Sistemas de goberno Gregos e Romanos

16

description

Esquemas das formas de goberno máis importantes de Grecia e Roma

Transcript of Sistemas de goberno Gregos e Romanos

Page 1: Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Page 2: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

A antiga Grecia non tivo unidade política: era un mosaico de cidades independentes unhas das outras que coñecemos co nome de polis. Este feito tivo dúas consecuencias desde o punto de vista da súa forma de goberno:

1. Cada unha das polis coñeceu os seus propios sistemas de goberno, pasando moitas delas por diferentes fases.

2. Algunhas polis, en virtude do seu éxito económico e militar, exerceron influencia, moitas veces interesada, sobre outras, que adoptaron os sistemas políticos das primeiras.

Page 3: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

A forma de goberno espartana, de carácter

fortemente militar, mantívose case

invariable desde o seu establecemento no s. VII

por Licurgo, pasando pola súa época de

esplendor (403-371 a.C.), ata a súa

decadencia, na segunda metade do s. IV a.C. Por iso o sistema chegou a ser chamado eunomía

(“bo goberno”) por moitos contemporáneos.

Page 4: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

A RHETRA ESPARTANA

APELLA ou Asamblea de cidadáns

Elaboración de proxectos de lei

Decisión sobre a guerra e a paz

2 REIS (diarquía)Xefatura do

Exército

5 ÉFOROSPoder

executivo

Poder xudicial

XERUSÍA(Consello de 28 anciáns

máis os 2 Reis)

Poder lexislativo

Poder xudicialelixe

Page 5: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

Escravo castigado

Ruínas de Esparta

Estatua de Leónidas

Non debemos pensar que a Apella estaba aberta a todo o mundo. Quedaban excluídos os seguintes grupos, que non eran suxeitos de dereitos:

1. As mulleres e os menores.

2. Os periecos ou residentes de orixe extranxeira.

3. Os hilotas: os orixinarios das rexións de Laconia e Mesenia, minguados nos seus dereitos polos espartanos á súa chegada desde o norte da península grega: debían traballar a terra para os seus amos.

Page 6: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

Pola contra, Atenas evolucionou desde

formas monárquicas (s. XI-X a.C.), ata

oligárquicas (s. X-VI a.C.), pasando por unha tiranía (s. VI a.C.), ata o modelo de democracia

instaurado por Clístenes e encarnado por Pericles (s. V a.C.), que decaerá nas primeiras décadas

do s. IV a.C.

Page 7: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

A DEMOCRACIA ATENIENSE

ECCLESIA ou Asamblea de cidadáns (maiores de 20 anos: uns 30.000)

Poder lexislativo Poder xudicial (ostracismo) Decisión sobre a guerra e a paz

MAXISTRADOS10 ESTRATEGOS 9 ARCONTES

(anuais) (anuais)

Xefatura do Exército Poder xudicial

Embaixadas Culto relixioso

BULÉ ou Consello (500 membros)

Elaboración de proxectos de lei

Supervisión da Facenda pública

propón

PRITANÍA ou Consello de 50 membros

Convoca á ECCLESIA e á BULÉ

elixe

CONSELLO DO AREÓPAGO

(ex - arcontes)

Tribunal para os delitos de asasinato

elixe

HELIEA ou Tribunal Popular (5.000 membros)

elixe

Page 8: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

Vista do outeiro do Areópago Reconstrucción da Pnyx,

lugar de reunión da Ecclesia

Pericles, importante estratego ateniense

A ateniense non era unha democracia asimilable por completo ás actuais, posto que existían escravos, e os extranxeiros (chamados alí

metecos) e as mulleres non tiñan dereitos políticos. Sen embargo, conceptos como o deber moral de participar na vida e na xestión da

comunidade ou a liberdade de expresión eran xa patrimonio da Atenas do s. V a.C.

Page 9: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

O estudio da Historia de Roma toma como referencia precisamente as tres formas de goberno que tivo a cidade (e o imperio que conquistou):

-Monarquía (753-509 a.C.)

-República (509-27 a.C.)

- Imperio (27 a.C.-476 d.C.)

