Roteiro literario padrón 2016

4
ROTEIRO LITERARIO PADRÓN (Dpto Lingua galega /Dpto lingua castelá , CPI SANTA LUCÍA) Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram) a pedra onde se amarrou a barca do apóstolo Santiago. Sabes onde se atopa o pedrón que dá nome a esta vila? Padrón está vinculado a importantes figuras da literatura, como Macías o Namorado, Rosalía de Castro ou Camilo José Cela. ROSALÍA DE CASTRO Comezaremos o noso roteiro na Casa Museo de Rosalía de Castro, onde coñecerás moitos aspectos da vida e da obra da autora que inaugura o Rexurdimento da literatura galega. Despois da visita anota datos biográficos de Rosalía de Castro. Cita as obras máis importantes de Rosalía de Castro. Cita que partes da casa puideches visitar. Elice unha parte e descríbea. Continuaremos o noso paseo polo XARDÍN BOTÁNICO de Padrón que conta cun elevado número de especies vexetais(aprox. 300), algunhas delas moi senlleiras ou de gran rareza en Galicia. Estas árbores están recollidas no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Sabes que é unha árbore senlleira? Disfruta do paseo, observa e cita polo menos 5 árbores senlleiras deste xardín: Busca a estatua de Macías o Namorado e dinos como se chama a árbore que está xusto detrás. Atopa e dinos que outro nome recibe a especie Coroa de Cristo? O xardín acolle dous monumentos: Unha estatua adicada a MACÍAS O NAMORADO, trobador dalgunhas das últimas cantigas de amor en lingua galega con elementos do amor cortés. Completa o primeiro verso desta estrofa que lerás no pedestal da estatua. ____________________, ya todos prenden espanto e preguntan, que ventura fay que me tormenta tanto; Que é un trobador? A que época pertence este autor? Un busto de A. D. RODRÍGUEZ CASTELAO, autor do Grupo Nós (Séc. XX) que naceu nun concello próximo a Padrón. Cal? Nomea as obras narrativas de Castelao:

Transcript of Roteiro literario padrón 2016

Page 1: Roteiro literario padrón 2016

ROTEIRO LITERARIO PADRÓN (Dpto Lingua galega /Dpto lingua castelá , CPI SANTA LUCÍA)

Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram) a pedra onde se amarrou a barca do apóstolo Santiago.

• Sabes onde se atopa o pedrón que dá nome a esta vila?

Padrón está vinculado a importantes figuras da literatura, como Macías o Namorado, Rosalía de Castro ouCamilo José Cela.

ROSALÍA DE CASTRO

Comezaremos o noso roteiro na Casa Museo de Rosalía de Castro, onde coñecerás moitosaspectos da vida e da obra da autora que inaugura o Rexurdimento da literatura galega.

• Despois da visita anota datos biográficos de Rosalía de Castro.

• Cita as obras máis importantes de Rosalía de Castro.

• Cita que partes da casa puideches visitar. Elice unha parte e descríbea. Continuaremos o noso paseo polo XARDÍN BOTÁNICO de Padrón que conta cun elevado número deespecies vexetais(aprox. 300), algunhas delas moi senlleiras ou de gran rareza en Galicia. Estas árbores están recollidas no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia.

• Sabes que é unha árbore senlleira?

• Disfruta do paseo, observa e cita polo menos 5 árbores senlleiras deste xardín:

• Busca a estatua de Macías o Namorado e dinos como se chama a árbore que está xusto detrás.

• Atopa e dinos que outro nome recibe a especie Coroa de Cristo?

O xardín acolle dous monumentos: ➢ Unha estatua adicada a MACÍAS O NAMORADO, trobador dalgunhas das últimas cantigas de

amor en lingua galega con elementos do amor cortés.

• Completa o primeiro verso desta estrofa que lerás no pedestal da estatua.____________________,ya todos prenden espantoe preguntan, que ventura

fay que me tormenta tanto;

• Que é un trobador?

• A que época pertence este autor?

➢ Un busto de A. D. RODRÍGUEZ CASTELAO, autor do Grupo Nós(Séc. XX) que naceu nun concello próximo a Padrón. Cal?

• Nomea as obras narrativas de Castelao:

Page 2: Roteiro literario padrón 2016

Seguiremos o noso roteiro polo paseo do Espolón, presidido polos monumentos adicados a Rosalía de Castroe a Camilo José Cela. O río Sar discorre paralelo a este paseo .

Continuaremos polo Camiño de Santiago portugués ata chegar á igrexa de Santa María de Iria Flavia ondeatopamos o cemiterio de Adina onde está enterrado Camilo José Cela ao pé dunha oliveria. Neste cemiteriotamén se enterrou a Rosalía, pero os seus restos foron trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres enSantiago.

CAMILO JOSÉ CELA, Premio Nobel de Literatura

Chegamos á Fundación Camilo José Cela, museo adicado á figura deste autor

Despois da visita seguro que serás quen de descubrir o título dalgunha das súas obras:

• L_ F_ _ _ _ _ _ D_ P_ _ _ _ A_ _ _ _ _ _ E• L_ C_ _ _ _ _ _ • M_ _ _ _ _ _ P_ _ _ D___ M_ _ _ _ _ _ _• V_ _ _ _ _ L_ A _ _ _ _ _ _ _

Ademais do premio Nóbel que outros dous premios importantes recibiu CJC?

ESCOLMA LITERARIA

Tecín soia a miña tea.

Tecín soia a miña tea,sembrei soia o meu nabal,soia vou por leña ó monte,soia a vexo arder no lar.Nin na fonte nin no prado,así morra coa carrax,el non ha de virm'a erguer,el xa non me pousará.

¡Que tristeza! O vento soa,canta o grilo ó seu compás...Ferve o pote... mais, meu caldo,soíña t'hei de cear.Cala, rula, os teus arrulosganas de morrer me dan;cala, grilo, que si cantas,sinto negras soïdás.

O meu homiño perdeuse,ninguén sabe en onde vai...Anduriña que pasachecon el as ondas do mar;anduriña, voa, voa,ven e dime ond'está.

Rosalía de Castro (1993). Follas Novas.

Adiós, ríos; adiós, fontes.

Adiós, ríos; adiós, fontes;adiós, regatos pequenos;adiós, vista dos meus ollos:non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,terra donde me eu criei,hortiña que quero tanto,figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,pinares que move o vento,paxariños piadores,casiña do meu contento,

muíño dos castañares,noites craras de luar,campaniñas trimbadorasda igrexiña do lugar,

amoriñas das silveirasque eu lle daba ó meu amor,caminiños antre o millo,¡adiós, para sempre adiós!

¡Adiós groria! ¡Adiós contento,¡Deixo a casa onde nacín,deixo a aldea que conoso

por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,deixo a veiga polo mar,deixo, en fin, canto ben quero...¡quen pudera no o deixar...!.........................Téñovos, pois, que deixar,hortiña que tanto amei,fogueiriña do meu lar,arboriños que prantei,fontiña do cabañar.

Adiós, adiós, que me vou,

Page 3: Roteiro literario padrón 2016

herbiñas do camposanto,donde meu pai se enterrou,

herbiñas que biquei tanto,terriña que nos criou

.

Na casa de Rosalía de Castro

______________________________________________________________________________

Xunto aMacías o namorado, no xardín botánico

Page 4: Roteiro literario padrón 2016

Con Castelao, no xardín botánico

Camilo José Cela. Fundación Camilo José Cela