REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies...

26
REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS Día: 20.10.2015 Hora: 10:30

Transcript of REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies...

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª,

ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS

PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E

SERVIZOS

Día: 20.10.2015 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL,

OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE ESERVIZOS

POR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidenteJosé Santiago Freire Abeijón P

VicepresidenteEnrique Nóvoa López P

SecretarioAntón Sánchez García AGE

Jaime Castiñeira Broz PRaúl Fernández Fernández SJesús Antonio Goldar Güimil PAlejandro Gómez Alonso PMaría Consuelo Martínez García MAntonio Mouriño Villar PAna Belén Pontón Mondelo BNGJosé Antonio Sánchez Bugallo SJosé Francisco Santos Regueiro PDaniel Luís Varela Suanzes-Carpegna PPatricia Vilán Lorenzo S

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera
Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera
Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1. Preguntas orais en Comisión

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.1 38932(09/POC-005804)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis

Sobre as actuacións do Goberno da Xunta de Galicia tendentes

á prevención e loita contra o cambio climático dende o ano

2009

Publicación da iniciativa, 505, 11.08.2015

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Patricia Vilán Lorenzo, Raúl Fernández Fernández e José Antonio Sánchez

Bugallo, deputada e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en

Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.

O quecemento global e as súas consecuencias seguen a ser motivo de

preocupación e desvelo dos científicos de todo o mundo.

En decembro deste ano vaise celebrar o cumio sobre o Cambio Climático en

París. O cambio climático e as súas consecuencias teñen que estar na axenda de

todos os gobernos, facendo políticas de prevención e planificando accións futuras

para minimizar o seu impacto. Tamén na axenda da Xunta de Galicia.

Mais a realidade é que non hai axenda. Non hai un novo plan galego de acción

fronte ao cambio climático. Os últimos datos dos que se dispoñen son de

novembro de 2012. O Goberno da Xunta de Galicia asignou nestes últimos anos

cero euros para a loita contra o cambio climático.

E ocorre que, segundo os expertos, o cambio climático afecta ao estado das rías

galegas; incluso á súa produción.

Por todo o exposto, a deputada e os deputados que asinan formulan as seguintes

preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Que actuacións ten desenvolvido o Goberno da Xunta de Galicia para a

loita contra o cambio climático dende o ano 2009?

2. Que orzamento dedicou dende esa data?

3. Cando ten previsto o Goberno emitir un novo plan galego de acción fronte

ao cambio climático?

4. Ten datos o Goberno da incidencia do cambio climático sobre o estado das

rías galegas e sobre a súa produción?

Pazo do Parlamento, 15 de xullo de 2015

Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo

Raúl Fernández Fernández

José Antonio Sánchez Bugallo

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Patricia Vilán Lorenzo na data 17/07/2015 09:49:51

Raúl Fernández Fernández na data 17/07/2015 09:49:59

José Antonio Sánchez Bugallo na data 17/07/2015 09:50:07

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.2 39964(09/POC-005975)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda

Sobre os riscos derivados do mantemento da planta de gas de

Reganosa no interior da ría de Ferrol

Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

A deputada Yolanda Díaz Pérez, integrante do grupo parlamentario da Alternativa

Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión, relativa aos riscos

derivados do mantemento da planta de gas de Reganosa.

Cómpre tomar nota da traxedia producida na cidade china de Tianjin, consecuencia

das explosións producidas o pasado dia 13, na área portuaria na que se almacenaban

substancias químicas, combustibles, e que a día de hoxe segundo reportan os medios

sáldase con máis de 114 mortos, 721 feridos, un número de desaparecidos aínda por

cuantificar con exactitude, pero entre os que se contan 13 bombeiros segundo medios

oficiais, e una cuantiosa destrución de vivendas e bens. Segundo os medios a onda

expansiva chegou a sentirse a 10 Km de distancia e a segunda explosión - a máis

potente- liberou una enerxia equivalente á provocada por unhas 21 toneladas do

explosivo TNT.

