revista alameda nº 0

40
Presentación revista Alameda nace coa idea de converterse nun vehículo de información cultural, opinión e participación ppara todos os socios e socias, e colaboradores do Liceo. Queremos afondar na vida, na cultura e na historia de Noia, ofrecendo a máxima transparencia e abrindo as portas a todos aqueles colaboradores que queiran achegarnos as súas inicia- tivas, escritos ou suxerencias para mellorar a vida social, cultural e deportiva do Liceo, no entorno da nosa comarca e do noso Concello. Este era un vello proxecto da Xunta Directiva que por un ou outro moti- vo nunca chegou a poñerse en marcha. Aquel proxec- to faise agora realidade e, como Presidente, é para min un motivo de grande satisfacción presentar o número cero de Alameda que, nun principio, terá perio- dicidade trimestral. Non é casual que a súa saída sexa neste ano e mes: o ano do cincuentenario da morte de Castelao a quen homenaxearemos o mes de Agosto coa repre- sentación de Os vellos non deben de namorarse, a cargo dun amplo elenco de xentes de Noia, dirixidas por Xosé Agrelo; maio, o mes en que se celebra o Dia das Letras Galegas. Nesta Sociedade temos organiza- do moitos anos actividades diversas, tamén o faremos este coa representación dalgunhas pezas de Calderón de la Barca, no catrocentos aniversario do seu naci- mento, verquidas por primeira vez ao galego. Temos tamén unha pequena lembranza para Manuel Murguía, a figura homenaxeada este ano. E non esqueceremos ás persoas que cultivan as artes plásti- cas: en cada número figurarán traballos da “Escola de Gravados Alfonso Costa” da nosa Sociedade. Con isto pretendemos inaugurar unha nova etapa, afrontada con ilusión, e coa confianza da que nos deron mostra todos os socios e socias do Liceo noiés José Moas Pazos Presidente da Sociedade Liceo º 0 EDITA: Sociedade Liceo Alameda s/n 15200 Noia - A Coruña Tef./fax: 981 82 05 35 COORDINADOR: Cándido M. Prego Rajo CONSELLO DE REDACCIÓN: José Agrelo Hermo Ramón Carredano Cobas Mª Antonia Castro Patiño José Ramón García García Pedro García Vidal A. Ventura González Arufe Aurora Marco López Xosé Moas Pazos CAPA: Alfonso Costa DESEÑO GRÁFICO: Xosé L. Ces Laíño IMPRESIÓN: Gráficas Sementeira, S. A. Telf.: 981 82 38 55 Fax: 981 82 05 35 E-mail: [email protected] DEPÓSITO LEGAL: 1

description

Revista alameda nº 0

Transcript of revista alameda nº 0

Page 1: revista alameda nº 0

Presentación

revista Alameda nace coa idea de convertersenun vehículo de información cultural, opinión eparticipación ppara todos os socios e socias,

e colaboradores do Liceo. Queremos afondar na vida,na cultura e na historia de Noia, ofrecendo a máximatransparencia e abrindo as portas a todos aquelescolaboradores que queiran achegarnos as súas inicia-tivas, escritos ou suxerencias para mellorar a vidasocial, cultural e deportiva do Liceo, no entorno danosa comarca e do noso Concello. Este era un velloproxecto da Xunta Directiva que por un ou outro moti-vo nunca chegou a poñerse en marcha. Aquel proxec-to faise agora realidade e, como Presidente, é paramin un motivo de grande satisfacción presentar onúmero cero de Alameda que, nun principio, terá perio-dicidade trimestral.

Non é casual que a súa saída sexa neste ano emes: o ano do cincuentenario da morte de Castelao aquen homenaxearemos o mes de Agosto coa repre-sentación de Os vellos non deben de namorarse, acargo dun amplo elenco de xentes de Noia, dirixidaspor Xosé Agrelo; maio, o mes en que se celebra o Diadas Letras Galegas. Nesta Sociedade temos organiza-do moitos anos actividades diversas, tamén o faremoseste coa representación dalgunhas pezas de Calderónde la Barca, no catrocentos aniversario do seu naci-mento, verquidas por primeira vez ao galego. Temostamén unha pequena lembranza para ManuelMurguía, a figura homenaxeada este ano. E nonesqueceremos ás persoas que cultivan as artes plásti-cas: en cada número figurarán traballos da “Escola deGravados Alfonso Costa” da nosa Sociedade. Con istopretendemos inaugurar unha nova etapa, afrontadacon ilusión, e coa confianza da que nos deron mostratodos os socios e socias do Liceo noiés ■

José Moas PazosPresidente da Sociedade Liceo

º 0

EDITA:

Sociedade LiceoAlameda s/n15200 Noia - A CoruñaTef./fax: 981 82 05 35

COORDINADOR:Cándido M. Prego Rajo

CONSELLO DE REDACCIÓN:José Agrelo HermoRamón Carredano CobasMª Antonia Castro PatiñoJosé Ramón García GarcíaPedro García VidalA. Ventura González ArufeAurora Marco LópezXosé Moas Pazos

CAPA:Alfonso Costa

DESEÑO GRÁFICO:Xosé L. Ces Laíño

IMPRESIÓN:Gráficas Sementeira, S. A.Telf.: 981 82 38 55Fax: 981 82 05 35E-mail: [email protected]

DEPÓSITO LEGAL: 1

Page 2: revista alameda nº 0

Con relación a esta sección da nosa revista, anima-mos a todos os socios e socias para que utilicen o"Buzón de suxerencias" que está á súa disposiciónxunto á Conserxería.

A Directiva do Liceo resérvase o dereito de publicaríntegra ou parcialmente as súas cartas ou suxerencias.

Recentemente enviouse unha enquisa a todos osasociados para que mostrasen as súas inquedanzas.Aínda que non se recibiron moitas, as que nos chega-ron coinciden nun desexo: que se deixe de fumar nassalas de TV e de lectura.

O socio nº 5156, Sr. Gómez Bargo, escribe unha carta ó Sr.Presidente da que reproducimos o párrafo terceiro polo seuinterese:

"Estou bastante descontento do funcionamento das invita-cións que se dan para os familiares dos socios, sobre todocando hai programacións nas que se xunta unha gran cantida-de de xente. Paréceme que debe ser intolerable que no salónonde se represente, por exemplo, unha zarzuela, o aforo sexaen términos aproximados dun 60% de invitados e un 40% desocios. E o que me parece xa unha falta de respeto é que, porparte da directiva, se consinta que un socio teña que quedarde pé, ou non poida asistir a un espectáculo, habendo comohai moitas veces máis da metade de persoas que non sonsocios e que, por suposto, non pagan á Sociedade. Por iso,prégolle que tome as medidas necesarias para atallar estassituacións pouco menos que vergonzosas".

Sr. Presidente:

Aínda que este buzón é máis ben para dar suxerencias queredunden en beneficio da nosa Sociedade, permítame, sequerapor unha vez, que exprese unha queixa: ¿por que as autorida-des pertinentes non conceden a licencia para darlle un alto óedificio social? Todo Noia sabe que é esta unha necesidadeurxente pois imos en camiño dos 2.500 socios, centos de xovesdesenvolven apretadamente nas súas instalacións multitude defacetas culturais e deportivas e ducias de persoas maiores inten-tan acomodarse como poden nos seus salóns, e parece que osúnicos que non se enteran son as autoridades tanto daCorporación anterior como da actual. A elevación dunha plantamáis, que non vai contra a lexislación urbanística, é un clamorunánime pero eles arredediós que siga como está. ¿E que é isode que hai que suprimir a terraza se está á liña das escaleirasdo Concello, con permiso legal? ¿Ou é que o Concello tenpatente de corso? ¿Ou será cuestión de cultura, señorPresidente? ¿Ou non será?. Socio nº 2819

SumarioBuzón do socio . . . . . . . . . . 2

Axenda . . . . . . . . . . . . . . . . 3

Seccións . . . . . . . . . . . . . . 6

Tenis

José R. García García

Historia do Liceo . . . . . . . . 9

Ramón Carredano Cobas

Entrevista . . . . . . . . . . . . . 12

Xosé Moas Pazos

Por Pepe da Roca

O ensino en Noia . . . . . . . . 14

José Agrelo Hermo

Xeografía . . . . . . . . . . . . . 17

A Alameda de Noia

Pedro García Vidal

Personaxes . . . . . . . . . . . . 25

Francisco Romero Blanco

Aurora Marco

Historia . . . . . . . . . . . . . . . 31

Memorias do Franquismo

Xerardo Agrafoxo

Cancións de Noia . . . . . . . 33

“Tú que brillas en el cielo”

Prudencio Romo

Colaboracións . . . . . . . . . . 34

Simboloxía xuvenil e liberdade

Anxo Tarrío

Os nosos libros . . . . . . . . . .37

Letras Galegas . . . . . . . . . .39

Manuel Murguia

Rosa das Sebes

2

Buzón do socio

Page 3: revista alameda nº 0

ACTIVIDADES

Seguindo coa liña de outros anos, no presente cursoestanse a impartir no Liceo as seguintes actividades:

Música de guitarraTaekwondoTenis de mesaGaita galegaMantemento físico e aerobicMúsica coralGravadoPintura e DebuxoCulturismoBaile galegoPandeiretaXadrez

A sección de TENIS-MESA cla-sificouse recentemente para xogara fase de ascenso a PrimeiraDivisión. Celebraranse campiona-tos de todas as idades e cursosde formación para os máis xoves.

A sección de XADREZ taménse clasificou para xogar a promo-ción de ascenso á 2ª División.

No próximo mes de agosto,farase unha Exposición de Pinturacos cadros que pintaron os alum-nos durante o curso.

Tamén se vai celebrar nese mesmo mes un Cursiñode Gravado que impartirá o pintor noiés Alfonso Costa,con exposición de traballos realizados no mesmo.

Estase a organizar un Curso Básico de Informática.Está previsto que comence no próximo mes de maio.

Por outra parte, a nosa Coral, ademais de participar

na IIIª Edición do Certame "Vila deMarín", a celebrar nesa vila, fará unintercambio cunha coral de fóra danosa comunidade.

O día 27 de maio próximo, 30membros da Sección de Taekwondodesta Sociedade participarán noTorneo Galego Infantil de Vilalba(Lugo). Tamén neste mes haberáunha exhibición da sección no localsocial.

No mes de xuño 15 competidoresde Taekwondo participarán no TorneoGalego Xunior e Senior.

FESTIVAIS

Pasaron xa os Festivais do Nadale do Entroido con grande afluenciade público nos dous.

Cabe destacar que no Nadal anosaprestixiosa Coral cantou as tra-dicionais panxoliñas, con gran éxito.

3

AxendaCándido M. Prego Rajo

Alumnas da Sección de Aerobic coa súa monitora Ana IsabelAngueira, en segundo lugar

Page 4: revista alameda nº 0

Estamos a programar a festividade de SAN MARCOS.Está previsto a estrea dunha selección de MARUXA acargo da nosa Sección de Zarzuela.

O día 14 de abril estará con nós o contacontosRicardo Barreiro.

O 24 do mesmo mes presentarase na Sociedade oCD "Esta noite hai un serán", no que colabora o Grupode Pandeireteiras do Liceo.

O Grupo de Pandeireteiras da Sociedade obtivo o 3ºPremio de PANDEIRETA no CONCURSO DE MÚSICATRADICIONAL, celebrado en Arteixo o pasado día 9.

En Reis, celebrouse a Cabalgata congolosinas e regalos para os peque-nos.

No Entroido houbo concursos dedisfraces para maiores e pequenos.O xa tradicional Baile do Capón tivolugar, como é costume, o sábado depiñata, con disfraces a propósito dotema que se propón cada ano.Neste, estivo dedicado ós "Contos".Na próxima edición dedicarase a"Unha noite de terror".

