Riveira. Programa Nadal Cultural 2013

8

Click here to load reader

description

Riveira. Programa Nadal Cultural 2013. Coa chegada do frío é hora de quentar, coas mellores intencións, a sementa da esperanza, da ilusión e da ledicia entre todos os corazóns, facendo que grandes e cativos sexan os mellores embaixadores da paz e da solidariedade para compartir e dar aos demáis, que as datas do Nadal traen sempre da man. Festivais, obradoiros, danza, contacontos, monicreques, maxia, teatro, concertos, e un longo etcétera de actividades educativas, musicais, de divertimento, xogos, ou mesmo animación, entre outras, son o fío conductor para achegar a morea de eventos e actividades que O Concello de Riveira, e máis concretamente a Concellería de Cultura e Festexos que me honro en dirixir, ven de artellar para ofertar un calendario cheo de boas propostas para estas datas tan familiares. Agradecer, coma sempre, en nome do equipo de Cultura e no meu propio, o esforzo realizado polas distintas asociacións, empresas e institucións que contribúen, coa súa colaboración, a facer que as nosas propostas teñan o respaldo necesario para que resultado final sexa o suficientemente atractivo para todos, e o embelecemento do municipio, a través do alumeado ornamental e nos Nacementos de Riveira e Aguiño, ademais da decoración do comercio local e os veciños e veciñas que cada ano se implican máis en engalanar a nosa cidade, sexan o mellor reflexo do traballo en común. Anímovos a que participedes nos distintos actos deste Nadal Cultural 2013/2014 xa que sen a vosa implicación o traballo sería baleiro, agardando que a programación sexa do voso agrado aproveito para desexarvos a todas e todos Ledicia, Saúde, Sorte, Amor e Prosperidade para o vindeiro ano 2014. Elvira Pisos Arnoso Concelleira de Cultura e Festexo

Transcript of Riveira. Programa Nadal Cultural 2013

Page 1: Riveira. Programa Nadal Cultural 2013

N A D A L CULTURAL 2013-2014 SAÚDA DA CONCELLEIRA Coa chegada do frío é hora de quentar, coas mellores intencións, a sementa da esperanza, da ilusión e da ledicia entre todos os corazóns, facendo que grandes e cativos sexan os mellores embaixadores da paz e da solidariedade para compartir e dar aos demáis, que as datas do Nadal traen sempre da man. Festivais, obradoiros, danza, contacontos, monicreques, maxia, teatro, concertos, e un longo etcétera de actividades educativas, musicais, de divertimento, xogos, ou mesmo animación, entre outras, son o fío conductor para achegar a morea de eventos e actividades que O Concello de Riveira, e máis concretamente a Concellería de Cultura e Festexos que me honro en dirixir, ven de artellar para ofertar un calendario cheo de boas propostas para estas datas tan familiares. Agradecer, coma sempre, en nome do equipo de Cultura e no meu propio, o esforzo realizado polas distintas asociacións, empresas e institucións que contribúen, coa súa colaboración, a facer que as nosas propostas teñan o respaldo necesario para que resultado final sexa o suficientemente atractivo para todos, e o embelecemento do municipio, a través do alumeado ornamental e nos Nacementos de Riveira e Aguiño, ademais da decoración do comercio local e os veciños e veciñas que cada ano se implican máis en engalanar a nosa cidade, sexan o mellor reflexo do traballo en común. Anímovos a que participedes nos distintos actos deste Nadal Cultural 2013/2014 xa que sen a vosa implicación o traballo sería baleiro, agardando que a programación sexa do voso agrado aproveito para desexarvos a todas e todos Ledicia, Saúde, Sorte, Amor e Prosperidade para o vindeiro ano 2014.

Elvira Pisos Arnoso Concelleira de Cultura e Festexos

Page 2: Riveira. Programa Nadal Cultural 2013

OBRADOIROS ARTE FLORAL E DECORACIÓN DE NADAL

- Aulas de Servizos Sociais Datas: 16, 17, 18 e 19 de decembro Horario 18:30- 21:00 h

De 16 anos en diante, mín. 12 e máx 25 personas COCIÑA E REPOSTERÍA DE NADAL

- Aulas de Servizos Sociais Datas: 16,17, 18, e 19 de decembro Horario 19:30- 21:30 h

De 16 anos en diante, mín. 12 e máx 25 personas ARTE E INICIACIÓN ÁS ARTES PLÁSTICAS

- Conservatorio de Riveira Datas: 23, 26, 27 e 30 de decembro – 2 e 3 de xaneiro Horario 11.30- 13.30 h

De 8 a 15 anos, mín. 10 e máx 20 personas

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA DE NADAL

- Conservatorio de Riveira Datas: 23, 26, 27 e 30 de decembro – 2 e 3 de xaneiro Horario 11.30- 13.30 h

De 8 a 13 anos, mín. 10 e máx 20 personas

INFORNADAL. INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS.

