prueba

73
1 Os Músicos do Val Miñor Obra de teatro musical

description

prueba del libro

Transcript of prueba

Page 1: prueba

1

Os Músicos do Val MiñorObra de teatro musical

Page 2: prueba

2

Page 3: prueba

Os Músicos do Val MiñorObra de teatro musical

Autora: Paula Carreras SilvaIlustracións: David Carreras Silva

Page 4: prueba

4

Os Músicos do Val Miñor foi un proxecto levado a cabo durante o curso académico 2010/11, por máis de 70 alumnos/as, entre músicos e actores, de ESO e 1º de Bacharelato do IES Escolas Proval, e alumnos/as do Centro de Educación Especial Juan María. Ámbolos dous Centros pertencen ao Concello de Nigrán (Pontevedra)

A finalidade deste proxecto foi a inclusión social, a través do desenvolvemento de forma integral das capacidades creativas do alumnado por medio da música, da literatura, do teatro, da plástica e da danza.

A obra foi o resultado final, pero o máis importante foi o proceso levado a cabo. Conseguiuse evidenciar a ruptura de moitos prexuízos sociais en torno á discapacidade e ás opinións negativas cara a xuventude. Púxose de manifesto as posibilidades deste colectivo cando conta cos medios e a formación adecuada.

O IES Escolas Proval foi inaugurado no ano 1915 pola Sociedade Unión Hispano-Americana Valle Miñor Actualmente se imparten as seguintes ensinanzas ESO, Bacharelatos (modalidades Humanidades e Ciencias Sociais, Ciencias e Tecnoloxía) Ciclos Formativos de grao medio e superior de Administración e Electrónica, ESA (Educación Secundaria de Adultos), PCPI (Programas de

Prólogo

Page 5: prueba

5

Cualificación Profesional Inicial) ademais dunha extensión da EOI (Escola Oficial de Idiomas) de Vigo. O Centro de Educación Especial Juan María pertence á Asociación A Esperanza do Val Miñor

(entidade sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública dende o 25 de outubro de 1986) e ten como misión mellorar a calidade de vida das Persoas con Discapacidade Intelectual e as súas familias, cubrindo as súas necesidades e expectativas a través dunha xestión e uns servizos de calidade. A Asociación conta con tres centros: Educativo, Ocupacional e de Día.

Os Músicos do Val Miñor é unha obra de teatro musical escrita e composta por Paula Carreras Silva, profesora de música do IES Escolas Proval. A música é totalmente orixinal e o texto está inspirado no conto dos irmáns Grimm Os Músicos de Bremen.

A posta en escena, vestiario e decorados, foron creados no C.E.E. Juan María. O texto reflicte a ansia de superación de 6 animais que se revelan contra o seu destino, superando as

súas discapacidades ou enfrontándose as normas sociais para buscar unha nova vida. Cada animal está representado por unha peza musical e un instrumento solista que o identifica. A

música está interpretada por un grupo orquestral formado por trombón, clarinete, gaita, violín, piano, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, frautas doces, xilófonos, metalófonos, batería, tempel block, pandeireta, carraca, campá e obxectos sonoros como caldeiros, martelos e chifres.

A obra Os Músicos do Val Miñor foi representada en diferentes escenarios do contorno, nos concellos de Nigrán, Gondomar, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela co obxectivo de compartir a experiencia coas familias, outros Centros Educativos, Asociacións e a Universidade. Foi difundida polos medios de comunicación Radio, Prensa e Televisión con gran éxito de crítica.

Este proxecto foi premiado cun dos premios CreArte 2011 convocados polo Ministerio de Cultura para o fomento da creatividade na modalidade de Educación Especial.

Page 6: prueba

6

Page 7: prueba

7

Os Músicos do Val Miñor

Page 8: prueba

8

Despuntaba un novo día e o quiquiriquí do galo dicíalles a todos: espertade, espertade! 2Aínda o sol non mostrara o seu cálido sorriso cando todos se debían erguer na granxa de Peluchiño.