4

Alumnos da Sección de Culturismo co seu monitor José M.Agraso en primeiro termo

Alumnas da Sección de Pintura coa súa profesora María ElenaSánchez Barreiro

Page 5: revista alameda nº 0

O día 17 de Maio, Día das Letras Galegas, o GrupoESTRAGÓN da Universidade da Coruña, con motivo docatrocentos aniversario do nacimento de Calderón de laBarca, representará no salón do Liceo dúas obras desteautor traducidas, por primeira vez, ao galego: LasCarnestolendas (O Entroido), burla festiva típica doentroido, e El desafío de Juan Rana (O desafío de XoánSapo), que pon en escena a grande máscara cómica quefoi o personaxe de Juan Rana, neste caso nunha burla eridiculización dos dramas da honra, onde Calderón arrasacon todos os tópicos do machismo e a honra conxugal. Arepresentación completarase con duas pezas breves encastelán: El gallinero, adaptación en verso castelándunha farsa normanda, e o entemés El talego, de LuisQuiñones de Benavente, o millor entremesista do Séculode Ouro.

Convén destacar que o galego era a única línguapeninsular á que este autor non estaba aínda traducido.

VARIOS

Celebrouse na Sociedade o IICAMPIONATO NAVIDEÑO DEDOMINÓ, organizado pola mesma, eno que tomaron parte as melloresparellas da comarca. Resultou cam-piona a formada por José Mª Rilo eIgnacio Carnota.

No transcurso das Festas deNadal expuxo os seus cadros o pin-tor afincado nesta localidade LINOCOSTAS.

É intención da Directiva do Liceopresentar o 16 de maio, con motivodas Letras Galegas, a revista ALA-MEDA que nace nesta primavera2000 con ilusión e co desexo delonga vida.

O 24 de xuño queremos inauguraros terreos deportivos de "Ceilán",coa celebración da tradicional verbe-na de San Xoán.

NOTA: Facemos un chamamentoás casas comerciais que desexenanunciarse nesta revista para que sedirixan, de estaren interesados, áDirectiva do Liceo, que lles informaráao respecto.

5

Sres. Rilo e Carnota, parella gañadora no II CampionatoNavideño de Dominó

17 de maio

Calderón en galego

O Entroidoe

O desafío de Xoán Sapo

Grupo Estragón

Universidade da Coruña

Page 6: revista alameda nº 0

psicolóxicos e físicos que non en tódos os deportesse precisan.

Permite desarrollar diversos recursos e competencia.No plano motor, a súa práctica mellora a destreza, acoordinación, a velocidade, a precisión dos xestos. Noreferente ó aspecto cognitivo, o alumno progresará nasúa capacidade de apreciación da traxectoria, de tomade decisión, de anticipación, de análise do xogo e de

elaboración dunha extratexia. Por último, o desenrolodos recursos afectivos é eficaz no plano da motivación,da oposición e do marcador, da concentración e dodominio de si mesmo. En definitva, o xogador deberácaptar informacións e interpretalas, elixir e tomar unhadecisión, programar unha resposta e executala; todo istonun lapso de tempo moi curto. Así pois, induciráselle aanticiparse tanto máis canto maior sexa o seu nivel deexperiencia.

ógase ó ping-pong en salas, engaraxes, en xardíns,... Está entodas partes. Este xogo é sinó-

nimo de tempo libre que fai referen-cia á convivencia, á diversión, ásociabilidade...

Sen embargo, o tenis de mesa étamén un deporte olímpico. A súa

práctica, que se realiza entón ensalas e pavillóns deportivos, é moiesixente. O xogador de competiciónnecesita unha técnica moi precisa,acompañada por cualidades físicas ementais extraordinarias.

Visto así, o tenis de mesa é undeporte espectacular moi comple-xo con aspectos técnicos, tácticos,

6

SecciónsJosé Ramón García

Ten i s de mesa

S

Page 7: revista alameda nº 0

É un deporte en pleno desenvolvemento, tanto a nivelfederativo como a nivel escolar. A súa estructura e onúmero de clubs e de xogadores medra sen parar.Ademáis, debido á nosa localización xeográfica, estedeporte adáptase perfectamente ás limitacións ás quenos somete o clima.

Unha boa formación técnica é física pode ser deter-minante para que os nenos que se decanten por estedeporte teñan garantías de poder chegar a ser, candomenos, bos xogadores. Por isto, no Liceo de Noia xa haimáis de seis anos que se implantou esta actividade coobxectivo de afianzar este deporte nas distintas categorí-as (escolares, provinciais, rexionais e nacionais).

Naquel momento, José Ramón García (Delegado e

Entrenador da actividade), non se imaxinaba a boa acollidaque ía ter a sección. Hoxe en día, asisten ás clases cercadunha cincuentena de persoas de todas as idades, reparti-das en varios horarios durante toda a semana. Cóntase conequipos en practicamente todas as categorías, desde esco-lares ata divisións nacionais de alto nivel. Celebránse cam-pionatos, ligas, cursos, e unha gran cantidade de actividadesnecesarias para atender a todos os alumnos.

O futuro radica na boa formación dos nenos queentran cada ano. José Ramón García procura aproveitar

tódos os recursos para que os rapa-ces aprendan: proxección de vídeos,xornadas con entrenadores de altonivel (incluso extranxeiros), cursosde formación da Xunta e daFederación, etc...

Nas clases diarias a enseñanzalimítase á aprendizaxe e perfeccio-namento de varios factores: físicos,técnicos, tácticos e psicolóxicos.

Físicos: É un aspecto importantena preparación do xogador. Estedebe ser rápido, preciso, resistente áfatiga... Se non se forma o aspecto

físico, a mente do xogador non rexeigual.

Técnicos: O coñecemento e aboa execución dos golpes é determi-nante. O neno debe ter destreza coapelota (aquí conséguese un bo des-envolvimento motriz do alumno). Porsuposto, o dominio das regras e danormativa, xunto co vocabulario ébásico ■

7

Un grupo de alumnos e xogadores de Tenis de Mesa

Page 8: revista alameda nº 0

ACTIVIDADES DO ANO 2000

Dentro das actividades deste ano tivemos, aparte dasxornadas de liga: Campionato de Nadal SEGUROSOCASO; Desprazamento a Sada de nenos benxamíns,alevíns e infantís a un centro de alto rendemento; Fasesde ascenso do equipo de 3ª División á 2ª DivisiónNacional na localidade de Poio (Pontevedra); e a Fasepreparatoria para o Campionato de España dos equiposda división de Honra (Arteal e Cosaga Ourense) e devarios equipos de 1ª División, celebrado no pavillón doLiceo o pasado sábado día 25 de Marzo.

Dentro das actividades previstas, teremos:

Cuadrangular Vilagarcía, Cambados, Padrón e Noia,

Táctico: O rapaz debe sabertomar decisións dependendo dascaracterísticas de xogo do adversa-rio.

Psicolóxico: Un bo xogador debefacer gala de cualidades tales comoconcentración, dominio dos nervios,combatividade, etc... De feito un xoga-dor, aínda que teña menos destrezaque outro, pode gañar con cualidadespsicolóxicas boas.

En resumo, aínda que este artigopoida ser excesivamente técnico, oobxectivo é reflectir a seriedade coa

que se debe tratar un deporte; undeporte que nun principio ten carac-terísticas máis propias dun xogo (oque é unha ventaxa á hora de iniciaros nenos), pero que, tomado enserio, precisa dunha grande dedica-ción e chega a ser apaixonante.8

Equipos de competición de 2ª e 3ª División Nacional

que este ano toca celebrarse en Noia nas festas de SanMarcos; fase de ascenso do equipo de 2ª División aPrimeira División Nacional, a celebrar nunha cidade espa-ñola aínda sen determinar; Campionato de Verán deTenis de Mesa SOCIEDADE LICEO DE NOIA, que secelebrará nas festas de Agosto de San Bartolomeu;Xornadas de perfeccionamento dos nenos a cargo deentrenadores de alto nivel da Xunta de Galicia, etc...

Page 9: revista alameda nº 0

9

Noyesa", dirixida por D. Julián Lázaro Herce, oficinista de"Talleres Acco", pequena empresa adicada á construc-ción naval. Foi elexido como presidente de honra DonGermán Vidal.

Lucía a xove agrupación un fermoso pendón bordadopolas Srtas. Oliva Brenlla Pestonit e Carmen Blanco-Neu,segundo dibuxo de D. Aurelio de Andrés Moreno. Estefermoso pendón, que foi depositado na casa do presiden-te da agrupación, atópase hoxe na secretaría da

Sociedade, sendo o seu paulatino deterioro, verdadeirapreocupación da actual directiva.

Os éxitos acadados pola "Agrupación"en diversaslocalidades, decidiron a aquel grupo de xoves a bus-car un local fixo onde proseguir os seus ensaios, ideaque foi medrando ata callar na decisión de ir máis alá

En los jardines de Felipe de Castro

Todos los días hay reunión

Allí se juntan los que no trabajan

Murmurando siempre del trabajador

arece ser que estes murmura-dores dos que fala a popularcopla noiesa foron a semente

do que hoxe é a nosa florecenteSociedade Liceo.

No antroido do ano 28 deuse acoñecer ó público a rondalla“Agrupación Artístico-Musical

Historia do LiceoRamón Carredano Cobas

“Agrupación Artístico-Musical Noyesa” (1928)

Page 10: revista alameda nº 0

10e fundar unha sociedade artesana de carácter máishumilde que o “Casino de Caballeros" que xa contabapor aquel entón con 77 anos de existencia.

O 28 de Agosto do ano 1.928, fundouse a SociedadeLiceo, estando a súa primeira directiva formada polosseguintes Srs.: Presidente: D. Luis Rivas Rego; Vice-pre-sidente: D. Manuel Seijas Louro; Secretario: D. MarianoNimo Fuentes; Contador: D. Severo González Rivas;Depositario: D. Angel Abeijon; Vocales: D. Aurelio

Rodríguez Millares, D. Manuel Iglesias Siso, D. BasilioPérez Barbazán e D. José Rego.

A nova sociedade instalouse no piso alto do que eranaquel momento a Ferretería de Rivas, a carón do pazodos Acosta, en cuio baixo está instalada na actualidade aarmería Romaní.

Contaba con 45 asociados que satisfacían unha cuotade dúas pesetas mensuais, co que iniciaron a súa anda-dura, mercándolle ó "Casino de Caballeros" un mobiliariomedianamente usado, pois carecían do máis esencial, xaque a devandita sociedade estaba remozando as súasinstalacións.

Pronto, o local da "Casa de Rivas", foise quedandopequeno debido ó incesante incremento da masa social,polo que tras moitos estudios económicos, trasladouse ácasa propiedade de D. Angel Pérez, sita na Porta da Vila,cuns xardíns e una horta fermosísimos, onde permane-

ceu ata o 31 de Decembro de 1.933,cando o número de socios chegabaxa á increible cifra de 500.

Ante tan singular crecemento, adirectiva decide trasladar de novo asede a un novo local, millor acondi-cionado e con múltiples dependen-cias para as súas actividades cultu-rais e artísticas, mesmo un salón de

baile con capacidade abondo para anova masa social. Tan fermoso localestaba situado na rúa do Comercio epertencera a D. Primitivo TrigoPardiñas, coñecido comerciante dalocalidade, quen tamén construira oColiseo Noela, propiedades ambasas dúas que pasaran recentemente amans do médico da vila D. RamónMariño Neu, e logo propiedade dafamilia Guerra, que instalou, nos bai-xos do edificio a Ferretería Guerra,hoxe desaparecida. Este novo localfoi inaugurado pola Sociedade o día1 de Xaneiro do ano 1.934, e nel per-maneceu ata o 13 de Agosto, pois namadrugada do día 14 do citado mes,un incendio destruiu por completo o

Directivos fundacionais

Page 11: revista alameda nº 0

11

inmoble, perdendo a Sociedade Liceo práctica-mente todas as súas posesións.

Como se fosen símbolos da Sociedade, entreos escasos enseres recuperados do lume, esta-ban o Libro de Socios, como símbolo da forzahumana e o piano, como símbolo da tradiciónmusical que lle dou vida.

Esta desgracia deixou ó Liceo en situaciónmáis que precaria pois á perda de maioría dosenseres, uniuse a baixa masiva de socios que-dando a masa social reducida a 100 socios.

