Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás...

12
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15699 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2016/17. A Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, no punto 6 da súa disposición derradeira quinta, sobre calendario de implantación, establece que as mo- dificacións introducidas nas condicións de acceso e admisión ás ensinanzas reguladas nesa lei orgánica serán de aplicación no curso escolar 2016/17. Igualmente, o Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, polo que se establece a or- denación das ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificado polo Real decreto 21/2015, do 23 de xaneiro, na súa disposición adicional oitava sobre acceso directo, establece que, con carácter excepcional e de acordo co artigo 69.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, as administracións edu- cativas poderán establecer o acceso directo a maiores de 18 anos de idade ás ensinanzas artísticas superiores en xeral mediante a superación dunha proba específica, regulada e organizada polas administracións educativas, que acredite que o aspirante posúe os coñe- cementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as corres- pondentes ensinanzas, así como o acceso directo aos estudos superiores de música ou de danza de maiores de 16 nas mesmas condicións. O punto 1 do artigo 5 do Decreto 163/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Interpretación, Musicoloxía e Pedagoxía, na Comunidade Autónoma de Galicia, establece que para o acceso a estas ensinanzas se requirirá cumprir os requisitos establecidos no artigo 54.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Asemade, o punto 4 do mesmo artigo establece que a consellería competente en materia de educación, a través da dirección xeral correspondente, convocará, organizará, desenvolverá e avaliará, con carácter anual, unha proba específica de acceso a estes estudos. Igualmente, a Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan de estu- dos das ensinanzas artísticas superiores de grao en música na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao, no seus artigos 16 e 18 concreta determinados aspectos relativos ás probas de acceso a estas ensinanzas. CVE-DOG: 0ipqsfh6-mhn3-26h8-arb4-11mrajifvnj4

Transcript of Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás...

Page 1: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15699

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2016/17.

A Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, no punto 6 da súa disposición derradeira quinta, sobre calendario de implantación, establece que as mo-dificacións introducidas nas condicións de acceso e admisión ás ensinanzas reguladas nesa lei orgánica serán de aplicación no curso escolar 2016/17.

Igualmente, o Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, polo que se establece a or-denación das ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificado polo Real decreto 21/2015, do 23 de xaneiro, na súa disposición adicional oitava sobre acceso directo, establece que, con carácter excepcional e de acordo co artigo 69.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, as administracións edu-cativas poderán establecer o acceso directo a maiores de 18 anos de idade ás ensinanzas artísticas superiores en xeral mediante a superación dunha proba específica, regulada e organizada polas administracións educativas, que acredite que o aspirante posúe os coñe-cementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as corres-pondentes ensinanzas, así como o acceso directo aos estudos superiores de música ou de danza de maiores de 16 nas mesmas condicións.

O punto 1 do artigo 5 do Decreto 163/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Interpretación, Musicoloxía e Pedagoxía, na Comunidade Autónoma de Galicia, establece que para o acceso a estas ensinanzas se requirirá cumprir os requisitos establecidos no artigo 54.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Asemade, o punto 4 do mesmo artigo establece que a consellería competente en materia de educación, a través da dirección xeral correspondente, convocará, organizará, desenvolverá e avaliará, con carácter anual, unha proba específica de acceso a estes estudos.

Igualmente, a Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan de estu-dos das ensinanzas artísticas superiores de grao en música na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao, no seus artigos 16 e 18 concreta determinados aspectos relativos ás probas de acceso a estas ensinanzas.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4

Page 2: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15700

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

En consecuencia, procede ditar instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17. Xa que logo, en virtude das atribu-cións que lle son conferidas polo Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes instrucións:

Primeiro. Acceso

a) De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 30 de setembro de 2010 para o ac-ceso ás ensinanzas de grao en música, requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

b) Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pen-dente algunha das materias do bacharelato, poderán realizar a dita proba e, no caso de obteren praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido, e deben acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de non acreditalo, perderán o dereito á matrícula e á praza.

c) A nota media do expediente académico do grao profesional de música do alumnado que estea en posesión do título profesional de música ou equivalente suporá un 40 % da cualificación final da proba de acceso. Para tales efectos, e en termos de cómputo, farase unha media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional.

