Revista Escolar 2014-2015

48
REVISTA ESCOLAR CEIP DE LAREDO 2013-2014

description

Revista Escolar Centro

Transcript of Revista Escolar 2014-2015

Page 1: Revista Escolar 2014-2015

REVISTA ESCOLAR

CEIP DE LAREDO

2013-2014

Page 2: Revista Escolar 2014-2015

Neste curso 2013-2014 despedimos ao noso compañeiro Pepe que comeza unha nova etapa da súa vida cunha xubilación ben merecida. Pepe chegou a este colexio no ano da súa inauguración no 1983. Ao longo destes 31 anos compartimos moitas anécdotas, momentos alegres e outros máis difíciles pero mostrando gran entereza á hora de afrontalos. Ademais de mestre, Pepe foi durante moitos anos director deste centro, asumindo funcións complicadas en tempos difíciles. No nome de toda a Comunidade Educativa queremos facer esta pequena homenaxe agradecendo todo o teu esforzo para conseguir que a aprendizaxe non sexa unha tarefa senón un pracer. Grazas por ser un gran compañeiro, ser tan entregado co teu alumnado e por adicarnos cada día o teu sorriso, e que nesta nova etapa continúes con ese bo humor, esa paciencia, esas ganas de seguir facendo cousas a pesares do paso do tempo. Desexámos que a partir do pròximo curso enchas de ilusións esa maleta, para partir nesta nova viaxe, onde non falte felicidade. Non olvides que no CEIP de Laredo sempre te lembraremos con moito cariño.

156 Grazas

Page 3: Revista Escolar 2014-2015

1

Page 4: Revista Escolar 2014-2015

2

Page 5: Revista Escolar 2014-2015

POEMAS 4º EDUC. INFANTIL O alumnado de 4º de Educación Infantil traballamos o poema de Xosé María Díaz

Castro “Esmeralda” representando a “herba pequerrechiña” facendo pegadas cos

dedos de cor verde.

Para que vexades o ben que o fixeron mostramos unhas fotos:

Finalmente recitamos o poema a “herba pequerrechiña” no patio ao aire libre…

3

Page 6: Revista Escolar 2014-2015

ESMERALDA

ESMERALDA

HERBA PEQUERRECHIÑA

QUE CON MEDO SURRÍS

Ó SOL QUE VAI NACENDO

E MORRENDO SIN TI,

¿POR QUÉ DE SER PEQUENA

TE ME AVERGONZAS TI?

O UNIVERSO SERÍA

MÁIS PEQUENO SIN TI!

4

Page 7: Revista Escolar 2014-2015

5

Page 8: Revista Escolar 2014-2015

6

Page 9: Revista Escolar 2014-2015

7

Page 10: Revista Escolar 2014-2015

SUSO CAMESELLE:PINTOR REDONDELÁN

8

Page 11: Revista Escolar 2014-2015

9

Page 12: Revista Escolar 2014-2015

10

Page 13: Revista Escolar 2014-2015

VISITAMOS O SÚPER DO BARRIO 1.- Comezamos a visita pola sección de froitaría. Ensináronnos froitas moi diferentes (plátanos, mazás, kiwis….) , así como hortalizas (cenorias, leitugas, grelos…) . 2.- Na panadería ulía fenomenal.

11

Page 14: Revista Escolar 2014-2015

3.- Na peixaría amosáronnos un salmón enorme, calamares, beretes… 4.- Na carnicería, poidemos ver distintos tipos de carne, como foi a de tenreira, a de porco, ou a de polo…

12

Page 15: Revista Escolar 2014-2015

6.- Investigamos case tódolos corredores do supermercado.

5.- Na chacinaría, o xamón tiña unha pinta xenial.

13

Page 16: Revista Escolar 2014-2015

7.- Na despedida, obsequiáronnos cunhas barriñas de pan, e unhas bolsiñas cunha froita e chocolate. Agradecímoslles a atención prestada. Volveremos a visitalo.

14

Page 17: Revista Escolar 2014-2015

DESCUBRINDO A CULTURA CHINESA Ao longo deste curso investigamos sobre un país lonxano pero moi interesante… a China! Aprendemos moitísimas cousas e, sobre todo, divertímonos un montón. Velaí tedes unhas fotografías para que vos fagades unha idea...

Con este billete dun

yuan xa somos ricos!