Tras uns días de estancia provisional nun dossalóns do Coliseo Noela ofrecido desinteresada-mente polo Sr. Mariño Neu, deixamos o Liceo ins-talado nun destartalado edificio da Praza do Tapalloitando pola supervivencia e tratando de reorga-nizar a vida social ■

Histórico piano do “Liceo”

Pendón da Agrupación, hoxe no local social

Acta da sesión extraordinaria da XuntaDirectiva de 3 de setembro de 1933,

onde se dá conta do incendio que des-truiu o local social

Page 12: revista alameda nº 0

Presidente desde 1986: 14 anos son moitosanos, ¿Que cambiou no Liceo desde aquelaata hoxe?

Para contestar sinceramente nada mellor quereflexar a realidade con que se atopou estadirectiva: recibimos unha sociedade sen recur-sos económicos, con 700 socios e un edificioen lamentable estado; por non ter, nen tiña otellado arranxado; o regulamento estaba anti-cuado e boa mostra disto é que as mulleres,por exemplo, non podían ser socias.

Primeiro planificamos e programamos un tra-ballo a curto prazo e outro a longo e medioprazo: comezamos facendo un novo regula-mento e afrontamos a reestructuración das ins-talacións financiando estas obras co adianto dacuota social por 5 anos, e máis cun créditohipotecario. Desta forma o local social resultaoperativo para a vida diaria porque consegui-mos unhas instalacións orgullo de todos ossocios e socias que na actualidade alcanzan acifra de 2.600.

Neste momento ¿que representa o Liceo parao pobo de Noia?

Estimo que é un orgullo para todos os noie-ses que poidamos presumir de ter unha dassociedades máis brillantes de toda a comarca,e quizás de toda Galicia, nun pobo da nosaentidade de poboación. E para Noia é unhareferencia cultural e deportiva, na que participamáis do 50% da xente da nosa vila.

Hai quen di que o Liceo no aspecto estricta-mente cultural actúa como un concello para-lelo

osé Moas Pazos, mestrede vocación, político deacción, organizador nato

e, sobre todo, noiés medular aoque ningún problema de Noialle é alleo. Catorce anos aofrente da Directiva daSociedade Liceo, consideradoscomo moi positivos pola inmen-sa maioría dos socios, avalan oseu currículum de infatigábeltraballador da cultura.

12

Entrevista

Pepe da Roca Xosé Moas Pazos

Page 13: revista alameda nº 0

0 Liceo ten unha programción cultural propia,e non trata de competir co concello nen conninguén, aínda que non deixo de recoñecer quea nosa oferta cultural é moi completa. De todosxeitos, creo que o concello ten máis posibilida-des, pois ó confeccionar os orzamentos daseprioridade á partida para cultura. Hoxe xa sesabe que, sen medios económicos, non sepode ofertar e potenciar a cultura.

A sociedade con máis de 2.500 socios quepor nome Liceo é radicalmente culta, taménpor fundación é antielitista. ¿Pode e debeaumentar o número de asociados?

A capacidade actual das instalacións encón-trase case ó límite, aínda que o poñer en fun-cionamento os terreos deportivos de Ceilán, asícomo a nova planta do edificio social que espe-ramos levar a cabo unha vez superados os

atrancos inexplicables que o concello nos estápoñendo –sen razón, na nosa opinión, pois nonexiste especulación nen lucro na obra que que-remos levar a cabo, senón tan soio aumentar aoferta cultural e deportiva–, con esas novas ins-talacións, dicía, creo que a sociedade poderáseguir crecendo con máis socios.

0 vindeiro ano 2003 cumprirase o 75 aniver-sario do Liceo, ¿que proxectos terá remata-dos para aquela?

Esperamos que no 75 ani-versario poidamos ter remata-das as novas instalacións, ehaberá que programar paraese ano actos que deixen gra-bada, na memoria da vila deNoia, unha data tan importantecomo a que vai conmemorarno 2003 a Sociedade Liceo.

A revista Alameda é agora afilla pequena da nosa colecti-vidade, ¿que futuro lle augu-ras?

A idea da directiva é de queesta revista teña longa vida eque vaia acompañada, anotras ano, da oferta cultural dasociedade. Para iso será

imprescindible que nos núme-ros seguintes haxa unha sus-crición masiva de todos ossocios, cunha cuota anual tes-temuñal. En ningún momentoesperamos financiar o custototal da revista con dita suscri-ción ■

13

Page 14: revista alameda nº 0

b) Aceptación dun ideal relixioso nunha escola dialéctica,co fin da sabedoría, entendida como comprensiónracional dos fundamentos relixiosos.

c) Submisión da ciencia e da filosofía á teoloxía, o quesupoñía un control total do ensino por parte da Igrexa.

d) Aceptación da cultura clásica e da lingua latina comopresupostos básicos de toda aprendizaxe

Este entramado ideolóxico concretábase na prácticada escola cun férreo dogmatismo pedagóxico; unhametodoloxía exclusivamente deductiva a través dossiloxismos, e unha mecánica de aprendizaxe casetotalmente memorística e verbalista que atendía máisá letra que ao espírito dos textos.

As escolas

O ámbito deste tipo de ensino é a escola medieval,tan importante como pouco estudiada. Non habería enNoia escolas monacais para a preparación de monxes,nin escolas catedralicias ou episcopais nas que se forma-ban os sacerdotes, nin escolas de cabalería que, nospazos e castelos, educaban os futuros cabaleiros nasprobitates ou virtudes cabaleirescas como a cetrería, aetiqueta, a lealdade, a equitación e a esgrima; pero sitiña que haber unha escola gremial pois as asociaciónsde artesáns, mariñeiros e comerciantes tiñan un enormepulo nesta época e eran totalmente absorbentes, poloque os profesionais non podían medrar fóra dos gremios.O ensino nestas escolas era o tradicional aínda que, polasúa propia esencia, estaban un pouco á marxe da organi-zación escolar eclesiástica. Os alumnos, submetidos a unduro autoritarismo propio deste tempo, tiñan que pasarpor unha serie de etapas escalonadas e sen saltos posí-beis: aprendiz, oficial e mestre. O grao de mestría era oque lle confería ao traballador a capacidade de abrir oseu propio obradoiro e incardinarse no gremio.

Os gremios representan a penetración do espírito declase na vida social e con eles nace o que se denomina-rá clase media ou burguesía –non esquezamos que o rei

Antecedentes: A Idade Media

índa que os primeiros docu-mentos escritos que coñece-mos sobre o ensino en Noia

están datados a comezos doRenacemento (1544), isto non queredicir que na nosa Vila non houbesedurante a Idade Media unha activida-de docente proporcionada á impor-tancia deste burgo establecido porFernando II en 1168.

A situación estratéxica de Noia,que a convertía nun importantísimocentro comercial marítimo e terrestre,a súa íntima vinculación á Mitra com-postelá e, sobre todo, a existencia deimprescindíbel e omnipresenteConfraría de Clérigos da Concepciónque acubillaba os florecentes gre-mios de comerciantes, mareantes eartesáns, esixían unha mínimaestructura académica que preparaseamanuenses, escribanos e notarios,elaboradores de escritos tan necesa-rios como actas, testamentos, foros,compras, vendas, permutas ecesións. Podemos deducir que oensino de Noia estaba nas mans dacitada Confraría de Clérigos, a únicaorganización, naqueles intres, convontade e capacidade para desenvol-ver os ideais de vida que impregna-ban o traballo escolar no medievoeuropeo, a saber:

a) Imprimir á cultura un selo unitariode concepción cristiá en todos oseidos.

14

O ensino en NoiaXosé Agrelo Hermo

Page 15: revista alameda nº 0

Fernando II creou na freguesía de Santa Cristina de Noiaun burgo ao que chamou profeticamente Totum Bonum,isto é, Todo Bo- e esta burguesía necesitará darlles aosseus fillos unha preparación cultural que non lles propor-cionaban as escolas gremiais. De aí xorden as escolasmunicipais, así chamadas porque eran os propiosMunicipios ou Concellos os que as custeaban, recibindocomo contrapartida uns dereitos que posuía a Igrexa,como o de presentación de profesorado e a inspeccióndos centros. Isto, loxicamente, orixina diversos preitos epugnas a pesar de que os primeiros mestres municipaisseguen a ser clérigos, normalmente bachareles. Taménalgúns particulares, titulados académicos ou persoeirosvilegos, fundan as súas propias escolas, orixinando deste

xeito un proceso de secularización do ensino, lento peroprogresivo.

Estas escolas municipais, verdadeiro xérmolo daescola pública, tiñan dúas variedades:

a) Escolas elementais, nas que se aprendía a ler,escribir, contar e rudimentos de latín. Entre os textosmáis usados desde o século XIII está o de Alejandro VillaDei, composto en verso, e a Gramática de Donato, asícomo táboas e silabarios.

b) Escolas de Artes, nas que os alumnos recibíannocións de Gramática e Retórica, unha especie de ensi-no secundario.

Do que si estamos seguros é deque en Noia non existían daquelaescolas superiores (chamadasEstudios Xerais a partir do séculoXII, precursoras das Universidades)para a formación de clérigos ebachareles, pero si en Santiago, quepara o caso era o mesmo, dada aíntima unión entre Compostela e aVila de Noia, que marcou –e seguiráa marcar- os periodos máis florecen-tes da nosa historia no aspectosocio-cultural. Alí os futuros dirixen-tes da nosa comunidade formábanse

nas disciplinas propias de época: oTrivium, que abarcaba as tres artesliberais relativas á elocuencia–Gramática, Retórica e Dialéctica-, eas catro artes matemáticas doCuadrivium –Aritmética, Xeometría,Música e Astroloxía ou Astronomía-.

Así se preparaban os noiesespara entrar con seguridade e orgullona revolución humanística do séculoXVI, nese paso egrexio da Historia,do teocentrismo ao antropocentris-mo, ao que se lle deu en chamarRenacemento ■

15

Page 16: revista alameda nº 0

16

Cruceiro de Eiroa. Rodrigo Martínez Cambeiro.Premio especial “Xoves Artistas Galegos”.

Escola de Gravados “Alfonso Costa”

Page 17: revista alameda nº 0

17

A ALAMEDA DECIMONÓNICA NOIESA. O LEGADO DUNESPACIO PÚBLICO PARA O LECER

As fontes da memoria urbana

a paisaxe actual de calquera cidade ou vila quecomo Noia teña tras de sí un pasado de séculosaparecen múltiples elementos que nos falan dos

diferentes períodos polos que a realidade urbana pasou.Desde os remotos tempos medievais da súa fundaciónata o momento presente, moitas das circunstancias polasque atravesou a vila de Noia ó longo da historia, momen-tos de florecemento e de crise, de apoxeo e devalo, vanquedar impresas na súa imaxe dunha ou doutra forma.Así, na vila que hoxe contemplamos, resultado da muta-ción a través do tempo, imos atopar cunha serie deespacios ou arquitecturas pertencentes a diversas eta-pas históricas que van establecer un diálogo entre omomento en que naceron e o momento actual. Serán asfontes da memoria cidadá, os fitos referenciais do pasa-do. Canto máis significativo sexa o resto, máis intensoserá o lazo de unión entre dito pasado e opresente, máis fluído será o diálogo que seestablece entre o obxecto observado e oobservador, máis poderosas, en fin, serán asimaxes doutro tempo que proxecta na menteda persoa que o contemple. Para calqueracidadán noiés, a vila non se concibe sen apresencia deses documentos visuais dopasado, as probas en pedra dos seusmomentos de esplendor, os fachos que alu-mean a memoria do que fomos. A súa impor-tancia visual, sumada á intensa carga simbó-lica que proxectan, vai convertelos nos fitosreferenciais da vila, nos seus monumentosmáis representativos: Santa María a Nova coseu cimiterio e laudas gremiais, San Martiño,

Casas nobres, Pazos urbanos, etc.Normalmente, ó tratarse de obrasprocedentes dos máis lonxanos ins-tantes da vida urbana, a súa forza epoder de seducción son tan intensosque fai que con frecuencia, inxusta-mente, se minimice a importanciadoutras realizacións da vila de menorantigüidade.

