Relevo 02 evol

15
O relevo Evolución xeolóxica e principais unidades morfoestruturais

Transcript of Relevo 02 evol

O relevoEvolución xeolóxica e

principais unidades morfoestruturais

● Carácter macizo.

● Elevada altitude media (c. 660 m.)

● Disposición das unidades do relevo peninsular arredor dunha gran unidade central, a Meseta.

● Presenza de dous arquipiélagos: o balear, cun relevo asociado ao da Península, é o canario, de carácter volcánico e asociado ás vicisitudes do relevo africano.

Trazos xerais

Evolución xeolóxica

Video YOUTUBE: Historia da Terra

Precámbricohai 4.600-570 millóns de anos

● Orixe da terra e formación da codia terrestre.

● Emerxeu do mar unha banda arqueada de NW a SE formada por lousas e gneis que comprendía Galicia e algúns puntos illados do W da Meseta.

● Este macizo precámbrico foi arrasado posteriormente pola erosión e cuberto case completamente polos mares paleozoicos.

Paleozoicohai 570-230 millóns de anos

● Ten lugar a oroxenia herciniana. Dos mares que cubrían a meirande parte da Península xurdiron cordilleiras de dirección NW-SE formadas por materiales como granito, pizarra y cuarcita.

● Ao W érgueuse o Macízo Hespérico arrasado logo pola erosión e convertido en zócolo, unha meseta inclinada cara o E.

● Á fin do Paleozoico aparceron outras terras emerxidas: macizo do Ebro , macizo catalano-balear , macizo de Aquitania e macizo bético-rifeño, tamén erosianados e convertidos en zócolos.

Mesozoico hai 230-65 millóns de anos

● Período de calma xeolóxica na que predominaron erosión e sedimentación, continuando o arrasamento do macizo herciniano.

● Movementos epiroxénicos da codia terrestre que provocaron avances (transgresións) e retrocesos (regresións) do nivel do mar

● Acumulación de potentes capas sedimentarias sobre o borde oriental do Macizo Hespérico (calizas, margas e areas) e as foxas mariñas pirenaica e bética (calizas)

Terciario (Cenozoico)hai 65-2 millóns de anos

● Dinamismo tectónico derivado do choque entre a placa africana e a placa euroasiática.

● Unión definitiva da microplaca ibérica a Europa.

● Oroxenia alpina:

➢ Levantamento das cordilleiras béticas e pirenaica co pregamento dos sedimentos acumulados nas foxas mariñas mesozoicas.

➢ Configuración de dúas depresións sedimentarias (Ebro, Bética) entre as novas cordilleiras e os bordes do Macizo Hespérico.

➢ Fractura en bloques do ríxido Macizo Hespérico: levantados (Sistema Central, Montes de Toledo) e afundidos (cuncas de sedimentación). O conxunto do zócolo basculou cara o W.

➢ Levantamento dos bordes do Macizo Hespérico: Macizo Galaico-Leonés, Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico, Sierra Morena.

➢ Aparición de focos volcánicos illados: Campo de Calatrava, Olot-Ampurdán e Cabo de Gata.

● Orixe do arquipiélago canario.

Cuaternario (Cenozoico)dende hai 2 millóns de anos

● Relativa calma tectónica.● Importantes efectos do glaciarismo sobre os

sistemas montañosos máis altos (Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico, Sistema Central, Sierra Nevada): circos, vales en U...

● Definición da rede hidrográfica. Formación de vales e terrazas fluviais (Douro, Texo, Guadalquivir, Guadiana, Ebro).

● Alteracións no nivel do mar e nas liñas de costa

Unidades

morfoestruturais

Zócolos

●Son as unidades de relevo máis antigas formadas polo arrasamento das cordilleiras paleozoicas.●Materiais ríxidos de carácter silíceo: granito, gneis, lousa, cuarcita...●Localización: metade occidental da Península, penechairas castelás e extremeñas.

Macizos antigos

●Sectores do zócolo fracturados e levantadas por mor da oroxenia alpina.●Materiais antigos e ríxidos de carácter silíceo.●Localización: Sistema Central, Montes de Toledo, Macizo Galaico-Leonés, metade occidental da Cordilleira Cantábrica.

Concas sedimentarias

● Unidades de morfoloxía chá que foron recubertos por sedimentos tras unha subsidencia da codia terrestre ao longo do Terciario.

● Materiais sedimentarios de orixe mariña e continental dispostos en estratos horizontais: caliza, margas e arxilas.

● Ubicación: concas interiores castelás e concas prealpinas (Ebro, Bética).

Cordilleiras de pregamento

● Estruturas pregadas formadas a raíz da oroxenia alpina.

● Materiais mesozoicos (calizas).● Ubicación: cordilleiras alpinas (Pireneos,

Sistemas Béticos) e cordilleiras de coberteira (E da cordilleira cantábrica, Sistema Ibérico)