Porque si, era a súa granxa, levaba vivindo nela… cantos anos? Pois, moitos anos!A frescura da mañá traía gratos recordos a Peluchiño e sentía ganas de espertar como cando era

novo para dar unha voltiña polo campo, antes de almorzar.Peluchiño era xa un burro vello ao que lle custaba erguerse cada día. Tantos anos de traballo sen

descanso deixaran o seu corpo gastado e moi, moi canso…

Page 9: prueba

9

Page 10: prueba

10

Pero esa mañá ía ser distinta a todas as mañás, na vida de Peluchiño.

GRANXEIRO.—Vamos arriba Pelucho! Vamos xa, hai que traballar! Lacazán, que es un lacazán!PELUCHIÑO.— Xa vou, xa vou…GRANXEIRO.— Bule, bule! Non serves para nada!PELUCHIÑO.— É que hoxe dóeme o corpo, e estou moi canso.GRANXEIRO.— Xa estou farto de ti, sempre te estás a laiar!PELUCHIÑO.— É a verdade Amo, é que non podo.GRANXEIRO.— Dende hai tempo só fas comer e durmir! Así que se acabou, fóra de aquí

preguiceiro, non penso manter a un inútil!

Page 11: prueba

11

Page 12: prueba

12

O Granxeiro botou a paus ao pobre Peluchiño, quen moi triste e dorido, marchou daquela que fora a súa casa desde que nacera.

Que ía facer agora da súa vida! Pobre Peluchiño, el sempre se dedicara as tarefas do campo. El sempre traballara con moita alegría e agora, sen campo onde traballar, co corpo vello e canso, e o peor de todo, co corazón cheo de tristura polo desprezo do seu Amo, víase perdido e sen rumbo.

Page 13: prueba

13

Page 14: prueba

14

Comezou a andar cara ao sur; alí sempre vai mellor tempo. Os cantos dos paxaros fixeron que esquecera a súa desgraza e pouco a pouco co ritmo dos seus cascos no camiño, empezou a asubiar. 3

14

Page 15: prueba

15

Page 16: prueba

16

Page 17: prueba

17

Si! A el sempre lle gustara moito a música, e tamén bailar! O valse era a súa peza favorita.Si, iría cara ao sur e faríase músico, e aprendería…? O trombón! O seu instrumento preferido. Si, faríase músico! 4

Page 18: prueba

18

Xa levaba un bo anaco andando cando debaixo dun carballo atopou unha galiña. Parecía durmida… Peluchiño achegouse, a galiña abriu os ollos e mirou cara arriba.

PELUCHIÑO.— Ola galiña! Que fas aquí? Como é que non estás nunha granxa?

Page 19: prueba

19

Page 20: prueba

20

CORINA.— É que me escapei, porque a miña Ama ía matarme! Desde hai tempo xa non podo poñer ovos.

Hoxe escoitei que lle dicía ao seu fillo que ían facer o caldo comigo!PELUCHIÑO.— Vaia, vaia, vaia, pois si que estamos bos! A min tamén me botaron fóra da miña

granxa por vello; porque xa non servía para traballar no campo.CORINA.— Por certo, como te chamas? Eu son Corina.PELUCHIÑO.— Pelucho, aínda que sempre me dixeron Peluchiño.CORINA.— Moito gusto, Peluchiño!PELUCHIÑO.— Oes, se non tes onde ir, podes vir comigo? Eu vou cara ao sur. Quero ser músico!CORINA.— Pois moitas grazas! A verdade é que non teño onde ir, e ademais, gústame moito a

música.PELUCHIÑO.— Pois anímate e ven, así faremos un dúo!

Page 21: prueba

21

Page 22: prueba

22

Page 23: prueba

23

CORINA.— E que instrumento podería tocar eu?PELUCHIÑO.— Hummm, que che parecen as maracas?CORINA.— Non sei.PELUCHIÑO.— Ou… o xilófono?CORINA.— Si, o xilófono! Gústame máis! 5

E así, Corina e máis Peluchiño emprenderon xuntos o camiño cara ao sur, para seren músicos.O ceo estaba anubrado. O sol xogaba coas nubes ao “por aquí non pasas”. E así, cando elas

despistadas deixaban un oco, el esparexía os seus cálidos raios aos habitantes do mundo. 6

Page 24: prueba

24

Corina e Peluchiño xa levaban bo treito andando, cando viron correr cara eles, bafexando e con ritmo sincopado, a un galgo esquelético que se lles atravesou no camiño, cortándolles o paso.