As transformacións dos séculosXIX e XX. Unha nova paisaxe urbana

Recoñecendo esa grande rele-vancia das realizacións urbanas quenos remontan á Noia máis antiga,

XeografíaPedro García Vidal

A Alameda a principios de século. Estamos ante o clásico paseo, un camiñofranqueado de árbores, un espacio verde de considerable extensión onde o

elemento arbóreo vai ser protagonista. Dúas fiadas de árbores non paralelasque converxen cara ó norte enmarcan o amplo salón central. Á dereita apre-

ciase aínda en pé o muro que pechaba a horta dos frailes.

A A lameda dec imonónica

Page 18: revista alameda nº 0

18zando un papel moi destacado na Historia de Galiciadesde 1168 en que se fundara, é o progresivo deteriorodas condicións de vida no seu interior. O obsoleto dassúas construccións, as moi deficientes condicións hixiéni-cas e sanitarias, con parcialidade do sistema de alcanta-rillado, rúas húmidas e faltas de pavimentación, existen-cia de sumidoiros a ceo aberto, permanencia de pozosnegros que había que baleirar periodicamente, galiñeirose cortes no interior das vivendas, son razóns que levanás clases burguesas á búsqueda de solucións para poñerremedio a esta situación.Precisan unha mellora nas con-dicións de vida e unha profunda transformación dosaspectos hixiénicos existentes na vila, pois continuarvivindo nesa situación supoñía un serio perigo que amea-zaba á súa propia existencia. A visita de epidemias nonera infrecuente e o tributo cobrado cando facían apariciónera elevado,dada a facilidade de propagación nun medio

tan propicio. Ante este serio perigo, as autoridades muni-cipais, en definitiva as capas burguesas, levarán a cabounha serie de melloras orientadas a conseguir unhascondicións hixiénicas que dificulten a aparición e propa-gación de enfermidades. Estas melloras van manifestarseen dous aspectos principais. Nun primeiro momento vaiter lugar a elaboración e difusión dunha serie deOrdenanzas para unha mellor hixiene pública, nas que seintenta regular toda unha serie de actuacións que se des-envolven no interior do recinto urbano: limpeza da víapública, escusados, latrinas e sumidoiros, urinarios públi-cos, animais no interior do recinto urbano,....

debemos admitir sen embargo, que éa vila concebida e realizada pola bur-guesía decimonónica a que está pre-sente con máis forza e extensión noespacio urbano noiés, e as súas rea-lizacións alcanzan en conxunto unhanotable calidade. Será naquela vilade Noia de finais do XIX e primeirosanos do XX cando vai ter lugar,desde o punto de vista das realiza-cións urbanas, o grande instante dasúa transformación paisaxística, eserá maioritariamente esa nova pai-saxe urbana a que chegue ata osnosos días. A clase social protago-nista do cambio vai ser a nova bur-guesía industrial, comercial e funcio-

narial, que procedente na súa maiorparte do exterior, vai amosar prefe-rencia por instalarse no núcleo urba-no, co que o vello recinto medievalsofre un incremento de poboaciónque parellamente trae consigo unhademanda de mellores condicións dehabitabilidade no espacio urbano.

Un aspecto a destacar naquelespacio herdado, o vello casco histó-rico amurallado que viñera protagoni-

Os xardíns de Felipe de Castro constitúen un espacio axardiñado-verde claramente diferenciado do paseo que constitúe a Alameda propiamen-te dita. A estatua do escultor Felipe de Castro preside e da nome coa súa presencia a estes xardíns románticos.

Page 19: revista alameda nº 0

19

Acompañando estas medidas vai procederse á realiza-ción dunha serie de obras orientadas á mellora dos servi-cios urbanos: intento de traslado do cimiterio urbano deSanta María a Nova, construcción de matadoiro e prazade abastos, fontes, traída de auga, alcantarillado, empe-drado de rúas, alumeado público,etc.

Igualmente, e con obxecto de adaptar a vila ás novasnecesidades do comercio e o transporte, vai ter lugarunha intensa remodelación da trama viaria herdada.Esta reforma non afecta únicamente ó espacio interiordo recinto urbano, con novas aliñacións de rúas dirixidasa facelas máis anchas e rectiliñas, ou remodelación ten-dente á mellora do seu firme, con traballos de chapacu-ñado ou enlousado de pedra. Simultaneamente a estefeito, tén lugar unha das transformacións que maís radi-calmente influíron no cambio de imaxe da vila de Noia,como é o trazado e construcción das vías de comunica-ción costeiras que bordeando o núcleo facilitan o tránsitoe comunicación de homes e mercadorías da vila entre síe co exterior. Desta maneira, co recheo e posterior cons-trucción dos peiraos e malecóns, xa non vai ser precisoatravesar o núcleo urbano, senón que este será bordea-do por unha vía de comunicación adaptada ós novosmedios de transporte, con todas as ventaxas que iso

supón de cara a unha maior facilida-de de desprazamento.

As obras sucesivas para a cons-trucción dos Malecóns de Cadarso eGasset, e a súa continuación nasrúas da Carreiriña, Porta da Vila ouFerrador van modificar de xeito nota-ble a imaxe da fachada marítima efluvial, así como a totalidade do con-torno terrestre do espacio amuralla-do. Unha das consecuencias do tra-zado destas novas vías, vai ser aconversión da zona norte da vila noseu centro de converxencia, o queunido á construcción da nova estradaa Santiago, que ven sustituír enimportancia ó antigo camiño real ouCorredoira de Afora, vai contribuír aconverter esta zona nun importantenó de comunicacións. Por conseguin-te, a intención de desprazar a estepunto o núcleo de confluencia dasprincipais vías de comunicacióncomarcais, vai facer preciso unha

Plano do Campo de San Francisco de 1882. As novas aliñeacións nel sinaladas darán lugar á futura Alameda e Campo da Feira. A destacar o trazado dasnovas vías de comunicación, xunto coa intención de construír unha praza de abastos no lugar que posteriormente se destinará a levantar a Casa do

Concello, actual instituto Virxe do Mar (1889).

Page 20: revista alameda nº 0

20zona axardiñada-verde para o recreo e solaz dos cida-dáns. Comeza así a perfilarse a idea da creación doespacio público coñecido como Alameda, lugar que vaiconverterse co tempo nun dos elementos máis represen-tativos da nova clase social emerxente, no símbolo quemellor define o seu novo concepto de cidade.

Un feito destacable que facilitou a realización dasreformas proxectadas nesta zona norte da vila foi a dis-ponibilidade de terreos para levalas a cabo. A desamorti-zación de bens eclesiáticos de 1837 puxera nas mans doConcello de Noia unha amplísima extensión de terreo, ocoñecido como Campo de San Francisco, que viña cons-tituíndo as hortas anexas ó edificio relixioso do mesmonome, e que se extendía desde o bordo norte da murallaque pechaba a vila, en contacto directo con ela, ata obarrio de O Calvario. Os franciscanos, procedentes do

lugar de Mosteiro, preto da Ponte de San Francisco,transladáranse á vila no ano 1522 logo de obter o corres-pondente permiso das autoridades municipais, instalán-dose no espacio agrario coñecido como "Agra das Viñas"e foran ampliando os seus dominios arredor do edificiorelixioso no transcurso do tempo.

Estes espacios libres incautados á igrexa e postos enmans dos Concellos destináronse a diferentes usossegundo os lugares. Nalgúns casos parceláronse e foronvendidos a particulares autorizándose a edificación devivendas, coa conseguinte renuncia ás posibles mellorasurbanísticas a favor da especulación, noutros constituíron

profunda transformación de todo oconxunto constituído polas terras queata este momento formaran parte doespacio rural próximo ó recinto amu-rallado como eran as que viñancoñecéndose como Campo de SanFrancisco.

O desexo de crear un espacio pú-blico para o lecer

Ao mesmo tempo, dentro destaprofunda reforma urbana protagoni-zada pola burguesía decimonónicanoiesa, a preocupación de darseunhas mellores condicións de vida, odesexo de facer máis pracenteira a

vida na vila, xunto cos ideais natura-listas e hixienistas que toman pulonestes momentos e que contribúen apoñer de moda a valoración do airelibre e do sol, fan que comece a bulira idea nas capas burguesas dirixen-tes de dotar ó espacio urbano davila de Noia dun lugar para o espare-xemento e descanso, un lugar ondepoder disfrutar da natureza.Proponse a creación dun extensopaseo ben poboado de arboreda,dotar á vila dunha grande e fermosa

Avenida de O Calvario. A construcción da estrada Noia-Muros nos primeiros anos do século XX vai individualizar claramente os espacios da Alamedae Campo da Feira xurdidos dos terrenos agrícolas coñecidos como Campo de San Francisco, antes Agra das Viñas.

Page 21: revista alameda nº 0

21

prazas públicas, mercados, edificios administrativos, etc.Na vila de Noia, o desexo das capas burguesas dirixen-tes, de conseguir unha vila máis humanizada, máis agra-dable para vivir, máis saudable desde o punto de vistahixiénico, e máis fermosa desde o punto de vista estético,vai conducir a convertir a antiga "Agra das Viñas", logoCampo de San Francisco, no que rematará sendo aAlameda e Campo da Feira, o maior e case único espa-cio axardiñado-verde, o máis destacado espacio de lecerco que conta a vila ata a actualidade.

En principio, este espacio que incluso inspiraba certotemor ós habitantes da vila que tiñan que cruzalo ó atar-decer, dada a situación de abandono en que se atopaba,e que posuía unha extensión maior que a actual, poischegaba polo norte ata o que é hoxe o edificio daAxudantía de Marina, vai ser obxecto dunha intensaprantación de árbores, sendo o álamo o elemento vexetal

protagonista. Nos anos 40 e 50 do século XIX e posterio-res vanse realizando sucesivas prantacións e taméncomeza a instalación dos primeiros bancos de pedra. Porestes anos nos Libros de Actas Municipais o nome deAlameda comeza a aparecer alternado coa denominaciónde Parque de San Francisco.

En sesión de 5 de xuño de 1880 as autoridades muni-cipais "dado el estado lamentable del parque de SanFrancisco, parque público de esta villa, se acuerda hacerdiversas modificaciones que embellezcan su aspecto".Desta maneira, a Comisión de Ornato público vai encar-garse de elaborar un proxecto para a mellora deste espa-cio consistente en dotar á vila de Noia dun lugar para opaseo, do que ata ese momento carecía, que contribúade xeito notable á mellora da calidade ambiental donúcleo urbano.

A conversión do Campo de SanFrancisco na Alameda e Campo daFeira

O proxecto, que vai enmarcarsedentro da xeral remodelación viariaque se vai levar a cabo no conxuntoda vila e que afecta fortemente aesta zona norte, fai preciso a elabo-ración dun plano de aliñacións quedelimite os lugares por onde debendiscurrir as futuras rúas así como osespacios edificables. Para iso pre-séntase o plan en sesión do 6 demaio de 1882, que comprende a ali-ñación do Campo de San Francisco,Porta da Vila e Riveiro Grande, quepor encargo da Corporación realizaD. Manuel Carballido, director decamiños veciñais da circunscripciónde Noia. O proxecto é aprobado o 6de abril do ano seguinte. As princi-pais modificacións van ter lugar naPorta da Vila, que adquire un trazadomáis rectilíneo; no espacio compren-dido entre a Porta da Vila e o Espo-lón (hoxe Montero Ríos), limitadopolo sur pola rúa do Rego; e unhaterceira que se refire ó trazado quedeberá seguir a rúa denominadaRiveiro Grande (hoxe rúa doFerrador).

O espacio ocupado pola grandeextensión do Campo de SanFrancisco vai ser obxecto igualmentedun trazado máis regular e rectiliñeo,gañando, sobre todo a Alameda,unha importante extensión de terreoa costa da horta dos frailes. O quenon aparece prantexado nesta pri-meira gran reforma é algún tipo deproposta referida ó trazado e aliña-ción dunha conexión viaria que poñaen contacto de maneira cómoda erápida a zona do Calvario co núcleohistórico, e tampouco o trazado daque constituirá a nova vía aSantiago. Isto será un paso posteriore virá da man do proceso global deapertura de grandes eixos viariosque contribúan a facer de Noia unlugar central dunha extensa comar-

Ata este lugar chegaban inicialmente os terreos do Campo de San Francisco que foranadicados a acoller as feiras periódicas de gando. Posteriormente, este espacio foi conver-tido en Campo de Fútbol municipal por cesión da Corporación ante a petición de varios

socios do Sporting Club o 31 de xullo do 1919.

