Resumo Blogger

4
Resumo Blogger Para acceder ao Blogger é necesario ter unha conta de correo Gmail. Podemos abrila en http://gmail.google.com/ . Este correo danos acceso a case todos os servizos Google: Docs, Maps, Blogger, Calendar, Reader... Podemos chegar ao blog da forma: No Gmail pulsamos en Mas – Todavía mas – Blogger. Imos ver o listado dos blogs que temos creados e podemos elixir entre velo, crear entradas ou cambiar a configuración (se somos administradores do blog). Escribimos o enderezo do blog no navegador e pulsamos no enlace “Acceder” da parte superior dereita. Escritura no blog Escribir un novo artigo Creación de entradas. Hai que poñer un título, o texto e as etiquetas que poden usarse como menú da páxina se o administrador activa o gadget “etiquetas”. Ao pé do formulario hai dous botóns: o Publicar o artigo o Gardar borrador – o usamos cando non temos rematado o artigo. o Pódese programar a data e hora de publicación cubríndoas nas casillas que aparecen pulsando en “Opcións de publicación”. Modificación dun artigo Creación de entradas – Editar entradas. Buscamos o artigo que queremos modificar e pulsamos no enlace Editar da esquerda. Tamén podemos modificalo pulsando no lapiciño que hai ao pé de cada artigo cando vemos o blog identificados co noso nome de usuario. A lista de artigo infórmanos tamén se é un borrador e se ten comentarios e permítenos borrar os artigos. Moderación de comentarios (se o administrador a activou) Creación de entradas – Moderación de comentarios. Obxectos que podemos poñer nos artigos –

description

Resumo da clase do día 4 de marzo no IES de Becerreá

Transcript of Resumo Blogger

Page 1: Resumo Blogger

Resumo Blogger

Para acceder ao Blogger é necesario ter unha conta de correo Gmail. Podemos abrila en http://gmail.google.com/. Este correo danos acceso a case todos os servizos Google: Docs, Maps, Blogger, Calendar, Reader...

Podemos chegar ao blog da forma: No Gmail pulsamos en Mas – Todavía mas – Blogger. Imos ver o listado

dos blogs que temos creados e podemos elixir entre velo, crear entradas ou cambiar a configuración (se somos administradores do blog).

Escribimos o enderezo do blog no navegador e pulsamos no enlace “Acceder” da parte superior dereita.

Escritura no blog Escribir un novo artigo – Creación de entradas. Hai que poñer un título, o

texto e as etiquetas que poden usarse como menú da páxina se o administrador activa o gadget “etiquetas”. Ao pé do formulario hai dous botóns:

o Publicar o artigoo Gardar borrador – o usamos cando non temos rematado o artigo.o Pódese programar a data e hora de publicación cubríndoas nas casillas

que aparecen pulsando en “Opcións de publicación”. Modificación dun artigo – Creación de entradas – Editar entradas. Buscamos

o artigo que queremos modificar e pulsamos no enlace Editar da esquerda. Tamén podemos modificalo pulsando no lapiciño que hai ao pé de cada artigo cando vemos o blog identificados co noso nome de usuario.A lista de artigo infórmanos tamén se é un borrador e se ten comentarios e permítenos borrar os artigos.

Moderación de comentarios (se o administrador a activou) – Creación de entradas – Moderación de comentarios.

Obxectos que podemos poñer nos artigos –o Texto. Para darlle formato temos iconas parecidas ás do procesador de

texto: tipo de letra, tamaño, negrita, aliñacións... Importante fixarse se estamos na pestana redactar ou edición HTML.

o Imaxes – 3ª icona da dereita. Hai que elixir a imaxe no disco, marcar a aliñación e o tamaño da imaxe no artigo. Se non lle poñemos un vínculo, os lectores do blog que fagan clic nela a verán ao seu tamaño orixinal.

o Vínculos – Escribimos a palabra ou frase que van servir de vínculo, pulsamos na icona da cadeniña e no formulario que aparece pegamos ou escribimos o enderezo da páxina enlazada. Pódense poñer vínculos as imaxes e outros obxectos incluídos na páxina.

o Multimedia (reprodutores de son, vídeos, presentacións...) – Previamente hai que aloxalos nun servizo externo ao blog (archive.org, Box.net, Youtube, Slideshare, Issuu...). Estas páxinas proporciónannos un código EMBED que temos que pegar na edición HTML do artigo.

Page 2: Resumo Blogger

Administración do BloggerPara que os cambios teñan efecto hai que baixar ao pé da páxina e pulsar no botón “Gardar configuración”.

Título e descrición do blog – ponse na creación do blog pero poden cambiarse na pestana Configuración – Básico. Nesta pestana tamén se manexa a relación co Google: inclusión nas listas de blogger e permisos aos buscadores para rastrear no blog.

Enderezo do blog – tamén se pon na creación do blog. Pode cambiarse en Configuración – Publicación.

Formato da data e a hora – Configuración – Formato. Para que a hora sexa correcta hai que poñer na zona horaria GMT+01:00 (Portonovo).

Nº de entradas en cada páxina do blog – Configuración – Formato. Pódense poñer nº de entradas ou número de días.

Comentarios – Configuración – Comentarios. Hai que decidir quen pode facer comentarios (todo o mundo, usuarios identificados, membros do blog) e se van a ser moderados ou non. A oderación faise na pestana Creación de entradas. Pode facela calquera membro do blog.

Permisos para escribir no blog – Configuración – Permisos. Hai que pulsar no botón “Añadir autores” e poñer a lista de correos (gmail) separados por comas. Os autores van recibir un correo coas instrucións para confirmar a invitación.Na lista de autores que aparecen nesta pestana hai botóns para eliminalos ou facer que tamén sexan administradores.

Deseño do blog – o Cambio da plantilla – Deseño – Seleccionar plantilla nova.o Cambio de cores – Deseño – Fontes e cores. Primeiro eliximos no

cadro da esquerda o que queremos cambiar (cor do título, do texto, do fondo, tipo de letra...) e despois eliximos a cor.

o Gadgets – Deseño – Elementos da páxina. Pulsando en “engadir un gadget” danos acceso ao catálogo de Blogger. Se imos poñer un doutra fonte temos que elixir “HTML/JavaScript” nesta lista e pegar o código que copiamos na páxina onde o conseguimos.

Copia de seguridade – Configuración – Básico. Na parte superior hai un enlace “Exportar blog”. Está pensado para trasladar as entradas a outro blog, pero podemos usalo para facer copias do texto.