- Aula Multimedia de Riveira (Cubeliños, no baixo da Gardería Municipal) Datas: 26 e 27 de decembro – 2 e 3 de xaneiro 2 Grupos: de 7 a 9 e de 10 a 12 anos, mín. 8 e máx 12 personas/grupo Horarios de 10.00 a 12.00 e de 12.00 a 14.00 h

Page 3: Riveira. Programa Nadal Cultural 2013

NADAL CONCILIA

- Riveira e Palmeira, Conservatorio Municipal de Riveira

Datas: 23, 26, 27 e 30 de decembro – 2 e 3 de xaneiro Horario 09.00- 14.00 h

2 Grupos: Un de 3 e 4 anos e outro de 5 a 7 anos, mín. 15 e máx 30 personas/grupo

NADAL XOGO, Pan e Galletas

- Aguiño, Castiñeiras e Carreira, Casa da Cultura de Aguiño. - Corrubedo, Olveira, Artes e Oleiros, Centro Social de Corrubedo.

Datas: 23, 26, 27 e 30 de decembro – 2 e 3 de xaneiro Horario 11.30- 13.30 h

De 3 a 7 anos, mín. 15 e máx 30 personas/grupo

Inscrición e matrícula gratuíta! Nota: Cada persoa só poderá anotar a dous participantes; no caso de máis de dous, e ser fillos/as, deberá achegar libro de familia. Información e inscrición: No Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira (R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º Andar, Dta. Riveira. –fronte á Biblioteca Municipal). Tlf. 981 835650 – [email protected] Nota: Terán prioridade os participantes empadronados en Riveira A selección será por rigurosa orde de inscrición. O 12 e 13 de decembro para Arte Floral e Cociña e Repostería de Nadal. Do 16 ao 20 de decembro de 10:00 a 14:00 h, para obradoiros multidisciplinares Nadal Concilia e Nadal Xogo e os talleres de Artes Plásticas, Papiroflexia, InforNadal e PekeNadal. PEKENADAL Encontros de nais/pais e nenas/os donde se realizarán xogos, panxoliñas e cancións, lectura de contos de Nadal, etc.

Aula Municipal de Ballet de Riveira Venres 27 de decembro e venres 3 de xaneiro De 11:30 a 13:00 h

Nenas e nenos de 0 a 2 anos acompañadas/os dun adulto Mín. 10 e máximo 30 participantes/sesión

Inscricións no No Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira (R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º Andar, Dta. Riveira. –fronte á Biblioteca Municipal).

CINE DE NADAL Multicines Barbanza ás 15.30 h

Venres 27 de decembro: “Los Croods” Animación. Luns 30: “Los Pitufos 2” Animación. Nota: No cine darase prioridade aos nenos e nenas (un adulto por neno). As entradas recolleranse ½ hora antes de cada función nos cines.

Page 4: Riveira. Programa Nadal Cultural 2013

MÚSICA e DANZA e ACTOS CO TECIDO SOCIAL Festival de A Gandaina Auditorio Municipal Sábado, 14 de decembro, ás 19:00 h Festival de Cáritas Parroquial de Riveira Auditorio Municipal Venres, 20 de decembro, ás 20:30 h Representación Teatral de Amas de Casa “Comedia” Grupo de Teatro Toxos e Carrouchas de Lousame Auditorio Municipal Sábado 21 de decembro, ás 19:30 h Festival de Nadal de Alfaia Círculo Mercantil de Riveira Domingo 22 de decembro, ás 17:30 h Espectáculo ”Antoloxía da Zarzuela” A cargo da Coral Polifónica Municipal de Riveira, dirixida por Enrique Paisal Rego. Auditorio Municipal Domingo 22 de decembro, ás 19:00 h Festival de Aires da Dorna “Grupo de Baile de Aires de Dorna e Cantareiras de Aires do Barbanza” Auditorio Municipal Domingo 29 de decembro, ás 19:30 h “De nadal, I festival de baile e música tradicional Tahúme” Grupo de baile e música tradicional Tahume Auditorio Municipal Sábado 4 de xaneiro, ás 19:30 h

Entrada de balde ata encher aforo! As entradas recolleranse no auditoiro ½ hora antes das funcións.

