Resposta da CIG á campaña difamatoria contraas traballadoras e traballadores do Consorcio

1

Click here to load reader

description

Diante da campaña de difamación permanente de La Voz de Galicia na que se pon en cuestión a transparencia do acceso e profesionalidade dos traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a CIG-Administración e a CIG-Ensino queren manifestar o seguinte

Transcript of Resposta da CIG á campaña difamatoria contraas traballadoras e traballadores do Consorcio

Page 1: Resposta da CIG á campaña difamatoria contraas traballadoras e traballadores do Consorcio

Confederación Intersindical Galega iNFORMAwww.galizacig.com

febreiro 2009

Resposta da CIG á campaña difamatoria contra as traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e BenestarDiante da campaña de difamación permanente de La Voz de Galicia na que se pon en cuestión a trans-parencia do acceso e profesiona-lidade dos traballadoras e traba-lladores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a CIG-Administración e a CIG-En-sino queren manifestar o seguinte:

1º Non deixa de ser sorprendente que, para dar apoio a esta campa-ña, o devandito xornal faga referen-cia a fontes sindicais, cando nunca se puxeron en contacto coa CIG, sindicato maioritario no sector (70% de representación), nin coas presi-dentas dos Comités de Empresa. Isto deixa en evidencia a falta de interese por coñecer a verdade. A manipulación é tal que se amparan no anonimato dos informantes ou dándolle unha representatividade que non ten a quen está disposto a dicir o que lle interesa ao diario, por moi falso que sexa.

2º A opinión pública ten que saber que a condición de traballadoras/traballadores, agora vilipendiados como enchufados, foi adquirida a través de acceso público, median-te un sistema de oposición no que se tivo que demostrar coñecemen-tos e capacidade. O feito de que se teñan que volver a presentar non é un “privilexio” senón un prexuízo, por teren que aprobar dúas veces as oposicións para obter a condi-

ción de persoal laboral fi xo, pois, do contrario, quedarían sen traba-llo.

3º Resulta curioso que CCOO de-nuncie de “fraude e engano”, can-do a única proposta que eles fi xe-ron durante toda a negociación foi a dun acceso á condición de labo-ral fi xo, mediante exclusivamente un concurso de méritos. Isto si que é moito menos aberto e non reúne todas as garantías legais. La Voz de Galicia insiste en amplifi car esa acusación infundada de CCOO, cando esta central é moi minorita-ria, en cambio censura a postura favorable a este proceso de todos os Comités de Empresa da CIG e UGT.

4º O que resulta tendencioso é relacionar as eleccións políticas co feito de que haxa oposicións, cando case todos os anos hai pro-cesos electorais e ofertas públicas de emprego. Soamente desde unha intencionalidade, claramente electoral, chama a atención este caso como se fora algo insólito e o habitual fose que a administra-ción se parase diante dunhas elec-cións. En todo caso, hai que saber que se a oferta se fai nestas datas é porque se agardou a celebrar as eleccións sindicais, co obxecto de negociar cos representantes dos traballadores as bases do acceso, o que é para nós correcto.

5º.- O sistema de acceso de con-curso-oposición que se vai levar a cabo ten todas as garantías de igualdade, mérito e capacidade, pois, é aberto a todo o mundo e o recoñecemento de méritos é aná-logo ao recollido noutros concur-sos-oposición da administración para converterse en laborais fi xos. Por iso, non se entende a infamia e a denigración á que son some-tidas/os as traballadoras e os tra-balladores, a non ser que sexa en función de intereses espurios que nada teñen que ver coa realidade dos feitos e co traballo que desen-volven.

6.- CCOO, PP e La Voz de Galicia están a acusar, sen ningún funda-mento, de que a contratación des-tas traballadoras e traballadores foi “a dedo” e que non responde ao resultado de selección dun sistema público, senón a intereses cliente-lares. Esta falsidade está a causar un dano irreparábel na valoración das/dos profesionais, prexudican-do un servizo público fundamental á nosa sociedade como é o que presta o Consorcio Galego de Ser-vizos de Igualdade e Benestar.

En consecuencia, exiximos unha inmediata rectifi ca-ción pública para restaurar a verdade e informar con ri-gor sobre a realidade deste proceso selectivo.