RAMÓN OTERO PEDRAYO,consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2009_Ramon-Otero-Pedrayo... ·...

88

Transcript of RAMÓN OTERO PEDRAYO,consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2009_Ramon-Otero-Pedrayo... ·...

RAMÓN OTERO PEDRAYO, MESTRE DA CULTURA GALEGA

POR

RAMÓN PIÑEIRO

CONFERENCIAS E ENSAIOS

ISBN

978-84-96530-90-4

DEPÓSITO LEGAL

C 1296-2009

LIMIAR

POR

RAMÓN VILLARES

Presidente do

Consello da Cultura Galega

Olladas de Piñeiro sobre Don Ramón de Trasalba

Ramón Piñeiro foi o primeiro presi-

dente do Consello da Cultura Galega

elixido para tal encomenda, na sazón

outoniza de 1983, polos membros do

seu Plenario en solemne sesión inau-

gural Para daquela, Piñeiro era xa

unha figura consagrada da cultura galega, pola

súa traxectoria de intelectual galeguista e de

formador more socrático de varias xeracións

galegas; pero, tamén, pola súa influencia moral

sobre a vida cultural e política de Galicia no tar-

dofranquismo e, nomeadamente, nos tempos de

construción da autonomía El propio tomou

partido de maneira enérxica a favor do réxime

autonómico naqueles tempos controversos da

transición democrática, tanto na defensa do pro-

ceso estatutario como na decisión de participar

na primeira andaina do Parlamento de Galicia,

mediante a súa inclusión como independente

nas listas do PSdG-PSOE nas eleccións de 1981

Que a súa presenza nos escanos parlamentares

9

sobardou a dimensión dun deputado individual

foi recoñecida polos seus pares, que aceptaron

de forma unánime iniciativas súas como a Lei de

normalización lingüística Pero as súas que-

renzas predilectas eran as institucións culturais

e isto explica a súa chegada á presidencia do

Consello da Cultura Galega, que non se consi-

derou incompatible coa súa condición de mem-

bro do Parlamento, reputada como ocupación

temporeira E felizmente para o Consello,

non podía comezar mellor a súa andaina que

coa presidencia de Ramón Piñeiro

Da súa obra e da súa vida falarase a cachón

hogano, por ser o autor escollido pola Real

Academia Galega como figura conmemorativa

do Día das Letras Galegas 2009 Non fallarán

novas edicións das súas obras, achegas biográfi-

cas e mesmo ensaios interpretativos das súas

múltiples facianas vitais, desde as propiamente

políticas ata as filosóficas e culturais Mesmo o

seu epistolario, que foi talvez o xénero literario

que mellor cultivou o noso homenaxeado, está a

comezar a ser preparado para a súa edición O

Consello da Cultura non podía ficar á marxe

deste xusto recoñecemento do labor literario e

10

cultural de Ramón Piñeiro, que se concretará en

varias actividades que non é do caso elencar aquí

Pero un dos contributos máis senlleiros a esta

homenaxe quere ser este cartafol de textos da

súa autoría, que vai á procura dun lugar de seu

nos andeis das bibliotecas, no ronsel de libros

conmemorativos arredor das Letras Galegas que

fora aberto no seu día polo segundo presidente

do Consello, o profesor Filgueira Valverde

Nada me prace máis que deixar constancia desta

práctica que, fundada na continuidade e no reco-

ñecemento da obra dos devanceiros, debe acabar

por formar a necesaria tradición que fecunda a

vida de todo sistema cultural

A selección dos contidos deste cartafol dedi-

cado á figura de Ramón Piñeiro non foi cousa

doada, pois a súa obra é máis ampla e espallada

do que semella a primeira vista A decisión

tomada, despois de barallar varias alternativas,

foi a de atar nun único monllo unha conferencia,

breves ensaios e artigos de xornal que Piñeiro

dedicou a un dos grandes mestres da cultura

galega toda, como foi Ramón Otero Pedrayo,

ficando deste modo anoadas dúas figuras maio-

res do Parnaso galaico Alén da coherencia

11

que así adquire a publicación, esta vólvese máis

sólida coa achega da gravación da conferencia

que Piñeiro dedicou á figura de Otero no ano da

morte do mestre de Trasalba, en 1976

Xuntamos deste modo a voz analítica e reflexiva,

tanto escrita como falada, de Ramón Piñeiro a

unha obra enciclopédica e que sobarda toda cla-

sificación académica, como era a de Ramón

Otero Pedrayo ou, dito con palabras de Piñeiro,

o Don Ramón por excelencia para a súa xera-

ción, a das Mocedades Galeguistas e logo a de

Galaxia Para nós, tempo xa andado, tamén

Piñeiro se volveu outro Don Ramón, quen fai

nestes textos unha lectura moi persoal da obra

do señor de Trasalba, a quen leu de mozo e a

quen tratou de maneira constante desde 1950

cando delambos se fixeron moradores da cidade

de Compostela

Naquela altura, Otero Pedrayo era xa unha

figura de universal admiración dentro e fóra de

Galicia, nomeadamente no Bos Aires que visita-

ra con grande éxito no inverno austral de 1947

Era autor dunha obra literaria feita antes da

guerra, pero tamén dunha executoria profesio-

nal de xeógrafo e historiador, de político activo

12

nos tempos da II República e de recoñecida

facundia oratoria Era tamén unha figura

esencial desde o punto de vista moral, pois malia

o seu conservadorismo católico, non se axeon-

llou perante o paso das novas bandeiras do réxi-

me franquista, padecendo once de anos de sepa-

ración (ou «depuración», como daquela se dicía

con escasa delicadeza) da súa cadeira de institu-

to Esta situación persoal, que moito lle doeu,

non lle roubou un celamín da súa enteireza

moral e intelectual Otero non militou aberta-

mente na oposición ao réxime instaurado en

Galicia desde 1936, pero tampouco nunca lle

deu os seus parabéns Sen a súa lealdade á

causa de Galicia e da súa cultura e mesmo á tra-

dición autonomista e republicana da preguerra

—como ben lle recoñeceron no exilio america-

no— dificilmente se podería entender a capaci-

dade de resistencia que a cultura galega logrou

ter naqueles anos de chumbo Otero Pedrayo

era moito máis que un profesor e un produtor de

creación literaria Era un exemplo de conduta

para as novas xeracións pois, como subliña o

propio Piñeiro, era persoa «elegantemente

inconmovible nas súas lealdades»

13

A imaxe que Piñeiro elaborou de Otero

Pedrayo é unha mestura certamente orixinal de

observación directa e de análise reflexiva e

demorada da súa obra O trato persoal manti-

do con Otero foi, como Piñeiro lembra en varias

ocasións, moi intenso a partir de 1950, tanto nas

rúas de Compostela, coma nas xuntanzas da edi-

torial Galaxia ou na mesma casa patrucial de

Trasalba, a onde os «galaxianos» acudían con

frecuencia Pero as relacións entre eles viñan

de vello De feito, nos anos corenta Piñeiro fixo

sabedor a Otero de cartas escritas por Castelao e

de novas políticas procedentes de América, gala-

no que o señor de Trasalba lle devolveu visitan-

do a Piñeiro e os irmáns Saco no cárcere polo

ano 1946; foi co gallo dunha viaxe de Otero a

Madrid na procura da sabedoría médica do

Doutor Marañón E cando Otero oposita á

cadeira de Xeografía da Universidade composte-

lá, un entusiasta asistente aos exercicios foi

Piñeiro, quen estaba ao tanto de intrigas acadé-

micas das que Otero non sabía nin da misa a

metade Hai, por tanto, unha relación persoal

entre ambos Don Ramón e, naturalmente, unha

clara admiración do de Láncara polo de

14

15

Trasalba Os afectos eran compartidos e nunca

fraquearon, por máis que a rixidez intelectual de

Piñeiro, como propia dun pensamento de filóso-

fo, exasperase máis dunha vez o ethos románti-

co de Otero, como aconteceu algunha vez nos

faladoiros tidos na casa compostelá do Doutor

García-Sabell

Dúas son as principais achegas que Piñeiro fai

nas súas análises da obra do señor de Trasalba

Unha delas é a localización da figura de Otero

Pedrayo no contexto na xeración Nós e, de

forma máis alongada, na tradición cultural gale-

ga desde os tempos dos Precursores A orixi-

nalidade desta xeración foi, no sentir de Piñeiro,

a súa capacidade para se complementaren per-

soas de tan diferente carácter e mesmo forma-

ción como eran Risco, Castelao ou o propio

Otero Pero tamén pola súa decisión de face-

ren unha relectura da obra dos Precursores,

desde Rosalía e Murguía ata Curros e Pondal

A herdanza dos autores do Rexurdimento con-

sistía na recuperación literaria da lingua e na

«reconstrución do prestixio do noso pasado»

mediante a creación de mitos históricos dos que

o máis evidente foi o do celtismo O labor da

16

xeración Nós, sen rexeitar esta herdanza, foi o de

acrecentar o capital recibido coa creación dunha

prosa literaria moderna e a fixación de novos refe-

rentes da identidade nacional de Galicia, nos que

a apelación á Terra e á Paisaxe resultaron cen-

trais E Otero Pedrayo foi un obreiro especial-

mente fecundo nesta laboría

A outra achega da lectura piñeirana de Otero

é a reconstrución das influencias culturais euro-

peas, con especial protagonismo para o roman-

tismo como fonte de inspiración preferida do

mestre de Trasalba A conexión co pensamen-

to europeo, que foi un dos paradigmas da xera-

ción Nós, resúmeo ben Piñeiro cando asenta que

grazas a estas fontes intelectuais Risco, Otero e

demais membros daquela xeración puideron

fundir dúas ideas moi poderosas, que foi lograr

unha «fusión íntima do sentimento da Terra coa

vivencia cultural do Tempo» Dito doutro

modo, foi o proceso contado no romance oteria-

no Arredor de sí, de descuberta de Galicia des-

pois de andar noreando por media Europa,

rematando deste modo co que Piñeiro denomina

«camiño alienador» da súa experiencia persoal e

intelectual

17

Nalgunha pasaxe destes textos afirma Piñeiro

que Otero era o derradeiro romántico, unha

forma diferente de expresar a coñecida autode-

finición oteriana de ser unha «pantasma do

século XIX» Pola prosa e pola oratoria de Otero

ecoan de forma constante temas e autores dos

tempos do romantismo, que se van desfiando

nunha prosa que se caracteriza por un estilo

propio, algo barroquizante, que revela que máis

que o idioma o que importa son os temas e con-

tidos dos que trata Esta construción dun

mundo propio, que foi unha das grandes con-

quistas de Otero, amósase en toda a súa fartura na

modalidade oratoria A análise que Piñeiro fai

do «Otero orador» resulta especialmente acaída:

