PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a...

37
0 PROGRAMACIÓN ANUAL 2019-2020 PROGRAMACIÓN DO CURSO COLEXIO PLURILINGÜE SALESIANO “SAN JUAN BOSCO” – A CORUÑA

Transcript of PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a...

Page 1: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

0

PROGRAMACIÓN ANUAL

2019-2020

PROGRAMACIÓN DO CURSO

COLEXIO PLURILINGÜE SALESIANO “SAN JUAN BOSCO” – A CORUÑA

Page 2: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

1

ÍNDICE

COMA NA CASA I ......................................................................................................................... 2

O NOSO COLEXIO II .................................................................................................................... 3

OBXECTIVOS III ......................................................................................................................... 5

ORGANIZACIÓN DO CENTRO IV ................................................................................................ 6

HORARIOS .......................................................................................................................... 7

HORARIO E DISPONIBILIDADE DE USO DAS INSTALACIÓNS PARA O ALUMNADO ..... 7

CANLES DE COMUNICACIÓN ............................................................................................. 8

ÓRGANOS DE GOBERNO, PARTICIPACIÓN E XESTIÓN ................................................. 10

OUTRAS OFERTAS E SERVIZOS V ........................................................................................ 15

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. .............................................................................. 15

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES .................................................................................. 17

ACTIVIDADES PARA AS FAMILIAS .................................................................................. 18

CENTRO XUVENIL ABEIRO .............................................................................................. 19

SERVIZOS ......................................................................................................................... 20

CALENDARIO ESCOLAR VIII ................................................................................................... 21

ANEXO: NORMAS DE CONVIVENCIA POR ETAPAS IX ........................................................ 28

NORMAS DE CONVIVENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL ................................................. 28

NORMAS DE CONVIVENCIA EN EDUCACIÓN PRIMARIA ................................................ 30

NORMAS DE CONVIVENCIA EN ESO E BACHARELATO ................................................ 32

Page 3: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

2

COMA NA CASA

"Crear fogar é crear familia, é aprender a sentirse unidos uns aos outros máis alá dos vencellos utilitarios ou funcionais... É tecer lazos que se constrúen con xestos sinxelos e cotiáns" (Papa Francisco: CV 217).

A campaña pastoral deste curso 2019-2020, “Coma na casa”, chámanos a crear fogar, a facer morada, a recoñecer as propias raíces, a coidar a casa común, asumindo responsabilidades, sabendo que erros e acertos fortalecen o noso estilo de vida e nos levan a descubrir aos máis desfavorecidos. Haberá que aprender a mirar, a captar o que pasa ao noso redor, a percibir as realidades que xorden no noso fogar. Unha mirada atenta ensinaranos a pasar a vida polo corazón, de xeito que o que percibimos vaia transformando a nosa vida e a nosa contorna.

Isto ten na base "unha familia que me quere e acolle". Convirá facernos expertos na arte de saír todas as mañás da casa para construír familia e regresar á tardiña ao fogar sabendo que avós, avoas, pais, nais, irmáns e irmás... esperan. Fagamos, no ambiente no que nos movemos, a familia que dá orixe, acompaña e pregunta pola vida. A familia que me fai sentir "coma na casa".

"Nesta casa atopo as miñas raíces e a miña vocación". Atopo persoas das que aprendo, porque sen raíces desconectamos do mellor da historia. Descubrindo as raíces comúns, ligámonos ao mundo e á historia e podemos facer realidade aquelo de "deixa que te acompañe", para que te sintas "coma na casa".

E "unha familia coa causa dos pobres", unha familia experta en acoller e coidar persoas, que nos amosa a fraxilidade de moitos seres humanos e a opción polos máis vulnerables. A nosa familia lévanos ao encontro cos sen familia, para que atopen en nós o fogar que quizais nunca tiveron. A familia crea familia para que todos se poidan sentir "coma na casa".

Pensaba que a súa casa era pequena, ata que descubriu que o mundo era a casa de todos -a casa común- e que todos estaban chamados a construír ese fogar especializado en compaixón e tenrura para cos que un día, por circunstancias moi diversas, perderon as súas raíces. É hora de recoñecer a presenza do "Reino de Deus". Os xermolos do Reino xa están a dar froitos... Chegou o momento de descubrir, xuntos, que é posible vivir "coma na casa".

Un curso, 2019-2020, para crear fogar, un fogar que, como sabemos moi ben, "necesita da colaboración de todos e todas" (CV 217). Racha coa túa soidade, crea fogar, fai casa se de verdade queres sentirte "coma na casa". Acariña o ambiente en que vives como o teu fogar, coma a túa propia casa. Non esperes a mañá, comeza hoxe. É a túa oportunidade!

Mauricio Paniagua Lozano Director

COMA NA CASA I

Page 4: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

3

O que comezaron sendo as “Escolas do Caldo” aló por 1916 foise convertendo no que hoxe en día é o “CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco”, o noso colexio, a vosa casa, un centro que abarca todas as etapas do ensino obrigatorio e preuniversitario: desde 2º Ciclo de EI, pasando por Primaria e Secundaria e rematando no Bacharelato (Científico, Tecnolóxico e de CC. Sociais). Ao longo de todos estes anos, os nosos alumnos son a nosa prioridade, temos un afán de mellora continua e tratamos de ofrecer a máxima calidade educativa 1.- ESCOLA PASTORAL Como escola salesiana queremos ser escola con todas as súas implicacións de entidade educativa e transmisora de cultura, baseada nos valores do Evanxeo e as intuicións educativas de Don Bosco.

Cremos que toda a nosa tarefa educativa é evanxelizadora, e por iso traballamos en facer do noso colexio unha escola toda ela pastoral, comezando polos elementos máis propios da escola que son o currículo e as intervencións docentes. Pero tamén facemos algunhas propostas onde explicitamos máis, se cabe, os valores evanxélicos. Coma escola católica tratamos de axudar ao alumnado a ir facendo unha síntese entre a fe, a cultura e a vida. 2.- ESCOLA A TEMPO COMPLETO A nosa opción pola educación integral implica unha escola que vai máis aló dos límites do horario lectivo. Isto inclúe uns criterios educativos que se concretan nunha ampla gama de ofertas e actividades que, en función dos intereses e capacidades dos membros da Comunidade Educativa, converten a nosa escola nunha “escola a tempo cheo”.

Por iso a nosa escola intégrase nunha obra máis grande, traballando en colaboración coa parroquia María Auxiliadora, o centro xuvenil Abeiro, a plataforma de atención a inmigrantes Teranga, e outros ambientes. 3.- ESCOLA BILINGÜE E PLURILINGÜE O dominio dunha ou dúas linguas estranxeiras, ao concluír o ensino obrigatorio, figura entre os obxectivos da LOMCE.

No Centro comezouse a apostar polo inicio da aprendizaxe da lingua inglesa en idades temperás co “Proxecto de Anticipación de lingua estranxeira no segundo ciclo de Educación Infantil”. Posteriormente apostamos pola creación de seccións bilingües na área de Plástica nos cursos de Educación Primaria e en 1º e 3º de ESO.

Desde o curso escolar 2010/2011 formamos parte da rede de centros plurilingües. Completamos o plurilingüismo en toda a ESO neste curso 2019-2020.

O NOSO COLEXIO II

Page 5: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

4

Cara a afianzar o coñecemento e o dominio da lingua inglesa, organizamos estancias de

inmersión lingüística en Inglaterra para alumnos de 6º de EP a 1º BTO.

Dentro das actividades de plurilingüismo botamos a andar o Programa Avanzado de Aprendizaxe de Idiomas Salesiano (PAIS) co que pretendemos que os nosos alumnos obteñan unha cualificación oficial de coñecemento dunha lingua estranxeira ao rematar os estudos no Colexio. O programa desenvólvese fóra do horario lectivo e a participación dos alumnos nel é voluntaria.

Os exames de Trinity, Cambridge e Oxford realizados no colexio son un éxito de participación e resultados. Algún dos nosos alumnos acadou xa o nivel C1 de competencia lingüística no marco europeo das linguas., antes de rematar os seus estudos na educación secundaria obrigatoria.

Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble titulación e o bacharelato dual. 4.- ESCOLA DE CALIDADE

No colexio Salesiano “San Juan Bosco” traballamos baixo un Sistema de Xestión de Calidade baseado na Norma ISO e certificado por APPLUS. A nosa meta é impulsar a través de

plans de mellora anuais o noso Proxecto

Educativo Pastoral. Para iso, cada curso,

aplicamos un sistema de avaliación

continua que afecta a todos os procesos

de Ensino-Aprendizaxe. Todos os anos

temos dúas auditorías, unha interna e

outra externa. Deste xeito decatámonos

das nosas debilidades e puntos fortes e

cada curso avanzamos propoñendo

obxectivos de mellora de cara a optimizar

a nosa tarefa educativa na que O

PROTAGONISTA É O ALUMNO

Page 6: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

5

OBXECTIVO XERAL: MEDRAR EN CONCIENCIA DE PERTENZA A UNHA MESMA FAMILIA, BASEÁNDONOS NA ACOLLIDA, NO

COIDADO MUTUO, NO RESPECTO E NA PROMOCIÓN DE TODOS

PARA QUE NOS SINTAMOS COMO NA CASA.

OBXECTIVO I: MEDRAR COMO COMUNIDADE EDUCATIVO

PASTORAL FOMENTANDO O SENTIDO DE PERTENZA A UNHA FAMILIA QUE TEN

RAÍCES. ● A principio de curso presentamos nun claustro e nas reunións coas familias

información sobre os distintos ambientes da obra (colexio, parroquia, plataforma social, centro xuvenil).

