RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de...

24
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume Código web: 0336/2007 páxina 1 de 2 RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A MEMORIA AMBIENTAL NO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA Nome do plan: Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Pontedeume Órgano promotor: Concello de Pontedeume Código web: 0336/2007 ANTECEDENTES 1. O Concello de Pontedeume, como órgano promotor, comunicou o 03.09.2007 á anterior Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, o inicio da tramitación do Plan xeral de ordenación municipal (en diante Plan ou PXOM), acompañando dita comunicación dun documento de inicio, de conformidade co artigo 84.5 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística a protección do medio rural de Galicia (LOUG). 2. O documento de inicio foi exposto ao público a través da dirección web de avaliación ambiental estratéxica (AAE) de plans e programas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Avaliacion_ambiental, abríndose un prazo de consultas do 26.10.2007 ao 26.11.2007. Durante dito período, consultouse ao Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para que realizase os comentarios que estimase pertinentes en relación co Plan. 3. Tomando como base o documento de inicio e o resultado das devanditas consultas, a citada Secretaría Xeral elaborou o documento de referencia (DR) que foi emitido con data do 06.02.2008. 4. O Plan, incluído o informe de sustentabilidade ambiental (ISA), foi aprobado inicialmente por acordo do pleno da corporación municipal o 19.11.2009 e foi sometido ao proceso de información pública e consultas durante dous meses, tras a publicación do seu anuncio no DOG Núm. 234 do 30 de novembro de 2009 e nos xornais La Voz de Galicia e La Opinión do día 1 de decembro de 2009. 5. Con data do 04.10.2013 recíbese na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a documentación do Plan para se elabore, por parte deste órgano ambiental, a presente memoria ambiental. CONSIDERACIÓNS LEGAIS 1. A Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente derivada da transposición á lexislación estatal da Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de xuño de 2001, relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, ten por obxecto promover un desenvolvemento sustentable, conseguir un elevado nivel de protección do medio e contribuír á integración dos aspectos ambientais na preparación e aprobación de determinados instrumentos de planificación, como son os plans xerais de ordenación municipal, mediante a realización dun proceso de AAE. 2. A Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, indica no seu artigo 5.b) que os plans xerais de ordenación municipal serán en todo caso obxecto de AAE prevista na Lei 9/2006, do 28 de abril. 3. O Real Decreto Lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da lei do solo establece que a utilización do recurso solo debe facerse segundo o principio de desenvolvemento sostible, en virtude do cal se debe propiciar o uso racional dos recursos naturais harmonizando os requirimentos sociais, económicos e a protección do ambiente.

Transcript of RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de...

Page 1: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 1 de 2

RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A MEMORIA AMBIENTAL NO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

Nome do plan: Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Pontedeume

Órgano promotor: Concello de Pontedeume Código web: 0336/2007

ANTECEDENTES

1. O Concello de Pontedeume, como órgano promotor, comunicou o 03.09.2007 á anterior Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, o inicio da tramitación do Plan xeral de ordenación municipal (en diante Plan ou PXOM), acompañando dita comunicación dun documento de inicio, de conformidade co artigo 84.5 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística a protección do medio rural de Galicia (LOUG).

2. O documento de inicio foi exposto ao público a través da dirección web de avaliación ambiental estratéxica (AAE) de plans e programas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Avaliacion_ambiental, abríndose un prazo de consultas do 26.10.2007 ao 26.11.2007. Durante dito período, consultouse ao Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para que realizase os comentarios que estimase pertinentes en relación co Plan.

3. Tomando como base o documento de inicio e o resultado das devanditas consultas, a citada Secretaría Xeral elaborou o documento de referencia (DR) que foi emitido con data do 06.02.2008.

4. O Plan, incluído o informe de sustentabilidade ambiental (ISA), foi aprobado inicialmente por acordo do pleno da corporación municipal o 19.11.2009 e foi sometido ao proceso de información pública e consultas durante dous meses, tras a publicación do seu anuncio no DOG Núm. 234 do 30 de novembro de 2009 e nos xornais La Voz de Galicia e La Opinión do día 1 de decembro de 2009.

5. Con data do 04.10.2013 recíbese na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a documentación do Plan para se elabore, por parte deste órgano ambiental, a presente memoria ambiental.

CONSIDERACIÓNS LEGAIS

1. A Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente derivada da transposición á lexislación estatal da Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de xuño de 2001, relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, ten por obxecto promover un desenvolvemento sustentable, conseguir un elevado nivel de protección do medio e contribuír á integración dos aspectos ambientais na preparación e aprobación de determinados instrumentos de planificación, como son os plans xerais de ordenación municipal, mediante a realización dun proceso de AAE.

2. A Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, indica no seu artigo 5.b) que os plans xerais de ordenación municipal serán en todo caso obxecto de AAE prevista na Lei 9/2006, do 28 de abril.

3. O Real Decreto Lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da lei do solo establece que a utilización do recurso solo debe facerse segundo o principio de desenvolvemento sostible, en virtude do cal se debe propiciar o uso racional dos recursos naturais harmonizando os requirimentos sociais, económicos e a protección do ambiente.

Page 2: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 2 de 2

4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o procedemento de AAE pasa a constituír parte do propio proceso de tramitación do planeamento urbanístico, de conformidade co sinalado no artigo 7.1 da Lei 9/2006, do 28 de abril.

5. O artigo 85.5 da Lei 9/2002, do 30 de decembro establece que o órgano ambiental, no prazo de dous meses desde a recepción da documentación completa do Plan, elaborará a memoria ambiental co obxecto de valorar a integración dos aspectos ambientais da proposta. Esta memoria que ten carácter preceptivo, conterá as determinacións finais que deban incorporarse á proposta do Plan e que se terán en conta antes da súa aprobación definitiva.

6. Así mesmo, o artigo 85.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, sinala o deber de valorar por parte do órgano ambiental a vixencia do ISA no caso de que transcorresen tres anos ou máis dende que se emitiu o DR ata a chegada da documentación para memoria ambiental.

7. O Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, atribúe á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental funcións en materia de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, tendo a condición de órgano ambiental competente na Comunidade Autónoma de Galicia para a tramitación do procedemento de AAE, segundo o disposto no artigo 5 da Lei 9/2006, do 28 de abril.

Visto canto antecede, RESOLVO

Primeiro.- Aprobar a memoria ambiental do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Pontedeume, que se xunta.

Segundo.- Dar publicidade á presente Resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.- Validar a vixencia do ISA en cumprimento do artigo 85.4 da LOUG.

Cuarto.- Notificar esta Resolución ao Concello de Pontedeume, aos efectos oportunos.

O resultado do proceso de participación pública e consultas figura no anexo I.

Sen prexuízo dos deberes de publicidade que corresponden ao órgano promotor conforme ao artigo 14 da Lei 9/2006, do 28 de abril, os documentos xerados durante a tramitación, permanecerán a disposición do público na web de avaliación ambiental estratéxica de plans da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Avaliacion_ambiental.

Santiago de Compostela, a 2 de decembro de 2013

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Page 3: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 1 de 22

MEMORIA AMBIENTAL

Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Pontedeume

Índice

1. DESCRICIÓN DO PLAN

2. ANÁLISE DO INFORME DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL E DA SÚA CALIDADE

3. AVALIACIÓN DO PROCESO DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA E CONSULTAS

4. ANÁLISE DA PREVISIÓN DE EFECTOS SIGNIFICATIVOS DO PLAN

5. DETERMINACIÓNS FINAIS

6. MEDIDAS DE SEGUIMENTO AMBIENTAL

ANEXO I.- RESULTADO DO PROCESO DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA E CONSULTAS

Page 4: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 2 de 22

1. Descrición do Plan

O Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Pontedeume elabórase, segundo a información aportada, pola necesidade de suplir as deficiencias técnicas e documentais detectadas nas Normas subsidiarias de planeamento municipal (NSP) que datan do ano 1986, así como para resolver as inadaptacións do planeamento á normativa vixente.

O termo municipal, cunha superficie de 29,3 km², aséntase na desembocadura do río Eume e limita polo norte co Concello de Cabanas, ao leste cos de Monfero e Vilarmaior, ao sur co de Miño e ao oeste coa ría de Ares. A súa superficie distribúese en oito parroquias nas que se asentan as 76 entidades de poboación, sendo no núcleo urbano de Pontedeume onde se concentra a maior parte.

De cara á ordenación do termo municipal, nos diferentes documentos do Plan identificáronse os elementos que configuran o territorio, tanto físicos como naturais, destacando entre estes últimos o espazo natural das Fragas do Eume, recollido por varias figuras de protección (LIC, parque natural) pola súa calidade ambiental. Ademais, en Pontedeume existen importantes elementos patrimoniais recoñecidos polo que as Directrices de ordenación do territorio (DOT) o inclúen dentro dos concellos de interese do patrimonio cultural, que tamén clasifica ao núcleo de cabeceira como núcleo de identidade litoral.

Na táboa seguinte, extraída do apartado 6.2 Cadro resumo da clasificación do solo do termo municipal de Pontedeume da memoria xustificativa, recóllense os datos das superficies ocupadas polas diferentes categorías do solo:

Categorías de solo Superficie (m2)

Solo urbano 1.240.764,41

Solo de núcleo rural histórico tradicional 1.260.848,28

Solo de núcleo rural común 1.427.876,92

Solo urbanizable delimitado industrial 227.051,66

Solo urbanizable non delimitado industrial 140.025,27

Solo urbanizable non delimitado residencial 275.324,75

Solo rústico de protección paisaxística 2.581.373,71

Solo rústico de protección agropecuaria 5.375.259,89

Solo rústico de protección forestal 7.523.815,93

Solo rústico de protección de costas 1.791.905,64

Solo rústico de protección de infraestruturas 1.533.985,46

Solo rústico de protección de augas 2.389.084,54

Solo rústico de protección do patrimonio 283.957,20

Solo rústico de protección de espazos naturais 1.605.132,88

Solo rústico de protección ordinaria 53.184,89

Ámbito de superposición de solo rústico 666.220,46

Para definir a proposta de desenvolvemento do PXOM, realizouse unha estimación do crecemento demográfico, que se establece nun 14% respecto dos datos do ano 2012 (8.324 habitantes) para o horizonte temporal do Plan fixado en 20 anos. Desta estimación e da ordenación proposta resulta un incremento de 1.008 novas vivendas para os ámbitos de solo urbano (consolidado e non consolidado) e de núcleo rural, especificado na táboa da páxina 147 da memoria xustificativa.