trátase dun «monólogo confidencial» perante un

público ao que non ve e ao que non se dirixe

Non hai necesariamente diálogo nin empatía cos

ouvintes A observación piñeirana, malia ser el

un orador máis eficaz que atraente, resulta

rechamante na súa propia precisión, pois é evi-

dente que Otero falaba non para ser escoitado,

senón como unha necesidade de contar en

público un «mundo subxectivo propio» A con-

clusión de Piñeiro, formulada en 1976, é que na

18

oratoria pedraiana importaba máis o tema que o

auditorio

A preparación deste cartafol foi obra, como en

anteriores entregas, dun traballo colectivo desen-

volto por diversas persoas do Consello da Cultura

Galega A selección e edición dos textos foi feita

por un bo coñecedor da obra édita e mesmo inédi-

ta de Ramón Piñeiro, como é Henrique

Monteagudo A edición en CD da conferencia

pronunciada en 1976 polo propio Piñeiro forma

parte da laboría que vén desenvolvendo o Arquivo

Sonoro de Galicia na recuperación das nosas

voces Agradecémoslle ao Orfeón Unión

Orensana e a M. Rego Nieto a cesión desta grava-

ción sonora A supervisión xeral da edición

correu a cargo, como noutras ocasións, de Begoña

Tajes A cesión dos materiais, escritos e fotográ-

ficos, para esta edición foi feita pola Fundación

Penzol, a editorial Galaxia, así como por Xulián

Parga e outros membros da familia de R. Piñeiro

A todos eles, a miña gratitude, que teño a certeza

que compartirán os lectores

Ramón Villares

Presidente do Consello da Cultura Galega

CONFERENCIAS E ENSAIOS

PORRAMÓN PIÑEIRO

21

Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo en Trasalba, maio de 1961

22

Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell e Ramón Otero Pedrayoen Trasalba, maio de 1961

DON RAMÓN NA LEMBRANZA

Para os que o tratamos durante moitos anos, a persona-lidade humana de D. Ramón Otero Pedrayo segue moi pre-sente na nosa lembranza e será difícil que algún día che-guemos a cinguila exclusivamente ao marco da súa obra,porque sabemos ben que o desbordaba amplamente. Haicasos en que a obra ten máis forza de irradiación que apersonalidade humana do autor, casos en que ambas seequilibran e casos en que a forza da personalidade desbor-da á súa propia obra. Na miña experiencia —e referíndo-nos a tres membros moi relevantes da xeración Nós—,Vicente Risco foi exemplo do primeiro caso, Castelao dosegundo e Otero Pedrayo do terceiro.

É un feito certo que, ao longo da súa vida, D. Ramóngozou de máis presenza social, de máis prestixio e de máisautoridade pola influencia da súa personalidade humanaque pola influencia da súa obra. E penso que foi mesma-mente esa simpatía admirativa que espertaba a súa perso-nalidade a que lle restou, en vida, atención á súa obra. Decerto que a medida que se vai alonxando a presenza dapersonalidade humana, irá gañando presenza a obra.

Naturalmente que nos estamos referindo á obra escri-ta, á obra que conserva e conservará sempre a súa pre-senza na cultura galega. Pero, no caso de Otero Pedrayo,quizais deberiamos distinguir entre obra escrita e obraoral, porque é innegable que a través das aulas, a travésdas tertulias, a través das conferencias, desenvolveu unhaextraordinaria actividade cultural que acadou moita máis

23

extensión e intensidade comunicativa que a dos seusescritos.

Como é natural, o paso do tempo irá esvaecendo a pre-senza desa obra oral porque a foi absorbendo o ambientecultural galego, e, paralelamente, irá cobrando relevo eimportancia —toda a importancia que ten— a súa obraescrita, que será a que conservará a personalidade indivi-dualizada do autor no noso ámbito cultural.

As xeracións novas xa non coñecen máis que a obraescrita de Otero Pedrayo. Para nós, esa é a obra escrita deD. Ramón. Para eles, esa é a obra de Otero Pedrayo. A lec-tura que eles fan das novelas, dos contos, dos ensaios, dosartigos oterianos é distinta da nosa, porque eles teñen queler os escritos en si mesmos e nós lémolos cunha referen-cia inevitable á imaxe que conservamos viva da súa per-sonalidade e á lembranza de tantas conferencias e tantasconversas que lle escoitamos. Quer dicir, nós vemos aobra a través do coñecemento do autor e eles ven o autora través do coñecemento da obra. E se lles queremos ofre-cer esa imaxe da personalidade humana de D. Ramón quenós conservamos, teriamos que resumila brevemente así:

Era un home que tiña respecto e gusto da tradición e,ao mesmo tempo, unha mentalidade aberta e liberal. Naintimidade do seu interior era un romántico; cara ao exte-rior, na convivencia cos demais, era un home espontáneoe vital, con humor ledo e animoso. Tiña espírito sincera-mente relixioso e gusto pola solemnidade e a beleza litúr-xica, pero arrepiábanlle os temperamentos ascéticos queven a vida con ríxida vocación penitente, cando é un donde Deus merecente de gratitude. Socialmente, era comu-nicativo, cordial e xeneroso; na soidade tiña delongamen-

24

tos, nunca profundos, na melancolía. Tiña unha culturamoi ampla, non sistematizada en esquemas intelectuais,pero perfectamente asimilada e integrada pola sensibili-dade estimativa, que nel era moi grande. Tiña forza ima-xinativa e unha poderosa capacidade evocadora. Tiñavisión persoal, orixinal, das cousas, e sempre benévoladas persoas. Era elegantemente inconmovible nas súaslealdades.

Xuño de 1980

25

27

Ramón Otero Pedrayo nunha fotografía de Samaniego

28

Algúns deputados galegos das Cortes Constituíntes, entre eles R. SuárezPicallo, Castelao e A. Villar Ponte, ano 1931

29

OTERO PEDRAYO DENTRO DA SÚA XERACIÓN

Con Vicente Risco e con Cuevillas, ourensáns coma el,tivo trato amistoso desde a infancia. E aínda se deu acuriosa coincidencia de que Risco e Otero naceron namesma casa —rúa da Paz, 25—, propiedade da familia deOtero e na que tamén vivía a familia de Risco. Iso si, oRisco naceu cinco anos antes. A Castelao, en cambio,coñeceuno bastante máis tarde e de maneira ben casual,un día que a Otero se lle ocorreu ir desde Madrid a Toledoe alí, diante do Enterro do Conde Orgaz, do Greco, se ato-pou cunha excursión galega escoitando as explicaciónsque un deles lles estaba dando acerca do famoso cadro. Aover que eran galegos, Otero achegouse a eles e faloulles,establecéndose rapidamente unha corrente de simpatíaentre el e mailo excursionista que lles explicaba aos com-pañeiros as calidades artísticas do cadro que estaban acontemplar. Seguiron xuntos por Toledo e Otero convi-douno a xantar. Fixéronse amigos, con amizade que nontardaría en ser fraternal e que duraría todo o que duraronas súas vidas. Foi así como se coñeceron Otero e Castelao,como excursionistas galegos que coincidiron casualmen-te ao pé do Enterro do Conde Orgaz, pero é evidente quese esa casualidade toledana non se dese, coñeceríansemáis tarde en Galicia no seo do galeguismo.

Unha das peculiaridades biográficas de Otero Pedrayo,en relación cos outros tres amigos e compañeiros de xera-ción, é que permaneceu máis tempo ca eles fóra de

30

Galicia. Demorou en Madrid máis dunha ducia de anos,primeiro cursando os estudos universitarios e logo satisfa-cendo sen premas a súa fonda curiosidade intelectual earrequecendo a súa experiencia vital ata que decidiu opo-sitar a cátedras e iniciar o camiño da docencia. Sumadosos anos de permanencia madrileña aos da docencia enBurgos e máis tarde en Santander, cando se incorporou aoInstituto de Ourense como catedrático de Xeografía eHistoria xa se ía achegando aos límites en que comeza asúa madurez.

Naturalmente que todo ese período xuvenil transcorri-do en Madrid —e unha boa parte del no Ateneo— e mai-los anos docentes en Burgos e Santander non significaronisolamento de Galicia por parte de Otero, pois o seu con-tacto con Ourense e con Trasalba foi constante e vivo.Pero é evidente que o ambiente espiritual en que semoveu durante eses anos foi o ambiente madrileño, aíndaque, dentro del, mantivo unha clara independencia dascorrentes dominantes naquel tempo, xa que non se deixougañar pola Institución Libre de Enseñanza, nin tampoucopolo xesuitismo ou polo menéndez-pelayismo do bandocontrario. Tiña demasiado pulo vital e demasiado humorpara concordar coa cerimoniosa austeridade dos institu-cionistas e, por outra banda, era demasiado liberal paraconcordar co enxoito dogmatismo esquemático dos xe-suítas de entón ou coa exaltada fogaxe temperamental dedon Marcelino. O seu espírito profundamente liberal, asúa fonda e ampla cultura e o seu san humor sempre cor-dial arredábano de todo dogmatismo e máis ben o condu-ciron ao escepticismo elegante que caracterizou os seusanos de mocidade.

31

Os outros tres compañeiros de xeración —Risco,Castelao e Cuevillas— tiveron un contacto máis perma-nente coa realidade galega porque vivían mergulladosnela. Con todo, Risco e Cuevillas tamén reaccionaban con-tra a vulgaridade e a vacuidade espiritual do ambienteburgués que os circundaban procurando na cultura euro-pea ou no esoterismo un castelo seguro para se manterenincontaminados. Castelao, en troques, por estar máis ven-cellado á Galicia popular, atopou axiña na identificacióncos mariñeiros e cos compañeiros o centro moral da súapropia personalidade.

Estes distintos puntos de partida explican o proceso daincorporación activa ao galeguismo, que en Castelao seproduciu antes que nos tres ourensáns. Cando VillarPonte lanzou o seu chamamento para a creación dasIrmandades da Fala, no ano 16, Castelao incorporouseinmediatamente, mentres que os ourensáns o fixeron unpar de anos máis tarde.

O encontro de cada un deles co galeguismo foi como oencontro coa súa propia identidade, e o encontro de todoseles dentro do galeguismo foi a transformación da amiza-de en irmandade. A grande forza interior daqueles peque-nos núcleos galeguistas estaba xustamente no seu fortevencello moral duns con outros. Profesaban ideoloxías dis-tintas nos planos relixioso, filosófico ou estético, pero sen-tíanse todos irmáns na mística patriótica. En realidade, oRisco fixo canto puido por lle imprimir ao nacionalismogalego, do que el viña a ser o máximo teórico, unha arelade comuñón mística coa Terra-Nai e mais coa Tradición.

Otero Pedrayo, que se incorporou con plena entregaespiritual, experimentou tamén unha especie de crise, de

32

cambio interior. O seu escepticismo elegante, animadopolo humor san e cordial, tivo que dar paso a unha novafe, a un novo ideal. Foi como dar esa volta Arredor de sique el novelaría máis tarde como unha especie de biogra-fía espiritual do grupo.