d) No relativo ao cálculo da nota media do alumnado das ensinanzas profesionais de música, será tido en conta o establecido polo Real decreto 1953/2009, do 18 de decem-bro, polo que se modifican o Real decreto 1577/2006, do 22 de decembro, o Real decre-to 85/2007, do 26 de xaneiro, e o Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro.

e) De conformidade co artigo 5.6 do Real decreto 631/2010, do 14 de maio, a supera-ción desta proba específica permitirá acceder a calquera dos centros do Estado onde se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da súa dispoñibilidade de prazas.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4

Page 3: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15701

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Segundo. Órganos competentes para resolver os procesos de admisión

a) Comisión de acceso. Para os efectos de dar cumprimento ao establecido nesta re-solución, formarase unha comisión de acceso que supervisará o proceso de admisión do alumnado e o cumprimento das normas que o regulan, e proporá, cando for o caso, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a adopción das medidas que consideren adecuadas. Os membros desta comisión son os que se reco-llen no anexo desta resolución.

b) Tribunais. Para o desenvolvemento e a avaliación das probas de acceso específicas, a comisión estará asistida por tribunais específicos para cada unha das distintas espe-cialidades, tal e como se recolle no anexo. As direccións dos conservatorios garantirán a actuación destes tribunais e, se é o caso, das suplencias que se poidan producir.

Terceiro. Inscrición para realizar as probas

a) A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 6 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.

b) Para a formalización das solicitudes de admisión, os conservatorios superiores facili-tarán ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

• Título de bacharel ou titulación equivalente, ou certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. No caso de aspirantes que teñan penden-te a superación da proba de acceso a estas ensinanzas para maiores de dezaseis anos ou algunha materia do bacharelato, farano constar na solicitude e queda condicionada á súa superación.

• Título profesional de música ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou o libro de cualificacións das ensinanzas profesionais, se é o caso.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4

Page 4: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15702

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

c) O día 7 de xuño os conservatorios superiores de música exporán a lista provisoria de admitidos ás probas. O alumnado que non sexa admitido poderá presentar a súa reclama-ción os días 8 e 9 de xuño.

d) Os conservatorios onde se realice a inscrición deberán enviar á comisión, a través do correo electrónico [email protected], o día 10 de xuño, a relación de persoas inscritas para realizar as probas de acceso en cada especialidade e itinerario, ordenadas alfabeticamente, con apelidos, nome e número do documento nacional de iden-tidade, e centros a que opte, ordenados segundo a súa preferencia.

e) A relación de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios de cada centro o día 13 de xuño, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es

Cuarto. Desenvolvemento das probas

a) As probas específicas de acceso comezarán o día 20 de xuño, de acordo co calenda-rio que para tal efecto estableza a comisión de acceso.

b) Os conservatorios organizarán a distribución horaria e de espazos de actuación de cada tribunal.

c) Proba específica.

– Especialidade: Composición. A proba consistirá en:

• Parte A: realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.

• Parte B: presentación e defensa oral de obras e traballos realizados polo/a candidato/a.

• Parte C: interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

– Especialidade: Dirección. A proba consistirá en:

• Parte A: interpretación dun programa de ata vinte minutos no instrumento principal ou voz (no caso do canto) integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4

Page 5: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15703

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

• Parte B: análise dunha obra orquestral ou coral por proposta do tribunal.

• Parte C: lectura á vista no piano dun fragmento musical escollido polo aspirante de entre dous propostos polo tribunal.

• Parte D: realización dun ditado a catro voces de entre oito e doce compases de dura-ción

– Especialidade: interpretación (agás itinerario de jazz). A proba consistirá en:

• Parte A: interpretación dun programa de ata trinta minutos integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.

• Parte B: análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal.

• Parte C: lectura á vista.

– Especialidade: interpretación, itinerario de jazz. A proba consistirá en:

• Parte A: interpretación dun programa ata trinta minutos, integrado por obras do reper-torio jazzístico. Será requisito indispensable que o aspirante improvise en cada unha delas.

• Parte B: análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.

• Parte C: lectura e improvisación á vista dunha obra ou fragmento de jazz.

– Especialidade: musicoloxía. Itinerario: etnomusicoloxía. A proba consistirá en:

• Parte A: análise histórico-estilística e defensa dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal.