Xornada de Portas Abertas de Danza Clásica Escola Municipal de Ballet Aula de Ballet do Conservatorio Municipal Martes 17 de decembro, ás 18:15 h Dirixido a nais e pais dos alumnos/as da EMB de Riveira. Concerto de Confraternidade Coral Polifónica Municipal de Riveira Coral Polifónica do Círculo Mercantil Igrexa Parroquial de Santa Uxía Mércores 25 de decembro, ás 20:15 h

Page 5: Riveira. Programa Nadal Cultural 2013

ESPECTÁCULOS INFANTÍS MONICREQUES-ESPECTÁCULO MUSICAL “O Crebanoces” a cargo de Urdime Auditorio Municipal. Público infantil e familiar! Domingo 15 de decembro ás 12:30 h Rede de Dinamización Lingüística, Deputación da Coruña. NADAL MÁXI CO “A maxia do Nadal” de Crystyan Magic. Ludoteca infantil, de 16:30 a 18:30 h Visita do Pai Noel! Auditorio Municipal. Todos os Públicos! Luns 23 de decembro, ás 19.00 h MONICREQUES DUENDESICO “Tolo conto de Nadal” Auditorio Municipal. Todos os Públicos! Xoves 26 de decembro, ás 19:00 h ENTREMÁNS, DANZA! DESBARAXUSTES “Blond´s Coffee” Auditorio Municipal. A partir de 6 anos! Venres 27 de decembro, ás 19:00 h MONICREQUES DUENDESICO “Atrapado nos ´50” Auditorio Municipal. Todos os Públicos! Xoves 28 de decembro, ás 19:00 h MÁXICO ANINOVO IULIUS XIII “Gala de Maxia” Magos: Manuel Lamas e Mago Diego Auditorio Municipal. Todos os públicos. Luns 30 de decembro, ás 19:00 h TALÍA TEATRO “Pequena” Auditorio Municipal. Todos os Públicos! Xoves 2 de xaneiro, ás 19:00 h CONCERTO DIDÁCTICO DE NADAL con Roi Casal. Auditorio Municipal. Todos os Públicos! Venres 3 de xaneiro, ás 19.00 h As entradas recolleranse ½ hora antes da función Nota: Nos espectáculos darase prioridade aos nenos e nenas (un adulto por neno).

Page 6: Riveira. Programa Nadal Cultural 2013

NADAL NA RÚA Inchables variados, obradoiros, animación, música e ambientación, agasallos e lambetadas…

Festa de Noiteboa Martes 24 de decembro Rúa de Galicia (zona Centro Cultural Lustres Rivas) Horario 12:00 a 14:00 / 16:30 a 19.00 h Obradoiros na Rúa Sábado 28 de decembro Praza do Centenario Horario 11:00 a 14:00 h

NOITEVELLA NA RÚA Inchables variados, animación, música e ambientación, agasallos e lambetadas…

Parque de Inchables e Animación Rúa de Galicia (zona Museo Municipal) Martes 31 de decembro Horario 12:00 a 14:00 / 16:30 a 19.00 h

Obradoiros na Rúa Sábado 4 de xaneiro Praza do Concello. Horario 11:00 a 14:00 h EXPRESSO DE ORIENTE Tren infantil que recorrerá as distintas rúas da cidade, con visitas ás parroquias do municipio. Os mártes 24 e 31 de decembro. Saída e chegada da Praza do Concello. De 11 a 13:30 h e de 16 a 19:00 h. Entrada de balde ata encher aforo! (As entradas colleránse na propia fila en cada viaxe).

