Proposta Entroido 2013

1
O ENTROIDO EQUIPO EDL EQUIPO BIBLIOTECA EQUIPO ACE E non paramos. Despois de celebrar o “Día da Paz” (que bonitas as flores que fixemos!), agora chega o Entroido. Esta festa celébrase en moitos lugares do mundo pero en Galicia ten unhas características especiais. Propoñemos que nesta semana as vaiamos descubrindo. Hai moitos enlaces en internet onde descubriremos a orixe, as datas, os disfraces característicos de cada lugar. Recomendamos o elaborado polo Concello de Teo http://www.siteo.org/educateo2/infantil.html Pero… sabedes que na zona do noso colexio se celebra moi especialmente o chamado Entroido dos Xenerais do Ulla? Nas parroquias de O Eixo, Marrozos, Aríns, hai moita xente implicada en manter esta tradición. Por iso propoñemos as seguintes cuestións que terá que resolver cada aula: 1.- Preguntade a compañeir@s do cole (no patio, nas aulas…) quen participa neste evento e anotade os seus nomes e apelidos e o curso no que están. (Como mínimo 2) 2.- Anotade os días nos que sairán polos lugares e parroquias. 3.- Escribide polo menos dúas coplas que cantarán neses días. 4.- Por todo Santiago hai carteis coa foto dun Xeneral do Ulla anunciando o inicio do Entroido. Esa foto é dun ex alumno do noso colexio. Descubride o seu nome e tres características do seu traxe. 5.- Estas celebracións do Antroido aprovéitanse para criticar as cousas que non van ben no país, no Concello, nas parroquias… inventade dúas que se refiran ao noso colexio. Un exemplo: Pasamos uns cantos días sen ter a calefacción. Tiven máis frío na clase que no meu conxelador. Estas coplas, escribídeas nun folio e expoñerémolas no corredor da entrada. 6.- A partires do luns, dona Coresma, vendedora de produtos típicos destas datas, iravos dando indicacións que deberedes cumprir ao longo da semana.

description

actividades para traballar Entroido

Transcript of Proposta Entroido 2013

Page 1: Proposta Entroido 2013

O ENTROIDO EQUIPO EDL

EQUIPO BIBLIOTECA

EQUIPO ACE

E non paramos. Despois de celebrar o “Día da Paz” (que bonitas as flores que

fixemos!), agora chega o Entroido.

Esta festa celébrase en moitos lugares do mundo pero en Galicia ten unhas

características especiais. Propoñemos que nesta semana as vaiamos descubrindo.

Hai moitos enlaces en internet onde descubriremos a orixe, as datas, os disfraces

característicos de cada lugar. Recomendamos o elaborado polo Concello de Teo

http://www.siteo.org/educateo2/infantil.html

Pero… sabedes que na zona do noso colexio se celebra moi especialmente o

chamado Entroido dos Xenerais do Ulla? Nas parroquias de O Eixo, Marrozos, Aríns, hai

moita xente implicada en manter esta tradición. Por iso propoñemos as seguintes cuestións

que terá que resolver cada aula:

1.- Preguntade a compañeir@s do cole (no patio, nas aulas…) quen participa neste evento e

anotade os seus nomes e apelidos e o curso no que están. (Como mínimo 2)

2.- Anotade os días nos que sairán polos lugares e parroquias.

3.- Escribide polo menos dúas coplas que cantarán neses días.

4.- Por todo Santiago hai carteis coa foto dun Xeneral do Ulla anunciando o inicio do

Entroido. Esa foto é dun ex – alumno do noso colexio. Descubride o seu nome e tres

características do seu traxe.

5.- Estas celebracións do Antroido aprovéitanse para criticar as cousas que non van ben no

país, no Concello, nas parroquias… inventade dúas que se refiran ao noso colexio. Un

exemplo:

Pasamos uns cantos días

sen ter a calefacción.

Tiven máis frío na clase

que no meu conxelador.

Estas coplas, escribídeas nun folio e expoñerémolas no corredor da entrada.

6.- A partires do luns, dona Coresma, vendedora de produtos típicos destas datas, iravos

dando indicacións que deberedes cumprir ao longo da semana.