Page 22: revista alameda nº 0

22do, a Alameda propiamente dita, e por outro, un "salón"axardiñado, de menor extensión, que vai dar lugar ós coñe-cidos como xardíns de Felipe de Castro. No primeiro casoestamos ante o clásico paseo, un camiño franqueado deárbores, un espacio verde de grande extensión onde o ele-mento arbóreo vai ser protagonista, con dúas fiadas deárbores non paralelas que converxen cara ó norte enmar-cando o grande salón central do paseo. No caso do espa-cio axardiñado, son elementos urbanísticos os que predo-minan. Con trazado xeométrico de clara influencia francesa,onde surtidores de auga, parterres, bancos, bordos pétreos,e máis tarde a estatua central que preside o recinto, confi-guran o clásico espacio axardiñado decimonónico.

Como soe ser norma habitual, estes lugares carecende pavimentación, e as árbores máis empregadas parapoboalos foron os álamos, dos que no Campo da Feiraquedan algúns exemplares prantados entón. Tamén seempregan setines, acacias, plátanos,.....

A Alameda. Un espacio de privilexio para a vila de Noia

Ó longo dos anos o espacio público coñecido comoAlameda e Campo da Feira vai sufrir diversas e significa-tivas intervencións que fixeron mudar o proxecto inicial.Entre as máis destacadas: a realización da Avenida doCalvario como parte integrante da nova estrada a Muros;a creación a costa dunha parte do Campo da Feira dunterreo para a práctica do fútbol, logo empregado como

ca. Cando iso suceda, de novo esteespacio do Campo de San Franciscodeberá ser modificado.

O plano do Campo de SanFrancisco do ano 1882 que mostra-mos, constitúe o proxecto de futuropara este espacio cos seus límites ealiñacións, un documento fundamentalpara o coñecemento da reforma quese pretende levar a cabo. Neste pro-xecto inicial concíbese, ademais daaliñación das nacentes vías urbanas, a

creación dun gran espacio público quequedaría dividido en dúas partes prin-cipais. Unha delas estaría destinada aacoller a feira de gando, como xa viñarealizándose desde que no ano 1856se conseguira por concesión real otraslado da mesma desde as proximi-dades da ermita de San Marcos, naparroquia de Santa Cristina de Barro,a este Campo de San Francisco. Aoutra parte, unida á anterior e só dife-renciadas por unha triple fieira deárbores separadoras, concíbese, ásúa vez, compartimentada en dúaszonas. Por un lado, un paseo arbora-

Algunha das reformas proxectadas no tempo para o espacio público da Alameda non sempre foron ben aceptadas pola cidadanía. A pretensiónde colocar uns chafarís de pedra no centro de cada un dos paseos laterais foi fortemente contestada, e o poder político veuse na obriga de reti-

ralos. Na actualidade están colocados diante da fachada do edificio que alberga o instituto Virxe do Mar.

Page 23: revista alameda nº 0

23

dosamente sinada nunha antiestética placa inapropiada-mente colocada sobre os sillares graníticos que confor-man a base do coqueto palco da música de 1950).

Ó igual que sucedeu coa paisaxe edificada, os anosda falta de liberdade supuxeron a introducción de ele-mentos culturais alleos a unha paisaxe atlántica, que vandesde especies arbóreas importadas ata elementos depavimentación propios doutros espacios e culturas, queforon restando personalidade á Alameda nacida no XIX.Hoxe, alterada na súa concepción, invadida na súa intimi-

dade coa presencia de horrendas edificacións de viven-das nos bordos, negativamente modificada a súa estéti-ca, a vella Alameda segue a ser un espacio de privilixiopara a vila de Noia, o lugar de paseo, lecer e encontro,un lugar envexado por aqueles que nos visitan; un lugar,en definitiva, que necesita de novas áreas que o comple-menten e que co seu permanente bulir de xentes pon acotío de manifesto a importancia das zonas axardiñadase verdes no interior dos espacios urbanos de cara a obterunha cada vez máis demandada calidade de vida ■

emprazamento da praza de tourosportátil; a edificación da Casa doConcello, antes cárcere do Partido,sobre o claustro da igrexa de SanFrancisco; a desaparición do muroque pechaba a horta dos frailes pordiante do actual edificio do Concello;a concesión por parte do Concello aun particular do solar que dará lugaró edificio de A Terraza; a prantaciónda fieira central de palmeras; a pavi-

mentación con lousas de chapacuñae rosetón central diante do Concelloe, posteriormente, o enlousado conbaldosas cerámicas dos paseos late-rais; a creación do Parque infantil;etc, etc. En moitos casos, as refor-mas realizáronse respectando a per-sonalidade e carácter con que estesingular espacio fora impregnadopola burguesía decimonónica, nou-tros as mesmas foron levadas a cabocun total descoñecemento da súarealidade histórica e cun importantedesprecio ó seu pasado (por certo,somentes a última das múltiplesreformas realizadas aparece fachen-

A "moda" que nos anos 60-70 ocultou tras baldosas cerámicas magníficas fachadas en pedra –arquitectura de cuarto de baño– contaxiou igual-mente ás autoridades locais e fixo que o espacio da Alameda se pavimentara con este material alleo á tradición de enlousado en granito, habi-

tual no espacio histórico. Xunto coas palmeras é unha contribución á mediterranización da paisaxe atlántica tan na liña de desprecio do propiodos anos da dictadura.

Page 24: revista alameda nº 0

24

Gravado de Ana CambeiroEscola de Gravados “Alfonso Costa”

Page 25: revista alameda nº 0

25

o último terzo do século XIX e comezos do XX,unha figura sobrancea no panorama científicoe cultural galego. Consagrado ao estudo da

Anatomia, os seus traballos traspasaron o Padornelo eaté a imprensa de Nova Iorque se fixo eco deles. Mais asua intensa e frutícfera actividade non se limitou só aoestudo da Anatomia: a filosofia, a antropoloxia, a litera-tura, a educación da muller, entre outros, foron temasque abordou en publicacións ou conferéncias. Estou-mea referir a FRANCISCO ROMERO BLANCO, catedráticodurante moitos anos de Anatomia Xeral e Descritiva daFaculdade de Medicina da Universidade de Santiago,tres veces Reitor desta institución, senador en repre-sentación da mesma en 1896, escritor, publicista...Nesta semblanza inaugural dunha série de colabora-cións sobre personaxes de Noia ou do seu entorno paraa revista ALAMEDA, oferezo dados, rigorosamenteinéditos, sobre tan destacada personalidade.

VIDA

No lugar do Vilar, parróquia deSan Pedro de Tállara, concello deLousame, arciprestazgo dePostmarcos de Arriba, naceu àscinco da mañá do 21 de outubro de1838 Francisco Romero Blanco, fillode Ramón Romero Malvárez e deDominga Blanco Campos, do lugarde Vilar, de tan gratas lembranzaspara o futuro escritor, que recriarialiterariamente en diversos textos. Osprimeiros estudos realiza-os naescola pública da parróquia Capitaldo Concello Constitucional de SanXoán de Lousame, a cargo do mes-tre titular de instrución primáriaAndrés Esmit. De 1852 a 1854segue os cursos 1º e 2º de latin cunprofesor da vila de Noia, o Preceptorde Latinidade, António SuárezEsparza. Posteriormente, de 1859 a1859, fai os estudos de 2º ensino noInstituto de Santiago (agregado,naquela altura, à Universidade) eobtén o grau de Bacharel en Artes o27 de xuño de 1859, coa calificaciónde Sobresaliente. Ainda que ensetembro deste ano 59 se matriculoude 1º curso de Teoloxia, abandonouestes estudos polos de Medicina,que foi a sua verdadeira vocación eque concluiu brillantemente.Recebeu o grau de Bacharel enMedicina e Cirurxia o 19 de xuño de

PersonaxesAurora Marco

Fotografia reproducida de El Eco de Galicia de Buenos Aires, 1897

Franc i sco Romero B lanco

Page 26: revista alameda nº 0

26da docéncia no mesmo centro en que cursara estudos.En 1868 foi nomeado Auxiliar polo Claustro da Faculdadede Medicina con destino à cátedra de Osteoloxia eDisección, 1º e 2º cursos; o 19 de xaneiro de 1869, oMinistro de Fomentou nomeou-no Catedrático en comi-sión de Anatomia Xeral e Descritiva, 2º curso, à que ace-deria, en calidade de numerário e prévia oposición, o 1de xuño de 1872. Aquela cátedra foi moi disputada entredous opositores. As crónicas da imprensa lembran osexercícios, no célebre coléxio de Fonseca, durante catromeses e cuxa vitória obtivo o que os escolares, con certotemor e admiración, chamaban o Anatómico Romero

Blanco. O tribunal de Anatomia de Romero foi sempre otamiz dos estudantes de Medicina: o que del saía apro-bado, xa era médico.

Mestre de moitas xeracións, Romero Blanco permane-ceu naquela cátedra até 1916, ultrapasada com moito aidade de xubilación regulamentária aos 70 anos (1908), etras a solicitude de continuar no desempeño de tal cometi-do. Alguns dos seus discípulos (Alfonso Cerdeira, porexemplo), teñen evocado, en emocionados artigos, a suafigura e as suas clases: "impregnadas dun sentido filosófi-co-práctico, dadas perante un esquelete ou cadáver,naquela aula memorábel de "Fonseca Compostelana",que, xa vella e maltreita, fixo conceber na mente de

1863, coa calificación deSobresaliente e o de Licenciado namesma o 20 de xuño de 1865, conPrémio Extraordinário. Só un anomáis tarde (o 12 de xuño de 1866)pasou os exercícios para a obten-ción do grau de Doutor, naUniversidade de Madrid, e foi investi-do con tal grau o 10 de xuño de1867.

Esta brillante carreira académicaque concluiu coa obtención do máxi-mo grau, o de doutoramento, xa seiniciara nos seus tempos de estudan-te na faculdade compostelana: nocurso 1860 a 1861, pola sua " gran-de aplicación e especial aproveita-mento", a Xunta de Faculdade deMedicina outorgou-lle un prémio con-sistente na obra Repertorio médicoextranjero. Por outra parte, debeuser aluno moi distinguido en diversasmatérias (Patoloxia Xeral,Obstetrícia, Patoloxia Médica,Clínicas Médica e Cirúrxica 1º e 2ºcursos, Clínica de Obstetrícia,Hixiene Pública e Medicina Legal eToxicoloxia) porque en todas obtivo odenominado "prémio ordinário".

Mentres cursaba a carreira, edurante alguns meses (desde outubrode 1861 a xaneiro de 1862) foi nome-ado polo Reitor Axudante interino deDisección, posto que desempeñou,segundo ofício da citada autoridade,con "celo e intelixéncia, o que lle ser-virá de mérito para o sucesivo". Domesmo xeito, e prévia oposición –obti-vo o primeiro lugar entre moitos oposi-tores–, foi nomeado o 18 de decem-bro de 1862 aluno interno do HospitalClínico. Tomou posesión o 21 domesmo mes e desempeñou o cargoaté 1865, data en que recebeu ainvestidura do grau de licenciado.

Esta exitosa carreira academicativo a sua saída natural: o exercício

Fotografia reproducida de Boletín de la Real Acadmia Gallega, nº 128, 1919

Page 27: revista alameda nº 0

27

Romero Blanco a ideia de erguer sobre os seus cimentosunha obra arquitectónica que na praza do Hospital fosehonra do século XIX". No labor docente, e durante anos,pasaba moitas horas do dia no anfiteatro da faculdade,onde el mesmo facia as preparacións anatómicas destina-das ao ensino da matéria ou para o Museo Anatómico(conservadas en alcool ou desecadas. Isto lle valeu uninforme do Reitor à Dirección de Instrucción Pública,facendo constar tal extremo e destacando "a sua laboriosi-dade e afición à ciéncia"). Unha destas preparacións natu-rais foi premiada, coa Medalla de Prata, na ExposiciónRexional de Galiza de 1874.

