setembro 1 - museodopobo.gal · setembro 3/2014 P.D. ... Nestes lugares consérvase aínda memoria...

4
De agora en diante, procurádenos no url http://www.museodopobo.gal/ Máis información en www.puntogal.org/actualidade/nova.php setembro 3/2014 P.D. tel. 981 583 620 fax 981 554 840 www.museodopobo.gal correo electrónico: [email protected] Director: Carlos García Martínez Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño Secretario: Manuel Vilar Álvarez Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe Edición: Nieves Ozores setembro 1 Xa estamos en .gal Martes 22 de xullo a Asociación pun- toGAL presentou no auditorio do MPG o programa Pioneiros. Aínda que a demanda para adherirse ao dominio .gal superou amplamente o número de rexistros dispoñibles, o Museo do Pobo Galego, que apoiou desde o principio este proxecto, foi unha das entidades seleccionadas para inte- grarse neste primeiro grupo, xunto con administracións públicas, organi- zacións sociais, políticas e culturais, medios de comunicación e empresas. Desde o 25 de xullo, o Museo do Pobo Galego é unha das 93 entidades que teñen activado un enderezo .gal. ACTIVIDADES >> Durante este verán de 2014 a colección do MPG viuse incrementada nunhas 260 pezas novas, de procedencia moi variada e de diversa temática, que chegaron a tra- vés de doazóns e depósitos. A exposición Co pé na premedeira, que estivo aberta entre os meses de xaneiro a marzo con fondos da colección do museo, moveu a moitas persoas a ceder pezas relacionadas co mundo téxtil, tanto útiles para a transformación do liño, como as da Familia de Salvador Rey Rodríguez e a Fa- milia Bermejo Díaz de Rábago, como co- bertores e mantas elaboradas no tear; así, as achegadas por Ángel Rial Rei, Carlos de Blas e Bieito Pérez Outeiriño. O depósito de Ángel Rial Rei inclúe ade- mais unha ampla colección de pezas de indumentaria da vila de Cambados con roupa moi variada, entre a que destacan varias prendas infantís, así como com- plementos, xoias e obxectos relixiosos. Unha colección de medallas relixiosas, detentes e escapularios, varias pezas de indumentaria burguesa, unha balan- za para pesar bebés ou un interesante álbum de fotos de finais do século XIX son outras doazóns incorporadas nos últimos tres meses que se veñen a su- mar á colección do museo. COLECCIÓN

Transcript of setembro 1 - museodopobo.gal · setembro 3/2014 P.D. ... Nestes lugares consérvase aínda memoria...

De agora en diante, procurádenos no url http://www.museodopobo.gal/

Máis información en www.puntogal.org/actualidade/nova.php

setembro 3/2014

P.D.

tel. 981 583 620 ■ fax 981 554 840 ■ www.museodopobo.gal ■ correo electrónico: [email protected]: Carlos García Martínez ■ Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño ■ Secretario: Manuel Vilar ÁlvarezRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas DíazAdministración: Xulia Vázquez Randulfe ■ Edición: Nieves Ozores

setembro 1

Xa estamos en .galMartes 22 de xullo a Asociación pun-toGAL presentou no auditorio do MPG o programa Pioneiros. Aínda que a demanda para adherirse ao dominio .gal superou amplamente o número de rexistros dispoñibles, o Museo do Pobo Galego, que apoiou desde o principio este proxecto, foi unha das entidades seleccionadas para inte-grarse neste primeiro grupo, xunto con administracións públicas, organi-zacións sociais, políticas e culturais, medios de comunicación e empresas.

Desde o 25 de xullo, o Museo do Pobo Galego é unha das 93 entidades que teñen activado un enderezo .gal.

ACTIVIDADES

>> Durante este verán de 2014 a colección do MPG viuse incrementada nunhas 260 pezas novas, de procedencia moi variada e de diversa temática, que chegaron a tra-vés de doazóns e depósitos.

A exposición Co pé na premedeira, que estivo aberta entre os meses de xaneiro a marzo con fondos da colección do museo, moveu a moitas persoas a ceder pezas relacionadas co mundo téxtil, tanto útiles para a transformación do liño, como as da Familia de Salvador Rey Rodríguez e a Fa-milia Bermejo Díaz de Rábago, como co-bertores e mantas elaboradas no tear; así, as achegadas por Ángel Rial Rei, Carlos de Blas e Bieito Pérez Outeiriño.

