Sobre a exposición oral
Embed Size (px)
Transcript of Sobre a exposición oral

EXPRESIÓN ORAL



“Nascuntur poetas, fiunt
oratores” (“Nacen os poetas, os oradores fanse”)

Que imos facer?1. Elaborar e presentarlle á clase unha
exposición oral.2. A partir do tema que ti mesmo escollas.
3. Cunha duración de arredor de catro minutos.
4. Axudado cun guión previo.
5. e tamén coa axuda, se se quere, de esquemas, debuxos, audio, vídeo... O que vós vexades.

Elixir un tema
Informarse
Comprender a información
Preparar o PPT (opcional) e o guión
Ampliar a información
Estruturar a información
Presentalo ao grupo

falar a présa,
sen pausas
voz baixa
non saber
ler
deficiente estrutura
deficiente material
ERROS

CONSELLOS
en grupo: coordinaci
ón e coherencia
mirar
con xestos
sen présas
ensaiar
saber

PARTES DA EXPOSICIÓN
Conclusión 10%
Desenvolvemento 80%
Introdución 10%

Alguén que fale en público e quere agradar o
público ten unha axuda grande na introdución.
INTRODUCIÓN
Saúdase, conéctase co
tema principal e, sobre
todo, somos breves....
SI, PERO COMO?

POIS FACÉNDOO, E INDO AO PRINCIPIO

Facendo o que consideremos, a iniciativa propia sempre é unha
boa maneira de introducir ,sempre que se recollan
os puntos indicados...
Ola, chámome xxxx, isto é un embolado do profe de galego, eu non contaba con
isto, pero hai que facelo e tocoume a min, aínda que non é para tanto. Hoxe vouvos
falar dun tema que me gusta especialmente...

Facendo unha referencia ao estado de ánimo
Moi boas tardes. Estou compracido de compartir con vostedes este tema, que
durante tempo me interesou....

Facendo referencia ao tema ou á situación.
Falar con vostedes esta tarde é moi significativo para min porque o tema do
acoso escolar interésame moito e creo que compartilo con este auditorio composto por pais e alumnos nos vai permitir unha
sociedade máis mellor.

Facendo referencia á persoa
Eu son Lois García. Traballo como carpinteiro desde hai varios anos e
especialiceime en modelado de mobles tibetanos. Sempre sentín unha especial
atracción polas formasartísticas orientais...

Facendo historia do tema
Como vostedes ben saben hai 2 anos e 4 meses comezabamos as obras da nosa
lagoa. En todo este tempo, de duras xornadas de traballo baixo sol e baixo
choiva fomos dándolle forma ao proxecto soñado (...) Por isto é an importante para
nós o día de hoxe.

Facendo unha definición.
Cuando falamos de Marlon Brandon estamos a falar dun dos actores máis
importantes na historia do cine de todas as épocas....

Facendo unha afirmación impactante.
Con dezasete anos Ledicia Costas
escribiu a súa primeira novela. A esa idade estudaba o COU e ao mesmo tempo redactaba o que sería a súa
“ópera prima”, Unha sombra no vento.

Facendo preguntas
Cantos de vós, que hoxe me acompañades, tedes soños? Cantos de
vós pensastes algunha vez...? Cantos....?

Facendo citas
Atribúeselle a Aristóteles a frase aquela que di: “Nas dificultades
se coñecen os amigos...”

DESENVOLVEMENTO
TEMA PRINCIPAL
Temas secundarios
Datos, argumentos

Os esquemas anteriores tomáronse do traballo sobre o mesmo tema elaboado por Ángel Encinas
Carazo.
CONCLUSIÓN
...e “colorín
colorado”
1 resumo de ideas principais2 conclusións
3 materiais utilizados4 brevidade

DEBES
- Mirar ao público.- Usar as mans para darlle máis expresividade ás palabras.- Sorrir de vez en cando.- Coidar a entoación.- Xesticulación comedida.- Adoptar unha actitude neutral, non facer teatro..- Manter unha postura correcta.
TENTA EVITAR
- Mirar ao chan.- Ler e ler... e non mirar ao público.- Usar retrousos (muletillas) do tipo “eh...”, “non?”, “verdade?”...- Rir.- Usar un ton monótono.- Adoptar unha actitude neutral, non facer teatro..- Meter as mans nos petos, sentar na mesa, moverse nerviosamente.

A modo de conclusión...

MATERIAL EMPREGADO PARA A ELABORACIÓN DESTA PRESENTACIÓN
CASSANY, D.; LUNA, M (2007); Enseñar lengua. Barcelona. Edit. Graó.VILA, M. (2002) “Enseñar a hablar para hablar mejor” en Aula de innovación educativa, núm. 111, Barcelona.
http://www.slideshare.net/lauracasasa/hablar-en-pblico-