PROGRAMACIÓN LATÍN II

29
PROGRAMACIÓN DE LATÍN II 2º DE BACHARELATO DEPARTAMENTO DE CULTURA CLÁSICA I.E.S. DA TERRA CHÁ CASTRO DE REI LUGO CURSO 2008-2009 © Lorenzo Fraga Montero

Transcript of PROGRAMACIÓN LATÍN II

PROGRAMACIÓN DE LATÍN II

2º DE BACHARELATO

DEPARTAMENTO DE CULTURA

CLÁSICA

I.E.S. DA TERRA CHÁ

CASTRO DE REI

LUGO

CURSO 2008-2009

© Lorenzo Fraga Montero

2

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN

1. CONTEXTUALIZACIÓN

2. MARCO LEXISLATIVO.

2. OBXECTIVOS.

3. CONTIDOS.

4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO.

5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

CONTIDOS.

6. METODOLOXÍA.

7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

2. MÉTODO DE AVALIACIÓN

3. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E PRÁCTICA

DOCENTE

8. MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS.

VIII. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

IX. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

X. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

3

1. INTRODUCIÓN

1. CONTEXTUALIZACIÓN

A programación da asignatura de Latín II forma parte do Proxecto

Curricular de Centro do I.E.S. da Terra Chá de Castro de Rei, na

provincia de Lugo. Esta asignatura forma parte do Bacharelato na súa

modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, impartíndose no

segundo curso. O grupo de Latín II está formado por 3 alumnas e 1

alumno.

2. MARCO LEXISLATIVO

O marco lexislativo desta programación está conformado polas

seguintes normas:

1. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (B.O.E. de 4 de

maio de 2006)

2. Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a

ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma

de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008)

3. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a

organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na

Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño de 2008)

2. OBXECTIVOS

Os obxectivos establecidos para a asignatura de Latín (I e II) no

Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e

o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do

23 de xuño de 2008) son:

4

1. Iniciarse na lectura, interpretación e tradución de textos de

dificultade progresiva, utilizando, para este fin, o coñecemento

dos elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da

lingua latina.

2. Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as

linguas e recoñecer compoñentes significativos da flexión nominal,

pronominal e verbal latina nas linguas modernas derivadas do latín ou

influídas por el.

3. Achegarse a textos latinos diversos, orixinais, adaptados e

traducidos, mediante unha lectura comprensiva e distinguir as súas

características esenciais e o xénero literario ao que pertencen.

4. Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou que

permanecen nas nosas linguas e aprecialos como clave para a súa

interpretación.

5. Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización romana,

indagando en documentos e en fontes variadas, analizalos

criticamente e constatar a súa presenza ao longo da historia.

6. Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana no

noso contorno e apreciar a lingua latina como instrumento transmisor

de cultura.

7. Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de sistema

integrador de diferentes correntes de pensamento e actitudes

(éticas e estéticas) que conforman o ámbito cultural europeo.

3. CONTIDOS

5

O anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a

ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de

Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008), estrutura os contidos da

asignatura de Latín II en 5 bloques:

1. Contidos comúns.

▪ Interpretación crítica de textos. A tradución como técnica. A

exactitude na expresión lingüística.

▪ Valoración do estilo dun texto en función das peculiaridades do

autor e das peculiaridades do texto e do contexto.

▪ A literatura latina e os xéneros literarios. Influencia da literatura

latina na literatura posterior.

As raíces romanas de Galicia.

2. A lingua latina.

▪ Revisión da flexión nominal e pronominal. Formas menos usuais e

irregulares.

▪ Revisión da flexión verbal regular. Verbos irregulares e

defectivos. Formas nominais do verbo.

▪ Afondamento no estudo da sintaxe casual.

▪ A oración composta. A subordinación: substantiva, adxectiva e

adverbial; uso das partículas subordinantes máis frecuentes.

Construcións de participio e de infinitivo.

3. Os textos latinos e a súa interpretación.

6

▪ Afondamento na lectura comprensiva e tradución de textos

latinos achegándose ao seu contexto social, cultural e histórico.

▪ Lectura e comentario de obras e fragmentos latinos traducidos

relacionados cos diversos xéneros literarios asimilando as súas

características formais.

4. O léxico latino e a súa evolución.

▪ Aprendizaxe de vocabulario.

▪ Formación de palabras latinas. Composición e derivación.

Compoñentes etimolóxicos no léxico das linguas romances.

