Revista38

26
IES Saturnino Montojo Nª 39 2º/3º trimestre, Curso 2012-13 º Nós Tamén marchamos de vacacións, pero non sen antes desexarvos un feliz verán. Esperamos contar convosco o vindeiro curso e agradecemos moito as vosas colaboracións e o voso interese para conseguirmos mil primaveras máis para a nosa lingua.

description

 

Transcript of Revista38

Page 1: Revista38

IES Saturnino Montojo Nª 39 2º/3º trimestre, Curso 2012-13 º

Nós Tamén marchamos de vacacións, pero non sen antes desexarvos un feliz verán. Esperamos contar convosco o vindeiro curso e agradecemos moito as vosas colaboracións e o voso interese para conseguirmos mil primaveras máis para a nosa lingua.

Page 2: Revista38

Para Fran e José polo seu bo humor. Para Victoria Piñeiro por colaborar intensamente co EDLG.

Para Montse que dirixiu o Flasmobe, para Candido Pazó e outros que aliviaron a

rutina e nos divertiron.

Para Eduardo, Pilar e Mª José que marchan e nos deixan bos recordos.

Para o equipo do Club Debate e Parlamento Xove, que tanto traballaron.

Para os profes que, a través da proxección de películas e das novas tecnoloxías,

nos axudan a entender o temario.

Para Marcos e a súa infinita paciencia e bo facer.

Para os profes que nos acompañan nas excursións e cren en nós.

Para Daniel que sempre está disposto a axudarnos coa súa cámara de vídeo e o seu sorriso.

Para os profesores que non deixan claros os criterios de cualificación.

Para tantos e tantos exames como temos ao remate do curso.

Para o pouco que se nos recoñece, ás veces, o noso traballo.

Para a lei Wert, á que lle falta solidariedade e lle sobran recortes e reválidas.

Para os que non respectan as normas de convivencia.

ANA, DESDE A CAFETERÍA, OUTORGA TAMÉN OS SEUS MELES E FELES. Este ano, aproveitamos a man que nos tende esta revista, para, dende a cafetería, dar os nosos propio premios

mel e fel do curso.

O primeiro mel da xornada vai para todos os que, día a día, depositades a vosa

confianza en nós, dende hai xa varios anos.

O segundo mel, adicámosllelo a todos aqueles que cada martes participan do

comedor, porque, grazas a eles, ese soño de moitos segue sendo realidade. Ademais,

hai que destacar o seu comportamento exemplar nesas xornadas, (a pesar do

a ullei os ue so ….). Moi ao noso pesar, temos que dar tamén un fel, que vai destinado a todos eses

p ovedo es ue o da hegado a te po os hi les, ou os Ju pe s….. Pa a eles ese fel.

Xa por último, eu, Ana, farei unha mención especial e con todo o cariño e agradecemento de que son capaz, a

Mabel, esa nai que está martes a martes axudando no servizo de comedor, desinteresadamente e sempre cun

sorriso e unha palabra de ánimo para todos nós.

Outra mención especial, como non podía ser de outro xeito, para o noso cociñeiro estrela, o que sempre se

esforza por facer os pratos máis saborosos da comarca, ese que se preocupa por facer un menú novo cada semana,

que decora os pratos como ningún outro, que sofre cando os nenos non comen, que disfruta cando deixan os pratos

limpos, que merecería unha mención especial cada día do ano por tanto traballo, tanto esforzo, tanto apoio e tanto

a iño…. U ha mención especial, claro está, para Xosé, para meu pai, para o que, cada día, fai posible un soño.

Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalición Lingüística IES Saturnino Montojo

Dirección: EDLG (Carme Fernández e Corona Tato) e equipo redactor (Lucía Amado, Irene Arto, Sandra Díaz, Darío

García, Laura Lage, Itziar Roade, María Prieto e Nerea Teijeiro)

Colaboradoras imprescindibles: Mª José Beceiro, Mª Xosé Martínez, Victoria Piñeiro, Fran e Jose. Colaboradores neste Número:

Profesores/as : Mar, Magdalena, Montse, , Anxo e Luis. Alumnos :Lucía Rico, Javier Larañaga, Álvaro Varela, Sara González, Sergio Santalla, Laura Ramil, Mireya Romero, Natalia Albariño, Esther Costoya, Lucía Huergo, Alejandro Pita, Cristina Fernández e alumnos do Ciclo de fotografía. Moitas grazas a todos os colaboradores e colaboradoras de Nós, Tamén, pois coa súa contribución, é posible que esta revisra siga vendo a luz despois de dez anos. Aínda nos queda moito camiño por andar. Seguimos contando convosco.

Tamén vos animamos a participar no blog que collerá pulo no proximamente.

Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalición Lingüística IES Saturnino Montojo Nós Tamén, publicación do Equipo de Normalición Lingüística IES Saturnino Montojo

Page 3: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Alguén dixo un día : “Aprender a ver é a máis longa aprendizaxe de

todas as artes”.

Xa estamos aquí outro trimestre máis có noso apartado artístico na revista

“Nós Tamén”. Comezamos facendo alusión aos traballos plásticos feitos neste

trimestre. Pouco temos para contar, pois o máis usual é facer debuxo

técnico… Como todos puidestes observar, houbo unha pequena

exposición de bonecos a tamaño ,mais ou menos, REAL.

Ou iso era o que se pretendía. Rapaces e rapazas de todo

tipo de características: góticos, frikis, chonis, etc.

observáronnos desde as paredes do instituto durante

varias semanas.

Para que vexades a

dificultade do noso traballo,

aquí tedes unha imaxe dun neno

para que intentedes completar a

outra metade. A ver que sae.

A nosa profesora de plástica,

Montse, tiña unhas pombiñas de

papel feitas doutro ano, e estaba

farta de velas aí e non facer nada

con elas, por iso tivo a idea dunha

exposición de esculturas, estrañas

pero fermosas pola súa

orixinalidade.Nós o chamamos... Instalación artística

Aí vos mostramos unhas imaxes.

(Paxaro de papel usado nas

esculturas)

Deixádeme

guapo!!!

Page 4: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Aínda que todos os traballos feitos son “Asombrosamente Marabillosos” , o

máis coñecido por todos foi o famoso FLASHMOB, coa canción I

Want To Break Free. Estivemos meses ensaiando para esta gravación, que

quedará para a posteridade, será un gran recordo dos nosos tempos de

instituto, para

ensinar aos nosos

fillos, netos e

bisnetos. Un ledo

momento das

nosas vidas, e

nunca estivo mal

perder algunhas

clases …

As profesoras de galego encargáronnos un

traballo para o día das letras galegas, e nós

decidimos facer outra instalación, esta vez con

letras. Puxemos a todo o instituto practicamente

recortando letras,e deu un bo resultado (ou iso nos

parece a nós).

Page 5: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Montse tamén realizou preparou unhas fotos estupendas dalgúns dos

protagonistas das Letras Galegas.

Finalmente mostrarvos o noso último traballo artístico. Debuxamos a silueta

dunha tradicional meniña e a modernizamos ao noso estilo. Con este traballo

observamos a arte de moitos dos alumnos, pero tamén o desastre doutros.

Aquí os deixamos algunhas imaxes para que vos tamén opinedes.

E como o curso xa rematou,

nós acabamos cos nosos traballo e

desexámosvos a todos unha felices

vacacións. E lembrade, vivide a arte

tamén en verán.

R E T A

Page 6: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

VARI CARAMÉS

Fotógrafo nado en Ferrol, aos nove anos trasládase á Coruña, onde comeza a interesarse pola fotografía á idade de 14 anos, cando o seu pai lle regala a súa primeira cámara; Cando ía re oller as fotos reveladas di ía: A i se pre e gusta as

alas . Na uela p edile ió polo i o e to aséase o persoal estilo do fotógrafo po ea efe tos dos defe tos con estética próxima ao surrealismo.

Emprega todo tipo de

películas, ata caducadas, para obter diferentes resultados. Vari Caramés dende pequeno sentiu predilección polo inusual. Son características as súas imaxes en movemento, sombras, luces, desenfoques, sempre cun

motivo e marco estudado, contando unha historia para que nós a

rematemos. É considerado un dos máis valiosos representantes da escola do

inmediato e o cotián. As súas fotos teñen un característico clima

romántico, de evocación, atemporalidade, e misterio.