Page 25: prueba

25

Page 26: prueba

26

CORINA.— Eh, ti, mira por onde vas! Case nos atropelas!FLACO.— Perdoade quillos! É que me perseguían uns homes cunha escopeta! Querían matarme,

menos mal que conseguín despistalos.CORINA.— E por que querían matarte?FLACO.— Porque estou coxo, mi arma, e xa non sirvo para cazar.PELUCHIÑO.— E como foi?FLACO.— Pois, un día de caza perseguindo un coello, metín a pata nun cepo que ma estragou por

completo. Agora xa non vallo para nada!CORINA.— Que crueldade teñen algúns homes! En canto non lles damos servizo, xa non nos

queren.

Page 27: prueba

27

Page 28: prueba

28

PELUCHIÑO.— E agora que vas facer?FLACO.— Pois non sei.CORINA.— Vente con nós! Imos cara ao sur para sermos músicos! Eu tocarei o xilófono.PELUCHIÑO.— E eu o trombón!FLACO.— Pois claro que vou! Faremos un trío estupendo! Eu tocarei o clarinete, que aínda que

non o creades, seino tocar dende ben cadelo.PELUCHIÑO.— Ai, esquecíame das presentacións. Eu son Peluchiño e ela Corina, e ti?FLACO.— Eu, Flaco.PELUCHIÑO, CORINA e FLACO.— Encantados de coñecérmonos! Ha, ha, ha! 7

Page 29: prueba

29

Page 30: prueba

30

Page 31: prueba

31

Os tres animais moi ilusionados emprenderon xuntos o camiño cara ao sur, a Música estábaos agardando. Ían tan contentos que nin se decataron que as nubes estaban deixando caer pingas doces como de azucre, orballo suave, tenro, que iluminado polo sol, parecía confeti dourado, con escintileos de prata e bronce… Miles e miles de anacos de confeti espallados polas ninfas do bosque, como aceno de ledicia e esperanza. 6

Page 32: prueba

32

Uuuuh, uuuuh, uuuuuuuuuh chucuchucu, chucuchucu, chucuchucu chu uuuh uuuuuuuh De súpeto, o bufido do tren de mercadorías atravesaba o Val rompendo a maxia que envolvía aos nosos amigos na súa marcha. 8

FLACO.— Ozú quillos, mirade alí! O tren, que longo é!CORINA.— Pois si que é longo, si. E que invento este dos homes, verdade?PELUCHIÑO.— Eu sempre quixen viaxar en tren, coñecer outras vilas, outras paisaxes, percorrer

o mundo! Que marabilla!

Page 33: prueba

33

Page 34: prueba

34

FLACO.— Si, si, canta razón tes, meu amigo! Viaxar é o mellor que hai. Eu téñoche viaxado moito!CORINA.— Ah! Si? Conta, conta.

Flaco relatoulles con entusiasmo todos aqueles marabillosos anos nos que ía de caza cos colegas. Aquelas sensacións de camaradería cando uliscaban as presas, e lles daban caza. Aqueles xogos de “a ver quen gaña”. Aquelas carreiras cheas de forza, de ledicia, de ansias liberadas que saían empurradas a toda velocidade polas súas patas e repenicando no chan, compoñían ritmos de xuventude, de vida! Si, aqueles si que eran tempos! Ai! E sobre todo, a riqueza dos aromas que impregnaban os campos, as pedras dos camiños, a terra, o ar… Un prodixio de arrecendos tan distintos dun bosque a outro, como o son o día da noite. Pero, de súpeto…

Page 35: prueba

35

Page 36: prueba

36

PELUCHIÑO.— Mirade, mirade o tren detívose!CORINA.— Si, e parece que baixou alguén.PELUCHIÑO.— Unha vaca? Si, é unha vaca… e como corre!FLACO.— Pero se vén cara a nós!PELUCHIÑO.— Eeeh ti! Señora Vaca! Oes!

