Que facer perante unha detención?

22
? que facer perante unha detencion EMBATE edicións

description

Colección ferramentas de Embate Edicións

Transcript of Que facer perante unha detención?

Page 1: Que facer perante unha detención?

?que facer

perante unha detencion

EMBATE

edicións

Page 2: Que facer perante unha detención?

Que facer perante unha detención?

Tirado do Petit llibre roig del/la jove independentista,pp. 38-44

Editado polo Moviment de Defensa de la Terra, Países Cataláns

Traducido por: ADIANTE

1ª edición: xuño de 2007

Colección Ferramentas, nº 1

EMBATE Edicions

[email protected]

Page 3: Que facer perante unha detención?

Mocidade e Independentismo: un

binomio no punto de mira da represión

Historicamente o privilexiado, o opresor, o explotador non quereperder os seus privilexios. É capaz de todo con tal de non os perder.Con tal de seguir saqueando ás clases populares, ás mulleres, aospobos, ás pequenas nacións, ás/aos febles.

O independentismo galego de clase somos un movementoantagónico, revolucionario, anti-sistema, que tentamos remover danosa nación ao opresor do noso pobo traballador. É por iso que desempre, o opresor, o Estado Imperialista Español (EIE), foiespecialmente punitivo coa esquerda independentista galega.

A mocidade, nomeadamente a mocidade da clase obreira, é taménun sector etario historicamente motor de cambios, moitas vecescambios de raíz, irreversíbeis. A reacción conservadora sempre temeá mocidade. Por iso lle interesa adormecela, atontala e reprimila.

No noso País, cando se xuntan estes dous factores, sermosindependentistas e sermos nov@s, é entón cando o opresor, o EIE,amosa a súa face máis violenta. As organizacións xuvenís patrióticasque nos precederon na loita sofriron todo tipo de acometidasrepresivas, que inclúen desde agresións persoais até a invención degrupos armados para aplicar a chamada "Lei Anti-terrorista".

Non é a intención de ADIANTE nin de EMBATE EDICIÓNS asustar aninguén. Precisamente moitos dos acosos, ataques e represalias quesofrimos as organizacións xuvenís revolucionarias teñen comocometido espaventar á xente nova para que non se organice. Pero sique nos parece importante dar a coñecer e difundir entre amocidade traballadora e rebelde unhas nocións básicas para sabercomo actuar no caso de caír nas gadoupas da represión.

Tras cotexar varios manuais, tanto de Galiza coma de fóra, optamospor difundir unha tradución feita por nós dun texto do manual da

3

Page 4: Que facer perante unha detención?

esquerda independentista catalá Petit llibre roig del/la joveindependentista por ser o máis didáctico e o máis doado de asimilarde todos os que atopamos. Alén deste, podedes atopar máisinformación sobre o tema en publicacións e textos das organizaciónsanti-represivas ou de defensa dos dereitos civís.

Agardamos que vos preste, e xa sabedes: Que ninguén nos colla porsorpresa. Que ninguén pare os nosos anceios de independencia eliberdade.

4

Page 5: Que facer perante unha detención?

IntroduciónEste apartado pretende axudar a tod@ aquel/a que nun intredeterminado poida ser identificad@ ou detid@ a exixir os dereitosque a lexislación vixente prevén para estes casos. Previsións que,segundo os diversos testemuños, en poucas ocasións soncompracidas.

Pretende, tamén, ofrecer unha serie de consellos prácticos paraaquelas/es familiares ou colegas que habitualmente andanabsolutamente desorientad@s cando se produce unha detención aoseu redor.

Tendo en conta as numerosas denuncias de tortura d@s detid@s baixolexislación "antiterrorista" (á que cabería calificar de terrorista, xaque o seu obxectivo é aterrorrizar á/ao detid@), queremos ofrecertamén unha serie de consellos prácticos basados na experienciadestas persoas detidas e torturadas coa fin de evitar que o dereitode tod@ detid@ a non declarar non se vexa violentado pola prácticada tortura, sexa esta física ou psicolóxica.

