Socialistas do Pereiro. Boletín #1

5
1 RESULTADOS ELECTORAIS Nas eleccións municipais de maio de 2007, gracias ós 747 veciños que confiaron en nós, o PSdeG-PSOE pasou a ser a segunda forza política neste Concello, obtendo uns resultados históricos non acadados dende 1987, cunha porcentaxe superior ó 19%. Estos resultados incrementáronse nun 46% en menos dun ano, ó acadar 1418 votos nas Eleccións Xerais, resultados novamente históricos, xa que, dende 1993 non se superaba o umbral do 34%. Continuamos traballando para dar resposta á confianza depositada en nós e seguir mellorando estos resultados. EVOLUCIÓN ELECCIÓNS MUNICIPAIS. PEREIRO DE AGUIAR 25,1 10,18 19,17 11,96 14,7 12,87 0 10 20 30 40 50 60 70 80 1987 1991 1995 1999 2003 2007 PSOE PP BNG OTROS SOCIALISTAS DO PEREIRO Grupo municipal do PSdeG-PSOE http://psoe-pereiro.blogspot.com [email protected]

description

Boletín informativo número 1 de la agrupación socialista de Pereiro de Aguiar (Ourense).

Transcript of Socialistas do Pereiro. Boletín #1

Page 1: Socialistas do Pereiro. Boletín #1

1

RESULTADOS ELECTORAIS

Nas eleccións municipais de maio de 2007, gracias ós 747 veciños que confiaron en nós, o PSdeG-PSOE pasou a ser a segunda forza política neste Concello, obtendo uns resultados históricos non acadados dende 1987, cunha porcentaxe superior ó 19%. Estos resultados incrementáronse nun 46% en menos dun ano, ó acadar 1418 votos nas Eleccións Xerais, resultados novamente históricos, xa que, dende 1993 non se superaba o

umbral do 34%. Continuamos traballando para dar resposta á confianza depositada en nós e seguir mellorando estos resultados.

EVOLUCIÓN ELECCIÓNS MUNICIPAIS. PEREIRO DE AGUIAR

25,1

10,18

19,17

11,96

14,7

12,87

0

10

20

30

40

50

60

70

80

1987 1991 1995 1999 2003 2007

PSOE

PP

BNG

OTROS

SOCIALISTAS DO PEREIRO Grupo municipal do PSdeG-PSOE

http://psoe-pereiro.blogspot.com

[email protected]

Page 2: Socialistas do Pereiro. Boletín #1

2

EVOLUCIÓN ELECCIÓNS XERAIS. PEREIRO DE AGUIAR

27,8330,89

27,54

12,92

34,99

31,5238,16

34,71

0

10

20

30

40

50

60

70

80

1982 1986 1989 1993 1996 2000 2004 2008

PSOE

PP

BNG

OTROS

ACTIVIDADE DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE

Dende a constitución da corporación e do noso grupo municipal, o Sr. Alcalde fixo honor ó seu coñecido autoritarismo e despotismo, mostrando a súa incapacidade para recoñecer que somos membros da corporación e que é obriga da oposición o control do goberno, e o fundamento do funcionamento democrático das institucións. Cumprindo co noso compromiso de oposición constructiva e de alternativa ó actual goberno local,

levamos presentadas MÁIS DE 20 MOCIÓNS, sorprendentemente máis que as presentadas polo propio grupo de goberno. Por desgracia, case todas foron rexeitadas por unanimidade polos concelleiros do PP. Non entendemos cómo se pode votar en contra de mocións tan importantes para os veciños deste Concello, como algunhas das seguintes: adquisición de terreos para o Centro de Saúde; plan de mellora do saneamento e abastecemento de augas; plan de aforro enerxético; creación de novos parques e zonas de ocio; plan de limpeza e conservación das zonas de uso común; mellora do alumeado público de Melias (novos puntos de luz en Bouzas de Fondo); remate das beirarrúas de Melias; programa cultural e deportivo de verán; programa de actividades de verán nas piscinas do municipio ...

Page 3: Socialistas do Pereiro. Boletín #1

3

Algunha das nosas mocións foron atendidas antes de chegar ó Pleno, como a obra de acondicionamento do acceso de entrada ó campo de fútbol de Melias. Hai mocións presentadas polo noso grupo que, aínda que foron aprobadas (por unanimidade), como a de Camiños e rutas verdes non motorizadas e a de Seguridade Viaria, continúan sen executar. Outras aínda non se debatiron no Pleno. NOVO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM). Coñecidos os graves problemas e deficiencias do actual Plan Xeral, estase a redactar un novo gracias á moción por vía de urxencia presentada conxuntamente polo PSdeG-PSOE e BNG, finalmente aprobada tamén polo PP despois dun duro debate e presión veciñal. FASES DO PAGAMENTO 1º- Sinatura contrato de redacción: 04/05/2008. 2º- Presentación para inf., previo aprob. inc.: xuño 2009 3º- Aprobación Inicial: xaneiro 2010. 4º- Aprobación Provisional: xuño 2010. 5º- Aprobación Definitiva: maio 2011. Total aportación da XUNTA DE GALICIA: 93.425 €. Total aportación do Concello: 51.575 €.

