Revista do Craega 37

20
Nº 37 > Inverno 2015 REVISTA do CRAEGA > Presentamos a reportaxe “O cultivo ecolóxico, tamén no mar” > Entrevistamos a Rosa Quintana, titular da nova Consellería do Mar > Delicias la mar de naturales viaxan ao mercado catalán de Santa Caterina > O Craega leva a campaña “A mar de ecolóxicos” aos colexios galegos > Coñecemos catro empresas dedicadas aos produtos eco do mar A mar de ecolóxicos, a nova campaña divulgativa do Craega

description

 

Transcript of Revista do Craega 37

Page 1: Revista do Craega 37

Nº 37 > Inverno 2015

REVISTA do

CRAEGA

> Presentamos a reportaxe “O cultivo ecolóxico, tamén no mar”

> Entrevistamos a Rosa Quintana, titular da nova Consellería do Mar

> Delicias la mar de naturales viaxan ao mercado catalán de Santa Caterina

> O Craega leva a campaña “A mar de ecolóxicos” aos colexios galegos

> Coñecemos catro empresas dedicadas aos produtos eco do mar

A mar deecolóxicos,a nova campaña divulgativa do Craega

Page 2: Revista do Craega 37

Establecementos colaboradores

minoristasA Casa da Quenlla, SCPraza de Abastos, nave 7,casetas 227-228-22915703 Santiago de CompostelaA Coruña696 506 [email protected]

A Cesta da SaúdeRamón Cabanillas, 1015701 Santiago de CompostelaA Coruña981 592 [email protected]

A Despensa do Avó FranciscoR/ Mallorca, 2, baixo27003 Lugo982 812 [email protected]

ABC de BioR/ Padre Don Rúa, 236203 VigoPontevedra986 117 [email protected]

As CabaciñasR/ Restollal, 79, baixo15702 Santiago de CompostelaA Coruña981 593 [email protected]

Cárnicas O XurésR/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo32004 Ourense988 245 [email protected] www.carnicasoxures.com

Consumo Consciente ÁrboreR/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo36203 VigoPontevedra986 233 [email protected]

D´AldeaRosalía de Castro, 25, baixo15701 Santiago de CompostelaA Coruña981 598 [email protected]

Ecocentro NaturezaAvda. de Galicia, 52, baixo27400 Monforte de LemosLugo982 404 797 - 982 105 230

EcogalizaPraza de Abastos, nave 7,locais 222-223-22415704 Santiago de CompostelaA Coruña654 609 [email protected]

Eu Consumo ResponsableR/ Santo Domingo, 4, local 5,Galería Viacambre32003 Ourense988 219 [email protected]

Ecotienda OrillamarR/ Orillamar, 76, baixo15002 A Coruña881 928 [email protected]

Ganadería Tierra Celta S.L.Vilar, 35, San Pedro de Baroña15979 Porto do SonA Coruña981 853 [email protected]

Herbolario MentaR/ Cesáreo Tizón, 2532500 O CarballiñoOurense988 274 [email protected]

Horno Integral PandaránAvda. Bueu, 1936940 Cangas do Morrazo Pontevedra986 303 [email protected]

Horta + SáR/ Pérez Ardá, 26, baixo esq.15009 A Coruña981 285 [email protected]

Horta Fresca Tenda EcolóxicaR/ Damas Apostólicas, 13, baixo(A Ramallosa)36370 NigránPontevedra986 352 [email protected]

Horta Verde TuiR/ Alcalde Casal Aboi, 436700 TuiPontevedra986 600 [email protected]

HortasánPraza de Abastos, posto 3336002 Pontevedra981 512 [email protected]

La Aldea Biomarket, SLAvda. Finisterre, 2515004 A Coruña981 976 [email protected]

Maguz EcolóxicosMercado San Agustín, posto 315001 A Coruña615 600 [email protected]

Ourense Bio, SLR/ San Rosendo, 9, baixo32001 Ourense988 604 [email protected]

Ponte BioPraza Arxentina 536160 PonteareasPontevedra603 602 050

Puro BíoR/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo32004 Ourense988 603 [email protected]; [email protected]

Recuncho EcolóxicoMercado municipal, local exterior, 14Praza do Concello15100 CarballoA Coruña687 243 [email protected]

Tenda Ecolóxica EquilibrioAvda. dos Mallos, 115007 A Coruña881 898 788 - 981 242 [email protected]

Terra EcolóxicaTravesía de Rianxo, 315009 A Coruña881 879 [email protected]

Todo Bio, SLR/ Doutor Fleming, 7 B32003 Ourense988 251 [email protected]

Verde Bioleta, SLR/ Pizarro, 8136204 VigoPontevedra986 493 617 - 986 113 [email protected]

A Nosa TerraRúa Nova, 827001 Lugo982 229 [email protected]

A Parada das BestasPidre, 2727207 Palas de ReiLugo982 183 [email protected]

Canela Bakery CoffeePraza Maior, 6-827001 Lugo982 106 [email protected]

Coto do Rano 2R/ Reza, 11, baixo32003 Ourense988 240 [email protected]

Fogar do SantisoTrasellas, 13, Luou15886 TeoA Coruña981 805 [email protected]

O Lar de AdriánCarril das Flores, 3027002 Lugo982 244 [email protected]

Restaurante BiobaniaR/ Cordelería, 715003 A Coruña981 221 [email protected]

Restaurante CamposRúa Nova, 2-427001 Lugo982 229 743 - 982 220 [email protected]

Restaurante EspañaR/ Teatro, 1027001 Lugo982 242 717 - 982 229 [email protected]

Restaurante MiramarR/ Arnela, 3515114 Ponteceso A Coruña 981 738 039www.miramardecorme.com