Na súa obra poden diferenciarse dúas etapas claras: - A primeira etapa, comeza nos anos 80, imaxes sempre en branco e negro, que desvelan un mundo cotián,

cidades, habitantes, emociones. Só se anima a retratar paisaxes urbanas e animais, que amosa dándolles o protagonismo que lle resta ás persoas. Desta primeira época son as series o o Coruña y ight ou

ovida viguesa .

De “Coruña by night” De "Visión animal” - A segunda cando se pasa á imaxe en cor sobre o año 2000.

Convértese no fotógrafo capaz de sorprender pola cantidade de

matices, de tons intermedios, de grises... A cor se comporta de maneira sutil, coma se pintase con acuarelas.

Pero o maior recoñecemento prodúcese cando no ano 2010

recupera as imaxes tomadas entre 1986 e 1990 para a serie Nada e ue o tive o g a de e oñe e e to do pú li o.

Mar Regueiro

Page 7: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

As matemáticas e mais eu

As matemáticas sempre se me deron ben, pero non foi ata este

ano cando descubrín que, ademais, me gustaban. Isto ocorreu, en

gran parte, grazas á miña profesora Julia. Ela animounos a participar

no proxecto ESTALMAT, na presentación do libro Universo Pitágoras

e no Rally Matemático.

O pasado mes de abril, oito nenos de cada clase de 1º da ESO

presentámonos á eliminatoria de Rally Matemático sen fronteiras. E

foi o meu grupo, formado por Lucía, Javier, Antón, Sara, Rocío,

María, Ainhoa e mais eu, de 1ºESO C, o que gañou.Uns días máis

tarde iamos á final cos outros dous grupos mellores de Galicia.

Quedamos de segundos e non puidemos ir a Toulousse ( o premio

do gañador ), pero a experiencia valeu a pena e estamos desexando repetila.

Dous meses máis tarde, Julia propúxonos a Rocío Carpintero e a min ir á

presentación do libro Universo Pitágoras. Mágoa que a miña amiga non puidese

asistir. Días máis tarde, na galería Sargadelos, reuniámonos varios nenos dalgúns

institutos para axudar na presentación do novo libro de Rocío Leira. Pasámolo

moi ben mentres a escritora propuña adiviñas e nós as resolviamos.

(Tedes á vosa disposición o libro na biblioteca do centro)

Unha semana despois, acudín ao Proxecto ESTALMAT no que profesores de

universidades de toda España dan clases de matemáticas avanzadas a nenos con

talento natural. Como só había vinte e cinco prazas, houbo que realizar unha proba. Consistía en seis problemas

de razoamento que eran bastante difíciles. Non creo que a supere; eramos trinta e cinco alumnos de toda Galicia,

pero foi unha gran experiencia que me gustaría repetir.

Aínda que moitos nenos odian as matemáticas, eu creo que son moi interesantes e gustaríame que os demais

pensasen coma min. Lucía Rico Montero , 1º ESO

………………………………………………………………………………………………………………………………………………………. EN GALEGO SEN FILTRO: POESÍA E IMAXE

Rubén Méndez Vázquez do Ciclo de Poesía e Imaxe foi o alumno gañador do noso centro

no certame En galego sen filtro. Poesía e Imaxe, oa o ra Olho na xanela , so re o poema de María Mamede, lingua portuguesa.

Explícanos: para realizar esta fotografía ou composición, inspireime no poema de Maria

Mamede, e o primeiro que me veu á mente como idea foi unha mirada penetrante na que

se deixase entrever unha posta de sol e algún paxaro mariño. Non sei por que me

imaxinei que sería un paxaro de cerca do mar, estilo gaivota. O estilo de fiestra, é pola

segunda parte do poema no que esa fiestra aberta pola que se mira cada mañá e

anhélase o que se desexa ter á beira.

Voam pássaros No céu Dos teus olhos

Ao final do dia/ Cada manhã Nos meus

Page 8: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

.

Cita ineludible do verán e un dos referentes mundiais do folk, o Festival Ortigueira

tense convertido por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios

de toda España. A súa magnitude excede xa o puramente musical, para consolidarse

como un espazo libre onde conflúen xentes de todas as tribos chegadas dos máis

diversos puntos da xeografía.

Este ano o festival celebrarase do 11 ao 14 de xullo, ámbolos dous inclusive, 4

intensas xornadas musicais, ás que engadir obradoiros musicais, exposicións ou a feira

de artesanía.

O festival nacía no ano 1978, froito do esforzo da Escola de Gaitas de Ortigueira, e triunfará

grazas á axuda de toda a vila. Nos anos seguintes o festival vai sentando as basas do seu

afianzamento, medrando en número de visitantes e tamén na duración do mesmo. Destes primeiros

anos só desloce os enfrontamentos de orde pública nas edicións do 79 e o 82, relacionados co pago

das entradas, incidentes que nunca máis volverán a producirse. En 1985 o festival pasa a ser

gratuíto, característica que mantén na actualidade. Xa no ano 87 mellorarase a

infraestructura de servizos e a zona de acampada, libre dende as primeiras edicións,

ademais de crearse un área de aparcadoiro. Maila todas estas novidades o festival

suspenderase ata o ano 95.

Neste ano comezará a nova andaina deste evento cun maior orzamento, máis actividades paralelas e

axuda do concello. A XVI edición, ano 2000, sentou as bases do que serán os futuros festivais. Iniciouse

a súa internacionalización, relacionando o Festival non só cos propios países celtas, senón tamén con outras rexións

que recibiron a influencia desta cultura.

A forza do Festival, organizado polo Concello de Ortigueira, valeulle que na edición do 2003 o Ministerio de

Economía lle concedese o galardón de Festa de Interese Turístico Nacional .

Pero os recoñecementos irían aínda máis aló. En 2005 o certame entrou no

selecto grupo de eventos de Interese Turístico Internacional. O empuxe do

Festival -arredor de 100.000 asistentes nas súas últimas edicións- ou o seu papel

na proxección de Galicia e España no estranxeiro foron só dous dos factores que

lle valeron o recoñecemento.

Existen varios focos arredor dos que se desenvolven as actividades

programadas no seo do Festival Ortigueira. Estes son os máis representativos:

Escenario Estrella Galicia

Page 9: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

O escenario que acollerá os grandes concertos do Festival está emprazado á beira do mar (explanada do porto

deportivo) e mide 15 metros. Para que non perdas detalle, conta con senllas pantallas xigantes de vídeo nos seus

laterais. Cabe destacar tamén o escenario do proxecto Runas, onde se dan cita os grupos noveis. Neste proxecto a

mellor banda asegura a súa participación na seguinte edición.

Teatro da Beneficencia

Acolle algunhas das actvividades paralelas, fundamentalmente extramusicais.

Este recinto, inaugurado para fins culturais no ano 1859, forma parte do conxunto

conventual no que tamén se atopan a Casa Consistorial e a igrexa parroquial.

Espectáculos na rúa

As bandas de gaitas protagonizarán un concerto diante da Casa do Concello polas

tardes. O domingo celebrarase o tradicional desfile polas rúas do pobo. Os artistas de

rúa xorden a cada paso, de maneira improvisada, dando cor e ritmo ás rúas unha vez

rematados os macroconcertos. Todo un clásico do Festival de Ortigueira.

A praia de Morouzos

A praia de Morouzos, da que

habitualmente só se emprega o seu terzo

central, dispón dunha grande extensión

dunar e dun piñeiral con áreas recreativas. dispón de aseos,

duchas, papeleiras, limpeza, pasarelas de acceso e dun

aparcamento con capacidade para 100 vehículos.

O escenario principal ten acollido actuacións de grupos de música celta de gran nivel e fama internacional, como

Alan Stivell, The Chieftains, Carlos Nuñez ou Berrogüetto, entre moitos outros.

Este ano contarase coa presenza de Kan (Irlanda), Bagad Glazik Kemper (Bretaña), Banda

Crebinsky Galicia , (armonica Creams Xapón … E no Proxecto Runas: Ruaille Buaille (Euskadi),

Boc (Illas Baleares), Guezos (Galicia) e Folk on Crest (Castela e León).

KAN

BANDA

CREBINSKY

GUEZOS

Podes consultar máis información en:

http://www.festivaldeortigueira.com (Victoria Piñeiro)

Page 10: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

A megaminería en Galicia

"Galicia é unha mina", di un dos lemas da Dirección Xeral de Minas da

Xunta de Galicia. E é certo. Entre as comunidades autónomas, Galicia é só a

sétima por superficie pero a cuarta por produción mineira, con máis de 520

explotacións activas que non acostuman ser un exemplo de respecto pola

lexislación e o patrimonio ambiental.