En realidade, en Otero fixo crise a personalidade inte-lectual que fora desenvolvendo nos longos anos madrile-ños e saíu á superficie a personalidade íntima, a que sefora formando no ambiente cósmico e no mundo campe-siño de Trasalba. Alí tiña as súas raíces máis fondas, quepermaneceron aconchegadas por embaixo da vida socialmadrileña, do ambiente intelectual do Ateneo, das novi-dades literarias de Francia que foran enchendo demora-damente a súa mocidade. O retorno definitivo a Galicia eo encontro co galeguismo viñan a completar o círculoArredor de si que levou a Otero ao encontro coa súa per-sonalidade íntima e co mundo que lle dera a identidade.Naturalmente que nunca tiña eludido ese mundo daGalicia tradicional campesiña, co que sempre mantivocontacto a través de Trasalba; pero, agora, ese mundocobraba o seu pleno significado na conciencia de Otero.Nel fundiuse a formación intelectual europea coa Galiciatradicional.

A súa vocación xeográfica levouno ao estudo da confi-guración física da nosa terra e, como a súa interpretaciónda xeografía prestaba especial atención á paisaxe, conver-teuse no máximo intérprete do home e da terra, algo asícomo a facies humanizada da terra, e, dese xeito, a paisa-xe galega viña a ser, en certo modo, a obra colectiva dassucesivas xeracións de habitantes que viviron en Galicia eque a traballaron coas súas mans. Poderiamos dicir que as

33

dúas grandes creacións de etnia galega foron a paisaxe ea fala. A partir de Trasalba, Otero asimilou, converteu ensubstancia propia, esas dúas grandes emocións colectivasdo noso pobo.

Pero ademais da paisaxe e da lingua, grandes crea-cións do pobo, estaba tamén o mesmo pobo. A diferenzade Castelao, que se identificaba co pobo entendendo portal os mariñeiros e os campesiños, Otero englobaba taméno que na súa espléndida novela Os camiños da vida cha-maría «Os señores da terra». A súa visión da Galicia socialnon estaba polarizada ideoloxicamente, nin sequera etica-mente, senón que abranguía nunha realidade conxunta osseñores dos pazos e mailos campesiños que se agrupabannos lugares. Certamente que desde o punto de vista vitalou desde o punto de vista histórico–social, a humanidadegalega viña existindo sobre a base dese entramado seño-res / campesiños. Era a imaxe tradicional, que taménrecolleu Valle–Inclán, aínda que dándolle unha expresiónextremada en función dos seus criterios estéticos, men-tres que Otero non aplicou na súa visión ningunha lupaexpresionista senón simplemente unha especie de simpa-tía vital, tanto se se trataba dos señores como se se trata-ba dos campesiños. Uns e outros aparecen en toda a súaplenitude na obra de D. Ramón Otero Pedrayo.

Ao facérense galeguistas —ao descubriren a súa iden-tidade galega— os tres intelectuais ourensáns e o artistarianxeiro tiñan logrado un ideal común: asumir, defendere afirmar a personalidade xenuína de Galicia e os seusdereitos ao libre desenvolvemento. Pero, ademais doideal, necesitaba tamén unha idea de Galicia. Mentresque o ideal era común, a idea de Galicia era máis ben

34

persoal de cada un. Cada un deles tiña unha visión, unhaexperiencia propia de Galicia, e de acordo con ela forma-ba a súa propia idea. A de Otero Pedrayo tiña moi pre-sente a paisaxe, a realidade social de señores e campesi-ños, a lingua, un cristianismo moi identificado coa vida eacugulado de esperanza, e como símbolos da Galiciaurbana e da Galicia rural, Santiago de Compostela eTrasalba respectivamente.

A síntese viva de todos estes elementos está presentena obra oteriana. Quizais a Galicia resultante non secorresponde coa que percibimos ou coa que soñamos nonoso tempo e, mesmo por iso, dá unha certa sensaciónde distancia. Pero, en grande parte, esa distancia débeseás nosas propias limitacións perceptivas. Se reparamosben nesa obra, botaremos de ver que toda ela reflicte ocerne do ser de Galicia, que vén a ser o mesmo que o ver-dadeiro substrato da Galicia «nosa», da que percibimos eda que soñamos.

Xuño de 1979

35

R. Otero Pedrayo, no Día de Rosalía, Padrón, abril de 1958

36

Ramón Otero Pedrayo diante da estatua de Rosalía en Santiagode Compostela, 25 de xullo de 1950

37

OTERO PEDRAYO NA CULTURA GALEGA*

Pola súa cronoloxía biográfica, Otero Pedrayo pertenceá xeración chamada a dar o paso do século XIX ao séculoXX. Os homes desta xeración, nados no penúltimo deceniodo século XIX, estaban destinados a protagonizar a muta-ción histórica —no noso caso, a mutación histórico-cultu-ral— que lle había de dar ao noso século a súa fasquíaanovadora. Nados no XIX e primeiros protagonistas do XX,eles podían decidir o destino do Rexurdimento culturalgalego levado a cabo polos Precursores. Podían afianzalo,incorporándoo activamente ao pulo anovador do novoséculo, ou podían deixalo confinado no XIX, como mani-festación peculiar do noso Romantismo. Podían asumir oesforzo dos Precursores como un herdo fundamental quesinalaba o paso máis importante da conciencia galega áprocura da súa identidade colectiva, ou podían, pola con-tra, contemplar aquel esforzo como mero reflexo galegoda labarada romántica xeral, como reflexo galego dunhamoda literaria europea.

Xa sabemos que Otero Pedrayo e mailos seus compa-ñeiros de xeración asumiron o herdo cultural dosPrecursores. E asumírono plenamente, responsablemente,

* Conferencia pronunciada por Ramón Piñeiro en Ourense en 1976, quevai reproducida no CD incluído no cartafol. Esta conferencia baséase nocontibuto que Ramón Piñeiro escribira para a Homaxe a Ramón OteroPedrayo no LXX aniversario do seu nacimento (Vigo, Galaxia, 1958), titu-lado «Carta a Leonor da Cunha Leão sobre a persoalidade e a obra deOtero Pedrayo», e que posteriormente foi incluído na colectánea Olladasno futuro (Vigo, Galaxia, 1974).

38

con profunda conciencia de que se trataba do verdadeiropatrimonio comunal dos galegos e que, como tal, tiña quepasar de xeración en xeración arrequecéndose co esforzocreador e anovador de cada unha delas. Si, estes homesasumiron o herdo cultural dos Precursores. Nós sabemosque o asumiron plenamente, que o anovaron vigorosa-mente e que o arrequeceron con toda a fartura da súa ori-xinalidade creadora. Sabemos todo isto e admitímolo senmáis, talmente como se se tratase dun feito natural quetiña que ocorrer así e non dun feito histórico que podía terocorrido de maneira distinta, de maneira moi distinta,mesmo contraria.

Otero Pedrayo e mailos seus compañeiros de xeracióneran fillos do XIX e iniciadores do XX. Mesmo por iso, arebeldía propia de cada nova xeración fronte á xeraciónanterior neste caso estaba notablemente potenciada polarebeldía do novo século fronte ao século anterior. Aespontánea arela anovadora que caracteriza toda xera-ción nova, no caso destes homes ía intensificarse eampliarse pola conciencia que tiñan de ser os iniciadoresdun novo século, polo seu papel de inauguradores dunnovo período histórico, polo sentimento agudo do seunovecentismo. Isto levábaos, inevitablemente, a unhaviraxe crítica cara ao XIX e unha procura teimosa de hori-zontes novos cara a onde camiñar. E nesta procura dehorizontes novos é mesmamente onde se decidía o desti-no histórico do esforzo cultural realizado polosPrecursores. Eles podían asumir ese esforzo e, ao faceloasí, comprometérense a continualo. Mais tamén podíanseguir un camiño distinto, un camiño desvencellado doesforzo dos Precursores.

39

Pola súa formación intelectual eran fillos do seu tempo,mais non eran fillos da súa Terra. O herdo cultural do XIX,dentro do cal naceran e fronte ao cal ían reaccionar, nonera o do XIX galego. Era o herdo cultural do XIX europeo. Ea súa reacción anovadora seguiría, como é natural, ascorrentes anovadoras igualmente europeas, entendendopor tales, neste caso, as que se expresaban orixinalmenteen francés, en alemán, en inglés. A súa óptica intelectualpermitíalles a visión de Galicia desde as correntes cultu-rais dominantes en Europa, mais non lles permitía avisión de Europa desde Galicia. Eran, xa que logo, galegosintelectualmente alienados, coma tantos e tantos fillosdeste país. Falamos —quede ben claro— de alienaciónintelectual, pois no plano sentimental, emotivo, todos elestiñan fondas raíces e fortes vencellos coa súa Terra.Sentían e amaban Galicia como unha realidade familiar,pero, asemade, esta realidade, entrañable no plano afecti-vo, era allea ao horizonte ultrapirenaico da súa culturaintelectual. Permanecían fieis á Terra sentimentalmente,e mesmo vitalmente, pero intelectualmente eran emi-grantes alén dos Pireneos.

Desde esta perspectiva, sería de esperar que OteroPedrayo e os homes da súa xeración levasen a cabo o seupapel de iniciadores do século XX asimilando e reflectindoen Galicia as correntes culturais novecentistas vixentes naEuropa ultrapirenaica. Sería de esperar que desen-volvesen entre nós un brillante provincianismo culturaleuropeo, un provincianismo que, aínda sendo esencial-mente mimético verbo de Europa, serviría para marcarunha grande distancia espiritual entre estas mentes taninformadas das novidades que xurdían en París e o

40

ambiente cultural reinante en Galicia. Sería de agardarque a súa potencial orixinalidade como membros dunhacomunidade con personalidade propia quedase anuladapolo poder esterilizador da íntima dicotomía que os leva-ba a ser sentimentalmente da súa Terra e intelectualmen-te do seu tempo, pero vivindo ambas as dúas dimensiónscomo alleas entre si. O seu tempo, neste caso, non era adimensión histórica da súa terra, senón que era a dimen-sión histórica da Europa ultrapirenaica. O tempo aquíconvertíase nunha forza tremendamente alienadora.Como galegos, xa que logo, estaban alienados no tempoque tiña o seu meridiano cultural en París, estaban inte-lectualmente emigrados na Europa de alén Pireneos.