Na clasificación dos asentamentos do Concello delimitáronse tres núcleos urbanos (Pontedeume, Ver e A Herbosa) xa incluídos nas NSP e un total de 56 núcleos rurais, tres dos cales, segundo a documentación aportada, se incorporaron no documento para aprobación provisional derivados da nova clasificación dos núcleos da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Page 5: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 3 de 22

No núcleo urbano definíronse dez ámbitos de solo urbano non consolidado, que difiren en localización respecto dos propostos no documento de aprobación inicial e que se dividiron en tres grupos segundo as necesidades ás que dar resposta (vinculados á apertura dunha vía, formando parte de baleiros urbanos ou situados no límite do solo urbano como remate da malla). Así, no núcleo de Pontedeume delimitáronse seis destes ámbitos, un no núcleo de Ver e tres no da Herbosa.

Respecto ao solo urbanizable propuxéronse dous ámbitos de solo urbanizable delimitado de uso industrial-terciario nas proximidades do actual parque empresarial do Vidrieiro (URDI-1 EINSA, con ordenación detallada, e URDI-2 LEITE CELTA) e dous de solo urbanizable non delimitado, un de uso industrial (URNDI-1 Vidrieiro) que enlaza o actual parque empresarial e o URDI-2, completando así a superficie industrial proposta nas actuais NSP, e outro de uso residencial (URNDR-1 Chapizos) ao leste do núcleo de Pontedeume, pechando a malla urbana.

En canto ao solo urbanizable URDI-2 LEITE CELTA, nesta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, tense constancia de que se está a elaborar un plan de sectorización para ese ámbito, do que non se coñece o seu estado na tramitación, pero que terá que definirse en coherencia coa proposta de PXOM.

O resto do termo municipal delimitouse nas diferentes categorías de solo rústico, de especial protección e ordinario, incluíndo nesta última, segundo a documentación, aqueles terreos que non posúen ningún valor e que poden servir para resolver novas situacións sobrevidas durante a vixencia do Plan. Para a definición do solo de especial protección atendeuse ás características dos terreos, e dentro delas consideráronse ademais os espazos de interese e os corredores definidos polo Plan de ordenación do litoral (POL), de acordo con cada tipo de área.

Ademais propuxéronse unha serie de actuacións de cara á mellora do sistema de comunicacións e das infraestruturas básicas, entre as que destaca a execución da EDAR de Ver, o incremento da superficie de zonas verdes e espazos libres, así como a creación de equipamentos.

Para o desenvolvemento destas bolsas de solo e a execución das actuacións propostas estableceuse unha programación temporal organizada en tres cuadrienios aos que, segundo a documentación, se lle suman oito anos máis para solapamento e remate das actuacións; dando lugar aos 20 anos que se fixan como horizonte do PXOM.

2. Análise do informe de sustentabilidade ambiental e da súa calidade

Para dar cumprimento ao artigo 85.4 da LOUG, polo que se o promotor presenta a documentación para elaborar a memoria ambiental transcorridos tres anos ou máis dende a emisión do DR, o órgano ambiental deberá valorar a vixencia do ISA; a continuación, apórtase unha avaliación dos diferentes epígrafes do documento incluíndo as variacións a incorporar derivadas desta circunstancia.

De forma xeral en canto á documentación do Plan, cómpre sinalar que na información contida nos diferentes documentos queda reflectido o longo proceso de elaboración sufrido por este planeamento, aportándose datos non actualizados na análise do medio e introducindo modificacións, derivadas probablemente da información pública, que non se trasladaron á totalidade dos documentos.

Análise dos condicionantes previos no ámbito de influencia

Este apartado desenvólvese no epígrafe 2. Análise obxectiva da contorna, estruturado en varios puntos nos que, de forma xeral, se aporta unha visión xeral do Concello. No entanto, nalgúns casos considérase que a información contida neles non aporta unha caracterización suficiente no ISA, tendo que botar man doutros documentos. Ademais, a información tratada carece dun enfoque analítico, sendo esta eminentemente descritiva, o que non permite facer unha aproximación das necesidades do termo municipal para poder ordenar en consecuencia.

Page 6: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 4 de 22

Con isto, de seguido defínense os diferentes puntos tratados neste apartado, incidindo naquelas carencias detectadas no seu tratamento. Na definición do ámbito de influencia, na que se describiu a localización do Concello en relación coa provincia e a comarca, non se tivo en conta o modelo de asentamentos definidos polas Directrices de ordenación do territorio (DOT) que vinculan a Pontedeume coa Rexión urbana Ártabra nin o Plan de ordenación do litoral (POL), como plan territorial integrado de rango superior.

Para a caracterización ambiental do Concello definíronse os elementos do medio físico e natural que configuran o territorio, entre os que quedaron identificados, de forma xeral, os elementos e espazos naturais, incluídos nos diferentes catálogos. No entanto, nesta descrición bótase en falta unha maior análise das especies de fauna en flora, considerando entre elas as relacionadas no Decreto 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas e se actualiza dito catálogo. Das recollidas nese decreto, en Pontedeume atópanse, entre as especies de fauna, a escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus lusitanica), a rá do monte (Rana temporaria) e o sisón (Tetrax tetrax), e entre as de flora, tres variedades de fentos (Dryopteris guanchica, Hymenophyllum tunbrigense e Woodwardia radicans). Respecto da escribenta das canaveiras, segundo información cartográfica da Dirección Xeral de Conservación da Natureza o Concello se inclúe nunha “área de potencial presenza” desta especie, polo que terá que terse en conta o Decreto 75/2013, do 10 de maio, polo que se aproba o plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L.subsp lusitanica Steinbacher) en Galicia, que no seu artigo 9 b) sinala que “os plans e programas comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 9/2006, do 28 de abril, cando poidan afectar ao ámbito da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras, deberán avaliar os seus efectos sobre o mesmo e sobre a posible recuperación da súa poboación”.

Ademais, realizouse un estudo da paisaxe do termo municipal no que se detectaron unha serie de deficiencias, polo que non se pode considerar axeitado; así:

- Relacionáronse dous grupos de unidades de paisaxe entre os que non se detecta relación; por unha banda, citáronse seis unidades de paisaxe, que non se describiron pero ás que se fai referencia na normativa do Plan (epígrafe 5.4.4 Medidas específicas nas unidades de paisaxe) e pola outra, definíronse as unidades de paisaxe do POL, para as que se xuntou o correspondente mapa na documentación gráfica, pero que non se consideraron na normativa. En canto a isto, e dada a falta de descrición gráfica e escrita das unidades citadas na normativa, non se pode saber a relación que existe entre estas e as do POL, polo que non se pode dar como correcta esta definición de unidades de paisaxe.

- No estudo da paisaxe non se analizou a calidade paisaxística, so se analiza a súa fraxilidade, e a información aportada sobre as cuncas visuais resulta escasa. En canto a fraxilidade, cómpre sinalar que non existe coherencia entre o grafismo empregado nas táboas e o das imaxes aportadas, ademais de que o bosquexo da páxina 66, no que se cruza o mapa de fraxilidade visual e as zonas de actuación, non parece corresponderse co termo municipal de Pontedeume.

- Na documentación cartográfica do Plan achégase un único plano correspondente ao estudo da paisaxe (I-6 Cuncas de interese paisaxístico); no entanto, nel non queda recollida a información do estudo realizado, en canto á análise da fraxilidade e os esquemas de cuncas visuais, páxinas 61 e 62 do ISA, obtidos a partires dos puntos de observación definidos.

En canto á análise socioeconómica, esta non se pode considerar axeitada en tanto que non reflicte a realidade actual, posto que os datos empregados na maior parte dos documentos chegan ata o ano 2004. Neste sentido, cómpre recordar a necesidade de empregar información actualizada na análise do Concello, de xeito que a proposta de ordenación dea resposta ás necesidades reais.

Respecto aos servizos urbanísticos, no ISA bótase en falta que se aporte un resumo da información relativa aos sistemas de abastecemento e saneamento do Concello contido nas memorias informativa e xustificativa. Así, no ISA unicamente se xunta un esquema das redes actuais e previstas para os servizos de abastecemento e saneamento, a unha escala que non aporta información algunha, polo

Page 7: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 5 de 22

que terá que completarse esta información para poder considerar como axeitada a definición deste punto.

No relativo aos plans, programas e estratexias, no apartado correspondente terán que quedar recollidos exclusivamente aqueles plans cuxo ámbito de aplicación afecta á totalidade ou a parte do territorio de Pontedeume, tendo que ser consideradas as súas determinacións durante o proceso de elaboración do PXOM. Ademais, hai que sinalar que os plans que se definan neste punto terán que ser os mesmos que posteriormente se empreguen no apartado de análise de coherencia, xustificando deste xeito a súa consideración durante todo o proceso da planificación.

Así mesmo, en relación co estudo do termo municipal contido na memoria xustificativa, elaborouse un apartado sobre a problemática urbanística de Pontedeume que se dividiu en: clasificación do solo, papel do Concello na área de influenza, infraestruturas e dotacións, protección do patrimonio e do medio e ordenanzas urbanísticas, no que se xunta información que non está completa e con datos referidos a fases anteriores da planificación, indicando nalgún punto que se trata do documento de avance do Plan.

Obxectivos

A pesares de que os obxectivos definidos no ISA para o PXOM van na liña do recollido no DR, trátase de obxectivos xenéricos, non específicos para o Concello de Pontedeume. Neste sentido, cómpre recordar que ademais de definir estes obxectivos, terán que relacionarse unha serie de obxectivos concretos adaptados ás necesidades do termo municipal e de acordo coas potencialidades e deficiencias detectadas na análise realizada. Para elo, é preciso que o estudo do medio que se realice teñan un enfoque máis analítico, de modo que se permitan definir os obxectivos adecuados ás súas características.

Análise das alternativas

No tratamento deste apartado como medio para definir a proposta de ordenación, formuláronse dúas alternativas ademais da cero, das que soamente unha (a elixida) se pode considerar real, ademais de técnica e ambientalmente viable. En canto a isto hai que facer mención á matriz elaborada para a elección da alternativa en función do cumprimento dos criterios na que, ademais de que semella que os valores asignados son aleatorios, nos valores obtidos pola alternativa un queda reflectida a súa inviabilidade, en canto que dan unha idea de que con ela non se procura o desenvolvemento sustentable do medio.

Ademais, respecto da documentación gráfica deste apartado cómpre salientar que debería aportarse un único esquema de cada alternativa, que se corresponderá, en canto a grafismo e código de cores, co plano de alternativas que se xunta co documento. Neste sentido, indicar que a delimitación dos núcleos rurais dos esquemas das páxinas 85 e 86 do ISA, non atenden á clasificación definida na Lei 2/2010, do 25 de marzo, e que ademais o código de cores empregado é diferente en cada unha das alternativas, polo que se dificulta a súa comparación.

Análise dos efectos da alternativa seleccionada sobre as variables de sustentabilidade e o

deseño de medidas

De forma xeral, a definición destes apartados no ISA non se considera axeitado, xa que o tratamento da información contida resulta confuso e ademais, nalgúns casos semella errónea a aplicación da metodoloxía empregada, que non quedou explicada. Con isto, a continuación faise unha valoración máis detallada destes dous apartados (identificación dos efectos e deseño de medidas), incidindo naqueles aspectos que non se adecúan ao esixido.

