Sistema Solar - Alicia A
Embed Size (px)
description
Transcript of Sistema Solar - Alicia A

O SISTEMA SOLAR
Alicia Ardións Leis.
1ºB

O SISTEMA SOLAR
Ardións Leis , Alicia Página 2
1. FORMACIÓN.
A onda expansiva que emitiu a explosión dunha
estrela vella (supernova), desestabilizou a unha
nebulosa cercana facendo que comezase a
concentrar materia no seu centro (protoestrela) e
que as partículas concentradas chocasen unhas
contra outras facéndose máis grandes e
alcanzando máis velocidade mentres que a nube
de gas que a rodeaba se foi afastando porque era
menos densa e polo tanto menos atraída polo
núcleo da nebulosa. Ao haber tantas partículas
xuntas no centro, unhas empezaron a chocar con
outras de xeito que todo comezou a xirar e traendo
como consecuencia que se elevase a presión e
temperatura da nebulosa.
Debido a esa alta temperatura e presión, produciuse unha fusión nuclear na
protoestrela facendo que explotase cunha gran emisión de enerxía que trouxo
como consecuencia a expulsión de materiais que deron lugar aos planetas,
meteoritos, cometas …. De xeito que no centro da antiga nebulosa quedou agora
una nova estrela, O sol; e xirando ao seu redor os planetas.

O SISTEMA SOLAR
Ardións Leis , Alicia Página 3
2. SITUACIÓN DOS PLANETAS.
Os planetas do sistema solar clasifícanse en:
· Interiores ou rochosos: Mercurio, Venus, Terra e Marte. Están cerca do sol, son
de tamaño pequeno,alta densidade (entre 4-5 g/cm3) e están formados en gran
parte por rochas e metais.
· Exteriores ou gasosos: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Son dun tamaño moi
grande e con pouca densidade ( entre 1-2g/cm3).Están formados maioritariamente
de gas e líquidos.
D I STA NC IA D OS PLANE TA S AO SOL :
Mercurio: É o planeta máis cercano o el, está a 57.910.000 km.
Venus : Áchase a 108.200.000 km del.
A Terra : Encóntrase a 149.600.000 km del.
Marte: Dista 227.940.000km del.
Xúpiter : Atópase a 778.330.000km del.
Saturno: Entre el e o sol hai 1.429.400.000km.
Urano: Está a 2.870.990.000km do sol.
Neptuno:É o planeta máis lonxano ao sol (4.504.300.000 km)

O SISTEMA SOLAR
Ardións Leis , Alicia Página 4
3. VENUS
3.1 .Exterior.
Este planeta está sempre cuberto por nubes (cargadas de ácido sulfúrico
concentrado) que se encontran a preto de 50km da superficie, cuxa
temperatura se aproxima aos 480° C (non hai variacións de temperaturas
diarias,sempre fai a mesma calo)r; isto é debido a súa atmosfera. Esta é
elevadamente densa e cunha presión 90 veces maior que a terrestre; para
nós sería tóxica xa que está composta maioritariamente de dióxido de
carbono. A luz solar que a atravesa quenta a superficie do planeta , que volve
a expulsar esta radiación pero é retida pola densa atmosfera que na deixa
saír ao exterior, creando así un gran efecto invernadoiro e tendo como
consecuencia esa elevada calor superficial. Non ten cambios diarios na
temperatura da súa atmosfera,está sempre igual de quente.
Venus ten unha superficie totalmente abrasadora,cuberta nun 85% por rocha
volcánica.Os científicos identificaron nela centos de volcáns cun tamaño moi
grande . Tamén hai extensas explanadas cubertas polos ríos de lava,
montañas ou mesetas deformadas pola actividade xeolóxica e numerosos
cráteres debido aos impactos dos meteoritos. O punto máis alto do planeta é
o Monte Maxwell na Terra de Ishtar.