Restaurante O GreloCampo da Virxe, s/n27400 Monforte de LemosLugo982 404 [email protected]

Restaurante PapricaRúa das Nóreas, 1027001 Lugo982 255 [email protected]

Restaurante Porta SantiagoRonda da Muralla, 17627002 Lugo982 252 [email protected]

Taberna do LabregoCamiño Real, 32, Pacios27372 BegonteLugo982 398 [email protected]

Establecementos colaboradores

hostaleiros

3 | Reportaxe

5 | Entrevistas

14 | Degustacións

17 | Actualidade do sector

19 | Taboleiro de anuncios

CRAEGA

EDITA: CraegaSECRETARIO: Javier García LozanoDIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez SalgadoDEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

Page 3: Revista do Craega 37

CRAEGA > 3

O sector da acuicultura, das algas e das conservas de pescado e moluscos, sobre todo mexillóns, está a crecer notablemente nos últimos anos gra-

zas ao incremento da demanda dos consumi-dores. Tal e como se desprende da memoria do Craega, correspondente ao exercicio de 2014, estes produtos supuxeron un total de 4.614.516,56 euros de facturación dentro do conxunto de todos os alimentos ecolóxicos cer-tificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), que ascendeu ata os 31.224.332,84 euros, é dicir, un 17,78 % do volume total.

Facendo unha desagregación por produtos, o volume de negocio das conservas de pescado en 2013 foi de 3.564.411,04, e en 2014 al-canzou os 3.649.280,17 euros, é dicir, logrou un lixeiro aumento de 84.869,13 euros, o que en porcentaxe se traduce no 2,38 %.

No que respecta á acuicultura e á recolleita de algas, un sector menos asentado en Galicia ata o momento, resulta moi significativo o crece-mento das vendas se comparamos os mesmos

REPORTAXE >

As vendas da acuicultura ecolóxicae da recolleita de algas medraron en Galicia máis dun 260 % durante o pasado ano respecto a 2013

anos, pois pasou dos 267.444,47 euros de fac-turación en 2013 aos 965.236,39 en 2014, é dicir, a suba foi de 697.791,92 euros, que en termos porcentuais se traduce no 260,91 %.

Esta produción concéntrase nas provincias de Pontevedra e A Coruña, aínda que é Pontevedra a que rexistra un maior número de operadores, cun total de 27, fronte aos 15 contabilizados na Coruña.

Malia que os datos son positivos para este ne-gocio, semella que o cultivo ecolóxico segue a asociarse cos produtos que se recolectan na te-rra. Por iso Craega decidiu poñerse mans á obra, coa colaboración da nova Consellería do Mar e co Fondo Europeo da Pesca da Unión Europea, a través da campaña divulgativa que leva o títu-lo “A mar de ecolóxicos”. Con ela pretende dar a coñecer as bonanzas deste tipo de produtos, saudables e respectuosos co medio ambiente.

A continuación ofrecémosvos un resumo do informe que presenta esta nova campaña do Consello no que se recompilan algunhas claves para entender mellor o significado da acuicultu-ra ecolóxica.

O cultivo ecolóxico,

tamén no mar

Neste número

prestámoslle especial

atención á produción ecolóxica

no litoral galego. Este sector, aínda

reducido pero en aumento, aposta por

dous obxectivos básicos: ofrecerlles aos

consumidores garantías de calidade e

de salubridade e preservar os nosos

recursos mariños para a súa

explotación sostible a longo

prazo.

Foto: M. BLANCO

Page 4: Revista do Craega 37

4 < CRAEGA

REPORTAXE >

En acuicultura os alimentos ecolóxicos son as algas e os animais procedentes da acuicultura continental (auga doce) e mariña (auga salgada). No caso da

acuicultura pódense producir peixes e molus-cos, pero a pesca de peixe salvaxe e o maris-queo non é certificable en produción ecolóxica porque non sabemos o que comeron os animais nin se estiveron en zonas contaminadas.

No caso da acuicultura continental, os xuve-nís que non proceden da produción ecolóxica (caso de non existir esta) poden empregarse sempre que cando menos dous terzos do seu ciclo de produción sexan criados ecoloxicamen-te. Os animais teñen suficiente espazo para o seu benestar. As augas son de calidade e os animais críanse en condicións de temperatura e luz de acordo coas súas necesidades e coa súa localización. O fondo onde se crían os peixes de auga doce seméllase ás condicións naturais (por exemplo, para a carpa é de terra natural). Non está permitido o uso de hormonas e deri-vados. O período de conversión varía entre 3 e 24 meses.

As algas proceden de lugares non contamina-dos. Aqueles operadores que producen máis de vinte toneladas ao ano deben realizar unha avaliación medioambiental. Para todos os ca-sos os produtores realizan un plan de xestión sostible. Na medida do posible empréganse fontes de enerxía renovables e a recolleita é sostible: non se extraen máis que aquelas can-tidades que permitan que se rexeneren na zona e non teñan un impacto significativo. En cor-das e equipamentos non está permitido o uso de produtos non autorizados para a produción ecolóxica. O período de conversión é de seis meses ou un ciclo de produción total (o que resulte máis longo).

Respecto aos moluscos, todos os operadores deben contar cun plan de explotación sostible: os materiais empregados nas bateas (madeira, redes…), unha vez que queden fóra de uso, así como os residuos xerais durante a actividade serán xestionados por xestores autorizados. Para o asentamento natural poderanse colocar ata 100 cordas por batea e só se permite unha corda por cada metro cadrado.

Que é aacuiculturaecolóxica?

Foto

: CO

NSE

RVA

S M

AR D

E A

RD

ORA

Page 5: Revista do Craega 37

CRAEGA > 5

Os datos recollidos na última me-moria (2014) do Craega reflicten que tanto a acuicultura ecolóxica, en especial o cultivo de mexillón,

coma a recolección e comercialización de algas ecolóxicas están en auxe. Considera que é un sector a ter en conta na nosa eco-nomía? Podemos afirmar realmente que a produción ecolóxica está tamén no mar?