Con todo, o seu papel de iniciadores do século XX enGalicia non seguiu este camiño alienador que elesseguiran na súa propia experiencia persoal. Ao actuarencomo xeración, aparecen como fillos da súa terra e doseu tempo, pero coa fundamental novidade de que aterra e o tempo xa non eran dimensións alleas entre si.A anterior dicotomía entre o vínculo sentimental á terra,por unha banda, e o vínculo intelectual á Europa transpi-renaica, por outra banda, fora superado ao integrárensecomo xeración. Ao tomaren nas súas mans a responsabi-lidade de lle dar a configuración inicial ao século XX

galego, tíñase operado neles unha profunda revolucióninterior, tiñan logrado a fusión íntima do sentimento daTerra coa vivencia cultural do Tempo. Abriuse diantedeles un novo horizonte no que a Terra e o Tempo cons-tituían unha unidade cultural viva e orixinal, unha uni-dade que lles permitía contemplar Europa e contemplaro mundo sen necesidade de alienación intelectual, sen

41

necesidade de emigrar intelectualmente. Descubrironque Galicia era unha unidade orixinal dentro do conxuntocultural europeo e non simple espello provinciano dasideas vixentes en París, en Múnic, en Londres, en Berlín.Galicia tiña que vivir creadoramente o seu propio tempohistórico, tiña que expresar culturalmente a súa propia,a súa xenuína personalidade comunal. Tiña que pasar domimetismo á creación orixinal.

Foi xustamente este descubrimento o que aglutinou axeración como tal. Certamente, cada un dos seus integran-tes tiña unha experiencia persoal propia e, mesmo por iso,cada un deles tiña vivido á súa maneira a alienación inte-lectual, nuns maior que noutros. Así, Villar Ponte ouCastelao —poñamos por caso— tiveran menos contactointelectual con Europa na etapa anterior á aglutinaciónxeracional, mentres que Otero Pedrayo, Vicente Risco ouFlorentino Cuevillas tiveran un contacto moito maior. Eaínda temos o caso moi especial de Viqueira, para quenEuropa non era unha realidade afastada que chegaba aGalicia a través de libros e revistas, senón que era unhaexperiencia asimilada e vivida directamente nas melloresuniversidades e coas máximas figuras da cultura europeado seu tempo. Pero Viqueira, que pasou toda a súa infancianunha aldea galega, durante os anos da mocidade quepasou en París, en Berlín, en Londres, en Leipzig, enHamburgo, sentía agudamente a súa identificación conGalicia. A profunda asimilación da cultura e a profundaexperiencia da realidade europea en Viqueira non produ-cían alienación intelectual senón que, pola contra, facíanllesentirse galego e facíanlle sentir a mágoa do atraso deGalicia. Ou sexa, asimilaba a cultura europea como galego.

42

As experiencias persoais, como vemos, son distintas,pero todas confluíron no intre de se producir a aglutinaciónxeracional. Esa aglutinación produciuse como resposta aun chamamento de Antón Villar Ponte, quen tivera —comoxa dixemos— pouco contacto intelectual coa Europanovecentista; tivera, en cambio, experiencia persoal daemigración e do ambiente galeguista máis ou menos difu-so que alentaba na colonia galega da Habana. En 1916,despois dunha viaxe a Portugal como correspondente deprensa que lle serviu para se decatar de que a lingua ofi-cial do Estado portugués (e, claro está, a do Estado brasi-leiro) era unha variante da lingua galega, decidiu lanzarun chamamento na procura da afirmación solidaria danosa personalidade de pobo, cuxa expresión máis xenuí-na estaba mesmamente na lingua. En realidade, a idea decrear unha Irmandade destinada a defender, a cultivar e aprestixiar a nosa lingua foi de Ramón Villar Ponte, peroAntón soubo darlle formulación e difusión eficaz. Ao seuchamamento responderon con entusiasmo as máis valio-sas figuras mozas da Galicia de entón. E foi esta respostaa que aglutinou a esas figuras como xeración e a que con-figurou esa xeración como xeración galega.

Este feito ía ter unha importancia decisiva, porque setrataba da xeración destinada a iniciar o século XX galego.Ao identificarse coa lingua, identificábanse co pobo e coaterra. No espírito destes homes, Galicia transformábasenun país con personalidade propia e definida, nun pobo condereitos que a todo pobo lle corresponden e nunha culturaorixinal. Un país, un pobo, unha cultura: tres dimensiónsdunha realidade comunal que os abranguía a todos. De aíque, ao tomaren conciencia deste feito, volvesen os ollos

43

cara ao noso século XIX e asumisen como herdo propio oesforzo levado a cabo polos Precursores. E, ao facéreno así,déronlle a ese esforzo toda a súa dimensión histórica. Seesta xeración tivese permanecido na súa alienación inte-lectual, o esforzo extraordinario dos Precursores quedaríaconfinado, inxustamente confinado, no marco histórico--cultural do Romantismo, porque só podía acadar a súaplenitude a través da continuidade. Otero Pedrayo e osseus compañeiros de xeración déronlle esa continuidade.Ao asumiren eles o herdo dos Precursores e ao imprimí-renlle toda a forza anovadora e arrequecedora de queeran capaces, déronlle a máxima transcendencia, a máxi-ma fecundidade histórica.

HERDO DOS PRECURSORES

Mais, en que consistía o herdo cultural legado polosPrecursores? Ben mirado, consistía en dúas realizaciónsde fundamental importancia: a conversión da lingua gale-ga en lingua poética e o darlle a Galicia conciencia histó-rica. O cultivo da lingua foi predominantemente poético,sobre todo predominante na orde cualitativa. As realiza-cións culturais distintas ás que levaron a cabo os historia-dores acadaron menos transcendencia e alcance. A gran-de achega do século XIX foi, xa que logo, a de dotar aGalicia de conciencia histórica e a de dotar á lingua gale-ga de rango poético universal. Historiadores e poetasforon os nosos heroes do XIX.

A lingua galega, ausente de usos literarios cultos desdeo Renacemento, viñera a ser unha lingua puramente oral,

44

un sermo vulgaris. No século XIX, case de súpeto, conver-teuse en lingua poética de altísimo rango. Tal milagredébeselle, sobre todo, a Rosalía, pois se outros iniciarancon prioridade cronolóxica o seu cultivo poético, foi elaquen lle conferiu a suprema e definitiva consagración.Con anterioridade a Rosalía, pódese dicir que non habíatradición poética galega. Non se chegara —nin moitomenos— a elaborar unha lingua poética. Rosalía non tiñaao seu alcance unha lingua traballada, elaborada, matiza-da polos usos da expresión poética. O que ela tiña ao seualcance era unha lingua oral, unha lingua popular, unhalingua cultivada, traballada e matizada unicamente polosusos expresivos da nosa xente do campo e do mar. O mila-gre consiste en que Rosalía, en lugar de crear unha linguapoética persoal dentro do galego —como a creou, porexemplo, Pondal—, o que fixo foi, nin máis nin menos,escribir a súa poesía persoal na lingua oral do pobo.Demostrou que o galego falado, a lingua cotiá do pobo tra-ballador, servía para expresar o máis puro lirismo, parareflectir os máis anxélicos matices sentimentais, para tra-ducir as máis fondas vivencias íntimas. O galego deRosalía non era aprendido en textos nin procedía de nin-gunha reflexión consciente: era o galego ouvido directa-mente de labios do pobo. O prestixio acadado pola súa poe-sía aquecíalle tamén á lingua, á fala popular que lle servirade vehículo expresivo. Co triunfo da súa poesía, Rosalíaconquistou tamén o triunfo, a consagración do galego comolingua poética. Detrás, viñeron Pondal e Curros para com-pletar a obra.

Como dixemos, a outra grande realización culturaldo noso XIX foi o dotar a Galicia de conciencia histórica.

45

Os nosos historiadores románticos levaron a cabo, conalento verdadeiramente épico, a empresa de reconstruír oprestixio do noso pasado. Propúñanse espertar por esecamiño a conciencia da personalidade colectiva do pobogalego. En certa maneira, tiñan o alento e o senso de ver-dadeiros bardos. Facendo resoar o eco vibrante das glo-rias pasadas, querían avivecer a conciencia adormentadada Galicia do seu tempo. E, certamente, chegaron a pór enmarcha unha especie de emoción histórica popular aoredor dalgunhas lembranzas do noso pasado, ou sexa,chegaron a crear verdadeiros mitos históricos. O máisimportante, o do celtismo étnico galego.

Estas dúas grandes realizacións culturais do século XIX

viñan a ser os fundamentos para a recuperación da nosapersonalidade colectiva. Pero, evidentemente, só poderíancumprir esa función histórica se as xeracións seguintes asasumían como herdo patrimonial. De aí a importanciadecisiva desta xeración á que pertence Otero Pedrayo, nonsó polas razóns intrínsecas da súa grande valía, senónpolas razóns cronolóxicas de ser a iniciadora do nososéculo XX. Se esta xeración non tivese recollido o herdocultural dos Precursores, o proceso de recuperación danosa personalidade colectiva teríase fanado por moitotempo. Pero, como dixemos, recolleu ese herdo da manei-ra máis efectiva, ou sexa, partindo del para profundar,para ampliar, para arrequecer a conciencia da nosa per-sonalidade colectiva e, ao mesmo tempo, anovando vigo-rosamente a nosa creación cultural. Dentro desa xeración,hoxe imos falar de Otero Pedrayo. Por se tratar dunhafigura sobranceira na Galicia do século XX, trataremos dasúa obra e mais da súa personalidade.

46

OTERO PEDRAYO, ESCRITOR

Entre os cultivadores literarios da lingua galega, nin-guén escribiu tanto coma Otero Pedrayo. Considerada enconxunto, a cantidade, a variedade e a calidade da súa obranon admite polo de agora comparanza. Novela, teatro,ensaio, conto, libro de viaxes, artigo e, un pouco ás agacha-das, verso foron cultivados por el con pulo e, ás veces, conacerto incomparable. A multiplicidade de xéneros, de mati-ces significativos e de valores literarios da obra de Otero faipreciso que, ao enfrontármonos coa súa personalidade deescritor, a consideremos polo menos desde tres puntosde vista distintos: o do significado global da súa obra den-tro da evolución cultural galega, o do significado da súapersonalidade literaria dentro da xeración á que pertence,o do significado dos valores literarios da súa obra.

Desde o primeiro destes tres puntos de vista, ninguénlle poderá negar a Otero a alta gloria de ser un dos gran-des creadores —eu coido que o máis grande ata hoxe— danosa prosa culta, un dos grandes forxadores do galegoliterario. Poderase discutir o valor estético das súas obrascon relación aos abaladizos criterios valorativos de cadaépoca ou de cada gusto persoal. O que nunca se poderánegar é a importancia histórica da súa contribución á for-mación da verdadeira prosa literaria galega, á conversióndo galego en lingua de cultura escrita.

Froito dunha dupla confusión —a das calidades do esti-lo coas idiomáticas e a perfección gramatical do idiomacoa súa pureza— tense dito que o galego de Otero Pedrayoé artificioso. E non o é. Lonxe de ser artificioso, o galegode Otero é extraordinariamente rico en vida e en pureza.

