que os residuos acaben naincineradora ou no vertedoiro

As emisións de gases de efecto invernadoirode SOGAMA atinxiron os 1.012 g CO2/kWhproducido, 3,7 veces maior que a media da

produción eléctrica española

Page 4: SOGAMA: A XESTIÓN DO LIXO QUE GALIZA PRECISA?adega.gal/media/documentos/sogama_xestion.pdf · recuperado da bolsa amarela (como vimos, outras 12.370 t en 2015), dános que en 2015

cerna nº 76 · 2016 · 13

www.adega.gal/revistacerna RESIDUOS

garantía de enviar unha cantidade mínima de residuos, hoxe está claroque a necesidade da prevención e redución en orixe está por riba desavisión. Por tanto, os concellos deberían considerarse libres de modificaros modelos de recollida en orixe, e mesmo de tratamento local(compostaxe), o que lles abriría importantes vías para a racionalizacióndo servizo no seu conxunto.

Algunhas medidas son as seguintes:

1) Fomentar a compostaxe doméstica e comunitaria, particularmente enámbitos rurais, nos que se debería prescindir da recollida de calqueraresiduo orgánico. O aforro nas cantidades entregadas a SOGAMAfinancia as actuacións en compostaxe, e a redución de custos narecollida da fracción seca (semanal ou quincenal) equilibraría o balanceeconómico do servizo, hoxe altamente deficitario nestas áreas.Antóllasenos doado imaxinar mellores destinos para ese diñeirosimplemente pensando en necesidades reais no rural.

2) Adoptar un modelo de recollida porta-a-porta das principais fraccións(orgánica, envases, papel-cartón, eresto) nos núcleos rurais e vilas.

3) Promover acordos con pequenasempresas ou, mesmo, co sectorlabrego (seguindo o coñecido comomodelo austríaco, mais taméncoñecido das nosas persoas maioresna Galiza) para a compostaxe da fracción orgánica en pequenas plantas.A recollida porta-a-porta da fracción orgánica presenta unha elevadacalidade e facilidade de compostaxe, dando lugar a un fertilizanteorgánico de tipo ecolóxico e con numerosas saídas no ámbito municipale local.

En comparanza con estas propostas, o modelo centralizado de SOGAMAé un nidio exemplo de colonialismo, de como perdemos aspotencialidades propias, nunha mestura de corrupción e papanatismotecnolóxico. Estas propostas non requiren grandes investimentos ennovas plantas de residuos. O actual prezo dos servizos de SOGAMA edas recollidas convencionais faino moi viable economicamente.Papel/cartón, vidro e residuos de envases están suxeitos ao punto verdee, por tanto, o seu tratamento non debe custar nada ao concello sempree cando se realice de forma efectiva. En conxunto, alcanzan o 40% dolixo, polo que mellorar a súa recollida separada debe redundar en menoscustos para o concello. A materia orgánica é o outro 40%, e a compostaxeadáptase a calquera escala, desde a vivenda familiar até a vila, e haiexperiencia en calquera destas escalas.

TEN CABIDA A REDUCIÓN EN ORIXE?

A educación ambiental ten moito que dicir neste obxectivo, desde oámbito local e como parte dun plan municipal de xestión ecolóxica dolixo. A compostaxe doméstica é en si unha medida de redución en orixe

de grande alcance. A concienciaambiental derivada desa xestiónecolóxica cataliza a toma de decisiónscidadás en favor da compra a granel,da reutilización de bolsas, do uso defiambreiras para carne e peixe, mesmoda preferencia dos produtos locais ede tempada. Os efectos positivos van

moito máis aló da redución do lixo. Pero en todo caso, a experienciademostra que un plan de recollida porta-a-porta implica unha reduciónsignificativa na cantidade de residuos xerados.

*Manuel Soto Castiñeira é profesor de enxeñaría química na Universidade da Coruñae membro de ADEGA.

As 200.000 t vertidas sen tratamento danllea SOGAMA un beneficio de máis de 10 millóns

de euros anuais que pagan os concellos

© d

istrit

o xe

rmar

Vertedoiro de SOGAMA na Areosa (Cerceda).