Así saúdan as princesas pero non sei se as

emperatrices…

A cor vermella séntame ben,

debo estar do máis favorecido…

Non sei eu cal dos dous parece

máis chinés?

Recóncholis, cantos catiños

xuntos!

Mira ben, amigo! A que ti non tes un como este?

15

Page 18: Revista Escolar 2014-2015

Esto do tai chí está moi ben

pero estame a entrar o sono con tanta relaxación!

Miña naiciña, que longa é esta muralla!!!

Menudo traballo de chineses!

Pois claro que si!

E logo, non o son?

Vanme quedar os ollos

rasgados se estou moito tempo así?

16

Page 19: Revista Escolar 2014-2015

Que curiosos estes caracteres chineses!

Algún voluntario para dexarse facer un

tatuaxe?

… A min recordame

máis ó cuíño dun bebé!

Éche ben difícil… agora entendo porque todos

os chineses son delgados!!!

Eu teño que pensalo..

Este pano de seda é tan

suaviño que parece o rabo dun coello!

17

Page 20: Revista Escolar 2014-2015

… cuando te digo chinito,

chinito, chinito del alma… tú me

contestas chinita del amol…

Ti estás seguro que iso é a China?... Os canguros non viven en Australia?

Agora que o dis xa non

sei …

Hai que ver que cara de bos poñemos para posar na foto!

Agora voulles a cantar unha nana en chinés e si que van a alucinar…

18

Page 21: Revista Escolar 2014-2015

Xa que este curso o tema xeral foi “ A PINTURA “, na materia de plástica adicámonos a coñecer e imitar a distintos pintores, estilos e técnicas. Cos traballos resultantes fixemos moitos murais. Estes son algúns dos nosos traballos. Esperamos que vos goste a vós velos tánto como a nós nos gustou facelos!.

19

Page 22: Revista Escolar 2014-2015

20

Page 23: Revista Escolar 2014-2015

21

Page 24: Revista Escolar 2014-2015

22

Page 25: Revista Escolar 2014-2015

A mascota da nosa clase é Canelón, un pequeno

dragón chinés de cor verde con ás renovables. É moi

gracioso e amable, sempre esta disposto a axudarte,

soamente tes que asubiarlle e… ZAS! por arte de

maxia aparece diante de ti.Vive nunha casa con

piscina moi confortable, mais ben parece unha

mansión.

Está acompañada de dúas mascotas: a súa fiel

cadeliña Lúa e Sol, o seu gatiño, que sempre intenta

escapar cando os nenos deixan a porta aberta.

A casa está rodeada por campos, prados

e un bosque no que habitan quince ou

mais animais: salvaxes,como tigres, leóns,

güepardos,elefantes,… domesticos, como

camelos, cabalos, ovellas, vacas e moitos

cans; todos eles viven felices e non

pelexan nunca… outro poder máxico de

Canelón!.

23

Page 26: Revista Escolar 2014-2015

O Dragón Canelón

Hai xa bastantes anos que na nosa clase de 4º (outros anos de 3º) vive o dragón mais famoso deste cole; estamos falando de…

CANELÓN! Naceu fai 2000 anos en China (Asia) e ,recentemente , celebramos o seu cumple, pero aínda é novo (os dragóns existen mentres habiten na nosa imaxinación). Non é un dragón normal e, deses, que non para de lonzar laparadas pola boca para queimar aos pequenos e facer que saia-mos correndo mortos de medo. É un dragón bondadoso, que sempre esta disposto a axudar aos demais: apaga o lume dos bosques, recolle os plásticos mentras voa encima do mar,… o dragón que todos quixeramos ter como mascota. Vive na clase de cuarto, ao carón das ventas, nunha gran casa cunha fin-ca, que mais ben parece un bosque, acompañado dunha morea de ani-mais, salvaxes e domesticos, que polo día alimentanse con herba e froitos do bosque e pola noite regresan as súas cortes coa barriguiña moi chea.

24

Page 27: Revista Escolar 2014-2015

Despois de, aproximadamente, vinte minutos de viaxe; chegamos!