De acordo co noso Programa, os socialistas de Pereiro defendemos unha nova política urbanística que frene a especulación do chan, que garanta un crecemento equilibrado e sostible, propiciando o acceso á vivenda digna e de calidade nun entorno rural, no que se preserven o medio ambiente, a paisaxe e os valores tradicionais. Apostamos pola transparencia na elaboración e chamamos á participación cidadá no deseño do novo Pereiro de Aguiar. Animamos ós veciños a que participen con propostas e suxerencias, que poden facer chegar ó noso correo electrónico ([email protected]) ou dirixirse directamente a nós, tanto de xeito individual como colectivo (asociacións, empresarios, comunidades de montes, ...)

PRAZOS DE EXECUCIÓN Prazo total: 29 meses 1º Prazo parcial, entrega DOCUMENTO DE AVANCE do PXOM: 6 meses dende sinatura do contrato (novembro 2008). Establecerá a estratexia, directrices e obxectiivos xerais do plan, as liñas mestras da ordenación, criterios de clasificación e cualificación do solo, …

Page 4: Socialistas do Pereiro. Boletín #1

4

ORZAMENTO MUNICIPAL 2008 Foi debatido, coa AUSENCIA DO ALCALDE e do BNG, no Pleno do 22 de xullo. Aprobouse provisionalmente con só 7 votos do PP. O grupo socialista VOTOU EN CONTRA por considerar que ningún veciño aprobaría que dun TOTAL de 5.406.000 € se gaste o 80% entre Persoal (2.253.010,46 €) e Gastos Correntes (2.061.764,71 €), destinándose únicamente o 13 % a Inversións Reais (718.749,43 €, o que representa unha reducción de 664.895 € con respecto ao 2007). Ademáis, do total previsto para inversións reais, o 13 % depende de outras Administracións (o 7% son subvencións da Xunta de Galicia). Polo tanto, esiximos que se incrementen as cantidades destinadas a inversións reais. Nos orzamentos do 2008 non se prevê ningunha actuación de calado que revirta en riqueza, progreso e desenvolvemento deste concello (a inversión “estrela” é de 209.459,43€ para infraestructuras e equipamentos deportivos). Tamén esiximos reducir o excesivo gasto de persoal:

1) Reclamando a conxelación salarial do Alcalde (seguindo o exemplo doutras Administracións nas retribucións de altos cargos). A súa dedicación exclusiva cústanos máis de 50.000 € (39.000 € de salario líquido) e supón un incremento das retribucións de altos cargos de 20.000 € respecto do orzamento de 2007 (de 70.000 a 90.000).

2) Reclamando a anulación da suba que se prevé para unha parte do persoal por non axustarse, en opinión do noso grupo, á legalidade vixente pois vulneraría o principio de igualdade. Non nos opoñemos á suba salarial dos traballadores, pero sí a un trato desigual que podería responder ó pago de favores electorais, como no caso de subas de 318€/mes a traballadoras que foron candidatas do PP nas eleccións municipais, ou a amigos, como nos caso da suba de 177 €/mes para o oficial de brigadas.

Ante as irregularidades detectados en materia de persoal e como única vía legal de mellora das condicións laborais (non só salariais) de todo o persoal laboral do Concello, os concelleiros socialistas reclamamos a negociación dunha RPT e do Convenio Colectivo.

Page 5: Socialistas do Pereiro. Boletín #1

5

CONSELLO DE CONTAS – TRIBUNAL DE CUENTAS. Dende o grupo municipal do PsdeG-PSOE puxemos en coñecemento do Consello de Contas e Tribunal de Cuentas as presuntas irregularidades detectadas na obra das beirarrúas de Melias e na Conta Xeral Anual do ano 2007. OBRADOIRO DE EMPREGO A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia concedeu ó noso Concello este Obradoiro cos módulos de albanelería-cantería, carpintería e xardinería, no que están a participar 30 alumnos (sobre 850 €/mes cada un), aparte dos monitores, administrativo e director. A subvención concedida por esta Consellería (baixo a responsabilidade do PSdeG-PSOE) para levalo a cabo é de 610.480 €.

AFILIATE e colabora connosco.

Dende a agrupación socialista de Pereiro de Aguiar animámoste a colaborar nun proxecto de futuro para o noso Concello.

Entre todos facemos máis forza.

[email protected] http://psoe-pereiro.blogspot.com