● Incorporamos no calendario mensual as datas significativas dos distintos ambientes, e témolo en conta nas programacións de aula.

● Promovemos momentos conxuntos para medrar como familia e compartir: cafés Don Bosco, día do carisma, actividades lúdicas, encontros de oración… e incorporámolos no calendario, a ser posible, dende principio de curso.

● Informar en claustros ou reunións de etapa das actividades que se están facendo relacionadas con proxectos de innovación, formación, etc.

● Seguir medrando a comunicación interetapas e dos ambientes da obra.

OBXECTIVO 2: MEDRAR COMO COMUNIDADE EDUCATIVO PASTORAL PROMOVENDO

O PROTAGONISMO DE NENOS E MOZOS E ACOMPAÑÁNDOOS NO SEU CRECEMENTO

E NA REALIZACIÓN DO SEU PROXECTO DE VIDA ● Preocupámonos pola realidade de cada un, coidando especialmente a labor titorial, o

acompañamento persoal, a relación coas familias e cos compañeiros titores de cursos anteriores.

● Ofertamos, en colaboración coa ANPA, momentos formativos dende as demandas das familias, e estamos atentos ás conclusións do foro Familia-Escola.

● Poñemos en práctica o plan de interioridade con accións concretas en cada etapa. ● Poñemos ao alumnado no centro da súa aprendizaxe e avaliación buscando as metodoloxías

máis axeitadas e con estilo innovador. ● Implicamos directamente ao alumnado na dinamización de patios, carteleiras, campañas,

irmandade de aulas, celebracións, bos días, etc. ● Visitamos o centro xuvenil e a plataforma social cos alumnos de Bacharelato e ofrecémoslles

a posibilidade de ser voluntarios.

OBXECTIVO 3: MEDRAR COMO COMUNIDADE EDUCATIVO PASTORAL PROMOVENDO

O COIDADO DA “CASA COMÚN” E DOS MÁIS NECESITADOS. ● Axudámonos a facer unha lectura crítica da realidade, espertar interrogantes e apostar polos

máis necesitados: bos días, asemblea de aula, titorías, convivencias, voluntariado… ● Seguimento continuo por parte do profesorado e comunicación fluída coas familias e o

departamento de orientación nos casos do alumnado de NEE. ● Concienciámonos no coidado da “casa común” a través do desenvolvemento do proxecto

boscogreen.

OBXECTIVOS III

Page 7: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

6

DATOS XERAIS DO ALUMNADO 2019 – 2020

ALUMNADO INFANTIL Nº unidades: 6

Grupo A Grupo B

Curso Total nenos nenas nenos nenas nenos nenas

4º 50 28 22 14 12 14 10

5º 50 24 26 12 13 12 13

6º 50 29 21 15 10 14 11

Total 150 81 69 41 35 40 34

ALUMNADO PRIMARIA Nº unidades: 12

Grupo A Grupo B

Curso Total rapaces rapazas rapaces rapazas rapaces rapazas

1º 48 32 16 17 7 15 9

2º 51 30 21 16 10 14 11

3º 54 34 20 17 10 17 10

4º 53 28 25 14 13 14 12

5º 54 26 28 12 15 14 13

6º 50 24 26 12 13 12 13

Total 310 174 136 88 68 86 68

ALUMNADO SECUNDARIA Nº unidades: 8

Grupo A Grupo B

Curso Total rapaces rapazas rapaces rapazas rapaces rapazas

1º 52 29 23 15 11 14 12

2º 60 28 32 12 18 16 14

3º 57 27 30 16 12 11 18

4º 54 34 20 18 10 16 10

Total 223 118 105 61 51 57 54

ALUMNADO BACHARELATO Nº unidades: 4

Grupo A Grupo B

Curso Total mozos mozas mozos mozas mozos mozas

1º 26 14 12 14 12 0 0

2º 42 21 21 4 13 17 8

Total 68 35 33 18 25 17 8

ALUMNADO TOTAL UNIDADES TOTALES: 30 751 408 343

ORGANIZACIÓN DO CENTRO IV

Page 8: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

7

HORARIOS

MAÑÁ TARDE

Entrada Saída Entrada Saída

E. Infantil 9,25 12,50 15,30 17,20

E. Primaria 9,25 13,00 15,30 17,25

ESO-BTO 8,30 14,05 Mércores: 15,45

17,25

PORTERÍA

Mañá: de 8,00h a 14,15h. Tarde: de 15,20h a 20,00h

SECRETARÍA

Mañá: de 09,30h a 13,30h. Tarde: de 16,30h a 19,00h.

APERTURA E PECHE DO PORTÓN

ÁBRESE PÉCHASE 07,55 09,35 12,50 13,15 14,05 14,15

… …

15,15 15,35

17,20 19,30

ADMINISTRACIÓN

Mañá: de 09:00h a 10:30h e de 12:30h. a 13:30h. Tarde: MARTES E XOVES de 17,00h. a 18,45h.

HORARIO E DISPONIBILIDADE DE USO DAS INSTALACIÓNS PARA O ALUMNADO ● Ás 8:00 h da mañá ábrese o centro para o servizo

de acollida matinal e do alumnado que empeza a chegar o colexio.

● Todos os días lectivos o centro permanece aberto desde a saída do alumnado ao finalizar o tempo lectivo ata unha hora determinada segundo os casos. O alumnado que o desexa e as persoas da súa familia teñen os patios a súa disposición para o seu lecer; eximindo ao centro educativo dos danos que poidan sufrir ou ocasionar.

● Todos os días lectivos, en horario anterior ou posterior ao comedor e despois das clases, algúns alumnos realizan actividades extraescolares e poden facer uso do servizo da biblioteca e do centro xuvenil segundo o seu horario.

Page 9: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

8

CANLES DE COMUNICACIÓN Apostamos pola cercanía. Unha relación harmoniosa entre as familias e o colexio é imprescindible para acadar que os vosos fillos/as medren persoal e academicamente. Para isto cómpre garantir o fluxo de información bidireccional entre as familias e o colexio. A continuación indicamos as canles de información entre familia e centro.

1.- Web do colexio: www.salesianoscoruna.es Ademais de información sobre o carácter propio do centro e as distintas etapas educativas hai información que se actualiza continuamente:

Anuncios e novas de interese. Información actualizada periodicamente das actividades realizadas polas distintas seccións e outras informacións de interese, fotos das festas e dos acontecementos do centro. 2.- Plataforma Educ@mos: Coa túa clave tés acceso á información académica dos teus fillos/as proporcionada polo profesorado: cualificacións, ausencias, incidencias, avisos, correos do profesorado. Ademais tamén podes consultar as circulares en formato pdf e a información relevante do día. Por outra banda podes comunicarte a través do correo da plataforma coa persoa titora do teu fillo ou filla para aclarar calquera dúbida ou solicitar unha entrevista persoal 3.- Redes sociais. (Facebook e Twitter - @salescoruna) Nelas damos conta da vida diaria do centro, facendo partícipe da mesma a toda a comunidade educativa. Utilizámolas tamén para transmitir avisos urxentes, especialmente relacionados con temporais ou cambios en actividades complementarias. 4.-Revista Beiramar Publicación trimestral elaborada entre alumnos e mestres onde se repasan os momentos máis salientables dos últimos meses. Repártese gratuitamente a todos os alumnos. 5.- Carteleiras No patio hai carteleiras correspondentes ás distintas seccións. Nelas vanse colocando os avisos e circulares para unha consulta máis directa.

Page 10: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

9

AS PERSOAS DE REFERENCIA

Persoa titora:

Ver nomes no cadro correspondente.

É a persoa de referencia para tratar calquera cuestión referente aos vosos fillos e fillas. Os titores e titoras reciben periodicamente información sobre o voso fillo/a do resto do profesorado.

Podedes solicitar unha entrevista persoal por medio do voso fillo/a, ou por correo na plataforma. A persoa titora comunicaravos o día e a hora da entrevista.

Profesorado:

Se tendes unha dúbida concreta dalgunha materia que non se resolve coa entrevista coa persoa titora, podedes poñervos en contacto co profesor ou profesora correspondente.

Xefatura de Estudos:

EI-EP: Diego Portos García

ESO-BTO: Montserrat Nolasco

Os Xefes de Estudos son os máximos responsables da organización pedagóxica e da xestión da convivencia no colexio. Se hai algunha cuestión que unha vez tratada coa persoa titora non se resolveu satisfactoriamente debedes solicitar unha entrevista persoal coa Xefa de Estudos correspondente.

Coordinador de Pastoral:

Constantino de la Varga Fernádez

É o coordinador das ofertas de pastoral xunto cun equipo de persoas, que

animan para que se lle dea o estilo pastoral a todas as actividades que se desenvolven no colexio. Mantén relación fluída coa parroquia e co centro xuvenil Abeiro.

Orientadora:

Pilar Sanjurjo Pose

A persoa encargada da orientación é a persoa axeitada para tratar de apoiar e asesorar nas dificultades na aprendizaxe e problemas de convivencia. Tamén asesora, proporciona información e orienta sobre os diferentes itinerarios académicos e futuras saídas profesionais.

Para tratar calquera destes aspectos podedes solicitar unha entrevista persoal.

Administrador:

Daniel Hilario García

É o responsable da xestión económica do colexio. Encárgase dos temas relacionados cos pagos, cotas, a xestión do comedor e o aluguer de espazos para distintos usos. Para falar con el podedes pedir unha cita por teléfono.