47

Nunca, ata el, o fora tanto. As dificultades con que o lectortropeza diante da prosa de Otero non proveñen da artifi-ciosidade do idioma nin da súa impureza, senón que pro-veñen do peculiar barroquismo do seu estilo. Iguais difi-cultades teñen que atopar na súa prosa en castelán,porque o artificio —se se lle quere chamar así— está noestilo e non no idioma. Pola contra, se consideramos oproblema coa necesaria atención, máis ben botaremos dever que a proporción de arcaísmos, de neoloxismos oude lusismos —as grandes chatas que en contra dos escri-tores galegos se repiten polos que non o son— vén sendomenor en Otero que noutros escritores. El creou a súa lin-gua literaria apañándoa a presadas no eido popular. Nono foi rebuscar aos textos arcaicos, nin o arrincou da vellacepa latina, nin o procurou no horto familiar portugués.Demostrou que esas tres fontes, aínda sendo lexítimas,non eran fundamentalmente necesarias, pois abonda conrecadalo dese grande parladoiro vivo, espontáneo, que écada aldea de Galicia —no seu caso a aldea de Trasalba—,e darlle viabilidade expresiva de rango literario. Empresaque Otero realizou con admirable pulo creador.

Outro motivo de confusión cando se fala do galego deOtero procede da identificación de dous conceptos real-mente distintos: a perfección gramatical do idioma e a súapureza. No tocante á perfección formal ou gramatical doidioma, a despreocupación do noso escritor é total. O seugalego é rico, vivo e puro no vocabulario; mais é descoi-dado, mesmo diriamos anárquico, no aspecto formal.Prescinde de toda preocupación normativa e atende conexclusividade á súa función expresiva, que é, desde logo,a esencial. Poderíase dicir con xustiza que a prosa de

48

Otero Pedrayo é boa para aprender a escribir en galego enada boa para aprender a escribir o galego.

Desde este primeiro punto de vista, ou sexa, o do sig-nificado global da súa obra na evolución cultural galega,temos que recoñecer que consiste no meirande esforzopersoal que se leva realizado ata hoxe para acadar a con-versión da lingua galega en lingua cultural plena e madu-ra. Ninguén a someteu a tan rica e tan complexa funciónexpresiva de valor cultural nin a manexou coa opulenciae vitalidade coa que el a manexou. O seu papel históricona evolución das nosas letras é o de facer entrar, case queen cachoeira, a lingua popular nos usos requintados esutís da vida cultural.

O segundo dos puntos de vista —o do significado dapersonalidade literaria de Otero dentro da xeración áque pertence— obríganos a unha comparanza cos outrosdous prosistas da xeración, Castelao e Risco.

Castelao acadou na prosa un equilibrio entre perfe-cción e enxebreza semellante ao que Cabanillas atingui-ra na poesía. En rigor, desde o punto de vista da fixaciónliteraria do idioma, Castelao é un clásico da literaturagalega. Ademais da enxebreza, Castelao coidou moitoda perfección formal. Na súa obra resulta tan fundamen-tal a enxebreza do contido coma a perfección da forma.Froito dun pousado madurecer interno e tamén, sendúbida, dun prolongado traballo de pulido externo, chegaa un asisado e marabilloso equilibrio entre o contido emaila forma expresiva. Nel non hai nada improvisado,inacabado, inmaturo. Nada sobra nin falta. Todo está noseu punto. Ah! Mais todo cunha dimensión de profundi-dade, de tépeda fondura humana que vai envolvendo a

49

prosa dun misterioso recendo poético. Por este sensopoemático fundamental, a obra de Castelao tende de seuás formas breves, como o conto ou a estampa. E candocultiva outros xéneros, no fondo o que fai é teatralizar ounovelar contos ou estampas.

Tampouco Vicente Risco é un improvisador. Tamén éun escritor consciente que traballa e procura a perfecciónda forma. E sábea conquistar, quen o dubida! Mais nel aperfección formal vírase en claridade, en precisión, enelegancia expresiva, sen esa dimensión de profundidade,de tépeda fondura humana que estremece a prosa deCastelao misteriosamente, poeticamente. Risco, máis queartista, é un intelectual. As calidades da súa prosa reflic-ten virtudes da intelixencia: clareza, orde, precisión, ele-gancia..., todas elas adobadas cunha faísca de ironía. Nonhai dúbida de que Risco é un bo escritor, pois as notas declaridade e agudeza —propias da intelixencia— sábeasdar de maneira abondo perfecta en canto escribe. Por llefaltar sensibilidade e alento humano, os valores da súaobra literaria son máis ben didácticos que narrativos oupoéticos. Móvese mellor no mundo estelar das ideas queno mundo multiforme, desacougado e apaixonante davida, porque a vida, no mundo da cultura, aparéceselle enforma de esquemas ou de símbolos ideais. Máis que anovela, o conto, o teatro e o verso, o seu campo natural erao ensaio. E escribiu, de certo, excelentes ensaios en moiboa prosa galega.

Otero Pedrayo diferénciase profundamente de Castelao ede Risco. Mentres estes son escritores «conscientes» quesaben traballar e atinguir a perfección formal, cada un delesna liña da súa dirección temperamental, Otero amósasenos

50

absolutamente despreocupado de tal perfección. Máis benaparece dotado das calidades inversas: espontaneidade,improvisación, fluencia imaxinativa, riqueza verbal,asombroso poder evocador... Fronte ao clasicismo deCastelao e de Risco, baseado nun difícil e rigoroso equili-brio —o do primeiro entre sentimento e expresión; entreexpresión e pensamento o segundo—, Otero resulta unescritor clara e acentuadamente romántico. O seu senti-mento non se somete, como en Castelao, a unha discipli-nada harmonía expresiva; nin se somete o seu pensamen-to, como en Risco, a unha disciplinada claridadeconceptual. Ama a liberdade sobre a disciplina. Deixa queo seu sentimento entre, ceibe, na tremelucente fervenzada expresión verbal; e deixa, igualmente, que o seu pen-samento persiga a riqueza ventureira, insegura e un tantoirreal do puramente suxerido antes que a segura e con-creta posesión do definido. Para el, a emoción raiolantevale máis que a claridade en equilibrio; a suxestión máisque a definición.

Resulta, xa que logo, que a nota distintiva da perso-nalidade de D. Ramón dentro da xeración á que perten-ce é a do romantismo. Poderiamos dicir —coido— que elé o derradeiro romántico das nosas letras. Así, do mesmoxeito que na nosa poesía xurdiu, no XIX, co triunfo da sen-sibilidade romántica, tamén a sensibilidade romántica,no XX, e a través de Otero Pedrayo, foi a que orixinou ogrande pulo creador da nosa prosa. E non quere isto dicir,nin moito menos, que Otero sexa un escritor «anacróni-co». Na súa xeración, el é o que está en posesión dunhacultura máis ampla. Mesmo por iso, a súa formación espi-ritual desenvolveuse en contacto vivo e directo co

51

ambiente e as inquedanzas da súa época. Pero ocorre quea súa personalidade non está determinada nin se definepola cultura asimilada —con ser verdadeiramente enor-me—, senón pola súa sensibilidade innata. E aínda que asúa cultura non sexa privativa nin predominantementeromántica, romántica é a súa sensibilidade. Mesmo poriso, o seu romantismo non ten carácter histórico-culturalsenón vital. De onde se segue que ao dicirmos del que éun escritor romántico, nin dicimos nin queremos dicirque sexa anacrónico.

E quédanos agora por considerar o terceiro dos puntosde vista, o dos valores literarios da súa obra. Aquí atopá-monos con que Otero, como escritor, se caracteriza portres trazos fundamentais: estilo máis oral que literario,agudeza sensitiva para a captación da paisaxe, abraiantecapacidade evocativa.

No tocante ao estilo, dicimos que é oral e non literariopara sinalar que o ritmo expresivo, a sintaxe de Otero res-ponde ben máis ás peculiaridades da expresión oral queás da expresión escrita. Non dicimos que sexa un estilooratorio, porque iso daría idea dun estilo elocuente e enfá-tico, características que non son as súas. Dicimos, sinxe-lamente, estilo oral. Ou sexa, se os estilos expresivos dofalar e do escribir son normalmente distintos, en Oteroson un só. E o estilo del é o oral.

A segunda calidade que apuntamos é a da súa agudezasensitiva para a captación da paisaxe. Non se trata aquí,como no caso doutros escritores —o mesmo Ortega, porexemplo—, dunha acuidade retiniana máis ou menosexcepcional para percibir a beleza plástica da paisaxe. Acaptación paisaxística de Otero non é puramente retiniana:

52

é anímica. As formas da paisaxe non son para el simplepresenza. Son, sobre todo, expresión comunicativa. Cadaforma concreta non é máis que un intre expresivo nadinámica dun proceso. A sensibilidade de Otero sabe per-cibir a forza comunicativa da paisaxe; valéndose das for-mas concretas en que aparece visible, capta a súa expre-sión fisionómica. Pero este percibila como un procesodinámico que se vai concretando en idoiras formas expre-sivas dálle á paisaxe un certo carácter dramático. Cadapíncaro da alta serra, cada bocarribeira, cada val, cada río,cada freita, cada penascada non son máis que a expresión—gozosa e tranquila no val, runfante no píncaro, enerxé-tica e impoñente na penascada— dunha forza profunda,escura e poderosa que sofre e loita nun continuo esforzocreador de formas. E na interpretación desas formas, nacaptación do seu valor significativo, é onde percibe Oterotodo o mudo dramatismo interior da paisaxe. De onderesulta que na súa obra a paisaxe é un elemento de tantae tan intensa vibración anímica coma o home mesmo.

A terceira calidade distintiva que lle sinalamos é acapacidade evocativa. Calidade que posúe Otero en graoverdadeiramente abraiante. A súa capacidade de lleinfundir vida ao pasado é certamente excepcional. Non setrata de reconstruír con máis ou menos riqueza e preci-sión de datos —cousa que se pode conquistar con memo-ria ou con método—, senón que se trata de que o pasadoen Otero revive; sábelle dar presenza vital. Esta facultadeevocadora é un dos seus grandes resortes literarios. Conela conquista algunha das súas mellores realizacións.

Sempre que fala da paisaxe, a súa prosa acada unfondo e limpo acento poético. Pódese dicir que Otero

53

Pedrayo é o máximo poeta da paisaxe que ten xurdido nasletras galegas. A fusión do seu estilo espontáneo coafacundia evocadora, ás veces, logra resultados espléndi-dos, pero se ambas as dúas calidades se acentúan, xordenos perigos literarios de D. Ramón: luxo barroquizante,profusión de digresión, sobreabundancia de resonanciasculturais. Con todo, no conxunto da súa obra resplande-cen abondosamente as súas excelentes calidades deescritor.