O SISTEMA SOLAR
Ardións Leis , Alicia Página 5
3.2.Interior.
O centro deste astro é moi similar ao da
Terra, coa diferenza de que nel non existe a
auga líquida. A súa codia está composta
principalmente por basalto e ten un espesor
bastante uniforme en gran parte do planeta
con valores de quizais 20-50 km.Pode haber
excepcións nas terras altas Tessera.onde a
codia posiblemente sexa máis grosa.Posúe
un manto de rocha densa e fundida, cuxos
movementos puideron ser responsables da
deformación tectónica que se observou en
imaxes de radares.O seu núcleo ten un radio
de 3000 km composto principalmente por ferro e en menor proporción por
níquel. Ao ser un planeta menos denso pode ter tamén materiais como o xofre.
Ao contrario que a Terra,non presenta campo magnético.
3.3 Características.
É a primeira estrela que vemos acender no noso ceo e a última en apagarse. Non ten satélites. Venus xira moi lentamente sobre o seu eixe, de feito tarda 243 días en dar unha volta completa a sí mesmo e faino en sentido contrario aos demais planetas(no sentido das agullas do reloxo). A súa inclinación sobre o ecuador é de 177.3º . En dar unha volta ao redor do sol arda en cambio 224.7 días,sendo un dos máis rápidos ne completar a súa órbita.
Curiosamente, cando a Terra e Venus están máis cerca,sempre mira cara o noso planeta coa mesma parte.Grazas a iso, púdose observar ese lado de tales maneiras que se sabe como é a superficie de Venus:unha meseta plana interrompida por dúas zonas montañosas do tamaño dun continente (Ishtar Terra e Aphrodite Terra,que vista dende o noso planeta é a parte máis lonxana de Venus). Tamén se puideron descubrir volcáns moi activos,grandes correntes de lava solidificada e numerosos cráteres meteóricos. O maior cráter que se observou mide case 160 km de diámetro e o máis pequeno 5 km.Isto débese a que a densa atmosfera impide que meteoritos máis pequenos impacten contra a superficie do planeta.
Outra observación que se puido facer foi que en Venus houbo unha gran actividade tectónica.Esas probas inclúen a existencia de cordilleiras, canóns, unha depresión que se estende 1.400 km ao largo da superficie e un xigantesco cono volcánico cuxa base mide máis de 700 km de ancho.

O SISTEMA SOLAR
Ardións Leis , Alicia Página 6
3.4. Temperatura.
O calor da atmosfera de Venus pode estar
producindo un enfriamento no interior deste astro.
Esta paradójica teoría está basada nos resultados
obtidos a partir dun novo modelo presentado no
Congreso Europeo de Ciencias Planetarias. Lena
Noack, do Centro Aeroespacial de Alemania e
principal responsable do estudio, explica que o
Co2 e outros gases de efecto invernadoiro
responsables das altas temperatura foron
depositados na atmosfera por volcáns máis
antigos. A permanente calor puido ser máis
elevada no pasado, e conducir a un vulcanismo
aínda máis intenso. Pero, nun punto concreto,as
altas temperaturas provocaron unha mobilización
parcial da codia venusiana, enfriando o manto, e descendendo a actividade
volcánica. Isto deu como resultado temperaturas superficiais máis baixas, bastante
parecidas á temperatura actual de Venus, así como o fin da mobilización da
superficie”.
4. Bibliografía.
http://www.nasa.gov/mission_pages/spitzer/multimedia/spitzertwostar.html
http://www.windows2universe.org/venus/atmosphere.html&lang=sp
http://www.solarviews.com/cap/venus/venusint.htm
http://www.seti.cl/venus-caliente-por-fuera-y-frio-por-dentro/
http://www.solarviews.com/span/data2.htm
http://eltamiz.com/2008/04/21/el-sistema-solar-venus-ii/
http://www.britannica.com/EBchecked/topic/625665/Venus/54191/Interior-structure-and-geologic-
evolution
http://www.kalipedia.com/ciencias-tierra-universo/tema/venus.html?x=20070417klpcnatun_257.Kes
http://www.astromia.com/fotosolar/interiorvenus.htm
http://www.actualidadespacial.cl/venus.htm
http://www.youtube.com/watch?v=4iCuHjvehvU
http://www.youtube.com/watch?v=UAC4ZmgMA8A&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=liYwvbv8AQU&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=sUqmamlW9cc&feature=related