Page 37: prueba

37

Page 38: prueba

38

SABELA.— Uf, meu Deus, non podo máis, non podo máis!CORINA.— Acouga muller, acouga…PELUCHIÑO.— Pero, señora, por que se baixou do tren, coa sorte que vostede tiña de viaxar… quen me dera a min!SABELA.— Uuuf, sorte di vostede? Máis ben… uuuf, desghrasia, meu rei!PELUCHIÑO.— E desgraza por que?SABELA.— Pois, porque ía cara ao matadoiro!FLACO.— Ozú, mi arma! Cóntenos que lle pasou.SABELA.— Os meus amos ían sacrificarme!CORINA.— Si, sóame ese conto, a que adiviño o motivo? Xa non pode dar leite!SABELA.— E como o adiviñou? Non será vostede meiga?CORINA.— Ha, ha, ha! Non, non, é que a súa historia sóame moito, máis ben, sóanos moito a todos! A que si, meus amigos?PELUCHIÑO E FLACO.— Si, si, si.

Page 39: prueba

39

Page 40: prueba

40

Sabela contoulles que baixara do tren aproveitando o momento no que ían enchelo de carbón. Con todas as súas forzas, rachou a fechadura da porta e sen pensalo dúas veces, botouse a correr como alma que leva o diaño!

FLACO.— Supoño que non terás onde ir agora, nonsi?SABELA.— Non, non teño! que desghrasia, que vou faser aghora?FLACO.— Alégrate mi arma! Porque hoxe é o teu día de sorte!SABELA.— Si? E iso?CORINA.— É que se ti queres, podes vir con nós cara ao sur, imos facer un trío musical, e se ti vés,

seríamos un cuarteto. Que dis?

Page 41: prueba

41

Page 42: prueba

42

Page 43: prueba

43

SABELA.— Como? Non mo podo crer! O meu soño de toda a vida! Tocar a percusión nunha banda! 9

PELUCHIÑO.— Pois nada, non se fale máis, xa temos cuarteto! Eu son Peluchiño o trombón.FLACO.— Eu son Flaco, o clarinete.CORINA.— Eu Corina, o xilófono.SABELA.— Pois eu Sabela, percusionista de primeira!PELUCHIÑO, CORINA, FLACO e SABELA.— Ha, ha,ha, ha!

E así, os nosos amigos, porque xa son amigos nosos, nonsi? continuaron xuntos de novo, o camiño cara ao sur, cara á esperanza, cara a unha nova vida… 6

Page 44: prueba

44

Xa era a hora do xantar cando comezaron a escoitar o son dunha gaita a ritmo de muiñeira. Aquela preciosa melodía inundaba o Val con belas notas de xúbilo, que invitaban a bailar.

Page 45: prueba

45

Page 46: prueba

46

Os catro amigos achegáronse ao lugar de onde proviña o son. Alí, entre os amieiros e salgueiros, un galo figureiro tocaba a gaita, subido ao tellado dun muíño. 10

Os catro amigos, escoitaron en silencio ao gaiteiro… Cando remataron os ecos da súa melodía aínda resoaban no bosque. Ninguén se atrevía a falar, nin a aplaudir. A música da gaita deixáraos absortos… Roque falou rompendo o silencio.

Page 47: prueba

47

Page 48: prueba

48

ROQUE.— Ola, querido público!SABELA.— Impresionante! Noraboa, señor galo!PELUCHIÑO.— Si, bravo, toca vostede a gaita de marabilla!FLACO, SABELA, PELUCHIÑO e CORINA.— Bravo, bravo e bravo!ROQUE.— Grazas, moitas grazas! Son Roque o gaiteiro do Val.SABELA.— Encantados Roque! Eu diría que o mellor gaiteiro. Eu son Sabela, e… aquí, á miña

dereita, Peluchiño e Flaco, e á miña esquerda Corina.ROQUE.— Moito gusto de coñecelos!SABELA.— Como é que está vostede aquí só, tocando a gaita?ROQUE.— Pois levo aquí xa máis dunha semana. Aquí teño abrigo pola noite, e un estupendo

escenario onde tocar.FLACO.— E como é que non está vostede nun poleiro, espertando a todos pola mañá co seu

quiquiriquí?

