Proxecto de dinamización da lingua galega

14
IES DE CURTIS PROXECTO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO 20 de novembro de 2010

description

Obxectivos e actividades para dinamizar a lingua galega

Transcript of Proxecto de dinamización da lingua galega

Page 1: Proxecto de dinamización da lingua galega

IES DE CURTIS

PROXECTO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO

20 de novembro de 2010

Page 2: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

ÍNDICE 1. ANÁLISE DA SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DO CENTRO .......... 3

1.1. ALUMNADO .............................................................................. 3

1.2. PROFESORADO ......................................................................... 4

1.3. AMBIENTALIDADE LINGÜISTICA DO CENTRO ............................... 4

1.4. LINGUA DO CONTORNO ............................................................. 5

2. OBXECTIVOS E ACTIVIDADES DESEÑADAS PARA CADA UN DOS SECTORES ................................................................................. 5

2.1. ALUMNADO E PROFESORADO .................................................... 5 a) OBXECTIVOS _________________________________________________________________ 5 b) ACTIVIDADES _________________________________________________________________ 6

3. AMBIENTALIDADE LINGÜÍSTICA DO CENTRO ........................... 8

3.1. OBXECTIVOS ............................................................................ 8

3.2. ACTIVIDADES ............................................................................ 9

4. LINGUA DO CONTORNO ....................................................... 10

4.1. OBXECTIVOS ........................................................................... 10

4.2. ACTIVIDADES .......................................................................... 10

5. CADRO RESUMO DE ACTIVIDADES ........................................ 11

6. MEMBROS DO EDLG ............................................................ 12

1

Page 3: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

1. ANÁLISE DA SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DO CENTRO

1.1.ALUMNADOO Centro no que está constituído o equipo é de ámbito rural abarcando

procedencias de pequenas vilas como Ordes, Teixeiro e o mesmo Curtis, e de zonas rurais máis dispersas. O contorno sociolingüístico é maioritariamente galegofalante, apreciándose un aumento no uso diglósico da lingua en núcleos como Curtis ou Teixeiro.

O alumnado matriculado no presente curso está distribuído da seguin-te maneira:

A lingua utilizada habitualmente polo noso alumnado é o galego, aínda que se observa unha certa tendencia ao cambio entre as novas xeracións: un grupo, cada vez menos reducido, comeza a usar o castelán como lingua de relación cos seus compañeiros e compañeiras e co profesorado, como poten-ciando dalgunha maneira un afán de diferenciación. Esta tendencia é máis acusada entre os rapaces que proveñen das pequenas vilas. Tamén entre os galegofalantes se percibe unha actitude ambigua cara á lingua, xa que ante un interlocutor en lingua castelá abandonan automaticamente a súa.

De todo o exposto podemos deducir que haberá que facer fincapé es-pecialmente no tema da autoestima e na valoración da lingua como a riqueza

2

Page 4: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

esencial dun pobo e a manifestación máis xenuína da súa cultura. Precisamos artellar os medios necesarios para que non deixen de usar a nosa lingua. De non ser así atoparémonos nuns poucos anos cunha marcada situación diglósi-ca onde o castelán será a lingua A e o galego a lingua B, reservada para usos familiares e coloquiais. O noso obxectivo fundamental será facerlles entender que a nosa lingua é tan apta como calquera outra para todo tipo de usos.

Con todo, a situación lingüística non é de todo desfavorable, xa que o galego é a lingua empregada por un 80% do alumnado. Esta porcentaxe elévase considerablemente no PCPI e Ciclos Formativos onde chega case ó 100%.

1.2.PROFESORADOEn canto ao profesorado a actitude é receptiva e colaboradora a res-

pecto das iniciativas normalizadoras. O longo traballo desenvolvido polo equi-po durante moitos anos fai que a implicación de distintos departamentos sexa unha práctica asentada no centro.

As materias impártense na lingua esixida pola actual lexislación, apre-ciándose, en comparación con outros ciclos, un uso menor do galego no Ciclo de Informática. O traballo aquí está claramente condicionado pola necesida-de de presentar o galego como unha lingua con futuro, vinculada tamén ás TICS, apta para navegar por Internet, etc.

Nos claustros e situacións informais conviven as dúas linguas cun uso equilibrado de ambas

O curso pasado realizouse unha nova enquisa sobre o uso da lingua en toda a comunidade educativa e, neste momento, está pendente de valora-ción.

