RECEITAS DE ENTROIDO

15
AS NOSAS RECEITAS

description

COCIÑA TRADICIONAL DE ENTROIDO

Transcript of RECEITAS DE ENTROIDO

Page 1: RECEITAS DE ENTROIDO

AS NOSASRECEITAS

Page 2: RECEITAS DE ENTROIDO

O ENTROIDO NA MESA...

...e nos nosos bandullos

No segundo ciclo somos de bo dente. Por iso, non se nos ocurriu mellor cousa que facer unhas “xornadas gastronómicas” . E que mellor data que no Entroido?

Preguntamos na casa, escribímo-las receitas, cociñamos na casa, trouxémo-la proba ao cole ( as profes dicían: “sen proba... hai suspenso”), quitámo-las fotos, COMEMOS !!!! Todo esto en días distintos para non enchernos demasiado... O único que non comemos foi o cocido porque como que as 10 da mañá non presta.

Page 3: RECEITAS DE ENTROIDO

Como poderedes comprobar hai receitas de aquí e de acolá chegando a Marrocos.

Ademais de enche-lo bandullo, enchémo-las nosas mentes lendo un libro de Paula Carballeira titulado “Correo urxente” e diredes vós: “Pero que comían? Cartas?”. Non; trata das cartas que se escriben o cociñeiro dun cole, a súa irmá e un amigo... Falan de cousas, de contos e... de receitas. Está na Biblio do cole. É moi divertido e riiiico.

BO PROVEITO!!

Page 4: RECEITAS DE ENTROIDO

XABAQUIAIngredentes

–1 Kg de fariña.

–1 ovo

–1 vaso de azucre

–1 vaso de aceite de xirasol

–1 chisco de azafrán

Cómo se fai?

Misturámo-la a masa moi ben. Despois cun rodillo estirámola e cortámola en cadradiños. Facemos lazos e poñémolos nunha bandexa. Ao rematar poñemos aceite a quentar. Botámo-los lazos a fretir. Poñemos mel nunha bandexa e mergullámo-los lazos nela.

Cando estean rematados poñémolos nun sitio seguro onde non veñan as formigas.

Deixámolas enfriar e... a comer!!

Page 5: RECEITAS DE ENTROIDO
Page 6: RECEITAS DE ENTROIDO

Doce de limónIngredentes

– 500 g de fariña– 500 g de azucre– 3 ovos– 4 culleradas soperas de tulipán– 1 sobre de Royal– 400 ml de leite– Zume dun ou dous limóns e un pouquiño de azucre para facer o

xarope que utilizaremos na decoración.

Cómo se fai?

Nun recipiente misturamos a fariña co Royal.Noutro o azucre co tulipán e cando estea ben misturado botámoslle a xema dos ovos e seguimos a darlle voltas. Cando todo estea ben mareado, engadímoslle un pouco de leite e un chisco de fariña e seguimos misturando ata que rematemos o leite e a fariña. Por último engadímoslle as claras a punto de neve. Ollo, hai que usar as mans (iso si, ben limpas).Botamos a masa nun molde untado de mantequilla e enfariñado. Metémolo no forno ata que estea douradiño e para saber se está feitiño por dentro hai que espichar un mondadentes. Se sae sequiño o biscoito está listo.Cando estea cocido cubrímolo co xarope que faremos misturando o azucre o zume de limón. Ten que quedar un pouquiño espeso pero non demasiado.

Page 7: RECEITAS DE ENTROIDO
Page 8: RECEITAS DE ENTROIDO
Page 9: RECEITAS DE ENTROIDO
Page 10: RECEITAS DE ENTROIDO

FILLOAS

Page 11: RECEITAS DE ENTROIDO
Page 12: RECEITAS DE ENTROIDO

En Marrocos ás “chulas” bótanlle cuscús e mel quedando así de ricas.

Page 13: RECEITAS DE ENTROIDO

cocido

Ingredentes

– Chouriza– Chourizo de cebola– Carnes variadas (touciño, xamón, costela...)– Patacas– Berzas– Repolo– Legumes– Ademáis noutras versións poderíase botar arroz, cenoria, cabaza

a gusto do que vai papalo.

Page 14: RECEITAS DE ENTROIDO

Tortilla

Ingredentes

– FUNDAMENTAL!!! patacas, ovos, cebola e sal. Metida no pan está de vicio.

Nota dos autores: As fotos son reais como a vida mesma.

Page 15: RECEITAS DE ENTROIDO

CONTINUARÁ...