É un feito incontestable que os produtos eco-lóxicos están en auxe. Está claro que os hábi-tos de consumo veñen mudando nos últimos tempos e que os consumidores apostan cada vez máis por produtos criados, cultivados ou elaborados de maneira ecolóxica. Sen dúbida, estamos a falar dunha oportunidade na que os produtos mariños teñen un perfecto encaixe.

Cales son as diferenzas entre os sectores bateeiro e de recolección e comercializa-ción de algas e conserveiro respecto deste mesmo sector convencional? Cales son os principais requisitos para poder poñerlles o selo de ecolóxico?

Rosa Quintana, titular da nova

Consellería do MarSe ben é certo que a recolección de algas é unha actividade moito máis recente en Galicia, tanto este sector coma o bateeiro e mais o con-serveiro son de enorme importancia para Gali-cia en todas as súas vertentes, tanto na ecoló-xica coma na convencional. O peso da vertente ecolóxica nestes sectores é relativamente pe-queno de momento, pero estamos firmemente convencidos de que ten moito percorrido. Non en van está medrando exponencialmente ano a ano ao mesmo tempo que se incrementa a demanda.

As augas galegas presentan unha calidade idó-nea, en xeral, tanto para o cultivo do mexillón coma para a extracción de algas. Por iso, os principais requisitos para poñerlle o selo de ecolóxico á súa produción están vinculados ás prácticas de traballo e ao esforzo extra que os produtores realizan nos materiais que empre-gan para o cultivo e envasado. Son factores que se veñen a sumar a estritos controis de calidade que garanten que o produto cumpre con todos os requisitos para obter o distintivo.

“Dende a Consellería

apoiarase todo o que

ten que ver coa produción

de calidade, sustentable

e respectuosa co medio

ambiente”

ENTREVISTAS >

Page 6: Revista do Craega 37

6 < CRAEGA

ENTREVISTAS >

A poboación asiste ás feiras ecolóxicas e re-coñece máis ca nunca a importancia dunha alimentación sa, mais cre vostede que aínda falta información e conciencia neste ámbito e, en especial, acerca do que é a“agricultura ecolóxica do mar”?

Como dicía antes, o consumidor actual está máis concienciado que nunca sobre a importancia da calidade, da orixe dos produtos, da seguridade alimentaria, da pesca sustentable e das prácticas medioambientais. Así e todo, queda camiño por percorrer para achegarnos a outros países onde os produtos ecolóxicos teñen máis recoñece-mento. Isto require tempo, información e forma-ción dos produtores e dos propios consumidores.

Pensa que o aumento da produción ecolóxi-ca, en concreto o tema que nos ocupa, tan-to algas coma mexillóns, debería reflectirse máis nos puntos de venda habituais?

Penso que este proceso require tempo. É nece-sario que a masa crítica de produción teña un tamaño mínimo para que poida reflectirse nos puntos de venda, pero de seguir esta tendencia, nos vindeiros anos incrementarase notablemen-te esta situación.

Sería factible que en Galicia as institucións apoiasen os produtos ecolóxicos animan-do a poboación ao seu consumo a través de campañas publicitarias? Refírome a isto posto que en Galicia debe competir con produtos de calidade demostrada que levan o selo de denominación de orixe ou Galicia Calidade, por exemplo…

Esta é unha situación que xa está ocorrendo. Na actualidade existe un convenio de colaboración

entre a Consellería do Mar e o Craega para a promoción dos produtos ecolóxicos do Mar e nestas datas estase realizando unha campaña de promoción dos produtos ecolóxicos do mar nos mercados de abastos, co apoio da propia Consellería.

Está de acordo con que o sector ecolóxico debe ir apoiado nestes tres piares: formación do produtor e do consumidor; I+D específica dos produtos ecolóxicos, e promoción por parte dos axentes responsables: produtores, comercializadores e Administración?

Estes tres piares son fundamentais. Debemos unir á formación unha boa información ao con-sumidor e a posta en valor dos produtos eco-lóxicos, non só polos beneficios para a saúde, senón tamén polo respecto ao medio ambiente. Neste senso, hai que transmitirlle ao consumidor o coñecemento do traballo dos pequenos produ-tores, que serve para fixar poboación nas peque-nas zonas rurais costeiras e representa un motor económico e de emprego para estas zonas.

Pódenos adiantar cal vai ser a aposta da nova Consellería cara a este sector? Hai al-gún proxecto previsto?

Estamos seguros de que a colaboración exis-tente na actualidade se vai manter, e mesmo se verá incrementada nos vindeiros anos, xa que a Consellería considera esta actividade de enor-me importancia para a promoción dos produtos do mar. Non hai ningunha dúbida de que dende a Consellería se vai apoiar –ao abeiro do novo Fondo Europeo Marítimo da Pesca– todo o que ten que ver coa produción de calidade, susten-table e respectuosa co medio ambiente.

“Hai que transmitirlle ao consumidor o coñecemento do traballo dos pequenos produtores, que serve para fixar poboación nas pequenas zonas rurais costeiras e representa un motor económico e de emprego para estas zonas”

Foto

: M. B

LAN

CO

Page 7: Revista do Craega 37

CRAEGA > 7

Alberto Sánchez de Toca e Sergio Baa-monde López son os responsables desta firma, que, segundo eles mes-mos nos contan, se asenta nos piares

básicos da investigación científica.

Tanto Álvaro coma Sergio cren “cegamente” nesta filosofía de empresa e defenden esta polí-tica, sen preocuparse demasiado dos custos de elaboración do produto, xa que para pequenas producións como a súa, a demanda da calidade é prioritaria.