A distancia do almacenamento destas substancias perigosas sitúabase a 500 m dos

nucleos residencias, incumprindo a lexislacion chinesa ó respeto.

O acontecido na cidade chinesa de Tianjin deberia alertanos sobre a ameaza que o CCE

da Ria de Ferrol ven denunciando dende hai anos sobre a ameaza que a ilegal planta

de gas de Reganosa supon para a poboación que vive na contorna da Ría de Ferrol.

Lembrar a súa reubicación a menos de 200 m do nucleo urbano de Meha, a 800 m do

arsenal militar ou 900 m do nucleo de Mugardos, e a caron do complexo petroquimico

de Forestal que almacena perto de 300.000m3 de combustible e produtos químicos.

Unha instalación que supera en 85.000 veces a potencia da explosión máis potente

acontecida en Tianjin.

A xunta de Galicia socia de Reganosa co 17.5 % das accións, ven promovendo a

ampliación das instalacións (duplicar a capacidade de regasificacion, e incluso a

construción de un terceiro tanque) a pesares de que a demanda do consumo de gas

non se prevé que aumente e da escasa produción da planta, dun 28.6% no ultimo ano.

Asemade o Goberno da Xunta de Galicia ven promovendo que a ría de Ferrol se

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

convirta no centro de subministro de gas aos buques con este tipo de propulsión, é

dicir, ampliar a actividade do uso do gas no interior da ría aumentando os riscos para a

poboación que vive na contorna da ría, a sabendas da ilegalidade desta actividade por

non poder cumprimentar a normativa de navegabilidade e pola ilegalidade dunha

instalación que non cumpre coas distancias esixidas e que en sentenza de maio de

2012 o Tribunal Supremo determinou.

Polo referido, o grupo parlamentar da AGE formula a seguinte pregunta para a súa

resposta oral na Comisión:

- E conscente o Goberno da Xunta de Galicia da súa temeridade ao apoiar o

mantemento dunha instalación ilegal, deficitaria e tan perigosa no interior da

ría de Ferrol, e aumentar o uso das actividades con GNl?

En Compostela, a 25 de agosto do 2015.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 25/08/2015 13:10:18

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.3 40050(09/POC-006002)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre a denuncia referida ao impacto ambiental das obras das

centrais hidroeléctricas de Fervenza II, Ponte Olveira II e

Novo Castrelo que se están a levar a cabo na bacía do río

Xallas e as previsións da Xunta de Galicia respecto da súa

paralización

Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputada e

deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro

do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte pregunta para a súa

resposta oral en comisión.

Segundo ven de denunciar a asociación ecoloxista ADEGA, as obras das

centrais hidroeléctricas de Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo promovidas

por Ferroatlántica S.L. que se están a desenvolver na bacía do río Xallas, están a afectar

negativamente a especies protexidas (vulnerábeis e en perigo de extinción segundo o

Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e

prioritario consonte a Directiva 92/43CEE.

Un informe asinado por 11 investigadores e investigadoras das tres

universidades galegas debruza os impactos das obras sobre a biodiversidade protexida.

Asío segundo estes científicos e científicas son milleiros de metros cadrados de

carballeira e bosque de ribeira (hábitats de interese europeo e prioritario) ao longo dun

treito de máis de 2 km de río foron destruídos, incluída unha parte da Devesa de

Anllares, o bosque atlántico máis occidental de Europa. Especies de flora ameazada

asociadas a estes hábitats foron tamén eliminadas, incluíndo o raro Isoetes fluitans, o

fento de auga, endémico de Galiza e considerado en perigo de extinción.

Estamos ante unha denuncia que reverte enorme gravidade razón pola que

formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en comisión:

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Ten constancia a Xunta de Galiza da denuncia formulada pola asociación

ecoloxista ADEGA?

-Que valoración lle merece a mesma?

-Ten previsto a Xunta de Galiza paralizar as obras das centrais hidroeléctricas de

Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo promovidas por Ferroatlántica S.L. que se

están a desenvolver na bacía do río Xallas?

