Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial,...

36
19:30 h Práctica pericial informática Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica Miguel Abal González (perito do Corpo Oficial de Peritos do CPETIG)

Transcript of Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial,...

Page 1: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

19:30 h – Práctica pericial informática

Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica

Miguel Abal González (perito do Corpo Oficial de Peritos do CPETIG)

Page 2: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

PUNTOS A TRATAR

1. Presentación

a) Quen é Miguel Abal González

b) Que é o COP do CPETIG

2. Funcionamento do COP

a) Elaboración das listas de peritos do COP

b) Designación dun perito

c) Vantaxes dun perito do COP

3. Práctica pericial

a) Pasos a dar

b) Ditame ou Informe pericial: visado

c) Defensa da pericial: vista oral

4. Exemplos

5. Preguntas

Page 3: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

1. PRESENTACIÓN MIGUEL ABAL GONZÁLEZ

− Enxeñeiro Técnico Informático

− Colexiado número 8 do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) e membro do seu Corpo Oficial de Peritos dende o ano 2010.

− Colexiado número 212 do Colegio de Ingenieros Técnicos en Informática del Principado de Asturias (CITIPA) e durante os anos 2005 a 2010 membro do seu Corpo Oficial de Peritos

− Membro da Asociación de Ingenieros e Ingenieros Técnicos en Informática (ALI), da Asociación de Usuarios de Internet (AUI), da Asociación de Técnicos en Informática (ATI) e da Internet Society (ISOC)

− Vicepresidente do CPETIG e membro do Grupo de Traballo do Corpo Oficial de Peritos (COP)

Levo realizando asesorías, consultorías, auditorías, dirección de proxectos e peritaxes informáticos dende o ano 2001. Estou especializado en desenvolver aplicacións para Internet e en auditar o cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD) e do regulamento que a desenvolve, tanto en empresas como en administracións públicas.

Teño experiencia como perito xudicial e extraxudicial en procedementos civís e laborais, en taxacións, e nalgún procedemento penal.

Os meus datos de contacto son:

607 90 17 91

[email protected]

http://www.facebook.com/miguelabal

@miguelabal

http://www.linkedin.com/in/miguelabal

Page 4: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

1. PRESENTACIÓN

CORPO OFICIAL DE PERITOS (COP) DO COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑARÍA TÉCNICA EN INFORMÁTICA

DE GALICIA (CPETIG)

Art. 335 da Lei de Enxuizamento Civil: “Cando sexan necesarios coñecementos artísticos, científicos, técnicos ou prácticos para valorar feitos ou circunstancias relevantes no asunto ou adquirir a certeza sobre eles, as partes poderán aportar ao proceso o ditame de peritos que posúan os coñecementos correspondentes” Art. 340 da Lei de Enxuizamento Civil: “Os peritos deberán posuír o título oficial que corresponda á materia obxecto de ditame e á natureza deste. Si se tratase de materias que non estean comprendidas en títulos profesionais, haberán de ser nomeados de entre persoas entendidas en aquelas materias” Neste entorno legal, a realización de informes periciais no campo da materia informática é, de feito e de dereito, unha atribución profesional das enxeñarías informáticas.

¿Que é a materia informática?

Toda aquela que se refira ao conxunto de datos almacenados, administrados ou transmitidos mediante sistemas informáticos, así como os dispositivos ou equipamentos que permitan o tratamento automatizado dos mesmos.

É por tanto, tanto o software como o hardware.

Page 5: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

1. PRESENTACIÓN

CORPO OFICIAL DE PERITOS (COP) DO COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑARÍA TÉCNICA EN INFORMÁTICA

DE GALICIA (CPETIG)

¿Que é un perito?

É toda aquela persoa que, posuíndo determinados coñecementos científicos, artísticos, técnicos ou prácticos, informa, baixo xuramento, ao xulgador sobre puntos litixiosos en canto se relacionan co seu especial saber ou experiencia.

É por tanto, unha persoa experta nunha materia á que se recorre para que asesore nun tema relacionado cos seus coñecementos.

¿Que é o COP do CPETIG?

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) é a institución de dereito público que ten recoñecida por lei a representación da enxeñaría técnica en informática en Galicia. Entre as obrigas do CPETIG recollidas nos seus estatutos está a de colaborar coas administracións públicas e coa administración de xustiza en particular, en asesoramento, consulta, redacción de informes, estudios, formación, arbitraxes, etc, relacionados coa profesión.