Respecto dos consumidores deste tipo de pro-dutos están convencidos, e por iso se dirixen a este mercado, que están realmente moi con-cienciados co que compran e co que demandan, xa que se preocupan moito por unha dieta sa e libre de calquera tipo de compoñente nocivo polo organismo, sen trazas de contaminantes. Neste sentido, as súas conservas de algas son exclusivas na súa artesanía: a non mecanización

A colleitaecolóxicado noso mar

Entrevistamos algúns dos operadores dedicados á acuicultura ecolóxica. Son proxectos distintos pero a todos eles os une a mesma filosofía de empresa: a sustentabilidade dos recursos e a calidade dos produtos que venden, sen tratamentos agresivos e respectuosos co mar.

Mar de Ardora,verduras do litoral

Conservas

Mar de Ardora é

unha pequena fábrica situada

no concello coruñés de Ortigueira,

dedicada á recolección e ao elaborado

artesán de conservas a base de algas de

produción ecolóxica, provenientes do litoral

galego. Na actualidade posúen no mercado

unha ampla gama de conservas en lata (nori,

wakame, espaguetis do mar...), produtos

deshidratados e pratos preparados,

todos eles feitos “con cariño”, de

alta calidade organoléptica,

nutricional e textural.

ENTREVISTAS >

Foto

: CO

NSE

RVA

S M

AR D

E A

RD

ORA

Page 8: Revista do Craega 37

8 < CRAEGA

do seu elaborado e o uso de técnicas artesás, de forma manual e conseguindo resultados sor-prendentes. Como exemplo salientan que no que levan de tempada (xa rematou ata a pri-mavera que vén) duplican e ata cuadriplican a produción dalgúns dos seus produtos e aínda así rematan o stock dalgún deles, como o da alga wakame.

Consideran que é moi importante que a pro-dución e a fabricación en ecolóxico se vincule a unha artesanía a maiores, que debería tamén ser regulada canto antes en Galicia pola Admi-nistración e cren que “é bastante vergoñento que Galicia non conte cun regulamento en ar-tesanía alimentaria, tal e como sucede noutras comunidades como Cataluña, País Vasco… vinculado todo iso a produtos de alta calidade, sen caer nunha política que, a pesar de utilizar materias primas ecolóxicas, falla no elaborado posterior agresivo e desvirtúa os produtos e a súa esencia”. Se a produción ecolóxica propor-

“Se a produción ecolóxica proporciona as mellores materias primas, o seu procesado posterior debe respectar a esencia do produto”

ciona as mellores materias primas, o seu pro-cesado posterior debe respectar a esencia do produto, afirman.

Ademais, no seu campo, as algas mariñas, unha filosofía de pequenas producións é esencial, xa que se trata de comunidades de algas vivas e, por tanto, susceptibles de minguarse, danarse ou extinguirse se a súa explotación non é de forma controlada. Nese sentido son tamén a pri-meira empresa en presentar unha metodoloxía de extracción multiespecífica sustentable.

Para finalizar, conclúen que o ideal sería o mo-delo francés, é dicir, pequenas empresas que explotan de forma sustentable pequenas zonas de litoral, cunha produción que automantén de forma digna cada empresa e que abastece a demanda, sen exceder a explotación do recur-so a pesar de que existan máis demandas do mercado, para a sustentabilidade dese recurso e do sistema.

ENTREVISTAS >

Foto

: CO

NSE

RVA

S M

AR D

E A

RD

ORA

Foto

: CO

NSE

RVA

S M

AR D

E A

RD

ORA

Foto

: CO

NSE

RVA

S M

AR D

E A

RD

ORA

Foto

: CO

NSE

RVA

S M

AR D

E A

RD

ORA

Page 9: Revista do Craega 37

CRAEGA > 9

ENTREVISTAS >

D ecidiron sumarse á produción ecolóxi-ca porque é un mercado novo que os pode axudar coa venda do mexillón, pois hoxe en día están vendo que este

sector “aperta forte”. Despois de catro anos em-barcados nesta nova aventura, sabían que non ía ser fácil abrir un mercado para o seu produto, porque esixe bastantes requisitos tanto para a empresa coma para os clientes. Comezaron con máis viveiros pero moitos déronse de baixa ao ver que a cousa non progresaba como se espe-raba. Actualmente venden tanto para depurado-ra como para industria e, segundo di, malia que a rendibilidade está por debaixo do esperado, confían en mellorar.

Suso Méndez ten claro que este é un sector que debe terse en conta como parte da economía galega, convencido de que a produción ecolóxi-ca procede tamén do noso mar.

Méndez quéixase de que, malia as feiras eco-lóxicas e a concienciación cidadá en materia de alimentación, continúan sendo escasas a información e a concienciación neste ámbito, en especial no que se refire ao cultivo ecolóxi-co do mar, porque ata o momento o ecolóxico está asociado case exclusivamente aos produ-tos da terra.

Respecto das posibilidades de achegarse aos consumidores, afirma que o aumento do con-sumo de mexillón ecolóxico pasaría por poder adquirirse de xeito normalizado nos puntos de venda convencionais e está convencido de que a publicidade sempre é a mellor axuda que se pode ter para vender máis.

Para rematar, o xerente de Asme Rianxeira aclá-ranos que para conseguir unha denominación de orixe non se esixe outro requisito que o mexillón proceda da zona de orixe, no noso caso as rías galegas. En cambio, para ter unha denominación de orixe ecolóxica hai que pasar unha serie de controis estritos para conseguir a certificación. “O bo disto é que ambas as certificacións son compatibles”.

A Asociación Mexilloeira

Asme Rianxeira nace no ano

1983 e aséntase, como o seu nome

indica, na vila coruñesa de Rianxo.