O E.D.L.G. colaborará de xeito activo na elaboración do Proxecto lin-güístico do centro. Tomaremos como referencia o libro A planificación lingüís-tica nos centros educativos editado pola Xunta de Galicia. O proxecto envi-ado o presente curso foi esbozado a finais do curso pasado, e precisa unha actualización na que agardamos a participación e colaboración dos departa-mentos das outras linguas tal e como se recolle nas instrucións para a súa elaboración.

1.3.AMBIENTALIDADE LINGÜISTICA DO CENTROA presenza da lingua na vida do centro é habitual. Está totalmente nor-

malizada a documentación administrativa e emprégase o galego nas comuni-cacións escritas co alumnado, coas familias e con outras institucións. Esta é tamén a lingua de uso no rotulado do centro, incluídas as aulas que levan no-mes de persoeiros da nosa cultura. O galego é asemade a lingua das notas informativas do taboleiro.

3

Page 5: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

No IES de Curtis dedícase un esforzo moi considerable a facer visible a lingua galega nas novas tecnoloxías. O equipo directivo, coa colaboración do ED.L.G., puxo en marcha o ano pasado unha nova páxina web, totalmente galeguizada, e que conta na actualidade cun volume considerable de infor-mación de interese para toda a comunidade educativa. Continuarase este curso co seu mantemento e actualización.

Dispoñemos asemade de tres blogues: Actualidade audiovisual (gale-guizado na súa maioría), Biblioteca Sarmiento (utiliza as dúas linguas oficiais) e Curtis de cine (galego).

Na interacción oral fóra da aula, tanto co alumnado como coas fami-lias, o galego é a lingua vehicular usada polo equipo directivo e a maioritaria no conxunto do claustro. O persoal non docente emprega ambas linguas, con predominio do castelán.

A lingua utilizada polas ANPAS nas comunicacións orais e escritas é o galego.

1.4.LINGUA DO CONTORNOA lingua empregada habitualmente nas familias é o galego, aínda que nos

núcleos vilegos de Curtis e Teixeiro detéctanse casos de perda interxeracional. Por outra banda, a escola parece actuar como axente desgaleguizador, xa que o uso do castelán increméntase nos cursos máis altos. En liñas xerais, unha porcentaxe sig-nificativa da poboación tende ao uso do castelán en contextos formais e, sobre todo, na escrita, onde non adoitan ter dominio do galego. Pola contra, na fala e en contex-tos informais a lingua ten plena vitalidade.

As entidades asociativas e comerciais da zona empregan, polo xeral, a lingua do interlocutor/a nas manifestacións orais, e raramente se privilexia o uso do galego fronte ao castelán. Na escrita o castelán está fortemente con-solidado. As grandes empresas asentadas no Concello, Bioetanol e Losan, son respectuosas coa lingua e mesmo teñen colaborado economicamente con distintas actividades desenvolvidas polo EDLG.

A Casa da Xuventude de Curtis é o lugar de encontro para os mozos e mozas vilegos. Nela empréganse indistintamente ambas linguas, aínda que moitas das actividades se desenvolven en castelán. A persoa responsable da mesma é respectuosa coa lingua e receptiva ás suxestións que se lle poidan achegar.

Nos comunicados, documentación administrativa e información xerada polo Concello hai un predominio do galego.

4

Page 6: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

2. OBXECTIVOS E ACTIVIDADES DESEÑADAS PARA CADA UN DOS SECTORES

2.1.ALUMNADO E PROFESORADO

a) OBXECTIVOS• Posibilitar e fomentar a ampliación do uso da nosa lingua por

parte da comunidade educativa, tanto na oralidade como na escrita, e afianzar a confianza e dignidade no seu emprego como vehículo natural e propio de comunicación.

• Promover o uso activo de ferramentas das tecnoloxías da infor-mación e comunicación en galego, en espazos que favorezan asocia-cións positivas e permitan ampliar o emprego da nosa lingua nas cre-acións e nos diversos intercambios dixitais.

• Potenciar a presenza no centro da realidade galega en todas as súas vertentes e involucrar os distintos departamentos no proxecto.

• Fomentar a divulgación e realización de materiais de apoio en lingua galega.