Para rematar, queriamos remarcar a importancia deste capítulo do

libro1. @ militante debería de asumir ben o contido, téndoo benpresente no caso de que se vexa inmers@ nalgunhas das situaciónsque se describen. A impunidade coa que actúan os aparellosrepresivos do Estado vese favorecida polo descoñecemento dalegalidade que a miúdo amosan @s represaliad@s.

5

Page 6: Que facer perante unha detención?

IdentificaciónA identificación é a situación máis común coa que nos podemosatopar cando tropezamos coas forzas de ocupación. É unprocedemento que pode ficar nunha identificación rutineira ou facerparte dun proceso máis amplo, é dicir, unha detención.

Nun principio trataremos o primeiro caso, é dicir, o da identificaciónnunha situación que non vai máis aló.

No primeiro lugar, hai que dicir que @s únic@s que poden pedir oDocumento Nacional de Identidade (DNI) son os corpos represivos doEstado, é dicir, as diferentes policías e gardas. Un particular ou ungarda de seguridade non cho pode exixir endexamais; se o fai, dillesque non tes por que amosalo. Neste caso, pode pasar que avisen ápolicía e te manteñan retido até a súa chegada, sempre que se tratardunha situación de infracción flagrante. Un exemplo ilustrativoatopámolo cando te collan sen o carné nun transporte público e nonqueres ou non podes identificarte. Unha vez chegad@ @ axente depolicía, a forma de actuar depende de ti e tamén da prepotencia d@axente.

Outro aspecto que é importante lembrar é que cada vez que teidentifiquen terán que che especificar por que o fan, xa que segundoa súa legalidade só poden pedirche a documentación cando se poidaproducir un suposto delicto ou se acaeceu algunha infracción coa quete poidan relacionar.

Unha vez que che devolvan o DNI, comprobarán os teus datos porradio e é probábel que os anoten nunha libreta adxuntando algunhadescripción física ou da túa forma de vestir. Teoricamente, deberíandevolverche inmediatamente o DNI, mais acostuman alongar aespera, e aproveitanno para avisar a outras unidades que pululenpola zona para que fagan acto de presenza. Deste xeito intentan

6

Page 7: Que facer perante unha detención?

intimidarte. Conserva a calma e non dubides en amolalospreguntándolles porqué te están a identificar, exixindo que chedevolvan o DNI ou o que se che ocorra.

No caso de que non leves o DNI, pódente levar á comisaría (acostumaser a que estea máis preto) para comprobar os datos. Tamén o podenfacer coa excusa do mal estado do DNI, do pasaporte ou do permisode conducir, ou poden alegar que sospeitan de que é falso. Nasdependencias policiais comproban os datos que lles proporcionachesintroducíndoos nun computador (nome e apelido, nome do pai e danai, data e lugar de nacemento e número do DNI). É posíbel que nonse fien dos datos e queiran verificar a túa identidade tomándoche aspegadas dactilares. Para realizar este tramite lévante a comisaríasmeirandes, onde haxa policía científica.

Lembra que desde o primeiro intre no que a policía te para,considérase retención; enténdese por retención o feito de que apolicía te manteña baixo o seu control para conseguir identificarte.Mais tamén se trata dunha práctica intimidatoria xeralizada entre asdiferentes policías que a retención serva para amosar quen manda eabusar do poder que teñen. Se te queixas ou te rebotas, podenalongar o tempo, poden enviarte á policía científica e, finalmente,poden rematar por te deter baixo falsas acusacións.

Namentras esteas na comisaría retid@ pensa que eles se atoparán cocompromiso de especificar por escrito a causa da identificación nunlibro de rexistro que che farán asinar denantes de saír. Pódeste negarse queres, xa que o do libro tampouco serve para nada. Pregúntallessobre o motivo e exixe que cho deixen ben claro. Legalmente, otempo da retención terá que durar o "mínimo de tempoimprescindíbel". Se comezas a sospeitar que a retención se está aalongar inxustificadamente e veste con ánimos de facelo, podescomezar a ameazalos dicindo que avisarás á/ao túa/teu avogad@para que presente un Habeas corpus por detención ilegal.