Do respecto polo medio ambiente das empresas mineiras presentes en

Galicia xa temos un puñado de exemplos: A canteira que subministraba

arenisca para a cuberta da Cidade da Cultura foi clausurada por carecer de

licenza. As pizarreiras de Valdeorras e Quiroga devoraron xa varios kilómetros

de ríos e cos seus xigantescos vertedoiros están invadindo os espazos protexidos de Pena Trevinca e O Courel.

Pero estes problemas no serán nada en comparación cos que nos veñen enriba.

A Xunta vende esta información a poboación galega como "unha oportunidade de creación de postos de traballo",

o que nestes tempos que corren vese como un agasallo que non se pode rexeitar, mais non ten interese ningún en

divulgar as terribles consecuencias que estas grandes minas poden ocasionar no futuro. E é de feito unha trampa na

que non podemos caer, porque o único que conseguiremos serán uns postos de traballo que durarán uns anos, como

di a Xunta, pero o que realmente acontecerá será a contaminación de Galicia a unha escala inmensa, deste modo a

minería a ceo aberto ocasionará amplos efectos na saúde das persoas e no medio ambiente, como amosan

numerosas investigacións de carácter científico e os datos que chegan doutras partes afectadas no mundo. Polo que a

este prezo non podemos negociar, non podemos vender a Galicia por uns postos de traballo que chegaron e iranse,

como as multinacionais mineiras, mentres que os que vemos como Galicia sofre seremos os que nos quedemos.

O exemplo máis coñecido ata agora é o dunha enorme mina a ceo aberto para extraer ouro (apenas 1,6 gramos

por tonelada de rochas) en Corcoesto (A Coruña). A extracción de ouro non só deixaría grandes feridas na terra: por

cada kilo de ouro, ademais de consumirse 128 kg de

cianuro no proceso, crearíanse 4.000 toneladas de

residuos e escombros que conterían, finamente moído e

moi soluble, 250 kg de arsénico antes "atrapado" dentro

das rochas e pouco soluble. Pero Corcoesto sería só o

primeiro dunha serie de proxectos de megaminería.

Foi por isto que actores e deportistas se uniron

contra a megaminería, pois o desencadeante foi o que os veño de contar, a mina a ceo aberto en Corcoesto, esta

mina foi sellada nos anos 70 e agora a empresa canadense Edgewater quere recuperar esta extracción, por iso estas

caras coñecidas do cine, nun vídeo que dura 2.58 e,pode verse en Youtube, intentan concienciar os galegos da

repercusión destes proxectos e evitar así a reapertura deles mediante unha campaña de firmas que circula pola rede.

A actriz Sabela Arán, o actor Victor Mosqueira, o escritor Suso de toro e os actores Javier Veiga e Luis Zahera son

estas persoas recoñecidas que mediante a súa participación na campaña intentan convencer a Xunta e salvar á nosa

Galicia. Deste modo aseguran no propio vídeo que a intención é acabar con "megaproxectos faraónicos que se

asentarán a poucos metros de reservas naturais, ríos e zonas protexidas".

Pero esta non é a única ameaza a que se enfronta Galicia, isto é o que se nos vén enriba: Goldquest, outra

compañía canadense, proxecta explotar un territorio que forma parte de dúas reservas da biosfera na zona de A

Fonsagrada (Río Eo-Oscos-Burón y Terras do Miño) para explotar ouro, prata e chumbo. Ademais, polo menos

contémplanse outros cinco proxectos de minería a ceo aberto de ouro e prata no territorio galego. Unha

multinacional surafricana está a realizar tarefas de prospección de cara á apertura dunha mina de coltan e terras

raras na Serra do Galiñeiro, en Vigo, que tería un enorme impacto sobre o medio ambiente, paisaxe e poboación, xa

que o espazo proxectado da mina afecta directamente a varios pobos. Nunha mina semellante situada en Baotou

(China), as toxinas resultantes da explotación acabaron envelenando a auga, os cultivos e aos habitantes, segundo un

informe da Axencia Reuters do ano 2010. No entorno do Parque Natural de As Fragas do Eume, un dos lugares máis

impresionantes de Galicia, proxéctase a apertura dunha mina de andalucita a tan só 50 metros do límite do Parque

Natural, na confluencia do río principal e algúns dos seus afluentes.

Este acontecemento fai vir a miña memoria algo que lin, e que dicía no ano 1854 o xefe indio Noah Sealth ó

Page 11: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

presidente Franklin:

"Cada parcela desta terra é sagrada para o meu pobo. Cada brillante mata de pino, cada gran de area nas praias,

cada gota de orballo nos bosques, cada outeiro e ata o son de cada insecto, é sagrado á memoria e o pasado do meu

pobo. A sabia que circula polas venas dos árbores leva consigo as memorias dos peles vermellas.

Os mortos do home branco esquecen o seu país de orixe cando emprenden os seus paseos entre as estrelas, en

cambio, os nosos mortos nunca poden esquecer esta bondadosa terra posto que é a nai dos peles vermellas. Somos

parte da terra e así mesmo ela é parte de nós. As flores perfumadas son as nosas irmáns; o veado, o cabalo, a gran

aguia; estes son os nosos irmáns. As escarpadas penas, os húmidos prados, o calor do corpo do cabalo e o home,

todos pertencemos á mesma familia".

Javier Larrañaga

Juan Sebastián Elcano

O pasado 15 de febreiro atracou no noso arsenal o barco

escola da Mariña Española Juan Sebastián Elcano; había 13

anos que non pasaba pola nosa ría, polo que a súa visita foi

moi ben recibida; decenas de barcos acompañaron ao barco

tanto na entrada como na saída. Trátase dun barco no que, os

futuros oficias da mariña española fan unha viaxe percorrendo

o mundo.

Esta viaxe ten principalmente dúas funcións, que son a de

adestrar os futuros oficiais e a de actuar coma embaixada

española nos portos onde vai.

O nome deste barco débese a un ilustre mariño español, que foi o primeiro en darlle a volta ao mundo, tras

morrer o seu capitán Fernando de Magallanes. O barco foi construído en Cádiz no ano 1927. O seu prezo final foi de

8 189 532.28 pesetas (máis ou menos 50 000 Euros).

Malia que parece de madeira o seu casco e os seus

mastros son de metal; e ademais de empregar as súas

20 velas para navegar, tamén dispón dun motor Diesel.

Poderíase dicir que é único, se non fose por que

España lle vendeu un xemelgo seu á mariña de Chile.

Actualmente navegan varios exalumnos deste instituto

nel.

Álvaro Varela Olmedo

Page 12: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

O venres 24 de maio celebrouse no Salón de Actos do IES Saturnino Montojo a graduación dos

alumnos de 2º de Bacharelato. A cita sería ás sete da tarde dun día soleado. Tiñámolo encargado! Media

hora antes do evento xa viamos polo corredor alumnos coas súas mellores galas, estaban todos e todas

impresionantes!, e pais, nais, irmáns e avós lucindo un marabilloso sorriso.

Un ano máis o salón de Actos ficou pequeno, había

xente ata no corredor. O noso director Luis López

Bergantiños abriu o acto cun discurso no que agradeceu

aos alumnos a boa disposición para deixarse ensinar,

animándoos a esforzarse por acadar as súas metas, e

aos pais por colaborar cos docentes no labor de educar

aos seus fillos. Mención especial fixo da dedicación do

todo o persoal docente e especialmente dos profesores

Eduardo Puertas, Mª José Meizoso e Pilar Paz, para os que este curso é o derradeiro entre nós, deixando

unha pegada indeleble.

De seguido foron os titores dos tres cursos de Bacharelato os que dirixiron unhas palabras a todos os

alí presentes. Eduardo Puertas Castaños, Manuel Domínguez Pérez e Ricardo Lara Sánchez despedíronse

dos seus alumnos cuns discursos entrañables e esperanzadores, no desexo de ter fomentado as

calidades que os converterán en homes e mulleres preparados para afrontar as vicisitudes do porvir ao

tempo que cidadáns responsables, solidarios e críticos.