Actualmente está constituída por 74

viveiros flotantes dedicados ao cultivo do

mexillón, dos cales 20 son de produción

ecolóxica. O seu xerente, Jesús

Méndez Graña, relátanos o seu

proxecto.

Asme Rianxeira, os mexillóns ecolóxicos do Barbanza

Page 10: Revista do Craega 37

10 < CRAEGA

ENTREVISTAS >

O primeiro que nos explica Juan Car-los é que o adecuado é dicir que o mexillón é ecolóxico, non a batea, xa que o que se certifica é a produción,

asegurando que cumpra a lexislación vixente en materia de acuicultura ecolóxica, de forma simi-lar a calquera outra certificación de control de calidade (ISSO, IFS…).

Juncal cóntanos que Dime Salnés S.L. foi cons-tituída por uns bateeiros en 2009 co obxecto de comercializar e promover o mexillón que producían en San Amaro. O obxectivo primor-dial era acadar mercados onde non estivesen a comercializar os clientes e desenvolver produtos innovadores, aínda que economicamente non fose interesante. O seguinte paso foi a cocción nunha fábrica de conservas e venda de parte da produción que tiña a organización para así solucionar os enormes problemas de venda á in-dustria que ocasionaban importantes caídas nas bateas. A partir desta experiencia, comezaron a ter relacións comerciais coa empresa Antonio Pérez Lafuente S.A., e así foi como chegaron a producir e vender produto ecolóxico.

Juan Carlos

Juncal é o presidente

da Asociación de Produtores San

Amaro (Vilanova de Arousa), que ten

43 bateas, das cales 7 teñen certificación

ecolóxica. En 2010 dúas bateas da asociación

foron as primeiras en certificarse en toda

Europa. Juncal é, ademais, o administrador

da empresa Dime Salnés S.L. con sede

en Vilagarcía de Arousa, que está

certificada para a elaboración e

comercialización de produtos

ecolóxicos.

Asociación de ProdutoresSan Amaro, os primeiros mexilloeiros ecolóxicos

Foto

: A. P

. SA

N A

MA

RO

Page 11: Revista do Craega 37

CRAEGA > 11

ENTREVISTAS >

Segundo o presidente de San Amaro, hoxe en día son varias as pexas coas que se atopan, pero a principal é a deterioración da calidade da auga da ría, pois, cando eles comezaron as sete bateas certificadas se atopaban en augas cuali-ficadas coma zona A, é dicir, tiñan a mellor cali-dade e non era preciso depurar o marisco para a súa comercialización en vivo. Por desgraza, hoxe as zonas onde están situadas tres destas plataformas mudaron a zona B. Outros proble-mas son o esforzo que significa para empresas pequenas como a súa os grandes investimentos que teñen que realizar para poder comercializar o seu produto, así como o pouco interese que mostran as grandes cadeas de distribución en potenciar o mercado en España, algo que non sucede no resto de Europa.

“Para normalizar como negocio os produtos ecolóxicos sería interesante reducir ou eliminar impostos, para así acadar unha maior competitividade”

Respecto do seu mercado actual, a Asociación segue a traballar coa conserveira coa que co-mezou esta andaina, xa que é unha das poucas empresas para a cal o produto ecolóxico ou de pesca sostible é case a totalidade do seu nego-cio. No mercado de mexillón fresco dende hai dous anos están a comercializar para Francia e Italia. En España a venda é moi escasa, aínda así “estamos a colaborar con algún elaborador para distribuír pequenas cantidades, malia non ser rendible, pois este era un dos fins da empresa cando se constituíu”.

Juncal considera que cada vez hai unha con-cienciación máis grande nos consumidores pois cada certo tempo aparecen fraudes e alertas sa-nitarias no mercado do mexillón. Recentemente modificouse na CE o regulamento de etiqueta-do, o que supón que “non se nos informe nin da especie nin da orixe do produto que consumi-mos”. Isto non ocorre cos produtos certificados ecolóxicos, os cales garanten unhas correctas trazabilidade e información.

Respecto do labor das institucións, está conven-cido de que teñen a obriga de promover campa-ñas publicitarias de calquera produto certificado ecolóxico, pois non facelo “é unha completa in-competencia”.

Finalmente, o presidente da Asociación con-sidera que para normalizar como negocio os produtos ecolóxicos sería interesante reducir ou eliminar impostos, para así acadar unha maior competitividade, un compoñente que se vería recompensado coa creación de postos de traba-llo e coa redución do gasto sanitario.

Foto

: M. B

LAN

CO

Page 12: Revista do Craega 37

12 < CRAEGA

ENTREVISTAS >

Conservas Antonio Pérez Lafuente, “o pan do mar”

S egundo nos relata Álvaro Pérez-Lafuen-te Suárez, director comercial da firma arousá, a industria conserveira no litoral galego soportaba a finais da década pa-

sada os lastres propios dunha actividade tradi-cional “excesivamente atomizada”, cun mercado maduro no que a demanda interna se mantiña estable, mentres a produtividade das fábricas au-mentaba exponencialmente. A isto únense cam-bios na distribución tradicional: a desaparición paulatina do pequeno comercio e a implantación de grandes cadeas e centrais de compras, o que levou a un panorama para a industria tradicio-nal, sobre todo de pequeno tamaño, “bastante negro”. Ante esta situación reconsideraron o seu modelo de negocio apoiándose nos seus puntos fortes: “Sabemos facer boas conservas de peixe; estamos arraigados nunha contorna concreta xeográfica e social; temos que poder transmitirlle o negocio á seguinte xeración, a actividade debe ser perdurable”. Partindo dis-to tomaron a decisión de centrarse no mercado de produtos bio con predominio dos produtos

locais procedentes de pesqueiras tradicionais e envasados de forma tradicional.