Na identificación dos efectos realizouse previamente unha descrición moi extensa na que se definiron como actuacións do PXOM susceptibles de producir efectos a propia clasificación do solo, xustificando cada unha das categorías delimitadas. Baixo o epígrafe 5.2. Efectos significativos sobre cada variable, definiuse a intención da planificación en cada unha das variables, incluíndo nalgunhas delas os efectos identificados de xeito claro (economía e poboación ou medio industrial) e non

Page 8: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 6 de 22

quedando definidos noutras (mobilidade, ciclo hídrico ou solo). Ademais, xuntáronse unhas fichas nas que se fixo unha aproximación dos efectos sobre as variables de cada ámbito de desenvolvemento e se propuxeron medidas para minimizalos. En canto a estas fichas, cómpre indicar que se bota en falta que se identifiquen os efectos para todas as variables para as que se espera un efecto negativo e que se propoñan as medidas relacionadas con eles.

Finalmente, xúntanse unhas matrices resumo nas que se fai a valoración dos efectos sobre as variables, e á vista da información contida nelas cómpre facer unha serie de observacións de cara á súa modificación:

- De forma xeral debería estar explicada a metodoloxía empregada.

- Non se achegan os mesmos datos nas táboas 19 e 20 (páxinas 130-131 do ISA) e nas seguintes; así, nestas dúas primeiras táboas bótase en falta a variable economía e ademais faise alusión á clasificación de solo urbanizable residencial, como solo delimitado, cando no Plan que se presenta o residencial é non delimitado.

- Os efectos identificados na táboa 20 (páxina 131 do ISA) non se poden considerar axeitados, xa que non queda claro de que modo afecta a clasificación do solo ás variables. Como exemplo desto pódese citar o efecto definido como positivo que se lle asigna á clasificación do solo de núcleo rural tradicional sobre a biodiversidade.

- Nesta mesma táboa, tendo en conta o baremo empregado para a caracterización dos efectos (dende moi positivo a moi negativo pasando polo neutro) enténdese que todos os cruces resultantes dos efectos e accións terían que estar valorados; no entanto, existen moitas que non contan con valoración algunha.

- Na táboa seguinte (páxinas 132-133 do ISA) na que se codifican os efectos identificados para as variables, que non se corresponden totalmente cos definidos anteriormente, considérase que non están correctamente descritos, xa que en moitos casos se define o efecto como “afección” sen concretar de que tipo é. Nesta mesma táboa, respecto do efecto codificado como 2, sinalar que resulta raro que se considere como un efecto negativo sobre a paisaxe a clasificación do solo rústico en xeral.

- Asemade, respecto da caracterización dos efectos realizada na última táboa deste documento (páxinas 135-136 do ISA) hai que indicar que semella que esta se realizou ao inverso do esperado. Como exemplo desto, facer mención á valoración da variable sociedade, na que se indica como pouco probable a dinamización socioeconómica do Concello ou a mellora da calidade de vida.

En canto ao deseño de medidas hai que indicar que, a pesares de que estas se relacionaron cos efectos identificados, a súa definición non se realizou de xeito claro, aportando unicamente a referencia ao punto do normativa no que se atopan. Estas referencias á normativa (táboa do epígrafe 6.3 Síntese das medidas normativas recollidas no PXOM) non se achegan para todas as variables, botándose en falta na de mobilidade ou edificacións.

Asemade, na verificación da inclusión das medidas na normativa bótanse en falta aquelas que se citan na primeira parte do apartado 6. Deseño de medidas onde, entre outras se recolle a necesidade de elaborar un estudo de impacto e integración paisaxísticas para todos os ámbitos de solo urbano non consolidado ou urbanizables situados a menos de 500 metros do mar (páxina 142 do ISA) ou a de que a impermeabilización do solo ten que ser inferior ao 60% da superficie urbanizada.

Polo tanto, respecto das medidas propostas cómpre facer fincapé en que estas terán que quedar definidas de xeito claro, relacionadas cos efectos identificados e trasladadas á normativa do Plan para que quede garantida a súa aplicación.

Page 9: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 7 de 22

Plan de seguimento

A consideración da participación do órgano ambiental no proceso de seguimento a través da remisión dos datos obtidos dos indicadores de seguimento, tal e como se recolle no ISA, adecúase ao indicado no DR. No entanto, en canto aos indicadores propostos cómpre sinalar que estes non se consideran axeitados, posto que non aportan datos concretos que contribúan a verificar o cumprimento dos obxectivos ambientais.

Polo tanto, o plan de seguimento que se xunte na proposta definitiva do Plan incorporará os indicadores de seguimento precisos que permitan validar o cumprimento dos obxectivos propostos, en coherencia cos criterios de sustentabilidade definidos no DR, tomando como referencia os que figuran no apartado “Seguimento do Plan xeral” dentro da sección de “Instrumentos de planeamento urbanístico”, na páxina web http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Avaliacion_ambiental da avaliación ambiental estratéxica de plans e programas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ao mesmo tempo, en relación coa periodicidade para a remisión dos informes ao órgano ambiental, indicar que á vista das actuacións propostas na planificación, que esta podería facerse de acordo coa programación temporal do Plan, non sendo en principio precisa a medición anual que se recolle.

Viabilidade económica da alternativa seleccionada

En relación con este apartado, é preciso facer alusión á falta de actualización da información contida no documento de estratexia de actuación e estudo económico, no que se recollen datos económicos correspondentes ao período 1998-2004, que será preciso actualizar.

Ademais, a pesares de que na información contida neste apartado queda xustificada maiormente a viabilidade económica do Plan, sinalándose que nos orzamentos aportados para as actuacións propostas tense en conta a partida correspondente co plan de seguimento, que será responsabilidade do promotor, bótase en falta que se inclúa a destinada á aplicación das medidas preventivas e correctoras propostas.

Análise da coherencia

De forma xeral, neste apartado quedou analizada a coherencia interna e externa do Plan; no entanto, nas matrices que se achegan detectáronse algunhas incoherencias nos termos empregados, ademais dalgunha deficiencia na aplicación da metodoloxía que é preciso modificar. Así, na matriz de análise da coherencia entre os obxectivos ambientais e as variables estratéxicas, resulta confuso que previamente, na introdución do apartado 9. Análise de coherencia, se refira a ela como “coherencia entre elementos estratéxicos obtidos da análise obxectiva da contorna e os obxectivos establecidos” cando en realidade de trata das variables e os seus criterios de sustentabilidade. Ademais, nesta mesma matriz empregáronse uns obxectivos que non coinciden cos definidos no apartado correspondente e que, á vista de como están formulados, non se poden considerar como tales.

Pola súa banda, na matriz de análise da coherencia transversal co planeamento sectorial (coherencia externa) relacionáronse algúns plans que non teñen aprobación definitiva ou que non se corresponden co ámbito do Concello, como é o caso do Plan sectorial de solo con destino a vivenda protexida ou do Plan Hidrolóxico da Demarcación do Miño-Sil, respectivamente. Así mesmo, na valoración realizada detéctase que non se considerou a afección sobre certas variables, como son as de ocupación do territorio ou atmosfera para o Plan de xestión de residuos industriais e solos contaminados de Galicia.

Respecto da análise de compatibilidade estratéxica (ACE) esixida polas DOT que tamén forma parte da análise da coherencia externa, esta quedou recollida unicamente no documento da memoria xustificativa; no entanto, para poder considerar este apartado completo, deberá ser traslada ao ISA.

Page 10: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 8 de 22

3. Avaliación do proceso de participación pública e consultas

O Concello de Pontedeume aprobou inicialmente o seu PXOM con data do 19 de novembro de 2009, documento que se someteu ao trámite de información pública e consultas polo prazo de dous meses, de acordo co artigo 85.2 da LOUG, tras a súa publicación no DOG Núm. 234, do 30 de novembro de 2009 e nos xornais La Voz de Galicia e La Opinión do día 1 de decembro de 2009.

Este proceso de información pública adecúase ao DR emitido en tanto que, ademais da solicitude dos informes sectoriais, tamén se consultaron ás Administracións públicas identificadas. No entanto, tendo en conta que pasaron máis de tres anos dende a emisión do DR, de acordo co artigo 85.4 da LOUG, pódese se sinalar que, de cara a completar este procedemento, sería preciso identificar e consultar ao público interesado.

Na táboa seguinte relaciónanse as Administracións públicas e a data na que foron consultadas para esta fase, indicando ademais a data da resposta.

INFORMES SOLICITADOS

Administracións públicas e organismos Data solicitude Data resposta

Delegación do Goberno en Galicia 04.12.2009 20.06.2011

--

Subdelegación do Goberno da Coruña. Área de Industria e Enerxía 09.12.2009 27.04.2010

Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Demarcación de Costas do Estado en Galicia

04.12.2009 05.02.2010 04.12.2012 17.12.2012

29.01.2010 10.12.2012 28.01.2013

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Dirección Xeral de Telecomunicacións. Xefatura provincial da Coruña

04.12.2009 18.01.2010

Ministerio de Fomento. Secretaría Xeral de Infraestruturas. Demarcación de Estradas do Estado en Galicia

04.12.2009 04.12.2012 26.06.2013

07.12.2010 06.02.2013 04.07.2013

Ministerio de Fomento. Dirección Xeral de Infraestruturas Ferroviarias 04.12.2009 05.01.2010

Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (adif). Patrimonio e Urbanismo

27.01.2010 10.02.2010

Ministerio de Fomento. Dirección Xeral de Aviación Civil 04.12.2009 05.04.2010 07.11.2011

Ministerio de Fomento. Autoridade Portuaria da Coruña. Portos do Estado 04.12.2009 17.12.2009

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Servizo de Autorizacións e Informes sectoriais

09.12.2009 04.02.2011 04.12.2012 31.01.2013

26.07.2011 27.02.2013

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

09.12.2009 09.02.2010

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Dirección Xeral de Infraestruturas (Axencia Galega de Infraestruturas)

09.12.2009 04.12.2012 05.04.2013

24.05.2010 26.04.2013

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Augas de Galicia

09.12.2009 15.06.2010

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe

01.07.2011 28.10.2011

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Instituto Galego de Vivenda e Solo. Dirección Técnica da Vivenda e Solo

09.12.2009 25.01.2010

Page 11: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 9 de 22

INFORMES SOLICITADOS

Administracións públicas e organismos Data solicitude Data resposta

Consellería do Medio Rural. Dirección Xeral de Conservación da Natureza 09.12.2009 04.02.2011

28.07.2011

Consellería de Medio Rural. Dirección Xeral de Montes 09.12.2009 04.12.2012

08.03.2010 15.03.2013

Consellería de Medio Rural. Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural 07.06.2011 --

Consellería do Mar. Ente Público Portos de Galicia 09.12.2009 04.02.2011 04.12.2012

06.06.2011 12.12.2012 15.05.2013

Consellería de Cultura e Turismo. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural 09.12.2009 04.02.2011 03.12.2012 13.12.2012 25.02.2013 05.04.2013

02.06.2011 09.07.2013

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Servizo de Coordinación da Área Cultural

19.10.2012 13.12.2012 04.03.2013 03.06.2013

Consellería de Economía e Industria. Rexistro Mineiro-Departamento Territorial da Coruña

07.06.2011 23.02.2012

Deputación provincial da Coruña 09.12.2009 09.03.2010

Concello de Cabanas 09.12.2009 --

Concello de Miño 09.12.2009 --

Concello de Monfero 09.12.2009 --

Concello de Vilarmaior 09.12.2009 --

Durante o período que estivo exposto o documento de aprobación inicial do Plan, recibíronse informes de 22 das Administracións públicas consultadas e 615 alegacións de particulares, que solicitaban maioritariamente cambios na clasificación do solo para incluír parcelas lindeiras cos núcleos urbanos e rurais. En canto a estas, tras a valoración do equipo redactor foron estimadas un total de 162, 58 parcialmente estimadas, 385 non estimadas e 10 irresolubles.