Especialmente emotivas foron as palabras de Eduardo, xa que el

tamén se despide de nós para volver á súa terra. Como bos homes

de letras, os tres recorreron a grandes autores da literatura

universal: Kaváfis, Kipling, Manrique e Machado engalanaron os

seus magníficos discursos.

E chegou o momento máis esperado: dous alumnos de cada

curso deleitáronnos con lembranzas e anécdotas vividas no

Saturnino Montojo nestes anos... que memoria teñen algúns!

Algunhas caras de sorpresa non facían máis que constatar que a

memoria case sempre é traizoeira e, en todo caso, sempre é

sectaria.

Page 13: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

O compoñente artístico puxéronmo os propios alumnos ao agasallarnos con dúas actuacións

e ora les: O Mago Eloy Her ida e a i terpreta ió da a ió I agi e a voz de Julia Costas,

acompañada ao piano por Clara Cobelo e á percusión por Elena Herrero. A profesora Montse Gutiérrez

elaborou unha montaxe visual cos mellores

momentos nas aulas e noutros espazos do

Centro e Victoria Piñeiro realizou unha

presentación con fotografías da vida escolar

desta promoción que acompañou á entrega de

orlas.

Pasaban das nove cando saímos ao patio

traseiro alumnos e profesores para tomar uns

pinchos, que grazas a mestría de Ana e José

foron insuperables. Fran encargouse de que non

faltara a música e do remate da festa, un karaoke no que todos demostramos a potencia das nosas

gorxas. A festa continuaría despois nun local do centro da cidade... disto xa non hai testemuña: Resistir!

Xa o dicía Kipling.

E a continuación algunhas fotos para

lembrar bos

momentos:

Page 14: Revista38

Nós, Tamén Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

VIAXE A PONTEVEDRA O pasado 30 de Abril, os alumnos de 4º da ESO tivemos unha saída cultural á fermosa cidade de Pontevedra, na

que percorremos distintas partes desta e coñeceron máis sobre a figura de Castelao.

Ao chegar a Pontevedra, visitamos o Museo Provincial, no que se

atopaban obxectos de ouro, espadas, xoias … atopados a zo a.

Ademais, estes son antigos e algúns de moito valor. Pero tamén houbo u a pa te a íti a . Vimos unha recreación a escala da Santa María e unha recreación do que era o despacho de Méndez Núñez. Este marine e militar español, contraalmirante da Real Armada Española e heroe da Guerra do Pacífico, distinguiuse na batalla do Callao e ademais capitaneou o primeiro barco blindado. Tamén había unha recreación do

ca a ote do capitá , o ue i cluso se podía ap ecia o des ivel, pola ala a . A saída continuamos coa visita doutro museo, de aparencia máis moderna, destacando ao estar ao lado de casas antigas, de pedra. Neste museo atopábase unha exposición sobre Castelao, no cal puidemos ver desde os seus característicos lentes e unhas caras de vellos de Os vellos non deben de namorarse, ata uns enormes cadros nos que destaca o ambiente rural e sobre todo os cegos, aos que

debuxaba cos ollos vermellos e cunha bolsa cun instrumento, xa que ían tocando para conseguir cartos. Castelao sentíase identificado cos cegos xa que estivo a piques de perder totalmente a visión; ademais, sempre se solidarizada cos máis débiles. Ás dúas dispuxemos de tempo libre para comer e visitar Pontevedra pola nosa conta. Pero xa, todos xuntos, visitamos a cidade cunha persoa que as guiou por ela, incluíndo historias sobre o pasado de Pontevedra e anécdotas. Comezando pola Praza das Ferrerías, que foi o punto de encontro.

Co ti ua do pola p aza a ue pode escoita se todo , a p aza da piche ia p aza de Muga tegui , a p aza de Teucro, que como contou o guía foi parte dunha trola sobre o pasado de Pontevedra. Estiveron tamén na Praza das Cinco Calles, chamada así porque une cinco rúas.E na que viviu Valle Inclán, e ao seu carón o seu simpático veciño.

Por último vimos unha película sobre o pasado de Pontevedra, nun lugar subterráneo, no que había enormes pedras que se utilizaran para ser catapultadas no pasado da cidade de Pontevedra, que é unha das cidades que mellor conserva o seu casco antigo, e que nos gustou moito . Sergio Santalla e equipo redactor 4º A

Page 15: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Do Parlamento Xove ao Club Debate.

Non é doado resumir a experiencia que vivimos este curso participando na segunda edición do Club Debate á vez que no Certame do Parlamento Xove. Foron moitas as sensacións e as fases polas que pasamos ao longo da actividade. Pero se tivésemos que escoller tres palabras para resumir a experiencia, diriamos : emocionante, enriquecedora e divertida.

O curso pasado iniciamos esta experiencia e xa decidimos que seguiriamos con ela este ano, pois quedamos

completamente enganchados. Deixaranos tan bo sabor de boca que tal vez fomos algo ambiciosos cando apostamos por anotarnos nos dous certames neste curso, pois supuxo un non parar de preparar temas diferentes e facelo a conciencia: procura de información, utilización do noso blog, preparación dos argumentos, traballo con estatísticas e gráficas... Debate a debate fomos aprendendo estratexias e divertiámonos moito ensaiando e comprobando como cada vez o faciamos con máis naturalidade e espontaneidade.

Os nosos compromisos persoais coa música, o baile, a familia, os exames, xunto coa partida dun dos nosos puntos fortes, Simón Pazos Quintana, fixeron que foramos variando os oradores e incluso a participación duns e outros, e fómonos facendo unha grande familia.

Tamén pasamos fases de abafo e de medo a non responder ben nun

escenario cun xurado, un público....e tivemos que ocupar algúns recreos, clases de atención educativa, e incluso días festivos nos que quedabamos fóra do instituto con Carme e Corona para ensaiar. Pero todo isto compensou sobradamente coa satisfacción que sentimos de participar nos debates, que incluían compañeirismo, coñecer lugares interesantes, facer novas amizades, saber como se sente a rivalidade á hora de actuar, a solidariedade cos equipos que tiveron problemas, o sabor un pouco acedo de non gañar e a euforia e a emoción da vitoria.

A verdade é que nos dous debates recibimos recompensa. No Parlamento Xove non

gañamos, pero estivemos preto (quedamos segundos en puntuación); e o noso orador, Mateo Bujan, foi nomeado como o mellor do Certame. E no Club Debate fomos gañadores ex aequo xunto co CPI Plurilingüe de Rois.

Aínda que a mellor recompensa desta

actividade é vivila, gáñese ou non, o feito de ser gañadores nos vai facer seguir gozando nunha viaxe a Taramundi que compartiremos con dous dos equipos que tamén participaron neste certame.

Para rematarmos este artigo queremos

agradecerlle aos profesores que nos facilitaron a preparación dos debatess e, sobre todo, as profesoras de galego, que nos axudaron a participar e que son parte esencial desta actividade.

VÉMONOS EN TARAMUNDI!!!!!!!!!!!!!!!!!! P.D: Os detalles desta viaxe sairán na seguinte edición desta revista, con ou sen censura.

Page 16: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

O GALEGO É UNHA OPORTUNIDADE

Queremos poñer de relevo o importante que foron para o noso trunfo na

fase definitiva do II Club Debate, os testemuños de persoas que nos

axudaron a demostrar que o galego é unha oportunidade e que apoiaron as

nosas teses desde a súa realidade , pois contaron a súa experiencia persoal.

A eles o coñecemento da lingua galega fíxoos máis completos como persoas e

como profesionais, a nós as súas experiencias axudáronos a gañar o debate á

vez que reforzaron a nosa ilusión na loita esperanzadora pola dignificación

da nosa lingua, na que temos que ser tolerantes, pero nunca febles.

Javier López, Esteban Sanesteban e Natalia Alvariño son tres das nosas testemuñas. Non deixedes de ler as palabras

que eles gravaron para nós e que foron un activo importante no noso argumentario:

Javier López desde Luanda:

Ola, chámome Javier López, teño 35 anos e estou encantado de dar o meu testemuño

desde Angola para demostrar que a Lingua Galega foi e segue a ser para min a unha

oportunidade única, non só para relacionarme, senón tamén no mundo laboral.

Eu son de Ferrol, estudei no instituto e aprendín o galego desde neno, como todos vós.

A verdade é que para min o galego era a nosa lingua propia e sempre a estudei e a falei sen

pensar se era ou non unha oportunidade.