Malia que comercializan outras especies do mar (xarda, sardiña, berberechos, navallas…), son o mexillón e diferentes tipos de algas os que levan o selo de produción ecolóxica por procederen de cultivos certificados. Por iso, ademais da eti-queta do Craega, levan tamén o selo europeo de produto ecolóxico.

En canto ás outras especies, aínda que proveñen de pesca sustentable, de acordo coa normativa europea considéranse como peixe salvaxe e, por tanto, non incluído na categoría ecolóxica, polo que só poden levar o selo do Craega, que certifica que os ingredientes que acompañan o peixe (aceites, salsas etc.) son procedentes da agricultura ecolóxica certificada.

Álvaro móstrase optimista de cara ao futuro da empresa, “vai ir crecendo compasada co incre-mento sostido do mercado de produtos ecolóxi-cos”, afirma. Isto, unido á mellora das condicións

O nome Pérez Lafuente

representa a continuidade dunha

tradición familiar ligada á industria

transformadora da pesca que naceu hai

cen anos en Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Ao comezo do século XXI a empresa, na que

traballan preto de trinta persoas, decidiu

reconsiderar o seu modelo de negocio cara aos

produtos bio. Así nacen as conservas Pan

do Mar, elaboradas de forma artesanal

con ingredientes procedentes da

agricultura ecolóxica.

Foto: CONSERVAS ANTONIO PÉREZ LAFUENTE

Page 13: Revista do Craega 37

CRAEGA > 13

“O importante é que teñamos claros os principios que nos levaron a coller este camiño, ser fieis a eles e non desviarnos tratando de atallar”

de financiamento nos dous últimos exercicios, permitiulles obter resultados esperanzadores. O futuro debería ser de consolidación destes re-sultados pero é consciente de que neste sector dependen moito das flutuacións de subminis-tración e do prezo das materias primas e esta consideración obrígaos a ser moi prudentes á hora de facer vaticinios. Aínda venden pouco en España, en comparación con outros países europeos (Alemaña, Francia, Austria, Dubai…), pero nos últimos tempos adquire cada vez máis relevancia.

De todos os produtos que comercializan, salien-ta especialmente a conserva de algas, en con-creto o paté, que está a ter unha grande acep-tación. Na actualidade tamén contan con vender ben as algas ao natural en bote de vidro, de

recente lanzamento. De feito, Pérez Lafuente fai fincapé no aumento do consumo deste alimento, que relaciona co auxe das dietas vexetarianas.

Igual de optimista se mostra ante o sector en xeral, “xa que as cousas se están a facer ben”. En canto ao futuro cre que todo dependerá dos axentes que interveñen neste mercado pois “o importante é que teñamos claros os principios que nos levaron a coller este camiño, ser fieis a eles e non desviarnos tratando de atallar”.

Malia todos os esforzos realizados, o director comercial de Pan do Mar tamén pensa que é im-portante o labor de información e de visibilidade deste tipo de produtos a través da organización de feiras especializadas, ás que procuran asistir todo canto lles permiten os seus medios.

ENTREVISTAS >

Foto

: CO

NSE

RVA

S A

NTO

NIO

PÉR

EZ L

AFU

ENTE

Foto

: CO

NSE

RVA

S A

NTO

NIO

PÉR

EZ L

AFU

ENTE

Page 14: Revista do Craega 37

14 < CRAEGA

DEGUSTACIÓNS >

Produtos eco do mar,

saborosos e saudables

O pasado 22 de maio o Craega iniciaba un percorrido por diversos concellos galegos para dar coñecer os produ-tos ecolóxicos autóctonos a través de

suxestivas degustacións. O primeiro dos lugares elixidos foi Cenlle, concretamente Barbantes Es-tación. Durante este outono, Javier García Lozano, secretario do Consello, continuou esta actividade por diversas localidades, esta vez na provincia de Lugo, durante os meses de outubro e novembro.

A axenda de catas comezou o 27 de outubro no Edificio Multiusos da Xunta de Galicia, no conce-llo de Lugo, onde ademais impartiu unha charla titulada “A produción e comercialización dos pro-dutos ecolóxicos do mar”. O día 29 o represen-tante do Craega viaxou ata o Centro de Forma-ción e Experimentación Agroforestal Pedro Mu-rias, en Ribadeo, no que o menú de degustación tivo lugar no marco dunhas xornadas organizadas polo citado centro e incluíu entrantes elaborados

con produtos do mar, acompañados de tenreira ecolóxica. Ao día seguinte, Javier García despra-zouse ata Monforte de Lemos para ofrecer unha degustación de conservas de peixe e outros pre-parados de mexillóns e algas, esta vez dirixida a operadores e entidades de aconsellamento que asistían á xornada de presentación da actualiza-ción da páxina web.

Nas localidades elixidas as mesas luciron con irre-sistibles mostras de produtos recollidos no mar, ecolóxicos e feitos en Galicia, acompañados con outros da terra: sardiñas en aceite de oliva ecolóxi-co, mexillóns en escabeche con algas, tartar de al-gas, galletas mariñeiras con algas, ensalada de al-gas á xaponesa e á vinagreta, chimichurri de algas, aperitivos de espelta, sésamo e algas, ou galletas de arroz con algas eran algúns dos petiscos que os comensais puideron desfrutar nestes encontros culinarios. Esta promoción está cofinanciada polo Fondo Europeo da Pesca da Unión Europea.

Saborear

con calma e

deixarse levar polos sentidos

é o mellor modo de valorar estes

pratos gourmet, con presentacións

coidadas e servidos en pequenas

porcións, elaborados a base de materia

prima do mar, sa e de primeira calidade.