O resultado deste proceso de información pública non foi tratado de forma axeitada no informe de participación e consultas elaborado, posto que non se describiu o proceso levado a cabo e non se xuntou a xustificación da integración do conxunto de informes e alegacións recibidas durante ese período. Esta información aparece parcialmente recollida na proposta de memoria ambiental, na que se describiu o proceso e se xustificou a consideración dalgúns informes.

No anexo I. Resultado do proceso de participación pública e consultas, no que se transcribe a información aportada polo promotor respecto dos informes recibidos bótanse en faltan algúns deles, como o da Dirección Xeral de Aviación Civil ou da Dirección Xeral de Infraestruturas Ferroviarias.

Polo tanto, terá que completarse o informe de participación e consultas coa información recollida na proposta de memoria, incluíndo ademais o resumo dos informes recibidos e a xustificación da integración de todos eles.

Page 12: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 10 de 22

4. Análise da previsión de efectos significativos do Plan

En relación co recollido anteriormente no apartado de Análise dos efectos da alternativa seleccionada sobre as variables de sustentabilidade e o deseño de medidas e sen menoscabo do alí sinalado, a continuación faise unha análise por variables, en base ao aportado polo órgano promotor, da consideración dos efectos sobre elas.

Ademais, en cumprimento do artigo 85.4 da LOUG, apórtase unha breve valoración da integración dos criterios de sustentabilidade definidos para as variables, actualizando estas ás incorporadas á AAE tras a aprobación das DOT.

Paisaxe

Os efectos que o desenvolvemento do Plan pode ter sobre a paisaxe defínense no ISA de forma xeral como negativos para aquelas actuacións derivadas da clasificación como solo urbano, urbanizable e de núcleo rural e como positivos para as de clasificación como solo rústico.

Respecto desta variable, e tal como se sinalou previamente no punto Análise dos condicionantes previos no ámbito de influencia, o estudo da paisaxe realizado non é correcto, en tanto que non se analizou a calidade paisaxística do termo municipal, resulta confusa a duplicidade nas unidades de paisaxe e os esquemas gráficos que se aportan non ofrecen información precisa.

Así, en canto á documentación cartográfica cómpre sinalar que esta resulta escasa e pouco definida, non quedando recollidos a unha escala axeitada que permita a súa interpretación o resultado dos estudos realizados (fraxilidade da paisaxe, definición das cuncas visuais e identificación das unidades da paisaxe). Ademais, respecto ao estudo da fraxilidade, na superposición deste mapa cos ámbitos de desenvolvemento, detéctase que estes se localizan nas zonas definidas como de fraxilidade alta e moi alta.

Polo tanto, e a pesares de que na normativa do Plan e define un apartado específico en relación con esta variable e na ordenación parece que si se tivo en conta, non se pode considerar axeitado o tratamento que se fixo da paisaxe na documentación, en tanto que o estudo previo empregado de base non é axeitado, tendo que concretarse e completarse as cuestións sinaladas neste punto e no da Análise dos condicionantes previos no ámbito de influencia.

Patrimonio natural

Para o medio natural, recóllese que en en xeral os efectos do Plan serán positivos ou neutros, considerando unicamente como negativos aqueles derivados da clasificación de solo urbanizable. Con isto, e atendendo á información da táboa 20, non queda clara esta afirmación posto que non se achega a caracterización da maior parte dos “efectos” identificados e noutros esta non parece correcta, como é o caso da consideración como efecto positivo da clasificación do solo urbano consolidado sobre a biodiversidade.

Así mesmo, e tal e como se citou previamente no apartado de Análise dos condicionantes previos no ámbito de influencia, na análise do medio realizada bótase en falta a identificación, de acordo cunha fontes de datos actualizada e oficial, as especies de flora e fauna do Concello, entre as que se poden citar para as de fauna, a escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus lusitanica), a rá do monte (Rana temporaria) e o sisón (Tetrax tetrax), e entre as de flora, tres variedades de fentos (Dryopteris guanchica, Hymenophyllum tunbrigense e Woodwardia radicans) recollidas no Catálogo galego de especies ameazadas. Ademais, en canto a escribenta das canaveiras, terá que avaliarse a posible afección do planeamento sobre ela, de acordo co artigo 9 b) do Decreto 75/2013, do 10 de maio.

Patrimonio cultural

A pesares de que en xeral non se considera que se podan producir efectos negativos sobre esta variable, de cara a minimizar as posibles afeccións sobre calquera dos elementos identificados no catálogo do PXOM, defínense unha serie de medidas concretas no documento da normativa, entre as

Page 13: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 11 de 22

que tamén se inclúen algunhas relativas a como actuar no caso de que durante a fase de obras se produzan achados arqueolóxicos non catalogados. Polo tanto, á vista da información relativa a esta variable, pódese considerar que se integrou axeitadamente no planeamento.

Ocupación do territorio

Para esta variable identificáronse como negativos os efectos derivados da clasificación do solo urbano non consolidado, de núcleo rural común e urbanizable, definindo estes de forma axeitada. No entanto, respecto da ocupación do solo non se definiron medidas concretas para todas os efectos identificados, como é o caso da codificada como 37. Artificialización do solo, perda de solo natural nas novas actuacións ou expansións de usos.

Ademais, para esta variable é preciso que se aporte unha análise detallada dos riscos na que se identifiquen tanto os riscos naturais como os tecnolóxicos. Respecto desta análise, cómpre indicar que na documentación do Plan (no estudo do medio rural e no ISA) achégase unha breve descrición destes, pero non está completa xa que unicamente se centra nos riscos de inundacións e incendios forestais, non considerando o resto de riscos que logo se grafan na documentación cartográfica (zonas de risco de incendio, de pendente superior ao 40%, zonas con probabilidade de inundación e a ARPSI).

Polo tanto, terán que concretarse as medidas para contrarrestar os efectos identificados para esta variable e completarse a análise de riscos así como a documentación gráfica referida a eles, tendo en conta nesta a inclusión do Concello nunha zona clasificada como de perigo alto polo Plan especial de protección civil fronte a emerxencias por accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril en Galicia.

Para realizar o estudo, recoméndase empregar metodoloxías propias para a valoración de riscos na ordenación do territorio, como pode ser a proposta por Gustavo Aguirre Murúa (2005) no seu artigo “La valoración de los riesgos en la ordenación del territorio: metodología práctica”, publicado no boletín da Asociación de Geógrafos de España, nº 40 (páx. 393-405), ou outras publicacións realizadas polo Instituto Geológico y Minero de España (IGME).

Sociedade

Os efectos identificados sobre esta variable considéranse positivos para aquelas actuacións derivadas da clasificación como solo urbano, urbanizable, de núcleo rural, equipamentos e zonas verdes, namentres que para o resto se definen como neutras. En canto a isto, cómpre sinalar que si ben se atopan definidos axeitadamente estes efectos positivos, tamén terían que estar caracterizados como positivos os relacionados coa clasificación do solo rústico, en tanto que esta clasificación contribúe a unha mellora da calidade de vida da poboación.

Ademais, en canto a esta variable, é preciso facer referencia ao estudo demográfico realizado, no que se ben se aprecia un lixeiro crecemento na poboación nos datos aportados (ata o ano 2003), a partir dese momento se produce un lixeiro descenso dela, polo que a execución dos desenvolvementos no tempo terá que vir apoiada nunha demanda real de vivenda.

Economía

Esta variable non foi incluída nas táboas 19 e 20 do ISA, aínda que si se incorporou nas seguintes, onde se definiron para ela uns efectos que de forma xeral se caracterizaron como positivos. Con isto, cómpre sinalar que se bota en falta unha coherencia entre as diferentes matrices, que terá que ser corrixida.

Ademais, e a pesares de que se pode considerar que os efectos derivados da execución do Plan serán positivos para a economía do Concello, os datos manexados na análise da contorna non están actualizados, podendo non coincidir as necesidades actuais coas relativas á información aportada. Neste sentido, remarcar a necesidade de actualizar os datos relativos ao estudo socioeconómico.

Page 14: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 12 de 22

Mobilidade

Os efectos sobre esta variable definíronse en xeral como neutros e nalgún caso positivos; no entanto, esta definición non se pode considerar correcta posto que o desenvolvemento de calquera ámbito de solo urbanizable vai producir sobre o medio efectos negativos derivados dun incremento do número de desprazamentos. Neste sentido, cómpre recordar a necesidade de elaborar unha análise da mobilidade do municipio, na que queden identificados os problemas derivados do actual sistema, tendo en conta nela os diferentes modos de transporte e as infraestruturas asociadas a eles.

En canto a isto, nas DOT, na determinación 3.1.5 b) para o desenvolvemento e ordenación dos asentamentos, recóllese a necesidade de “garantir a accesibilidade e mobilidade prestando especial atención a fórmulas de transporte sustentable (colectivo, en bicicleta, a pé, etc.), en función das necesidades e características de cada un deles en concreto, para o cal se preverán as análises necesarias baseadas na consideración das necesidades de desprazamento existentes e derivadas das previsións do planeamento”.

Enerxía

En canto á variable enerxía, pódese considerar que o seu tratamento se realizou de forma axeitada, tanto na identificación dos efectos sobre o medio como no deseño de medidas que, aínda que non se definen de forma concreta no ISA, quedan recollidas na normativa do Plan, de cara á integración dos criterios de sustentabilidade.

Atmosfera e cambio climático

Respecto desta variable os efectos identificados non se poden considerar axeitados posto que na súa definición non se tiveron en conta as previsións de crecemento do Plan, para o que deberán terse en conta o incremento dos desprazamentos motorizados. Ademais, nas matrices de identificación e caracterización dos efectos (táboa 19 e seguintes) non quedaron definidos de xeito concreto.