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2015

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Deputada e deputado do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 27/08/2015 12:34:07

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 27/08/2015 12:34:14

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.4 40227(09/POC-006030)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel e 2 máis

Sobre as actuacións levadas a cabo e previstas polo Goberno

galego para esclarecer a procedencia das verteduras de

hidrocarburos que se veñen producindo na ría da Coruña, as

medidas adoptadas para evitar o seu impacto na actividade das

persoas mariscadoras e as previstas para compensar as perdas

derivadas dos peches cautelares, así como o prazo para a

posta en marcha dun plan integral de saneamento da ría do

Burgo

Publicación da iniciativa, 516, 10.09.2015

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Daniel Rodas Chapela, Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús

Jorquera Caselas, deputados e deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa aos

vertidos por hidrocarburos que se veñen producindo na ría da Coruña.

O sábado 7 de marzo producíase o peche ao marisqueo de toda a ría da Coruña,

isto é as augas costeiras comprendidas entre a cala do Dexo (E) e a punta de Alba (W),

a causa dun vertido de hidrocarburos. Segundo o Intecmar os niveis detectados de

Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos son superiores aos legalmente establecidos,

polo que se prohibiu a extracción de moluscos infaunais.

Inicialmente o peche cautelar afectou ao marisqueo e a actividades extractivas

como a do percebe e do ourizo do mar, se ben a Xunta autorizou a volta á actividade

nestas dúas últimas actividades extractivas.

Comezan a ser excesivamente frecuentes os episodios de contaminación na ría

da Coruña e as conseguintes resolucións de prohibición de extracción de moluscos

infaunais na ría do Burgo nos últimos meses. Existe unha resolución de 12 de

decembro de 2014 onde se prohibe a extracción exclusivamente no banco Carniceiro

que dura ata o día 18 de decembro de 2014, cando unha nova resolución levanta o

peche. O día 29 de xaneiro deste ano péchase con carácter cautelar exclusivamente a

zona delimitada pola liña imaxinaria que une o extremo da dársena de Oza co mirador

do paseo marítimo da praia de Santa Cristina cara ao interior da ría do Burgo,

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

prolongándose ata 13 de febreiro de 2015, momento en que é levantado o peche. A isto

sumouse o peche administrativo que provocou que estivera pechada a segunda

quincena de febreiro pola presenza de biotoxinas.

Porén, ante esta situación, encontrámonos coa pasividade da Consellaría do

Medio Rural e Mar, que non foi quen ata a data de detectar as causas dos anteriores

derrames e co actual tampouco está a desenvolver unha acción dilixente para localizar

aos responsables deste vertido.

Polo que respecta ao último vertido, dase a circunstancia, ademais, de que a

deteccion do mesmo coincidiu coa decisión de Repsol de pechar o seu pantalán número

4 no porto da Coruña.

A comezos de ano a Autoridade Portuaria da Coruña comunicou a Repsol que

se estaban a producir anomalías na infraestrutura de atraque do pantalán. Segundo o

Porto da Coruña e Repsol, o peche do pantalán produciuse para solventar problemas de

mantemento, en concreto afirman que está inactivo dende o 2 de marzo para reparar

uns pilotes, separados do pantalán, que serven para o atraque e que non ten a ver coa

carga e descarga nin cos altos níveis de hidrocarburos dectectados na ría. A petroleira

asegura que toda a auga que se xera polo lastre dos petroleiros vai directamente, a

través de canalización, á refinería que Repsol ten na Coruña. Porén os mariscadores

demandan que se estude calquera conexión entre o peche do pantalán e a

contaminación e, nese sentido, urxen a que se faciliten os resultados do verquido

anterior.

Cos medios con que conta tanto o Goberno central como a Xunta, non debería

ser moi complicado determinar a causa e responsábeis. A Consellaría fala de que non

dispón de datos para proceder á nova apertura pero nada di das medidas adoptadas para

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

esclarecer os feitos e esixir responsabilidades nin das medidas adoptadas para que os

mariscadores non sexan, unha vez máis os que sufran as consecuencias deste episodios,

que non é outra que deixar de traballar e quedar sen ingresos.

