Revista PP Redondela 2013

12
Redondela con MAIÚSCULAS Título da sección 1

description

Revista del Partido Popular de Redondela de 2013

Transcript of Revista PP Redondela 2013

Page 1: Revista PP Redondela 2013

Redondela con MAIÚSCULAS

Título da sección

1Redondela con MAIÚSCULAS

Título da sección

1

Page 2: Revista PP Redondela 2013

Querid@s amig@s:

O tempo parece voar, e sen apenas darnos de conta, xa pasaron dous anos dende que afrontamos o desafío de formar goberno e comezamos a traballar para cumprir o compromiso de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños de Redondela. Crédeme que o meu equipo e máis eu, poñemos cada día o mellor de nós mesmos para cumprir esa palabra dada. E precisamente para defender axeitadamente os intereses dos cidadáns de Redondela, este ano era moi necesario aprobar uns orzamentos que permitiran ao noso Concello seguir desenvolvendo o papel que ten que xogar como cuarto municipio da provincia de Pontevedra.

Somos conscientes de que temos a obriga de procurar acordos con outras forzas políticas pero, no caso dos orzamentos, despois de moito tempo intentándoo, non foi posíbel. A única opción que quedaba para seguir cumprindo a nosa palabra cos redondeláns foi presentar una cuestión de confianza vinculada a aprobación dos orzamentos, aínda a risco de ter que abandonar a alcaldía. Como todos xa sabedes, despois de rematado todo o proceso, Redondela ten uns orzamentos cos que vai poder seguir crecendo, e nós, estamos a seguir traballando para conseguilo.

Durante o primeiro ano deste mandato, esforzámonos en arranxar a difícil situación económica na que se atopaba o noso concello. Acadado ese obxectivo, este segundo ano serviu para votar a andar algúns proxectos importantes para Redondela. Nesta publicación teredes a oportunidade de coñecelos, ao igual que unha pequena mostra desas outras actuacións, que non dan grandes titulares, pero resultan imprescindíbeis para o benestar da veciñanza. Para min, e para o meu equipo, resultan tan importantes unhas coma outras.

Todos sabemos que estamos a vivir a maior crise da democracia, e por iso, o Emprego e os Servizos Sociais son prioritarios para nós e constitúen a parte máis importante da nosa dedicación. E precisamente por iso, dende o goberno municipal se impulsa por primeira vez en Redondela a elaboración, e posterior aprobación, dunha “Ordenanza de Emerxencias Sociais” para que a veciñanza do noso Concello se poida beneficiar dela para poder resolver situacións transitorias de necesidade económica.

No apartado de emprego, como moitos xa sabedes, temos creada a Bolsa Municipal de Emprego, vamos xa polo II Plan de Emprego e, dende o Concello, temos desenvolvidas numerosas iniciativas de formación. Os resultados están a ser bos e teño a esperanza de que poidamos continuar coa tendencia positiva que levamos acadando nos derradeiros meses.

Dicirvos tamén que, nos vindeiros meses, comezarán a executarse obras moi importantes para as nosas parroquias. Realizarase unha importante inversión de ampliación da rede de saneamento e se mellorarán os asfaltados dos camiños. Ademais, continuaremos coa mellora das instalacións deportivas, para que estas poidan estar a altura dos éxitos que os nosos deportistas están a acadar.

E todo isto, o estamos a facer potenciando as actividades culturais e sen deixar de atender aos nosos maiores coas actividades dedicadas a eles e que tan boa acollida lle están dando.

Conservamos intactas a ilusión e as ganas de traballar para alcanzar o obxectivo que comprometemos fai dous anos: unha REDONDELA CON MAIÚSCULAS. Seguro que coa vosa colaboración e apoio, seremos capaces de conseguilo. Conto con todos vós.

Javier Bas

Page 3: Revista PP Redondela 2013

3Redondela con MAIÚSCULAS

As contas claras

Seguros de vida e accidentesde concelleiros

16.637 €/ano

0 €/ano

Salariosda corporación

350.068 €/ano

252.152 €/ano

Gastos de protocolode alcaldía

9.337 €/ano

1.747 €/ano

BIPARTITO 2010 PARTIDO POPULAR 2012

Gastos de parkingde concelleiros

9.360 €/ano

0 €/ano

Sabías que...•Redondelanontiveranuncaunplandeempregoedendeocambiodegobernoxaimospolosegundo?

• Candochegamosaogovernoatopámonos1,9millónsdeeurosenfacturasnocaixón,quenonsepagaranaosproveedores?

Cursos de máis de 600 horas para formar monitores de ocio e turismo

Potenciamos a formación en función das demandas das empresas

Defendemos as empresas de Redondela para xerar postos de traballo

Facemos política en busca da mellora do emprego en Redondela

Page 4: Revista PP Redondela 2013

4 Segundo ano de goberno do Partido Popular

Obras para tod@s

Sabías que...•Ninunhasoadasparroquiastiñacompletadoosaneamento?

•Nesteanoainversiónprevistaparasaneamentonasparroquiasronda1.000.000€?

Traballamos na mellora dos accesos públicos Remodelamos as marquesiñas e instalamos paneis informativos

Continuamos a mellorar o servizo de saneamento nas parroquias

Unha pequena mostra dos camiños e espazos asfaltados neste ano

Page 5: Revista PP Redondela 2013

Redondela con MAIÚSCULAS 5

Mens sana in corpore sano

Horas adicadas totais(Programa de Conciliación)

3.360

20.700

Número de prazas(Activ. Maiores: Tai Chi e Memoria)

BIPARTITO 2010

240

363

PARTIDO POPULAR 2012

Sabías que...• Nestesdousúltimosanos,todasaspartidasdeservizossociaisaumentaronousemantiveron,apesaresdasituacióneconómica?

