PROPOSTA DE ACTIVIDADES

8
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected] PROPOSTA DE ACTIVIDADES INICIACIÓN NA LECTOESCRITURA “XOGO CO MEU NOME E COS NOMES DA MIÑA FAMILIA” Obxectivos: iniciarse na lectoescritura a través de palabras significativas (o nome propio e dos membros da familia). Ir asociando progresivamente cada letra co son correspondente (conciencia fonolóxica). Desenvolver a atención e a concentración. Recoñecer a recta numérica. Iniciarse na construción do concepto de número asociando progresivamente número e cantidade. Recoñecer as normas do xogo e aprender a gañar e perder. Temporalización: 5 días. Podemos variar o tempo incluíndo máis nomes da familia. Materiais: tapóns, rotuladores, envases de iogur, papel, tesoiras e celo. Para crear o material podemos trazar as letras e os números nun folio e despois recortar e pegar con celo nos recipientes de iogures e nos tapóns ou directamente escribir con permanente sobre eles (despois se outro día nos fan falta para outro xogo podemos borrar con alcol). A inicial soemos escribila de vermello e as outras letras de negro. Día 1. Ordenamos os números e as letras do noso nome. Esta noite fixo tanto vento en Vimianzo que voaron letras e números. Seremos capaces de colocalas ben? Primeiro comezamos cos números. O primeiro que temos que buscar cal será? E despois? A ver, imos contar xuntos para ver cal ven agora... (se precisan botamos man da recta numérica para que poidan ir mirando). TALLER

Transcript of PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Page 1: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

INICIACIÓN NA LECTOESCRITURA

“XOGO CO MEU NOME E COS NOMES DA MIÑA FAMILIA”

Obxectivos: iniciarse na lectoescritura a través de palabras significativas (o nome propio e

dos membros da familia). Ir asociando progresivamente cada letra co son correspondente

(conciencia fonolóxica). Desenvolver a atención e a concentración. Recoñecer a recta

numérica. Iniciarse na construción do concepto de número asociando progresivamente

número e cantidade. Recoñecer as normas do xogo e aprender a gañar e perder.

Temporalización: 5 días. Podemos variar o tempo incluíndo máis nomes da familia.

Materiais: tapóns, rotuladores, envases de iogur, papel, tesoiras e celo. Para crear o material

podemos trazar as letras e os números nun folio e despois recortar e pegar con celo nos

recipientes de iogures e nos tapóns ou directamente escribir con permanente sobre eles

(despois se outro día nos fan falta para outro xogo podemos borrar con alcol). A inicial soemos

escribila de vermello e as outras letras de negro.

Día 1. Ordenamos os números e as letras do noso nome.

Esta noite fixo tanto vento en Vimianzo que voaron letras e números. Seremos capaces de

colocalas ben?

Primeiro comezamos cos números. O primeiro que temos que buscar cal será? E despois? A

ver, imos contar xuntos para ver cal ven agora... (se precisan botamos man da recta numérica

para que poidan ir mirando).

TALLER

Page 2: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

Moi ben!! Xa temos os números. Pero mira... tamén voaron as letras do teu nome! Imos ver

que letras ten o teu nome e como soan, acordaraste? Ordenámolas (se lles fai falta

proporcionámoslles a tarxeta co nome).

Xenial!! Que pensas que tes moitas letras ou poucas? Que che parece se as contamos?

Atoparemos o número para colocalo debaixo do nome? Siii! Perfecto! Fixéchelo moi ben!

Día 2. As letras do meu nome queren xogar ás agochadas.

As letras do teu nome están moi xoguetonas... están tan divertidas que se esconderon por

todo o salón... encima da mesa, debaixo dos coxíns... serás quen de atopalas todas e gardalas

no envase de iogur correspondente? Concéntrate ben porque pode haber máis de unha de

cada! (podemos ir dándolles pistas de onde buscar).

Page 3: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

Agora imos contar cantas atopaches de cada. Necesitas axuda ou podes ti soa?

Día 3. Segue a facer vento en Vimianzo... esta vez desordenáronse as letras do avó Juan.

Podemos facer o mesmo proceso pero co nome dun membro da familia: irmá, nai, avó...

primeiro ver que letras forman o nome e como soan. Despois ordenalas e contar cantas hai.

Día 4. As letras do avó tamén están moi xoguetonas. Buscámolas?

Co nome do familiar podemos xogar ás agochadas como fixemos co nome propio e despois

contar cantas atopamos de cada.

Día 5. Perdéronse todas as letras... Apura a buscar!

Podemos facer un concurso e buscar cada un as letras do seu nome e colocalas no envase

correspondente. Concéntrate ben para contar!! E non fagades trampas...