O depósito de Ángel Rial Rei inclúe ade-mais unha ampla colección de pezas de indumentaria da vila de Cambados con roupa moi variada, entre a que destacan varias prendas infantís, así como com-plementos, xoias e obxectos relixiosos.

Unha colección de medallas relixiosas, detentes e escapularios, varias pezas de indumentaria burguesa, unha balan-za para pesar bebés ou un interesante álbum de fotos de fi nais do século XIX son outras doazóns incorporadas nos últimos tres meses que se veñen a su-mar á colección do museo.

COLECCIÓN

>>

>>

>>

Elas sempre están Fotografías de Elisa Gianni

11 setembro a 26 outubro 2014

En 2010, a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia organizou unha mos-tra itinerante de quince obras da fotógrafa toscana Elisa Gianni, que pretenden plas-mar a realidade das mulleres do medio rural galego no século XXI.Despois de dez anos residindo en Galicia, a fotógrafa decidiu retornar ao seu país, e ofreceulle ao Museo do Pobo Galego esta colección, na que quixo captar a esencia da nosa terra a través dos rostros de mu-lleres do rural. Mulleres en diversas pai-saxes e situacións da vida cotiá, naturais, sen artificios, e unhas mans que traballa-ron arreo e que contribuíron e contribúen ao sustento de Galicia.

Formas tradicionais da cerámica popular. Samos

2 de outubro a 2 de novembro 2014

Un novo froito da colaboración entre o MPG e a Rede Museística Provincial de Lugo, que nesta ocasión nos achega os resultados dun traballo de investigación e imaxe levado a cabo por Orlando Vivei-ro Veiga e Hixinio Flores Rivas, ao que o noso Museo contribúe tamén con algun-has pezas da colección propia.Samos foi un dos catro grandes centros oleiros da provincia de Lugo. A actividade desenvolveuse en varios lugares perten-centes ao couto do antigo mosteiro bieito, onde se documenta desde o século XVIII ata que cesa arredor dos anos 1950. Nestes lugares consérvase aínda memoria de barraxeiros coma o “Capón de Lamar-tín” e o “cacharreiro de Romelle”.

Convocatoria: Entre amigos 2015

Para maio de 2015 a Oficina de Socios e So-cias prepara unha nova edición da exposición bienal de fotografía etnográfica Entre amigos. Ide poñendo a punto as vosas cámaras.

As obras deberán ser enviadas ao Museo ata o 31 de marzo de 2015. As series, que poderán constar de entre 4 e 10 imaxes, en branco e negro ou cor, terán que ter un formato papel de 20 x 30 ou 30 x 40 cm. e haberán vir acompañadas dun texto (unha páxina DIN A4) que faga constar a autoría, lugar e data da reportaxe, título da serie e unha breve análise ou descrición da mesma.

Para todo o relacionado coa mostra pode-des poñervos en contacto coas persoas organizadoras a través da conta de correo [email protected]

EXPOSICIÓNS

setembro 2

setembro 3

>>

>>

>>Fotografando o Museo cunha cámara feita por ti

20 de setembro. De 11h a 14h e de 16h a 19h Desde os 8 anos.

Obradoiro de fotografía estenopeica. Un recipiente estanco á luz cun orificio pequeniño e un material fotosensible. Tes a túa cámara e todo o Museo como modelo. Dirixido por Xosé Valtierra.

Custe por materiais 3 euros, persoas des-empregadas e persoas socias de balde.

O 17 de xullo cumpríronse cen anos da morte en Madrid do intelectual ponteve-drés Víctor Said Armesto (1871-1914), que foi o primeiro catedrático de Litera-tura galego-portuguesa. A Deputación de Pontevedra, a Fundación Barrié e o Mu-seo do Pobo Galego, coa colaboración da Universidade de Santiago, organizan un programa de actos que se prolongará entre setembro e novembro para lembrar a súa figura.

O MPG celebrará dous simposios no mes de outubro, o primeiro os días 9 e 10, en torno a Said Armesto, ideoloxía e política, coordinado polo prof. Justo Beramendi, e o segundo os días 16 e 17, en torno a Said Armesto, música e etnografía, coordina-do polo director do Museo, Carlos García Martínez, e polo prof. Carlos Villanueva.

Café da Memoria: Emigradas

Xoves 25 de setembro ás 18h.