Marchei a Madrid e estudei enxeñería industrial. Para completar a miña formación e

para ter máis oportunidades estudei tamén inglés, alemán, informática....

Pero agora veredes cal foi a miña sorpresa. Entrei a traballar nunha empresa de

enxeñería en Madrid, con proxectos en todas partes do mundo. Por motivos de traballo viaxei a Angola e a Brasil e

descubrín que co meu galego,eu era capaz de ler, traducir, entender e facerme entender cos falantes de lingua

portuguesa de todo o mundo. Por este feito tiña unha grande vantaxe sobre os meus compañeiros. Descubrín que tiña

aberta a porta ao extenso mundo da lusofonía.

Non foi o inglés, nin o alemán, foi o noso galego o que me axudou conseguir o traballo que hoxe teño: dirixir a

delegación angolana da miña empresa. Todo un reto persoal, profesional e vital.

Levo tres anos vivindo en Angola e o feito de falar galego e agora portugués fai que me sinta como en casa.

Co galego temos todo a gañar, non o dubidedes.

Apertas desde Luanda

ESTEBAN SANESTEBAN

Ola! Son Esteban, teño 22 anos e neste momento estou cursando 5º de Medicina na

Universidade de Heilderberg, en Alemaña.

Como galego, desde neno convivín coas dúas linguas oficiais: galego e castelán, feito

enriquecedor e que me levou a ver as linguas como ventás que se abren ao mundo . Por iso,

cando , rematado o Bacharelato, tomei a determinación de estudar Medicina na Autónoma de

Barcelona, o factor lingüístico nunca o considerei un atranco, senón unha nova motivación (un

aliciente máis). Foi en Cataluña onde me dei de conta do que realmente era o galego para

min e, mentres aprendía o catalán, máis medraba o meu interese pola nosa lingua; percibín

que era o trampolín que me permitía saltar cara a outras linguas e culturas. Próugome que

entre as materias de libre configuración se ofertase, para estudantes de Medicina, Literatura Galega e,

evidentemente non desaproveitei a ocasión , de cursar esta materia.

A partir da miña estadía en Cataluña, o meu horizonte lingüístico foise ampliando e seguirá medrando porque sinto

que eu medro con el . Por este motivo, quixen estudar un curso nun país estranxeiro, que no meu caso, como

sabedes, foi Alemaña, o que me valeu para aprender unha nova lingua , o alemán

Tras isto, podo dicirvos que o galego non é só unha oportunidade, son miles de oportunidades porque, para min, está

na orixe de todas estas oportunidades que vivín.Así que,

APROVEITADE A OPORTUNIDADE DE SERMOS GALEGOS!

Page 17: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

A nosa correspondente en París, Natalia Albariño, exalumna e marabillosa colaboradora da revista,

cóntanos a súa experiencia

Cando o ano pasado nos propuxeron na universidade a posibilidade de participar no

programa ERASMUS, non o pensei dúas veces.

A verdade é que as posibilidades eran moitas e moi interesantes pero cando vin París non

dubidei, tiña que conseguir esa praza.

Hoxe, exactamente un ano despois, aquí estou, na cidade das luces, do amor, da arte e de

moitas outras cousas.

En primeiro lugar, gustaríame convidarvos a todos a coñecela pois é unha cidade moi

especial pero como a maioría de vós xa oístes e vistes miles de cousas sobre París este non é

o tema que me gustaría tratar.

Hai dous anos estaba polos corredores do instituto, coas mesmas preocupacións ou falta

delas ca vós. Por unha parte, parece que foi onte pero pensándoo ben... A de cousas que me

aconteceron dende entón! O cambio instituto-universidade xa é de por si un paso moi

importante que che fai crecer e madurar de súpeto. Ao fin e ao cabo, é un cambio de vida.

E agora... noutro país, iso si que é radical! Nunca tiven dúbidas ao respecto, sempre souben

que quería marchar pero... a medida que se achega o momento... Quen non ten medo?

Outro país, outra lingua, outra cultura, outros costumes, estar lonxe da familia, dos

amigos... Pero hai que botarlle valor. Probablemente os primeiros días sexan un pouco

difíciles pois é moi doado atoparse perdido polos corredores infinitos dunha facultade cuns 17000 alumnos, dos

cales 3000 son estranxeiros e están tan ou máis perdidos ca ti, ou non entender á caixeira cando che di canto tes

que pagar pola compra... mais a todo se acostuma un.

Non esperes facilidades, terás que buscarte ti a vida. Tampouco esperes aprobados coma churros porque, no resto

de cidades non o sei pero aquí que sexas ERASMUS ou internacional dálles igual, tes que ter o mesmo nivel, tanto

de lingua coma nas materias, que o resto. Pero as vantaxes son tantas... ós tres meses un día pos a tele francesa e

de súpeto dáste de conta de que entendes todo, incríble! Ti... que chegaches sabendo gramática a patadas, como

pasa sempre, pero sen idea de como pronunciar ben un simple bonjour. Outro día miras o teu facebook e decátaste

de que tes amigos chineses, alemáns, italianos, canadenses, gregos, marroquís... con toda a riqueza cultural que iso

supón.

Outra cousa para a que serve o ERASMUS, polo menos en Francia, é para darte de conta de que, quizais, as

universidades españolas non están tan mal... Tanto oír falar da universidade da Sorbona e logo en tecnoloxía e

organización a de Vigo non ten nada que envexarlle.

Non quero rematar este artigo sen comentarvos algo que seguramente vaia sorprendervos. Aquí, na universidade,

estúdase galego. Si si, lestes ben, galego. Existen tres niveis que corresponderían co A1, A2 e B1 do marco europeo

de referencia. A maioría dos alumnos apuntados en galego estudan filoloxía hispánica ou filoloxía portuguesa xa

que teñen o galego de optativa nos tres anos que duran aquí as carreiras. Sorprendidos?

É incrible ver o interese que mostran pola nosa lingua e pola nosa cultura, probablemente máis que moitos galegos,

aínda que sexa unha mágoa. De feito, este mes de maio van marchar de excursión a Galicia co noso profesor,

Gonzalo Vázquez.

Ademais das clases de galego, fíxose tamén na universidade unha conferencia sobre o afundimento do Prestige, e

unha charla da poetisa galega Dorés Tembrás. Ademais, proximamente terá lugar un congreso sobre literatura e

linguas minorizadas no que participarán, entre outros, a coñecida escritora Yolanda Castaño.

É curioso como dende fóra as cousas se ven dende unha perspectiva tan diferente. E non podedes imaxinar a ledicia

que se sente ó escoitar alguén falando en galego no metro .. non hai palabras!

Por fin sei o que é a morriña, supoño.

Endexamais perdades a oportunidade de estudar, traballar, viaxar... por distintos lugares. Palabriña de que merece

a pena.

Natalia Albariño

Page 18: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

VIAXE A TARRAGONA

Entre os días 4 e 7 de abril os alumnos de Latín e

Cultura Clásica fixemos unha viaxe a Tarragona e

Barcelona.

O primeiro día tivemos que madrugar moito para

coller o avión a tempo. Os primeirizos tiveron un

pouco de medo, aínda que se lles pasou pronto. Saímos da Coruña as 7:30 e

chegamos sobre as 9:30/10:00 am. Alí recibiunos o mellor condutor de

autobuses, Raúl, que nos levou durante todo o día a visitar a cidade de

Barcelona. Fomos acompañados dunha guía, una rapaza moi simpática que

nos explicaba todo o que iamos vendo.

Visitamos o Montjuic, dende onde podíamos ver toda a cidade, e logo

fixemos un percorrido dende o parte portuaria ata a Sagrada Familia e o

Parque Güell, deseñado por Gaudí. Pola tarde tivemos tempo libre, e máis

cara á noite chegamos ao hotel, en Tarragona. Esa noite durmimos canto

puidemos polo cansos que estabamos.

No segundo día a madruga foi tremenda … Ergué o os, almorzamos e logo

fomos cun guía a coñecer Tarragona. Vimos as murallas e un guía mostrounos como era a vida alí hai moitos anos. Visitamos o

subsolo da cidade, onde se atopan restos da cidade romana. Despois de xantar fomos visitar o anfiteatro, que se conserva en

moi bo estado a pesar do paso do tempo, e grazas a que estaban reconstruíndoo. Despois fomos visitar una auténtica villa

romana, e cunha pouca imaxinación podíanse ver os cubículos, as habitacións e os baños romanos. Ademais, fomos ver un

acueduto moi famoso e moi ben conservado.