Page 49: prueba

49

Page 50: prueba

50

Roque púxose moi triste, e aínda coa tristura no corazón, empezou a contarlles a súa historia. Relatoulles como un día, xa hai moito tempo, e sen previo aviso, a súa voz empezou a perder aquel brillo, aquela cadencia que a todos namoraba. Todos lle dicían: “bravo Roque, bravo!”. E el orgulloso cantaba e cantaba! Pero de súpeto, os seus quiquiriquís volvéronse secos, acedos, opacos e pouquiño a pouco aquela voz, que a todos cativaba, morreu!

As galiñas do curral dicíanlle: “ánimo Roque, xa verás como recuperas a túa voz, non te preocupes, malo será!”

Pero ese día nunca chegaba!... Así, pasaron semanas. Un día Fita, unha das galiñas novas, díxolle: “fuxe Roque, fuxe de aquí, porque os Amos mercaron un galo novo e din por aí que te van sacrificar!”

Page 51: prueba

51

Page 52: prueba

52

Roque, co medo no corpo, escapou da granxa aquela, na que tantas e tantas veces cantara ao amencer e na que tantas e tantas veces recibira loanzas e parabéns que, naquel día, esvaecéronse como escuma de mar. Polo camiño, mentres fuxía, encontrou unha gaita que apoiada nunha pedra, parecía estalo agardando. Era unha gaita preciosa de granadillo, co fol da cor da súa crista encarnada.

Roque esperou varios días, agardando a ver se alguén volvía a buscala. Pero iso nunca pasou. Entón quedou con ela e aprendeuna a tocar, e pouco a pouco esa gaita converteuse na voz perdida, na súa nova alma. 11

Page 53: prueba

53

Page 54: prueba

54

SABELA.— Vaia, vaia señor Roque, é vostede moi, moi valente, e un gran artista!CORINA.— Si, e ten que estar moi, moi orgulloso de si mesmo!ROQUE.— Moitas grazas, son vostedes moi amables.FLACO.— E… mire unha cousa, a vostede gustaríalle tocar nunha banda?ROQUE.— Nunha banda?. Sería fantástico! O que pasa é que non coñezo ningunha onde tocar.PELUCHIÑO.— Pois na nosa! Nós imos cara ao sur para sermos músicos!ROQUE.— Non me diga? Pero, como pode ser?SABELA.— Pois mire eu son Sabela percusionista. Aquí o Peluchiño vai tocar o trombón.CORINA.— E eu Corina o xilófono e Flaco o clarinete.FLACO.— Se vostede quixera vir con nós, pois sería estupendo!ROQUE.— Por suposto que si! Desde agora, seremos un quinteto! 6

Page 55: prueba

55

Page 56: prueba

56

Page 57: prueba

57

Os cinco ían agora contentísimos! Que extraordinaria banda ían montar! Dentro de pouco todos ían coñecer a “Os Músicos do Val Miñor”. Si, meus amigos, si; así bautizou Peluchiño á banda, e todos aplaudiron a idea porque soaba moi ben, si, que ben soaba ese nome!

Nas súas miradas brillaba a ilusión! Os seus corazóns ledos marcaban o compás da alegría e polas súas mentes fluían soños de ensaios,de risas, de traballo, de actuacións nas festas, de concertos en teatros, de aplausos… Si, ían ser os mellores músicos da bisbarra!

O xílgaro comezou a cantar; a súa doce melodía era coma perliñas de chocolate e caramelo e o seu cristalino rechouchío recordaba ao caer da auga dunha fervenza. Roque, animado pola beleza dos seus trinos, comezou a dar vida a súa gaita. E entre tanta beleza, os demais sumáronse cantando ledos, cara ao sur, sempre cara ao sur… 10

Page 58: prueba

58

E como non podía ser doutra maneira, a emoción fíxolles esquecer a hora de xantar! As súas tripas facían xa un orixinal contrapunto polirrítmico aos cantos dos nosos amigos… Roque deixou de soprar na gaita e díxolles:

ROQUE.— Oes, non é por nada, pero, as miñas tripas xa non poden máis!CORINA.— As túas e as nosas, porque as miñas levan ruxindo un bo anaco!PELUCHIÑO.— Por que non buscamos un sitio onde xantar?SABELA.— Tes rasón! Eh, mirade! Alí serca hai un mesón. Imos xa que e eu teño unha fame neghra!FLACO.— Pois nada, imos alí xa. Que fame, meu Deus!