Trala 2ª Guerra Mundial, Europa está en plena reconstrución e precisa man de obra para a industria e a construción. Este movemento migratorio alén dos Pirineos move unha enorme masa de poboación na que predo-mina a presenza masculina, aínda que na década dos sesenta case un 20% das persoas que marchan son mulleres. Nesta emigración laboral as mulleres realizan, sobre todo, traballos menos valorados socialmente, como o servizo doméstico ou servizos de coidado persoal. Reprodúcense así as estruturas patriarcais e os roles de xénero.

As experiencias e sentimentos, as vivencias destas mulleres emigrantes, van ser o tema desta nova edición do Café da Memoria.

PROGRAMAS DO DEPTO. DE EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL

CENTENARIO VÍCTOR SAID ARMESTO

O día 10 de outubro pola tarde haberá un debate aberto sobre o tema “Said Armesto na política da Restauración”, coa participación de X.L. Barreiro Ba-rreiro, Félix F. Castro e Felipe Castro e moderada por J. Beramendi.

O día 17 haberá unha nova sesión aberta baixo o título “Said Armesto, etnógrafo e romancista”, na que parti-ciparán X.M. González Reboredo, J.L. Forneiro, J.M. Pedrosa e X. Groba, con C. Villanueva como moderador.

Como colofón, proxectarase o docu-mental Víctor Said Armesto, o resplan-dor efémero, de J.A. Durán.

Programa completo: http://www.museodopobo.es/uploads/pdf/Programa%20Said%201.pdf

Os socios e patróns escriben

O noso agradecemento ás persoas, pa-troas ou socias do Museo, que nos fixe-ron chegar recentemente as seguintes publicacións da súa autoría:

SORALUCE BLOND, J.R., CAAMAÑO SUÁREZ, M., LORENZO ASPRES, A. e LOUZAO MARTÍ-NEZ, X. (2014) O hórreo: patrimonio arquitectóni-co. A Coruña: Universidade da Coruña.

FARIÑA BUSTO, F. (2013) Comisión de Mo-numentos Históricos e artísticos de Ourense, 1844-1967: Aproximación histórica, Ourense.

GARCÍA-ORELLÁN, R. (2013) “Imaxinario da flota bacallaeira nos grandes Bancos de Terra-nova” en: Historias, mitos e monstros do mar de Galicia: Actas das VI xornadas de literatura de tradición oral. Santiago.

GONZÁLEZ PÉREZ, C. (2014) “O cruceiro ou cruz do Home Santo de Santiago de Compos-tela: historia e lenda” en: Actas do V Congreso Galego de Cruceiros. O Porriño.

(2014) “Ponteareas: o Cruceiro da Ponte” En: Pregón: Revista da festa do Corpus Christi de-Ponteareas. (2014) O traxe tradicional galego. Baiona. (2013) “Monumentos noieses desaparecidos: O baldaquino de San Marcos” en Alameda: Re-vista da Sociedade Liceo de Noia, n. 45. Noia. (2013) Gallegos en la diáspora: éxodos y retor-nos: Actas del Coloquio Internacional. Santiago 8-9 de nov. de 2012/ ed. a cargo de Julio Her-nández Borge, Domingo L. González Lopo.SUÁREZ SANDOMINGO, J. M. (2011) Benigno Teijeiro Martínez: El mayor polígrafo gallego en Argentina. Ortigueira.LOBATO, X., CAUREL, J.A. (2012) La Cabrera: tras los pasos de Ramón Carnicer. A Coruña.SANTOS FERNÁNDEZ, C. (2012) “Un curio-so doble impreso compostelano de 1604: los Mandatos y las Constituciones sinodales del Arzobispo Maximiliano de Austria” en Annua-rium Sancti Iacobi, Santiago.

(2013) “Una excursión jacobea a Clavijo en 1885. La visita arqueológica del Dr. José María Caballero” en Berceo: revista riojana de Cien-cias sociales y humanidades, n. 164. Logroño.

SOEIRO, T. (2014) Flax Mills in Penafiel, North-West Portugal/ T. Soeiro, A. D. Leal Anileiro. En: International Molinology: Journal of the Interna-tional Molinological Society, n. º 88. (sep.)

(2013) Quintandona: As muitas vidas de uma aldeia. Penafiel (Portugal).

(2013) A rúa do Burgo de Entre-os-Rios. Pe-nafiel (Portugal).