• Lograr a implicación dos diferentes Seminarios e do Equipo Di-rectivo na organización de actividades de diverso tipo que poidan contribuír ó proceso normalizador.

• Fomentar a realización e a divulgación de todo tipo de mate-riais de apoio para as diferentes materias.

• Tentar que os alumnos/as asuman a tarefa normalizadora como algo propio e se impliquen dun xeito directo na realización e or-ganización das actividades e non sexan, polo tanto, meros recepto-res.

• Levar a cabo reunións periódicas cos integrantes do equipo co fin de repartir e organizar as diferentes actividades, expoñer e deba-ter suxestións.

b) ACTIVIDADES1. Celebracións do outono

Co fin de dar a coñecer as tradicións e costumes autóctonos a través da cele-bración destas datas, o IES de Curtis celebrará, como vén sendo tradicional, un ma-gosto no que ademais de asar e repartir castañas, poderanse degustar doces tradi-cionais preparados polo alumnado. O equipo de dinamización recompilará receitas

5

Page 7: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

que serán presentadas ao alumnado e profesorado. Traballarase nas aulas tanto o vocabulario como o significado desta celebración.

A recuperación doutra das nosas festas tradicionais, o Samaín, correrá a car-go dos máis pequenos que recollerán cabazas, textos e imaxes. O profesorado expli-cará na aula o significado da festa. A actividade realizarase en colaboración co equi-po de traballo da biblioteca.

No mes de outubro celebraranse as Xornadas micolóxicas. Estase a con-tactar cun experto que imparta unha charla informativa e nos acompañe ao monte para recoller cogomelos. Posteriormente procederase á clasificación e exposición dos mesmos. Cada especie estará acompañada dunha ficha co nome científico e a denominación galega.

2. Achegamento á banda deseñada.

Ademais de traballar nas aulas este xénero narrativo como parte do currículo escolar, achegaremos o noso alumnado aos grandes autores galegos e darémoslle a coñecer o prestixio, dentro e fóra de Galicia, con que conta a danda deseñada gale-ga na actualidade.Tentaremos ter a colaboración de Kiko da Silva.

Familiarizarémolos coa web BD banda e contactaremos cos responsables da páxina co fin de conseguir a exposición e os materiais de As bases da banda.

En colaboración co Concello de Curtis, asistiremos á actividade de Bocaberta realizada polo debuxante Anxo Fariña.

3. Actuación de contacontos.

Galiza é terra de contadores e contadoras. O papel do conto como transmisor da cultura popular é fundamental. Tentaremos que o alumnado reflexione sobre a arte de contar nas aulas estudando as características do conto popular e, tamén, a través da actuación dun contacontos. Unha posibilidade que se contempla é a do contacontos Anxo Moure Esta actividade completariase con unha semana de ciclo biblioteca con contos en galego. No 2º trimestre levarase a cabo un concurso de contos para o alumnado do centro.

4. Encontros con escritores

Este ano convidaremos a Julia Alonso, autora de Futuro imperfecto. Ed. Gala-xia, que nos falará da novela e da súa experiencia persoal coas drogas. O seminario de lingua galega está establecendo a programación de encontros cos autores e au-toras das obras de lectura recomendadas ao alumnado.

5. Recital de poesía galega

Organización dun recital poético e musical a cargo da poetisa Gabriela Ro-dríguez García

Con motivo do San Valentín, o departamento de música organizará un certa-me de poesía amorosa protagonizado polo alumnado do IES.

6

Page 8: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

6. Asistencia a representacións teatrais

O papel normalizador do teatro é incuestionable. Nese sentido pensamos que favorecer este tipo de actividades contribúe a unha concepción da nosa lingua como vehículo de cultura. Por estas razóns prestaremos atención á oferta que o Centro Dramático Galego ou outras compañías poidan presentar, e escolleremos as máis axeitadas ás idades e características do alumnado.

7. Proxeccions de cinema galego

Esta é unha actividade que se vén desenvolvendo nos últimos anos cunha certa importancia e implicación de diferentes seminarios (Historia, Economía, Admi-nistrativo...). O obxectivo é que o cinema se perciba como un feito asumible dun xei-to natural en galego. É fundamental que o visionado da película estea acompañado dun traballo de interpretación a desenvolver na aula. Para esta tarefa é fundamental que a interdisciplinariedade estea presente.