Os cinco apuraron o paso. O mesón semellaba ser un poderoso hipnotizador porque os nosos amigos levaban a vista cravada nel como somnámbulos, alleos a todo,dirixíronse alí rapidamente e sen perder nin un minuto máis. Empurraron a porta e entraron. Non había case ninguén, todo estaba moi tranquilo, e os pouquiños clientes estaban xa rematando. É que era moi tarde!

Page 59: prueba

59

Page 60: prueba

60

Non se vía ao dono daquilo. De súpeto, escoitáronse uns berros que viñan da cociña.

MESONEIRO.— Voute pillar! E cando o faga, baterei en ti coma nun colchón de lá! Desvergoñada!

OLIMPIA.— Socorro, socorro… que vai facer coa tixola?MESONEIRO.— Os ratos coméronse todo o queixo que tiña! Ti vas cobrar por deixar entrar aos

ratos na miña cociña!OLIMPIA.— Son moi rápidos, Amo, e corren máis ca min e non podo cazalos!MESONEIRO.— Si, eh? E como é que agora podes correr, paifoca? Ti non es unha gata, ti non sei

que es!OLIMPIA.— Ten que comprender, Amo, os ratos son os meus amigos!MESONEIRO.— Os teus amigos?OLIMPIA.— Si, bailan cando lles toco o violín!MESONEIRO Saca de aí, pandorca! Vouche dar eu a ti violín e violón! Como te colla esnáfrote!

Vaite xa coa música a outra parte! Malo raio te parta!

Page 61: prueba

61

Page 62: prueba

62

Page 63: prueba

63

Olimpia saíu disparada da cociña co violín debaixo da pata esquerda e o arco na boca, o mesoneiro coa tixola na man detrás dela e blasfemando entolecido!

Corrían polo salón, un detrás da outra, nunha gran algarabía! Os nosos amigos, pasmados, non daban creto ao que estaba ocorrendo.

De súpeto, Olimpia, derrapando case, deu un salto e saíu pola ventá que estaba aberta, a toda velocidade! Iso si, co violín debaixo da pata esquerda e o arco na boca. O mesoneiro comezou a lanzar cantos improperios coñecía e, exhausto, caeu derrubado nunha cadeira do salón. Suaba por todas partes. Pouco a pouco, foi recuperando o alento. Ergueu e bebeu un gran vaso de auga.

Mirou para os nosos amigos que parecían cinco pasmóns, e preguntoulles que desexaban. Sabela conseguiu falar e pedir calquera cousa para xantar, porque non estaba o forno para bolos! Daquela, comeron o máis axiña que puideron e sen dar un chío, saíron en silencio, por se acaso. 6

Page 64: prueba

64

Levaban un anaco andando cando, nunha revolta do camiño, alí estaba ela, a gata violinista. 12

FLACO.— Ozú mi arma! Da que te libraches!PELUCHIÑO.— Pero ese home está tolo de remate!OLIMPIA.— Si, a verdade, non sei como non marchei antes. Se me chega a pillar mállame!CORINA.— E por que non cazabas os ratos?OLIMPIA.— E que eu só quero tocar o violín. Non quero andar día e noite perseguindo ratos. Que por

certo, aínda que non o creades, son moi graciosos, e bailan que dá gusto velos!SABELA.— Pois si, tes toda a rasón! Onde estea a música que se quite a “persecusión ratonil” ha,ha, ha…ROQUE.— E mira unha cousa, agora que vas facer?OLIMPIA.— Pois eu quero ir cara ao sur, alí sempre vai mellor tempo. Ademais, din que hai moitas

bandas de música. Eu quero tocar nunha, si señor!PELUCHIÑO.— Estás de sorte, miña querida amiga! Nós somos a banda Os Músicos do Val Miñor!CORINA.— E… imos cara ao sur!ROQUE.— E non temos violinista!SABELA.— E ademais, con nós non terás que casar ratos!FLACO.— Que dis, mi arma? Contamos contigo?