• Secreouunhaordenanzaparaemerxenciassociais?

• OConcellodeRedondelacedeuunlocalparaqueosnenosdoColexiodePrimariadeRedondela,poidantercomedor?

Aumentamos as prazas de ocio saudable para os nosos maiores

Redondela xa dispón dunha sección da Escola Oficial de Idiomas e este curso pasado tivo 178 alumnos

Colaboramos co IES Pedro Floriani na difusión do xadrez na escola

Instalamos dous novos parques biosaludables e situamos os existentes en contornos naturais e atractivos

Page 6: Revista PP Redondela 2013

6 Segundo ano de goberno do Partido Popular

As promesas de onte...

Restauración integral do Viaduto de MadridExecución da 1ª fase de ampliación da estrada da praia

Nova Escola de Música de Chapela

1ª fase do complexo deportivo de Santa Mariña

Remodelación integral do Pavillón de Chapela

Page 7: Revista PP Redondela 2013

Redondela con MAIÚSCULAS 7

...as realidades de hoxe

Restauración integral do Viaduto de Madrid Posta en marcha da Piscina de Chapela

Nova Escola de Música de Chapela Novo parque infantil da Xunqueira

1ª fase do complexo deportivo de Santa Mariña

Page 8: Revista PP Redondela 2013

8 Segundo ano de goberno do Partido Popular

Mellorando o noso entorno

Sabías que...•Máisde150voluntariosparticiparonnaslaboresdelimpezadosríosAlvedosa,FondóneMaceirasenaspraiasdeCesanteseRande?

Limitación de tráfico no Casco Vello, só para residentesEliminación de barreiras arquitectónicas e mellora da seguridade vial

Posta en valor do complexo arqueolóxico de Monte PenidePresentación da “Liña Verde”, servizo municipal de información medioambiental

O Programa Europeo de Recuperación de Ríos chegou ao noso Concello

Page 9: Revista PP Redondela 2013

Redondela con MAIÚSCULAS 9

Pensando nos rapaces

Sabías que...•AIlladeSanSimónnuncaacolleraactividadeslúdicasparanenos?

•Nesteúltimoanovisitaronaillamáisde800escolaresdeRedondela?

•OConcelloorganizouporprimeiravezunCampamentodeVeránnaillaparanen@sdanosavila?

Parque infantil de ReboredaParque infantil de Santo Estevo

Parque infantil de CabeiroParque infantil de Cesantes

Conseguimos que a Illa de San Simón sexa disfrutada polos redondeláns

Page 10: Revista PP Redondela 2013

10 Segundo ano de goberno do Partido Popular

Apoiando ao comercio local

Sabías que...•AFestadoChocofoideclaradadeIntereseTurísticoAutonómicoen2013?

•EstemesmoanoochocodeRedondelaobtivounetiquetadoquegaranteasúacalidadeeorixe?

A reordenación de espazos de aparcamento favorece ao comercio localO plan “Coñece a tua Provincia” achegará miles de visitantes a Redondela

Impletamos unha mellor imaxe para a promoción do choco, o noso produto estrelaO público acudíu masivamente á segunda feira outlet

Estamos a promocionar o mercado municipal

Page 11: Revista PP Redondela 2013

Redondela con MAIÚSCULAS 11

Ocio e cultura para todos os gustos

Sabías que...•Porprimeiravez,oconcelloestáaelaborarunhasbasesparaadxudicarsubvenciónsculturais,eevitaroutorgaraxudas“adedo”?

•OConcellodeRedondelaestáaporenmarchaoArquivoMunicipaldeDocumentaciónHistóricasobreRedondela?

Novos programas, eventos e mellor difusión da actividade culturalMelloramos a calidade das nosas actividades culturais

Homenaxes, exposicións e publicacións nos recordaron a figura de Casto SampedroA Festa do Choco achega a miles de visitantes a Redondela

O Entroido de Verán convertiuse na cita de maior afluencia da vila

Page 12: Revista PP Redondela 2013

Sabías que...• Opasadoano,5700persoasseachegaronacoñeceraIlladeSanSimón?

• EnRedondelaconflúenostrazadosdetresCamiñosdeSantiago:CamiñoPortuguésCentral,CamiñoPortuguésdoNorteeCamiñoPortuguésdaCosta,polosquepasanmáisde10.000peregrinosaoano?

• OanteriorgovernodoPSOE-BNGinaugurouapiscinadeChapela,senosservizosnecesariosdeluzeaugaparaasúapostaenfuncionamentoesenterrecepcionadaaobra?

• ADanzadasPenlasxaexistíanaIdadeMedia,esoamenteseconservaenRedondela?

• MontePenide,conmáisde60mámoas,éunhadasnecrópolesmáisimportantesdeGalicia?

• OConcellodeRedondelatenunhabolsamunicipaldeempregocon1.834persoasinscritas?

• ASendadaAuga,percorremáisde23Km,nosqueofrecealgunhasdasmelloresvistasdonosoconcello?

• EsteanooConcelloasinou11conveniosdecolaboraciónconempresas,atravésdoscalesseposibilitouacreacióndeempregonanosavila?