Regresamos ao hotel, ceamos e fomos durmir, aquela noite houbo un pouco máis

de festa, pois xa non estabamos tan cansos coma no primeiro día; e tamén porque o

día seguinte o iamos pasar moi ben, porque iamos a …. PORT AVENTURA!

A maña seguinte, ninguén chegou tarde para coller o bus; e cando estabamos

chegando, xa podíamos ver as atraccións máis grandes do parque, como o

Sha bbala, o dragó Kha …

Dividímonos por grupos e cada un foi por camiños distintos, pois cada un quería ir

a unha atracción diferente. As atraccións como o Shambbala, o Dragón Khan, o

Tutukisplash , os Rápidos, o Aserradero… foro oi i presio a tes, pero o que tamén era abraiante e moi bonito eran os

espectáculos.

O día pasou moi rápido, e ao final tiñamos moitas anécdotas como cando Esther lle preguntou ao rapaz que estaba controlando

o acceso unha das moitas dúbidas que lle xurdiron cando esperabamos á cola do Shambbala:

-Esther: Mira, perdona, si mi amiga se mea, no le afecta a los engranajes, no?

-Rapaz: No, no te p eocupes, ue no pasa nada…

No último día fomos pola mañá ao museo arqueolóxico, onde puidemos ver moitos obxectos que se conservan da época

romana, coma vasillas, xoguetes, instrumental médico, etc. Ademais, esculturas e mosaicos incribles, como o de Medusa, que te

segue coa mirada. É asombroso!

Ao chegar tivemos que levar unha gorra de exploradores para facer una actividade que

consistía en resolver enigmas e finalmente completar unha ficha con adhesivos.

Pola tarde tivemos tempo libre para comer e relaxarnos. Finalmente collemos o avión e

aterramos na Coruña. A Ferrol chegamos sobre as 23:00 máis ou menos.

Foi unha viaxe na que o pasamos moi ben, aprendemos moito e, sobre todo,

agradecémoslles aos profesores acompañantes, Magdalena e José Manuel, ternos

coidado durante ese días.

Laura Ramil Arnosi e Mireya Romero Moya - 4º ESO C

Page 19: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

FRANCISCO CASTRO VISITOU O NOSO INSTITUTO

Os alumnos de 2º e 4º da ESO do instituto tivemos a sorte de acudir a unha charla que Francisco Castro deu no centro. Francisco Castro é un escritor vigués, ou coma el considera, un recortador de revistas,que traballa dende hai anos como cronista cultural en varios medios galegos e, na actualidade, na Editorial Galaxia. É gañador de premios entre

os ue atopa os o P e io Bla o A o po Spam, ou o P e io de Novela Ma uel Ga ía Ba os , coa novela As palabras da néboa. Entre os distintos libros que escribiu, dezanove e medio segundo as súas propias palabras, os alumnos de 4º lemos O Segredo de Marco Polo, Spam e os de 2º, O neno can escrito en colaboración con Fina Casalderrey. Foi moi agradable a súa conferencia, na que nos falou xa non só dos seus libros, senón de cousas da súa vida coma que se ergue ás cinco da mañá para escribir, do nome da súa filla de 5 anos que inspirou a unha das personaxes principais de O segredo de

Marco Polo, Naia, e tamén sobre as súas experiencias persoais, tanto do pasado, como nas que se basea na actualidade para escribir. Durante as dúas charlas que deu, unha para 2º e outra para 4º, explicou os libros que lemos cada un dos cursos, contándonos onde se inspirou cada historia, como creou os diferentes personaxes e curiosidades

sobre eles. O Segredo de Marco Polo naceu da National Geographic, onde viu unha reportaxe sobre Marco Polo que falaba sobre as súas viaxes polo mundo pero que non eran cridas por ninguén, p ovo a do o e fado a F a is o Cast o . “e ía o ito permitirlle a Marco Polo contarlle unha historia a alguén e que a

ea , o o di o es ito , e así dá o ezo á ovela, hea de aventuras, experiencias e amor, sobre todo, amor. Na charla dos rapaces de 2º falou sobre o libro O Neno Can. Esta obra está escrita coa intención de facernos pensar sobre as inxustizas do mundo, xa que el di que escribe para

cambialo. Está inspirado en casos terribles, pero comúns, coñecidos por todos: nenas maltratadas, prostituídas; nenos que non teñen onde vivir nin que comer; nenos drogadictos… Ademais, móstrase unha metáfora cun can. Amosa que os humanos, ás veces, somos como animais ou que, como neste caso, un animal fai máis ou dá máis apoio que calquera ser humano. Tamén nós puidemos facerlle esta pequena entrevista ao final da charla:

- Que significa para ti a literatura ?

- Algo máxico e fascinante. - Cal foi a experiencia que máis te marcou como escritor? - O rexeitamento de tantas editoriais, que me fixo mellor

escritor. Recordo coma se fora onte, cando quixen publicar o meu primeiro libro e todas as editoriais rexeitaban o meu traballo ata que unha quixo confiar en min. A verdade é que tivo bastante éxito e así outras editoriais comezaron a chamarme.

- Identifícaste con algún dos personaxes? - Si, con Marco , xa que, el coma min cando era da súa idade,

estaba namorado pero non era correspondido.

- Cal cres que é a situación do galego? - Pois eu creo que aquí, en Ferrol é penosa, falando claro; pero, pola contra, é moi apreciado fóra, e nos pobos, aldeas... - Cales son os teus escritores preferidos ou os que máis influíron na túa forma de escribir? - Máis que es ito es, fo o ta é úsi os, so e todo de Ro k ’ Roll, o a os Beatles ou Bo Dyla , ue e p ovo a

nostalxia dos anos 60. En canto a literatura, os tebeos foron moi importantes, e despois autores coma Borges, Castelao, Celso E ilio Fe ei o… e Pa lo Neruda, polo amor non correspondido, ou Gabriel García Márquez, cando estudaba 2º de BUP.

Foi unha experiencia bonita e divertida. Moitas grazas a Francisco e aos organizadores deste evento Irene Arto Escuredo e Esther Costoya

Page 20: Revista38

RECUNCHO LITERARIO

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

SARA

Sara é unha nena normal, ben... normal, non. Hai unha cousa moi importante que a fai diferenciarse do resto; ela

ten un sentido menos que os seus compañeiros de clase, que a súa familia, que os seus amigos... Pero iso a ela non lle

preocupa, ela séntese igual ou incluso mellor que o resto porque de pequena lle explicaron que os seus catro sentidos

valen por cinco, seis ou sete dos demais, que ela ten un don.

O seu don non é que se lle dea ben o fútbol ou que cante ben, non. O seu don é moito mellor; o que ela fai non o

fai ninguén máis. Sara ve a vida escoitando. Non é que lle guste, é que non hai para ela outra forma de facelo. Sara non

pode ver.

Todos os seus gustos e afeccións coñeceunos escoitando; encántalle

escoitar música e, sobre todo, pasar tempo co seu can Roi. Aínda que

poderiamos dicir que a súa maior afección é Galicia. Para ela vivir en Galicia é

un soño feito realidade, para ela Galicia ole a mel e a caramelo.

Na escola faláronlles dunha tal Rosalía de Castro. A mestra contáralles

que era unha muller que escribía en galego. O resto da clase non prestaba

atención, para o resto soamente era unha clase de lingua e literatura como outras, pero para ela non, para ela era un

día especial, o día no que a poesía entrou na súa vida. Todo comezou así...

Como xa dixen, Sara é unha gran amante da Galicia e daba a casualidade de que Rosalía tamén o era; incluso a

primeira gañadora das Letras Galegas; era marabilloso! Era o seu ídolo! Ela sabía que non a podería coñecer, pero si o

que deixara. Por iso, ese mesmo día, cando chegou á casa, toleoulles a cabeza aos seus pais para que lle conseguisen

todos os libros e poemas que puidesen. E así foi; ao día seguinte os seus pais trouxéronlle un bo lote de libros. Ela non

podía velos nin lelos, pero os pais faríano por ela.

Cada noite lle lían un poema. Aínda que xa era grande non se

avergoñaba de que pola noite lle lesen contos coma aos nenos de tres

anos.