Page 65: prueba

65

Page 66: prueba

66

OLIMPIA.— Por suposto, seremos todos xuntos a mellor banda do Val Miñor, si señor! 12PELUCHIÑO.— E agora, as presentacións: Eu Peluchiño, o trombón!CORINA.— Eu Corina, o xilófono!FLACO.— Eu Flaco, o clarinete!SABELA.— Eu Sabela, percusionista de primeira!ROQUE.— Eu Roque, gaiteiro!OLIMPIA.— Pois eu chámome Olimpia, e xa sabedes, violinista de profesión! Ha,ha,ha.TODOS— Viva a Banda dos Músicos do Val Miñor!

E así, os nosos seis amigos, cheos de felicidade, continuaron a súa marcha cara ao sur, para seren a mellor banda de música do Val.

E si, nas súas miradas brillaba a ilusión. Nos seus corazóns repenicaba o compás da alegría e polas súas mentes fluían doces e marabillosos soños de ensaios, de risas, de traballo, de actuacións nas festas, de concertos en teatros, de aplausos… Si, ían ser os mellores músicos da bisbarra.

Os Músicos do Val Miñor. 13

Page 67: prueba

67

Page 68: prueba

68

Agradecementos

Grazas ás Direccións, aos Consellos Escolares e ás ANPAS de ámbolos dous Centros Educativos. Á Deputación de Pontevedra. Ao Concello de Nigrán, a Concellería de Xuventude e Igualdade e en especial a Puri.

Á Xunta Directiva do Auditorio San Miguel de Oia, por cedernos as súas instalacións para as representacións. Ao Conservatorio Superior de Música de Vigo por facilitarnos o Auditorio para a gravación da parte musical.

A Pablo Barreiro pola súa profesionalidade, cariño e espléndido traballo brindado na realización do CD. A Rafa, de Litium Records, polo seu bo facer, xenerosidade e paciencia. E a Eugenio de la Iglesia polo deseño gráfico dos carteis.

A todos os profesionais do Centro de Educación Especial Juan María que coa súa ilusión e traballo en equipo, apoiaron o proxecto favorecendo o desenvolvemento do mesmo. E en particular a Isabel Alonso, polo seu aprecio, por entusiasmarse comigo e por darme todas as facilidades para converter aquilo que só era un soño, nunha realidade.

A todos os meus compañeiros que, dunha maneira ou doutra, me animan cada día e en especial, aos que levaron con paciencia os contratempos dos ensaios. Sen esquecer a Mª Xosé González Chamorro, grazas pola túa axuda e por ser unha compañeira estupenda.

Moitas grazas a miña familia, dádesme ás e ceo onde voar. A María Valeije pola súa amizade e por brindarme sempre o seu apoio. Es un amor! E de corazón aos meus irmáns Eva e David, por estar sempre.

E sobre todo, grazas infinitas a todo o alumnado e as súas familias, polo entusiasmo, responsabilidade e dedicación durante todo o proceso, xa que sen eles isto non deixaría de ser unha quimera.

Paula Carreras

Page 69: prueba

69

Alumnos e alumnas que participaron no proxecto

Narradora: Rita Martínez Pérez.Peluchiño: Sergio González Valiente.coriNa: Dámaris Sánchez Otero.Sabela: Jennifer Alonso González.roque: Esteban Gómez Español.olimPia: Noelia Bas Salgueiro e Diana Chamorro Vasconcellos.GraNxeiro: Miguel Pazo Pereira.meSoNeiro: Rubén Iglesias Cabral.NiNfa: Laia Fonseca Rodríguez.maquiNiSta do treN: Pablo Salgueiro Gómez.

trombóN: Diego Costas González.xilófoNoS: Alberto José Barroso Costas, Santiago Rodríguez Costas e Elísabet Solla Pereira.clariNete: Daniel Rodríguez Villar.GaitaS: Bárbara Dopazo Coya e Daniel Rodríguez VillarViolíN: Claudia González Valverde.PiaNo: Lucía García Giráldez.Guitarra eléctrica: Juan Alonso Valverde e Joshua Rodríguez Martínez.baixo eléctrico: Diego García Nandín.batería: Diego Sandín Rodríguez.