Este labor profisional e os profundos coñecimentos damatéria que ensinaba proxectaron-se en moitas publica-ciones que, a seguir, referirei, às que cumpre engadir

outras actividades dentro da carreira profisional. Por tresveces ocupou o Reitorado da Universidade de Santiago:a primeira desde xuño de 1891 a marzo de 1893; asegunda de febreiro de 1896 a decembro de 1897 e aterceira en 1900, sen poder precisar cando finalizou esteterceiro mandato. O 26 de abril de 1896 fora elexidosenador pola Universidade de Santiago.

Ainda que lle correspondia xubilar-se en 1908, autorizou-se-lle a continuar no servizo activo do ensino por encontrar-se coa aptitude física e intelectual necesária (segundo ofícioremitido o 18 de xaneiro de 1909 ao Ministério deInstrucción Pública e Belas Artes). O decano da Faculdade

de Medicina (Ángel Mª de la Riva)manifesta entón que "constituiria unhaperda irreparábel dada a sua compe-téncia na ciéncia histórica, e as suascondicións excepcionais para transmitiraos seus alunos". Porén, oito anosdepois, instrui-se expediente de aptitu-de física e, após o preceptivo recoñeci-mento médico e as testemuñas decompañeiros de profisión e alunosque sinalan, a maioria dos chamadosa declarar, as frecuentes auséncias

por motivos de saúde –era substitui-do, entre outros, por un noiés ilustre,Alejandro Rodríguez Cadarso–, oseu camiñar lento e dificultoso, a voz

apagada que apenas permitia serouvido, etc., o 14 de agosto de 1916solicita a xubilación que consta ofi-cialmente o dia 21 de setembro domesmo ano.

Francisco Romero Blanco morreuo 21 de novembro de 1918 (CouceiroFreixomil dá como data do seu faleci-mento o 22). Por motivo da suamorte, o tamén catedrático deAnatomia da Faculdade de Medicina

Nun pátio de Fonseca, Faculdade de Medicina de Compostela, grupo de estudantes do curso de Castelao (1), co catedrático Romero Blanco (2).(Reproducida de A Nosa Terra histórica, nº 474, Dia de Galiza de 1950)

Page 28: revista alameda nº 0

28PUBLICACIÓN DE OBRAS CIENTIFÍCAS

Escrebeu moito Romero Blanco ainda que non todasas suas producións viron a luz. Utilizou en ocasións oseudónimo "Franrobla". Ademais de numerosos artigos,científicos a maior parte, en revistas como Siglo médico,Genio médico quirúrgico, Revista de las provincias,Revista de España, ou en xornais como El Imparcial,publicou vários libros e folletos:

De la Medicina, considerada como ciencia y como arte(Madrid, 1867)

Tratado de Angioneurología o sistemas vascular y ner-vioso considerados paralelamente en su parte anatómico-filosófica (Santiago, 1869)

Ensayo de angiología anormal. Casos de notable ano-malía del sistema vascular (Santiago, 1875)

Programa detallado de Anatomía humana normal yfisiológica (Anatomía descriptiva y general, 1º curso)(Santiago, 1876)

Filosofía popular. La herencia del primer pecadosegún la ciencia (1877)

La herencia simia del hombre (Santiago, 1877)

Filosofía popular. La herencia del primer pecadosegún la ciencia y la carta de un cura (Santiago, 1877)

Programa de Anatomía humana normal y fisiológica (general y descriptiva, 1º y 2º curso) (Santiago, 1884)

La Vida en todas sus manifestaciones (Santiago,1981). Discurso inaugural lido na Universidade deSantiago durante a solene inaguración do curso académi-co 1891-1892.

La Mano (Santiago, 1892). Resumo de duas conferén-cias pronunuciadas no Recreo Artístico de Santiago.

Deixou inéditos: Un programa razonado de Anatomíahumana normal y fidiológica. Fuentes de conocimiento ymétodo de enseñanza; Tratado de Osteología normal;Anatomía en general: de la ciencia anatómica al alcancede todos (do que publicara xa alguns artigos en revistase xornais porque entendia que estes coñecimentosdebian ser de cultura xeral); La Ciencia y la Religión;numerosos artigos sobre cuestións de Anatomía e unabundante conxunto de Observaciones tomadas al ladodel cadáver.

de Santiago e escritor, Juan BarciaCaballero, publica no Boletín de laReal Academia Galega, un artigonecrolóxico onde di: "a sua intelixén-cia, aguda e sutil, de firme e seguroraciocínio, apaixonado do por que epara que, tiña verdadeira obsesiónpor estudiar a vida, esta síntese detodas as funcións, esta funciónúnica, este grande mistério que nosrodea, que nos envolve e que nosacompaña desde o berce até osepulcro. (...) Sendo como era anató-mico consumado, ainda era máis filó-sofo".

Alén da sua intensa dedicación aocampo da docéncia e a investiga-ción, desenvolveu unha actividadeincesante noutros campos. FoiRomero Blanco, como outros moitosgalegos profisionais da Medicina, unverdadeiro médico humanista.Pertencia a numerosas sociedades:

O 29 de decembro de 1867 foinomeado polo Governador da provín-cia Vocal da Xunta Municipal deBeneficéncia do distrito de Lousamepara o biénio 1868-1869. Actuoucomo médico no recoñecimento dequintos nos concellos de Lousame eNoia e sobretodo en camas criminaisno Xulgado de Noia. Actuou comoperito en recoñecimentos e análisesmédico-legais.

O 20 de xuño de 1891 foi nomea-do Sócio Corresponsal da RealAcadémia de Medicina de Madrid, enatención ao mérito dunha Memóriasobre as Transaccións orgánicas. EnSantiago foi, asimesmo, membro daBénefica Asociación da CruzVermella; indivíduo da SociedadeProtectora dos intereses deSantiago; sócio da SociedadeEconómica de Amigos do País. Foiun dos cuarenta membros que, en1906, fundaron a Académia Galega.

Page 29: revista alameda nº 0

29

PERFECCIONAMENTO DE MÉTODOS E DESCUBRI-MENTOS CIENTÍFICOS

Romero Blanco perfeccionou o método de conserva-ción dos cartílagos costais e das suas articulacións coesternón e as costelas, e o de conservación dos discosintervertebrais dando ao conxunto do seu procedimentoun carácter próprio.

Foi autor dun Compás anatómico de grandes dimen-sións que permitia apreciar todo o espesor dun corpo,desde un milímetro até perto de dous metros.

Formulou a Lei de transacciónorgánica, premiada pola RealAcadémia de Medicina de Madrid, demoita aplicación ao estudo daAnatomia.

O CULTIVO LITERÁRIO EOUTRAS ACTIVIDADES CULTU-RAIS

Na década dos 70 e 80 tivo unprotagonismo destacado na vidasocial compostelana onde pronun-ciou numerosas conferéncias eimpartiu cursos en diversos centrosculturais e artísticos:

- No Ateneo da SociedadeEconómica de Amigos do País,nos cursos 1872-1973 e 1873-1874 explicou licións deAntropoloxia.

- En 1881 e 1882 tomou parte nasveladas literárias do Circo Recreoonde leu traballos literários da suaautoria, en galego, e deu váriasconferéncias sobre a "Educaciónda muller".

- En marzo de 1881 foi nomeadopolo Reitor, por acordo do claus-tro, membro da comisión executi-va encargada de celebrar osegundo centenário de Calderónde la Barca. En calidade de tal,formou parte do xurado que tiñaque examinar as composicións(en língua galega) que optabanao prémio convocado a tal efeito,sobre o tema "Apoteose deCalderón". Pronunciou o discursoen loubanza de Calderón o dia dasesión solene de comemoracióndo segundo centenário.

- Tamén nos anos 1881 e 1882 foiPresidente da Sección deMedicina do Ateneo EscolarGalego e ali impartiu numerosas

Debuxo de Alfonso Costa feito especialmente para o traballo

Page 30: revista alameda nº 0

a lembranza nostálxica daqueles anos de xogos, de ami-zades, de personaxes queridas: "Coscorro", o zapateirocon que ía pescar troitas ao rio Tállara, desde a Ponte deSan Francisco até Cernande; Marica de Landeiras, acompañeira de xogos que cantaba fermosas coplas. Eestá tamén o canto apaixonado à paisaxe natal, cheo dequentor e entusiasmo: "Vilar, a miña pequena e queridaaldea, aquel Vilar das miñas gratas lembranzas",Abelendo, o piñeiral de Soa-agra, Merelle, Lidón, nocúmio do alto Barbanza, Noceda, Sabuceda. E a Chaínzaco seu carballo, onde se reunian, ao dicer de RomeroBlanco, as bruxas e meigas polo San Xoán, "a árbore deGuernica das bruxas e xente murmuradora de Noia".

E no primeiro dos contos citados unha explicatio nonpedida. Na primeira parte de Mariquiña e eu manifesta oseu amor à língua galega, a que aprendeu no berce porboca da sua nai e que algunha vez esqueceu:

"... porque non acougo de contento cando pra ben danosa lingua se fala. ¡Miña xoia¡ ¡Muito lle quero, muito llesquero a aquelas palabras feiticeiras, aquelas que miña naime dixo e me enseñou a falar no berce! Ainda me acordocomo se fora hoxe que, dimpois de chamar polo cocón, osarronco e outras cousas que me poñían medo, cantába-me aquela copra, ou cousa como ela, que di:

¡Heeeeera, hera meniiño,que están as papas no cacoroliño!E outras cousas así, tan doces como os bicos dunha nai. (...)Non podo calar porque tamén o que da nosa fala

escrebedes é pra min unha lembranza da historia deMariquiña, que é a miña historia. Hoxe vola conto con dordo meu corazón; con dor, sí, porque me esquecín algun-ha ves da nosa fala, e pésame do feito".

Finalizo esta lembranza cunha referéncia a Noia quefigura en El zapatero de Noya, publicado por primeiravez en El Heraldo Gallego. Ao se referir à vila noiesa dique é un povo artista, povo de verbenas, povo que cantae pon alcumes (inxeniosos, non ofensivos). Este povo tenun tipo: o zapateiro, artista tamén, cuxa vida evoca. Falaasimesmo das rapazas labradoras do Obre, Taramancos,Argalo, Sobreviñas, Tállara, Lousame, Coto, SantaCristina, que cantaban moi ben no monte, ao igual que ofacian na Corredoira a muller de Narciso (o grande bar-beiro de Noia) e as suas amigas.

Unha personalidade relevante a de Romero Blancoque merece un estudo demorado e a recopilación da suaobra literária ■

30conferéncias sobre cuestións deAnatomia.

- En 1889 deu conferéncias noRecreo Artístico da cidade sobreLa Mano, que maís tarde viron aluz en forma de publicación(1892).

Na escasa e incompleta bibliogra-fia que existe sobre este escritor,citan-se sempre o conto Mariquiña eeu (reproducido, cando menos, encatro diferentes publicacións) e, nal-gunha publicación concreta, engade-se un conto máis: Un amor que matae outro que da vida. Sen ser estesdados inexactos, son, desde logo,incompletos. Romero Blanco escre-beu en prosa e verso, en castellano een galego. Colaborou en numerosarevistas e xornais: El Alcance, Gacetade Galicia, Fin del Siglo, El Eco deSantiago (citadas sempre na biblio-grafia por quen se ocupou desta per-sonalidade) mais tamén colaborou enEl Heraldo Gallego, RevistaCompostelana, Revista contemporá-nea, Revista de Galicia (que dirixiaEmília Pardo Bazán), en Galicia,revista Regional (que dirixia MartínezSalazar).

Alén dos dous traballos citados,foi autor de outros textos literáriospublicados en revistas e xornais: Ooutono e as follas do millo; A morteda miña nai; A cama do Santo; Amiña Pilariña; A pedra da Xerpe;Máis bonito é Lidón; Lágrimas y llan-to; El zapatero de Noya.

É autor da carta-prólogo que figu-ra no libro de Lisardo Barreiro, omédico e farmacéutico noiés afinca-do en Vilagarcia, Muestras sin valor(1884).