En relación con esta variable hai que sinalar que o mapa de zonificación acústica que se xunta non cumpre coas especificacións do anexo V do Real Decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas. Polo tanto, o PXOM deberá incluír un plano, a unha escala mínima de 1/5.000, coa seguinte información:

- A delimitación do territorio en áreas acústicas, segundo os tipos definidos no citado artigo 5 e tendo en conta os criterios e directrices do anexo V para a súa delimitación.

- As zonas de servidume acústica e de reserva de son de orixe natural.

Esta zonificación acústica unicamente afectará as áreas urbanizadas e os novos desenvolvementos urbanísticos agás no referente as áreas dos tipos F e G.

Ademais na normativa e no ISA do PXOM deberanse establecer os obxectivos de calidade acústica aplicables ás áreas acústicas diferenciando entre as áreas urbanizadas existentes e o resto de áreas urbanizadas. No caso de delimitarse áreas tipo G deberanse definir uns obxectivos de calidade acústica específicos, en cumprimento do recollido no artigo 14.3 do Real Decreto 1367/2007, do 19 de outubro.

Ciclo hídrico

Para esta variable, na táboa 19, defínense como negativos os efectos derivados da clasificación do solo urbano, urbanizable e de núcleo rural e como neutros o resto (incluído o de solo rústico de especial protección de augas). Tal caracterización non se corresponde coa aportada na táboa 20 na que se lle asigna o signo de moi positivo, en xeral, á clasificación de solo rústico de especial protección. Así, á vista de que existe unha falta de coherencia entre estas dúas táboas e que a caracterización posterior dos efectos non a aclara, non se pode considerar axeitada a identificación e caracterización dos efectos, ademais de que se entende que, por coherencia, a clasificación de solo rústico de especial protección de augas tería que ser positivo.

Page 15: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 13 de 22

Así mesmo, respecto da clasificación do solo rústico de protección de augas, cómpre indicar que non está xustificada a súa redución (50 metros a cada marxe) respecto dos 100 metros da zona de policía que esixe o artigo 32 da LOUG e que tamén se recolle no informe de augas. En canto a esta distancia, identificouse unha incoherencia no apartado 5.1.1. Descrición das acción do PXOM onde se sinala que a zona de protección será de 25 metros a cada marxe.

Ademais, respecto do tratamento desta variable no ISA bótase en falta unha descrición dos servizos de abastecemento e saneamento, que se xunta nas memorias informativa e xustificativa. Así, á vista de que no ISA unicamente se aportan os esquemas das redes a unha escala que non permiten a súa valoración, este apartado debe ser completado coa información suficiente que permita coñecer o sistema actual, a súa cobertura, as deficiencias e as propostas para darlle resposta ás necesidades.

Ciclo de materiais

Á vista da información contida nos diferentes documentos do Plan respecto desta variable, pódese considerar que esta foi integrada na planificación de forma axeitada, en tanto que quedou descrito o actual sistema e se definiron correctamente os posibles efectos sobre ela, así como as medidas para minimizalos.

Ademais, na memoria xustificativa sinálase que dende o Concello estase a procura de darlle resposta ao tratamento dos residuos de obra, atallando deste xeito os problemas de vertedoiros incontrolados que se sinala que existen actualmente.

5. Determinacións finais

Tendo en conta o exposto nos apartados anteriores, conclúese que o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Pontedeume é ambientalmente viable; no entanto, para poder valorar como correctamente integrados os criterios establecidos no DR a proposta definitiva do PXOM terá que incorporar as seguintes determinacións:

1. No ISA modificaranse os seguintes apartados:

- Completarase a análise da contorna coas indicación realizadas sobre os elementos naturais e a paisaxe no apartado Análise dos condicionantes previos no ámbito de influencia e no de Análise dos efectos da alternativa seleccionada sobre as variables de sustentabilidade e o deseño de medidas e nas variables correspondentes (variables paisaxe e medio natural).

Xustificarase a redución, respecto da zona de policía, proposta na delimitación do solo rústico de especial protección de augas, en cumprimento do artigo 32 da LOUG e de acordo co recollido no informe de augas.

Realizarase unha análise dos riscos de acordo co indicado na variable ocupación do territorio, completando o mapa de riscos coa información obtida dese estudo.

Modificaranse os epígrafes relativos á identificación dos efectos e ao deseño das medidas sobre as variables, definindo e caracterizando estes de xeito máis claro, en coherencia co indicado no apartado Análise dos efectos da alternativa seleccionada sobre as variables de sustentabilidade e o deseño de medidas.

No plan de seguimento incluiranse os indicadores relacionados na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, segundo o indicado no apartado Plan de seguimento desta memoria.

Incorporarase no apartado 9. Análise de coherencia a ACE realizada da memoria xustificativa do Plan e corrixiranse as deficiencias detectadas na análise de coherencia interna e externa que se definen no apartado de Análise da coherencia desta memoria ambiental.

Page 16: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 14 de 22

Realizarase unha análise específica das necesidades de mobilidade derivadas dos desenvolvementos industriais previstos (URDI-1 EINSA e URDI-2 LEITE CELTA), dende e cara eles, considerando para elo os diferentes modos de transporte sustentable, en cumprimento da determinación 3.1.5 b) das DOT, cuxos resultados se trasladarán as fichas urbanísticas destes sectores.

Elaborarase un mapa de zonificación acústica seguindo as determinacións do anexo V do Real Decreto 1367/2007, do 19 de outubro, en canto escala, definición de obxectivos de calidade acústica e estudo de compatibilidade entre a zona industrial e o solo rústico de protección contiguo, de acordo co sinalado na variable atmosfera e cambio climático.

2. No informe de participación e consultas, xustificarase a integración do conxunto de informes recibidos, aportando un resumo da información contida neles, e indicaranse as datas de publicación no DOG, nos dos xornais e a do período que estivo exposto ao público.

Previa aprobación definitiva do Plan, elaborarase un informe sobre como foron integradas as determinacións expostas nos puntos anteriores, que lle será remitido, xunto coa documentación do Plan, ao órgano competente para resolver sobre a aprobación definitiva, encargado de velar pola adecuada incorporación ao Plan destas determinacións, segundo se indica no artigo 85.7 da LOUG.

Finalmente, segundo o disposto no artigo 14 da Lei 9/2006, do 28 de abril, unha vez aprobado o Plan definitivamente, o Concello de Pontedeume remitirá a esta Secretaría Xeral a seguinte documentación en soporte dixital:

A. Plan aprobado.

B. Unha declaración que resuma os seguintes aspectos:

- De que modo foron integrados no Plan os aspectos ambientais.

- Como se tomaron en consideración o ISA, os resultados das consultas, a memoria

ambiental, así como, cando proceda, as discrepancias xurdidas no proceso.

- As razóns da elección do Plan aprobado, en relación coas alternativas consideradas.

C. As medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio.

D. Un resumo non técnico sobre a documentación contida nos puntos B e C.

6. Medidas de seguimento ambiental

Segundo o artigo 15 da Lei 9/2006, do 28 de abril, o Concello ten a responsabilidade de realizar o seguimento dos efectos no ambiente resultantes da aplicación e execución do PXOM. Para elo elaborará un plan de seguimento, que ten como obxectivo identificar con prontitude os efectos adversos non previstos para poder aplicar as medidas correctoras para reducilos ou eliminalos. Asemade servirá para verificar o grao de consecución dos obxectivos propostos polo Plan e o respecto ao medio na execución do planeamento de desenvolvemento.

De conformidade co anterior, o ISA aportado inclúe un plan de seguimento ambiental baseado nun sistema de indicadores, que serán medidos cunha periodicidade anual nos catro primeiros anos e bianual no resto, remitindo os seus resultandos ao órgano ambiental mediante un informe que recolla a valoración destes resultados.

Respecto á redacción dos informes de seguimento, e co fin de facilitar a participación do órgano ambiental, recoméndase establecer unha estrutura que permita a súa comparativa ano tras ano. En canto ao seu contido, sería conveniente que inclúan un breve resumo da situación urbanística respecto á programación prevista e unha análise de indicadores na que se avalíe o grao de cumprimento dos obxectivos do Plan e se valoren as medidas propostas, así como a necesidade de aplicar outras novas. Ademais, exporanse as conclusións xerais sobre o proceso levado a cabo, as dificultades xurdidas nel e a sustentabilidade do Plan.

Page 17: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 15 de 22

ANEXO I.- Resultado do proceso de participación pública e consultas

De acordo co establecido no DR, a continuación transcríbese o tratamento realizado polo órgano promotor do contido dos informes recibidos, no que se bota en falta que se aporte o resumo deles. Asemade, entre a xustificación que se xunta non se atopan todos os informes recibidos das Administracións públicas, e ademais aos que se lle da resposta non é ao último recibido.

Nas táboas que seguen queda recollida a información que, respecto dos informes recibidos, se aporta na proposta de memoria ambiental.

1. Informes das Administracións públicas e Organismos:

Dirección Xeral do Dominio Público Marítimo-Terrestre

Valoración feita polo promotor:

Cuestións relativas á ordenación:

Revísase a liña de deslinde do dominio público marítimo-terrestre (DPMT) e a súa servidume de protección, incluíndose a liña de ribeira do mar.

Localízase a estación de bombeo e colector, evitando a ocupación do dominio público en cumprimento do artigo 44.6 da Lei de costas.

Con respecto aos solos urbanizables delimitados na zona de influencia, estes cumpren co previsto no artigo 30 da Lei de costas, pois a edificabilidade media do solo urbanizable de todo o Concello é de 0,3746 m

2c/m

2s.

Cuestións relativas á normativa:

Faise constar expresamente a necesidade de cumprimento da Lei de costas para calquera tipo de solo, independentemente da súa clasificación no seu artigo 3.3.11 Condicións de edificación e uso na zona de dominio público marítimo e na zona de protección.

Na normativa faise indicación expresa (punto 6 do artigo 3.3.11) de que as obras e instalacións en DPMT e zona de servidume de protección estarán ao establecido na Disposición transitoria 4ª da Lei de costas.

Dirección Xeral de Infraestruturas. Demarcación de Estradas do Estado en Galicia

Valoración feita polo promotor:

Con respecto á N-651:

Revísase a liña límite de edificación aplicando a prevista nas Normas subsidiarias de planeamento municipal segundo a grafía do documento de aprobación inicial do PXOM de 2003.

Fóra dos tramos urbanos representáronse as servidumes como solo rústico de protección de infraestruturas.

Con respecto á AP-9:

Gráfase a liña límite de edificación a 50 metros medidos horizontalmente dende a aresta exterior da calzada e tendo en conta o artigo 86 do Regulamento xeral de estradas.

Indícanse as delimitacións das zonas de protección da AP-9, incluíndo a zona de dominio público, a zona de servidume e a liña límite de edificación.

