Recursos dixitais na Biblioteca da UDC de utilidade para enxeñaría
-
Upload
biblioteca-e-u-politecnica -
Category
Education
-
view
867 -
download
4
description
Transcript of Recursos dixitais na Biblioteca da UDC de utilidade para enxeñaría
Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica. Setembro de 2010
Bases de datos de
enxeñaría
› Compendex
› CSIC
› IEEE Xplore
› ISI WoK
› Norweb
Outras bases de
datos de utilidade
Revistas electrónicas
› Como acceder?
› Principais proveedores
› Exemplo da interface
dun proveedor
Libros electrónicos
› Principais proveedores
Pórtico e SFX
Outros recursos en Internet
Acceso ás bases de datos dende a Web da BUDC: http://udc.es/biblioteca
Pinchamos en “Bases de datos” e seleccionamos a materia: Enxeñaría
Tamén podemos acceder dende a Web da BEUP:
http://bibliotecaeup.cdf.udc.es
É unha das bases de datos de enxeñaría máis completas actualmente.
Contén máis de 10 millóns de referencias e resumos obtidos de máis de 5.600publicacións periódicas, actas de conferencias e informes técnicos.
Nesta base de datos están representadas todas as áreas da enxeñaría e cienciasaplicadas: tecnoloxía nuclear, bioenxeñaría, transporte, química, tecnoloxía óptica,enxeñaría agrícola, tecnoloxía dos alimentos, informática, física aplicada,electrónica…
Ofrece unha cobertura dende 1969 ata o presente e ten unha actualización semanal.
Idioma: inglés.
Ligazón: acceder a Compendex
Consellos de busca
Opcións para limitar a busca
Explorar por índices (autor, título de revista…)
Tipos de busca e outras opcións
Buscar por…
Base de datos do Consello Superior de Investigacións Científicas, que recolle aprodución científica española dende os años 70. A sección que contén
documentos sobre enxeñaría é a ICYT.
ICYT: base de datos referencial e bibliográfica que recolle a literatura científica
das publicacións españolas de ciencia e tecnoloxía.
Contén artigos de revistas científicas e de forma selectiva actas de congresos,
series, compilacións, informes e monografías.
Idioma: español.
Periodo de cobertura: Dende 1979, con unha actualización diaria.
Ligazón a ICYT: http://www.bugalicia.org/interface.asp?bdd=16
Tipos de busca
A busca por campos é a máis aconsellable.
Base de datos do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers), a asociacióninternacional profesional máis importante adicada ao avance da innovacióntecnolóxica e a excelencia para o benificio da humanidade, por medio das súaspublicacións, conferencias, normas e actividades profesionais e educativas.
O IEEE Xplore permite o acceso ao texto completo da literatura técnica de maior
calidade en enxeñaría e tecnoloxía (publicacións periódicas, conferencias, normas…).
Periodo de cobertura: acceso ao texto completo dende 1988, e a unha selección decontidos dende 1893.
Idioma: inglés.
Ligazón: http://ieeexplore.ieee.org/Xplore/dynhome.jsp
Cadro de busca (simple)
Acceso á busca avanzada, configuración de preferencias e consellos de busca
Información sobre a suscripción (á que temos acceso).
Navegar por índices: revistas, conferencias, normas…
É unha plataforma da empresa Thomson Reuters baseada na tecnoloxía web, formada por unha ampla colección de bases de datos bibliográficas, citas e referencias de
publicacións científicas de calquera disciplina do coñecemento, incluíndo o científico e tecnolóxico.
Unha das súas principais bases de datos é a Web of Science [pinchar para obter máisinformación].
Tamén conta con potentes ferramentas de avaliación do rendemento das publicacións científicas: Journal Citation Report e Essential Science Indicators.
Idioma: inglés
En España o acceso a estas bases de datos faise a través da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía). Na súa web [ir] podedes obter máis
información sobre a plataforma, cursos e titoriais sobre estes produtos…
Ligazón a ISI WoK: http://www.accesowok.fecyt.es/wos/
Estamos na pestaña de Web of Science, para ir a outra base de datos
(Journal CitationReport…), pinchamos na pestaña “Select a
Database”.
Tipos de busca
Acceso ao meu perfil.
É necesario rexistrarse.
Busca utilizando operadores
booleanos, truncamentos…
IMPORTANTE!
É a fonte de información máis importante a nivel internacional para medir a
importancia e o factor de impacto que ten unha publicación periódica no seu campocientífico, por medio do estudo das citas que recibe nun determinado número deanos.
Presenta datos estatísticos de citas dende 1997 en adiante, que proporcionan unhaforma sistemática e obxectiva de determinar a importancia relativa das revistas dentro
das súas categorías temáticas (factor de impacto das revistas).