Page 70: prueba

70

metalófoNoS: Javier Barge Urcera, Anabel Millán Misa, Felipe Puerta García e Yolanda Sousa Pereira.frautaS: Carlota Elvira Araya Núñez, Alicia Carneiro Selegante, Sergio Cabreira González, Diana Cameselle

González, Laura Clemente González, Ana Mª Comesaña Fernández, Melanie Davila González, Bárbara Dopazo Coya, Mª José Dovalo Valverde, Saray Durán Pintos, María Fernández Vieitez, Jennifer Gallego Álvarez, Alejandra García Méndez, Adrián Álvaro González Pérez, Mª Ángeles González Zapata, Alba Iglesias Cabral, Susana Iglesias Cabral, Beatriz Lago Ramilo, Pablo Larrondo Pérez-Izaguirre, Carlos Leyenda Álvarez, Roberto Leyenda Álvarez, Juan Magallanes Ferreira, Sara Martínez Veiro, Roi Méndez Gómez, Mª José Nande Pérez, Elena Núñez Domínguez, Santiago Pena González, David Penedo Cerqueira, Gema Pereira Pérez, Ana Isabel Pereira Souto, Vanesa Pérez Blanco, José Piñeiro Márquez, Raquel Rivero Sanjuán, Eloy Rodríguez Alonso, Vanessa Rodríguez Rodríguez, Paula Rodríguez Veiro, Iago Rouco González, Álvaro Váquez Alonso, Carmen Alicia Vázquez Ramasiaka, Carla Vidal Miniño, Brenda Vila Giráldez.

carracaS: Marina González Fernández, Samuel Barbero Fernández, Vanesa Pérez Blanco. temPel block: Iago López Veiro.PaNdeireta: Mercedes Rodríguez Villar.camPá: Manuel Rodríguez Araujo.caldeiroS, marteloS e chifreS: Jorge Alonso Alonso, José Manuel Araujo Araujo, Samuel Barbero Fernández,

Alberto José Barroso Costas, Diana Chamorro Vasconcellos, Bárbara Dopazo Coya, Victor David García Álvarez, Alejandra García Méndez, Esteban Gómez Español, Luís Jiménez González, Brais Iglesias Casal, Beatriz Lago Ramilo, Pablo Larrondo Pérez-Izaguirre, Aarón Mayán González, Carlos Martínez Filgueiras, Anabel Millán Misa, Miguel Pazo Pereira, Iliá Pereira Estévez, David Penedo García, Gema Pereira Pérez, Manuel Rodríguez Araujo, Yolanda Sousa Pereira, Carmen Vázquez Ramasiaka.

PauS da chuVia, reclamoS de PaxaroS: Pablo Giráldez Cortizo, Manuel Rodríguez Araujo, Alberto Caride Muñoz, Victor David García Álvarez.

directora: Paula Carreras Silva.

Page 71: prueba

71

Gravación da música realizada o día 28 de xaneiro no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, pola RGA Estudio 5, Pablo Barreiro Rivas (técnico de gravación)

Gravación do texto: Estudio Litium Records de PontevedraMontaxe final: RGA, Estudio 5Texto e música: Paula Carreras Silva.Ilustracións: David Carreras Silva.

PISTAS DO CD

1 “Os Músicos do Val Miñor” narración e música. 2 “Encontro” Obertura3 “Asubío”4 “Peluchiño” O Burro5 “Corina” A Galiña6 “Cara ao Sur” Leitmotive7 “Flaco” O Galgo8 “O Tren”9 “Sabela” A Vaca10 “Roque” O Galo, melodía11 “Roque “ O Galo12 “Olimpia” A Gata13 “Xuntos” Epílogo

Page 72: prueba

72

Page 73: prueba

73

Premio CreArte

Litium Records (grabación de texto)

Radio Galega Estudio 5 (grabación da música e montaje final)

© da edición: IES ESCOLAS PROVAL NIGRAN

© dos textos: Paula Carreras Silva

© das ilustracións: David Carreras Silva

© da música: Paula Carreras Silva

Imprenta: Gráficas Apel

Encadernación: Lombardero

ISBN:

Depósito Legal:

Todos os dereitos reservados. Non se permite a reprodución total ou parcial deste libro, nin a súa incorporación a un sistema informático, nin a súa transmisión en calquera forma ou calquera medio, sexa este electrónico, mecánico, por fotocopia, por gravación ou outros méto-dos, sen o permiso previo por escrito dos editores. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a cedro (Centro Español

de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.