Director do Centro:

Mauricio Paniagua Lozano

É o máximo responsable do centro. Se tedes algunha cuestión que transcende ao profesorado e á Xefatura de Estudos podedes solicitar unha entrevista co Director.

Por teléfono ou pola plataforma Educ@mos, preferentemente sempre a través da persoa titora, non dubides en contactar.

Page 11: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

10

ÓRGANOS DE GOBERNO, PARTICIPACIÓN E XESTIÓN

1.- DIRECTOR Mauricio Paniagua Lozano (Hora de visita: previa cita) É o representante último da Entidade Titular no Centro, cara á Administración Educativa e responsable último da marcha xeral do Centro.

2.- COORDINADOR DE PASTORAL

A. Constantino de la Varga Fernández: (Hora de visita: previa cita) É responsable de promover e animar a acción evanxelizadora no centro.

3.- XEFE DE ESTUDOS DE INFANTIL E PRIMARIA Diego Portos García (Horas de visita: previa cita) É responsable de dirixir e coordinar a acción educativa nos niveis de Infantil e Primaria. 4.- XEFE DE ESTUDOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA Montserrat Nolasco Rodríguez (Hora de visita: previa cita) É responsable de dirixir e coordinar a acción educativa nos niveis de ESO e Bacharelato. 5.- COORDINADORA DE INFANTIL Clara Isabel Vecino González (Hora de visita: previa cita) É responsable de animar a acción educativo-pastoral de Infantil en coordinación co Xefe de Estudos e o Coordinador de Pastoral. 6.- ADMINISTRADOR Daniel Hilario vicente García (Hora de visita: ver horario de administración) É responsable da xestión económica do centro. Exerce as súas funcións en nome e dependencia do Director. 7.- SECRETARÍA Antonio Berciano: É responsable da xestión documental, recompilación e conservación de todos os datos para a boa marcha do Centro Federico Ibáñez: Secretaría Xeral (Administrativa) (Horas: 9,30 – 13,30; 16,30-19,00) 8.- CONSELLO ESCOLAR É o órgano de participación de toda a Comunidade Educativa no Centro, coas competencias que lle son propias. De ordinario o consello escolar reúnese tres veces ao ano: Presentación e aprobación PXA, estudo e aprobación da partida outros gastos, Aprobación da memoria anual e custo das actividades complementarias Forman parte do mesmo. Presidente: Mauricio Paniagua Lozano 3 representantes da Ent.Tit: Félix Urra Mendía Antonio Berciano Berciano

Constantino de la Varga 4 representantes dos prof.: Mª José Fernández Cervera Mª Luz Fernández Amado Gerardo Morano Díaz Magdalena Tomé Lojo

Page 12: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

11

4 representantes dos pais: Mª Arlect Calvelo García Mª Emma Mateos Díaz Begoña Cuñado Fernández Mónica García Iglesias

2 representantes alumnos: Luna Lois Díaz Lucía Lama Muiño

1 representante do P.A.S. Pablo Blanco Gallego 9.- XUNTA DIRECTIVA da ANPA O ANPA está a disposición dos pais, todos os mércores do curso, organizan as actividades deportivas do colexio, trimestralmente a xunta do ANPA reúnese co equipo directivo, colabora con diversos certames e actos culturais, organiza a festa das familias e xestiona o fondo asistencial cara os alumnos que perden algún proxenitor.

Presidente: Pablo Zunzunegui Salillas Vicepresidente: Nuria García Deber Secretaria: Haridian González Machado Tesoureira: Mónica Santos Ruiz Vogais: Begoña Cuñado Fernández Juan Antonio Díaz Pet Fernando de Llano Paz

Carmen Taboada de Torres Olga Ruiz Rodríguez

10.- EQUIPO DIRECTIVO É o órgano colexiado de goberno e xestión que ten como misión fundamental a animación e coordinación da acción educativo-pastoral do Centro. Reúnese os luns de 16,00 ás 17,30 h.

Director: Mauricio Paniagua Lozano Xefes de Estudo: Diego Portos García

Montserrat Nolasco Rodríguez Administrador: Daniel Hilario Vicente García Secretario: Antonio Berciano Berciano C. de Pastoral: A. Constantino de la Varga Fernández Orientación: Pilar Sanjurjo Pose C. de Calidade: Diego Portos García

11.- DEPARTAMENTO DE PASTORAL É o grupo de persoas responsable da animación, coordinación e execución de todo o referente á acción evanxelizadora e pastoral do Centro Coordinador Pastoral: A. Constatino de la Varga Fernández Xefe de Estudos EI-EP: Diego Portos Xefe de Estudos ESO-BTO: Montse Nolasco Orientadora: Pilar Sanjurjo Representante EI: Alba Gómez Representante EP: María Suárez Representante ESO-BTO: Rubén Fdez. Santiago Representante Centro Xuvenil: Isabel Balsa

Funciona un equipo máis reducido que é o encargado de levar a cabo a programación e as actividades de Pastoral. Está formado polos Coordinadores de Pastoral e algún dos membros antes citados. Reúnese os xoves de 15,45 ás 17,15 h.

Page 13: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

12

12.- CLAUSTRO DE PROFESORES É o grupo de persoas integrado pola totalidade dos profesores do centro e é o órgano propio de participación destes no colexio

1. Álvarez Álvarez, Elena Isabel 2. Amado López, Mª Elvira 3. Berciano Berciano, Antonio 4. Cameán Calvete, Patricia 5. Carrajo Carrajo, Francisco Xabier 6. Carretero García, Enrique 7. Conde Ogando, Carmen 8. Corral García, Gisela 9. Cousillas Montáns, Emilio 10. Díaz Rodríguez, Eva 11. Domínguez López, Ana 12. Domínguez Santos, Dolores 13. Fernández Amado María Luz 14. Fernández Cervera, Mª José 15. Fernández Santiago, Rubén 16. Gómez Edreira, Alba 17. González López, Lucía Pilar 18. Gracia Castro, Alberto 19. Losada Mosquera, Belén 20. Marqués Artalejo, Oliva Mª 21. Martínez Armental, Mercedes 22. Morano Díaz, Gerardo 23. Nespereira Rodríguez, Marta 24. Nolasco Rodríguez., Montserrat

25. Paniagua Lozano, Mauricio 26. Pardo López, María 27. Paz Flores, Carlos 28. Pérez Remeseiro, Patricia 29. Portos García, Diego 30. Roca Carbón, María 31. Roel Tasende, Silvia 32. Rubio Arias, Montserrat 33. Sánchez Arjona, Pedro 34. Sanjurjo Pose, Pilar 35. Sanluis Tejado Ángel 36. Señarís Prieto, Mercedes 37. Spósito Prado,Carmen Nashira 38. Souto Fernández, Marina 39. Suárez Díaz, María del Carmen 40. Tomé Lojo, Magdalena 41. Vázquez García, Silvia 42. Vázquez Iglesias, Marcos 43. Vázquez Mansilla, María B. 44. Varga Fernández, Constantino 45. Vecino González, Clara I. 46. Vecino Vecino, Justiniano 47. Veiga Cougil, Estela 48. Vilá San Claudio, Ramón

13.- PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS) Son as persoas que atenden os servizos administrativos, de recepción, mantemento e limpeza do centro.

1. Andújar de la Cruz, Ángela 2. Blanco Gallego, Pablo 3. Blanco Noya, Minia 4. Carral García, Carmen María 5. Carrera Mosquera, Marta 6.

7. Cousido Méndez, Francisco 8. Ibáñez Pérez, Federico 9. Monzón Rajó, Mª Jesús 10. Rey Vidal, Manuel 11. Vicente García, Daniel Hilario 12. Vilela Carlín, Ana

Page 14: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

13

14.- TITORES E TITORÍAS Son as persoas de referencia en cada aula e que coordinan ao equipo docente. Para concertar entrevistas pedir cita previa. INFANTIL

Curso Grupo Titora

4º A Clara Vecino

B María Vázquez

5º A Alba Gómez

B Mª José Fernández

6º A Montserrat Rubio

B Elena Álvarez

PRIMARIA

Curso Grupo Titor-a

1º A María Roca

B Belén Losada

2º A María Pardo

B Nashira Spósito

A Lucía González

B Patricia Cameán Calvete

4º A Dolores Domínguez

B Mercedes Martínez

A Mª Luz Fernández

B Patricia Pérez

6º A Emilio Cousillas

B María Suárez

ESO

Curso Grupo Titor-a

1º A Rubén Fernández

B Ana Domínguez

2º A Magdalena Tomé

B Oliva Marqués

3º A Estela Veiga

B Carlos Paz

4º A Ramón Vilá

B Pedro Sánchez

BACHARELATO

Curso Grupo Titor-a

A B

Eva Díaz

B Constantino de la Varga

A Antonio Berciano

Page 15: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

14

Outros equipos de coordinación no centro son:

COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA Órgano colexiado que ten como misión animar e asesorar en todas aquelas actividades e intervencións educativas relacionadas coa elaboración e aplicación da Concreción Curricular.

DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS Son equipos de estudo, investigación e asesoramento, formados polos profesores que imparten áreas afíns. Responden á necesidade de coordinación de contidos, metodoloxías e intercambio de experiencias didácticas.

• Dep. de linguas. • Dep. de ciencias. • Dep. de humanidades.

DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN É a estrutura organizativa responsable de coordinar a orientación educativa, profesional e vocacional dos alumnos, a atención a alumnos e alumnas con necesidades específicas de apoio educativo, de audición e linguaxe, de pedagoxía terapéutica; así como o proceso de ensinanza do profesorado e a acción titorial. Colabora na formación permanente do profesorado así como dos pais e nais dos alumnos.