O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG é un servizo que ten por obxecto facilitar aos colexiados e colexiadas a súa actuación profesional en periciais informáticas de calquera organismo, entidade pública ou privada, ou persoa física ou xurídica, que requira destes servizos, incluídos os organismos do poder xudicial.

Page 6: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

2. FUNCIONAMENTO DO COP DO CPETIG

2. Funcionamento do COP

a) ¿Quen forman parte do COP?

b) ¿Cómo se elaboran as listas de peritos do COP?

c) ¿Cómo é o procedemento de designación dun perito?

d) ¿Que ofrece un perito do COP que non ofreza outro?

cartel do Curso Práctico Avanzado

de Peritaxes do 2010

Page 7: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

2. FUNCIONAMENTO DO COP DO CPETIG

2.1. Quen forma parte do COP do CPETIG Requisitos xerais para ser membro do COP:

• Ser colexiado/a • Non estar sometido a expediente disciplinario no Colexio • Solicitar a inscrición no COP • Ter realizado a formación complementaria sobre práctica pericial que estableza o CPETIG

ou algunha equivalente que deberá ser validada e aprobada polo Grupo de Traballo do COP.

• Cumprir coas obrigas vixentes en materia tributaria e de seguridade social

Requisitos específicos:

• Aqueles que sexan esixidos por imperativo legal polo ordenamento xurídico para as especialidades profesionais de que se traten

Page 8: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

2. FUNCIONAMENTO DO COP DO CPETIG

2.2. Elaboración das listas de peritos do COP do CPETIG

O COP regúlase por unha norma de Réxime Interno que foi aprobada en Asemblea Xeral Ordinaria, e a súa interpretación e desenvolvemento recae no Grupo de Traballo do COP, nomeado a tal efecto.

Tódolos anos se elabora unha lista de membros do CPETIG que desexen formar parte do COP, e que cumpran os requisitos para pertencer ao mesmo.

A lista se ordena alfabeticamente, logo de sortear a letra pola que dará comezo a mesma, e se envía aos decanatos, secretarías xudiciais, colexios de avogados e de procuradores de Galicia, sindicatos, etc.

A lista de membros do COP varía ano a ano.

Page 9: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

2. FUNCIONAMENTO DO COP DO CPETIG

2.3. Designación dun perito

O procedemento é o seguinte:

1. Alguén se pon en contacto co CPETIG (secretario xudicial, avogado, particular, empresario, etc) solicitando un perito ao Colexio

2. O Colexio consulta a lista do COP é trata de pórse en contacto co primeiro membro da lista. Se non logra contactar ou o perito rechaza a designación pásase ao seguinte da lista. O funcionamento da lista é cíclico.

3. O perito informa ao Colexio da aceptación da pericial para que o turno pase ao seguinte membro da lista.

Casos especiais:

especialidades ámbito xeográfico

Page 10: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

2. FUNCIONAMENTO DO COP DO CPETIG

2.4. ¿Que vantaxes ten contar co COP do CPETIG?

1. Dispor de profesionais cunha titulación específica obxecto da materia informática

2. Ter a garantía dunha formación en práctica pericial, na elaboración dun ditame, no procedemento de traballo e das obrigas dun perito.

3. Obter ditames periciais estandarizados e visados.

4. Ter a garantía de que o profesional conta co seguro de responsabilidade civil específico para a labor de perito informático.

5. Saber que o perito se acolleu ao Regulamento Interno de funcionamento do COP do CPETIG e aceptou o réxime sancionador e os seus deberes como perito.

6. Ter a seguridade de que non está inhabilitado como perito.

7. Ter a tranquilidade que o perito vai cumprir coas obrigas tributarias e de seguridade social.

8. Saber que o perito vai realizar o traballo con obxectividade e independencia.

Page 11: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

3. PRÁCTICA PERICIAL 3.1. Pasos a dar nunha pericial: peritaxe de parte

Localización e nomeamento

Entrevista co Cliente

Orzamento Aceptación por

parte do Cliente

Análise dos datos

Conclusións Elaboración do

ditame Visado

Entrega do ditame

Análise de Documentación

Definición de obxectivos e

planificación das probas

Probas, toma de datos

Page 12: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

3. PRÁCTICA PERICIAL 3.1. Pasos a dar nunha pericial: peritaxe xudicial

Localización e nomeamento

Entrevista co secretario xudicial

Aceptación por parte do perito

Aceptación por parte do xulgado

Análise dos datos

Conclusións Elaboración do

ditame Visado

Entrega do ditame

Preparación da vista oral

Declaración

Análise de Documentación

Definición de obxectivos e

planificación das probas

Probas, toma de datos

Orzamento

Peche do caso

Page 13: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

3. PRÁCTICA PERICIAL

3.2. Ditame ou Informe pericial

O informe pericial está estandarizado. Estruturado do seguinte xeito:

1. Información xeral sobre a peritaxe

a) Obxecto da peritaxe b) Alcance c) Antecedentes d) Fontes de información e datos de partida e) Estándares e normas f) Limitacións

2. Informe pericial 3. Conclusións 4. Anexos

Page 14: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

3. PRÁCTICA PERICIAL

3.3. Defensa da pericial: vista oral

Se ben non é estritamente necesario, se recomenda encarecidamente que:

1. Se prepare a vista oral repasando a pericial, o método, as conclusións.

2. En caso de ser perito de parte: a) O repaso debe facerse co avogado b) Preparar preguntas, respostas, e cuestións a plantexar pola parte contraria. c) Definir a estratexia da declaración d) Definir a lista de preguntas que o avogado nos debe facer, e comentar as respostas

que se van dar

3. En todo caso, se debe reflexionar sobre as estratexias e preguntas dos avogados, fiscal ou xuíz, e preparar as respostas.

Page 15: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

Page 16: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.1. O correo electrónico como proba documental

Analizaremos a credibilidade dun correo electrónico impreso como proba documental

Proceso de envío e recepción do correo electrónico:

Cando o Servidor de correo emisor transmite a mensaxe ao Servidor de correo receptor, almacena información desa transacción:

– Remitente (From) – Destinatario (To) – Enderezos IP – Asunto (Subject) – Data e hora

Page 17: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.1. O correo electrónico como proba documental

Correo electrónico = cabeceira + corpo da mensaxe

A mensaxe recibida no axente receptor contén, a cabeceira, o corpo da mensaxe, e todo o recorrido ou rastro da mensaxe dende o emisor hasta o receptor, incluíndo todos os servidores de correos intermedios que interviren na súa transmisión.

Correo electrónico impreso

Page 18: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.1. O correo electrónico como proba documental

O mesmo correo electrónico anterior

no que se están amosando os datos

da cabeceira

Page 19: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.1. O correo electrónico como proba documental

Os LOGs dos servidores dos ISP: Ley 25/2007, de 18 de octubre, de conservación de datos relativos a las comunicaciones electrónicas y a las redes públicas de

comunicaciones conservación 12 meses revelación por orde xudicial

Consultando os LOGs dos servidores intermedios podemos coñecer se a mensaxe pasou por esas máquinas, en que data, con que orixe e que destino levaba.

Os servidores dos ISP non gardan copias da mensaxe, só dos datos da cabeceira.

Non se pode coñecer o contido da mensaxe transmitida, se foi manipulada o non e quen foi o seu autor.

[email protected] [email protected] [email protected] [email protected] [email protected] [email protected]

Page 20: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.1. O correo electrónico como proba documental

Correo electrónico asinado con firma electrónica avanzada: Ley 59/2003, de 19 de diciembre, de firma electrónica

Poderíase acreditar a orixe ou autoría da mensaxe, a súa autenticidade

Poderíase garantir se e contido da mensaxe foi ou non manipulado, a súa integridade

Problemas :

Page 21: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.2. Probar a realización de certas actividades por parte dun empregado

Se comentará o caso da procura de evidencias de que un usuario realizara certas operacións ilícitas cun programa informático nun equipo dunha empresa.

1. Contexto:

– Oficina con N persoas traballando cada un co seu equipo informático e conectados todos a un servidor central no que reside un programa informático (ERP) no que traballan

– Os empregados se conectan dende os seus equipos ao programa do servidor identificándose cun usuario (login) e un contrasinal (password)

– A aplicación informática do servidor leva un rexistro (log) da actividade de tódolos usuarios.