OTERO PEDRAYO, ORADOR

Con todo, sendo como é unha personalidade rica e com-plexa en grao excepcional, non hai dúbida de que o límitemáximo da súa capacidade expresiva acádao na creaciónoratoria. O don de locución é o verdadeiro núcleo da súapersonalidade. Pero a súa oratoria presenta característicasmarcadamente singulares. A del non era —como é xeral-mente toda oratoria— unha especie de diálogo entre oorador e mailo auditorio. Otero, tan dotado para a expre-sión da locución, carecía, en cambio, de capacidade parao diálogo, mesmo nesa forma de diálogo unilateral quevén sendo a oratoria. Porque non hai dúbida de que todoorador se dirixe intencionalmente ao auditorio para in-fluír nel dalgún modo, ben no plano puramente mentalmediante o despregamento de argumentos persuasivos ede ideas, ben no plano anímico mediante unha especie decontaminación emotiva. Tanto nun caso coma noutro, oinstrumento verbal que o orador manexa leva a súa von-tade á mente ou ao ánimo de cada un dos ouvintes. Entre

54

o orador e mailos que escoitan hai unha verdadeira ten-sión comunicativa que condiciona en grande medida ocomportamento daquel. Tanto mellor nos parecerá unorador canta máis capacidade teña para crear esa tensióne para tornala en comunicación eficaz e duradeira.

Ora, esa imaxe da oratoria e do orador non lle cadra aOtero Pedrayo, porque nel non se daban tales condicións.Cando falaba, a palabra non era vehículo intencional diri-xido a actuar na mente ou no ánimo do ouvinte. Pola con-tra, en Otero a palabra non facía máis que traducir, nonfacía máis que poñer en voz alta o seu mundo persoal.Máis que a crear tensión comunicativa, entregábase aunha especie de monólogo confidencial diante do público.Ensimesmábase nun orbe totalmente seu —desde logomoi rico de sensacións e de resonancias evocativas— eperdía por completo a noción do tempo obxectivo e daparticipación do público no diálogo oratorio, que nestecaso non chegaba realmente a existir.

Con todo, Otero Pedrayo era un extraordinario orador,pois era extraordinaria a súa capacidade de expresión ver-bal, coa que acadaba toda a prodixiosa fluencia da esponta-neidade subxectiva. Dificilmente poderá ninguén igualalonesa capacidade expresiva do decorrer espontáneo domundo subxectivo propio. Nela radicaba a súa peculiarida-de oratoria, que era, mesmo por iso, dun tipo que poderia-mos chamar «de monólogo». Cando falaba, entregábasemoito máis ao tema que ao auditorio; seguía despreocupa-damente o curso espontáneo e libre das asociacións que íanxurdindo na súa mente. E seguíao en voz alta, engaiolandoa quen o escoitaba coa maxia do seu lirismo inesgotable.Máis que un instrumento comunicativo, nel a palabra era

55

case que un fin en si mesma, era pura expresión. O audi-torio non colaboraba, non participaba activamente no seudesenvolvemento oratorio; limitábase a escoitar pasiva-mente un máxico fluír verbal máis gaioleiro que persuasi-vo ou incitante. Tódolos elementos volitivos ou concep-tuais se ían esluíndo no fondo poético, que sen cesar setransforma en orballeira de metáforas líricas.

Pódese afirmar que nos tempos modernos non contoua lingua galega cun orador comparable a Otero Pedrayo.De certo, el foi quen a consagrou e a prestixiou como ins-trumento de expresión oratoria, do mesmo xeito que, noseu tempo, o fixera Rosalía no campo da expresión poéti-ca. Mais non se limitou a conquistar a consagración defi-nitiva da oratoria en galego. Ao mesmo tempo que isto, enrealidade representa o exemplo máis sobranceiro de ora-toria galega. Non só galega polo idioma, senón tamén polasubstancia expresiva. Ou sexa, de oratoria lírica, expresi-va da intimidade do mundo interior, de oratoria que seescoita con esa mestura de asombro e de respecto con quese escoita a poesía ou a música, pois comparte con elas ocarácter de expresión confidencial.

Esta singular calidade oratoria é tan esencial en Otero,tan decisiva, que ela é a que verdadeiramente define a súapersonalidade. As notas peculiares da súa expresividadeoral —espontaneidade «de fluencia» entrega ao libre cursoasociativo, metaforismo lírico— condicionan fortemente asúa personalidade literaria, como xa temos visto ao falar-mos do Otero escritor. A falta de equilibrio entre o caudalexpresivo —sempre abondoso— e a súa estruturación for-mal —sempre feble— orixina ese barroquismo literario doque tanto se ten falado e que, no fondo, non é máis que a

56

submisión expresiva do escritor ás características expre-sivas do orador que Otero Pedrayo era antes e por enribade cousa ningunha.

A PERSONALIDADE DE OTERO PEDRAYO

O nome de don Ramón Otero Pedrayo connota paranós algo máis, moito máis, que os simples significados degrande escritor ou extraordinario orador. Estas dúascalidades, que son certas e se reflicten na súa obra cul-tural, non abranguen a personalidade de Otero na totalamplitude significativa que ela ten de seu. Neste caso, onome significa moito máis que a obra. A súa obra deescritor deparoulle a admiración da minoría culta. A súaobra de orador deparoulle a admiración popular ade-mais da da minoría culta. Pero, alén da admiración pro-ducida polas súas actividades literaria e oratoria, a per-sonalidade de Otero Pedrayo esperta por si mesma unsentimento unánime de respecto. Admiración e respectoson os dous sentimentos que a don Ramón lle ofreceu elle ofrece o seu pobo con calada sinceridade. Admiraciónque se basea na estimanza da súa obra. Respecto que sebasea na estimanza da súa personalidade. Desta é da queagora imos tratar.

É cousa certa e sabida que non hai na Galicia de hoxequen chegase a gozar de tanto e tan espontáneo respec-to como chegou a gozar don Ramón Otero Pedrayo. Etéñase ben en conta, para unha asisada valoración dofeito, o carácter espontáneo, libérrimo —á marxe de todocargo ou función que o poida conferir—, dese sentimen-

57

to que don Ramón inspiraba e inspira, que non é outracousa que unha desinteresada adhesión moral, unhahomenaxe silandeira que os galegos lle ofrecen. A súapersonalidade significa, sobre todo, unha encarnaciónsimbólica: a da síntese espiritual da cultura e mais davida de Galicia. Ata el ninguén entre nós acadara unhasignificación representativa de semellante amplitude.Rosalía, Pondal, Curros, Castelao chegaron a ser símbo-los representativos dunhas ou doutras dimensións darealidade galega: o lirismo esencial da nosa alma, aépica do celtismo étnico, a vibración cívica, o xenio dohumorismo popular, etc. Cada un destes nomes repre-senta, con máis ou menos fondura, unha destas dimen-sións do noso ser —entre as cales, de certo, o lirismorosaliano e o humorismo de Castelao son os de máximae máis auténtica profundidade representativa. En OteroPedrayo, en troques, dáse por primeira vez a plenituderepresentativa de todos os elementos da realidade gale-ga. Nel coinciden, en harmónica síntese interpretativa,Galicia como país, Galicia como tradición histórico-cul-tural e Galicia como realidade social. En efecto, quen seentregou ao coñecemento da nosa terra, do noso chan,co apaixonado e amoroso alento co que se entregouOtero Pedrayo? Chegou a coñecer e a interpretar comoninguén a realidade xeográfica de Galicia. Con el nace averdadeira Xeografía galega, non como froito da detalla-da e lenta recadádiva de datos de investigación, senóncomo xenial interpretación intuitiva, iluminada poloamor. Foi o primeiro que tivo a visión completa e pro-funda da complexidade estrutural do chan galego. Foi elquen mellor chegou a percibir toda a íntima significación

58

expresiva da nosa paisaxe, quen nos amosou, con defini-da claridade, que aquí en Galicia hai un profundo, mis-terioso e perenne diálogo entre o home e maila terra,cuxa expresión é talmente a paisaxe, pois se a paisaxe é,por unha banda, a cara da terra —e como tal ten unhasignificación expresiva para nós—, por outra bandatamén é obra do home, xa que son as mans do home asque labran en grande parte a súa fisionomía.

Se pasamos da terra á cultura, da interpretación do nosochan á interpretación da nosa evolución histórico-cultural,quen senón el trazou o primeiro panorama das grandesconfiguracións culturais do espírito galego no seu desen-volvemento histórico? O seu Ensaio histórico sobre a cultu-ra galega é o espello máxico no que ese desenvolvementose reflicte. Para que tal espello —tal xoia deberiamosdicir— puidese xurdir, foi preciso que no cruxol dunha sutilsensibilidade vivificadora se fose fundindo toda a tradiciónhistórico-cultural de Galicia ata quedar convertida nunhanidia síntese esencial.

E se da cultura pasamos ao pobo, á realidade social deGalicia, atoparemos tamén que no espírito de Otero estáviva e profundamente presente. Presente, por certo, enforma bastante orixinal. En Rosalía, en Curros, en Castelao,o pobo tamén está presente. E está presente, sobre todo,sufrindo. En Otero está presente vivindo. A imaxe do poboque aqueles nos dan é unha imaxe moral, a que nos dáOtero é unha imaxe vital. Rosalía, Curros, Castelao repa-ran preferentemente nas mágoas, nas coitas do pobo.Otero repara sinxelamente na vida do pobo tal e como semanifesta na súa espontánea trama de amores e xenrei-ras, de desgrazas e festas, de mágoas e ledicias, de espe-

59

ranzas e desenganos, de loitas e covardías, de xenerosida-des e cobizas... Non se trata de que unha imaxe sexa máisverdadeira que a outra. Ambas as dúas son verdadeiras. Oque ocorre é que responde a puntos de vista de amplitudedistinta. Nunha, contémplase ao pobo desde o ángulo daxustiza moral, e xorde, con toda a súa estarrecedora crue-za, a visión da inxustiza que sofren os débiles, os pobres, oshumildes, polo só feito de o seren. Noutra, contémplaseo pobo desde o plano vital, tal como el é e se manifesta narealidade natural de cada día, na súa complexa alternativade traballos e de esperanzas que se van regulando polosuceder cósmico das estacións do ano e mais polo sucedertemporal das estacións da vida.

A terra, a cultura e o pobo —os tres elementos funda-mentais da realidade galega— chegaron a unha harmó-nica síntese espiritual na personalidade de OteroPedrayo. Talmente como se nel se fixesen conscientes doseu propio ser. Isto explica unha notoria calidade que adon Ramón se lle recoñeceu por todos os galegos: a cali-dade de mestre. Polo seu moito e fondo saber culturalpodía, con xustiza, considerárselle mestre en moitascousas. Mais non se trata dese maxisterio. Pola contra, omaxisterio que a xente recoñecía espontaneamente enOtero Pedrayo non se refire a ningunha disciplina cultu-ral determinada. Refírese á mesma Galicia. A materia dasúa perenne ensinanza é Galicia mesma, como se OteroPedrayo fose o ser de Galicia feito verbo. Xunto con talexcepcional maxisterio, en Otero Pedrayo dáse outracalidade singular: a da lealdade esencial a ese seu desti-no. Se a súa personalidade ten un significado espiritualtranscendente —o de representar a síntese do ser de

60

Galicia—, a súa vida tivo un significado moral igualmen-te transcendente —o da lealdade integral a ese ser querepresentaba.

E con iso queda explicada, segundo a miña maneira dever, a causa radical dese unánime respecto que o pobogalego sente pola figura de don Ramón.

1976

61

R. Otero Pedrayo en Padrón

62

R. Otero Pedrayo falando nun acto público en Santiago de Compostela

63

A ORATORIA DE OTERO PEDRAYO

Entre os nomes que acadaron unha significación singu-lar dentro da Galicia contemporánea, o de Otero Pedrayo éo que abrangue a máxima amplitude representativa.

Hai nomes que representan unha realidade sobran-ceira nos eidos da nosa lírica. Hainos que representanunha fecunda forza iniciadora da nosa arte. Tamén oshai que representan as primeiras achegas perdurablesde creación literaria en prosa galega. Ou que personifican adevoción fidelísima aos valores esenciais da Terra, quer noterreo da actividade cívica, quer no da actividade cultural.

Algúns destes nomes representan, non só unha, senónvarias das realidades indicadas. Con todo, o único que abran-gue a rica complexidade espiritual da Galicia contemporá-nea nunha totalidade representativa é, de certo, don RamónOtero Pedrayo. A nosa tradición cultural; a verdade entraña-ble e inxel do espírito e da vida do noso pobo; a clave sensi-tiva para a interpretación verdadeira da nosa paisaxe; a emo-ción profunda diante do enigma inquedante en que semellaafundirse o destino da nosa historia nos seus intres decisivos;a infinda riqueza de matices expresivos da nosa lingua; aética de sinceridade radical que inspira o noso ideal patrióti-co; a sutil percepción da onda de idealismo ensoñador eromántico que ascende velaíña, velaíña, dos estratos étnicoscéltigos; a iluminación da nosa cultura coas máis puras raio-las do espírito europeo —e tantas facetas máis que se pode-rían engadir—, danse intimamente unidas, formando unhasíntese superior e creadora, na súa personalidade inmensa.

64

Galicia, a través de Otero, faise unha realidade espiri-tual viva e fecunda dotada de tres dimensións, talmentecoma se se tratase da síntese de tres Galicias distintas: aGalicia tradicional, a Galicia actual e a Galicia europea. Aprimeira, nel faise presenza viva como exemplo gasallei-ro de fidalga cortesía; a segunda, plena de arelas creado-ras, nel faise froito esperanzador; a terceira, delicada esutil, a única que nos avencella de verdade coa historia,nel faise cálida fe ideal, luzada de futuros...

A poderosa personalidade total de Otero é difícil deapreixar nunha realidade conceptual definitoria. Sóbralleriqueza e complexidade de calidades relevantes. Quizabesnon dispoñamos de mellor camiño que o da escolla, entrea pluralidade de calidades, daquela que mellor denote,máis que o complexo da personalidade total, a súa íntimaesencia.

Procurarémola arrancando dun feito evidente: Otero é,sobre todo, un creador. Mellor aínda: Otero é unha verda-deira forza creadora. Distinción ben importante para anosa esculca, pois se Otero é, máis que un creador, unhaforza creadora, a dinámica da súa creación será, necesa-riamente, a espontaneidade creadora, o seu vehículodirecto, é a expresión oral.

Estamos xa no núcleo central da personalidade deOtero. Suprimindo mentalmente moitas calidades fecundasque alí afincan, quédanos un esquema radical e último:«unha gran forza creadora dotada dun marabilloso donlocutivo». Tal é a imaxe máis elemental de Otero. E, aomesmo tempo, a súa imaxe máis esencial. Porque Otero é,esencialmente, unha marabillosa forza creadora de expre-sión verbal. É un orador.

65

Por ser o don locutivo o verdadeiro núcleo da súa per-sonalidade, pódese afirmar que para coñecer a Otero énecesario escoitalo. Quen o escoitar, aínda sen ler os seusescritos ou descoñecendo os datos da súa vida, pode terunha imaxe verdadeira da súa personalidade íntima,pódeo coñecer. Pola contra, quen lea a súa obra ou sedocumente sobre a súa vida sen o ter escoitado nunca,non o chegará a coñecer plenamente. O seu ser íntimoacada a máxima transparencia expresiva na maxia gaio-leira, incomparable, da súa palabra oral.

Con todo, como o concepto usual de orador connota cer-tas referencias que non cadran pouco nin moito á persona-lidade de Otero, cómpren algunhas aclaracións importan-tes. Hai varios tipos de orador: orador político, oradorforense, orador sagrado, orador docente, etc. Todos elesteñen un significado que podiamos chamar operativo; todosprocuran, por medio da oratoria, finalidades, obxectivosalleos á pura función locutiva. Todos pretenden, valéndosedos recursos persuasivos da expresión oral, influír noánimo dos demais para algún fin determinado. Son, queirasque non, verdadeiros actores. Neles a elocuencia está aoservizo da vontade. Mais velaí que Otero, como orador, nonten que ver con estas formas tradicionais da oratoria. Nel aoratoria non é un instrumento operativo ao servizo da von-tade. Carece de fins dialécticos e psicolóxicos. Por non serunha forma de acción sobre os demais, a oratoria de Oteroquédase na pura creación verbal; é puro fluír expresivo dosentimento; é, sen máis, o puro e vivo milagre da transfor-mación do sentimento en verbo. De aí que a súa oratoriasexa, as máis das veces, lirismo puro. De aí, tamén, o seuengado máxico, poético, musical.

66

Fronte á elocuencia retórica da oratoria tradicional,Otero representa unha oratoria profundamente orixinal. Asúa elocuencia é lírica, poética, musical. Toma como subs-tancia oratoria ao propio sentimento, que vai expresando entremelucentes imaxes verbais toda a súa cálida vibraciónperceptiva da realidade cósmica, do arrequecemento huma-no ou das propias arelas íntimas. Otero, cando fala, canta,comunica a súa intimidade. Acada coa oratoria o mesmoque Rosalía ou Manuel Antonio acadaron co verso.

Na orixinalidade oratoria de Otero está mesmamente osegredo da auténtica oratoria galega. A nosa elocuenciaxenuína terá que ser sempre, como xa é en Otero, expresióndo sentimento, da intimidade, porque o sentimento, a viven-cia da propia intimidade, é o matiz peculiar da nosa perso-nalidade espiritual. A elocuencia de Otero vén a represen-tar non só o descubrimento da verdadeira oratoria galegasenón, ao mesmo tempo, o seu exemplo máis egrexio.Estamos seguros de que non hai hoxe en día en Europa unorador coa capacidade de creación verbal da pureza líricae da forza poética de Otero Pedrayo.

Se destacamos esta calidade oratoria como fundamen-tal da personalidade de Otero Pedrayo, iso non quere dicir—sobra aclaralo— que responda a unha exclusividadeestimativa. Pola contra, prescindindo da alta exemplarida-de das súas virtudes humanas, que ninguén descoñecenin discute, queremos sinalar expresamente que, ao nosomodo de ver, o conxunto da súa obra cultural representaa aportación máis transcendente que nos nosos temposteña recibido a cultura galega.

1954

67

Ramón Piñeiro en Santiago de Compostela

68

De esquerda a dereita: F. Río Barja, D. García-Sabell, R. Otero Pedrayo,Ramón Piñeiro e F. Bouza Brey na rúa do Vilar en Santiago deCompostela, ano 1954

69

D. RAMÓN OTERO PEDRAYO E COMPOSTELA

A significación de Santiago de Compostela para Oteroaparece reflectida na súa obra de maneira persistente edabondo expresiva. Cando tomou contacto por primeiravez con esta cidade —na primavera de 1905 e por motivosacadémicos—, tiña na mente a imaxe ideal dela que foraformando a través dos relatos paternos e das lecturas deNeira de Mosquera e mais de Moreno Astray. O seu paifalecera un ano antes e el traía consigo o íntimo degaro derevivir a Compostela paterna, así que, unha vez satisfeitaa curiosidade de coñecer as aulas universitarias, o pri-meiriño que fixo foi procurar a rúa de Mazarelos, na queo pai vivira en canto cursou estudos de Medicina.

Durante os 35 días que permaneceu en Santiago, unestudante de Dereito chamado Mariño e natural de Cor-cubión foille amosando demoradamente todos os luga-res e recantos da cidade, tanto da zona monumentalcoma da contorna, de maneira que tivo ocasión de seformar a súa propia idea persoal baseada no coñece-mento directo da realidade de Compostela. De certo quefoi a súa primeira experiencia consciente dun conxuntomonumental impresionante pola súa grandeza e taménpolo contraste coa humildade circundante. El describe asíesa primeira impresión: «As grandes unidades arquitectó-nicas facíanme pensar en disformes navíos apreixados naarea dunha grande praia na baixamar». O seu horizontehabitual de Ourense-Trasalba experimentou en Compos-tela un forte abalón que non esquecería máis. A cidade

70

apostólica terminaría sendo unha referencia esencial epermanente no seu espírito.

De certo, ao longo da obra oteriana, Compostela apa-rece reiteradamente e sempre con poderosa forza evo-cadora ou con aguda valoración interpretativa da súasignificación galega e universal. Así, por citar algúnsexemplos, na súa novela O Estudante, ou no Ensaiosobre a cultura galega ou en varios dos seus poemas, ouen numerosos artigos publicados nos xornais e revistas deGalicia e de América, ou, sobre todo, na obra O espellona serán, que vén a ser a máis sutil e ricaz expresiónliteraria da súa visión de Compostela, esa presenza estáben patente.

Pódese dicir que esa devoción fonda e constante de D.Ramón por Compostela ten a raíz no seu duplo significa-do, relixioso e cultural, de santuario apostólico e, aomesmo tempo, de factor histórico-cultural de integra-ción de Galicia en Europa. O Camiño de Santiago ía eviña desde Compostela a tódolos pobos da Cristiandadeoccidental e foi factor activo na creación da concienciacomún desa realidade histórica que se chamaría Europa.Como santuario, foi o centro espiritual —favorecido polamesma Roma— da loita da Cristiandade occidental contrao Islam; como cidade, chegou a ser a expresión corpóreae visible daquela inmensa forza espiritual que animoutódolos camiños de Europa cara a Compostela e que aconvertería en patrimonio cultural da humanidade.

Estamos ben certos de que D. Ramón, cando camiñabapolas rúas compostelás entremedias dos estudantes pro-cedentes de toda Galicia, dos campesiños da Amaía, dosdoentes que procuraban saúde corporal, dos peregrinos

71

que procuraban saúde espiritual, dos turistas que procu-raban a emoción estética da Quintana, do Obradoiro, doPórtico, de Sar e da cidade en conxunto, sentíase aomesmo tempo no corazón de Galicia e nun dos fogaresque alentaron a creación de Europa.

