Respostas martes

3
EDURNE PASABÁN (1973) Edurne Pasabán naceu en Tolosa, Guipúzcoa. É unha alpinista española e a primeira muller na historia en ascender aos 14 oitomiles (montañas de máis de 8.000 metros) do planeta e a vixésima primeira persoa. Completou a súa xesta en 9 anos, dende a súa primeira ascensión a un oitomil no Everest (8.848 m.) o 23 de maio de 2001 á última do Shisha Pangma (8043 m.) o 17 de maio de 2010. Estudou enxeñaría técnica industrial na UPV. Realizou posteriormente un máster de negocios en ESADE (Barcelona). A continuación, traballou durante catro anos na empresa familiar dedicada á construción de maquinaria. Na actualidade reside e traballa en Barcelona impartindo conferencias sobre superación persoal en Esade, prepárase para obter o título de adestrador persoal e adéstrase de forma diaria tres ou catro horas diarias. Ademais, é propietaria da casa-restaurante de turismo rural Abeletxe, situada en Cizúrquil (Guipúzcoa). A súa afección pola montaña comezou dende moi nova. Aos 14 anos comezou a escalar en rocha no club de montaña de Tolosa e pouco a pouco foise internando no mundo do alpinismo realizando ascensións de maior dificultade, como os Pirineos, os Alpes, os Andes e o Himalaia.

Transcript of Respostas martes

Page 1: Respostas martes

EDURNE PASABÁN 

(1973) 

Edurne Pasabán naceu en Tolosa, Guipúzcoa. É unha alpinista española e a primeira muller na historia en ascender aos 14 oitomiles (montañas de máis de 8.000 metros) do planeta e a vixésima primeira persoa. Completou a súa xesta en 9 anos, dende a súa primeira ascensión a un oitomil no Everest (8.848 m.) o 23 de maio de 2001 á última do Shisha Pangma (8043 m.) o 17 de maio de 2010. Estudou enxeñaría técnica industrial na UPV. Realizou posteriormente un máster de negocios en ESADE (Barcelona). A continuación, traballou durante catro anos na empresa familiar dedicada á construción de maquinaria. Na actualidade reside e traballa en Barcelona impartindo conferencias sobre superación persoal en Esade, prepárase para obter o título de adestrador persoal e adéstrase de forma diaria tres ou catro horas diarias. Ademais, é propietaria da casa-restaurante de turismo rural Abeletxe, situada en Cizúrquil (Guipúzcoa). A súa afección pola montaña comezou dende moi nova. Aos 14 anos comezou a escalar en rocha no club de montaña de Tolosa e pouco a pouco foise internando no mundo do alpinismo realizando ascensións de maior dificultade, como os Pirineos, os Alpes, os Andes e o Himalaia.   

Page 2: Respostas martes

CLARA CORRAL ALLER

 (1847-1908)

Clara Corral Aller naceu en Ourense o 8 de xuño 1847 no seo dunha familia acomodada. Trasládase a vivir a Santiago de Compostela en 1868 e comeza a dedicarse ao seu labor literario.

Dela conservamos hoxe, basicamente, poemas aparecidos na prensa da súa época. O primeiro poema leva por título «A una flor», é a típica composición costumista que publicou cando tiña só 19 anos. Durante a década de 1870 son variadas as revistas en que publica Clara Corral os seus poemas. Neles revélasenos como unha excelente versificadora que fai, incluso, ensaios con novos metros. Cabe mencionar como especialmente salientables as tres composicións que escribiu en galego e que publicou en 1879 en La Ilustración Gallega y Asturiana, revista que dirixía, na súa parte literaria, Manuel Murguía. Trátase de «O ben na terra», «Lonxe vai miña alegría» e «O día de San Antón». Son, como ben se deixa adiviñar polos seus títulos, poemas de temática amorosa e elexíaca, moi na liña da literatura romántica tardía da segunda metade do s. XIX. Estes poemas foron reproducidos noutras publicacións como O Tío Marcos da Portela. Convértese así Clara Corral na segunda muller, da que temos hoxe noticias, que publicou algún texto en galego na historia da nosa literatura. En 1891 dará ao prelo A Herminia, dedicado á morte da súa sobriña. Hoxe temos tamén outro libro que recolle moita da súa poesía e que foi publicado en 1980 por un descendente seu, Dimas Romero Vázquez Poesías en gallego y castellano.

Aparece na listaxe de correspondentes da primeira nómina da Real Academia Galega en 1906. Falece o 9 de febreiro de 1908.

  

Page 3: Respostas martes

ZARA HADID 

(1950)

      Nada en Bagdad o 31 de outubro de 1950, Zaha Hadid é unha prominente arquitecta angloiraquí, procedente da corrente do

desconstrutivismo. A pesar de ser de nacionalidade iraquí, a maior parte da súa vida pasouna en Londres, onde se ubica o seu estudo de arquitectura, de fama mundial.

As súas propostas asombran pola beleza das súas formas espaciais e o uso dos materiais e a súa adaptación ao contorno. A obra arquitectónica de Zaha Hadid foi recoñecida en diversas ocasións con premios de rango internacional, entre eles o Premio Pritzker (foi a primeira muller en conseguir este galardón). Anteriormente obtivo a Orden do Imperio Británico polos seus servizos á arquitectura.

A súa obra está repartida por todas as cidades importantes do mundo: a estación de bombeiros Vitra, en Weil am Rhein (Alemania), o centro de arte contemporánea Rosenthal, en Cincinnati, Ohio (EE.UU.), o Hoenheim-North Terminus & Parqueo, en Estrasburgo (Francia), a plataforma de saltos de esquí Bergisel en Innsbruck (Austria), etc.

En España está presente a súa obra: un dos edificios do Campus de la Justicia de Madrid leva o seu selo; e a primeira planta do Hotel Puerta América tamén é obra da súa man.

Actualmente está a traballar na renovación e reestruturación de Zorrozaurre, un barrio de Bilbao, que convertirá en illa. No 2008 iniciouse a construción do seu proxecto da Biblioteca Central da Universidade de Sevilla.

Zaha Hadid é a arquitecta mais famosa do mundo.