COMISIÓN DE AVALIACIÓNS EXTERNAS Equipo encargado de dinamizar no centro a realización das probas e posterior análise dos resultados e propostas de mellora para o curso.

EQUIPOS e COMISIÓNS Equipos que integran a representantes de tódalas etapas e por que coordinan diferentes plans de centro,

• Comisión TIC. • Comisión de Convivencia. • Equipo de dinamización da

lingua galega. • Comisión de plurilingüismo. • Comisión de innovación

pedagóxica.

EQUIPO DE INNOVACIÓN PEDAGÓXICA. Equipo encargado de promover coordinar e dinamizar as novas metodoloxias e as experiencias innovadoras do centro.

EQUIPO DE CALIDADE. Equipo encargado de organizar, desenvolver e avaliar o Sistema de Xestión de Calidade.

Page 16: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

15

ACTIVIDADES

Complementarias

Extraescolares

Para as familias

ASOCIACIÓNS

Centro Xuvenil

Grupos formativos

Antigos Alumnos

SERVIZOS

Comedor

Acollida Matinal

Biblioteca escolar

Seguro escolar

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. Entran de pleno na oferta formativa xeral do centro para todos os alumnos do correspondente curso, ciclo ou nivel. Impártense respectando os agrupamentos ordinarios dos alumnos e dentro do horario escolar ou de permanencia dos alumnos no centro. Poden ser curriculares e, incluso, pódese avanzar na materia se participan nas mesmas, de forma voluntaria, todos os alumnos do correspondente grupo. Forman parte do Proxecto Educativo-Pastoral do Centro e da súa programación xeral anual.

Relación das Actividades Complementarias no Colexio: COMÚNS A TODO O ALUMNADO

Bos días Titoría/Educación en valores. Técnicas de estudo e expresión Revista escolar Beiramar Asistencia a representacións teatrais en inglés, francés, galego e castelán Conmemoración do Día das Letras Galegas Veladas artístico-musicais festas colexiais Celebracións da fe Conmemoración do Día da Paz e Non Violencia Participación no programa “prensa na escola” Programa “Vivir en Coruña”

Obradoiros de expresión oral, mimo e contacontos, declamación e teatro Ambientación en Nadal e festas Festas D. Bosco e María Auxiliadora Participación en programas de Educación medioambiental Orientación vocacional-profesional Campañas: Domund, Magosto solidario, Operación Quilo, Mans Unidas, Biscoito Solidario, Bocata Solidario. Excursións e saídas culturais

OUTRAS OFERTAS E SERVIZOS V

Page 17: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

16

PARA A ETAPA DE INFANTIL

Participación no programa municipal “Vivir en Coruña” (Concertos, visitas, obradoiros, educación vial...) 10 meses, 10 valores Obras de teatro en inglés. Contacontos

Recunchos xerais Pais expertos Educación na interioridade Visitas Museos Concertos didácticos Festa da familia

PARA A ETAPA DE PRIMARIA

Tratamento integrado das linguas, Visitas á Granxas-escolas Participación no programa municipal “Vivir na Coruña”(Concertos, visitas, obradoiros...) Concurso Samain Concurso postais de Nadal Animación á lectura Recreos de convivencia Visita ao Museo de Belas Artes Educac ión na interioridade Convivencia en Manzaneda Obras de teatro nos distintos idiomas Itinerario celebrativo: primavera

en Santiago, amizade, convivencias, ... Convivencia na praia

PROPIAS DA ETAPA DE ESO E BTO.

Visita á catedral de Santiago Visita ao mercado e á lonxa Visita ao Parlamento de Galicia Campionatos deportivos internos. Asistencia a obras de teatro en castelán, galego, inglés e francés. Asistencia a ensaios da Orquestra Sinfónica de Galicia Participación ofertas da Fundación Barrié Convivencias cristiás. Camiño de Santiago Campobosco Pascua xuvenil Asistencia a Concertos didácticos Visita a cooperativas empresariais. Obradoiros de consumo Visita ao Museo Arqueolóxico

Visita á refinería Visita a La Voz de Galicia Educación na interioridade Participación no programa “Debate escolar” Visita ao Castro de Elviña Premio literario D. Bosco (AA.AA.) Charla-coloquio con escritores Concurso literario “Letras Galegas” Participación no concurso de redacción de Coca-Cola Participación no concurso de curtas de Escolas Católicas Charlas de orientación profesional Charlas de prevención e redes sociais, Obradoiros de educación para a saúde Visita a EDAR, Visita ao INIBIC

O número de actividades ofertadas, a organización das mesmas, os tempos adicados a elas, e o modo de artellar a súa oferta poderá variar segundo as ofertas que nos acheguen. Axustaranse no seu contido e organización aos alumnos e alumnas destinatarios das mesmas, procurando que a oferta sexa variada e cun contido educativo. Serán un tempo propicio para a educación en valores, para fomentar o traballo en equipo, para educar na gratuidade, para traballar sen presións curriculares, evitando todo aquelo que poida facer delas fontes de lucro, competitividade ou fomentar calquera tipo de discriminación.

Page 18: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

17

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Os alumnos e alumnas teñen a posibilidade, fóra do horario escolar de participar libremente nas diversas actividades extraescolares que se organizan desde o colexio, o Centro Xuvenil Abeiro e a ANPA. Consideramos estas actividades moi importantes na formación integral dos nosos alumnos. ACTA Nº 150 DA REUNIÓN DO CONSELLO ESCOLAR, 12 de xuño 2019 Aprobación polo Consello escolar da cuota a percibir dos pais de alumnos pola

prestación de actividades extraescolares, servicios complementarios de comedor e

acollida matinal para o curso 2019-2020:

4.-PROPOSTA DE CUOTAS PARA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E OUTROS SERVIZOS Proponse incrementar as actividades extraescolares de acordo coa subida do IPC.

En EI e EP as actividades de PAIS e ESMUSA mantendrán as cuotas. No caso de ESO e BACH

que son 3 horas a actividade de PAIS pasará de 53 a 55 euros.

Infórmase dos bos resultados dos alumnos presentados ao exame de Triniti acadando un

100% de aprobados.

En canto ás actividades do ANPA as de 2horas de duración terán un custo de 25,50 euros e

as de 1 hora de duración custarán 20.50 establecéndose a subida polo incremento do IPC.

Para o vindeiro curso o ANPA incluirá a actividade de xadrez.

Fálase, tamén do descontento coa actividade de teatro en 4º,5º e 6º EP polo descontrol na

mesma. Suxirese a posibilidade da figura dun coordinador de actividades extraescolares para

posibilitar un maior control nas mesmas.

Suxírese a posibilidade de facer algún tipo de descontó ás familias numerosas nas actividades

extraescolares; 10% ao segundo irmán e 15% ao terceriro irmán.

Os servizos de Comedor e madrugadores siguen cos memos prezos do curso pasado.

COLE

XIO

ACTIVIDADE DURACIÓN PREZO MES

Escola de teatro 2h/semanais 28€

PAIS (matrícula 50€) 2h/ semanais 49€ (EI-EP) 55€ (ESO-BACH)

ESMUSA (matrícula 50€) Ver as distintas opcións no anexo.

CENTR

O XUVENIL

ABEIRO

ROBOTTECH 1h/semanal 32€

YOGAKIDS 1h/semanal 24€

DANCE CLUB 1h/semanal EP 24€ 1h e media semanal ESO 26€

ESCRITURA CREATIVA 1h semanal 21€

PATINAXE 1h semanal 21€

JUDO 2h/semanais 26,5€

ESCOLA

S

DEPORTIVA ANPA MULTIDEPORTE 2h/semanais 26,5€

FÚTBOL 2h/semanais 26,5€

BALONCESTO 2h/semanais 26,5€

VOLEIBOL 2h/semanais 26,5€

XADREZ 1 h / semanal 21€

Page 19: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

18

ACTIVIDADES PARA AS FAMILIAS

Tertulias e Escola de pais

É unha oportunidade de formación, de compartir inquedanzas, ilusións, entre as familias, en relación coa educación dos seus fillos. Os participantes organízanse en horarios segundo as súas posibilidades. Festa das familias Organizada conxuntamente polo ANPA e o colexio

Conferencias e actos culturais Ao longo do curso, en colaboración co ANPA organizaranse para nais e pais algunhas conferencias e actos culturais que sintonicen coas súas expectativas. Actividades lúdicas-deportivas:

Zumba, pilates, defensa persoal, bodybalance

GRUPOS FORMATIVOS: ITINERARIO DE EDUCACIÓN NA FE Xunto co Centro Xuvenil Abeiro ofertarase a participación nos grupos do “Itinerario de

educación na fe”. Os grupos son os seguintes:

Saltimbanquis: Grupo de rapaces e rapazas de 1º,2º e 3º de EP (6-8 anos). Reúnense tódolos sábados pola mañá no C.X. Abeiro, levando a cabo actividades lúdicas e educativas: xogos cooperativos, deportes, obradoiros, excursións,… Xa dende pequenos poden aprender moito xogando e divertíndose cos demais.

Andaina: Grupo de rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de EP (9-11 anos), que busca divertirse e aprender a través do xogo. Xúntanse tódolos sábados pola mañá no C.X. Abeiro. Fan xogos, obradoiros, saídas, festas, xuntanzas con outros grupos Andaina… e un campamento de verán no mes de xullo.