8. Aula virtual.

Trataremos de facer un equipo cos alumnos, preferentemente de 4º da ESO, para poñer en formato dixital a revista do IES. Este equipo pretendese que sexa para traballar durante 2 ou 3 anos.

9. Participación na Semana Cultural.

O equipo valorará a oferta de actividades posibles a introducir na celebración da Semana Cultural. Daremos prioridade a charlas que nos poñan en contacto coa realidade sociolingüística do noso país e que fomenten o interese por promover e respectar a lingua e a cultura galegas. O departamento de automoción pretende le-var a cabo unha actividade para a sua colocación no centro relacionada con motores e maquinaria antiga do rural.

10. Asistencia ao Correlingua.

A asistencia á carreira pola lingua é xa unha actividade fixa no noso centro. As actividades previas que os organizadores do Correlingua propoñen están cada vez máis elaboradas e son cada ano máis diversas. Este ano ten-taremos que a participación nesta carreira non fique como unha presenza testemuñal, senón que o alumnado se implique na elaboración das pancar-tas, no concurso de lemas, manifesto, etc.

11. Taboleiro de normalización

O alumnado encargarase de recoller e expoñer neste taboleiro noticias relacionadas co emprego do idioma e a situación lingüística actual. Servirá así de canle para novas de carácter xeral referidas á lingua , e tamén para cuestións propias do noso centro como concursos, avisos, etc.

Traballarase a lingua en positivo e ofreceráselle axuda e material que axude a resolver as dúbidas lingüísticas do profesorado.

7

Page 9: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

12. Certame literario día das letras

Un ano máis convocarase en dúas modalidades: poesía e relato curto. Os pre-mios serán en vales cos que poderán mercar libros ou CDs de música galega. Ao lon-go do curso e coa colaboración do depa rtamento de Educación Física levarase a cabo distintas actuacións de xogos populares e bailes tradicionais

13. Concurso gastronómico do Entroido

Seguindo coa tradición deste centro o venres anterior ás vacacións de Entroido, celebraremos unha nova edición do concurso de postres típicos ga-legos. Para iso o alumnado deberá traer previamente a receita ( a fin de nor-mativizar o texto ) e despois inscribirase no concurso. O día mencionado tra-erán os pratos elaborados e un xurado formado por alumnado e profesorado fallará os premios. Igual que no Certame os premios serán en vales para mercar libros ou música galega.

14. Dinamización das ferramentas TICs en galego

Reparto de trípticos a todo o profesorado con enderezos web e ferra-mentas en galego. Inlcuír -en favoritos- de cada ordenador dicionario de gale-go na rede, enderezo da prensa galega e páxinas con recursos de calidade.

• Facilitar o uso de software libre en galego no centro apostando decididamente pola implantación do software libre con catro ob-xectivos principais:

• Facilitar o desenvolvemento industrial e innovador das TIC en galego

• Achegar a sociedade da información e do coñecemento á comu-nidade educativa.

• Potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua.

• Impulsar a utilización de estándares abertos para acadar a inde-pendencia tecnolóxica.

O obxectivo final é Consolidar un tecido TIC endóxeno capaz de dar resposta ás necesidades tecnolóxicas da comunidade educativa para acadar a plena independencia tecnolóxica dende unha perspectiva integradora e global.

15. Web do IES

A importancia das TICS no mundo actual é incuestionable. A necesidade de vincular a nosa lingua ao mundo da realidade virtual é fundamental se queremos acabar coa idea de localismo e ruralidade secularmente vinculada a ela. O aprovei-tamento das novas tecnoloxías e a presentación do galego como unha lingua da mo-dernidade, que transcende a función meramente localista e que abre camiños (acce-

8

Page 10: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

so a páxinas en portugués) será un obxectivo prioritario. Petendese levar a cabo a creación dun BLOGUE propio.

3. AMBIENTALIDADE LINGÜÍSTICA DO CENTRO

3.1.OBXECTIVOS• Contribuír a que todos os comunicados escritosdo Centro se fa-

gan en galego.

• Asesorar á Comunidade Educativa por medio da corrección de textos e subministración de todo tipo de material a quen o solici-te (correctores, tradutores).

• Promover o uso da lingua nas situacións informais, na atención ás familias e na comunicación telefónica.