Quen atopou máis? Ana ou o avó Juan?

Page 4: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

“COQUIÑOS DE GALLETA”

INGREDIENTES:

- 100 GR LEITE CONDENSADO.

- 200 GR DE GALLETAS TIPO “MARÍA”.

- 200 GR DE COCO RAIADO.

- 100 GR DE MANTEIGA.

ELABORACIÓN:

1. TRITURAR AS GALLETAS ATA QUE SE CONVIRTAN EN PO, PODE SER CUN ROLO DE

AMASAR OU CUNHA TRITURADORA.

2. MESTURAR AS GALLETAS CO LEITE CONDENSADO.

3. ENGADIR A MANTEIGA FUNDIDA E SEGUIR REMEXENDO ATA FORMAR UNHA MASA

BEN HOMOXÉNEA, UNIFORME E COMPACTA.

4. DEIXALA REPOUSAR 30 MINUTOS NA NEVEIRA.

5. FACER MOITAS BOLIÑAS DO TAMAÑO QUE SE QUEIRA. MESMO PODEN SER DE VARIOS

TAMAÑOS.

6. UNHA VEZ REMATADO DE FACER AS BOLAS, REBOZÁMOLAS NO COCO RAIADO.

7. LISTAS PARA COMER!

COCIÑA

Page 5: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

EXPERIMENTO DO OVO EN AUGA SALGADA

• UNHA ACTIVIDADE PARA TRABALLAR A FLOTACIÓN

MATERIAIS:

• 6 CUCHARADAS DE SAL DE MESA

• 2 VASOS

• AUGA DA BILLA

• 2 OVOS CRÚS

PROCEDEMENTO

ENCHEDE OS DOUS VASOS CON AUGA DA BILLA. ENGADIDE 6 CUCHARADAS DE SAL NUN

RECIPIENTE E MESTURADE BEN CUNHA CULLER ATA QUE O SAL SE DISOLVA

COMPLETAMENTE NA AUGA. LOGO, COLOCADE UN OVO EN CADA RECIPIENTE E OBSERVADE

CAL DOS OVOS FLOTA E CAL SE AFUNDE.

COMPROBAREDES QUE O OVO DEPOSITADO NO VASO DE AUGA QUE CONTÉN A SAL

FLOTARÁ, E O OUTRO AFUNDIRÁ, DEBIDO A QUE A AUGA SALGADA É MÁIS DENSA QUE A

AUGA DOCE, POR ISO O OVO NON AFUNDE. DESTE XEITO, CANTO MÁIS DENSO SEXA O

LÍQUIDO, MÁIS FÁCIL SERÁ FLOTAR NEL.

CIENCIA

Page 6: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

COMO XA ESTAMOS NA PRIMAVERA, IMOS TRABALLAR AS CORES A TRAVÉS DA PINTURA

ABSTRACTA E CON UN PINTOR CON UN ESTILO DE PINTURA MOI DIVERTIDO DE

PRACTICAR.

ESTE PINTOR CHÁMASE JACKSON POLLOCK, E A TÉCNICA QUE UTILIZABA PARA PINTAR,

DRIPPING: QUE CONSISTE EN CHORREAR, SALPICAR E GOTEAR A PINTURA SOBRE O PAPEL

OU LENZO. NON UTILIZABA CABALETES, PINCEIS NIN PALETAS. PREFERÍA USAR PAOS E

ESPÁTULAS. REALIZABA AS SUAS OBRAS ABSTRACTAS, EXPRESÁNDOSE CON TODO O

CORPO E DE FORMA ESPONTÁNEA.

MATERIAIS:

- TÉMPERAS DE DIFERENTES CORES

- 1 PINCEL GROSO

- PAPEL

- ROUPA QUE SE POIDA MANCHAR

TÉCNICA:

• ESTENDES PAPEL CONTINUO (SE O TES) SOBRE O CHAN OU UN FOLIO SOBRE A MESA.

• MERGULLAS O PINCEL NA PINTURA E DAS GOLPES SECOS DE BONECA OU CO DEDO NA BASE DO PINCEL,

VARIANDO A INTENSIDADE E A DISTANCIA DO PAPEL, SEGUINDO A TUA CREATIVIDADE.

• TAMÉN PODES CHORREAR A PINTURA DIRECTAMENTE DO BOTE.

CANTO MAIS TE MANCHES, MAIS TE DIVIRTES!!!!

OUTRA TÉCNICA QUE PODEDES UTILIZAR PARA FACER PINTURA ABSTRACTA É O WATERPAINTING.

