Rochas utilizadas na construción de monumentos

28
Sara Rodríguez 1º ESO C

Transcript of Rochas utilizadas na construción de monumentos

Page 1: Rochas utilizadas na construción de monumentos

Sara Rodríguez

1º ESO C

Page 2: Rochas utilizadas na construción de monumentos

O granito

O granito é unha rocha ígnea plutónica, constituída esencialmente

por cuarzo, feldespato e mica. Prodúcese cando o magma se solidifíca

lentamente a moi alta presión, con alto contido en sílice, produto da fusión

das rochas que forman os continentes, sometidas á calor do manto

terrestre na súa parte inferior. É a rocha máis abundante da cortiza

terrestre.

O granito está formado por feldespatos, seixo e micas, ademais

doutros minerais.

Page 3: Rochas utilizadas na construción de monumentos

A extracción do granito faise en canteiras a ceo aberto. En

Galicia, arredor do granito desenvólvese unha gran actividade

mineira e industrial, que a converten nunha das máis importantes

produtoras do mundo. É a terceira produtora do mundo, despois de

Brasil e China. Na actualidade hai unhas 120 canteiras en activo.

Unha destas canteiras é a que está en Porriño (Pontevedra). O

granito galego expórtase principalmente a Portugal, Francia,

EE.UU, Corea do Sur…

Page 4: Rochas utilizadas na construción de monumentos

O arte de traballar o granito practícase en Galicia

desde a prehistoria. É o soporte sobre o que se

labraron os petroglifos, os dolmes, as pontes

romanas…

O granito é a pedra ideal para a construción, pola

súa limpeza e beleza, pola súa resistencia aos axentes

atmosféricos.

Page 5: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 6: Rochas utilizadas na construción de monumentos

Dolme de Dombate en Cabana deBergantiños

Pazo Galego

Page 7: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 8: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 9: Rochas utilizadas na construción de monumentos

A lousa é unha rocha metamórfica homoxénea formada pola compactación

de arxilas. Preséntase xeralmente nunha cor opaca azulado escuro e dividida

en laxas ou follas planas sendo, por esta característica, utilizada en cubertas e

como antigo elemento de escritura.

Está composta fundamentalmente por sílice e silicatos complexos de

alúmina.

As explotacións de lousas son case todas a ceo aberto, aínda que tamén

hainas subterráneas.

A lousa ten unhas excelentes cualidades como material de cobertura e

revestimento: é illante, impermeable, incombustible e case inalterable.

En Galicia abunda na zona de Valdeorras (Ourense), en Pastoriza,

Mondoñedo, Quiroga (Lugo). Tamén en zonas de Ortigueira (A Coruña).

Page 10: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 11: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 12: Rochas utilizadas na construción de monumentos

Edificio da Domus. A Coruña

Page 13: Rochas utilizadas na construción de monumentos

As arxilas son rochas sedimentarias detríticas formadas a partir da

descomposición da pedra de gran, os gneis ou os feldespatos debido a acción

da auga, da calor... As arxilas ricas en cal chámanselle margas e ás pobres

barro.

Por toda Galicia existen pequenos xacementos. Os máis importantes son os

de Maceda e Xunqueira de Espadeñedo en Ourense, Monforte de Lemos, Foz.

Guitiriz, Sanxenxo, Tui-A Garda, Porriño, Narón, Malpica, Boimorto...

As arxilas e caolíns extraénse xeralmente en minas ou canteiras a ceo

aberto. O arranque do material faise con pas escavadoras e cárgase en

camións para o seu traslado ás fábricas.

A arxila destinase a fabricación de elementos de construción: tixolos ou

ladrillos, tellas, baldosas... Tamén para facer cerámica, elementos decorativos,

cementos…

Page 14: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 15: Rochas utilizadas na construción de monumentos

Torre mudéxar en Teruel

Page 16: Rochas utilizadas na construción de monumentos

A calcaria é unha rocha sedimentaria composta maioritariamente

por carbonato de calcio, xeralmente calcita. Tamén pode conter

pequenas cantidades de minerais como arxila, hematita, siderita,

cuarzo, etc., que modifican (ás veces sensiblemente) a cor e o grao de

coherencia da rocha.

Explótanse, segundo a súa calidade e composición, como material

de construción, como áridos para obras, formigón e terrazos, para a

fabricación de cementos e como rochas ornamentais.

En Galicia as principais zonas de explotación están en Mondoñedo,

O Incio, Becerreá, Viana do Bolo e Valdeorras.

Page 17: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 18: Rochas utilizadas na construción de monumentos

A Cidade Encantada de

Cuenca é un espazo singular

formado por rochas calcarias de

sorprendentes siluetas. A auga e

o vento modelaron as rochas da

zona, compostas por calcarias

dolomíticas do Cretácico Inferior,

con algúns puntos de areniscas e

margas jurásicas. Sobre este

substrato rochoso tivo lugar un

proceso de erosión diferencial,

produto do cal son as estrañas

formas que caracterizan a cidade.

Page 19: Rochas utilizadas na construción de monumentos

O mármore é unha rocha metamórfica compacta formada a partir de

rocas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións,

alcanzan un alto grao de cristalización.

O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, cuxo contido

supera o 90%; os demais compoñentes, considerados impurezas, son

os que dan gran variedade de cores nos mármores e definen as súas

características físicas. Tras un proceso de pulido por abrasión o

mármore alcanza alto nivel de brillo natural, é dicir, sen ceras nin

compoñentes químicos.

O mármore utilízase principalmente na construción, decoración e

escultura.

En Galicia explótase en Mondoñedo, no Incio, Valdeorras…

Page 20: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 21: Rochas utilizadas na construción de monumentos

O mármore do Incio foi utilizado desde tempos dos romanos. É un material moi poroso, de cor gris e veteado en diversas tonalidades.

Igrexa románica do Incio, en Ourense

Page 22: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 23: Rochas utilizadas na construción de monumentos

Son rochas cun grao medio de metamorfización procedentes

da transformación das lousas. Están compostas fundamentalmente por

silicatos. Son moi abundantes en toda Galicia, especialmente no centro.

Explótanse na zona de Ordes, Arzúa, Mondoñedo… para a construción,

formigóns e aglomerados asfálticos

Page 24: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 25: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 26: Rochas utilizadas na construción de monumentos

Son rochas metamórficas orixinadas a partir do seixo.

Abundan moito en Galicia, especialmente en Ourense e Lugo.

Explótanse como rocha ornamental, como material de

construción e para a obtención de áridos.

Page 27: Rochas utilizadas na construción de monumentos
Page 28: Rochas utilizadas na construción de monumentos