A.D.S.: É un movemento formativo cristián, que pretende sensibilizar e iniciar na vida en grupo en 1º e 2º da ESO, axudando aos rapaces e rapazas a medraren ledos, dinámicos e serviciais. Reúnense tódolos sábados pola mañá no C.X Abeiro, levando a cabo actividades en clave de aventura. Tamén realizan saídas, xuntanzas con grupos ADS doutras cidades e campa-mento no verán

CATECUMENADO: Intégranse neles mozos e mozas de 15 a 19 anos (3º da ESO ata 1º de Universidade). Ao longo do curso reúnense semanalmente, traballando temas que afectan á identidade xuvenil e aos seus valores; outras reunións teñen carácter comunicativo ou celebrativo. No verán teñen convivencias con grupos doutras provincias.

Page 20: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

19

CENTRO XUVENIL ABEIRO

Abeiro é un centro aberto aos alumnos e alumnas do Colexio e tamén á xente moza da cidade. Conta con máis de 25 anos de experiencia de servizo á mocidade.

Desenvolve actividades formativas e recreativas regulares e puntuais. Nel intégranse os grupos do itinerario de educación na fe cos seus equipos de animación. Ao longo do curso organiza tamén actividades de conciliación familiar como “mañás de Nadal” e “mañás de verán”

É coñecido na cidade pola coordinación do Campamento Urbano, de carácter aberto, libre e gratuíto.

Ofrece un espazo lúdico-recreativo chamado SALA ABERTA, para rapaces e rapazas desde 6º de Primaria en adiante. É un espazo aberto cunha oferta diversificada de actividades ao longo do curso (xogos, festas, sala de ensaios de música, cine...)

ANTIGOS ALUMNOS

Os alumnos/as que estiveron no colexio en anos anteriores poden formar parte da Asociación de Antigos Alumnos e Alumnas e a través dela dar saída ás súas inquedanzas formativas ou de grupo; participan especialmente na despedida dos alumnos/as de 2º bach.

Page 21: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

20

SERVIZOS

COMEDOR ESCOLAR

O alumnado pode solicitar este servizo, ben de forma continuada ó longo do curso ou ben en días soltos. Funciona de setembro a xuño, servido polo cátering ARUME. Mensualmente elabórase un menú equilibrado e detallado para que os pais e nais estean informados das comidas que se lles dan aos seus fillos. As solicitudes de cada día aténdense en portería, antes das 10:00 horas. As quendas de comedor son: Infantil, 1º, 2º e 3º de EP: 13:00 h. 4º, 5º e 6º de EP, ESO e BTO: 14:05 h. ACOLLIDA MATINAL

Servizo pensando sobre todo para aqueles pais e nais que por razóns laborais ou por ter outros fillos en niveis superiores necesitan traer os cativos antes de que comece a actividade lectiva para o seu nivel. Destinado a infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria. Horario de 08,00 a 9,30 horas. Os alumnos de 4º,5º e 6º estarán atendidos desde as 8,30 por un educador na Sala Aberta. BIBLIOTECA

Contamos no centro cunha excelente biblioteca á que teñen acceso tódolos alumnos do colexio. Queremos que preste tamén un servizo social ao entorno e á cidade en xeral.

Ademais dos máis de quince mil volumes cos que conta na actualidade está dotada dos medios informáticos necesarios que poderán utilizar os usuarios da mesma. A biblioteca estará aberta de luns a venres de 17,30 a 19,00h. Os cambios que puideran darse ao largo do curso anunciaranse na plataforma educ@mos ou na web do colexio. SERVIZO SANITARIO DO SEGURO ESCOLAR Todos os alumnos e alumnas do Centro dispoñen dunha póliza de accidentes que cobre calquera accidente que sufran dentro do recinto colexial no horario escolar, ou nos traxectos de ida e volta ao mesmo. A asistencia médica é prestada por Salud 4-Mapfre, Rúa Fernando Macías, 31 Só se precisa presentar o parte de accidentes que hai que solicitar na Secretaría do Centro.

SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN

O seguimento e avaliación desta programación, así como dos plans e actividades, realizarase trimestralmente no claustro e nas reunións do profesorado implicado. A finais do curso elaboraranse as memorias avaliativas.

Page 22: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

21

Curso 2019-2020

SETEMBRO 2019

1 D

2 L Exames extraordinarios para ESO-BTO 10,00h Claustro xeral: presentación PXA 12,00h Reunión EI-EP

3 M Exames extraordinarios para ESO-BTO 13,00 h Reunión coordinadores equipos. 16,00 Reunión equipo pastoral 17,00 h Reunión familias viaxe UK 1º-2º ESO

4 Mc Exames extraordinarios para ESO-BTO 10,00h Reunión equipos

5 X 9,00h Reunión avaliación 1ºBTO-ESO 16,00h-18,00h Entrega de notas. Atención a pais. 17,00h Reunión familias viaxe UK 3º-4º ESO 18,00h Reunión familias alumnos de 3 anos.

6 V 9,30h Claustro: Aprobación PXA. 12,00h-13,30h ESO 1ºBTO Atención a pais.

7 S (7-21) Viaxe Reino Unido 3º-4ºESO 8 D (8-22) Viaxe Reino Unido 1º-2º ESO 9 L 9,30h Profesorado: formación en avaliación (Charo Fdez)

18,00h Entrega de chromebooks 6ºEP 10 M 9,30h Reunión profesores. Preparación aulas EI-EP 11 Mc INICIO DE CURSO EI-EP

9,30h-Reunión profesores ESO-BTO 12 X 9,30h Reunión profesores ESO-BTO

18,00h Entrega de chromebooks 1ºESO 13 V 9,30h Reunión profesores ESO-BTO

Inauguración do curso EP Reunión de Directores Xerais do grupo ESCI (León)

14 S Curso de Avaliación auténtica na aula 15 D

16 L INICIO DE CURSO ESO-BTO 17 M 16.00 h Reunión etapa EI 18 Mc 16,00h Formación de profesorado. Etapas 19 X

20 V Reunión xefes de estudo de Galicia 21 S

22 D

23 L Presentación do IEF 24 M Remate período de adaptación de infantil 25 Mc 16,00h Formación de profesorado: equipos

18,00h Reunión con familias de ESO-BTO. 26 X Coordinadores de Pastoral: Noroeste 27 V Inauguración curso EI 28 S Xornada profesores Infantil (Lugo) 29 D

30 L Comisión inspectorial de Escolas (Madrid)

CALENDARIO ESCOLAR VIII

Page 23: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

22

OUTUBRO 2019 1 M INICIO DE CLASES POLA TARDE. INICIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2 Mc (2-4) Camiño de Santiago 3º ESO

16,00h Avaliación inicial 2ºBTO 3 X Visita coordinador inspectorial de calidade

17,35h Reunión consello escolar 18,30 h Reunión familias EI

4 V Reunión orientadores (Lugo) 5 S Xornada presencial formación “Entre profes” (Madrid) 6 D

7 L

8 M 16,00h Avaliación inicial 1º, 2º, 3º ESO 9 Mc 17,35h Avaliación inicial 4ºESO, 1ºBTO

18,30 h Reunión familias EP 10 X

11 V

12 S DÍA DO PILAR (Festivo) 13 D

14 L (14-15) Convivencias 2ºBTO (Camiño de Santiago) Reunión directores de colexio (Valladolid) (14-18)Formación inicial directivos I

15 M

16 Mc INICIO CAMPAÑA DO DOMUND (16 - 30) (16-17) Convivencias 2º ESO

17 X Curso Rutinas Pensamento EECC 18 V Reunión ESCI (Lugo) 19 S Inicio actividades grupos do IEF 20 D Domingo Domund 21 L (21-25) Recuperación alumnos con materias pendentes 22 M (22-24) Visita inspectorial 23 Mc 17,35h Reunión de formación do profesorado: aulaplaneta 24 X

25 V

26 S Xornada presencial cursos expertos online: ABP, cooperativo, avaliación (León) 27 D

28 L Inicio cursos de expertos online 16,00h Equipo directivo 29 M

30 Mc Magosto solidario - Samaín 31 X DÍA DO ENSINO – NON LECTIVO

NOVEMBRO 2019 1 V TODOS OS SANTOS (Festivo) 2 S

3 D

4 L

5 M

6 Mc 17,35h Claustro: Acompañamento pastoral 7 X (7-8) Convivencias 6º EP - Cambados 8 V (8-9) Fin de semana profesores recente incorporación (León) 9 S

10 D

11 L 16,00h Equipo directivo – Xunta directiva da ANPA 12 M 18,45h Reunión familias viaxe UK (6ºEP-1ºESO) 13 Mc Xornada Microsoft Educación

10,00h 4ºESO Coloquio no Ágora con Xurxo Souto 14 X Foto recordo escolar

(14-18) XV Congreso EC: #Magister 17,00h Formación Chromebook familias 1ºESO

Page 24: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

23

15 V

16 S

17 D

18 L Convivencias 1ºA ESO 19 M Convivencias 1ºB ESO Día universal da infancia 20 Mc Remate 1ª avaliación 2º BTO

11.30 h 6º EP: Pleno Infantil 21 X (21-22) PIE equipos innovación

17,00h Formación Chromebook familias 6ºEP 22 V (22-24) Campobosco e donbosco.contigo 23 S

24 D

25 L Inicio campaña de advento EI – EP Día internacional contra a violencia de xénero (25 - 29) Celebracións advento ESO - BTO

26 M 9,30h-11,30h 3ºESO Robótica Fundación Barrié 16,00h Sesión 1º avaliación 2º BTO

27 Mc Entrega de notas 1ª avaliación 2º BTO 17,35h Reunión de formación do profesorado: Aulaplaneta Equipo asesor innovación (Madrid)