Elimínase calquera previsión ou referencia a novos accesos á mesma (en concreto o que se grafaba á altura do polígono de Vidrieiro).

Con respecto á normativa:

A execución de obras nas zonas de protección das estradas estatais deberán ser obxecto de solicitude individual e tramitación independente en base aos respectivos proxectos de edificación, accesos e/ou urbanización, unha vez superada a tramitación urbanística dos instrumentos urbanísticos de desenvolvemento que en cada caso sexan esixibles.

Para as novas construcións próximas a estradas do Estado, existentes ou previstas, a necesidade de que, con carácter previo ao outorgamento de licenzas de edificación, se leve a cabo nos estudos correspondentes de determinación dos niveis sonoros esperables, así como a obrigatoriedade de establecer limitacións á edificabilidade ou de dispoñer dos medios de protección acústica imprescindibles en caso de superarse os límites recomendados, de acordo co establecido na normativa vixente (Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, BOE 18.11.2003) e no seu caso, a normativa autonómica.

Page 18: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 16 de 22

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Valoración feita polo promotor:

Con respecto á normativa urbanística:

Actualízase o réxime establecido para o solo rústico de protección de costas na normativa (agora é o artigo 8.5), remitindo as condicións xerais a outro artigo xeral que se cita no seguinte apartado.

Remítese á normativa de costas todo o tocante ás diversas zonas e dominios incluídos tanto no solo rústico de protección de costas, solo urbano, solo de núcleo rural e ámbitos de equipamentos e zonas verdes de sistemas xerais e locais (na normativa no artigo 3.3.11), corrixindo os erros que se detectaban.

Faise referencia ao réxime de usos do Plan de ordenación do litoral na normativa (artigo 8.1.1 e no 8.5 específico de costas).

Establecéronse condicións específicas para os terreos dos núcleos urbanos (artigo 6.2.7 Condicións en zonas de protección de costas e nos núcleos de poboación) ou rurais (artigo 7.2.4 Condicións específicas para os terreos incluídos nas zonas de protección de costas) incluídos na zona de protección de costas, aplicando con carácter xeral as condicións que establece a ordenanza correspondente, pero con todas as limitacións aplicables da Lei de costas.

Establécese que nos sectores ou ámbitos de solo urbanizable situados dentro da zona de influencia de costas, a súa ordenación estará suxeita á lexislación de costas (artigo 9.1 Disposicións xerais).

Con respecto aos solos urbanizables delimitados na zona de influencia, estes (os delimitados URD) foron eliminados, e os non delimitados quedaron reducidos a un único sector, que cumpre a xustificación prevista no artigo 30 da Lei de costas, pois a edificabilidade media do solo urbanizable de todo o Concello é de 0,3668 m

2c/m

2s.

Indícase expresamente que o réxime establecido para sistemas xerais (apartado 4.9) e sistemas locais (apartado 4.10) nas zonas de servidume de protección e de DPMT queda suxeito ao cumprimento da Lei de costas e do seu Regulamento.

Con respecto aos planos de ordenación;

Gráfanse correctamente as liñas de deslinde, as de 200 metros e 500 metros dende o límite interior da ribeira do mar.

Corríxese a delimitación do solo rústico de protección de costas, adaptándoo á liña de 200 metros dende a liña interior da ribeira do mar.

Créanse ámbitos de combinación de solo rústico de protección de costas coa de augas, patrimonio cultural, infraestruturas e espazos naturais.

Elimínanse os ámbitos de solo urbanizable que estaban incluídos dentro do ámbito da liña de 200 metros dende a ribeira do mar (URNDR-4 Empedrado e URDR-2 Vista alegre) e o que se situaba parcialmente (URNDR-1 Chapizos) neste ámbito recortase pola citada liña, para non ter que ser remitido á Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

A delimitación dos núcleos rurais refíxose en cumprimento dos criterios e definicións da LOUG na redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo.

Indícase a parte de solo de porto de Pontedeume, cualificado correctamente o sistema xeral portuario.

Procédese a cualificar os terreos do ámbito portuario como sistema xeral portuario a desenvolver mediante plan especial, eliminando as cualificacións de equipamentos (SCPX-3, EX-2, DL-6) ou zonas verdes e espazos libres (ZVEX-3 e ZVPX-2).

Outros:

Cámbiase de localización a estación de bombeo e colector paralelo co fin de evitar a ocupación do DPMT.

Revisouse o deslinde do DPMT adaptándoo aos deslindes oficiais incluíndo todas as liñas reflectidas nestes: ribeira do mar, DPMT e servidume de protección.

Dirección Xeral de Infraestruturas

Valoración feita polo promotor:

Con respecto á ordenación:

Gráfanse correctamente todos os tramos autonómicos.

No Estudo económico inclúense dúas actuacións viarias: “vía AC-151 cara ás Fragas do Eume” e “mellora da seguridade viaria e construción de beirarrúas, tramo Esteiro Parque Natural”, pero na versión corrixida do PXOM elimínanse as imputacións ás administracións completas, polo tanto xa non se requiren compromisos expresos ao non ter a quen asignalos.

Eliminouse o novo trazado de “enlace entre a AC-151 e as Fragas do Eume.

Introduciuse a clasificación superposta de solo rústico de protección de augas e solo rústico de protección de infraestruturas.

Page 19: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 17 de 22

Dirección Xeral de Infraestruturas

A delimitación dos núcleos rurais refíxose en cumprimento dos criterios e definicións da LOUG na redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo.

En relación co punto 4. Solo do núcleo rural, faise referencia á vía AC-151 ao seu paso polos núcleos de Cabría Nova, San Cibrao, Cruz do Cabildo e As Pontellas. Damos por feito que a consideración que se fai con respecto á vía autonómica AC-144. Con respecto á consideración realizada para as áreas de expansión dos núcleos hase de ter en conta que dende a redacción do informe entrou en vigor a nova categorización do solo que a Lei 2/2010, do 25 de marzo, fixo dos distintos tipos de núcleo rural, eliminando calquera referencia ás áreas de expansión dos mesmos por entender que non procede a prohibición de acceso á estrada autonómica aos núcleos rurais en calquera das súas categorizacións (histórico-tradicionais, comúns ou complexos).

Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe

Valoración feita polo promotor:

Evitáronse os desenvolvementos lineais dos núcleos rurais indicados no informe.

Reduciuse a superficie de solo urbanizable industrial en consoancia coa demanda existente.

Inclúese na documentación do Plan a ACE, a Análise de integración supramunicipal, a delimitación dos espazos de interese (artigos 15 e 39 do POL) e a delimitación e regulación do núcleo de identidade litoral de Pontedeume (artigo 69.1 do POL), a regulación adaptada do solo rústico e a identificación e cualificación das praias (artigos 79-91 do POL).

Eliminouse o ámbito UPR-2 (Ver) e incluíronse como zonas verdes de cesión obrigatoria as zonas do SUNC-1 (Pontedeume-Centroña) e SUNC-8 (Ver) que están delimitadas polo POL como áreas de protección intermareal e costeira.

Integráronse todos os corredores ecolóxicos delimitados polo POL.

Incluíuse o ámbito do Monte Bréamo como solo rústico de protección paisaxística (espazos de interese do POL).

Incluíuse Pontedeume como núcleo de identidade litoral.

Reconsiderar a unificación lineal dos núcleos rurais desconforme coas DOT (3.1.11 e 3.1.16) e o POL (artigo 29).

No solo urbano non consolidado aténdese ás cuestións demandadas nos solos SUNC-1, SUNC-8 e SUNC-10, tendo eliminado o SUNC-9.

No solo urbanizable aténdese a cuestións demandadas no solo URNDR-1 Chapizos, tendo eliminado o URDR-1 e UPR-2.

Praias. O PXOM presta especial atención á ordenación da contorna de praias atendendo ás cuestións que expresan os artigos 82 e 91 da normativa do POL. Formúlanse solucións de aparcamento nas mesmas.

Sendas. Faise unha proposta de trazado da Senda dos Faros que atravesa o Concello de Pontedeume.

En xeral na documentación: incorpórase a xustificación de conformidade con POL e DOT, en concreto a ACE e represéntanse as áreas continuas e descontinuas do POL en superposición co PXOM para poder plasmar a regulación de usos nos solos rústicos (artigos 46-59 do POL).

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Valoración feita polo promotor:

Respecto dos bens a protexer:

Revisáronse todos os BIC incluídos no termo municipal de Pontedeume: Pazo fortaleza dos Condes de Andrade, igrexa de San Miguel de Breamo, pedras heráldicas e escudos, hórreos ou cabazos, Castelo dos Nogueirosa e lenzos murais da antiga muralla medieval da vila.

Incorpóranse ao catálogo todos os hórreos do termo municipal, aparecendo agora identificados nos planos de ordenación e vinculados a unha ficha do catálogo xenérica: E_45.

Corrixiuse a referencia legal á vila histórica de Pontedeume que contiña a ficha A_70.

No referido aos elementos contidos no catálogo (apartado 1.2 do informe), incluíronse todos aqueles que figuraban no documento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (DXPC), agás aqueles que, de acordo cos SSTT da Xefatura territorial da Consellería de Cultura, respondía a erros manifestos. Estes bens foros vertidos no informe como consecuencia da translación mecánica do catálogo incluído nos traballos de delimitación do Camiño Inglés, que, como puidemos comprobar, inclúe numerosos erros de valoración (v.g. a protección da Cofraría e Casa do Mar incluída na ficha nº 74) e localización (v.g. a Casa do Forno en Cermuzo, incluída na ficha nº 20) de bens culturais, cando menos no T.M. de Pontedeume.

Incluíuse unha nova ficha para protexer o camiño empedrado que leva á igrexa de San Miguel de Breamo, tal e como se sinalaba no informe.

Page 20: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 18 de 22

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Incluíuse na ficha E_14 o peirao sito ao oeste do que se protexía na versión anterior do documento.

No que se refire ao Camiño Inglés corrixiuse a súa traza no sentido expresado no informe a fin de que coincida coa que foi sometida a información pública no ano 1997, facendo constancia expresa ao carácter transitorio desta delimitación na ficha S_002.

No referente ao catálogo (1.4 do informe) leváronse a cabo todas as modificacións e cambios apuntados no mesmo,

No que atinxe ao patrimonio arqueolóxico leváronse a cabo as modificacións indicadas.

No referente ao contido das fichas: incluíronse as actuacións e usos permitidos e prohibidos, unha descrición de elementos discordantes, alí onde existan, abordando a súa caracterización cultural, tipolóxica e construtiva, unha descrición da contorna dos bens etnográficos. No epígrafe de categoría, para os bens que non teñen a consideración de BIC, englobáronse todos os elementos do grupo de “Bens inventariados”, tal e como se requiría no informe. Adicionalmente complétase a información demandadas nos distintos elementos.