– Dende a aplicación informática do servidor é posible realizar algúns trámites coa Administración Tributaria (presentación de tributos e modelos tributarios de xeito telemático)

Page 22: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.2. Probar a realización de certas actividades por parte dun empregado

2. Obxectivos da pericial: buscar evidencias de que un empregado concreto está a utilizar

medios da empresa para traballos alleos á mesma e facéndolle competencia desleal

3. Desenvolvemento da pericial: toma de datos in situ e análise posterior dos mesmos.

análise do servidor in situ copia espello do disco duro do PC e análise exhaustivo posterior en laboratorio

Page 23: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.2. Probar a realización de certas actividades por parte dun empregado

4. Evidencias atopadas:

– Os empregados se identifican no sistema cos seguintes nomes de usuario: – MAG – LFP – ACG

– Entre toda a actividade do usuario LFP se observa que o día 15/03/2010 creou un proxecto no ERP co nome PROXECTO_X, e estivo traballando nel dende as 10:00 ata as 14:15h.

– O usuario LFP o día 16/03/2010 volveu entrar no sistema ás 9:18 e ás 10:10 eliminou o proxecto.

– A web oficial da Axencia Tributaria (http://www.aeat.es) ofrece información das xestións realizadas por cada usuario autentificado no sistema. Se obtivo un informe nela, que se aporta como proba na pericial, en no que se amosa que o día 16/03/2010 ás 9:58 alguén se conectou dende a empresa e presentou un proxecto denominado PROXECTO_X.

Page 24: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.2. Probar a realización de certas actividades por parte dun empregado

5. Non se puideron atopar evidencias ou demostrar:

– A quen se correspondían os usuarios MAG, LFP e ACG

– En qué consistía o proxecto denominado PROXECTO_X

– Quen se conectou á Axencia Tributaria

6. Se informa dos achádevos ao avogado do Cliente, se planifica a estratexia a seguir para o caso co que respecta á proba pericial informática segundo estes achádevos, se elabora o informe pericial e se lle entrega ao Cliente.

7. Cando se coñece a data da vista oral. Se repasa o caso co avogado

e se planifican as preguntas que vai facer e as respostas que obterá.

8. Se acude á vista oral.

Page 25: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.2. Probar a realización de certas actividades por parte dun empregado

9. Logo das preguntas dos avogados, fiscal e xuíz se considerou probado que:

– As iniciais LFP correspondían as do usuario Luis F.P., o empregado demandado.

– A aplicación informática funciona correctamente e non foi manipulada.

– Luis F.P. empregaba de xeito xeneralizado os medios da empresa para traballos pola súa conta na súa xornada laboral.

– O proxecto denominado PROXECTO_X era un deses traballos

– Luis F.P. fora o usuario que realizara trámites telemáticos na administración dende a empresa para ese proxecto.

– Ao finalizar o seu traballo Luis F.P. borrou o proxecto para eliminar rastros da súa actividade.

Page 26: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.3. Probar a realización de certas actividades por parte dun empregado

Se comentará o caso da procura de evidencias de que un usuario realizaba copia de documentación e competencia desleal á empresa

1. Contexto:

– Oficina con N persoas traballando cada un co seu equipo informático

– A empresa desenvolve máquinas e deseños industriais novidosos, os cales patenta, e que son o motivo da súa vantaxe competitiva no mercado.

– Acaba de aparecer no mercado unha empresa con modelos e deseños semellantes aos seus.

Page 27: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.3. Probar a realización de certas actividades por parte dun empregado

2. Obxectivos da pericial: buscar evidencias de que un empregado concreto está a copiar planos

e deseños confidenciais da empresa e facendo competencia desleal.

3. Desenvolvemento da pericial: copia espello do disco duro e análise posterior do mesmo.

copia espello do disco duro do PC e análise exhaustivo posterior en laboratorio

Page 28: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.3. Probar a realización de certas actividades por parte dun empregado

4. Evidencias atopadas:

– No equipo denominado EQUIPO4 están os planos e deseños industriais.

– A ese equipo só teñen acceso os empregados: – Federico F.C. – Antonio F.V. – Luisa E.C.

– Se atopan evidencias de que un dispositivo USB identificado como Lacie 000455AF01 se conectou ao EQUIPO4 os días 02/07/2009 ás 19:30h e o día 04/07/2009 ás 14:45h.

– Cando se conectou dito dispositivo o usuario do sistema era Antonio F.V.

Page 29: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.3. Probar a realización de certas actividades por parte dun empregado

5. Non se puideron atopar evidencias ou demostrar:

– De quén era o dispositivo USB Lacie 000455AF01

– Que se copiou no dispositivo

6. Se elaborou o informe pericial que se lle entregou ao Cliente

Page 30: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.3. Probar a realización de certas actividades por parte dun empregado

7. Logo das pesquisas, os avogados consideraron probado que:

– Antonio F.V. era o propietario dun pendrive marca Lacie de 4GB de capacidade con identificador 000455AF01

– Antonio F.V. conectaba este dispositivo foras da horas laborais, cando non había ninguén na oficina, e copiaba arquivos nel.