O venres 14 de marzo fomos de excursión á Illa de San Simón os cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria. Como nesta escola somos moi responsables, todos chegamos ás nove en punto, ninguén se retrasou. Estabamos preparados coas mochilas, cámaras fotográficas e, sobre todo, cargados de ilusión e con moitas ganas de aventura para pasar todos un día xuntos fóra do cole visitando algo único da nosa zona, unha illa con moita historia e tradición. Chegados ao embarcadoiro, emprendemos a viaxe cara a maravillosa illa!

25

Page 28: Revista Escolar 2014-2015

Ao chegar á entrada principal da illa (situada ao oeste), chamada Peirao do Capitán, os monitores separáronnos en

dous grupos para poder explicarnos e ensinarnos mellor as distintas partes do arquipélago.

COMEZAMOS COA VISITA!! En primeiro lugar, visitamos unha praza empedrada na que se encontra o monumento adicado aos trobadores do

mar de Vigo e o auditorio multiusos rehabilitado para actos culturais onde na época do lazareto aloxou a doentes e

na época da cadea conformouse como enfermaría.

Logo, vimos o primeiro edificio do lazareto, é dicir, un edificio residencial máis ou menos aillado, construído no ano

1842, onde se trataban enfermidades infecciosas como a lepra e a tuberculose. Deixouse de utilizar en 1923

convertíndose entre 1936 e 1943 nun cárcere. Actualmente emprégase como edificio de cursos e seminarios.

Dende o Miradoiro da boca da ría puidemos acadar vistas do illote das Cobreiras, na que o cruceiro existente lembra

aos 43 membros da Garda de Franco afogados en 1950 cando a illa fora convertida en albergue polo Movemento

Nacional.

26

Page 29: Revista Escolar 2014-2015

Continuando a visita, demos un paseo polo Paseo dos Buxos.

Ao final deste tránsito emblemático chegamos á Capela de San Simón onde se daba culto ao Santo que dá nome á

illa.

Deixando atrás a capela, chegamos á Casa da cultura dos deportes do mar. Tivo naquel entón varias funcións:

ofrecía aloxamento da pasaxe durante a época do lazareto, no tempo da cadea deu residencia a reclusos e, en 1955,

constituíuse o Fogar Méndez Núñez dirixido a rapaces orfos de mariñeiros e familias con poucos recursos.

Ao carón deste edificio atópase a cafetería restaurante que foi, na época do lazareto, o espazo de cociñas e

comedor.

27

Page 30: Revista Escolar 2014-2015

Na parte Noreste da illa, os monitores amosáronnos o Paseo emparrado (onde se atopa unha pequena escultura do

submarino Nautilus) e o monumento ao Capitán Nemo.

Esta parte encantounos!! Porque no cole, os nenos e nenas de 5º e 6º fixeramos un traballo sobre o Libro de

Julio Verne “Veinte mil leguas de viaje submarino”· Fascinounos, entre todas as súas incribles aventuras, a que

precisamente di o libro que ocorreu nesta ría de Vigo. A cal conta que o Capitán Nemo quixo proverse dos tesouros

mergullados nestes fondos desde os tempos da Batalla de Rande.

Nesta mesma parte da illa, encontrámonos coa Casa de

baños que eran os antigos lavadoiros de roupa na época do

lazareto e tamén se di que puideron ser empregados como

aseo de presos durante o tempo da cadea.

Espectacular a Residencia Stella Maris!!

É o edificio de maior altura da illa. Destinábase:

-Na época do lazareto, ao uso residencial da pasaxe de

primeira categoría, do alcaide, do capelán e persoal médico.

-No tempo da cadea acolleu as oficinas e a vivenda do

director e os oficiais.

-Durante a etapa do Fogar Méndez Núñez contou con aulas

e habitacións do persoal docente.

Impacientes de pasar a ponte, os monitores contáronnos

que na época do lazareto estaba destinada a unir, e ao

mesmo tempo separar mediante portalóns nos seus

extremos, o lazareto limpo (enfermos xa curados) ubicado

en San Simón e o lazareto sucio (enfermos) localizado en

San Antonio.

28

Page 31: Revista Escolar 2014-2015

Xa na illa de San Antonio, visitamos o que foi o vello hospital do lazareto sucio, despois pasou a ser o cuartel do

destacamento militar encargado do campo de concentración e posteriormente foi clínica do Fogar Méndez Mendiño.

Actualmente é o Centro de interpretación e documentación da historia das illas

O seguinte que visitamos da illa de San Antonio foi o cemiterio e osario. QUE MEDO!!