Existe unha edición de ciencias e outra de ciencias sociais.
É unha ferramenta esencial para bibliotecarios, editores, autores, profesores,estudantes, etc. para coñecer a influencia e o impacto dunha publicación sobre acomunidade investigadora global, ademáis de mostrar as relacións entre as revistas
citadas e as que se citan.
Pinchar para obter + información sobre JCR
Ligazón ao recurso: http://www.accesowok.fecyt.es/jcr/
Presentamos aquí este recurso porque está ligado á plataforma de WoK.
ResearcherID é unha comunidade virtual global e multidisciplinar de
investigadores académicos, onde cada investigador cun único “código
identificador” pode administrar e compartir a súa información profesional (o seu
currículo, as institucións ás que pertence, as súas publicacións…).
Para isto, cómpre crear un perfil en ResearcherID dende onde o investigador
manexará toda esa información.
Este recurso tamén é de utilidade para o estudantado, para coñecer a
comunidade investigadora da súa disciplina de estudo, resolver dúbidas sobre o
nome dun determinado autor para a busca de publicacións, referencias…
Pódense facer buscas por nome, institución, lugar ou palabra clave (a disciplina
ou materia que nos interesa).
Inclúe un mapa interactivo mundial de investigadores rexistrados no recurso.
Idioma: inglés.
Ligazón a Researcher ID: http://www.researcherid.com/
Páxina de inicio Mapa interactivo de investigadores
A través de NorWeb podemos acceder ao texto completo das Normas UNE vixentes.
Tamén podemos obter a referencia das normas anuladas.
Entidade responsable: AENOR: Asociación Española de Normalización e Certificación.
Idioma: español
Require nome de usuario e clave (solicítaos na Biblioteca)
Ligazón: http://www.aenor.es/
Titorial de Norweb: http://bibliotecaeup.cdf.udc.es/tutoriales/norweb1.htm
• Dialnet
• Greenfile
• Westlaw Aranzadi
Iniciativa da Universidade de la Rioja, é
unha plataforma de recursos e servizos
documentais, co obxectivo de mellorar a
visibilidade e o acceso á literatura
científica hispana na rede.
Dialnet tamén é un repositorio de acceso
aberto á literatura científica hispana a
texto completo.
Ten un carácter interdisciplinar (aínda que
predominan as ciencias sociais e as
humanidades).
Permite buscar artigos, revistas, teses e
outros documentos, ofrecendo acceso
aos sumarios e en moitos casos ao texto
completo dos documentos.
Os usuarios poden rexistrarse en Dialnet
para recibir alertas cos sumarios
electrónicos das revistas de interese, etc.
Ligazón: http://dialnet.unirioja.es/
Interface de Dialnet
Base de datos de acceso aberto sobre medio ambiente, ecoloxía, enerxíasrenovables…
Recolle más de 300.000 rexistrosbibliográficos (5.000 a texto completo).
Idioma: inglés
Ligazón: Acceder a Greenfile
Interface de Greenfile
Base de datos de lexislación europea, estatal e autonómica, convenios colectivos, xurisprudencia…
Ofrece as referencias da lexislación dende1930 a 1970, e o texto completo dende 1978.
Idioma: español
Ligazón ao recurso: Acceder a Westlaw
Interface de Westlaw Aranzadi
• Ver máis bases de datos:
• Na Web da BUDC
• Na Web da BEUP
Se necesitas máis información sobre estas ou outras bases de datos, acude ao
persoal da biblioteca.
Algúns repositorios de
interese:
› ArXiv
› Digital CSIC
› RUC
[Pinchar aquí para ver
máis repositorios de
acceso aberto na web
da BUDC]
¿Qué é un repositorio
institucional?
son sistemas de
información utilizados
para almacenar,
conservar, organizar e
difundir en modo de
acceso aberto os
documentos dixitais
produto da actividade
científica, docente e
investigadora dunha
institución.
É o repositorio de e-printsmás importante a nivel mundial de física, matemáticas, bioloxía…
› Que é un e-print? É unha versión dixital dundocumento produtodunha investigación (un artigo dunha revista, unha tese, ponencias…) que é accesible en liñaxeralmente a través dunRepositorio Dixital.
Idioma: inglés
Ligazón: http://arxiv.org/
Interface de arXiv
É o repositorio institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas.
Digital.CSIC é un depósito de documentos dixitais cuxoobxectivo é organizar, arquivar, preservar e difundir en modo de acceso aberto a produciónintelectual resultante da actividade investigadora do CSIC.
Idioma: español
Está organizado por “comunidades” de materias.
Ligazón: http://digital.csic.es/
Interface de Digital.CSIC
RUC é un sistema que
proporciona de forma estable e
segura a difusión e preservación
de documentos dixitais produto
da actividade científica e
institucional da UDC.