(2013) Requiem pelo patrimonio fluvial ver-nacular do Douro. En: Actas das 1ª conferen-cias do Museu de Lamego: História e Patri-mónio no/do Douro. (sep.)

VILAR ÁLVAREZ, M. (2013) “Moraime: la joya románica de A Costa da Morte” en Románico: revista de arte de amigos del románico (AdR), Madrid.

NOVAS DAS SOCIAS E SOCIOS>>

setembro 4

>>

>>

Voluntariado

Na asemblea de socias e socios de maio de 2013 unha das cuestións que se sus-citaran fora a de regular a colaboración das persoas asociadas nos labores do Museo. Neste sentido, a Xunta Reitora comprometeuse a formalizar a alta do Museo no programa de voluntariado da Xunta de Galicia, e así se fi xo.

O programa foi inaugurado por María Castro Calvo, María Tilve Costas e Mari-ví Pardo Gómez, que colaboran asidua-mente co depto. de Biblioteca e Arqui-vo, e por Isabel Vigo Rodríguez, alumna de máster da Universidade da Coruña (campus de Ferrol), que participou nas tarefas do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade www.apoi-mpg.org

>> Campaña de ampliación do apoio social

Continúa a campaña de captación de novos socios e socias co fi n de ampliar a nosa base social e de camiñar con máis independencia e pegados á rea-lidade que nos debe sustentar e á que nos debemos dirixir. Os socios e socias son fundamentais para que o proxecto do Museo do Pobo Galego siga vivo. Na primeira metade da campaña superamos as 200 inscricións , pero aínda estamos lonxe do obxectivo sinalado, 500 altas en 2014. Esperamos seguir contando co apoio de todas e todos.

PáxinasInformativasdo Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego Colabora:San Domingos de Bonaval. 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620· fax 981 554 840 www.museodopobo.gal · correo-e: [email protected]

ESPAZO DOS PATROCINADORES E SOCIOS PROTECTORES

>> Na novena convocatoria do Proxecto Di-dáctico Antonio Fraguas resultaron pre-miados as propostas Lavadores. Pasado e presente da nosa parroquia, do CEIP O Pombal (Vigo), na modalidade de ensino primario, e, na de ensino secundario, o proxecto A paisaxe lendaria e toponímica

do Concello de Silleda, do IES Pintor Col-meiro (Silleda).O xurado, reunido o 18 de xuño, valorou no proxecto do CEIP O Pombal de Lavado-res (Vigo), o esforzo por situar o alumnado dentro da memoria local do seu contorno inmediato. En canto ao proxecto do IES

Pintor Colmeiro de Silleda, saliéntase o es-forzo por procurar as raíces lendarias, tra-dicionais e históricas da toponimia, a súa recollida e fi xación informática.O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas con-ta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

IX PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS

Restaurante María CastañaViños, tapas e ra-cións, e unha carta saborosa, nun atrac-tivo e ben restaurado local da compostelá rúa da Raíña.

Destacamos desta volta tres socios protectores do ramo da gastronomía, dúas das casas de xantar máis populares de Santiago de Compostela e unha cooperativa vinícola.

Restaurante La Bodeguilla de San RoqueTodo un clásico da restauración, cunha acreditada traxectoria, no centro histórico de Compostela e moi próximo ao Museo.http://bodeguilladesanroque.com

Vitivinícola do Ribeiro – Viña CosteiraVitivinícola del Ribeiro naceu en 1968 con dous obxectivos: re-cuperar as varieda-des de calidade que caracterizaban o mellor ribeiro e mo-dernizar as técnicas de elaboración. Un intenso labor de motivación dos so-

cios -que hoxe son uns oitocentos e os investimentos en modernizar as adegas converteron os seus viños nunha refe-rencia dentro do panorama galego.http://www.vinoribeiro.com

PATROCINADORESEngasa Energía de Galicia S.A.Fundación La RosaledaAluminios Cortizo S.A.

SOCIOS PROTECTORESEduardo Beiras García-MartíFundación Rodríguez IglesiasI.X.P. Ternera GallegaO 16 Casa de XantarProgando S.L.

Restaurante María CastañaRestaurante La Bodeguilla de San RoqueCoop. Agraria Provincial da CoruñaR Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A.Vitivinícola do Ribeiro – Viña CosteiraMadeiras Ornanda

J.J. ChicolinoGadisa RetailFundación Juana de VegaAGACA. Asociación Galega de Cooperativas AgroalimentariasFeiraco