CAMPAÑA COMERCIAL DO NADAL Pista de Xeo na Praza de España Do 18 de Decembro de 2013 ao 12 de Xaneiro de 2014 Horario: De 11,00 a 14,00 h. e de 17,00 a 21,00 h. Os venres e sábados, ata as 00,00 horas Poboado de Nadal Carpa e Iglús situados ao carón do Palco de Pedra no Paseo do Malecón Neste poboado os cativos/as poderán disfrutar de xogos. Para poder participar, é preciso presentar a entrada correspondente que regalarán os establecementos participantes na campaña do Nadal

Page 7: Riveira. Programa Nadal Cultural 2013

VISITA DO CARTEIRO REAL O Carteiro das súas SS.MM. Os Reis Magos de Oriente visitará a cidade de Riveira e as distintas parroquias do municipio para recoller as cartas de todas/os nenas/os e repartirá agasallos e caramelos. O CARTEIRO ENTREGARÁ UN BOLETO A CADA NEN@ QUE O VISITE PARA UN

SORTEO DE 3 SUPER AGASALLOS QUE FARÁN OS REIS MAGOS NO BALCÓN DO CONCELLO O DÍA DA CABALGATA!!! Non perdades o voso!!!

RIVEIRA Auditorio Municipal Xoves 26, venres 27 de decembro e venres 3 de xaneiro. De 18:45 a 20:30 h. CORRUBEDO: Luns 23 de decembro de 17:00 a 18:30 h na Casa do Mar. OLVEIRA: Luns 23 de decembro de 19:00 a 20:30 h na Casa da Cultura. PALMEIRA: Xoves 26 de decembro de 17:00 a 18:30 h na Casa do Mar. GARDERÍA MUNICIPAL: Venres 27 de decembro de 12:00 a 13:00 h OLEIROS: Luns 30 de decembro de 17:00 a 18:30 h na Antiga Escola Unitaria. ARTES: Luns 30 de decembro de 19:00 a 20:30 h no Centro Recreativo. RESIDENCIA DOS MAIORES: Xoves 2 de xaneiro de 12:00 a 13:00 h. AGUIÑO: Xoves 2 de xaneiro de 17:00 a 18:30 h na Casa da Cultura. CARREIRA: Xoves 2 de xaneiro de 19:00 a 20:30 h na Casa da Cultura. CASTIÑEIRAS: Venres 3 de xaneiro 17:00 a 18:30 h na Casa da Cultura. NADALpELEGRÍn

Para Olveira e Corrubedo: Espectáculo “O APALPADOR do Nadal” Casa da Cultura de Olveira. Xoves 26 de decembro, ás 17:30 h Para Palmeira e Riveira: Espectáculo “O APALPADOR do Nadal” Sociedad Hijos de Palmeira Venres 27 de decembro, ás 17:30 h Para Castiñeiras: Espectáculo “O APALPADOR do Nadal” Casa de Cultura de Castiñeiras. Luns 30 de xaneiro, ás 17:30 h Para Oleiros e Artes: Espectáculo “O APALPADOR do Nadal” Local da Comunidade de Montes de Oleiros. Xoves 2 de xaneiro, ás 17:30 h Para Carreira e Aguiño: Espectáculo “O APALPADOR do Nadal” Casa de Cultura de Carreira. Venres 3 de xaneiro, ás 17:30 h

Page 8: Riveira. Programa Nadal Cultural 2013

EXPOSICIÓN

"RUBENS, Gravados" Sala de Exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas. Do 13 de decembro ao 1 de febreiro. Luns a venres de 10 a 14 h e de 17 a 21 h e Sábados de 11 a 14 h. Entrada de balde! BAILE DOS NOSOS MAIORES Mércores 1 de xaneiro, ás 20:30 h Casa do Mar de Riveira Colabora, Clube de Pensionistas e Xubilados do Mar de Riveira. Luns 6 de xaneiro, ás 20:30 h Aula de Música de Aguiño Colabora, Clube de Pensionistas do Mar de Carreira e Aguiño. FESTA DE NOITEVELLA

Noite do MARTES 31 de decembro. Paseo do Malecón, a partir da 01:00 h Baile, música de DJ´s e en directo e moita festa… Entrada de balde. Entrega do imprescindible cotillón! CABALGATA DE REIS

Domingo 5 de Xaneiro, ás 17:30 h Saída da zona Portuaria de Riveira Recorrerán toda a cidade para saudar aos nenos/as dende o balcón do Concello.

Os Reis Magos sortearán 3 agasallos entre todos os nen@s que visitaron ao Carteiro real!