• Visibilizar a lingua, convertendo o Centro nun ecosistema favora-ble ao emprego do galego

3.2.ACTIVIDADES1. Calendarios mensuais

Como xa vén sendo tradición neste centro todos os meses nos tabolei-ros das aulas penduraranse uns calendarios a fin de que o alumnado os utili-ce na súa programación de exames, traballos, etc. Neses calendarios figurará sempre algunha referencia á cultura galega, lema normalizador, etc.

2. Axenda escolar

A axenda escolar do IES de Curtis vénse publicando dende hai 10 anos. Nela ademais de ofrecer a posibilidade a toda a comunidade educativa de or-ganizar o seu traballo diario como con calquera outra axenda, inclúense in-formacións útiles sobre o centro ( planos, equipo directivo, regulamento de réxime interno, etc). Aparecen tamén formularios de permisos para asistir a actividades, xustificación de faltas, etc. Neste sentido a axenda é tamén un instrumento de comunicación entre o profesorado e os pais e nais. O papel normalizador que cumpre esta publicación (elaborada conxuntamente polo equipo directivo e o EDLG.) é especialmente destacable tanto polo seu alcan-ce (repártese entre todo o profesorado e alumnado) como polos seus conti-dos. É de subliñar que a axenda inclúe textos e lemas normalizadores que pretenden facer reflexionar sobre a situación da lingua na nosa sociedade e sobre a nosa actitude ao respecto. Ademais, introducindo a cada un dos me-ses, aparece un texto referido a aspectos culturais do contorno (topónimos, rotas sendeirísticas, publicacións sobre a zona, lugares a visitar, persoeiros galegos).

3. Denominacións das árbores do recinto do centro

9

Page 11: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

Iniciamos o curso pasado o traballo de denominación das árbores do noso centro, dado que o recinto conta cun bo número de exemplares. Preten-demos este ano poñer a placa as árbores co nome en latín e en galego, bus-cando o soporte mais axeitado para tal fin, e a ser posible en colaboración con Voz Natura.

4. Campañas de animación á lectura en colaboración coa Bibliote-ca do IES

Promoverase a lectura de textos en galego de escritores de actualida-de e relevancia e realizaranse exposicións e recensións das novidades litera-rias.

5. Exposicións

Tentarase que os corredores do centro ofrezan unha panorámica dos aspectos máis salientables da cultura galega. Así, contactaremos co Concello para solicitar o premio Ksado de fotografía, con BD banda, coa Asociación 10 de marzo, co CGAI e con outros centros de ensino que nos poidan ceder en empréstito exposicións de temática e soportes variados. Coidarase moito que tanto o contido coma a presentación destas exposicións sexa de alta calida-de.

6. Campañas de promoción da lingua propia

Campañas de dignificación da lingua nos taboleiros de cada aula e en lugares estratéxicos do centro: cafetería, corredores, sala de profesores e profesoras.... Tratarase sempre a lingua en positivo e fuxirase da confronta-ción.

4. LINGUA DO CONTORNO

4.1.OBXECTIVOS• Dinamizar o uso do galego no centro de xeito que repercuta no

exterior.

• Promover a interacción entre a escola e o seu contorno para rendibilizar esforzos e recursos en pro da normalización da lingua.

• Establecer fórmulas de colaboración coa hostalaría local para favorecer o uso da lingua galega e mellorar a súa valoración social.

• Fomentar a colaboración con outros centros educativos para intercambiar experiencias e materiais.

4.2.ACTIVIDADES1. Colaboración co concello de Curtis e outros centros educativos.

1 0

Page 12: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

Queremos establecer liñas de comunicación e cooperación co concello como axente de promoción e apoio á normalización no colectivo da mocida-de e no ámbito educativo para conseguir unha maior implicación da Adminis-tración municipal.

A colaboración deste curso xa se iniciou coa divulgación nas aulas das bases do VII Certame de narración curta do Concello : Curtis, mon amour, no que o noso alumnado está a participar.

Como comentabamos anteriormente, estanse iniciando os contactos para conseguir a través do Concello algunhas exposicións de temática e au-tores/as galegos ás que os centros de ensino non soen ter acceso.

Tamén abriremos canles de participación e intercambio tanto on cen-tros educativos da comarca coma con outros de lugares máis afastados: Me-lide, Ordes, Coristanco....

