revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese...

16
XENÉTICA FONTAO Nº1 Xullo 2008 SIX ENTRA NO TOP 100 DE ITALIA O semental de Fontao, en plena forma a punto de cumprir 11 anos SAT CAVADAS, XENÉTICA A MEDIDA CALIFICADORES DE CONAFE VISITAN FONTAO DUVAL: TODA A EXCELENCIA DA FAMILIA PALA DANCER: GRAN MELLORANTE DE MORFOLOXÍA

Transcript of revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese...

Page 1: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO

Nº1 Xullo 2008

SIX ENTRA NO TOP 100 DE ITALIAO semental de Fontao, en plena forma a punto de cumprir 11 anos

SAT CAVADAS, XENÉTICA A MEDIDA

CALIFICADORES DE CONAFE VISITAN FONTAO

DUVAL: TODA A EXCELENCIA DA FAMILIA PALA

DANCER: GRAN MELLORANTEDE MORFOLOXÍA

Page 2: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

EDITORIAL

Page 3: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 3

A XEITO DE PRESENTACIÓNXenética Fontao quere abrir con esta revista unha nova canle

de comunicación cos gandeiros de Galicia, os principais desti-

natarios do noso labor. A través de catro números anuais, pre-

tendemos facer partícipes aos criadores das principais novas do

centro, sempre co obxectivo de achegarlles instrumentos que

melloren os seus rendementos.

A mellora xenética en Galicia é xa unha moza garrida. 17 anos

pasaron desde a presentación do Plan Integral de Mellora

Xenética, que inaugurou un camiño que na actualidade per-

corre o Programa de Mellora Gandeira de Galicia. En todo este

tempo, Xenética Fontao consolidouse como un piar básico na in-

corporación de xenética de calidade á cabana gandeira da nosa

comunidade autónoma. Creada en 1998, está financiada a tres

bandas, pola Xunta de Galicia a través do Fondo Galego de Ga-

rantía Agraria (FOGGA) e os colectivos de gandeiros Federación

Frisona Galega (FEFRIGA) e Asociación Nacional de Criadores

de Gando Vacún Selecto da Raza Rubia Galega (ACRUGA).

As granxas galegas acceden na actualidade ás principais liñas

xenéticas do mundo, como corresponde a un sector cada vez

máis globalizado e aberto ás novidades. Pero, por outra ban-

da, o progreso da mellora xenética faise con miras postas no

desenvolvemento de familias propias, plenamente adaptadas

ás explotacións nas que son criadas as reses. Neste camiño,

coller o mellor de todo o mundo e adaptalo ás nosas propias cir-

cunstancias, Xenética Fontao tivo e ten moito que dicir.

Traballamos en plena conexión co sector e dun xeito bidirec-

cional, espallando boa xenética, pero tamén descubrindo de-

cote novos sementais e captando das propias granxas os touros

do futuro. Neste camiño que percorremos xuntos, man a man

cos gandeiros, esta revista pretende ser unha aportación máis.

Esperamos que vos resulte de utilidade.

EDITORIAL/ÍNDICE

ÍNDICE

NOVAS………..……………………………….4

CENTRO I.A……………….........……..…6

CALIFICACIÓN..............................8

MELLORA XENÉTICA…………........10

TOUROS PROBADOS…………….…..12

SUPERPEDIGREES……………....…..14

XENÉTICA FONTAO

EDITA:

XENÉTICA FONTAO S.A.

Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo

Tfno: +34 982.284.391Fax: +34 982.284.626E-mail: [email protected]: www.xeneticafontao.com

PRODUCE:

Transmedia Comunicación & PrensaPazo de Feiras e Congresos, s/n27004. Lugo

Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893E-mail: [email protected]: www.transmedia.es

Tirada :

6.000 exemplares

DEPÓSITO LEGAL:

LU 173-2008

Page 4: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 20084 NOVAS

A VACA ADULTA MÁIS PRODUTORA DE GALICIA, FILLA DUN TOURO DE XENÉTICA FONTAO

García Constelation Roca, da

SAT Herbón Núñez de Baralla

(Lugo), proclamouse vaca máis

produtora de Galicia do ano 2007. Esta

vaca, filla dun semental de Xenética

Fontao, produciu 20.128 quilos en

lactación a 305 días no seu quinto parto.

Roca produciu unha media de 55,88

quilos por día, cunha produción vitalicia

de 100.864 quilos de leite en cinco partos.

Esta vaca foi a primeira en superar os

20.000 quilos de leite en Galicia, récord

que xa acadara na súa 4ª lactación.

García Constelation Roca está

cualificada MB-85, con sistema mamario

BB.

Roca é filla dunha vaca en rexistro

auxiliar A e foi criada na propia gandería.

Unha das súas fillas, García Camarón,

está no posto 4º desta mesma categoría,

cunha produción de 18.359 quilos en

segundo parto. A outra filla, García

Six Sixta, está a facer a súa primeira

lactación.