Un denominador comun na maio-ria destes textos: a evocación dainfáncia nas terras que o viron nacer,

Page 31: revista alameda nº 0

31

unha investigación a medio camiño entre a con-stante búsqueda de documentos referidos a unhaépoca tan significativa e a delimitación dos temas

a tratar dentro da configuración sociopolítica que seintenta reflectir, este artigo pretende determinar aquelespuntos que nunha primeira visión de conxunto serántratados con amplitude nun libro sobre a Dictadura fran-quista na comarca do Barbanza e a ría de Muros e Noia.

Nun principio, chama a atención a existencia de docu-mentos sobre a chegada ás vilas dos soldados proce-dentes das trincheiras e as frías estadísticas sobre oshomes feridos ou caídos no campo de batalla e queensombrecen unha vida xa de por sí difícil, ó estar domi-nadas polo racionamento e a fame, a vixilancia a queeran sometidas determinadas persoas pola Falanxe e osorganismos creados para evitar todo tipo de disidencias.A guerra rematara en abril do 39, pero a represión darásalvaxes coletazos segando a vida de varias persoas. Talsucederá co asasinato de Avelino Méndez “0 Asturiano”(abril do 39) na aldea de Afeosa (Lousame), o homicidiode Manuela Martínez Iglesias (1943) nas minas de wol-fram en San Finx e a execución do prófugo Isidro Núñez(1946) en Maxide (Lousame).

No medio desta atmósfera represiva, a vida diaria dosconcellos estará dirixida por uns alcaldes que a inten-tarán gobernar seguindo as directrices trazadas polasnovas autoridades militares, mentras a poboación échamada a sacrificarse ante as penalidades económicasdo momento e os actos programados para continuar coespírito de apoio ó réxime xurdido do golpe de Estado do36. Na vila de Noia, durante os dez primeiros anos deFRANQUISMO sucederánse cinco alcaldes (Luis RivasRego, Daniel Paradela, José López Pérez, Juan PérezPérez e Pedro Sáez), mentras que no concello deLousame a figura de Ramón López presidiría o gobernomunicipal desde os comenzos da guerra ata o ano 1952no que será sustituido por Florindo Neu.

Varios acontecementos de distintosignificado sucederánse nestes dousconcellos durante as décadas doscorenta e cincoenta. A destacar demodo especial a visita de Franco áRía no ano 1946, non saíndo dobarco ancorado diante do peirao doTestal, seguramente como “represaliaemocional” á actitude de rebeldíadispensada por estes concellos ónon abrazar desde un primeiromomento a proclamación do estadode guerra; tamén merecensobrancearse as homenaxes cele-bradas nesta época (1942, 1944 e1948) ós “héroes noieses” doBaleares, afundido nas augas doMediterráneo pola escadra republi-cana en medio da guerra civil (marzode 1938). De modo peculiar a investi-gación atopou unha curiosa informa-ción sobre o agasallo que o concellode Lousame lle tributou a EvaDuarte, cando a primeira dama ar-xentina visitou Santiago deCompostela no ano 1947; todo unintento das autoridades locais desumarse ó carro das homenaxes erecibimentos extraordinarios que amuller de Domingo Perón tivo entodo o seu percorrido pola Españafascista.

Nun intento de aproximarse a ou-tras realidades con maior impactolocal trataranse en dous capítulosdiferentes a morte de Dona LucíaRomero Molezún (1948) -ainda pre-sente na historia local de Noia através das manipulacións a que está

HistoriaXerado Agrafoxo

Memorias do Franquismo

Page 32: revista alameda nº 0

32cello ata as primeiras eleccións municipais que gañará oPartido Socialista Obrero Español que liderará XesúsDiaz Fornas. Nunha aproximación detida, a este períododos derradeiros anos do FRANQUISMO, ademais deanalizarse a dimensión política, mercé as decisiónstomadas en diferentes ámbitos, destaca nesta época avisita realizada ó Pazo de Meirás (1966) pola corporaciónpara entregarlle unha medalla a Franco, que uns anosantes visitara coa súa dona a igrexa de Santa María ANova, onde Dona Carmen mostrara as preferencias polapía bautismal de talla soberbia que alí se conserva, e dacal o alcalde ordeou realizar unha copia para salva-loorixinal.

Tres acontecementos necrolóxicos distinguiransenestes anos do mandato de Antonio Busto, á marxe dasúa tarefa politica: o “caso metílico” que traerá a morte avarias familias noiesas; o falecemento da poeta María

Mariño (1967) nas terras do Courel e a aparición docadavre do “maquis” Ramón Rodrí guez “Varela” na pro-ximidade das terras de Santiago, logo dunha activaresistencia ó franquismo nas comarcas do Barbanza einterior de Galicia durante a década dos coarenta.

En Lousame, Tomé Fuentes será sucedido na alcaldiapor Jesús García-Argüelles Martínez (1967-1972) eReimundo Videla Rodríquez, mandatario no gabinetemunicipal desde 1972 ata a democracia.

A homenaxe ó dragaminas Tambre (1972), a morte dodirector de cine Claudio Guerín na praza do Tapal (1972),o nacemento da revista Tapal, o “milagre” do grupoteatral Candea, e outros acontecementos de tipoeconómico, cultural, urbanista e democráticos, comple-tarán o cadro dunha época tan determinante polo atrasoque comportou para un futuro aínda con sombras ■

sometida a Fundación RomeroMolezún, xurdida logo da mortedesta muller- e o pasamento doVizconde de San Alberto (1948) quedoou a Noia os terreos do antigoCampo de Fútbol.

Un ano despois de celebrarsepolas rúas da vila de Noia unhaespectacular homenaxe ó almiranteCadarso (1948), ocupará a presiden-cia do goberno noiés o avogado efundador da Falanxe local ManuelBlanco Ons, cuia tarefa nos dez anosde mandato será analizada a travésdas actas municipais, os seus ban-dos e a información aparecida nosxornais sobre esta época, na queNoia votou a favor doReferendum de Sucesión noano 1947 e contemplou o pasopola vila dun ministro deFranco, o Conde de Vallellano(1951).

Será no mandato de BlancoOns e no de Florindo Neu enLousame, cando se produzapor enésima vez o intentonoiés de asimila-lo concelloveciño, o que será rexeitadomanifestamente para evitarunha absorción que sempre aconsideraron cunha teimaexcesivamente acaparadora.

A Blanco Ons sucederálle áfronte da alcaldia local AndrésCaamaño (1954-1964), mentras enLousame o relevo de F. Neu non seproducirá ata que chegue ó gobernomunicipal Tomé Fuentes (1964-1969). Nun primeiro repaso dosacontecementos desta época os xor-nais destacan o accidente aéreo enBarajas (1957) onde falece un noiés,e a visita á vila do expresidente deCuba Prio Socarrás (1960) comoresposta a unha invitación do comer-ciante da localidade Severo Loroño.

A Andrés Caamaño sucedero naalcaldia de Noia o farmacéuticoAntonio Busto Rodríquez que desdeo ano 1964 estará ó mando do con-

Page 33: revista alameda nº 0

33

Luna luna

hermosa y cándida luna

oye mi canto de amor.

tú que brillas en el cielo.

¡Oh luna clara y hermosa!

¡oh que noche silenciosa!

tú mitigas, tú mitigas

mi dolor.

canción “Tú que brillasen el cielo”, foi elexidaentre moitas para abrir

esta sección dedicada a can-cións noiesas que iremos recu-perando e editando.

Descoñécese o autor, aíndaque sabemos que é dosprimeiros anos do século XX,ou finais do XIX.

A crenza de que é xenuina-mente noiesa, apóiase no feitode que non aparece en ningúndos cancioneiros que hoxetanto se editan, con canciónsque se cantaban ou cantan endistintos pobos de España.

En Galicia, e nalgúns pobos,segue moi arraigada a tradiciónque nos legaron os rondadoresnocturnos que rompían o silen-cio da noite con queixas de

Cancións de NoiaPrudencio Romo

amor, e melodías coma a que, nesta ocasión, pre-sentamos.

Como estas cantigas eran sempre acom-pañadas á guitarra, poñemos o cifrado deacordes para o seu acompañamento con esteinstrumento ■.

Tú que brillas en el cielo

Page 34: revista alameda nº 0

34

o asasinato dun rapaz licenciado enEconómicas que tocaba a batería nun grupomusical de Ermua (eu resístome a poñer pordiante a súa –por outra parte insignificante–condición política de concelleiro dunha pequenae case descoñecida vila euskalduna). Tratareide explicarme o mellor que poida nunhacuestión delicada na que é doado desenfocarou mistificar os feitos.

Por unha banda, cómpre partir da base dealgo xa ben recoñecido e comprobado: a condi-ción de simple espectadora que define ásociedade occidental do último tercio do séculoxx. A (in)cultura do consumo, no seu exacerva-mento, multiplicado polos avances tecnolóxicos,propiciou unha gran pasividade que converteu acada individuo, en particular, e a case toda acomunidade, en xeral, en suxeitos ávidos deconsumir calquera cousa, incluído moi especial-mente o ocio pasivo e o espectáculo, a cal-quera precio. E neste proceso interesa sobretodo ver o comportamento da infancia e daxuventude. En canto á primeira, é doado apre-ciar a falta de actividade lúdica xerada por elamesma, debido a que xa non tén que fabricaros seus propios xoguetes, que lle veñen servi-dos en serie e a precios ben asequíbeis, nin seractora, improvisadora e transformadora dosseus xogos, pois todo está baixo a supervisióndos maiores. En contraste coa infancia de haiunhas décadas, que ainda recibía por trans-misión familiar e social unhas habelencias quelle permitían encher creativamente o seu propiotempo lúdico, a infancia de agora está eivadapolas programacións que se lles deseñan

on puntualmente, pero sifundamentalmente, foi apartir daquelas

dolorosas xornadas e mani-festacións de 1997 durante asque se intentou evitar,primeiro, e denunciar, despois,a morte de Miguel-AngelBlanco Garrido a mans deETA, cando se rexistraronaspectos moi positivos queforon aplaudidos caseunanimemente (houbo unspoucos silencios –algúnsatronadores– mesmo enGalicia) polos creadores deopinión dos medios ao sereferiren aos bos síntomas desaúde democrática quesupuxeron aquelas mobi-lizacións sociais contra aactuación criminal da bandaasasina que está a arruinarEuskal Herria e contra o(s)partido(s) que a apoia(n).Aínda que xa pasaron tresanos e puidera parecer quetodo aquilo é auga pasada,gustaríame insistir en quehoubo algo naquel momentono que coido que non sereparou suficientemente e quequizais, dado que continúan osatentados, supoña o matizcualitativo máis importantedesta nova era a que deu paso

Colaboracións

Simboloxía xuvenil e liberdadeAnxo Tarrío Varela

Page 35: revista alameda nº 0

35

dende o mercado e das que as últimas, peronon derradeiras, son eses videoxogos, traumati-zantes polo inmobilismo que conlevan e mesmopor veces, anque sexan excepcións patolóxi-cas, pola violencia real a que poden inducir,como se puido ver estes días pasados con eseadolescente que matou a súa familia.

En canto á xuventude, podemos case dicir omesmo: na súa xeralidade, xa non sabe vivirsen diñeiro no peto porque tén que compralotodo, en lugar de organizar o seu divertimentoaproveitando o potencial creativo que encerra

en si mesma. 0 fenómeno dos “concertos” decantantes de moda é ben significativo: miles demozos e de mozas son quen de pasar horas emáis horas, acurrados como gando, mirandopara un escenario no que se lles ofrece unabano moi reducido de ritmos e de músicas, así

como letras que transmitenunhas propostas ideolóxicasmoitas veces xera-das por indi-viduos, totalmente indixentesdende o punto de vista cultur-al, que se erixen en guieirosdo “pensamento” xuvenil polosimple feito de pertenceren agrupos de moda. Deste xeito,a filosofía da vida dun adoles-cente occidental pode estarcompendiada toda ela nunhascantas letras de canciónsescritas por uns poucosrapaces e rapazas que decid-iron formar un grupo musical.

Outro fenómeno novo quepodemos enfiar nesta mesmatendencia é a masiva incorpo-ración da infancia e da xuven-tude (agora tamén feminina)ao espectáculo do futboldominical e vespertino, algoque antes (dende logo con evi-dente e inxusta discriminación)só estaba previsto para homesadultos, porque o deporteinfantil e xuvenil, gratuíto, sedesenvolvía nas mañáns dosdías festivos e só para nenos emozos.