Pero creo que esquecín algo, algo moi importante. Sara non é que de

durmir, aínda hoxe, sen escoitar ese poema que lle fixo amar un pouco

máis aínda o galego, que lle fixo ver a luz no buraco escuro sen fin; o poema que lle fixo ser o que é; este poema:

Que así mo pediron

que así mo mandaron

que cante e que cante

na lingua que eu falo.

Hoxe en día, Sara é poetisa. Todo o que inventa o fai en galego, e así o fará durante toda a súa vida e espera que,

como a Rosalía, alguén a recorde algún día.

LUCÍA HUERGO

Page 21: Revista38

RECUNCHO LITERARIO

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

O NENO QUE NON QUERÍA LOITAR Era unha mañá de sábado sollía, co ceo azul, e cos cantos dos paxaros animando o día. Para

calquera neno sería un día perfecto, pero para os nenos do Congo non, xa que hoxe ían á

guerra.

Nun barrio de chabolas no profundo Congo, vivía un neno de dez anos chamado Tariku. Vivía

coa súa avoa, xa que os seus pais o abandonaran. Tariku era un rapaz calquera, que amaba

xogar ao fútbol cos seus amigos, e xogar co seu can Selva. Chamáballe así porque o encontrara

no medio da selva, mentres estaba buscando froitas.

Serían as once da mañá, cando Tariku espertou. Estaba moi triste, porque hoxe ía á guerra. De

súpeto, notou como Selva lle lambía os pés, quería animalo. Tariku levantouse e foi ata o

fondo da chabola, onde o agardaba a súa avoa. Deulle dous bicos e saíu con Selva na procura de alimento.

Na rúa, todos os nenos andaban a chorar polo feito de ir á guerra. Tariku e Selva foron ao bosque e alí apañaron uns poucos

froitos que polo menos lles servirían de comida. Ao chegar á chabola compartiu os froitos coa súa avoa e volveu saír fóra. Na

rúa animou os demais rapaces a xogar unha partida ao fútbol, posto que os do exército non viñan ata as catro da tarde. O

tempo transcorría e os nenos estaban a pasalo moi ben xogando. De súpeto, uns ruídos tremendos apoderáronse da cidade;

todo o mundo comezou a correr, eran os do exército! Coma un raio, Selva e Tariku correron ata as chabolas, onde a avoa,

desesperada, rezaba pedíndolle a Xesús que non o levasen á guerra. Selva e Tariku estaban no fondo da chabola, escoitando os

berros e súplicas das nais para que non levasen os seus fillos.

Aqueles soldados entraban nas casas, levándoo todo por diante. Chegou a hora, a porta abriuse bruscamente e apareceron

dous soldados. A avoa choraba con múltiples súplicas, pero os soldados non facían nin caso. Ao chegar ao fondo, un deles dixo:

A uí está, veña, ollédeo xa e etédeo u us . O soldado i ou fixa e te a Ta iku, os ollos hu ede éronselle, e a piques

de ho a , díxolle ao out o: Este é dé il, o os se ve. Ta iku o ezou a aleg a se o o u a, o ía i á gue a, a súa avoa aínda non o cría, choraba de alegría dándolle as grazas a Xesús, cando de súpeto, aquel soldado achegouse a Tariku e

díxolle: “i to a a do a te . Na uel i t e Ta iku e te deu ue a uel e a o seu pai e ue o a a a a de salva . Cheo de ledi ia

abrazou a súa avoa e a Selva, porque ía poder seguir con eles o resto da súa vida.

Todos os nenos teñen dereito a ter

unha infancia alegre e sen guerras.

Alejandro Pita MICRORRELATOS GANADORES

BAILARINA Atopábase entre caixas esperando a súa canción, o seu momento, levaba toda a vida rodeada

diso. Xa dende moi nena vivira entre escenarios, camerinos, caixas e focos. A danza era todo o

que ela tiña, non coñecera outra cousa cós teatros nin outra xente que non fose a da

compañía do ballet nacional e os seus país que a visitaban durante as vacación do verán e do

Nadal; non podía saíra xogar, tiña que ensaiar e coidarse de calqueira lesión. Pola contra, vira a

milleiros ou millóns de persoas; o máis preto, a apenas uns cantos metros na primeira fila, e o

máis lonxe, no galiñeiro. Eran de todo tipo de xente, pero cando ela bailaba todos quedaban

abraiados co seu lixeiro danzar; entón ela tiña o seu momento de gloria onde os seus

movementos captaban toda a atención e as miradas, pero íase axiña tan sixilosa como entrara.

Xa fóra, só volvía entar para facer unha elegante reverencia e poder contemplar como o

público desfacíase en aplausos e aclamacións. Agora volvía chegar o seu momento, a música

comezaba lenta e tranquila e volvíase veloz e esplendorosa, coma ela, todos quedaban sen

alento, o tempo detíase para vela bailar. Cristina Fernández Casanova (3º ESO B)

TRÁXICA COMEDIA O teatro estaba cheo. Nunca antes estivera tan ilusionada, xa que esa noite presentaba a miña primeira

obra, que representaba unha parodia da realidade; pero aínda non sabía como remataría.

No patio de butacas non cabía nin un alfinete, pero a vista fóiseme á primeira fila, onde estaba el.Alí

estaba ese home que tanto dano me fixera, ata que me atre vín a denuncialo; pero o problema non

rematou alí.

Un día, chegoume unha carta que poñía Estás o ta, o te deixa ei u a . Desde ese día, pasa a xa seis meses, pero eu aínda tiña pesadelos co que podería facerme.

A o a e atou e, a do a ha a os a ea , a hegouse e o o iñou e ao oído: “e o es iña, o se ás de i gué áis , avoume unha navalla no abdome e saíu correndo, mentres eu caín

desmaiada.

Desde ese momento, o primeiro recordou que teño dende que abrín os ollos, foron o meus país a carón da cama, e a miña nai

u u á do e: Ruliña, xa olle o a Xe á , xa está o á e e ; pe o eu, t es a os despois do su eso, aí da teño o edo etido o o po xa ue, u pa de a os, sai á á úa e volta á a us a e pa a a a a o igo ….

Sara González Veiga (4º ESO-C )

Page 22: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Ao mellor aínda non coñeces os novos textos literarios e fílmicos

incorporados á Biblioteca. Dende esta páxina queremos convidarvos a gozar de todos e cada un deles. Os

alumnos de 1º de ESO, que dende o 1 de febreiro deste ano engadiron a Hora de Ler no seu horario

lectivo, serán os maiores beneficiarios destas adquisicións. Pero calquera alumno do noso Centro pode

gozar de todas estas novidades, xa que podedes levar a casa os libros, películas ou Cds a voso dispor

neste espazo do IES.

O material audiovisual incrementouse de maneira considerable e contamos con máis de 70 novas

películas. Para a compra deste material solicitouse a axuda de todos os departamentos e polo tanto tes

Dvds relacionados coas materias que estudas durante o curso. A listaxe das mesmas ocuparía moitas liñas

e polo tanto só engadiremos algúns dos títulos dispoñibles.

Documentais nos que podes descobrir dende todo o Universo ata os animais máis fascinantes:

Grandes clásicos de todos os tempos:

Poderás escoitar e aprender sobre diversos estilos musicais:

Page 23: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Texto fílmico e literario

da mesma obra:

A que esperas!!!

As matemáticas

contan historias?

2 + 2 = ??????

ACHÉGATE Á ESTANTERÍA DOS

CÓMICS! SORPRENDERASTE CON

MOITOS NOVOS TÍTULOS!!!

Dende esta revista queremos agradecer a Uxía, unha das mellores

cantadeiras da nosa terra, este agasallo asinado especialmente para

todos nós, isto sí, con tarefas: pa a ue o antedes e o ailedes .

Farémolo, Uxía! E se xa este feito é valedor do noso agradecemento,

queremos que saibas que unha vez escoitado, as GRAZAS! son un

berro saído da máis profunda emoción. Descubrir a esta Rosalía pirata

é unha viaxe que contén todas as cores, a túa voz, poderosa e capaz dos matices máis sutís, os magníficos

arranxos... sabia ti por rodearte destes estupendos colaboradores e das palabras de Rosalía: Moito nos

gusta o teu gusto!