Polas razóns devanditas formúlanse as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en Comisión:

-Que xestión levou a Xunta de Galiza para esclarecer os últimos vertidos que

tiveron lugar na ría da Coruña? Localizáronse a orixe dos mesmos? Esixíronse

responsabilidades?

-Vai estudar a posíbel conexión entre as razóns que motivaron o peche do

pantalán nº 4 de Repsol no Porto da Coruña e a contaminación detectada? Vai

informar publicamente das conclusións?

-Vai dar a coñecer de inmediato os resultados das investigacións realizadas

para determinar as causas do anterior vertido de hidrocarburos detectado no mes de

febreiro?

-Que medidas adoptou para que as mariscadoras/es e outros/as recolectores/as

non sufran na súa actividade estas agresións ao medio ambiente? Vai desenvolver

algunha medida de axuda para compensar a perda de actividade polos peches

cautelares por hidrocarburos?

-Para cando un plan integral de saneamento da ría do Burgo que contemple a

eliminación de todo tipo de vertidos, e o control das embarcacións que naveguen pola

ría da Coruña para impedir que poidan facer vertidos (sentinazos)?

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Que medidas vai adoptar para evitar novos vertidos por hidrocarburos na ría

da Coruña?

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2015

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Viceportavoz do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 31/08/2015 10:59:46

Ana Belén Pontón Mondelo na data 31/08/2015 10:59:52

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 31/08/2015 10:59:56

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.5 40364(09/POC-006055)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón

Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia en relación

co impacto ambiental das obras das centrais hidroeléctricas

Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo que se están a

executar no río Xallas

Publicación da iniciativa, 516, 10.09.2015

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Á MESA DO PARLAMENTO

Antón Sánchez García, deputado pertencente ao Grupo Parlamentario da Alternativa

Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Pregunta para resposta oral en Comisión, relativa á paralización

das obras de varias centrais hidroeléctricas no río Xallas.

Como ven de denunciar ADEGA e constatar un grupo de científicos das universidades

galegas, as obras das centrais hidroeléctricas de Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo

Castrelo promovidas por Ferroatlántica S.L. e aprobadas a través dos Proxectos

Sectoriais publicados o 30 de maio de 2012 no DOG de 20/05/2012, e quese están a

desenvolver no río Xallas, están a afectar negativamente a especies protexidas

(vulnerábeis e en perigo de extinción segundo o Catálogo galego de especies

amenazadas), así como a hábitats de interese europeo e prioritario consonte a Directiva

92/43CEE.

Milleiros de metros cadrados de carballeira e bosque de ribeira, hábitats de interese

europeo e prioritario, ao longo dun treito de máis de 2 km de río foron destruídos, incluída

unha parte da Devesa de Anllares, o bosque atlántico máis occidental de Europa.

Ante este feito AGE considera que é preciso que se paralicen cautelarmente as obras e se

avalíe a situación para evitar máis danos irreparables a un ecosistema único e. de ser o

caso, se determinen responsabilidades por este grave feito.

Solicitamos en primeira instancia que se comprobe si a empresa cumpriu coas condicións

establecidas na autorización, e tamén que en caso de que a empresa cumprise coas

condicións establecidas no proxecto sectorial, se revise si no procedemento administrativo

foron avaliados correctamente os riscos ambientais.

Mentras esto non sexa comprobado as obras deben de paralizarse posto que poderían

seguir causando danos irreparables.

Consideramos que ante os feitos denunciados a Consellería de Medio Ambiente non pode

ollar para outro lado e debe de velar pola protección do patrimonio ecolóxico do río Xallas.

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Por todo esto o Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda presenta a

seguinte pregunta para resposta oral en Comisión:

1) Que medidas ten pensado adoptar a Xunta de Galicia ante estes feitos?

2) Considera a posibilidade de ordenar a paralización cautelar das obras das centrais

hidroeléctricas de Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo promovidas por

Ferroatlántica S.L. e aprobadas a través dos Proxectos Sectoriais publicados o 30

de maio de 2012 no DOG de 20/05/2012?