MATERIAIS:

- VERNIZ DE UÑAS DE DIFERENTES CORES

- 1 CARTOLINA TAMAÑO FOLIO OU LENZO (SE O TEDES NA CASA)

- RECIPIENTE DE PLÁSTICO RECTANGULAR (TAMAÑO UN POUCO MAIS GRANDE QUE UN

FOLIO)

- AUGA

TÉCNICA:

• BOTAMOS AUGA NO RECIPIENTE.

• DESPOIS IMOS VERTENDO O VERNIZ DE UÑAS DAS CORES QUE MAIS VOS GUSTEN. IDES

VER COMO SE MEZCLAN AS CORES E COMO SE VAN FACENDO DIFERENTES FORMAS.

• POR ÚLTIMO, MERGULLADES A CARTOLINA OU LENZO NA AUGA POR UNS SEGUNDOS ATA QUE SE ADHIRA A

PINTURA.

• DEIXADES SECAR É…TACHAAANNN!!!! XA TEDES O VOSO CADRO ABSTRACTO.

ARTE

Page 7: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

COMO PREPARARNOS ANTES DE CADA SESIÓN

1. Necesitamos roupa cómoda que nos permita movernos correctamente (chándal, mallas,

pantalón curto, camiseta, …).

2. Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten que

ser cómodo e espazoso.

3. Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos.

4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre coa supervisión dun

adulto.

5. Colocamos unha esterilla ou alfombra, senón temos non pasa nada, facémolo sen ela.

6. Temos que utilizar calcetíns ou calzado que eviten escorregar no chan.

7. Antes de comezar o exercicio, temos que quentar as articulacións para non lesionarnos, polo

que movemos lentamente e de forma circular os nocellos, xeonllos, cóbados, bonecas,

brazos, cadeira e pescozo durante uns minutos.

O EXERCICIO DA SEMANA

8. Antes de realizar o exercicio, hai que adiviñalo: “O can”.

Guau de noite, guau de día. Xogo e ladro, con alegría. Quen son?.

9. Podemos ver como se fai neste vídeo tan ilustrativo:

https://www.youtube.com/watch?v=QOE2qjdMXOQ

10. Procedemos a facer a postura do “Can”. Esta postura consiste en imitar a un can estirándose

boca abaixo e vainos servir para mellorar a nosa elasticidade, fortalecendo as costas, os

ombros e o abdome. Para facer a postura, temos que colocar as mans e os xeonllos no chan.

As bonecas das mans hai que colocalas en liña recta cos ombros, collemos aire, botámolo

fóra e levantamos os xeonllos do chan e a cadeira cara arriba coma no debuxo. Estiramos as

pernas e os brazos empuxando o chan, relaxamos a cabeza e miramos aos pés. Aguantamos

10 segundos e volvemos á postura inicial de xeonllos no chan.

11. Repetiremos esta postura cantas veces queiramos aguantando 10 segundos e descansando

en intervalos de 30 segundos mentres escoitamos a música relaxante. Podemos alternar a

postura desta semana coa aprendida a semana pasada “A Montaña”.

IOGA

Page 8: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

02 DE MAIO DE 2020

O DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR, É UNHA ACTIVIDADE CONMEMORATIVA QUE DEBEMOS TER

MOI PRESENTE NO DÍA A DÍA DAS AULAS. EMPORISO, CON MOTIVO DA MESMA, PROPONSE:

Lectura e visualización do conto:

ORELLAS DE BOLBORETA

ACTIVIDADES A PARTIR DO CONTO PROPOSTA 1. “Como me vexo?”

• Esta actividade consiste, tendo como referente a Mara, en mirarse

fronte ao espello, e debuxarse a si mesmo. Convidade aos nenos e nenas

a que se miren detidamente no espello, a que se descubran, e que logo,

plasmen o observado nun folio por medio dun debuxo.

PROPOSTA 2. “Vístome coma Mara!”

• Nas ilustracións do conto utilízase a técnica do “collage”, que

consiste en pegar distintas imaxes ou anaquiños delas sobre un

papel ou lenzo para confeccionar unha obra de arte. Tendo esta

técnica como referente, que vos parece a idea de darlle cor ao

voso debuxo empregando anaquiños de imaxes ou recortes?

CONMEMORACIÓN

• Editorial KALANDRAKA

• Texto de LUISA AGUILAR

• Ilustracións de ANDRÉ NEVES

• Tradución de MANUELA RODRÍGUEZ

• TEMÁTICA: a posta en valor das

diferenzas fronte a quen as quere

converter en burla.

Para visualizar o conto, podedes pinchar na seguinte ligazón:

https://www.youtube.com/watch?v=2CmLNSrO3g4&t=3s