No que se refire ás delimitacións arqueolóxicas propostas, revisáronse todas aquelas que se sinalaban no informe.

No que se refire á normativa de protección, revisouse no seu conxunto, tal e como se sinalaba no informe.

No que se refire aos niveis de protección, suprimiuse o nivel de protección “tipolóxica” e fixéronse as correccións oportunas de maneira que as definicións dos tres niveis de protección propostos, definicións e tipos de obras permitidas coincidisen coas determinacións do informe.

No que se refire á delimitación das contornas de protección incluíuse na normativa a referencia ao Decreto 232/2008, do 2 de outubro, do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, establecendo un único criterio para fixar as contornas de protección, suprimiuse a protección xenérica ambiental para todos os elementos non catalogados incluídos no ámbito das contornas de protección delimitados e ampliouse a redacción do artigo 7.2 (agora 6.2) sobre condicións de harmonización.

No que se refire á normativa de protección do Camiño de Santiago, o artigo 9 da normativa regula agora, de forma monográfica, a protección do Camiño de Santiago, tal e como se solicitaba no informe, indícase agora que o ámbito de protección do Camiño abrangue as construcións tradicionais, espazos libres (públicos e privados), parcelario, muros tradicionais e arborado autóctono, indícanse tamén as limitacións urbanísticas que rexerán na traza e contorno do Camiño mentres non se aprobe o plan especial de protección e promoción do Camiño, establécese agora tamén a obriga de informe previo e vinculante da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para calquera obra que se realice no Camiño e na súa contorna de protección e incorpórase tamén con claridade cal é o réxime legal aplicable a esta vía histórica de comunicación, así como a prohibición de que sirva de apoio a novos desenvolvementos urbanos.

No que se refire á normativa de protección arqueolóxica, incorporouse a definición do grao de protección I-2, propio da contorna dos BIC, suprimiuse dos planos de ordenación os graos de protección aplicables a cada xacemento, pormenor que si se consigna nas fichas de Catálogo, revisouse a redacción da ordenanza que provocaba contradicións, como as que afectaban aos xacementos X_014 e X_020, incluíuse a necesidade de contar con informe e autorización expresa da Consellería de Cultura nos ámbitos cautelados arqueoloxicamente. En calquera caso, na normativa fálase sempre de “informe previo e vinculante”, o que, a todas luces, equivale a “autorización”, suprimíronse as determinacións reiterativas que figuraban no artigo 1.5 do apartado.

No que se refire ás determinacións administrativas, incorporouse ao artigo 3.3.3 a necesidade de que as licenzas urbanísticas que afecten a elementos catalogados deberán contar coa autorización da Consellería de Cultura, incorporouse tamén ao artigo 3.3.3 que as intervencións que afecten a edificacións declaradas BIC ou incluídas no catálogo terán carácter de obra maior, no mesmo artigo 3.3.3 figura agora a necesidade de que os proxectos técnicos de obra sobre inmobles catalogados debe incluír planeamento planimétrico e fotográfico completo ou parcial, segundo o caso. O artigo 5.3 recolle agora as determinacións incluídas no informe respecto dos aproveitamentos nas parcelas dos bens sometidos a protección ambiental, o artigo 6 da normativa arqueolóxica recolle agora a capacidade da Consellería de Cultura para condicionar os proxectos construtivos na súa integridade dentro dos ámbitos cautelados arqueoloxicamente.

O elemento situado na parroquia de Vilar denominado “Cruceiro de Campolongo” xa figuraba incluído no catálogo do PXOM na ficha E_027. O mesmo acontece coa vivenda denominada “Casa na subida de Campolongo”, que xa aparecía no documento coa clave A_089.

Grafáronse todas as fincas singulares e xardíns que sinalaba o informe, tanto as vinculadas a pazos como a casas reitorais.

Así mesmo incluíuse a referencia á protección de arquitectura adxectiva vinculada ás edificacións catalogadas que se sinalaban no informe.

Incorporouse a protección do adro e camposanto tradicionais ás fichas de todas as igrexas parroquiais.

No referido ás posibles mámoas incluídas no traballo titulado “Túmulos prehistóricos no Concello de

Page 21: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 19 de 22

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural Pontedeume 2”, o arqueólogo que subscribe, dirixe na actualidade unha prospección debidamente autorizada pola DXPC tendente a comprobar a existencia ou non deste tipo de enterramentos prehistóricos.

Respecto da ordenación:

Redelimitáronse as contornas dalgúns bens catalogados a fin de cumprir coas determinacións fixadas no informe. Con todo cómpre recordar que as contornas definidas veñen dadas non só polos elementos catalogados que formaban parte do catálogo que foi sometido a informe da DXPC, senón tamén da aplicación do mesmo cos hórreos tradicionais (Bens de interese cultural que deben contar cos seus respectivos ámbitos de protección) derivado do propio informe da DXPC.

Con todo, as contornas de protección dos bens culturais non afecta á totalidade das delimitacións dos núcleos rurais ou urbanos, tal e como se sinalaba no informe.

Os solos rústicos de especial protección de patrimonio afectan agora, en liña co fixado polo informe da DXPC, unica e exclusivamente aos ámbitos que se corresponden coas contornas de protección integral dos xacementos arqueolóxicos, En canto ao solo urbano:

Eliminouse da ordenación definitiva o crecemento proposto sobre a ladeira sobre a vila histórica (URDR- 2 Vista alegre).

Modificouse o réxime transitorio do ámbito do Plan especial de protección e rehabilitación PE1, axustándoo ao establecido no artigo 47.1 da Lei 8/1995, do 30 de outubro.

No mercado municipal (ficha A_047) redefínense as aliñacións axustándoas ás preexistentes.

Modificáronse tanto as vías que acometen contra o Camiño Inglés como a ordenación na contorna do Muro da rúa Empedrado E_031.

Elimínase a apertura transversal do viario na rúa Fontenova.

Corrixiuse a ordenación no ámbito do Chalé Rosa (A_68), quedando toda a parcela fóra da ordenanza U1.

O ámbito de Campolongo é obxecto dun cambio de clasificación, dado o carácter regrado do solo urbano, como aquel que posúe os servizos urbanísticos, consolidación edificatoria e está inserido nunha malla urbana. Neste sentido, toda a trama vinculada á estrada N-651 en Campolongo posúe estas características. Este cambio de clasificación non supón, dado que as ordenanzas de aplicación neste ámbito son as de edificación de baixa densidade U4 e U5, unha alteración da trama urbana existente posto que tanto as aliñacións como as tipoloxías de edificación permitidas son congruentes tanto coa realidade física actual como coa normativa urbanística que o novo Plan vai a substituír.

As fichas dos solos urbanos non consolidados que afecten ou sexan lindeiros con edificacións catalogadas ou as súas contornas de protección (as antigas UNC-02, 03, 05 o UNC-07 foi eliminado no documento de aprobación provisional), inclúen condicións de ordenación que garantan a axeitada harmonización entre as novas edificacións e as protexidas.

Na normativa inclúense determinacións para favorecer a conservación e recuperación do patrimonio, e a construción e ampliación da trama existente de modo coherente coas tipoloxías arquitectónicas e volumetrías características da contorna.

Con carácter xeral e repartidos por toda a normativa, establécense cautelas e condicións nas obras, nos usos permitidos e en todas as actuacións a realizar nos ámbitos de protección dos bens catalogados, de xeito que non incidan negativamente na conservación ou visualización deses bens, especialmente no ámbito do Camiño Inglés.

En xeral, revisáronse os novos trazados viarios para que estes non supoñan unha modificación do carácter dos elementos patrimoniais ou dos elementos paisaxísticos ou naturais de interese.

No tocante ás ordenanzas en solo urbano:

Acéptase o solicitado respecto das alturas de baixos e voos (sobre a vía pública) nas distintas ordenanzas citadas, pero respecto dos usos, coas categorías e situacións permitidas en cada ordenanza (e no caso da ordenanza U4 tamén cos fondos permitidos), se tentan resolver usos existentes (ou posibles) que non xeran problemas de compatibilidade e si moita actividade e postos de traballo, e respéctanse as compatibilidades dos distintos usos con posibles conflitos, e dado que non parece este un dos ámbitos de decisión da Consellería de Cultura, vanse manter os usos propostos.

Acéptase o solicitado no tocante ás normas para as zonas pendentes de realización de plans especiais.

No tocante ás medidas de integración nos ámbitos de solo urbano non consolidado, os criterios e obxectivos en materia de paisaxe recóllense no PXOM por coherencia coas necesidades da ordenación territorial, pero en calquera caso impleméntanse estes criterios e obxectivos cunhas condicións que se irán acumulando en función da situación ou clasificación aplicada aos terreos, comezando xerarquicamente por unhas condicións xerais aplicables en todo o territorio, unhas condicións específicas segundo a clase de solo (sobre todo nos ámbitos de planeamento) ou as súas necesidades

Page 22: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 20 de 22

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ou intensidades de desenvolvemento, unhas condicións particulares recollidas, no seu caso, na ordenanza específica de aplicación en cada caso, e remitimos, por tanto á análise deses documentos, sobre todo o capítulo 4 do Título V da normativa que regula os aspectos paisaxísticos do PXOM.

Solo urbanizable:

Eliminouse o ámbito de solo urbanizable URDR-2 Vista alegre.

No URDR-1 Empedrado (antigo URDR-3) inclúense condicións de ordenación que garantan a axeitada harmonía entre as novas edificacións e as protexidas, eliminando a acometida da vía que organiza o novo desenvolvemento contra o Camiño Inglés na rúa Empedrado, substituíndose por un acceso peonil ao mesmo.

No URDR-1 mantense a inclusión do elemento catalogado como A_89, posto que é necesario que entre a participar do reparto de cargas e beneficios da futura implementación da urbanización, pero se fai obrigatorio o mantemento da edificación existente e da unidade catastral no seu conxunto na futura ordenación que o plan de sectorización desenvolve, tal e como se indica na ficha de ordenación do URDR-1.

En xeral, revisáronse os novos trazados viarios para que estes non supoñan unha modificación do carácter dos elementos patrimoniais ou dos elementos paisaxísticos ou naturais de interese.

Inclúese na regulación xeral (artigo 9.1 Disposicións xerais da normativa) que nas zonas laterais de protección e de protección da contorna do Camiño Inglés, estarase ao disposto na Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago.

Solo de núcleo rural:

Os núcleos rurais foron redelimitados cos criterios da Lei 2/2010, do 25 de marzo, e en todo caso tivéronse en conta os criterios indicados no informe.

Non se utiliza o Camiño de Santiago como soporte de nova edificabilidade.

Mantéñense as características tradicionais dos núcleos.

Revisáronse as aliñacións para que non supoñan o derrubo ou traslado de vivendas tradicionais ou de elementos de interese patrimonial.

Fanse consideracións propostas aos núcleos rurais vinculados ao Camiño de Santiago.