Lembra que non estás detid@ e que, polo tanto, tes todos osdereitos: se, por exemplo, levas un móbil, teoricamente tes todo odereito a chamar. A única cousa que tes restrinxida é a liberdade demovemento. É moi importante que conserves o acougo, que sexasmoi consciente do que che están a facer e do que iso conleva.

7

Page 8: Que facer perante unha detención?

Nun principio non te están a acusar de nada, sinxelamente che estána identificar. Non estás obrigad@ a contestar pregunta algunha. Nonestás obrigad@ a asinar nada. Por exemplo, se estás a pasear e teexixen a identificación, non a tes enriba e te levan a comisaría, é moiprobábel que estean a cometer un delicto de detención ilegal. Aíndaasí, é case imposíbel que prospere unha denuncia por un feito comaeste.

Agora ben, tamén se teñen dado casos nos que, coa excusa deidentificarte na comisaría, a retención fixo parte dunha montaxepolicial coa intención de deter a outra xente. No tempo que te teñenapartad@, poden procurar ou inventar provas que te impliquennalgunha infracción. Un exemplo atopámolo durante as 14

detencións realizadas2 recentemente despois dunha acción contra aEuropa do Capital: despois dun batifondo reterivéron@s baixo aexcusa de identifical@s para comprobar se estiveran [email protected] tres horas, o tempo abondo para construír provas en contrasúa, formalizarían a detención.

Para rematar, cabe dicir que a Lei de Seguridade Cidadá prevén unsistema de indemnización polos perxuizos que puidera causar untraslado por identificación; por exemplo, cando te reteñen indo aochoio. Para solicitalo terás que facer un escrito á Delegación doGoberno español. Como é obvio, trátase dun procedemento longo etortuoso.

8

Page 9: Que facer perante unha detención?

DetenciónDesde o momento no que és detid@ perdeches a túa liberdade eatópaste nun mundo descoñecido no que te quererán facer sentircomo un/ha monicreque coa vontade e a dignidade secuestradas.

Aínda así, tes toda unha serie de dereitos que podes exixir de acordocoa lexislación actual. Convén que os exixas para amosar a quen chedetén, que polo feito de estar detid@, non estás vencid@ ninsometid@ aos seus caprichos.

Para facer máis comprensíbel todo o que habitualmente arrodea aunha detención, consideramos máis axeitado e pedagóxico presentara situación tal coma se adoita dar habitualmente en ordecronolóxica. Para iso, dividimos a exposición nos apartadosseguintes:

> Rexistro domiciliario. > Tipos de detención. > Declaración policial. > A tortura e os seus métodos. > @ médico forense. > Declaración xudicial. > Denuncia xudicial. > Que pode facer @ familiar ou colega?

Rexistro domiciliario. Os dereitos aos que fai referencia

están recollidos na lei de Enxuizamento Criminal (desde o artigo 569até o 575).

Se te deteñen no teu domicilio, a detención adoita ir acompañada,

9

Page 10: Que facer perante unha detención?

normalmente, dun rexistro domiciliario. Nesta situación tes osseguintes dereitos:

- Á presentación de orde xudicial para o rexistro. Nesta orde terá quefigurar o nome e a sinatura d@ xuíz/a que autoriza o rexistro, o teunome e o enderezo do teu domicilio. Se non cho ensinan pódestenegar a que o rexistro mencionado sexa realizado.

- Á túa presenza durante o rexistro, ou á de alguén n@ que tidelegues.

- Á presenza de como mínimo dúas testemuñas.

- Á sinatura de acta despois da súa lectura -feita pol@ policía que seencarga-, onde terá que constar tamén, ademáis da túa sinatura, adas testemuñas e a d@ mencionad@ policía.

Ademáis, é moi importante que esteas atent@ aos seguintes detalles:

- Vixía o rexistro e asegúrate de que conste en acta todo o que seleven.

- Controla a duración desde o inicio até o final.

- Se o rexistro se producira de forma irregular, podes exixir queconste en acta e denuncialo posteriormente ao xuíz.

En caso de que o rexistro se produza por motivos relacionados co quechaman loita "antiterrorista", a policía non ten a obriga de presentarunha orde xudicial do rexistro e nin sequera comunicalo á/ao xuíz/ano intervalo de vintecatro horas. Continúan vixentes, sen embargo,o resto dos dereitos mentados en caso de rexistro domiciliario.

Tipos de detención. En caso de que sexas detid@, deberás ter

en conta que a detención pode ser de dous tipos: ora trátase dunhadetención ordinaria, ora trátase dunha detención relacionada coaactividade de "bandas e grupos armados", razón pola que cheaplicarán a lexislación mal chamada "antiterrorista" (terrorista a

10

Page 11: Que facer perante unha detención?

partir de agora).

Que dereitos podes reclamar en cada caso?

a) Detención ordinaria. Os dereitos que a continuación sinalamosestán recollidos no artigo 520 da lei de Enxuizamento Criminal. Encaso de que se che deteña en aplicación da lexislación ordinaria, estanon se poderá prorrogar por máis de tres días, e tes dereito:

- Á presentación da orde de detención. É o habitual, aínda que sepoidan producir detencións nas que non faga falla presentar estaorde. Isto pasa en casos de detención "in fraganti" ("nas patacas") ouen casos nos que hai elementos obxectivos que acrediten que secometeu un delicto, que o cometiches ti e que existe perigo de quefuxas. Aínda así, convén que exixas a mentada orde. En todo caso, senon existira esta orde a policía ten a obriga de informar da túadetención á/ao xuíz/a no intervalo de vintecatro horas.

- A ser informad@ de contado das razóns da túa detención,especificando os feitos dos que se che acusa.

- Á identificación d@s axentes que te deteñen (número de placa).

- A comunicarte telefonicamente coa túa familia para informala dolugar onde estás detid@.

- A chamar a un/ha avogad@ da túa confianza para que esteapresente cando declares.

- A manter unha entrevista reservada co/a túa/teu avogad@, queseguramente che indicará se has de declarar de acordo ou non coadefensa dos teus dereitos e intereses e te aconsellará sobre como hasde facelo diante d@ xuiz/a, coa fin de preservar os teus intereses.

b) Detención en aplicación da lexislación terrorista. Se @ xuíz/a deturno autoriza que che sexa aplicada esta lexislación, o que autorizaé a túa incomunicación até un prazo que pode chegar até os CINCODÍAS en dependencias policiais (a prórroga da detención e aincomunicación de tres a cinco días terá que ser autorizadaigualmente pol@ xuíz/a). Esta incomunicación pódese alongar até

11

Page 12: Que facer perante unha detención?

oito días máis en prisión.

Se che aplican a lexislación terrorista a meirande parte dos dereitosque te acoden quedan en suspenso. Así pois, o primeiro que terás quefacer é exixir que se te comunique se realmente @ xuíz/a autorizoua túa incomunicación mediante a presentación do documentoxudicial que así o acredita. Se non cho amosan podes exixirautomaticamente o respecto de todos os dereitos que sinalamos noapartado no que falabamos da detención ordinaria.

O mesmo sucede coa prórroga da detención e/ou incomunicación apartires das setenta e dúas horas. En caso de que se che prorroguetes dereito a exixir que se che amose o documento xudicial que asío autoriza.

Os dereitos que en virtude desta lexislación queden en suspenso sonos seguintes:

- Non tes dereito á chamada telefónica para informar do lugar ondeestás detid@.

- Non tes dereito a exixir a presenza dun/ha avogad@ da túaconfianza. En principio, o único que te pode acudir na declaración(policial e xudicial) é un/ha avogad@ de oficio. Dependendo dascircunstancias e dos casos, na declaración xudicial @ xuíz/a podepermitir que esteas asistid@ por un avogado designado por ti ou polatúa familia. Por iso, é conveniente que a túa familia avise un avogadode confianza por se @ xuíz/a autoriza a súa presenza durante adeclaración xudicial.

- Non tes dereito á entrevista reservada co avogado para que teasesoren.

Todos os outros dereitos recollidos no capítulo referente á detenciónordinaria fican vixentes.

Declaración diante da policía. Os dereitos que expoñemos

están recollidos no artigo 17.3 da Constitución española e no artigo

12

Page 13: Que facer perante unha detención?

520 da lei de Enxuizamento Criminal.

O primeiro que ten que quedar ben claro é que tes dereito a nondeclarar, a non declarar en contra túa ou a declarar negativamenteás preguntas que se che formulen. Sabendo que é difícil non abrir abico durante todos os interrogatorios aos que adoitan ser sometid@s@s detid@s -e que sen a presenza dun avogado son ilegais-, queremoslembrar que a declaración fundamental e a única que ten valordiante d@ xuíz/a é a declaración diante da policía en presenza d@avogad@. Non tén ningún valor xurídico o que dixeras ou asumirasobrigado pola policía e que non estivera ratificado diante dun/haavogad@.

En caso de que sexas vítima dunha detención ordinaria, xa sinalamosque tes dereito á presenza dun/ha avogad@ de confianza. Ademais,tes dereito:

- A facer a túa declaración en galego3 .

- A ditar a declaración que queres facer.

- A lela antes de ser asinada.

- A exixir a rectificación da declaración se non te convence.

En caso de que a detención se producira en aplicación da lexislaciónterrorista, perdes o dereito a ser asistido durante a declaraciónpolicial por un/ha avogado da túa confianza. No seu lugar, senembargo, asistirache un/ha avogad@ de oficio. (Cabe ter en contaque esta/e avogad@ de oficio tende a ter unha actitude deindiferenza cara @ detid@ e o seu estado físico ou psíquico; ás vecesincluso mantén certa connivencia cos corpos represivos. Por tanto,en xeral, non cabe esperar nada.) Mantéñense, ademais, o resto dosdereitos antes mentados.

No intre de declarar diante da policía en presenza d@ avogad@ deoficio, lembra e pon en práctica os consellos seguintes:

- Exixe que @ avogad@ se identifique ensinándoche o seu carnéprofesional para evitar que a policía monte unha declaración

13

Page 14: Que facer perante unha detención?

pantasma, ocupando un/ha policía o lugar dun avogado. Esta fórmulaten sido empregada pola policía en máis dunha ocasión para"comprobar" a actitude d@ detid@ antes dunha posteriordeclaración.

- A presenza comprobada d@ avogad@ de oficio é unha boaoportunidade para facer constar a túa negativa a declarar, paradeclarar cun "non resposto" a todas as preguntas que se te formulenou para limitarte a explicar se foches torturad@ ou vexad@, sempreplantexando á/ao avogad@ que te acode que presente un HabeasCorpus diante d@ xuíz/a que autorizou a túa detención e sinalandoque tan só pretendes declarar diante d@ xuíz/a. Este feito pode serde grande importancia para amosar perante @ xuíz/a ou en posteriordenuncia xudicial o feito de que as "novas" declaracións policiaisfosen tiradas contra a túa vontade. Estas "novas" declaracións podenobedecer ao feito de que a policía non quedara satisfeita coa túaprimeira declaración e de que, despois de novas sesións de tortura,pretendan conseguir declaracións auto-inculpatorias.

Tanto nos casos de detención ordinaria como nos casos de detenciónen aplicación da lexislación terrorista, na declaración terán queconstar integramente tanto as preguntas como as respostas.

Cando declares diante da policía, é moi importante que comprobesque na folla ou follas de declaración non hai espazos en branco quepermitan "engadir" cousas que ti non declaraches. Non sería aprimeira vez que un/ha detid@ leva un susto de morte ao comprobarque na súa declaración hai cousas que non declarara. En caso queexistan ditos espazos, exixe que a declaración se volva a redactar oucoloca a túa sinatura en todos os espazos en branco que olles. Asina,mesmamente, embaixo da derradeira liña da túa declaración (nondeixes espazo ningún entre a túa sinatura e o texto) e tamén ásmarxes. Non te cortes e lembra que de iso pode depender o teufuturo.

Atortura e os seus métodos. Despois de ler todo o anterior,

seredes moit@s @s que esteades a ler este texto con certo nivel decepticismo, xa que por desgraza unha cousa son os dereitos que

14

Page 15: Que facer perante unha detención?

están recollidos nas leis e outra moi diferente é a realidade. E se xaé difícil reclamar o respecto dos dereitos de cadaquen na rúa, aíndaresulta máis difícil na comisaría, sobretodo se temos en conta aextensión e a brutalidade que conleva a tortura.

Unha realidade, a da tortura, que afecta non só ás persoasdirectamente torturadas, senón a calquera detid@, que comprenderárapidamente (e así llo lembrarán constantemente @s que @ deteñen)que el/a é unha nova vítima potencial de todo tipo de prácticas detortura.

Todo isto é certo, e non é doado describir o terror que se sinte candoun/ha se atopa total e absolutamente indefenso en mans dos quetantas salvaxadas teñen cometido, e están dispostos a cometer. Tansó, temos que considerar moi importante que nos deixemos deimaxinar a nós mesm@s coma puras vítimas pasivas diante datortura. Debemos considerar a importancia de que comecemos a nosenfrontar á tortura exixindo os nosos dereitos. Será duro, pero non oserá máis que se nos someten pasivamente.

Por iso, antes de nada cabe coñecer o que te poden facer, e se bennon faremos aquí un repaso ás diferentes prácticas de torturaexistentes (a saca de plástico, o aillamento, os electrodos, asflexións continuas, a alteración constante do son, a permanencia depé e sen durmir durante moitas horas, os golpes en determinadaspartes do corpo, drogas...), si que intentaremos reflectir cal será ocomportamento dos torturadores no interior dos cuarteis ecomisarías, que mecánica utilizarán, etc.

a) Os interrogatorios. O interrogatorio policial terá que se facersempre en presenza dun/ha avogad@, @ da túa confianza ou @ deoficio, segundo os casos. Aínda así, a realidade é que a presenza d@avogad@ prodúcese unicamente durante a declaración policial ouxudicial. Os "interrogatorios" teñen como obxectivo escacharte físicae psiquicamente para que fagas a declaración que eles queren.

Intentarán que te sintas totalmente aillad@ do mundo, que esquezasque na rúa son moit@s @s que se están a interesar por ti.Pretenderán facerche sentir un profundo complexo de inferioridade,de indefensión e de culpabilidade.

15

Page 16: Que facer perante unha detención?

Intentarán facerche crer que o "saben todo", independentemente dofeito de que iso que din saber sexa certo ou sexa falso. Diranche quehai outr@s compañeir@s detid@s que xa "cantaron", que non sexasparv@, que @s outr@s aforráronse a tortura porque falaron antes,etc. Na grande maioría dos casos acostuma a ser todo falso, e en todocaso que cho demostren eles. Ti non tes que demostrar nada, ninxustificar nada; son eles os que terán que provar as súas acusaciónse, sobretodo, son eles os que queren que te autoinculpes. Dirancheque digas algo ("dime algo"), que con iso xa te deixarán en paz. Éfalso, este "algo" para o único que serve é para lles dar un fío do queturrar e turrar, e non para atallar a tortura.

É fundamental que intentes manter o teu estado de ánimo, quelembres que na rúa te agarda moita xente e que, como moito, soncinco días. Cinco días dos que depende o teu futuro, poida que demoitos anos.

b) O policía "bo". Son moitísimas as persoas detidas que explican queno medio da máis brután tortura se atoparon co policía que vai debo. Normalmente é este o que te aconsella declarar para que osoutros sigan a che torturar. É o que che adoita dicir que compañeir@sou amig@s, normalmente afectivamente vinculad@s a ti, poden serdetid@s e torturad@s pola túa teimosía. É este o que indirectamenteameaza con novas brutalidades, que, por descontado, cometerán osoutros se non declaras o que o policía bo che aconsella que"declares".

Pode resultar fácil caír na tentación de nos refuxiar na figura destepolicía no medio da brutalidade que nos arrodea, pero lembra queiso non é nada máis que unha técnica de interrogatorio e que o quecontigo fai de bo, puido ter esnaquizado a outr@ compañeir@. Entodo caso, este policía persegue os mesmos obxectivos que os outros:procurar a túa perdición e unha declaración que os satisfaga.

c) Como actuar?

- Non deas credibilidade a nada do que che poidan dicir os policías.

- Intenta non perder o control da realidade e da situación na que te

16

Page 17: Que facer perante unha detención?

atopas.

- Intenta falar o mínimo posíbel.

- Intenta non perder a noción do tempo.

- Lembra que en cinco días pódeste estar a xogar moitos anos.

- Tenta non comer nin beber para evitar que che poidan seradministradas drogas.

- Non amoses feblezas persoais, xa que lles dan as pistas para que secrezan.

- Lembra que na declaración policial diante d@ avogad@ tes dereitoa non declarar e que é esta a única que ten valor xurídico.

@médico forense. Ao longo da túa detención é probábel que,

ou ben todos os días, ou ben durante algúns dos días durante os calespermanezas detid@, recibas a visita dun/ha médico forense. Nestecaso, o primeiro que terás de facer é solicitar que acreditedocumentalmente a súa identidade. Unha vez comprobado iso, éconveniente que lle denuncies as torturas ou os maltratos físicos oupsíquicos aos que estiveras sometid@.

Se tes sinais, ensínallas e asegúrate de que o que denuncias constanun informe que esta/e médico redixe.

É probábel que a policía te ameace con toda clase de represalias sedenuncias diante desta/e médico a tortura sofrida. Diante disto,lembra que o trato que recibas na comisaría non depende de que tesometas ou non aos caprichos dos teus torturadores, senón da súavontade. Así como "dicirlles algo" é, de feito, axudalos a concretarmáis os obxectivos que persiguen coa tortura, non denunciar o queche está a pasar diante d@ médico forense serve para asegurar, máisaínda, a súa impunidade. Máis aínda, unha denuncia diante d@médico forense pode servir para que se paren as torturas e, en todocaso, sempre serven para reforzar a denuncia de tortura tanto na

17

Page 18: Que facer perante unha detención?

Audiencia Nacional coma nunha posterior denuncia xudicial.

Adeclaración xudicial. Os dereitos que expoñemos están

recollidos no artigo 17.3 da Constitución española a no 520 da lei deEnxuizamento Criminal.

Se és vítima dunha detención ordinaria prestarás declaración diantedo xuíz natural, que é o xuíz competente no lugar onde se teríandesenvolto os supostos feitos delictivos e é o que se atopa de gardacando se producen.

Se a detención se produce en aplicación da lexislación terroristaterás que facelo na Audiencia "Nacional" de Madrid (España).

Neste segundo caso, o xuíz que che toca comunicarache que teatopas na Audiencia "Nacional", identificará @ fiscal e @ avogado elerache os teus dereitos, entre os que se inclúe o dereito a nondeclarar.

Aínda que che pareza incríbel, @ avogad@ que che acude non podefalar contigo até que declares perante @ xuíz/a, para que todavíacontinúes en situación de incomunicación.

Se declaraches diante da policía, @ xuíz/a preguntarache se teratificas na túa declaración. Neste momento lembra que adeclaración xudicial ten moito máis valor e prevalece sobre apolicial. É o intre de negar calquer declaración policial auto-inculpatoria que che fora tirada no cuartel ou na comisaría.

Lembra que, aínda que a policía che diga o contrario, unha vez post@a disposición xudicial non che poden voltar a levar a comisaría e queneste intre estás a te xogar de novo o futuro. Lembra que a negacióndiante do xuíz dunha declaración auto-inculpatoria é a maior emellor garantía para recuperar a liberdade.