E xunto con todo isto foiagromando un comportamentoe unha simboloxía de grupodesenvolvidos pola necesidadede manifestar ou de inducirestados de ánimo con quefacer unánime, é dicir, con quereunir o que estaba disperso eindividualizado, para aproveita-lo a favor dunha causa (pseu-do)deportiva ou, simplemente,como é o caso dos concertosde música, dunha diversióncolectiva uniforme que remataen si mesma nada máis

Gravado de Ana CambeiroEscola de Gravados “Alfonso Costa”

Page 36: revista alameda nº 0

tamén esa dimensión) coadefensa de aquilo que nos faimáis libres e verdadeiramentecivilizados: a recuperación dadignidade e do orgullo de per-tencermos á especie humana.E por obra deste fenómeno,fomos moitos os adultos quenos vimos imitando os xestosdos xoves, sen nos sentir greainopinante, e levantamos aspalmas das mans con emocióne con sentimento de soli-dariedade nas manifestaciónscontra o terror e a violencia.Velaí por ónde non seríaimposíbel que cada domingo ocampo de futbol se convertesenun lugar de lembranza paraas víctimas da barbarie queestá a padecer o mundoenteiro e, xa que logo, nunharecordación de que os asasi-nos sempre poden volver acometer os máis atroces enoxentos crimes, se non osdesenmascaramos día a díaalí onde asomen a cabeza.

Xa se sabe que haí máisaspectos a ter en conta, poissempre se corre o risco de quea instrumentación política detodo isto enlorde unhas mani-festacións nacidas limpamenteda sensibilidade e da soli-dariedade. Pero de tódolosxeitos seria importante que axuventude, anque non fosemáis que coa súa simboloxiacolectiva e lúdica, tomase oprotagonismo de algo no queestamos todos involucrados.

¡E longa vida á revistaAlameda, que sen dúbidadefenderá causas nobres!

acabar o festival. A uniformización no vestir, osmovementos coordinados dos corpos, os sím-bolos e xestos producidos cos brazos e coasmans foron pouco e pouco converténdosenunha especie de linguaxe ao servicio de obx-ectivos intrascendentes e con proxección nun“outro” que se beneficia da pasividade: o clube(pseudo) deportivo (agora xa unha sociedademercantil con vontade de lucro) ou o grupo oucantante de moda, tamén convertidos enempresas que deben xerar beneficios. De xeitotal que, en boa medida, pode dicirse que oespectador é explotado dobremente pola propiaorganización do espectáculo, pois por riba deter que pagar a entrada, o asistente ten queproducir boa parte dese espectáculo, que nonsería igual sen a súa participación, o cal equiv-ale a mercar unha prenda de vestir á que seincorporan os logotipos das marcas comerciais,facendo do individuo, non só un soporte depublicídade gratuíto e moi efectivo, senóntamén o financiador da mesma.

Pois ben, todo isto que se foi xerando dunxeito espontáneo (aínda que paulatinamenteorientado polos grupos de interese económico:pensemos nas organizacións de fans ou desiareiros subvencionados máis ou menos aber-tamente polas empresas díscográficas ou polosclubes de futbol) fixo eclosión cualitativamentediferente coas manifestacións de protesta polatortura e polos asasinatos de ETA ou de mari-dos furiosos, de xeito que moita da simboloxíacreada para aquelas causas intrascendentesrevelouse moi operativa para outros fins que siinteresan xa á supervivencia de toda asociedade: as causas da paz, da democracia eda liberdade, das que seria desexábel que seconvertesen en obxectivo central dun revulsivodo sistema de valores e dunha remoción dasensibilidade social adormecida pola sociedadede consumo e pola violencia real, televisiva oucibernética.

Deste xeito, sería interesante que a xuven-tude chegase á conclusión de que non é incom-patíbel o espectáculo (por mágoa, as mani-festacións contra a violencia teñen a veces

36

Page 37: revista alameda nº 0

Os nosos libros

ALVARO DE LAS CASAS, O cemiterio deNoia

Edita: Gráficas Sementeira (Toxosoutos).Colección Seitura. Noia, 1990.

12 x 16 cm. 198 páx.

Este libro, básico para o coñecemento dahistoria medieval noiesa, é facsímil de Elcementerio de Noia, publicado en 1936 poloeximio profesor ourensán quen daquelaimpartía clases no Instituto noiés. Esta edi-ción vai precedida por un limiar de ManuelBlanco Ons que fora seu alumno, e comple-tado cun estudio sobre o retábulo de SantaMaría a Nova, da autoría de Xoán X. Mariño,e dun estudio sobre a necrópole do taménhistoriador noiés Xosé Mª Torres Reino.

XERARDO AGRAFOXO PÉREZ, Noia: unhavila histórica

Edita: Colexio Público de Lousame, 1987

14 x 21 cm. 182 páx.

"Nesta recuperación da nosa historia ememoria colectiva o autor pretende como pri-mordial obxectivo emprender unha viaxe cuiomomento de saída escomenza no amencer davila para dispois dun longo percorrido de catromil anos rematar no crepúsculo da EdadeMedia".

Este libro, feito coa seriedade e rigurosidadeque caracteriza ao profesor Agrafoxo, levacomo subtítulo: "Dende a orixe ata a EdadeModerna", o que compromete ao autor paracontinuar profundando na historia de Noia ensucesivas entregas ata finais da Guerra civil,como así foi.

37

Page 38: revista alameda nº 0

ALFONSO COSTA, O espello de papel

Edita: Toxosoutos. Colección Nume. Noia, 1996.

15 x 21 cm. 199 páx.

Sabíamos da multifacecia de Alfonso Costa nasartes plásticas: pintor, gravador, debuxante, muralis-ta... Non coñecíamos estoutra forma de comunicarsecon nós a través da poesía. Coa publicación destelibro, Costa entra con paso decidido na República dasLetras. Artista, a fin de contas, as súas preocupacións,inquietudes, sentimentos, as luces e sombras do seumundo íntimo e persoal, pode transmitírnolas, tamén,por medio da palabra poética. Este primeiro poemariodo artista noiés está dominado polo amor, tema quedá unidade ao libro, un amor de mil acenos: soidade,nostalxia, separación, dor, ledicia, ternura, esperanza.E a emoción dominándoo todo.

Os poemas van precedidos dunha carta-prólogo deAurora Marco, unha carta sobre a poesía de Costa.Fermosos gravados do propio artista enriquecen nota-belmente a edición. Agardamos que o pintor e poetanos ofreza axiña novas entregas.

PEDRO GARCÍA VIDAL, A Noia da memoria

Edita: Concello de Noia, 1991.

21,5 x 28,5 cm. 234 páx.

Esta obra, subtitulada "Pasado e presentedun casco histórico: evolución urbana", conprofusión de debuxos e fotografías antigas dearquivos particulares, conta coa colaboraciónna planimetría e levantamento de fachadasde Xosé Manuel Insua e con fotografías deRosa Martínez e Xepe Torres.

Ninguén mellor que o propio xeógrafopara explicarnos a intención do seu traballo,quen nos di no Introito: "O estudio atenderá áforma, función e transformacións históricas dodenominado Casco histórico, dado que o queeste espacio foi no pasado, configura a súaestructura e fisonomía actual. No centro dainvestigación aparece a construcción donúcleo histórico, a súa historia urbana e aestructura do seu plano, en definitiva, a súaevolución ó longo do tempo como organismovivo en continua transformación".

38

Page 39: revista alameda nº 0

Manuel Antonio Martínez Murguia naceu o 17 de maiode 1833 no lugar de Froxel, concello de Arteixo (ACoruña). A sua nenez transcorreu na cidade da Coruña een Compostela onde seu pai rexentaba unha farmacia.Cursou Latin e Humanidades cun preceptor, obtivo oGrau de Bacharel en Filosofia en 1850, e fixoestudos de Farmacia, en Santiago e en Madrid,que nunca finalizou. Trasladouse a Madrid,posibelmente en 1853 ou algo antes, e axiñaestabeleceu relacións literárias e políticas quelle permitiron iniciar unha colaboración constan-te en xornais e revistas, e os seus primeirospasos como novelista e como autor de contos epoesías: La Virgen de la servilleta (1852); Luisa(1852); Un can-can de mussard (1853); Unartista (1853); Desde el cielo (1854); El regalode boda (1855); novela que chegou a alcanzara décima edición e foi traducida a vários idio-mas; Mi madre Antonia (1856); El ángel de lamuerte (1857); Don Diego Gelmírez (1859) e Lamujer de fuego (1859).

En Madrid frecuenta algunhas tertúlias literá-rias e coñece á que será a sua compañeira,Rosalía de Castro, coa que casa en outubro de1858 e que, por aqueles anos, estaba iniciandoa sua andadura como literata. O matrimóniocompartirá os intereses intelectuais e a defensados valores galegos até a morte da escritora enxullo de 1885.

Mália os comezos prometedores no campoliterário, volto a Galiza, a obra de Murguia, ampla e varia-da, orienta-se fundamentalmente no campo da erudición:crítica literária, arte, história, arqueoloxia, folclore, xeo-grafia… Neste campo destacan especialmente:Diccionario de escritores gallegos (1862); La primera luz(1868), destinada ao ensino primário; Historia de Galicia(1865/1866, I e II tomo e 1888/1891, III e IV tomo); LosPrecursores (1885); Galicia (1888); El regionalismo galle-go (1889).

Aínda que non escrebeu moito engalego, foi un decidido defensor danosa língua, á que se referiu en moi-tos dos seus escritos en castelán,destacando constantemente as suas

raíces comuns co portugués. Da suaprodución en galego, pode-se citar:"Nena das soidades", dedicado aElina Avendaño (1854); "Baixo doceo a cuio amparo repousas", dousbreves párrafos en prosa dedicadosa Curros Enríquez (1919); EduardoPondal e a súa obra (1919), un dis-curso para honrar a Pondal; o discur-

Jetras GalegasRosa das Sebes

Manuel Murguia

Manuel Murguia, pintado polo seu fillo Ovidio Murguia Castro.

(Reproducido da Gran Enciclopedia Gallega, t. 22)

39

Page 40: revista alameda nº 0

En Galicia escrebeu unhas liñas sobre a vila de Noiaque, a seguir reproducimos:

"Pocas poblaciones en Galicia conservanmejor que ésta de que hablamos, su antiguoaspecto y viejas tradiciones; no las hay tampo-co que más claramente indiquen sus pasadasprosperidades así como la posibilidad de otrasnuevas. Al solo nombre de esta villa, que suenamás dulce todavía en labios de sus habitantes,cuantos han tenido ocasión de visitarla recuer-dan sus viejas calles y poéticos alrededores, laproverbial hermosura de sus mujeres, la clari-dad de su cielo y sobre todo su dichosa situa-ción al pie de las aguas y en medio de los mon-tes que la abrigan y defienden".

so pronunciado en 1891 nos XogosFlorais de Tui, de enorme interese.Vaamonde Lores afirma que Murguiaescrebeu numerosas producións engalego e cita tres poemas máis: "Nonquero que me fuxas, non quero queme busques", "Miña dona gentil, anamorada" e "Quérote ver descendo,cando a mañán clarea".

Desde a fundación da AcadémiaGalega, foi Presidente daCorporación até a sua morte o 2 defebreiro de 1923. Foi ManuelMurguia, a quen se lle dedica esteano a efeméride das Letras Galegas,un representante cualificado do gale-guismo e da historiografia galega ■

Selección bibliográfica sobre o autor:

Carballo Calero, Historia da literaturagalega contemporánea, 3ª ed., Galaxia,Vigo, 1981.

González Beramendi, J., "ManuelMurguía", en Gran Enciclopedia Gallega,tomo 22, Silverio Cañada Editor, Vitoria,1974.

Risco, V., Manuel Murguía, Galaxia,Vigo, 1976.

Vidal, F. A., Manuel Murguía. Textosen galego, Toxousoutos, Noia, 1999.

VV.AA., Volver a Murguía, A Nosaterra, Vigo, 1998.

40