Os monitores explicáronnos que aquí soterraban aos mortos das corentenas e os muros deste cemiterio foron

testemuñas de fusilamentos de moitos presos durante a represión franquista.

29

Page 32: Revista Escolar 2014-2015

Detrás do cemiterio encóntranse os pasos da humillación.

Rematou a fantástica visita. Agora voltamos ao barco. O outro grupo xa está embarcando, ESPERDADE POR NÓS!!!

Antes de embarcar pasamos a ver como era a

antiga central eléctrica e de paso facer uso da súa

nova utilidade: aseos.

Xa no barco, e dirixíndonos ata a última visita da excursión (Meirande), aproveitamos para merendar.

QUE FAME NOS DEU A EXCURSIÓN POLA ILLA!!

30

Page 33: Revista Escolar 2014-2015

Mentres repoñemos forzas durante a viaxe, conversamos entre nós sobre as impresións que nos deixou na nosa

memoria a gran historia que agocha a illa. Ao mesmo tempo imos observando a fermosa paisaxe que se observa

dende o barco. A ver se atopades entre as seguintes fotos ao Capitán Nemo do CEIP de Laredo!

Xa no Centro de Interpretación de Rande, quedamos de novo abraiados con Meirande, este museo envolveunos na

maxia da historia de Rande: batallas navais, submarinos da II Guerra Mundial, empresas conserveiras, transporte de

volframio…

31

Page 34: Revista Escolar 2014-2015

32

Page 35: Revista Escolar 2014-2015

33

Page 36: Revista Escolar 2014-2015

34

Page 37: Revista Escolar 2014-2015

35

Page 38: Revista Escolar 2014-2015

36

Page 39: Revista Escolar 2014-2015

37

Page 40: Revista Escolar 2014-2015

TOP-10 DAS CANCIÓNS POPULARES GALEGAS

Este ano, na materia de Educación Musical, celebramos a Semana da Música investigando sobre cáles eran as 10 cancións preferidas do noso folclore popular. Fíxose unha enquisa e os resultados foron os seguintes:

1- A Rianxeira........................................58 votos. 2- A saia da Carolina..............................52 votos. 3- Himno Galego....................................37 votos. 4- Catro Vellos Mariñeiros......................34 votos.

5- Negra Sombra.....................................32 votos. 6- E pousa, pousa....................................28 votos. 7- Ollos verdes........................................24 votos. 8- Apaga o candil....................................21 votos.

9- Lela.....................................................20 votos. 10- O gato................................................17 votos.

Obtidos os resultados, fixéronse diagramas de barras para entender mellor os resultados e , por outra banda, distintos carteis coas letras das cancións. Ademáis, cada alumno/a pintou a súa canción nun disco de vinilo e expuxémolos polos corredores do colexio...Quedou xenial!

38

Page 41: Revista Escolar 2014-2015

1ª 2ª 3ª

4ª 5ª 6ª

7ª 8ª 9ª

39

Page 42: Revista Escolar 2014-2015

VENRES LECTOR : OS PADRIÑOS E MADRIÑAS O TERCER VENRES DE CADA MES DIVERTIRON

AOS SEUS AFILLADOS/AS CON LECTURAS APASIONANTES E CHEAS DE MAXIA.

AS 9 MOCHILAS VIAXEIRAS VIAXARON POLAS CASAS DE TODOS OS NENOS/AS DO COLE.

LER É VOAR

40

Page 43: Revista Escolar 2014-2015

DÍA DO LIBRO- 23 DE ABRIL:

CONTACONTOS SOBRE O PIRATA BENITO SOTO E

O SEU LORO BENI .

KAMISHIBAI : “ O RATO TOM E

A RATA TOMASA “

DEBUXOS FEITOS POLOS

NENOS DE INFANTIL DOS PROTAGONISTAS

TEATRO DE SOMBRAS: CICLO SUPERIOR IES DE CHAPELA

41

Page 44: Revista Escolar 2014-2015

INVESTIGAMOS NA BIBLIO :

TRABALLAMOS COS PORTÁTILES POR TODAS AS AULAS :

42

Page 45: Revista Escolar 2014-2015

43

Page 46: Revista Escolar 2014-2015

44

Page 47: Revista Escolar 2014-2015

45

Page 48: Revista Escolar 2014-2015

46