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015.

Asdo.: Antón Sánchez García

Deputado do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Anton Sánchez García na data 01/09/2015 12:47:30

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.6 40997(09/POC-006122)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Méndez Romeu, José Luis e Vázquez Blanco, Emilio

Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos datos dos

tráficos de mercadorías xerais e cruceiros no porto da

Coruña, as extratexias que vai impulsar xunto coa Autoridade

Portuaria ao respecto e o prazo previsto para a continuación

das obras do polígono empresarial de Morás-Arteixo

Publicación da iniciativa, 519, 15.09.2015

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Luis Méndez Romeu e Emilio Vázquez Blanco, deputados

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao

abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,

presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta oral en Comisión 2.ª.

Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e

Servizos.

Os portos de interese xeral, baixo a dirección de presidentes nomeados

pola Xunta, actúan nun mercado competitivo e que ademais está

evoluíndo, polo que son necesarias estratexias comerciais e de servizos

adaptadas a ese escenario cambiante.

O porto da Coruña está en declive. Tanto con respecto ó conxunto dos

portos do Estado, onde perdeu un punto de cota de mercado na última

década, como fronte ós portos galegos de interese xeral, onde perdeu

oito puntos no mesmo tempo. Do mesmo xeito os portos galegos están

sendo superados polo porto de Leixoes-Oporto, que en rúbricas como

mercancía xeral ou contenedores supera amplamente a suma dos portos

galegos. No tráfico de contenedores, en alza mundial, Leixoes triplica á

suma dos portos galegos.

A situación do porto coruñés está sendo vista con indiferencia pola

Autoridade Portuaria e pola Xunta, co beneplácito do anterior Goberno

local. A esa parálise cómpre engadir a parálise da construción do

polígono empresarial de Morás-Arteixo, investimento estratéxico para

aproveitar o futuro porto exterior de Punta Langosteira, en construción,

e servir de plataforma de crecemento económico da comarca coruñesa,

ainda hoxe a máis potente de Galicia.

No ámbito dos cruceiros, Coruña rexistrou peores datos no 2014 que no

2013 ou 2012, perdendo 17 puntos nun ano, cando o conxunto de

Galicia gañaba un punto. É a evidencia de que falta acción comercial da

Autoridade Portuaria para posicionar o porto no mundo marítimo

internacional. Tamén da ausencia de coordinación entre as políticas

turísticas local e galega. Posiblemente tamén indique perda de

confianza do sector privado.

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

No horizonte inmediato hai ameazas evidentes. En primeiro lugar a

nova terminal de pasaxeiros de Leixoes-Oporto, que reforzará a

competitividade e atracción do destino. Tamén o progresivo reforzo dos

portos de Vigo e Ferrol como escalas cruceritas e alternativas.

Na rúbrica de mercancía xeral, o porto coruñés baixa e hoxe representa

menos que nos portos de Ferrol ou de Marín. O tráfico de contenedores

no porto coruñés é practicamente inexistente.

A conclusión e que as empresas non utilizan o porto da Coruña porque

non ten conexións con outros portos, ou porque as taxas son disuasorias

ou porque a eficiencia é mellorable. As accións necesarias para corrixir

esa tendencia pasan todas pola Autoridade Portuaria.

En consecuencia formúlanse as seguintes preguntas para a resposta en

Comisión:

1.ª) Qué valoración fai a Xunta dos datos devanditos?

2.ª) Comparte que son mellorables?

3.ª) Qué estratexias impulsará xunto coa Autoridade Portuaria?

4.ª) Cando serán retomadas as obras do polígono de Morás-Arteixo?

Pazo do Parlamento, 9 de setembro de 2015

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Emilio Vázquez Blanco

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Jose Luis Méndez Romeu na data 09/09/2015 10:14:04

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e ... Francisco Xes ú s Jorquera

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Emilio Vázquez Blanco na data 09/09/2015 10:14:14