Esta é a firme aposta do Craega para

concienciar a xente de todas as

idades a consumir produtos

ecolóxicos do mar.

Page 15: Revista do Craega 37

CRAEGA > 15

C ousas ricas e ecolóxicas dos mares e terras de Galicia, la mar de naturales. Este foi o reclamo publicitario dunha nova promoción organizada pola Con-

sellería do Mar e polo Craega, que pretende dar a coñecer os produtos ecolóxicos do mar de orixe galega. Esta iniciativa fíxose realidade no merca-do barcelonés de Santa Caterina dende o 13 ata o 20 de novembro. En total, foron ofrecidas cin-co degustacións: unha dedicada aos praceiros o día 16; outras tres os días 17, 18 e 19 para os visitantes da praza e outra o día 19, na que par-ticiparon algúns operadores que están a certificar produto ecolóxico. Javier García, en representa-ción do Craega, estivo presente os días 16 e 17 en diversas actividades, en concreto nas tendas La mar de naturales e nas degustacións-showcoo-king de produtos ecolóxicos autóctonos baixo o título La mar de natural, la despensa ecológica de Galicia, na que o público puido catar variados pe-tiscos de orixe galega e ecolóxica. Os asistentes a estes actos foron agasallados cun lote de pro-dutos amparados polo selo do Craega e entraron nun sorteo dunha estadía en Galicia.

Delicias la mar de naturales do litoral galego no mercado de

Santa Caterina

DEGUSTACIÓNS >

De esquerda a dereita, Ramón Fernández Conchas, xefe de Servizo de Mercados; Juan Maneiro Cadillo, director xeral de Pesca e Acuicultura, e Javier García Lozano, secretario do Craega

Enma Pinal, restauradora encargada das degustacións

Page 16: Revista do Craega 37

16 < CRAEGA

DEGUSTACIÓNS >

As novas xeraciónssaborean os alimentos eco do mar

S eguindo coa campaña “A mar de ecolóxicos”, durante o mes de novembro levouse a cabo un ciclo de relatorios en diversos cen-tros educativos galegos, ao abeiro do convenio subscrito entre a Consellería do Mar e o Craega.

Javier García Lozano, secretario do Consello, foi o encargado de organizar as degustacións nos propios centros e os nenos e as nenas pasaron un divertido anaco saboreando os alimentos ecolóxicos provenientes do mar. Para facer máis amena a xornada o alumnado desfrutou dun vídeo de animación, no que se lles explicou de maneira sinxela en que consiste á agricultura ecolóxica e, máis concretamente, a acuicultura ecolóxica e as súas vantaxes para o medio ambiente e para a saúde.

O calendario desta actividade arrincou o pasado 13 de novembro no CEIP plurilingüe Lagostelle de Guitiriz e continuou ata finais de mes nos colexios dos concellos de Rábade, Agolada, Lalín, Abegondo, Betanzos, Monforte de Lemos, Fene, Becerreá e Cabanas. Neste último concello a actividade tivo lugar na mañá do 25 de novembro no CEIP Eladia Mariño, no que os rapaces recibiron a visita de José Antonio Fernández e de Javier García Lozano, presidente e secretario do Craega respectivamente, e da titular da Consellería do Mar, Rosa Quintana, quen lles ofreceu unha pequena charla na que, entre outros aspectos, salientou o auxe que está a vivir actualmen-te o sector da acuicultura ecolóxica e da recolleita de algas.

Page 17: Revista do Craega 37

CRAEGA > 17

A Feira Internacional de Produtos Eco-lóxicos e Consumo Responsable (Bio-cultura) cumpriu a súa XXXI edición no Ifema de Madrid entre os días 12 e 15

de novembro. Nela participaron máis de 700 expositores, que foron visitados por algo máis de 80.000 persoas.

Galicia fíxose un oco neste grande evento coa presenza das seguintes firmas: Biocoop, Peca-do de Outono, Conservas do Támega, Souto da Trabe e Labregos Daquí, chegadas da provincia de Ourense; Hifas da Terra, Bioalacena e Alga-mar, procedentes de Pontevedra, e Orballo, A Factoría Ecolóxica e Porto-Muíños, que teñen a súa sede na Coruña.

D iversos especialistas en alimentación e saúde reuníronse no Congreso que o Centro de Formación e Experimen-tación Agroforestal Pedro Murias (Ri-

badeo) organizou o pasado 29 de outubro. No transcurso desa xornada tratáronse temas tan importantes como as enfermidades relacionadas coa alimentación, a normativa en materia de ali-mentación ou a calidade dos produtos galegos.

Javier García Lozano formou parte deste Congre-so como participante na mesa redonda que se desenvolveu na sesión vespertina baixo o título “Alimentos ecolóxicos. Calidade e seguridade”.

O pasado día 8 de novembro déronse a coñecer os premios outorgados polo público da 11.ª edición do Concurso de Tapas de Lugo, organizada pola

Asociación Provincial de Empresarios de Hoste-lería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio do Concello de Lugo. Ademais do premio á me-llor tapa, outorgado á Arrocería Os Cachivaches, o restaurante Xoldra fíxose co Premio á Mellor Tapa Ecolóxica coa súa hamburguesa de tenreira de cachena ecolóxica, queixo San Simón, cebola acaramelada, pementos de Padrón e iuca crocan-te. A entrega de premios tivo lugar na casa con-sistorial, na que estiveron presentes representan-tes dos doce establecementos máis votados polo público, entre os que se atopaba o Xoldra.