• Parte B: realización dun comentario de texto ou traballo escrito por proposta do tribu-nal.

• Parte C: interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4

Page 6: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15704

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

– Especialidade: pedagoxía. Itinerario de linguaxe musical. A proba consistirá en:

• Parte A: interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

• Parte B: proba vocal individual.

• Parte C: composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. O/a aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.

d) Cada unha das distintas partes de que se compón a citada proba cualificarase de 0 a 10, con aproximación dun decimal, e é preciso acadar un mínimo de 5 en todas e cada unha das partes para superar a proba.

e) A cualificación total da proba será o resultado da suma ponderada das cualificacións das diferentes partes, unha vez que se teñan superado todas e cada unha delas, do se-guinte xeito:

– Especialidade Composición: (0,35 × A) + (0,15 × B) + (0,10 × C)

– Especialidade Dirección: (0,15 × A) + (0,15 × B) + (0,15 × C) + (0,15 × D)

– Especialidade Interpretación: (0,40 × A) + (0,15 × B) + (0,05 × C)

– Especialidade Musicoloxía: (0,30 × A) + (0,20 × B) + (0,10 × C)

– Especialidade Pedagoxía: (0,20 × A) + (0,20 × B) + (0,20 × C)

f) O resultado desta suma ponderada constituirá a cualificación da proba de acceso es-pecífica, e expresarase numericamente entre 0 e 10, con aproximación a dous decimais e arredodeamento á alza no caso de equidistancia do segundo decimal.

g) Concluída a proba específica, os tribunais publicarán a listaxe de persoas que su-peraron a proba e as non admitidas en cada especialidade, ordenadas por puntuación en orde decrecente.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4

Page 7: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15705

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

h) Unha vez obtida esta cualificación, e para o efecto de dar cumprimento ao previsto no punto primeiro, alínea c) da presente resolución, procederase á agregación ponderada desta cualificación e a que corresponda coa nota media do expediente, no caso dos candi-datos que acrediten posuír o título profesional de Música. Para este fin:

– A cualificación da proba desenvolvida nos conservatorios superiores de música para cada unha das especialidades e itinerarios constituirá o 60 % da cualificación final.

– A nota media do expediente, para o caso do alumnado que acredite estar en posesión do título profesional de música, constituirá o 40 % da cualificación final. No caso de alum-nado que realice as probas de acceso sen estar en posesión deste título, a puntuación que se agregará por este concepto será 0.

Quinto. Admisión do alumnado

a) Os conservatorios superiores comunicarán o día 30 de xuño á comisión a relación de aspirantes que superaron as probas de acceso, ordenados por puntuación e en orde decrecente, segundo as distintas especialidades.

c) A comisión, á vista das listaxes dos aspirantes que superaron a proba de acceso, de-terminará, en función do número de vacantes, os aspirantes que obtiveron praza nos res-pectivos conservatorios, e elevará a proposta á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

d) A listaxe de persoas admitidas en cada centro será comunicada aos respectivos con-servatorios o día 6 de xullo e exposta no portal educativo da Consellería de Cultura, Edu-cación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es

e) No caso de quedaren prazas vacantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá establecer un proceso extraordinario de acceso na primeira quincena de setembro.

Sexto. Reclamacións e recursos

a) Os acordos e decisións dos tribunais sobre as probas de acceso poderán ser obxecto de reclamación ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo de dous días hábiles. Este órgano deberá resolver as reclamacións no prazo de dous días hábiles.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4

Page 8: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15706

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

b) Contra as resolucións das reclamacións emitidas polo tribunal, a persoa interesada

poderá interpoñer recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa.

Sétimo. Matrícula

a) O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15

de xullo.

b) Para a formalización das solicitudes de matrícula os conservatorios facilitarán ás per-

soas interesadas os modelos para o efecto. Unha vez cubertos, entregarase unha única

instancia na secretaría do conservatorio, que se xuntará á documentación xa presentada.