Page 10: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

A MONARQUÍA ROMANA

COMITIA CVRIATA ou Asamblea de cidadáns (formada só por

patricios: 3 tribus, 30 curias, 300 gentes)

Ratificación das leis Poder xudicial (apelación) Decide sobre a guerra e a paz

elixen

REIXefatura do Exército

Autoridade relixiosa

SENADO

(Xefes das familias patricias, ata un número de 300)

Asesoramento ó Rei

Ratificación dos actos dos COMITIA CVRIATA

propón

Page 11: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

Rómulo (calquera dos dous), primeiro rei de Roma

Reunión dos comitia curiata

Tarquinio o Soberbio, derradeiro rei

En realidade, o primeiro réxime de Roma era unha

oligarquía, pois só os patricios (nobreza terratenente) tiñan

dereitos políticos: o rei era un deles, mais tratábase dun primeiro entre iguais.

Page 12: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

A REPÚBLICA ROMANA

COMITIA CENTVRIATA (Asamblea de cidadáns segundo o seu poder

económico)

Decisión sobre a guerra e a paz

Poder xudicial (apelación)

COMITIA TRIBVTA(Asamblea de cidadáns por tribus,

incluíndo patricios e plebeios)

Poder lexislativo

elixen elixen

MAXISTRADOS cum imperio (anuais)

CÓNSULES (2)

Convocatoria das Asambleas

Xefatura do Exército

PRETORES (2; logo 16)

Xustiza

MAXISTRADOS sine imperio (anuais)

CUESTORES (2, logo 20)

Recadación dos impostos

EDÍS (4)

Administración municipal

SENADO

(Ex - maxistrados)

Asesoramento xeral

Facenda pública

Política exterior

Page 13: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

COMITIA

CENTVRIATA

elixen

COMITIA

TRIBVTA

elixen

SENADO

PROPÓN

MAXISTRATURAS EXTRAORDINARIAS

SINE imperio (QUINQUENAL)

CENSOR (2)

ELABORACIÓN DO CENSO, INCLUÍNDO A LISTA DE

SENADORES

VIXIANCIA DOS COSTUMES

XESTIÓN DO PATRIMONIO DO ESTADO

sine imperio (anuaL)

TRIBUNO DA PLEBE (10)

DEREITO DE VETO A CALQUERA DECISIÓN DUN

MAXISTRADO OU A UN DECRETO DO SENADO

CVM imperio (SEMESTRAL, NOMEADO

POR UN CÓNSUL)

DICTADOR (1)

CONCENTRACIÓN DO PODER XERAL PARA UN CASO DE EMERXENCIA

CAPACIDADE DE NOMEAR UN AXUDANTE (MAGISTER

EQVITVM)

Page 14: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

Reunión do SenadoCónsul Nos comitia centuriata os

participantes ían como soldados

Logo da expulsión dos reis, os dereitos de cidadanía amplíanse ós plebeios: o grupo dirixente comprenderá agora tamén,

ademais dos nobres propietarios, ós plebeios enriquecidos por diversas actividades comerciais e industriais. A pesar da

existencia das maxistraturas, será o Senado o que concentre o auténtico poder: as primeiras tiñan unha duración temporal,

mentres que a pertenza ó Senado era vitalicia.

Page 15: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

O IMPERIO ROMANOEMPERADOR

Poder lexislativo Poder xudicial Xefe do Exército Facenda

elixe e convoca

SENADOConsello

numicipal de Roma

MAXISTRADOS

(Función decorativa)

elixe

nomea

PREFECTOSDo Pretorio (Garda

Imperial)

Da Annona (abastecemento)

Dos Bombeiros

Da Cidade (Policía)

Das Provincias

MINISTROSAsuntos Exteriores

Facenda

Xustiza

Defensor do Pobo

Page 16: Sistemas de goberno Gregos e Romanos

Augusto, primeiro Emperador

O exército, auténtico árbitro do poder imperial

Víctima dunhas institucións

insuficientes para gobernar un amplo

territorio, a República deriva en terribles

guerras civís. Será Gaio Octavio, coñecido como Augusto, quen lles porá

fin e establecerá un reparto de poder co

Senado, a fin de contas nomeado por el. Pola

súa banda, o Emperador nomeará

unha serie de funcionarios que sustituirán por

completo ás antigas maxistraturas.