Un derradeiro consello en relación coa declaración diante do xuíz:non baixes a garda. Lembra que malia que xa abandonaras acomisaría, aínda non estás en liberdade e que perante o xuíz tes o

18

Page 19: Que facer perante unha detención?

mesmo dereito a non declarar e a non facelo na túa contra. Non tedeixes enganar por madeixas do tipo "tranquil@ que vas fóra, pero

cóntame isto e mailo outro. Recoñece isto ou o outro"4 . Non sería aprimeira vez que pola ilusión de mirar tan preto a saída do infernoque alguén se ollou recoñecendo cousas que despois @ levaron áprisión.

Fundamental: se che torturaron ou maltrataron, non deixes nunca dedenuncialo diante d@ xuíz/a. Se tes sinais, ensínaas, aínda que @xuíz/a non queira saber nada (como sucede a cotío).

Adenuncia xudicial. Xa sinalamos que é fundamental que

denuncies a tortura na declaración policial, diante d@ médicoforense e diante d@ xuíz/a (natural ou da Audiencia "Nacional").Aínda así, tendo en conta sobretodo a actitude de se facer o longuisque os xuíces da Audiencia "Nacional" manteñen perante a tortura,cabe interpoñer unha denuncia xudicial no Xulgado de Instrucióncompetente. O Xulgado competente é aquel que está de garda no díae no lugar no que se terían producido os feitos. Aínda así, a denunciapódela interpoñer no xulgado da túa provincia para que despois estea tramite ao xulgado competente.

Esta denuncia pódela facer ti mesmo na compaña d@ túa/teuavogado, con posterioridade á túa posta en liberdade.

No caso de que ingreses na prisión, tamén podes levar a termo estadenuncia, a través dunha instancia na que consten os feitos, queenviarás á/ao xuíz/a competente.

Que pode facer @ familiar ou colega? Alén dos aspectos

sinalados en relación co rexistro domiciliario, diante de calquera tipode detención é fundamental o comportamento dos familiares oucolegas. O primeiro que hai que levar a cabo é facer pública estadetención e porse en contacto cun/ha avogad@ de confianza.

Se a detención é de tipo ordinario, a familia pode exixir que se lle

19

Page 20: Que facer perante unha detención?

comunique o lugar onde será conducid@ @ detid@. Se a detención foifeita en aplicación da lei terrorista, as posibilidades son menores,dado que a policía non ten a obriga de comunicar o lugar onde seatopa @ detid@. De todos os xeitos, convén teimar perante oGoberno Civil, a comandancia ou comisaría da Garda Civil, Policía

Nacional ou Policía Autonómica5 -segundo cal fora o corpo queefectuara a detención-, interesándose polo estado e a situación d@detid@.

Outro intre que pode ser de grande axuda para @ detid@ é berrarpara enfoutar á/ao detid@ cando esta/e entre na Audiencia"Nacional". Despois duns días arrodead@ de túzar@s, estes azospoden ser reconfortantes. Pódese aproveitar este intre para llelembrar á/ao detid@ que negue todo diante @ xuíz/a.

NOTAS

1Os restantes capítulos do libro pódense baixar desdewww.defensadelaterra.org/Estelada/llibreroig.pdf.

2Nos Países Cataláns (PPCC).

3en català no texto orixinal.

4O fragmento entre aspas está en español no texto orixinal.

5Mossos d´Esquadra no texto orixinal.

20

Page 21: Que facer perante unha detención?

CONTIDOS

Mocidade e Independentismo: un binomio no punto de mira da represión..3

Introdución ............................................................................5

Identificación .........................................................................6

Detención ..............................................................................9

Rexistro domiciliario .......................................................9

Tipos de detención ........................................................10

Declaración policial .......................................................12

A tortura e os seus métodos .............................................14

@ médico forense .........................................................17

Declaración xudicial ......................................................18

Denuncia xudicial .........................................................19

Que pode facer @ familiar ou colega? .................................19

Notas ..................................................................................20

21

PÁX.

Page 22: Que facer perante unha detención?

EMBATE

edicións

#1

colección FERRAMENTAS