Cultura Bioen Madrid con presenza galega

Craega asiste aoCongreso sobre

saúde e alimentacióndo Pedro Murias

A hamburguesa do Xoldra,mellor tapa ecolóxica noXI Concurso de Tapas de Lugo

ACTUALIDADE DO SECTOR >

Foto

: APH

EL

Foto

: APH

EL

Page 18: Revista do Craega 37

18 < CRAEGA

O Edificio Multiusos da Xunta de Galicia en Lugo acolleu os días 26, 27 e 28 de outubro as Xornadas sobre Novos Produtos e Tecnoloxías na Produción,

Transformación e Comercialización das Razas Autóctonas, organizadas pola Oficina Comarcal Veterinaria de Lugo da Consellería do Medio Rural e financiadas pola Unión Europea, o Ma-grama e a Xunta de Galicia.

O Craega formou parte desta actividade cunha degustación de produtos ecolóxicos a cargo de Javier García Lozano, secretario do Consello, quen ademais ofreceu a charla titulada “A produ-ción e comercialización dos produtos ecolóxicos. Un exemplo a seguir”.

Durante estas tres xornadas o público asistiu a diversos relatorios nos que se disertou, entre outros temas, sobre o futuro da produción das razas autóctonas galegas e sobre a importancia dos proxectos de investigación neste ámbito.

Odía 23 de outubro Ernesto Sán-chez Salgado, director técnico do Craega, impartiu unha charla so-bre “Normativa e certificación da

produción ecolóxica” no salón de actos do concello coruñés de San Sadurniño. O acto foi organizado pola Asociación Agroecoló-xica A Cortiña.

O Craega participa nas Xornadas sobre novos produtos das

razasautóctonas

Charla sobre a

normativaen agricultura ecolóxica

ACTUALIDADE DO SECTOR >

*Contenidos y publicidad con enlaces a páginas web

Existe en versíon papel y versión digital interactiva*

¡Infórmate! www.revista-ae.es • tel: 961 26 71 22

Revista de divulgación técnica de Agricultura y Ganadería Ecológica

Page 19: Revista do Craega 37

Taboleiro de anuncios

Sección gratuíta para os inscritosPara publicar os anuncios enviar a solicitude a [email protected]

Repartimos caixas de verduras

ecolóxicas a domicilio en Santiago

de Compostela e concellos limítrofes

(Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)

Finca de horta en Vedra inscrita no Craega

[email protected]

Repartimos cestas personalizadas de

verdura e froita no concello de Lugo, que

se poden complementar con produtos

biodinámicos ou ecolóxicos certificados

A Panturreira, A Pontenova (Lugo)

Isabel Zaera Dolz: 637 849 641

[email protected]

granjashambhalla.com

650 343 777

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro

Carnicería Carballada (Sarria, Lugo)982 886 225

[email protected]

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro

Carnicería La Tomea (Rábade, Lugo)Jesús Dapena

982 390 355 - 607 289 806

Venda de carne de vacún de produción ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o desexe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en transporte frigorífico para non romper a cadea de frío.

Vicente Prieto Ledo609 864 738

[email protected]

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de servir en despeces en distintos formatos.Granxas de Lousada SC

657 103 [email protected]

Viveiro de plantel hortícola ecolóxico.

Facemos plantel por encarga

Biohorta

981 483 312 / 669 690 212

[email protected]

Venda de Porco Celta en ecolóxico.

Leitóns para criar ou para consumir.

Posibilidade de engorde dos porcos

por encargaElisa e Camilo: 676 666 157

Secundina Costa Piñeiro (Viveiros Ramil planta de horta)Queda aínda no viveiro algunha planta da campaña de primavera (cebola, tomates, pementos etc.). Preparámonos agora para a campaña de verán (leitugas,

escarolas, pakchoi, col chinesa etc.) e de outono (repolos, brócoli, coliflor etc.). Para poder ter unha planta axeitada é moi importante ter os cultivos planificados, así os viveiros poderemos programar ben as [email protected] - 986 710 707

Carmen de SocastroNa horta ecolóxica “Carmen de Socastro” temos produtos de tempada. Estamos en Socastro, 11, concello de Rois, A Coruña. Ven e coñé[email protected] 167 138

Bo para a túa saúde, bo para o medio ambiente Carne ecolóxica de Raza Vianesa alimentada exclusivamente con pasto e leite, rica en Omega 3 e recomendable para celíacos. Poñémola na súa casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasada ao baleiroEcovianesa S.L. - Berrande (Ourense)676 966 255 [email protected]

Véndese ou alúgase finca de 10.700 m2 de

produción de froita ecolóxica con 700 árbores.

Venda de froita asegurada. Casa de pedra para

restaurar, situada nun lugar privilexiado na

ribeira do MiñoCésar García Alonso

670 852 638

[email protected]

Viveiro de plantel hortícola en ecolóxico. Temos plantas en stock e recollemos encargas. Sementes convencionais e

tradicionais certificadas Feitoría Verde

698 164 249 / 698 161 [email protected]

https://feitoriaverde.wordpress.com

Realizamos plantón hortícola en ecolóxico.

Asesoramento con cursos de hortofruticultura

e cultivos de invernadoiro

Semilleros Penateixa

636 060 286 / 693 654 130

[email protected]

semillerospenateixa.blogspot.com

Realízanse sacrificios ecolóxicos.

Matadoiro Comarcal de Sarria

San Xulián da Veiga, 27614

Luís López: 982 531 273

Descontos do 20 % nas tarifas de aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no CraegaAlbá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 [email protected] / www.arqueixal.com

Véndense fabas

ecolóxicas de Lourenzá, a

granel ou envasadas

Mª Josefa Leitón Ramallal

648 705 100 / 982 146 006

Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa

explotación ecolóxica de Rubia Galega

Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo)650 343 777

Page 20: Revista do Craega 37

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

Impr

eso

en p

apel

rec

icla

doM

aine

Glo

ss G

reen

Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/nEdificio Multiusos27400 Monforte de Lemos (Lugo)Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 [email protected]

Síguenos en: