Quedamos en Carballo - Manual campaña

15
CONSULTING ORBERE Juan de la cierva, 34, 1º d 15008 A CORUÑA [email protected] CARBALLO Do 1 o 26 de abril fai check-in nos establecementos con este cartel e GAÑA UNHA VIAXE PARA 2 PERSOAS!!

Transcript of Quedamos en Carballo - Manual campaña

Page 2: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

¿CÓMO ME REXISTRO?

Para poder crear unha páxina de empresa en FourSquare é necesario, en primeiro lugar, ter un perfil persoal.

Para crealo:

• Ir a http://www.foursquare.com

• Rexistrarte: podes facelo coa túa conta de Facebook, coa túa conta de Google + ou cunha conta de correo electrónico.

Page 3: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

IMPORTANTE: VERIFICA A TÚA CONTA

Unha vez completes o paso anterior, recibirás no teu correo electrónico unha mensaxe de benvida cun botón ao final do mesmo que di "verify".

Confirma a túa conta pulsando ese botón.

Page 5: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

¿QUÉ PODEMOS FACER?

1) Crear listas de lugares (por exemplo: ruta de tapas)2) Engadir lugares á nosa lista de desexos3) Buscar lugares que nos gustan ou que visitamos a cotío e deixar un tip sobre eles (unha opinión, unha recomendación, etc.)4) Ver a túa lista de amigos e as persoas ás que segues.5) Os badges (recompensas) que desbloqueaches6) As túas alcaldías.7) Buscar lugares preto da túa zona, ou lugares do teu interese e facer check-in unha vez que acudas a eles

Os check-in que fagas compartiranse cos teus amigos. Cando eles accedan ao teu perfil ou visiten un sitio no que acabas de facer check-in, a túa información e os teus comentarios ou fotos aparecerán.Tamén os verán se buscan un sitio coas características dalgún que ti visitases ou se se atopan preto dalgún dos sitios onde ti estiveses

Atopa ligares interesantes sobre a marcha. Descubre o que hai pret,, busca eso que che interesa e consegue ofertas e tips no camino

Page 6: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

CONFIGURACIÓN POR DEFECTO

Por defecto, a configuración de FourSquare permite que aparezamos na lista de persoas que "están aquí agora" cando facemos check-in nun local. Isto é útil para que o dono do local saiba quen visita o seu local con frecuencia e para que os teus amigos ou outras persoas vexan onde estás.Esta configuración pódese modificar en "settings" (configuración).No panel de configuración, podemos modificar a nosa foto de perfil, os nosos datos persoais, a nosa biografía e o noso contrasinal. Só o noso nome, foto de perfil, biografía e situación serán públicos. O resto da información mantense en privado.

Page 7: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

¿CÓMO ENGADIR “AMIGOS”?

Podes engadir amigos importando os teus contactos de Facebook, Gmail ou Twitter.

Se estas persoas teñen un perfil en FourSquare, suxerirásete que os anadas como amigos.

Na app móbil podes buscar estas persoas tamén introducindo o seu nome de usuario.

Para buscar os teus amigos, vai ao menú superior e, no despregable que hai baixo a túa foto de perfil, FAI clic sobre a opción "amigos".

Page 9: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

¿CÓMO CREAR A PÁXINA DO TEU NEGOCIO EN FOURSQUARE?

En primeiro lugar imos buscar o noso negocio:https://es.foursquare.com/venue/claim

Unha vez introduzas en nome do teu negocio e comprobes que non foi agregado por outros usuarios, pica debaixo do botón "buscar", onde di "FAI clic aquí para agregar o teu negocio".

A partir de aquí, os pasos son sinxelos:

1) Introduce os datos do teu negocio.2) Sitúao no mapa.3) Selecciona a categoría á que pertence.4) Vincula a túa conta á conta de Twitter.

Page 10: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

RECLAMAR O TEU NEGOCIO

É posible que cando queiras crear a túa páxina de empresa descubras que xa está en FourSquare.

Por que acontece isto? É moi habitual que os fans dun local de moda engadan ese sitio para poder facer comentarios do lugar, puntualo, subir fotos, recomendalo...

Se este é o teu caso, o que debes facer antes de nada é reclamalo.

Page 11: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

PASOS PAR DAR DE ALTA O TEU NEGOCIO

A continuación tes que validar a propiedade confirmando que es o dono do establecemento, dar un número de teléfono no que recibirás unha chamada e marcar os 4 díxitos que aparecerán en pantalla cando a locución automática chos solicite.

Page 12: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

PASOS PAR DAR DE ALTA O TEU NEGOCIO

Unha vez rematado este sinxelo proceso, hai dúas formas de obter o control do teu negocio en FourSquare:

1) Verificación acelerada.

2) Verificación postal.

Neste caso, farémolo unha verficación acelerada que ten un custo de 20 $ e che permite completar a verificación nese mesmo intre.

Page 13: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

E LISTO

Xa só te falta personalizar a túa páxina. Que información podes engadir?

•Unha descrición do negocio.•Horarios de atención ao público.•O teu sitio web.•Enlaces a medios sociais (Facebook, Twitter).•Menús (para alimentos e servizos).•Detalles (opcións de pagamento, Wi-fi, despacho e máis).

E, se queres saber como utilizar anuncios ou promocións para atraer e fidelizar clientes, podes consultar estes enlaces:

Anuncios (de pago): http://es.business.foursquare.com/ads

Promocións (de balde): http://socialmedialand.es/2012/07/23/promociones-foursquare-specials-pasos/

Page 14: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

¿CÓMO SACAR O MÁXIMO PROVEITO DO MEU FOURSQUARE?

¡As estatísticas son o teu mellor aliado!

Aquí tes algún xeitos de saber mais sobre os teus clientes usando a nosa análise estatistico:•Mide o teu éxito: ver cantos check ins tes por semana e cantos deles comparten en facebook e twitter.•Coñece persoalmente os tes mellores clientes: averigua que é o alcalde do teu negocio (a persoa que mais os visita!) e coñece máis sobre os teus outros visitantes importantes.•Segue a túa actividade: enviaremoste un mail todas as semanas onde incluiremos estatisticas clave, ademais dos tips e fotos recentes que a xente deixara no teu negocio.

Page 15: Quedamos en Carballo - Manual campaña

FAI CHECK-IN!

DATOS QUE PODES CONSULTAR

1) Os clientes máis habituais.2) Os clientes que estiveron recentemente no teu local.3) As horas do día ás que a xente fai check-in no teu negocio.4) O número total de visitantes únicos.5) O número de check-ins diarios.6) A porcentaxe de check-in que foi compartido en Twitter e Facebook.7) A porcentaxe de homes e mulleres que fixeron check-in.