28 X 28-29: PIE equipos innovación 12,00h-14,00h 2ºESO Robótica Fundación Barrié 19,00h Asemblea xeral ANPA

29 V

30 S

DECEMBRO 2019 1 D

2 L 16,00h Equipo directivo 3-10) Conmemoración Estatuto e Constitución Día internacional persoas con discapacidade

3 M 4 Mc 5 X

6 V CONSTITUCIÓN-FESTIVO 7 S

8 D A INMACULADA – FESTIVO 9 L (9-20) CAMPAÑA OPERACIÓN QUILO Día da declaración universal dos dereitos humanos

10 M

11 Mc

12 X

13 V Remate 1ª avaliación EP-ESO-1ºBTO 14 S

15 D

16 L 17 M 18 Mc Entrega de notas ESO-1º BTO

17,35h Claustro xeral avaliación 1º trimestre 19 X

20 V Xesto Colexial Operación Quilo Entrega de notas EI-EP

21 S COMEZO VACACIÓNS DE NADAL 22 D

23 L

24 M

25 Mc NADAL 26 X

27 V

Page 25: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

24

28 S

29 D

30 L

31 M

Paxe real XANEIRO 2020 1 Mc

2 X

3 V

4 S

5 D

6 L

7 M

8 Mc INICIO DAS CLASES 9 X

10 V 10.00 h Obradoiro Consumo 5 anos EI 11 S

12 D

13 L (13-17) Recuperacións alumnos con materias pendentes 14 M

15 Mc 17,35h Reunión de profesorado: 16 X

17 V

18 S Xuntanza de catecumenado 19 D

20 L 16,00h Equipo directivo 21 M 10,15h Concerto para 2º e 3º ESO La batalla 22 Mc 17,35h Reunión de profesorado: 23 X 24 V 10.00 h Obradoiro consumo 4 anos EI

11,00h Teatro en francés 3º-4ºESO “Quasimodo” 25 S Día do carisma 26 D

27 L 16,00h Equipo directivo 28 M

29 Mc Entrega premios certame literario AA.AA. 30 X Xesto escolar da Paz 31 V SAN XOÁN BOSCO FEBREIRO 2020 1 S

2 D

3 L Comisión inspectorial de Escolas (Madrid) 4 M

5 Mc (5-19) CAMPAÑA MANS UNIDAS 6 X (6-7) Xornadas de actualización para profesores (León)

Coordinadores de pastoral zona noroeste 7 V Reunión de directores de Galicia (Santiago)

8 S

9 D

10 L (10-14) Formación inicial directivos I Remate cursos expertos online 16,00h Equipo directivo – Xunta da ANPA

11 M

12 Mc (12-13) Xornada de protección de menores Remate 2ª avaliación 2º BTO Bocata .- biscoito solidario

Page 26: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

25

13 X

14 V

15 S

16 D Comeza Capítulo Xeral 28 SDB (Turín) 17 L

18 M 16,00h Sesión 2ª avaliación 2º BTO 19 Mc Entrega notas 2ºBTO

(19-20) Convivencias 4º ESO 20 X 10,00h Ensaio xeral OSG 3ºESO 21 V

22 S

23 D

24 L Luns de entroido 25 M Martes de entroido 26 Mc Mércores de cinza

VI Xornada de comunicación 27 X (27-28) Convivencias 1º BTO 28 V 28-29 Formación EE.DD. (León) 29 S

Saída Neve 2º ESO - Saída Manzaneda 5º EP Test 4º ESO - Xornadas de portas abertas MARZO 2020 1 D

2 L (2-20) Inicio período de admisión alumnos novos Celebracións da reconciliación ESO - BTO.

3 M

4 Mc

5 X (5-6) Seminario de innovación pastoral 6 V Xornada de innovación Día internacional da muller 7 S

8 D

9 L (11-15) Semana da prensa 10 M

11 Mc

12 X

13 V Día mundial dos dereitos do consumidor 14 S (14-15) Convivencias cristiás de Educadores 15 D

16 L 16,00h Equipo directivo 17 M

18 Mc Remate 2ª avaliación ESO-1ºBTO 19 X Festivo autonómico (San Xosé) 20 V Petición día non lectivo 21 S

22 D

23 L (23-3 abril) Campaña vocacional e profesional ESO - BACH 24 M 16,00h Sesión avaliación 1º, 2º, 3º ESO 25 Mc 17,35h Sesión avaliación 4ºESO-1ºBTO 26 X Entrega de notas ESO-1ºBTO 27 V

28 S Gala intercentros 29 D

30 L 16,00h Equipo directivo – Xunta da ANPA 31 M

1ºBTO Viaxe cultural a Italia

Page 27: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

26

ABRIL 2020 1 Mc

2 X

3 V

4 S INICIO VACACIÓNS SEMANA SANTA Clausura Capítulo Xeral 28 SDB (Turín) 5 D

6 L

7 M

8 Mc Día mundial da saúde

9 X Pascuas xuvenís 10 V

11 S

12 D

13 L

14 M INICIO DAS CLASES 15 Mc

16 X 10.00 h Visita GADIS 3 anos EI 17 V Reunión coordinadores ESCI (León) 18 S

19 D

20 L (20-24)Formación inicial directivos I (20-24) semana do libro (20-24) Recuperacións de alumnos con materias pendentes Comisión inspectorial de escolas

21 M 10.00 Visita Gadis 4 anos EI. 22 Mc

23 X 10.00 Visita Gadis 5 anos EI. 24 V

25 S (25-30) EE EE para profesores en Valdocco (25-26) Pascua de adolescentes

26 D

27 L (27 abril - 21 de maio) Campaña da familia EP 28 M

29 Mc 17,35h Reunión de formación do profesorado: 30 X Petición día non lectivo MAIO 2020 1 V Día do traballo (Festivo) 2 S Festa inspectorial (Pamplona) Día internacional contra o acoso escolar 3 D

4 L Reunión directores de colexios (4-5) Coordinadores xerais de pastoral: avaliación e programación (4-8) SEMANA SOLIDARIA DA OBRA

5 M

6 Mc

7 X

8 V Reunión de orientadores (Lugo) 9 S Encontro inspectorial grupos do IEF Día de Europa

Ciencia na rúa 10 D 11 L Semana das letras galegas 12 M

13 Mc

14 X

15 V

16 S

17 D Día das letras galegas 18 L

Page 28: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

27

19 M

20 Mc

21 X

22 V Celebración escolar MªAuxiliadora Festa da familia

23 S

24 D MARÍA AUXILIADORA 25 L Semana de clausura de actividades extraescolares

16,00h Equipo directivo 26 M

27 Mc 17,35h Reunión de formación do profesorado: avaliación de alumnos con materias pendentes 28 X

29 V Reunión xefes de estudo de Galicia (SDC) 30 S

31 D

Finais 2º BTO - Despedida 2º BTO XUÑO 2020 1 L INICIO CLASES DE MAÑÁ

2 M

3 Mc 16,00h Reunión de formación do profesorado: 4 X

5 V Día mundial do Medio ambiente 6 S Remate actividades IEF 7 D

8 L 16,00h Equipo directivo 9 M

10 Mc Remate 3ª avaliación ESO-1ºBTO: publicación de notas en Educ@mos ás 20,00h 11 X Consello Escolar 12 V Remate 3ª avaliación EI - EP 13 S

14 D

15 L Inicio exames finais ESO-BTO 16 M

17 Mc

18 X

19 V Excursións final de curso ESO REMATAN AS CLASES

20 S (20-30) Matrícula alumnos novos EI-EP 21 D

22 L Avaliación final ESO-BTO 23 M

24 Mc San Xoán. Festivo autonómico. 25 X (25-10) Matrícula alumnos novos ESO-BTO 26 V

27 S

28 D

29 L (29-3) Semana de profesores novos en León 30 M Claustro final de curso ABAU

Page 29: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

28

NORMAS DE CONVIVENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Para favorecer un bo clima de convivencia e facilitar a organización do día a día, dámosvos a coñecer as normas do centro para a etapa de Infantil:

⇒ É un bo sinal, para empezar o día con xeito, saudar ás persoas que van compartir con nós a xornada. ⇒ En todo momento debemos ser respectuosos con todos os membros da Comunidade Educativa (compañeiros, profesorado, persoal de administración e servizo, animadores, monitores, familias…) e non teremos con eles ningunha falta de consideración ou respecto coas nosas actitudes, palabras ou xestos.

ASISTENCIA E PUNTUALIDADE • O primeiro deber dun alumno/a e asistir á clase con puntualidade e cumprir e

respectar os horarios. • A aplicación do proceso de avaliación continua do alumnado require a súa asistencia

regular ás clases e actividades programadas para as distintas áreas que constitúen o plan de estudos.

• A mestras levarán un rexistro diario das faltas de asistencia dos alumnos e alumnas da súa clase, esixindo a súa xustificación por parte dos seus país de maneira inmediata. Nos boletíns de cualificacións farase constar o número de faltas, xustificadas e non xustificadas.

• Naqueles casos en que as faltas inxustificadas teñan carácter reiterado, a comunicación ás familias farase nun primeiro momento a través da titora, de persistir o problema a dirección do centro poñerá en coñecemento da inspección de educación.

• A xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado realizarase ante as titoras por parte da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado. Nun primeiro momento informarase mediante chamada telefónica a portería ou mensaxe pola plataforma. Posteriormente deberá presentarse nota escrita acompañada de xustificante.