A falta de formalización de matrícula no prazo estipulado, salvo causas debidamente xusti-

ficadas, implicará a perda do dereito a acceder a estas ensinanzas no curso 2016/17.

c) A posta en marcha de cada especialidade estará condicionada á existencia dun nú-

mero mínimo de alumnos e alumnas admitidos. Non se cuantifica para estes efectos o

alumnado repetidor.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

Manuel Corredoira López Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

• Comisión de acceso ás ensinanzas de grao en música para o curso 2016/17.Presidenta: Mª Teresa Bárbara Criado.Secretario: Esteban Valverde Corrales.Vogais: Rodolfo García Alonso, Andrés Vales González, Ana María Torres Estarque.

• Tribunais CMUS Superior da Coruña.

Composición:Presidente: Manuel A. Varela Sanjurjo.Vogais: Mario Seoane Blanco, Julián Rodríguez Rodríguez.Suplentes: Mª Paz Pita Vázquez, Antonio Peña Fernández.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4

Page 9: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15707

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Dirección:Presidente: Fernando López Briones.Vogais: Fernando Buíde del Real, Sergio Añón Lijó.Suplentes: César Concheiro Guerrico, Traugott Graser.

Interpretación. Itinerario Acordeón:Presidente: Fernando Fraga Traba.Vogais: Irina Moryatova Yakymicheva, Patricia T. Sánchez Cao.Suplentes: Rosa Mª García Barcia, Alfonso Vales.

Interpretación. Itinerario Canto:Presidenta: Mª Teresa Bárbara Criado.Vogais: Carolina Pérez Vázquez, Mario Seoane Blanco.Suplentes: Daniel Zacarés Costa, Pablo Diago Busto.

Interpretación. Itinerario Guitarra:Presidente: Eulogio García Fernández Albalat.Vogais: Ramón Carnota Méndez, Antonio Peña Fernández.Suplentes: Rodolfo García Alonso, Pablo Ruibal Armesto.

Interpretación. Itinerario Jazz:Presidente: Íñigo Azurmendi Muñoa.Vogais: Marcelino Galán Pérez, Joaquín García Souto.Suplentes: Alberto Conde de León, Roberto Somoza Fachado.

Interpretación. Itinerario Corda fretada (contrabaixo, viola, violín, violonchelo):Presidenta: Nerea Casanova Gilsanz.Vogais: Sergio Sieiro Rey, Carolina Landriscini Marín, Ana Ávalos Iranieta, Manuel Va-rela Sanjurjo.Suplentes: Rogelio Groba Otero, Clara Groba Otero.

Interpretación. Itinerario Percusión:Presidenta: Pilar García Ríos.Vogais: Luis Miguel Sobrevela Romaguera, Fernando Buíde del Real.Suplentes: Pedro Fernández Roque, Fernando Llorca Freire.

Interpretación. Itinerario Piano:Presidente: Javier Ares Espiño.Vogais: Giselle Grau Garcells, Patricia T. Sánchez Cao.Suplentes: José M. Yáñez Carballeira, Laura Mª Díaz Pérez.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4

Page 10: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15708

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Interpretación. Itinerario Vento madeira, (tribunal I: clarinete, saxofón):Presidente: Narciso Pillo Guerreiro.Vogais: José Mª Belló García, Julián Rodríguez Rodríguez.Suplentes: Maria de la O Gil Lago, Pablo Coello Rodríguez.

Interpretación. Itinerario Vento madeira, (tribunal II: frauta traveseira, óboe, fagot):Presidente: Miguel Gil Peris.Vogais: César Concheiro Guerrico, Jesús Coello Rodríguez, Ismael Vaquero Baquero, Fernando Buíde.Suplentes: Alicia González Permuy, Ricardo Blanco Rodríguez.

Interpretación. Itinerario Vento metal:Presidente: Benjamín Iglesias Martínez.Vogais: Arturo Centelles Fabado, Andrés Vales González, Ignacio Fernández Rodrí-guez, Mª Paz Pita Vázquez.Suplentes: Iago Ríos Martínez, Gonzalo Sánchez García.

Pedagoxía. Itinerario Pedagoxía xeral e da linguaxe musical:Presidenta: T. Matilde Rubio Mur.Vogais: Ana Mª López Castaño, Pilar Cancio López.Suplentes: Leticia Presa Freire, Tomás Sánchez Sánchez.

• Tribunais CMUS Superior de Vigo.

Composición:Presidente: José Antonio Cantal Mariño.Vogais: Carlos M. Cambeiro Alís, Jacobo Gaspar Grandal.Suplentes: Diego David Cuevas Sánchez, Juan Manuel Eiras Tojo.