NA UNIVERSIDADE COMPOSTELÁ

Ora, despois deste sintético achegamento á interpreta-ción compostelá de Otero Pedrayo, quédanos por evocar aCompostela que el viviu nos oito anos, do 50 ao 58, en queexerceu aquí a docencia universitaria. Cómpre aclararque a súa ilusión de ser o primeiro catedrático deXeografía da Universidade de Santiago empurrouno aopositar a ela cando xa tiña 62 anos. Cómpre aclarartamén que os contactos de D. Ramón con Compostelaentre o ano 1905 e o ano 1950 foron importantes e nonescasos. Así, el formaba parte do Seminario de EstudosGalegos, e mesmo foi o seu derradeiro presidente no ano36, e acudía ás xuntanzas compostelás do mesmo, ade-mais de participar nos programas investigadores levadosa cabo nas terras de Melide, de Fisterra e doutras partes.Tamén asistía, xa nos anos 30, ás asembleas ou actos depropaganda galeguista que se celebraban en Santiago,como o mitin das arengas que se celebrou na Praza daQuintana na noite do 25 de xullo dos anos 34 e 35.

Hai tamén outra aventura compostelá de D. Ramón queé pouco coñecida e que lle escoitei contar a el mesmo.Como é ben sabido polo seu libro Pelerinaxes, Otero, Riscoe mais Ben-Cho-Sey fixeron unha peregrinación a pé

72

desde Ourense a Santo Andrés de Teixido. Pero o plandeles non se limitaba a ese itinerario único, senón quematinaban facer varias peregrinaxes máis a distintos san-tuarios de Galicia. A segunda foi a Santiago deCompostela, que fixeron desde Ourense e da que non sechegou a publicar o libro correspondente. Non puideronproseguir o plan porque D. Ramón, a consecuencia doaccidente de automóbil que sufriu con Fita nas proximi-dades da Torre de Hércules cando o seu ingreso naAcademia Galega, quedou incapacitado para facer gran-des viaxatas a pé.

Ora, no ano 50, instalouse en Santiago, na rúa Nova,ben preto da Facultade de Historia, onde tiña a súa aula.Tanto no ambiente universitario como no da cidade reina-ba a cautela —e mesmo a indiferenza defensiva— impos-ta pola severa vixilancia policial que imperaba en todo opaís. A chegada de D. Ramón á Universidade, despoisdunha brillante oposición na que participaban varios can-didatos e tendo en conta un historial galeguista que in-cluía 11 anos de separación da súa cátedra do Instituto deOurense, foi como unha badalada de esperanza. Nesemesmo ano 50, fundouse, tamén en Santiago, a editorialGalaxia, da que foi elixido presidente. Nos primeirosanos, tiñamos a tertulia no Derby, que logo trasladamos aoEspañol, na rúa do Vilar, á que habitualmente asistiamos,ao redor de D. Ramón, García-Sabell, Bouza Brey, RíoBarxa, Borobó, Maside, Rodríguez Somoza, CorderoCarrete, os irmáns Antonio e José Bonet Correa, RamónLugrís, López Nogueira, Martul. Pouco a pouco, fóronseincorporando mozos universitarios galeguistas que íanconstituíndo un núcleo activo e moi consciente e que

73

tiveron dúas iniciativas moi conmovedoras para D.Ramón: unha delas, desprazarse en excursión a Trasalbapara compartir con el un día naquel seu horizonte entra-ñable e, outra, ofrecerlle unha homenaxe íntima aquí enSantiago.

Á marxe da tertulia cotiá no café, con frecuencia tiña-mos xuntanzas máis reservadas na casa de García-Sabellna Rosaleda, tanto para tratar de asuntos da política clan-destina, ou dos problemas internos de Galaxia, como paracompartir a fraternidade amigable con algún vello amigo.A estas xuntanzas tamén se foron incorporando, pouco apouco, os mozos galeguistas máis conscientes.

Pódese asegurar que estes oito anos compostelánsforon dos máis felices na vida de D. Ramón. El ténnolodito moitas veces. Compostela chegou a ser para el, ade-mais do símbolo máximo da Galicia europea, unha expe-riencia persoal de gran profundidade emotiva, sempreviva na memoria.

Evocando a súa primeira viaxe a Santiago, a onde veupor tren e logo regresou, cos Cuevillas, no coche de caba-los que saía do Hórreo ás 7 da mañá e chegaba a Ourenseás 9 da noite, cunha hora de parada en Lalín para xantar,fala dos axóuxeres dos cabalos e comenta: «Aqueles axóu-xeres soan aínda no meu maxín. E non me deixan candofago moitas veces, case sempre dende Ourense e de varia-dos xeitos, o camiño máis amado por min de todos oscamiños do mundo».

Xullo de 1988

75

Ramón Piñeiro, 27 de febreiro de 1982

76

Ramón Piñeiro en Lisboa, ano 1970

77

NO ANO DE OTERO PEDRAYO

Galicia celebra neste ano o centenario do nacementode don Ramón Otero Pedrayo. Tal conmemoración servirápara que a súa obra, e mesmo a súa vida, cheguen a seramplamente coñecidas dentro e fóra da nosa terra. E nonsó coñecidas por un sector máis amplo de xente, nosa ouallea, senón coñecidas tamén con máis profundidade.

Certamente que Galicia conta con varias figuras egre-xias que, por gozaren da estimanza colectiva dos galegose de patente prestixio para os alleos, teñen consagrado orango de representativas do noso país. Entre elas, donRamón ocupa un lugar sobranceiro. Pero tamén é certoque ese recoñecemento sempre ten o risco de se conver-ter nun feito habitual, pasivamente aceptado, sen chegara ser unha presenza que renace en cada un de nós a tra-vés do diálogo íntimo coa súa obra e da familiaridademoral cos valores que guiaron a súa vida.

As conmemoracións teñen, xa que logo, o significadopositivo de nos faceren revivir colectivamente esa duplapresenza da figura e da obra, que en casos como o de donRamón é un excelente modo de profundizáremos na nosapropia vivencia de Galicia. Non debemos esquecer que,independentemente do simbolismo moral que lles outor-ga a adhesión estimativa do noso sentir colectivo, cadaunha desas grandes figuras representa unha visión per-soal, unha imaxe especial da realidade global de Galicia.Así, a Galicia de Rosalía, ou a de Pondal, ou a de Murguía,ou a de Castelao, ou a de Risco, ou a de Otero Pedrayo ou

78

a de Cunqueiro —por sinalar só uns poucos nomes— sonoutras tantas imaxes ou dimensións persoais da Galiciatotal. Cada unha destas figuras ofrécenos a súa experien-cia e a súa visión de Galicia, que é un modo espléndido dearrequecer a nosa propia visión persoal. Achegarnos aelas é a mellor maneira de que a marabillosa regalía dassúas visións de Galicia se torne en patrimonio cultural detodos. Así é como Galicia irá medrando internamente,proceso imprescindible para a autoconciencia colectivada súa responsabilidade como pobo.

Nesa constelación de personalidades que se entrega-ron abnegadamente a pescudar e revelar a realidade deGalicia como pobo e como país para «espertala do seusono», para lle infundir conciencia de seu, cada unhadelas contribuíu ao esforzo común desde o eido das súasaptitudes persoais, pero tamén, ás veces, despregandoiniciativas que respondían ás necesidades obxectivas docoñecemento da realidade galega máis que á propia for-mación vocacional. Tal é o caso de Murguía ao desprazara súa vocación literaria ao campo da historia, ou o deCuevillas ao se adicar á arqueoloxía, ou o de Risco áetnografía, por sinalar tres nomes notoriamente ilustresque exemplifican ben esa realidade do compromisopatriótico.

Don Ramón Otero Pedrayo forma parte desa irman-dade que nos devolveu, co seu exemplo e coa súa obra,a plenitude da nosa conciencia galega. Se antes Galiciaera para os galegos pouco máis ou menos o sentimentode amor á terra nativa (en moitos casos con referencialocal á zona concreta do nacemento), o apostolado desasfiguras logrou espertar en nós a conciencia plena de

79

Galicia como realidade total, quer dicir, como pobo,como país e como cultura que nos dan identidade propiaante os demais pobos.

No conxunto desa irmandade heroica —porque he-roes son os que lles dan cohesión e horizonte propio aospobos—, a singularidade de don Ramón podémola situarna notable fluencia creadora do seu espírito. Sendo,como era, persoa de ampla e fonda información cultural,temperamentalmente non se adaptaba de seu á discipli-na metódica da pescuda concreta, moitas veces necesa-riamente migalleira, que tenciona construír paciente-mente teses explicativas do pasado, esclarecedoras dopresente ou previsoras do futuro. Pola contra, o acervocultural de don Ramón tiña vida interna e configurábaseguiado decontino pola forza iluminadora da súa situa-ción. En contraste co talento lúcido, coidadosamente afi-nado pola sensibilidade, que caracterizaba a varios dosseus compañeiros, da personalidade de don Ramónrebordaba un pulo creador incesante que dificilmente sesometía ás esixencias pacientes do rigor formal. As faís-cas de xenialidade que revoaban na súa intuición non sepreocupaban da delicada ourivaría espiritual da formaexpresiva, que nel tiña, si, celme poético, pero semprelatexante de espontaneidade vital, tanto na palabra escri-ta como na palabra oral.

Afortunadamente, esta rica singularidade permitiullelevar a cabo unha obra fundamental no esforzo común poracadar a nosa autoconciencia galega. Empresa que, dadoo nivel de desintegración interna a que a adversidade his-tórica nos tiña levado, só se podía realizar polo coñece-mento da nosa personalidade cultural xenuína.

80

Como sinxela indicación do alento e da riqueza desaobra oteriana, que será para sempre un dos núcleos fun-damentais da nosa cultura do século XX, sinalaremosestas realizacións: ser un dos creadores da prosa literariagalega, que desenvolveu na novela, no conto, no ensaio,no teatro e nos xornais; ser o gran creador da oratoriacultural galega; ser o primeiro intérprete das grandesetapas culturais que configuran a intrínseca periodiza-ción histórica de Galicia; ser, dentro da ciencia xeográfi-ca, un dos máis finos intérpretes da significación expresi-va da paisaxe.

Ben podemos celebrar o centenario do seu nacementocoa mesma sincera lealdade con que el adicou a súa vidaa Galicia.

Febreiro de 1988

Ramón Otero Pedrayo, por Maside

SUMARIO

7LIMIAR

POR RAMÓN VILLARES

19CONFERENCIAS E ENSAIOS

POR RAMÓN PIÑEIRO

23DON RAMÓN NA LEMBRANZA

29OTERO PEDRAYO DENTRO DA SÚA XERACIÓN

37OTERO PEDRAYO NA CULTURA GALEGA

63A ORATORIA DE OTERO PEDRAYO

69D. RAMÓN OTERO PEDRAYO E COMPOSTELA

77NO ANO DE OTERO PEDRAYO

ESTE LIBRO ACABOUSE DE IMPRIMIR

O DÍA 17 DE MAIO DE 2009,

DÍA DAS LETRAS GALEGAS,

DEDICADO A

RAMÓN PIÑEIRO