Por isto: � Acudimos ás clases con puntualidade. � É retraso chegar con máis de 5 minutos de diferenza con respecto á hora de entrada. � Os alumnos e alumnas que cheguen con retraso dirixiranse á portería e cubrirán o

rexistro de retrasos, una vez cuberto o rexistro, persoal do centro levará ao alumno/a á súa aula.

� En caso de ausencia ou retraso causado por enfermidades ou visita médica deberase presentar xustificante médico.

� No momento de espera para a entrada, cada neno/a ten que estar acompañado por

ANEXO: NORMAS DE CONVIVENCIA POR ETAPAS IX

Page 30: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

29

un adulto ata que toque a serea. O adulto responsabilizarase de calquera incidencia que se produza nese intre, favorecendo un clima de respecto.

� Ao principio de cada curso entregaráselle aos país o documento que autoriza a outras persoas a recoller aos seus fillos/as. Só se entregará os nenos/as ás persoas autorizadas. No caso de ter que autorizar puntualmente a alguén máis, deberase entregar una autorización facendo constar o nome e o DNI da persoa autorizada e dos país ou titores.

� Una vez rematadas as actividades lectivas non está permitido o acceso ao edificio de infantil para facilitar as labores de limpeza e o mellor desenvolvemento das actividades extraescolares.

� As mestras permanecerán nas filas ata que toque a serea, a partires dese intre os nenos/as recolleranse na portería e cubrirán o rexistro de retraso.

DURANTE A XORNADA LECTIVA • Para facilitar a autonomía dos nenos e nenas nos percheiros a roupa terá que estar

marcada co seu nome e cunha cinta para colgar de 10 cm aproximadamente. • No caso de olvido da roupa ou outras pertenzas sen marcar levaranse a portería, a

obxectos perdidos. • A roupa deberá ser cómoda evitando cinturóns, bodis, tirantes. • Para as merendas, mochilas pequenas sen rodas, marcadas co nome por fora e cun

botellín de auga tamén marcado. • Recomendámosvos que para o almorzo de media mañá traiades froita ou alimentos

saudables. Para facilitar a autonomía dos nenos, sería convinte que veña nun envase co nome e cortado debidamente.

• Todos os nenos deberán ter una muda na aula (muda completa + calzado). Para facilitar a orde no percheiro a bolsa da muda deberá ser de tela e marcada co nome.

• Os nenos e nenas das aulas de 3 anos que queden a comedor, precisarán dúas bolsas de muda completas (unha muda para aula e outra para comedor).

• Non está permitido traer xoguetes nen calquera outro obxecto que poida distraer a atención dos nenos/as. No caso de que apareza algún destes obxectos, serán retirados e devoltos ás familias.

• Por seguridade todos os nenos que participen nas diferentes saídas, farano dende o colexio, non se deixará incorporar ás saídas a aqueles nenos/as que cheguen tarde. Estes nenos/as serán debidamente atendidos no colexio polas mestras do outros grupos.

• É necesario o coidado das instalacións. A familia dos nenos/as que causen danos materiais de forma intencionada e reiterada deberán asumir a medida reparadora que decida o centro.

• No patio temos diferentes contedores para reciclaxe de residuos, agradeceríamos que no tempo que os vosos fillos están convosco fixerades un bo uso dos mesmos.

• Non está permitido o uso de patinetes, bicicletas no recinto escolar. É preciso que todos nos esforcemos en cumprir coa normativa.

• No momento das entradas os nenos/as, iranse colocando na fila respectando a orde de chegada.

Page 31: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

30

COMUNICACIÓNS COAS TITORAS

• Para evitar a perda da información, os imprevistos e avisos que poidan xurdir ao inicio da xornada entregaránselle por escrito ás mestras.

• Seguiremos utilizando a plataforma educ@mos como medio habitual de comunicación entre o centro e as familias, sen detrimento do contacto directo que consideramos fundamental. Invitámosvos a facer uso da plataforma con frecuencia.

• Se algún neno/a padecese algunha enfermidade infecto-contaxiosa poñerase de inmediato en contacto co centro e absterase de acudir ao mesmo ata que desapareza.

Non está permitido fotografar ou gravar imaxes ou sons no recinto colexial (patio incluído) sen autorización previa.

NORMAS DE CONVIVENCIA EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Para favorecer un bo clima de convivencia e facilitar a organización do día a día, dámosvos a coñecer as normas do centro PARA A ETAPA DE PRIMARIA:

• É un bo sinal, para empezar o día con xeito, saudar ás persoas que van compartir con nós a xornada.

• En todo momento debemos ser respectuosos con todos os membros da Comunidade Educativa (compañeiros, profesorado, persoal de administración e servizo, animadores, adestradores, familias...) e non teremos con eles ningunha falta de consideración ou respecto coas nosas actitudes, palabras ou xestos.

DURANTE A XORNADA LECTIVA • Os alumnos e profesores deben asistir puntualmente ao colexio, segundo o

horario establecido. • Nas entradas, os rapaces de 1º e 2º antes de subir ás aulas xuntámonos co grupo

de clase no patio e mantemos a orde que nos indica o titor/a. Os alumnos estarán acompañados en todo momento polo mestre/a correspondente. Os alumnos de 3º, 4º, 5º, 6º subirán sós as súas respectivas aulas onde esperan os mestres correspondentes, deberán subir con tranquilidade e sen berros, facendo das escaleiras e corredores lugares tranquilos e de respecto.

• Para evitar a pérdida de información os imprevistos e avisos que poidan xurdir ao inicio da xornada entregaránselle por escrito ás mestras ou por medio da plataforma se é posible.

• Seguiremos utilizando, a plataforma EDUCAMOS como medio habitual de comunicación entre o centro e as familias, sen detrimento do contacto directo que consideramos fundamental.

• Nos desprazamentos os alumnos irán detrás do mestre/a, evitando xogar e berrar, especialmente nas escaleiras e preto das aulas, para non molestar e previr accidentes.

• Coidamos as instalacións e mobiliario das dependencias do centro. • Ao remate da xornada escolar deixamos as aulas aireadas, os pupitres e cadeiras

ben colocados. Así facilitamos o traballo do persoal de limpeza, e contribuímos a ter unha aula ben presentada.

Page 32: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

31

• Os alumnos de 1º e 2º baixarán cos/as mestres en fila e serán entregados aos familiares autorizados para recollelos e non permitirán que ningunha outra persoa non autorizada no rexistro de recollidas asuma esa función salvo aviso previo.

• De 3º a 6º de PRIMARIA serán os propios alumnos os que se dirixan as persoas encargadas de vilas recoller, salvo que o responsable do neno ou nena manifestara por escrito quen pode recoller ao alumno exclusivamente.

• Os alumnos non poderán subir ás aulas ao remate da xornada escolar. Acostúmate a ser responsable e a traer e levar o que precises.

• É moi importante para a boa convivencia diaria o coidar a limpeza e orde nos aseos (que debemos utilizar da maneira máis hixiénica).

• A Igrexa é un lugar de oración, débese manter sempre unha actitude respectuosa e participativa durante as celebracións.

• O teatro, é un lugar para encontros colexiais. Nel hai que gardar a compostura que pide o acto que se celebre, polo que evitamos comportamentos pouco axeitados como dar voces, asubiar…E sempre, iso sí, aplaudir aos que se esforzaron para facernos pasar un momento agradable.

• Aqueles alumnos ou alumnas que causen danos materiais de forma intencionada ou reiterada deberán asumir a medida reparadora que decida o centro.

NO PATIO • Durante o recreo, as aulas quedarán pechadas e ningún neno/a permanecerá

nelas agás casos excepcionais. • No patio temos diferentes contedores para reciclaxe de residuos,

agradeceríamos que todos fixeramos un bo uso dos mesmos. • Para previr accidentes, lembremos que non está permitido e debemos evitar o

uso de patinetes e bicicletas no recinto escolar.

NAS CLASES E NOS MOVEMENTOS POLO COLEXIO • Tan pronto como entramos na aula dispoñémonos rapidamente para comezar a

clase. • Comezamos a xornada cos Bos Días. É un momento para reflexionar, serenarse

e comezar o día con bo pé. Escoitamos en silencio e respondemos cando nos indiquen; non temos nada enriba do pupitre.

• Se temos que acudir a outra aula para a seguinte sesión esperamos sempre ao profesor da materia. Facemos os nosos desprazamentos con orde, procurando camiñar con axilidade e en silencio para non entorpecer o traballo doutros grupos, e sempre acompañados polo profesor correspondente.

ASISTENCIA E PUNTUALIDADE • É un deber asistir a clase con puntualidade e cumprir e respectar os horarios. • Considérase falta de asistencia a clase a non presenza dun alumno ou dunha

alumna nunha sesión completa de clase. As faltas de asistencia non debidamente xustificadas serán as que computen para a cualificación do posible absentismo.

• A aplicación do proceso de avaliación continua do alumnado require a súa asistencia regular ás clases e actividades programadas para as distintas áreas que constitúen o plan de estudos. A falta de asistencia a clase ou de puntualidade de forma reiterada pode provocar a imposibilidade da aplicación dos criterios de avaliación e a propia avaliación continua.

Page 33: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

32

• Os mestres e titores levarán un rexistro diario das faltas de asistencia dos alumnos da súa clase, esixindo a súa xustificación por parte dos seus pais de maneira inmediata. Nos boletíns de cualificacións farase constar o número de faltas.

• Naqueles casos en que as faltas inxustificadas teñan carácter reiterado, a comunicación ás familias farase nun primeiro momento a través do titor/a, de persistir o problema a dirección do centro poñerao en coñecemento da inspección educacativa.

XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIAS: • Protocolo para a prevención e control do absentismo escolar promulgado pola

Consellería de Educación define con carácter xeral de xustificable as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado:

� Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.

� Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao. � Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.

� Indisposición, podendo ser xustificables ata un máximo de dous días lectivos (despois de pasado este tempo é necesario o xustificante médico).

� Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.

• No caso de faltas de asistencia a clase non contempladas no apartado anterior, quedará a criterio da dirección do Centro a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa xustificación ou non. En todo caso, deberá garantirse o dereito á escolarización do alumnado.

• A xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado realizarase ante o profesorado titor por parte da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado. Informarase inicialmente mediante mensaxe pola plataforma ou chamada telefónica a portería. Posteriormente deberá xustificarse na plataforma e entregar xustificante médico de ser necesario. Non está permitido fotografar ou gravar imaxes ou sons no recinto colexial (patio incluído) sen autorización previa.

NORMAS DE CONVIVENCIA EN ESO E BACHARELATO

RESPECTO CARA AOS MEMBROS DA COMUNIDADE

1. É un bo sinal, para empeza-lo día con xeito, saudar ás persoas que van compartir con nós a xornada.

2. En todo momento debemos ser respectuosos con todos os membros da Comunidade Educativa (compañeiros, profesorado, persoal de servizo e administración, animadores, monitores, adestradores, familias...) e non teremos con eles ningunha falta de consideración ou respecto coa nosa actitude, palabra, xesto ou a través de calquera canle de comunicación tecnolóxica.

3. Respectamos os locais de uso colexial e coidamos os materiais que están á nosa disposición. Ao remate da xornada escolar as aulas deben quedar aireadas, o encerado borrado e os pupitres e cadeiras ben colocados. Con todos estes detalles

Page 34: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

33

facilitamos o traballo do persoal de limpeza, e contribuímos a ter unha aula nas mellores condicións.

4. Tamén é algo moi importante para a boa convivencia diaria o coida-la limpeza e orde nos aseos (que debemos procurar utilizar da maneira máis hixiénica), lembrando que os que están nos corredores das aulas son só para uso extraordinario e normalmente usamos os do patio.

5. Imos ter en conta que a lexislación vixente, (Lei 42/2010 de 30 de decembro) por motivos de saúde e convivencia grupal, non permite fumar dentro do recinto escolar. Pensemos tamén na saúde e benestar dos mais pequenos e pequenas. Calquera substancia perxudicial para a saúde será retirada polo profesorado.

6. A recomendación do centro é non traer móbiles ao colexio. Dentro do recinto escolar está prohibido o seu uso, agás para tarefas indicadas por un profesor. Calquera móbil que se estea utilizando será retirado e entrégase a xefatura de estudos e terán que vir os pais/titores legais recollelo.O alumno/a infractor será sancionado con ata tres días de perda do dereito de asistencia ao centro. Calquera reiteración desta falta será considerada falta grave, con apertura de expediente e comunicación a inspección educativa, ademais da imposición da sanción correspondente.

7. Aqueles alumnos que causen danos materiais de forma intencionada ou reiterada deberán asumir a medida reparadora que decida o centro.

DURANTE OS RECREOS a) Todos os alumnos e alumnas estamos sempre no patio ou no bar nos momentos de

recreo. Non quedamos na clase nin nos corredores ou escaleiras: o recreo é un tempo no que precisamos descansar e tomar azos para o resto da mañá.

b) En cumprimento da normativa legal vixente permanecemos no recinto colexial durante o horario lectivo e non saímos á rúa.

c) Estamos atentos a chegar con tempo suficiente á clase á volta do recreo. d) Empregamos as papeleiras do patio para depositar o lixo e contribuír así á limpeza e

conservación do noso entorno. e) Baixamos e subimos normalmente polas escaleiras que nos corresponden e non

polas de primaria.

DURANTE AS CLASES, NOS INTERCAMBIOS E NOS MOVEMENTOS POLO COLEXIO 1. Comezamos a xornada co momento dos Bos Días. Escoitamos en silencio e

respondemos cando nos indiquen; non temos nada enriba do pupitre. É un momento para reflexionar e serenarse para comezar a xornada con bo pé.

2. Tan pronto como o profesor/a entra na aula dispoñémonos rapidamente para comezar a clase.

3. Tanto na clase coma nos intercambios non comemos nin bebemos (gomas de mascar, caramelos, pipas, etc.).

4. Durante as clases e nos intercambios non podemos deixar o noso grupo e ir por conta e decisión propia a outro lugar do colexio (portería, secretaría ou algunha outra aula ou instalación). Só podemos facelo con permiso explícito ou seguindo a indicación concreta do profesor da materia correspondente. Pedimos permiso ao profesor que entra e non ao que sae.

5. Se temos que acudir a outra aula para a seguinte sesión esperamos sempre ao profesor da materia. Facemos os nosos desprazamentos polo colexio (corredores, escaleiras...) con orde, con axilidade e en silencio para non entorpecer o traballo doutros grupos, e sempre acompañados polo profesor correspondente.

Page 35: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

34

6. Mantemos a aula e corredores limpos e en orde: empregamos as papeleiras e as caixas de reciclaxe e non escribimos ou raiamos nos pupitres, andeis, paredes...

7. Asistimos á clase con roupa axeitada e coidamos o noso aseo persoal. Non está permitido traer a cabeza cuberta no recinto escolar, agás no patio.

8. Comportámonos axeitadamente en cada ocasión, distinguindo os lugares e momentos: Igrexa, patio, ximnasio, salón de actos...

ASISTENCIA E PUNTUALIDADE NO COLEXIO 1. Acudimos ás clases e aos actos organizados no Colexio con puntualidade. A

asistencia é obrigatoria. 2. Durante a xornada escolar todos os alumnos deben permanecer no Colexio. Se

alguén ten que deixar o Colexio durante a xornada escolar deberá presentar autorización familiar ao profesor da clase que corresponda, ou chamar por teléfono á casa dende portería se se atopa mal. O profesor firmará un pase de saída que haberá que deixar en portería.

3. Atrasos: Os alumnos que acumulen un número considerable de atrasos serán atendidos pola Xefatura de Estudos que imporá se é preciso a sanción correspondente.

4. Ausencias: Considérase falta de asistencia a clase ou ausencia ao centro escolar a non presenza dun alumno ou dunha alumna nunha sesión completa de clase. As faltas de asistencia non debidamente xustificadas serán as que computen para a calificación do posible absentismo.

5. Seguirase o establecido polo Protocolo para a prevención e control do absentismo escolar en Galicia promulgado pola Consellería de Educación que define con carácter xeral de xustificable as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado: a) Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.

b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao. c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.

d) Indisposición, podendo ser xustificables ata un máximo de dous días lectivos. e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica. No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no apartado anterior, quedará a criterio da dirección do Centro a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa xustificación ou non. En todo caso, deberá garantirse o dereito á escolarización do alumnado.

6. Xustificación de ausencias: A xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado realizarase ante o profesorado titor por parte da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado. Nun primeiro momento informarase mediante chamada telefónica a portería ou mensaxe pola plataforma. Posteriormente deberá presentarse nota escrita acompañada, segundo proceda, de: a) Xustificante médico, no caso de enfermidade propia ou grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.

b) Documento acreditativo, no caso de deberes inescusables, presentación a exames ou morte de familiares de primeiro ou segundo graos.

c) Calquera outro documento acreditativo da circunstancia que xustifique a ausencia.

7. Se faltamos a algunha sesión anterior a un exame importante fixado (parcial ou de avaliación, por exemplo), non podemos examinarnos nese día e debemos preguntar ao profesor/a da materia en que momento o realizaremos.

Page 36: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

35

8. Calquera exame feito nestas circunstancias será anulado. 9. Por “sesión anterior” enténdese tamén as dúas sesións do mércores pola tarde. 10. Caso excepcional será a presentación dun xustificante de cita médica ao profesor/a,

que deberá ser informado con anterioridade ao día do exame desta circunstancia. 11. No artigo 152 do RRI dise que o centro establecerá o número máximo de faltas de

asistencia por materia a efectos do proceso de avaliación continua. De acordo con isto e segundo o artigo 44.2 do RD 732/1995 do 5 de maio, establécese que un alumno ou alumna con tres apercibimentos por faltas de asistencia a clase nunha materia non poderá ser avaliado cos criterios xerais de avaliación establecidos, nin mediante unha avaliación continua, debendo avaliarse o seu rendemento mediante unha proba extraordinaria que se celebrará no mes de xuño.

12. O número de faltas de asistencia non xustificadas que dará lugar a un apercibimento por escrito, serán:

▪ catro faltas en materias de dúas sesións semanais; ▪ seis faltas en materias de tres sesións semanais; ▪ oito faltas en materias de catro sesións semanais; ▪ dezaoito faltas en todas as materias.

13. Non está permitido utilizar teléfonos móbiles na xornada escolar, nin fotografar ou

gravar imaxes ou sons no recinto colexial (patio incluído) sen autorización previa. Os dispositivos atopados (teléfonos, ipads…) serán retirados e custodiados na Xefatura de Estudos.

Page 37: PXA Familias 2019-20 · Dende o curso 2016/2017 ofertamos aos alumnos de 3º e 4º da ESO a posibilidade de simultanear o bacharelato americano e o español para rematar tendo a doble

36

CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco

Rúa Hospital, 14

15003 A CORUÑA

Tlf.981 203 550 / Fax 981 220 901

www.salesianoscoruna.es

[email protected]