A XENÉTICA DE FONTAO TRIUNFA NOS CONCURSOS DA RAZA FRISONA

SIX, ÚNICO TOURO ESPAÑOL NO TOP 100 PFT DE ITALIA

Sandamil Ransses MeiraPerrelos Amada Botafogo

Animais resultado da boa xenética

de Fontao acadaron importantes

premios en concursos da raza

frisona celebrados nos últimos meses na

provincia de Lugo.

Así, no certame de Chantada do 2007

a xata campiona foi Callobro Vértigo

Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de

Chamoso. Nese mesmo concurso, o título

de vaca nova campiona foi para Outeiro

Darter Mandela, unha MB-86 filla de

Darter.

Na Moexmu deste ano, celebrada en

abril en Muimenta (Cospeito), Sandamil

O semental de Xenética Fontao Edgemont Wade 2365 Six ET ten xa testaxe de

fillas en Italia. Os bos resultados da proba permitírono ingresar no 6º posto

do Top 100 PFT dese país como mellor touro para ubre. É ademais o único

semental español que forma parte da clasificación do país alpino.

As probas fixéronse con 94 fillas de 53 establos (fiabilidade do 84%), obténdose os

seguintes índices:

Leite: 757 qg. Tipo: +1,34 Lonx: 104

Graxa: +0,22%, +51 qg. Ubre: +2,58 RCS: 104

Proteína: -0,05%, +20 qg. Patas: +0,17

Edgemont Wade 2365 Six ET

A puntuación PFT foi de 1.389, o que sitúa a Six no número 96 do Top 100 PFT.

Six é un touro moi completo, con ICO 2.029, transmisor de leite con calidade e tipo

consistente. Del destacan tamén os baixos recontos celulares e alta lonxevidade.

Os bos resultados de ubre en Italia confirman o que xa se sabía en España, que é un

touro sensacional neste aspecto, con ICU +2,20, ubres pouco profundos, insercións

posteriores altas e anchas e un forte

ligamento suspensor medio.

Six, que proximamente cumprirá os 11

anos de idade, é na actualide o número

1 dos touros de máxima fiabilidade de

España (99%), con case 2.000 fillas na

súa proba (en máis de 1.000 establos)

dun total de máis de 5.000 descendentes

rexistradas por CONAFE.

Ransses Meira alzouse cos títulos de

xovenca campiona e gran campiona de

xovencas. A xata campiona foi Perrelos

Amada Botafogo, filla de Botafogo.

Outra xata exposta por Xenética Fontao,

Callobro Vértigo Plastilina GZ, quedou

primeira de sección.

O I Concurso de Novos Criadores San

Isidro Labrador de Sarria, en maio,

deulle o título de xovenca gran campiona

a Pozosaa Mina Louro, filla de Louro.

Page 5: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 5NOVAS

A ROLDA DE CALIFICIÓNS DE PRIMAVERA SINALA VALORES EMERXENTES DE XENÉTICA FONTAO

VACA: SABIOLA CUBEIRO PEREIRA

En vacas, o animal mellor situado

foi Sabiola Cubeiro Pereira,

calificada EX-90 o pasado 14

de abril. Esta vaca atópase na gandería

Unai Celeiro de Láncara e cumpre na

actualidade a súa cuarta lactación.

Sabiola é filla dun dos veteranos de

Xenética Fontao, o touro Cubeiro, fillo

do semental americano Ked Juror ET e

da vaca alemana Pía. Cubeiro chegou

importado de Alemaña e estivo en Fontao

TOURO NOVO: BOS TOYSTORY AUSTRAL ET

máis de 10 anos, ata o 2006, deixando un

total de 4.980 fillas rexistradas.

As tres lactacións finalizadas de Sabiola,

a 305 días, arroxan as respectables

cifras de 11.108, 15.092 e 12.894 quilos,

respectivamente. A cuarta lactación,

actualmente en curso, rexistraba xa máis

de 10.000 quilos aos 185 días.

A vaca destaca ademais pola

continuidade e regularidade das súas

preñeces, con partos que tiveron lugar

en decembro do 2004 e novembro do

2005, 2006 e 2007.

Austral obtivo unha calificación

de MB-85 o pasado 21 de maio,

a catro días de cumprir os 14

meses de idade. O semental forma parte

da primeira tanda de touros en proba de

Xenética Fontao deste ano, rexistrando

unha enorme demanda de doses.

Este animal, un dos pedigrees máis

atractivos do 2008, naceu na gandería

Paca CB de Pacios, Baralla, dunha

importación de embrións de Estados

Unidos. É, por tanto, un espoñente máis

do Programa de Mellora Gandeira, que

levan a cabo a UDE de Bos e Fontao.

Bos Toystory Austral ET destaca

polo harmónico desenvolvemento que

presenta, con moi boa estrutura e

capacidade e un tremendo carácter

leiteiro. Trátase ademais dun touro moi

fino, herdeiro do mellor da xenética

estadounidense.

O pai de Austral é Jenny Lou Marshall

Toystory ET, un touro americano que

figura entre os grandes sementais do

momento. A nai de Austral é Luck-E

Blitz Australia MB-87 2a USA, en cuxa

liña destacan sementais tan recoñecidos

coma Skychief ou Starbuck, auténticos

reis da raza.

Austral ten outro irmán completo en

Xenética Fontao, Tonchu, procedente

tamén de Paca CB, e unha irmá completa,

Bos Toystory Australia, que se atopa na

finca da UDE de Bos. Estes tres animais

son os únicos descendentes da vaca

Luck-E Blitz Australia ET en España.Bos Toystory Austral ET

TOURO ADULTO: MARIO XACOBEO ET

Mario Xacobeo confírmase

como un dos grandes valores

de Xenética Fontao, condición

que previsiblemente avalará a inminente

proba oficial de fillas. A calificación de

maio foi de MB-89. Este semental, que

cumprirá 5 anos o próximo 9 de agosto, é

un touro morfoloxicamente moi correcto

con 264 fillas rexistradas a día de hoxe.

De Mario Xacobeo destacan o tremendo

tercio anterior e un peito fortísimo. É

ademais un dos sementais de maior

envergadura de Xenética Fontao, cunha

alzada de máis de 1,80 metros.

O pai deste touro é o célebre Marathon

BW Marshall ET, moi recoñecido

actualmente como pai de sementais en

todo o mundo. A nai de Xacobeo é Dirigo

Leblanc Juno ET, unha filla de Startmore

Rudolph calificada EX-94 USA. A avoa

é unha filla de Lutz Meadows E Mandel

calificada MB-88 aos dous anos en

Estados Unidos e a bisavoa foi filla de

To-Mar Blackstar ET, calificada EX-91

USA. A excelencia do pedigrí remóntase

dúas xeracións de femias máis atrás,

tamén calificadas Excelentes

Mario Xacobeo ET

Sabiola Cubeiro Pereira

Page 6: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 20086

XENÉTICA FONTAO CUMPRE UNHA DÉCADA AO SERVIZO DA MELLORA BOVINA

CENTRO I.A.

O centro de Lugo é o que máis touros testa en España

As instalacións de Xenética

Fontao atópanse na parroquia

luguesa de Esperante, sobre

unha finca de 19 hectáreas das que

6 son superficie construída. O centro

conta con 10 naves de estabulación de

sementais, unha nave para recolectas

de seme e varias naves de corentena.

As instalacións complétanse co edificio

de administración e laboratorios, as

vivendas de coidadores e almacéns

de alimento. O funcionamento de todo

isto corre a cargo dunha plantilla de 20

persoas.

En Fontao hai na actualidade preto de

400 sementais, dos que 35 son de Rubia

Galega e o resto, de Holstein. O número

de sementais que proba o centro cada

ano foi medrando progresivamente,

desde os 21 de 1998 ata os máis de 70

que se prevé pór en proba este ano.

Xa no ano 2007, Xenética Fontao foi

o centro de inseminación artificial

de España que máis sementais puxo

en proba, 60 de 132, o 45% do total

nacional. Alejandro Fernández, director

do centro, explica que “este incremento

non é un capricho, débese alomenos a

dúas razóns: por un lado, a oferta dun

gran número de sementais novos de alta

calidade polas ganderías, que o centro

debe atender e, por outro, reducir o

excesivo número de doses utilizadas

de cada un dos touros en proba en

Galicia, que en certa medida lastraba as

valoracións xenéticas dos sementais de

Fontao”.

NO ANO 2006, O 60% DAS FILLAS

REXISTRADAS POR FEFRIGA NO

LIBRO XENEALÓXICO DA RAZA

FRISONA ERAN DE TOUROS

NACIONAIS. BASICAMENTE, DE

TOUROS DE XENÉTICA FONTAO.

CADA ANO SAEN DO CENTRO ENTRE 800.000 E UN MILLÓN DE

DOSES DE SEME, A GRAN MAIORÍA DESTINADAS AO MERCADO

NACIONAL

Vista xeral do centro

Conxelación de seme

Dende 1998, ano da súa creación, Xenética Fontao S.A. foi evolucionando ata converterse no centro de inseminación artificial que máis touros testa no Estado español. Fontao dispón na actualidade de preto de 400 sementais de Holstein e Rubia Galega e vende cada ano aproximadamente un millón de doses de seme. No ano 2000 púxose en marcha o Laboratorio de Xenética Molecular, que emprega a biotecnoloxía do ADN nos campos da sanidade e a produción agropecuaria.

Analítica do semeExterior dunha nave

Page 7: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 7CENTRO I.A.

TOUROS EN PROBA EN FONTAO

ANO NÚMERO DE TOUROS

1998 21

1999 30

2000 48

2001 45

2002 48

2003 48

2004 48

2005 53

2006 56

2007 60

2008 70- 75

No ano 2006, o 60% das fillas rexistradas

por FEFRIGA no Libro Xenealóxico da

Raza Frisona eran de touros nacionais.

Basicamente, de touros de Xenética

Fontao.

Cada ano saen do centro entre 800.000

e un millón de doses de seme, a gran

maioría destinadas ao mercado español.

Non obstante, as vendas ao estranxeiro

increméntanse ano tras ano. No 2007

exportáronse unhas 30.000 doses de

Holstein, cifra que se espera superar

este ano. Os países de destino son

Estados Unidos, Brasil, México, Reino

Unido, Holanda, Francia, Italia e Portugal

e, como mercado emerxente, Turquía.

En Xenética Fontao fanse recolectas

de seme a diario, a razón de entre 20

e 25 sementais por día. O número de

doses extraídas é moi variable, dado

que saltan animais de diferentes idades.

Despois da extracción, o seme pasa ao

laboratorio, onde os técnicos o analizan,

dilúese, conxélase e pasa aos tanques

de nitróxeno líquido. Ao final do proceso

lévase a cabo un control de calidade

para verificar que todo o procesamento

foi correcto.

A lexislación impón un período de

corentena de 30 días para as doses de

seme. Pasado ese tempo, xa pode saír

ao mercado, a uns prezos que oscilarán

entre 1 e 18 euros. A variabilidade de

prezos vai en función da calidade xenética

do animal, a súa produción e outra serie

de factores asociados.

O LABORATORIO DE XENÉTICA MOLECULAR LEVOU A CABO 65.000

PROBAS DE ADN NO 2007. O 80% ERAN PROBAS DE FILIACIÓN

O banco de seme de Xenética Fontao

dispón de varios millóns de doses, que

poden permanecer viables durante un

longo período de tempo. O centro mantén

sempre un stock de doses conxeladas de

cada un dos touros.

LABORATORIO DE XENÉTICA

MOLECULAR

O Laboratorio de Xenética Molecular de

Fontao púxose en marcha no ano 2000, co

obxectivo de aplicar a tecnoloxía do ADN

para testar filiacións e enfermidades de

transmisión xenética. Ao longo do ano

pasado levou a cabo 65.000 probas, das

que o 80% eran de filiación.

A evolución deste servizo foi

exponencial. Entre o 2006 e o 2007 case

se duplicou o número de probas. O 90%

son peticións que proceden do territorio

español, pero xa hai un 10% de mostras

remitidas desde fóra de España, de

países como Alemaña, Portugal ou

mesmo Estados Unidos.

O resultado das mostras dáse a

coñecer nun período que oscila entre

unha semana e 15 días.

Laboratorio de Xenética Molecular

Banco de seme

Nave de sementais

Page 8: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 20088 CALIFICACIÓN

OS CALIFICADORES DE CONAFE DEBATERON EN FONTAO O PESO CRECENTE DA LONXEVIDADERecibiron explicacións sobre toma de mostras para análises de ADN e coñeceron as instalacións do centro

Os 14 calificadores de CONAFE e dous calificadores portugueses visitaron o centro de Xenética Fontao o pasado 18 de xuño. Gabriel Blanco, xefe do Departamento de Calificación de CONAFE, informounos sobre un caracter que está a adquirir un peso crecente: a lonxevidade.

A selección da raza frisona está

a experimentar cambios, no

sentido de non primar tanto

os caracteres de produción e tipo,

hexemónicos ata o momento, e dar máis

peso a factores coma a lonxevidade.

Sobre isto informou Gabriel Blanco,

xefe do Departamento de Calificación de

CONAFE, a todos os calificadores que a

Confederación ten en activo en España.

Blanco explicou que a lonxevidade

dunha vaca defínese como o tempo

que media entre o inicio da produción,

despois do primeiro parto, e o momento

no que causa baixa no establo. Estudos

de prestixiosos xenetistas de Europa e

Norteamérica demostran a correlación

que existe entre a duración do animal e

certos factores de tipo.

Así, detectouse unha correlación

positiva alta entre a lonxevidade e a

conformación de ubre e patas. En sentido

contrario, a estrutura e a capacidade

manteñen unha correlación negativa coa

lonxevidade.

LONXEVIDADE, SAÚDE DO UBRE E FERTILIDADE SON FACTORES

A TER EN CONTA HOXE NA SELECCIÓN DA RAZA FRISONA,

E NON SÓ A PRODUCIÓN DE LEITE E O TIPO

Os calificadores de CONAFE e dous calificadores portugueses reuníronse en Xenética Fontao o 18 de Xuño

Page 9: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 9CALIFICACIÓNTOMA DE MOSTRAS

Javier López Viana, director do

Laboratorio de Xenética Molecular

de Fontao, resolveu dúbidas dos

calificadores respecto á toma de mostras

para análises de ADN, en particular no

que se refire a probas de filiación. A

mostra preferible é de sangue enteiro

con EDTA, axeitadamente colleitado nun

tubo de ensaio con tapa morada. López

Viana explicoulles aos visitantes que non

é necesario refrixerar as mostras de

inmediato, pero si convén non espoñelas

a altas temperaturas.

Respecto da negatividade das probas

de filiación, o director do laboratorio

explicou que en moitos casos débese a

cambios de lugar das xatas no establo.

Isto, para os casos nos que a granxa

está axeitadamente xestionada; en caso

contrario, sería inútil tratar de afinar a

proba.

DETECTOUSE UNHA CORRELACIÓN POSITIVA ALTA ENTRE A

LONXEVIDADE E A CONFORMACIÓN DE UBRE E PATAS E UNHA

CORRELACIÓN NEGATIVA COA ESTRUTURA E A CAPACIDADE

Para confirmar ou rebater a

negatividade, a mellor opción é sacar

mostras da nai cando está viva, dado

que aporta o 50% do xenotipo do animal.

Neste sentido, López Viana fixo fincapé

na importancia de conservar mostras

biolóxicas das nais que causan baixa;

preferiblemente, un fragmento da

orella.

Outro tema que o técnico tocou foi o das

probas cando hai parto de xemelgos. No

90% dos casos non se pode establecer

o xenotipo a partir do sangue, polo que

é necesario contar cunha mostra de

folículo piloso. Trátase de arrincar 15

ou 20 pelos do nacemento do mechón

da cola. Esta mostra non require ningún

tipo especial de conservación e pode

introducirse directamente nun sobre ou

nunha bolsa.

PRESENTACIÓN DO CENTRO

Os calificadores de CONAFE tamén

tiveron oportunidade de coñecer as

instalacións de Xenética Fontao. O

veterinario Mauricio De los Santos

ofreceulles unha charla sobre o

Programa de Mellora Xenética de Galicia,

xustificando a súa posta en marcha pola

importancia cuantitativa que Galicia ten

en censo de vacas frisonas e de ganderías

a nivel nacional. Esbozou algúns dos

froitos, xa visibles, deste xove programa

e explicou que o centro de Xenética

Fontao ten afán de expansión comercial

e está encamiñado a funcionar con

criterios de xestión propios da empresa

privada.

De los Santos subliñou ademais a

conveniencia de limitar as doses de

touros en proba a un número razoable e

axustado que permita ter unhas 100 fillas

para a primeira testaxe dos distintos

sementais. Tamén se puxo de manifesto

a necesidade de incluír os caracteres

funcionais (lonxevidade, fertilidade,

recontos celulares, etc.) como un

criterio de selección máis nos centros

de inseminación á hora de incorporar

touros novos para testar, pois estes

sementais terán a súa primeira proba

oficial pasados cando menos 4 anos do

reparto das súas primeiras doses. Para

ese momento, o papel dos caracteres

comentados terá unha gran relevancia

nas valoracións xenéticas.

Despois das charlas, os calificadores

visitaron o Laboratorio de Xenética

Molecular e o laboratorio de seme,

ademais doutras dependencias do

centro.

O colofón da xornada foi un xuízo

contrastado de varios touros da casa.

Os visitantes avaliaron os sementais

probados Dancer, Elegant e Xacobeo

e os sementais en proba Morodo Rojo,

Megamagic, Austral e Tonchu.

Javier López Viana e Gabriel Blanco, primeiro e segundo pola esquerda, con algúns calificadores no Laboratorio de

Xenética Molecular

Os calificadores, en pleno labor de observación

Os calificadores observan a espectacular morfoloxía de Xacobeo

Page 10: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 200810 MELLORA XENÉTICA

SAT CAVADAS, O GUSTO POLA XENÉTICA ADAPTADA AO MEDIOEsta explotación de Xermade ten liñas xenéticas desenvolvidas ao longo de cinco xeracións

A SAT Cavadas (Xermade, Lugo) é á vez consumidora e provedora de boa xenética. Ademais de ser a granxa con máis fillas nacidas do programa de Bos _215 femias_, insemina con touros de Fontao, tanto probados como en proba, e proporciónalle xatos ao centro.

A SAT Cavadas constituíu en

Xermade en 1995, xunto a outras

tres explotacións da zona, un

centro de recría en común no que se

mantén a titularidade individual das

explotacións. Desde o principio tiveron

clara a aposta pola xenética de calidade

e pola transferencia embrionaria. A

día de hoxe, no centro de recría hai 170

xovencas.

A relación de Cavadas coa Unidade

Doadora de Embrións (UDE) da Finca

de Bos é moi estreita. Cada 15 días , un

técnico da UDE visita a o centro de recría

para facer fluxings. Os gandeiros que

integran o centro son firmes partidarios

do uso de embrións “en fresco”. Se se

dan as condicións, os embrións son

implantados nunha xata o mesmo día que

se extraen, sen importar que a receptora

e a doadora teñan distinto propietario. O

animal nacido pasa a ser propiedade do

dono da receptora.

O outro piar da mellora xenética que se

leva a cabo en Cavadas é a conexión con

Xenética Fontao. Isto é moi importante

para José Ángel Blanco, titular da

SAT Cavadas. Blanco é un apaixonado

da xenética que continuamente está

a probar novas liñas e que se amosa

partidario de desenvolver familias

propias. En Cavadas hai algunha que

xa vai pola quinta xeración. “As familias

americanas, sen dúbida son boísimas.

Pero as que medran aquí, as que vas

vendo en sucesivas xeracións, son

unha satisfacción para o gandeiro, que

ademais coñece mellor o seu carácter”.

Na SAT Cavadas empréganse todo tipo

de touros de Fontao. Entre os veteranos

figuran Lérez, Louro e Backster, que lle

deu á explotación unha filla EX, Xercas

Cavadas Jamaicana Backster.

Dos touros actuais, José Ángel

decántase por Six, Chamoso, Botafogo

e Dancer. Ademais insemina tamén

con touros en proba, como Djalmo ou

Lautamic, que aínda non ten 2 anos e xa

deu as primeiras fillas. As nacidas en

Cavadas foron as segundas de Galicia.

A transmisión é bidireccional, xa que

de Cavadas saen periodicamente touros

Xercas Cavadas Rianxada Six

NA SAT CAVADAS EMPRÉGANSE TODO TIPO DE TOUROS DE FONTAO.

ENTRE OS VETERANOS FIGURAN LÉREZ, LOURO E BACKSTER,

QUE LLE DEU Á EXPLOTACIÓN UNHA FILLA EX, XERCAS CAVADAS

JAMAICANA BACKSTERXercas Cavadas Liriana Approval

Jose Ángel Blanco, de SAT Cavadas, con Paulina e Bandeira, dúas fillas do touro de Fontao Bos Durham Pambre

Page 11: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 11MELLORA XENÉTICApara Fontao. De feito, actualmente

estanse a probar tres netos de Bos

Xercas Porta Patron ET (unha das vacas

estrela que tivo o centro de recría): Buxo,

Sabio e Xermade, e un bisneto, de nome

Saco, incorporarase proximamente ao

centro de testaxe.

Outros sementais de Xenética Fontao,

xa probados e que tamén pertencen a

esta familia, son Cavadas e Zeus (irmán

completo e fillo, respectivamente, da

vaca Bos Xercas Porta Patron ET).

FAMILIAS DE SAT CAVADAS

Na SAT Cavadas, o desenvolvemento de

liñas propias prolóngase en xeracións

sucesivas. José Ángel Blanco incorpora

algunhas das máis coñecidas a nivel

internacional, como Porta Patron,

Blackstar Daisy, Bethany, Dellia, Laurie

Sheik, Southwind Kaye, Petrelle, Hillary,

Faith, Gipsy Grand, e tamén Lolas,

Djalminhas e Lilas (as tres últimas,

desenvolvidas na propia explotación).

FONTAO ESTÁ A PROBAR VARIOS TOUROS NACIDOS EN SAT

CAVADAS, COMO SABIO, XERMADE, DJALMO, CHISPIÑO E CHISPO.

PROXIMAMENTE INCORPORARANSE AO CENTRO SACO E FEITICEIRO

Xercas Cavadas Highlight Ronalda, Gran Campiona de Galicia no 2000

Un exemplo de liña de calidade é a que

se iniciou con Lérez Lila, MB-86 filla de

Bos Blackstar Lérez, un dos sementais

históricos de Fontao. Lérez Lila foi nai de

Liria Sil EX-90 e de Lia Marty MB-85. De

Liria Sil naceron Liriana Approval, MB-

86 en segundo parto, e Liriona Mtoto,

MB-88 en segundo parto.

Cavadas Salone Tea deu tamén lugar

a unha boa liña de vacas, dado que tivo

sete fillas. Unha delas, Xercas Cavadas

Salomé Storm, é unha MB-85, nai de

Xercas Cavadas Djalminha Emerson,

MB-88 en segundo parto, que á súa vez

tivo dúas MB-85, Djalma Stormatic e

Djalmi Allen. Djalminha tamén é nai de

Djalmo September, semental de Fontao

en espera de proba. Dez das súas fillas

están en Cavadas.

Lolita unha MB-88, transmitiu

excelentes cualidades ás súas fillas e

netas. Lola Denver, unha filla, é MB-87;

Loly Storm, neta, MB-86, e Loliña Dane,

bisneta, MB-85.

Toda esta calidade xenética ten o seu

reflexo nos premios da raza frisona

que outorga FEFRIGA. No ano 2000,

a SAT Cavadas conseguiu o título de

Vaca Campeona de Galicia con Xercas

Cavadas Highlight Ronalda MB-89. A

explotación ten tamén varios premios ao

Mellor Criador de Galicia.

A FICHA

SAT Cavadas

Xermade (Lugo)

Titular: José Á.Blanco Purriños

Vacas en ordeño: 100

Recría: 80

Cota láctea: 1.025.000 qg.

Media lactación: 10.600 qg.

Media calificación: 83,22 (100% de animais calificados)

Superficie agrícola: 60 Ha

Xercas Cavadas Liriona Mtoto

Lolita

Liria

Xercas Cavadas Lérez Lila

Page 12: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 200812

A FINAIS DESTE ANO PUBLICARASE

A PRIMEIRA PROBA OFICIAL DE FILLAS DE DANCER NACIDAS EN

HOLANDA

Froito deste interese é a exportación

de doses por parte de Xenética Fontao a

Holanda e o Reino Unido. Os holandeses

levaron xa doses do touro en proba, polo

que a finais deste ano publicarase os

resultados da proba oficial holandesa

con fillas nacidas alí. Nun futuro próximo

coñeceranse tamén os resultados da

proba de fillas nacidas no Reino Unido.

EXCELENTE PEDIGRÍ

A-L-H Dancer ET é fillo de Regancrest

Elton Durham ET, un coñecidísimo

touro dos Estados Unidos. Durham é na

Entre as últimas incorporacións ao catálogo de Xenética

Fontao cómpre destacar a de A-L-H Dancer ET, un EX-

90 con 1.667 de ICO que ten amosado xa a súa potencia

como excelente transmisor de morfoloxía. Dancer

é número 1 indiscutible en España por ubres (3,87) e

número 3 por tipo (2,95).

Dancer é un semental nacido o 6

de febreiro do 2003. A primeira

proba das fillas levouse a cabo

en decembro do 2007, con 71 fillas de

57 rabaños para produción (fiabilidade

do 84%) e 52 fillas de 40 rabaños para

conformación (fiabilidade do 83%).

O punto forte deste touro é a transmisión

de morfoloxía, en especial no que se

refire a capacidade, patas e pés, tipo

O novo semental probado de Fontao é número 1 en España para ubres e número 3 por tipo

xeral e, de maneira destacada, ubres.

Os excelentes resultados neste capítulo

elévano ao máis alto do podio español de

sementais.

As fillas de Dancer teñen sistemas

mamarios que destacan polas potentes

insercións, tanto anteriores (+3,01) como

posteriores (+2,10), o forte ligamento

(+2,42) e a escasa profundidade (+3,36).

Presentan ademais excelentes membros

e aplomos (IPP +2,04). Isto dá como

resultado que as Dancer serán vacas de

longa duración (lonxevidade +117).

Dancer está a suscitar unha grande

expectación no estranxeiro, sobre

todo a raíz da publicación das probas

Interbull en abril deste ano. A partir

desta extrapolación, o semental ocupa

TOUROS PROBADOS

DANCER,UN TOURO IDEAL COMO MELLORANTE DA MORFOLOXÍA

en Holanda o posto número 1 por ubre

e o número 3 por tipo. No Reino Unido

sitúase como número 2 por ubre e

número 3 por tipo.

A-L-H Dancer ET

Lousada Dancer Berta

(detalle do ubre)

Perrelos Dancer Donatella

Page 13: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 2008 13TOUROS PROBADOS

actualidade un dos mellores touros a

nivel mundial en canto a transmisión de

caracteres morfolóxicos.

Quintero Dancer Danza

Lousada Dancer Berta

XENÉTICA FONTAO É UN DOS CENTROS DE I.A. DE EUROPA QUE

MÁIS FILLOS DE DURHAM PUXO EN PROBA. POLO MOMENTO, DANCER

É O MELLOR

AS PROBAS INTERBULL DE ABRIL SITÚAN A DANCER COMO NÚMERO

1 POR UBRE E 3 POR TIPO EN HOLANDA E NÚMERO 2 POR UBRE

E 3 POR TIPO NO REINO UNIDO

O seme de Durham non está dispoñible

en Europa, de maneira que os poucos

fillos e fillas deste touro no Vello

Continente foron nacidos de embrións

importados de Estados Unidos e Canadá.

Dancer naceu en Holanda e foi adquirido

por Xenética Fontao cando era un xato de

menos dun ano de idade.

Xenética Fontao é un dos centros de

I.A. de Europa que máis fillos de Durham

puxo en proba. Polo momento, Dancer é

o mellor.

A nai de Dancer é Regancrest Debbie

Jo ET EX-92. Trátase dunha vaca

americana, neta da célebre Show-N

Denises Dellia.

Debbie Jo tivo 30 fillas calificadas

MB con 2 anos, o que dá a medida do

seu gran calibre como vaca nai. Touros

nacidos desta vaca son sementais

destacados en case todos os centros de

I.A. e comerciais de seme de Europa.

XENEALOXÍA

♀ SNOW-N DENISES DELLIA EX-95-2E-USA 5*

(WALKWAY CHIEF MARK)↓

♀ REGANCREST LEADMAN DOLLY EX-90 USA 5*

(ROTHROCK TRADITION LEADMAN)↓

♀ REGANCREST DEBBIE JO ET EX-92 USA 2*(BRABANT STAR PATRON)

♂ A-L-H DANCER ET EX-90(REGANCREST ELTON DURHAM)

Page 14: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,

XENÉTICA FONTAO XULLO 200814

DUVAL, UN NOVO MEMBRO DA ILUSTRE FAMILIA PALAO seu pai, Regancrest Dundee, ten sona internacional

como transmisor de excelente morfoloxía

Duval é un xato nacido o 23 de decembro do 2006 en Holanda, de onde o importou Xenética Fontao con poucos meses de vida. Está incluído na segunda tanda de sementais en testaxe do centro para o 2008, e del agárdanse excelentes resultados. Non en van procede da ilustre familia Pala, con 51 premios e nominacións All American ou All American Junior. O pai de Duval, Regancrest Dundee, é un EX-95 recoñecido internacionalmente como transmisor da mellor morfoloxía.

A-L-H Director Duval ET é un

xato que pode dar moito que

falar nos próximos anos. Os

datos que permiten calificalo como

un “superpedigree” son demoledores.

A familia Pala, á que pertence este

animal, é na actualidade unha das

máis prestixiosas e demandadas a

nivel internacional, con sementais en

numerosos centros de inseminación.

Entre os numerosos premios que

acumula esta familia atópanse 5 All

Americans, 4 Res. All Americans, 4 Jr.

All Americans e 2 Res. Jr. All Americans,

ademais de 1 All Canadian e 1 Res. All

Canadian. En total, ata 51 distincións.

Xenética Fontao decidiu apostar forte

pola familia Pala, e froito disto son tamén

Model e Moure, dous irmáns completos,

fillos de Modest e de Windy-Knoll-View

Pledge EX-95 2E USA (irmá materna de

Duval), que foron postos en proba no

2007.

O PAI

O pai de Duval é Regancrest Dundee

EX-95, fillo de Marcres Encore EX-96 e

de Show-N Denises Dellia EX-95. Esta

vaca, a avoa paterna de Duval, é unha

das grandes nais da raza Holstein, dúas

veces proclamada Excelente, Medalla de

Ouro e 5 estrelas como Nai de Mérito.

Dundee é un semental que transmite

morfoloxía de primeira. As fillas alcanzan

altas calificacións e son frecuentes

gañadoras de concursos debido ás súas

potentes estruturas, anchuras de grupa

e excelentes ubres.

O seme de Dundee non está dispoñible

no mercado europeo, de maneira que os

seus descendentes en Europa son froito

de embrións importados, de Estados

Unidos e Canadá principalmente.

SUPERPEDIGREES

A-L-H Director Duval ET

XENEALOXÍA

♀ WINDY-KNOLL-VIEW CREEK PAULINE VG-88 USA ( CREEK-BLUFF ELEVATION LESTER)

♀ WINDY-KNOLL-VIEW ULTIMATE PALA EX-94 3E USA(QUALITY ULTIMATE)

♀ WINDY-KNOLL-VIEW PROMIS-ET EX-95 2E USA 1*(STARTMORE RUDOLPH)

♂ A-L-H DIRECTOR DUVAL ET (REGANCREST DUNDEE)

DUVAL É O ÚNICO FILLO EN ESPAÑA DE PROMIS, UNHA VACA

CON 3 FILLOS QUE FIGURAN ENTRE OS 50 MELLORES POR TIPO NOS

ESTADOS UNIDOS

A NAI

A nai de Duval é Windy-Knoll View

Promis ET EX-95. Esta vaca é a filla

de Rudolph con máis alta calificación

morfolóxica en América. A súa nai é a

ilustre Windy-Knoll View Pala EX-94.

A avoa materna de Duval é unha das

líderes da raza, con 18 fillas calificadas

Excelente de 11 touros diferentes.

Promis, a nai de Duval, ten 6 fillas EX

e 9 MB, e 12 fillos en centros de I.A. en

Norteamérica, tres dos cales estaban

entre os mellores 50 por tipo en Estados

Unidos en abril .Duval é o único fillo desta

vaca que hai actualmente en España.

Na actualidade, Duval ten dous irmáns

completos en proba en Canadá e un nos

Estados Unidos. Unha irmá completa de

Duval alcanzou o prezo máis alto na Tulip

Sale 2007 de Holanda: 43.000 euros con

menos dun ano de idade.

Page 15: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,
Page 16: revista xenetica fontao numero 1 galego · Plastilina GZ, filla de Vértigo e neta de Chamoso. Nese mesmo concurso, o título de vaca nova campiona foi para Outeiro Darter Mandela,