▪ Vocabulario específico de orixe grecolatina usual nas disciplinas

que se estudan no bacharelato.

▪ Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta.

▪ Uso correcto do dicionario.

5. Roma e o seu legado.

▪ Transmisión da literatura clásica.

▪ Os xéneros literarios latinos e a súa influencia nas manifestacións

posteriores artísticas e literarias con especial referencia á

cultura galega.

▪ A romanización da Gallaecia. Vestixios en xacementos

arqueolóxicos e museos.

4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO

7

1. A dimensión histórica do coñecemento, o contexto no que se

producen os avances e o papel desenvolvido por quen os fixeron

posibles.

Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos,

porque en todos eles hai que facer alusión á evolución no estudo dos

diversos ámbitos tratados (lingüística, historia, literatura, etc.), a

relevancia do contexto histórico e a importancia dos individuos ou

colectivos que os fixeron posibles.

2. A visión interdisciplinar do coñecemento, salientando as conexións

entre diferentes materias e a aportación de cada unha á comprensión

global dos fenómenos estudados.

Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos, pois

en todos eles é preciso facer referencia a outros ámbitos de

coñecemento, insistindo no carácter interdisciplinar deste.

3. A aplicación do aprendido ás situacións da vida cotiá, favorecendo as

actividades que capaciten para o coñecemento e análise do medio que

nos circunda e das variadas actividades humanas e modos de vida.

Este contido transversal é especialmente relevante no bloque de

contidos relativos a Roma e o seu legado. As experiencias en tódolos

ámbitos da vida humana da sociedade grega (institucións, vida cotiá,

estruturación da sociedade, problemas, etc.) son en moitos casos

comúns ou presentan importantes similitudes con situacións actuais.

É importante que as alumnas aprecien esta semellanza e poidan

realizar análises e tirar conclusións a partir da comparación.

8

4. O aproveitamento das diversas fontes de información, cultura, ocio e

estudo presentes na sociedade do coñecemento.

Este contido transversal abórdase indistintamente en tódolos

bloques temáticos, tanto a través de referencias para que as alumnas

poidan amplia-los seus coñecementos (por exemplo, a través do cine)

como a través do uso de materiais desta natureza na explicación (por

exemplo, a través do uso de presentacións).

5. A toma de conciencia sobre temas e problemas que afectan a tódalas

persoas no mundo globalizado, entre os que se considerarán a saúde,

a pobreza no mundo, o esgotamento dos recursos naturais, a

superpoboación, a contaminación, o quecemento da Terra, a violencia,

o racismo, a emigración e a desigualdade entre as persoas, pobos e

nacións.

Estes contidos transversais abordaranse especialmente a partir das

reflexións que xurdan a partir dos textos traballados en clase e,

tamén, ó tratar algúns aspectos concretos da historia e a sociedade

romana.

6. A análise das formas de exclusión social que dificultan a igualdade

dos seres humanos, con especial referencia á desigualdade das

mulleres.

Este contido transversal hase tratar especialmente ó estuda-la

sociedade romana, con especial referencia á situación dos escravos e

da muller. Hase tratar, sobre todo, de que as alumnas aprecien a

importante evolución e progreso que aportan as sociedades

9

occidentais nestes campos, en comparación, especialmente, con

outras sociedades contemporáneas.

7. A adopción dunha perspectiva que permita aprecia-la contribución

das diferentes sociedades, civilizacións e culturas ó

desenvolvemento da humanidade, e adquiri-la visión continua e global

do desenvolvemento histórico, especialmente referida ós últimos

séculos, posibilitando así unha interpretación obxectiva do devir da

humanidade.

Este contido transversal trátase ó considera-las importantes

aportacións do mundo romano en tódolos campos da evolución da

humanidade. É importante que as alumnas entendan que a nosa

sociedade actual non sería posible tal e como a coñecemos sen o

mundo grego.

8. A análise e a valoración das contribucións máis salientables para o

progreso humano nos campos da saúde, o benestar, as comunicacións,

a difusión do coñecemento, as formas de goberno e as maneiras de

satisface-las necesidades humanas básicas.

Hábitos como o do baño e a hixiene persoal, a xeralización de

bibliotecas e escolas, así como as distintas formas de goberno

existentes durante a historia de Roma son aspectos que permiten

abordar este contido transversal nesta asignatura.