Revisáronse as contornas de protección coincidentes coas delimitacións dos núcleos rurais.

Na normativa sinálanse que os plans especiais de ordenación dos núcleos rurais que se delimiten en ámbitos de edificación catalogadas recollerán as condicións que garantan a axeitada harmonización entre as novas edificacións e as protexidas (artigo 7.4 Condicións xerais para as actuacións de planeamento ou xestión da normativa).

Ordenanzas e normas particulares de solo de núcleo rural:

Respecto das condicións xerais dos núcleos rurais que teñan relación con bens patrimoniais ou coas súas contornas, establécense condicións particulares para determinados parámetros e restrínxense máis as condicións tipolóxicas das edificacións nas zonas dos núcleos rurais que teñan relación con bens patrimoniais ou coas súas contornas.

Acéptase o solicitado para o uso de garaxe-aparcamento, pero respecto do uso industrial, coas categorías e situacións permitidas se tentan resolver usos existentes (ou posibles) que non xeran problemas de compatibilidade e si moita actividade e postos de traballo, e respéctanse as compatibilidades dos distintos usos con posibles conflitos, e dado que non parece este un dos ámbitos de decisión da Consellería de Cultura, vanse manter os usos propostos.

A superficie mínima para as edificacións auxiliares que poden situarse contra o linde será cero e as máximas regúlanse no artigo 4.3.10 da normativa.

Introdúcense parámetros de axuste para adecuarse ás condicións particulares de cada núcleo ou de determinadas parcelas en situacións límite (artigo 7.2.2 Condicións xerais de ordenación e edificación da normativa).

Acéptase o solicitado a respecto das condicións dos viarios no ámbito dos núcleos rurais.

Queda prohibido o derrubamento ou demolición das construcións existentes (sobre todo as tradicionais), agás nos supostos establecidos no artigo 26 da LOUG.

Respecto das condicións estéticas e construtivas, que se axustarán ás características tradicionais da zona, serán de especial aplicación con carácter xeral as condicións establecidas no apartado 4.7 e máis en concreto as tipoloxías establecidas no artigo 4.7.10 e nos seus subartigos, e en concreto no ámbito de protección do Camiño que determinan as leis serán de aplicación a todas as edificacións as condicións tipolóxicas estritas que se establecen na presente normativa para as edificacións tradicionais.

Acéptase a prohibición expresa da imitación de materiais entre os que se consideran os chapados de pedra, e incorpóranse no artigo 4.7.10.2 Regulación dos parámetros tipolóxicos exteriores da normativa.

Page 23: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 21 de 22

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

A superficie máxima para as edificacións auxiliares regúlase no artigo 4.3.10 da normativa.

Respecto das limitacións ás segregacións e agregacións de parcelas no ámbito de protección do Camiño de Santiago, incorpóranse no artigo 7.2.7 Núcleos do Camiño de Santiago da normativa.

Respecto da tala de árbores e cambio de uso na zona de protección do Camiño de Santiago, incorpórase o solicitado no artigo 10.4 (artigo 9 Camiño de Santiago e camiños tradicionais) da

normativa. Solo rústico:

Está completamente asumida a problemática da superposición das categorías de solo rústico, e a categoría de solo rústico de especial protección de patrimonio só presenta simultaneidade en algún ámbito co solo rústico de especial protección de costas.

Inclúese na normativa que a idoneidade das novas edificacións no solo rústico de especial protección do patrimonio será avaliada pola Consellería competente en materia do patrimonio cultural no artigo 8.1.3.1 Condicións xerais das edificacións na normativa.

Nas contornas dos elementos patrimoniais defínense as condicións dos peches en solo rústico no artigo 4.2.3 Cerramentos e peches de parcelas na normativa.

Inclúese na normativa que calquera tala de árbores e cambio de uso na zona de protección do Camiño Inglés debe obter a autorización previa pola Consellería competente en materia do patrimonio cultural no artigo 10.4 (artigo 9 Camiño de Santiago e camiños tradicionais) e no artigo 8.1.3.1 Condicións xerais da edificacións da normativa.

Inclúese na normativa que calquera obra de derrubo e demolición na contorna de elementos catalogados precisarán de autorización previa pola Consellería competente en materia do patrimonio cultural no artigo 8.1.1 Réxime xeral de usos en solo rústico na normativa.

Respecto da normativa xeral:

Engadíronse as consideracións referidas ao Camiño de Santiago (apartado 10.4-artigo9- da normativa), así como o artigo de condicións especiais para os núcleos do Camiño Inglés (artigo 7.2.7).

No que se refire ás consideracións xerais, incluíronse as suxestións contidas no informe, que agora constan no artigo 3.3.2 na normativa.

Ademais engadíronse os cambios apuntados en relación coas parcelacións urbanísticas (artigo3.3.10).

En relación coas obras que se poden realizar nos edificios catalogados e nos situados na contorna de protección (capítulo 10.3.3 da normativa), implementáronse modificacións de diverso tipo. Cambios:

No que toca ás normas de uso, incluíronse cuestións aludidas no informe en relación cos camposantos, explotacións extractivas e torres de telefonía móbil.

No que toca ás normas de edificación, incluíronse as modificacións aludidas no informe no artigo 4.3.5, o artigo 4.3.8 (corpos voados), artigo 4.3.9 (de recuados en fachada), artigo 4.2.3 (peches), artigo 4.7.6 (rótulos), artigo 4.3.24.1 (medianeiras vistas), artigo 4.7.8 (ocultación de medianeiras na contorna do Camiño de Santiago), artigo 3.5.4.1 (bens catalogados fóra de ordenación), artigo 6.2 (letreiros, toldos, antenas, etc.) e artigo 4.7.10.2 (bloque de formigón visto e as cubertas planas).

No que toca ás actuacións nas contornas catalogadas, incluíronse os cambios para a contorna dos bens catalogados establecéronse todas as condicións específicas sinaladas no informe no apartado 10.4 (artigo 6.2) da normativa.

No que toca ao ISA sinálase o seguinte: o No documento do ISA coidamos que se avalía axeitadamente o impacto do Plan sobre o patrimonio

cultural, nos seus distintos apartados, cadros e medidas, aínda que se centran as solucións e resolucións dos impactos no catálogo redactado (con multitude de medidas de protección sobre os elementos e os seus ámbitos de protección), por ser un documento específico para esta variable moi elaborado e detallado (documento específico do que carecen as outras variables avaliadas no ISA, por tanto se teñen que desenvolver máis no propio ISA) e máis sobre todo despois dos axustes e melloras introducidas en todo o PXOM como consecuencia da adaptación ao presente informe de patrimonio, que ten mellorado notablemente a protección, por tanto danse por resoltas as posibles carencias detectadas e incidencias sobre o patrimonio cultural.

o Ademais deberanse ter en conta que a avaliación sobre o patrimonio é continua aínda despois de aprobado o PXOM, coas medidas de todo tipo introducidas, a necesidade de escavacións e prevencións varias nas actuacións previsibles con potencialidade patrimonial e do propio seguimento do PXOM regulado no ISA, así como o propio seguimento detallado da propia administración (Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura).

Page 24: RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E ......4. Coa entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Memoria ambiental do PXOM do Concello de Pontedeume

Código web: 0336/2007

páxina 22 de 22

Portos de Galicia

Valoración feita polo promotor:

Procedeuse a incluír entre a documentación que se xunta unha copia completa (dixital) da nova normativa. Tamén consideramos que o Concello de Pontedeume remitirá unha versión dixital do Plan que resulte definitivamente aprobado para que figure nos arquivos desa administración.

Respecto do elemento do catálogo do Plan E-014, incluído neste de acordo ás indicacións da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, procédese a incluír e remitir unha copia do informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ao Plan xeral para que ese ente público poda analizalo e telo de referencia no momento de redactar o plan especial de ordenación portuaria de Pontedeume, posto que o citado informe lle afecta ao ámbito da zona de servizo do porto.

Nos planos eliminouse toda clasificación da zona de servizo do porto e a caracterización como equipamento do campo de fútbol de Esteiro.

Dirección Xeral de Montes

Valoración feita polo promotor:

Procédese a corrixir a normativa no sentido indicado para evitar as inxerencias de competencias e as contradicións coa lexislación sectorial sobre montes. Concretamente resolvéronse as incidencias que a continuación se detallan:

O indicado no apartado 5.3.8 (agora 5.3.6 na versión actual da normativa) foi eliminado.

No capítulo III do Título V tamén se resolveron as cuestións indicadas sobre normas de reforestación e tala de arborado nos apartados que a continuación se transcriben: o indicado nos citados apartados 5.3.9, 5.3.11 e 5.3.12 foi eliminado (foron totalmente eliminados estes artigos).

Concretamente o indicado no apartado 8.4.3 (agora 8.5 na versión actual da normativa) foi eliminado.

Á súa vez, o indicado no apartado 8.7.3 (agora 8.10 na versión actual da normativa) foi eliminado porque os concellos carecen de competencias para regular as cortas de arborado, excepto en terreos da súa titularidade, e no referido a que o termo “plan especial de protección” non designa con propiedade un instrumento de planificación de espazos naturais protexidos, procédese a cambiar esta denominación por outra máis xenérica.

Outra incidencia observada que ten relación, aínda que indirecta, coa actividade forestal, atópase no apartado 5.2.12 do capítulo II, e foi totalmente eliminado este artigo.

Augas de Galicia

Valoración feita polo promotor:

Xustifícanse as cuestións referentes á banda de protección nas marxes dos ríos no punto 6.1.4 da Memoria xustificativa.

O Plan transcribe na súa normativa as prohibicións relativas á zona de servidume establecida no artigo 7 do Regulamento do dominio público hidráulico, establecido polo Real Decreto 9/2008, do 11 de xaneiro.

Recolleuse na normativa do PXOM a actual redacción do artigo 9 do Regulamento do dominio público hidráulico e, en concreto, o reflectido no punto 2.

Dirección Xeral de Conservación da Natureza

Valoración feita polo promotor:

Incorporouse a lexislación ambiental de referencia como normativa condicionante do PXOM (Lei 9/2001, do 21 de agosto, Lei 42/2007, do 13 de decembro e Decreto 211/1996, do 2 de maio).

Establecéronse normas construtivas básicas para os edificios singulares que fican no solo rústico de protección de espazos naturais, fixando prazos e modos de se adaptar ao PXOM no caso de discrepancia no artigo 8.10 da normativa.

Corrixíronse os pequenos erros atopados na delimitación das Fragas do Eume.

Contémplase, na normativa do PXOM, a posibilidade de inclusión (ou polo menos a aplicación complementaria de maiores limitacións normativas) no solo rústico de protección de espazos naturais para “os espazos de interese ambiental non declarados, como poden ser os propostos pola Rede Natura 2000 e as súas posteriores correccións” no artigo 8.10 da normativa.