Interpretación. Itinerario Canto:Presidenta: Beatriz Riobó Agulla.Vogais: Patricia Blanco Piñeiro, Pablo Beltrán Sobrado.Suplentes: Mª Teresa Novoa Freitas, Carlos Enrique Pérez Gómez.

Interpretación. Itinerarios Clave e viola da gamba:Presidenta: Alicia Alcayna Jesús.Vogais: Sara Ruíz Martínez, Jacobo Gaspar Grandal.Suplentes: Patricia Rejas Suárez, Rafael Muñoz Rodríguez.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4

Page 11: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15709

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Interpretación. Itinerario Corda fretada (contrabaixo, viola, violín e violonchelo):Presidente: Mario Peris Salom.Vogais: Álvaro Quintanilla Marful, Francisco Javier Escobar Vidal, Juan Carlos Villar del Saz Pardo, Juan Manuel Eiras Tojo.Suplentes: Leonardo Blanco Novoa, Manuel Martínez Álvarez-Nava.

Interpretación. Itinerario Guitarra:Presidenta: Margarita García Escarpa.Vogais: Antonio Rocha Álvarez, Carlos Cambeiro Alís.Suplentes: José Luis Fernández Rodríguez, Marta Vélez Pérez.

Interpretación. Itinerario Instrumentos de corda pulsada do renacemento e barroco:Presidente: Rafael Muñoz Rodríguez.Vogais: José Luis Fernández Rodríguez, Diego David Cuevas Sánchez.Suplentes: Antonio Rocha Álvarez, Margarita García Escarpa.

Interpretación. Itinerario Instrumentos da música tradicional e popular:Presidenta: Rebeca Carrera Argibay.Vogais: Xurxo Fernández Fernández, José Antonio Cantal Mariño.Suplentes: José Manuel Fernández González, Carlos Castro Roig.

Interpretación. Itinerario Percusión:Presidente: Carlos Castro Roig.Vogais: Vicent Grau i Díaz, Juan Manuel Eiras Tojo.Suplentes: Xurxo Fernández Fernández, Nicasio Gradaílle Peña.

Interpretación. Itinerario Piano:Presidenta: Rasa Biveiniene.Vogais: Severino Ortiz Rey, Diego David Cuevas Sánchez.Suplentes: Arabel Moráguez Garcell, Pablo Galdo Vigo.

Interpretación. Itinerario Vento madeira, (tribunal I: clarinete, saxofón).Presidente: Asterio Leiva Piñeiro.Vogais: Rafael Salvador Yebra Rivera, Emilio Lede Abal.Suplentes: Francisco Pérez Rodríguez, Roberto Noche García.

Interpretación. Itinerarios Vento madeira, (tribunal II: frauta traveseira, óboe, fagot):Presidente: Ricardo Pazo García.Vogais: Manuel Morales Fernández, Fernando Raña Barreiro, Óscar Araujo Comesaña, Emilio Lede Abal.Suplentes: Carlos Alejandro Troya Navarro, Esteban Valverde Corrales.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4

Page 12: Resolución DOG Xoves, 28 de abril de 2016 · Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes

DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15710

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Interpretación. Itinerario Vento metal:Presidente: Enrique Lorenzo Vila.Vogais: Jonathan Vázquez Carrera, Jesús Vicente Monzó, Adolfo Caride Rodríguez, Pablo Beltrán Sobrado.Suplentes: Javier Viceiro Filgueira, José Pons Boils.

Musicoloxía. Itinerarios Etnomusicoloxía e musicoloxía histórica:Presidente: Julio Carlos Alonso Monteagudo.Vogais: Javier Luis Jurado Luque, Roberto Francisco Relova Quinteiro.Suplentes: Carolina Hernández Abad, Luis Costa Vázquez.

Pedagoxía. Itinerario Pedagoxía xeral e da linguaxe musical:Presidenta: Josefina Alborés Núñez.Vogais: Nieves Salguero Núñez, María Josefa Torres Estarque.Suplentes: Isabel Gil Lloréns, Lilián de Arredondo Cuéllar.

CV

E-D

OG

: 0ip

qsfh

6-m

hn3-

26h8

-arb

4-11

mra

jifvn

j4