– Os arquivos que copiou eran deseños e patentes da empresa que logo modificaba pola súa conta para que se diferenciaran un pouco dos orixinais.

– Cos deseños industriais creou a nome de Rosa A.G. unha sociedade mercantil denominada LAEMPRESA, S.L. coa que os comercializa.

– Rosa A.G. era a parella sentimental de Antonio F.V.

– Non se chegou presentar a pericial en vista oral.

Page 31: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.4. Probar a porcentaxe de cumprimento das especificacións dunha aplicación informática encargada a medida.

Se comentará o caso da análise e valoración do grao de cumprimento das especificacións dun contrato informático.

1. Contexto:

– Empresa de desenvolvemento de aplicacións informáticas a medida é demanda por un dos seus clientes para que reembolse os importes satisfeitos por un produto que para eles nun funciona correctamente.

– A empresa demandante aporta una pericial informática como proba de que a aplicación informática non funciona como é debido.

Page 32: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.4. Probar a porcentaxe de cumprimento das especificacións dunha aplicación informática encargada a medida.

2. Obxectivos da pericial: valorar para a demandada a porcentaxe de cumprimento das

especificacións, dos requirimentos da aplicación.

3. Desenvolvemento da pericial: análise de documentación (contratos, actas) análise da

aplicación, análise da pericial aportada, toma de datos na aplicación e análise posterior dos mesmos.

análise da documentación análise da aplicación in situ

Page 33: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.4. Probar a porcentaxe de cumprimento das especificacións dunha aplicación informática encargada a medida.

4. Evidencias atopadas e feitos demostrados:

– Existe un contrato por escrito de desenvolvemento dunha aplicación, asinado por ambas partes o día 01/09/2010, no que se detallan os requisitos da aplicación e se comproba que a mesma non realiza tódalas funcionalidades inicialmente contratadas.

– Existen varias actas de reunións de datas (01/12/2010, 12/02/2011, 20/04/2011, 08/06/2011) nas que se solicitan modificacións, algunhas bastante extensas, ás especificacións iniciais.

– A aplicación, ao estar aínda en desenvolvemento, está sendo executada nun servidor provisional, co cal non ten tódalas prestacións da máquina final (capacidade, velocidade, etc).

– A posta en marcha do servidor así como o funcionamento da aplicación son complexos e precisan de instrucións concretas para configurar todo axeitadamente. Na pericial aportada pola demandante se observa que non se configurou axeitadamente nin o servidor nin a aplicación e por iso moitas cousas que si está correctas non lle funcionaban.

– Estímase que a aplicación está desenvolvida, de acordo coas especificacións contratadas, nun 80%

Page 34: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.4. Probar a porcentaxe de cumprimento das especificacións dunha aplicación informática encargada a medida.

5. Non se puideron atopar evidencias ou demostrar:

– Que o demandante solicitou e aceptou as modificacións recollidas nas actas.

– Que se instruirá ou formara ao demandante sobre o funcionamento da aplicación, ou se lle proporcionara un manual de funcionamento axeitado.

– Que se acordaran novos prazos de entrega logo das modificacións solicitadas.

6. Se elaborou o informe pericial, se mando a visar e se lle entregou ao Cliente, o cal se llo entregou á súa vez ao seu avogado.

7. Ao cabo de tres meses se informa da data para a vista oral.

8. Non houbo reunión co avogado do Cliente ata 10’ antes da vista oral, nin definición de estratexia algunha, nin preparación de preguntas para a vista oral.

Page 35: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

4. EXEMPLOS

4.4. Probar a porcentaxe de cumprimento das especificacións dunha aplicación informática encargada a medida.

9. Logo da vista oral se considerou probado que:

– A aplicación non funcionaba de acordo co contratado.

– O prazo de desenvolvemento fora amplamente superado.

– O demandado nun cumprira co acordado contratualmente e deberá devolver os importes satisfeitos ao demandante, e correr cos gastos do xuízo.

Page 36: Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e ... · Seminario de Informática Xudicial, Peritaxe Técnica e Proba Electrónica ... O Corpo Oficial de Peritos do CPETIG

5. PREGUNTAS