Oh! Que sorpresa... coñecedes ao escritor a esquerda da

imaxe? Tivemos a sorte de contar coa súa presenza neste

curso, outra viaxe marabillosa da man de Marco Polo. Pois é o

editor deste traballo de Uxía e teñen unha páxina en facebook

na que podes seguir a viaxe desta poeta-pirata por 40 concellos galegos e outras novidades. Estaremos

atentos!

Victoria Piñeiro

Page 24: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Tres personaxes importantes da nosa contorna contestaron amablemente ás preguntas do noso

equipo

? ? ?

Preguntas

Persoeiro 1

Persoeiro 2

Persoeiro 3

A mellor cidade

Santiago de Compostela

Amsterdam Ferrol

A película favorita

Amarcord (acórdome) A lista de Schlinder Lo que el viento se

llevó

Un grande actor Marcello Mastroianni Paul Newman/Al

Pacino Richard Gere

Unha peza musical especial

NS/NC Sultans of swing(Dire

Strais) NS/NC

A obra literaria preferida

La regenta El Camino La Colmena

Unha actividade de lecer

Non facer nada Descansar Descansar

Escolla unha prenda de vestir

Pantalón curto Roupa de verán Pixama

Deporte preferido Balonmán e ciclismo Bicicleta Pádel

A comida que máis lle gusta

Tortilla Tortilla Tortilla

Un persoeiro histórico salientable

Felipe Ángeles, un militar mexicano, heroe popular de

Revolución mexicana

Severo Ochoa/Teresa de Jesús

Carlos I

Cal é a súa mellor virtude e o seu peor

defecto?

A miña mellor virtude é a capacidade de

discurso. O meu peor defecto é a preguiza, e o pensar en cousas e

logo non facelas.

A miña mellor virtude é a capacidade

conciliación. O meu peor defecto é que

son demasiado ecléctico*.

A miña mellor virtude é a capacidade de

esforzo e de traballo. O meu peor defecto é

o pragmatismo**

Page 25: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

*Ecléctico- Modo de xulgar ou obrar de quen adopta unha postura intermedia, en lugar de seguir solucións extremas ou ben definidas.

**Pragmatismo- Maneira de pensar e de actuar de quen se adapta ás circunstancias e lle outorga un lugar primordial á acción, aos resultados

prácticos.

A ver se acertas quen é quen, deducíndoo das súas respostas (comproba se acertaches no taboleiro de DLG). Luis Bergantiños (Director do noso centro)

Cándido Pazó (Actor de teatro)

José Manuel Rey Varela (Alcalde de Ferrol)

Se puideses pedir un desexo a unha meiga xenerosa, cal sería?

Ter capacidade de traballo. Facer as

cousas con pracer e non con angustia.

Algo relacionado coas enfermidades, que a

xente non as padecera.

Pediría un gran pedido para o sector naval ferrolá. Pero non llo pediría a unha meiga xenerosa, senón aos

que teñen esta responsabilidade.

Un consello para a mocidade

Confiar nas súas potencialidades,

buscar cales son e aproveitalas.

Esforzarse moitísimo. Moitísimo traballo.

Valorar o esforzo, o traballo en equipo,

aos amigos e á familia. Esta é a semente para o voso futuro, tanto

persoal coma profesional.

Recomendaríanos aos mozos e mozas escoller a súa

profesión?

Non, se non é a súa vocación. É unha

profesión complicada e difícil. É incerta, eu mesmo non sei que

vou facer ó mes seguinte, como vai ser

o futuro. É unha aventura. Deberíala

escoller se che gusta e queres ser profesional, non para chegar a ser famoso; ese non debe

ser o obxectivo.

Non especialmente. Si recomendaría unha de

servizo aos demais, directo coas persoas.

Eu recomendaríalles traballar para

dedicarse as súas vocacións, cada un a

que teña. Eu diría que se non tes vocación de

servizo público, non escollas a miña

profesión.

É moi difícil exercer a súa profesión na

época de crise que estamos a pasar?

É máis fácil para min, que o fago só, que

para outros compañeiros, que o

fan en grupo. Eu resisto ben.

Os recortes afectan en todos os aspectos. Pola crise xorden

dificultades económicas e

producen crispación social que percibimos

no noso ámbito.

Si, como todas as profesións. É difícil

traballar en calquera empresa, e, sobre todo, para os que

queren traballar e non poden.

Page 26: Revista38

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo

Lydia González Fernández de 1º ESO A preséntanos, dun xeito moi orixinal, a ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Chámome Roberto Vidal Bolaño, e seguramente soarache o meu

nome porque este ano me dedican o día das Letras Galegas. Pero

se me buscas en Internet e ollas unha das miñas fotos é probable

que me coñezas pola miña aparición como actor nalgunhas series da

Televisión Galega, ou que recoñezas a miña voz na de algún actor

estranxeiro famoso.

Nacín no barrio de Vista Alegre en Santiago de Compostela o 31 de

xullo do 1950. Comecei a traballar dende moi novo, con apenas 12

anos e abarquei moitos traballos: administrativo nunha empresa de

recambios de coches, nun ultramarinos, nunha axencia de viaxes … Pero xa de rapaz o que máis me interesaba era o cinema e a

literatura, polo que trataba de compaxinar o traballo e o estudo

coa miña afección. Así, con tan só quince anos estreo a miña primeira peza teatral.

Trato de introducir nas miñas obras as técnicas audiovisuais que tanto me fascinan, considero que o teatro

debe chegar á maioría da sociedade pero sen sacrificar a calidade en beneficio da popularidade. O certo é

que me interesa reflectir a preocupación popular tratando temas que van dende o suicidio ata a frustración

pola oportunidade perdida na Transición (puiden ler que para a miña primeira muller, Laura Ponte, son o

p i ei o i dig ado ) Isto fixo ue algú s íti os e o pa ase o Valle-Inclán (similitude que din que

é evidente na iña o a Doe tes , fi alista o P e io Na io al de Lite atu a D a áti a) ou “hakespea e. Considero que debo achegar o teatro ás rúas e achegalo ao público. A pesar do que a primeira vista poida

parecer gústame darlle un toque de humor a todo o que fago, so u pou o pallaso e algu ha ue out a vez sorprendo á xente levando un nariz vermello.

No ano 1974, tras darlle moitas voltas ao asunto, decido xunto con Xaquín García Marcos crear o grupo de

teat o A t oido. O oso p i ei o espe tá ulo foi A o e i es de Xa o Pa tei a , e ao a o segui te Lauda u o, seño de i gu es pola ue e i í o p e io A e te.

Coñezo a Laura Ponte, unha das nosas actrices máis importantes, e casamos en 1976. Comezo así unha

época de intensa actividade teatral e creativa que me permite gozar das facetas de actor, director e

dramaturgo. Cando me despiden do banco en 1977 intensifico aínda máis a miña dedicación ao mundo do

teat o desta a do a est ea e de Bailadela da o te ditosa , polo ue e i í o p e io Abrente ese

mesmo ano. Participo activamente na creación do Centro Dramático Galego en 1984, o mesmo ano no que

es i o e di ixo Agasallo de so as . Esta o a sus itou u ha g a polé i a po ue ela ve u ha desmitificación do mito de Rosalía Castro e unha dura crítica á figura de don Manuel Murguía.

Dende entón afástome un pouco do ámbito teatral e céntrome máis na industria audiovisual. No 1985, co

nacemento da Televisión de Galicia, paso a traballar como actor, director, dobrador de películas, e

participo no guión e adaptación de series para esta televisión.

No 1988 sepárome de Laura Ponte e comezo unha relación sentimental con Cruz Comesaña, esta relación

dura pouco debido á morte prematura de Cruz. En 1991 retomo o contacto co teatro e o público coa obra

“axo Te o o segui do o ela o P e io Álva o Cu uei o. Caso e o Belé Qui tá s oa ue fundo a compañía de Teatro do Aquí, ese a o o teño o p e io Rafael Dieste o Días se glo ia . E 1994 recibo o primeiro premio do certame Camiño de “a tiago de Teat o P ofesio al po As a tas es u as , out a das iñas o as áis polé i as ao t ata o te a de elixió e ie ia e to o a tu a do Apóstolo.

A enfermidade perseguiume inutilmente xa que a miña paixón polo teatro era máis forte ca ela, pero o 11

de setembro de 2002 a moi cabezota gañoume a partida. Os meus familiares e amigos despedíronme en

Santiago, e dende logo, como non podía ser doutro xeito, estaba acompañado do meu chapeu e o meu

nariz de pallaso.