que bonito é Panamá!

8

description

Kalandraka. Tras os montes

Transcript of que bonito é Panamá!

Había unha vez un oso pequeno e un tigre pequeno que vivíanalá abaixo, á beira do río. Alí onde se ve subir o fume, a carón daquela árbore grande.E ademais tiñan unha barquiña.

Vivían nunha casa con cheminea, pequena e confortable.

–Temos todo o que un pode desexar,e nada polo que preocuparnos.E ademais somos fortes, non si, oso? –dixo tigre pequeno.

–Somos –dixo oso pequeno–. Eu son fortecoma un oso, e ti es forte coma un tigre.E iso abonda.

E tigre pequeno ía buscar cogomelos ao bosque.

Todos os días, oso pequeno ía pescar coa súa cana.