Semana do Amor 2011_1ºA

6
“SEMANA DO AMOR” Do 14 ao 18 de febreiro do 2011

description

Os pícaros de 1ºA celebramos a Semana do Amor.

Transcript of Semana do Amor 2011_1ºA

Page 1: Semana do Amor 2011_1ºA

“SEMANA DO AMOR”

Do 14 ao 18 de febreiro do 2011

Page 2: Semana do Amor 2011_1ºA

Lemos “Unha de amor”.

E saiunos moi ben, aínda que botamos moito de

menos a Clara, Jorge, Pablo P. e María que por

causa dos virus non puideron representar o conto

connosco.

Page 3: Semana do Amor 2011_1ºA

A rata Luísa

e o rato Roxelio

fixéronse noivos

un día no paseo.

Roxelio e Luísa

queren casar

pero non teñen casa

onde se agochar.

Despois de buscar

do soto ao faiado

atoparon un sitio

debaixo do armario.

E debaixo do armario

nun tarro de vidro,

de papeis rillados

fixeron un niño.

E con moito gusto

e disposición

aproveitaron ben

os retais de cor.

Coas follas de moda

vestiron a casa.

Coas de viaxes

a decoración.

Coas de cociña

fixeron a cea

e máis o convite

de inauguración.

Coa casa posta

fixeron a voda

e convidaron

a toda a parroquia.

Luísa, Roxelio

e máis os ratiños

esperan que vos gusten

estes seus contiños.

E colorín, colorado

os ratos xa están casados.

VIVAN OS NOIVOS!!!!!!!

“UNHA DE AMOR”

Os contos da rata Luísa

Editorial Nosa Terra

Page 4: Semana do Amor 2011_1ºA

E para rematar a semana coloreamos un tenro

debuxo, con moito amor, para agasallar a aquelas

persoas que tanto queremos.

Page 5: Semana do Amor 2011_1ºA
Page 6: Semana do Amor 2011_1ºA

Pícar@s de 1ºA

CEIP Milladoiro

Curso 2010/11