Permite buscar por autor, título,
comunidades (departamentos…),
data de publicación e materia.
Idioma: español
Ligazón:
http://ruc.udc.es/dspace/
Interface de RUC
Como acceder?
Principais agregadores
Exemplo da interface dun proveedor
A través do catálogo da biblioteca [Ver titorial]
A través do buscador e os listados da páxina web daBiblioteca da UDC [ir a buscador]
A través dos listados da web da BEUP. É unhaselección de revistas de interese tanto en españolcoma en inglés. [ver]
A través do buscador SFX [ver guía de uso]
A través das páxinas web dos proveedores(principalmente revistas en inglés)
Cambridge Journals Online
Emerald Fulltext
IEEE Xplore
ScienceDirect
Springer-Kluwer
SwetsWise
Taylor and Francis
Wiley InterScience - Blackwell
A través da interface destes
proveedores podemos facer buscas
nas súas publicacións periódicas e
acceder aos sumarios e en moitos
casos tamén ao texto completo .
Ao igual que coas bases de datos,
cómpre facer as consultas dende
ordenadores conectados á rede da
UDC.
Son fundamentalmente publicacións
en ingles (polo que as buscas nestas
plataformas tamén deben realizarse
neste idioma).
Cadro para a busca de publicacións
Información sobre a publicación que estamos a consultar
Número que estamos consultandoInformación sobre o
acceso a texto completo
Acceso a outros números da revista
O proveedor máis
importante de libros
electrónicos de
enxeñaría na BUDC
é o IEEE Xplore.
Ligazón a outros
libros electrónicos na
BUDC.
Interface para a busca de libros
electrónicos en IEEE Xplore:
Existe unha potente
ferramenta para consultar
varios recursos dixitais ao
mesmo tempo (catálogos,
bases de datos, revistas e
libros electrónicos,
repositorios…)
Trátase de PÓRTICO:
O portal de acceso e busca
nos múltiples recursos de
información dos que dispoñen
as Bibliotecas do Sistema
Universitario Galego.
Principais funcionalidades de PÓRTICO:
› Metabuscador: a través do que
podes coñecer os recursos dispoñibles
na túa área de coñecemento e lanzar
sobre eles consultas simultáneas, ver os
resultados de modo unificado e enlazar
ó texto completo se dispón del.
› Xestor de enlaces SFX: Ofrece
iniformación para obter o texto
completo, comprobar se a biblioteca
dispón da versión impresa, solicitar o
documento a través do servizo de
préstamo interbibliotecario, consultar o
factor de impacto, acceder á táboa de
contidos ou resumos, buscar outros
documentos do autor, exportar citas a
Refworks, etc.
Acceder a Pórtico
Guía de uso
Videotitorial
Interface de Pórtico
http://portico.bugalicia.org/
Recursos na web da BUDC:
› Xerais e por materias
› Enxeñaría
Recursos na Web da BEUP
[se atopas algún erro nestes recursos,
consideras que falta algún de interese
ou tes calquera outra suxerencia
acude ao persoal da biblioteca. A túa
colaboración é fundamental]
Nesta selección de recursos
atoparás enciclopedias,
dicionarios, institucións,
asociacións, teses, prensa,
catálogos, sociedades de
clasificación, software libre,
mapas, normas e patentes,
boletíns oficiais, portais
temáticos…
Recorda que para consultar a maioría das bases de datos, revistas electrónicas, etc. cómpre estar
conectado á rede da UDC.
Lembra que o idioma de busca é moi importante para atopar resultados: se consultas unha base de
datos estranxeira debes traducir os termos de busca a este idioma.
Se non atopas resultados suficientes na túa busca proba a introducir sinónimos ou palabras máis
xenéricas.
Se o que atopas é ruido (demasiados resultados) proba a limitar a túa busca por medio das opcións
da plataforma que esteas consultando (materias, anos, institucións…) ou introduce termos máis
específicos.
Se non atopas o que necesitas ou tes algunha dúbida con estes ou outros recursos, acude ao persoal
da biblioteca.
Tamén podes solicitar a realización de buscas bibliográficas a través do seguinte formulario
electrónico.
+ información sobre buscas na “Guía de procuras” disponible no wiki da Biblioteca da Facultade CC
da Educación da UDC.
Este titorial pretende dar unha primeiraaproximación aos recursos da BUDC de utilidadepara enxeñaría.
Se necesitas más información sobre estes ou otrosrecursos, consulta co persoal da biblioteca.
› VISÍTANOS!
› Web da biblioteca: http://bibliotecaeup.cdf.udc.es
› A Biblioteca en Facebook: http://www.facebook.com/beup.ferrol