2. Cartas gastronómicas dos restaurantes da zona

Iniciouse o curso pasado o contacto con diversos locais que aceptaron a proposta. Este ano tentarase incrementar o número de locais, implicando ao alumnado. Realizaremos en primeiro lugar un modelo - atractivo e con de-seño- para presentárllelo aos establecementos.

3. Colaboración coa biblioteca municipal

Tentaremos abrir canles de participación e intercambio coa biblioteca municipal, co fin de promover o interese pola lectura entre os mais novos.

1 1

Page 13: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

5. CADRO RESUMO DE ACTIVIDADESDATA TÍTULO RESPONSABLE DPTO. DESTINATARIOS ORZAMENTO

Todo o curso Calendarios Santiago SoliñoEquipo biblioteca

FilosofíaBiblioteca

Toda a comunidade 100 €

Todo o curso Exposicións Equipo biblioteca Biblioteca Alumnado 225 €

Todo o curso Representacións teatrais Galego Alumnado 125 €

Todo o curso Taboleiros Galego Toda a comunidade 50 €

Todo o curso Uso de software libre en galegoBlogue

Santiago SoliñoXose Antón Paz

FilosofíaAdministrati-vo

Toda a comunidade 200 €

Todo o curso Achegamento a banda deseñada

Olga Iglesias Galego Toda a comunidade 300 €

Todo o curso Xogos populares e bai-les tradicionais

Isabel Moar E. Física 150 €

Todo o curso Proxeccións cinemato-gráficas

Rosa Brandón Economía Alumnado 100 €

Todo o curso Charlas Rosa Brandón Economía CiclosBacharelato

180 €

Setembro Axenda Santiago Soliño Filosofía Toda a comunidade 1.000 €

1º trimestre Actuación contacontos e obradoiro

Javier Gándara Automocion Alumnado 250 €

1º trimestre Outono-magosto-xorna-das micolóxicas

Equipo bibliotecaSantiago Soliño

VariosFilosofia

Toda a comunidade 300 €

2º trimestre Concurso de contacon-tos

Javier GándaraBiblioteca

AutomocionVarios

Alumnado 200 €

2º trimestre Os nomes das árbores Juan Fandiño Toda a comunidade 300 €

2º trimestre Concurso gastronómico Toodos Todos Toda a comunidade 100 €

2º trimestre Motores e maquinas an-tigas do rural

Luis M. BarreiroJavier Gándara

AutomociónAutomoción

Ciclo de autp e PCPI de Auto

150 €

3º trimestre Publicación de CurcoAula Virtual

Todos Todos Toda a comunidade 500 €

3º trimestre Material Correlingua Todos Todos CiclosESO

100 €

3º trimestre Certame literario Galego Alumnado 100 €

3º trimestre Recital literario mono-gráfico

Galego Alumnado 580 €

TOTAL PRESUPOSTADO 5.010 €

1 2

Page 14: Proxecto de dinamización da lingua galega

P R O X E C T O D E D I N A M I Z A C I Ó N D A L I N G Ü A G A L E G A

6. MEMBROS DO EDLGPROFESORADO DEPARTAMENTO

Xosé Antón Paz López Administrativo.

Olga Iglesias Lingua Galega

Mª Jose Barreiro Inglés

Barreiro Ares, Luis Miguel Automoción.

Brandón Diéguez, Rosa María Economía.

Josefina López Santos Orientación

Santiago José Soliño Diez Filosofia

ALUMNADO CURSO

Prieto Fandiño, Beatriz 2º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais

Cabado Pintor, Isabel 2º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais

Miraz Amenedo, Cristina 2º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais

Sánchez Rodeiro,Noelia 2º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais

García Villamor, Ismael 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

López Sánchez, Rocío 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

García Sánchez, Vanessa 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

López Pérez, Lidia 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

Maques García, Iván 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

Ares Varela, Cristina 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

Abad Sánchez, Tamara 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

Calvo Rendal, Irene 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

García Quintela, Cristian 2º de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

López Gómez, Araceli 1º de Bacharelato

Manrique Soto, Junior 1º de Bacharelato

PERSOAL NON DOCENTE

Lugrís Beteta, Marco Coidador

COORDINADOR DEPARTAMENTO

Gándara Bermúdez, Javier AutomociónCurtis , a 1 de outubro de 2010

O director do IES de Curtis O coordinador do EDLG

Juan Fandiño da Torre Javier Gándara Bermúdez

1 3