9. O coñecemento dos procedementos e dos temas científicos actuais e

das controversias que suscitan, así como a adquisición de actitudes

de curiosidade, antidogmatismo e tolerancia e a conciencia da

necesidad de camiñar cara a sostibilidade do planeta.

10

Este contido transversal hase abordar especialmente nos bloques

temáticos 2º e 3º, especialmente co gallo da análise sintáctica, que se

utilizará para mostrar ás alumnas un ámbito de coñecemento en

formación e que presenta nas súas formulacións disparidade,

disparidade que debe ser admitida sempre que se fundamente

adecuadamente.

10. O desenvolvemento dos compoñentes saudables na vida cotiá e a

adopción de actitudes críticas ante as prácticas que inciden

negativamente na mesma, para contribuir ó afianzamento da

personalidade e autonomía do alumnado.

Este contido transversal hase abordar especialmente ó considera-los

hábitos hixiénicos e alimenticios da Roma clásica, considerando que

prácticas eran beneficiosas y cales non.

11. O afondamento conceptual nas bases que constitúen a sociedade

democrática, analizando as súas orixes durante a historia, a súa

evolución nas sociedades modernas e o fundamento racional e

filosófico dos dereitos humanos.

Este contido transversal hase abordar amplamente ó considera-las

formas de goberno de Roma. É importante establecer paralelos entre

as distintas formas de goberno da Roma clásica e os modelos actuais,

facendo especial fincapé nos valores democráticos e igualitarios. É,

ademais, moito importante incidir no concepto de dereitos humanos

como aqueles dereitos propios de todo ser humano polo feito de o

ser, en especial contraposición á práctica común no mundo antigo da

escravitude.

11

12. O desenvolvemento da capacidade comunicativa e discursiva en

diferentes ámbitos, tanto en castelán e galego como nunha lingua

estranxeira, que permita consolida-las aprendizaxes realizadas polo

alumnado nas etapas educativas anteriores e contribuir á súa

formación integral a través do respeto, o interese e a comunicación

con outros falantes, desenvolvendo unha conciencia intercultural

como vehículo para a comprensión dos problemas do mundo

globalizado.

En tódolos bloques temáticos hase traballar este contido transversal.

É fundamental que o alumnado sexa quen de se expresar, non só con

corrección, se non tamén con propiedade á hora de trata-los distintos

contidos da asignatura. É por iso que tanto o traballo en expresión

oral como escrita sexa parte fundamental desta materia.

13. O fomento da actividade investigadora na aula como fonte de

coñecemento, co gallo de harmonizar e conxuga-las aprendizaxes

teóricas coas de carácter empírica e práctica.

Este contido transversal é obxecto de especial atención, en tanto que

as alumnas terán que elaborar traballos persoais nos que, ademais de

acceder a e procesar información, terán que pór en práctica

conceptos e contidos aprendidos na aula.

5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS

CONTIDOS.

Os contidos desta programación estructúranse en catro bloques

temáticos cunha secuenciación independente e cun tratamento

simultáneo durante as tres avaliacións do curso.

12

1. Apartado de lingua latina:

1.1. 1ª Evaluación:

a) U.D. 33:

• Repaso 1º Bacharelato:

• Morfoloxía1:

• Flexión nominal (sustantivos e adxectivos).

• Flexión pronominal (ego, tu, nos, uos, hic, iste, ille, is,

qui, alter, uter, uterque, unus, duo, tres).

• Flexión verbal (modo indicativo en voz activa e pasiva

das cinco conxugacións regulares, verbo sum, possum,

uolo, nolo, eo, participio de presente e infinitivo de

presente activo).

• Sintaxe2:

• Sintaxe básica de casos:

• Acusativo de dirección sen preposición.

• Acusativo de extensión no tempo e no espacio.

• Xenitivo-locativo

• Dativo posesivo.

• Ablativo-locativo.

• Ablativo de limitación (nomine)

• Complementos réxime.

• Rección preposicional.

1 Estes contidos danse por sabidos, procedéndose a un exame dos mesmos a segunda ou terceira semana do curso.2 Estes contidos danse por sabidos, pero serán obxecto de comentario incidental cando xurdan a propósito de novos contidos sintácticos ou na tradución de textos.

13

• Formas non persoais do verbo:

• Infinitivo.

• Participio concertado (participio de presente).

• Oracións interrogativas.

• Oracións subordinadas:

• Adxectivas:

• Oracións de relativo con indicativo.

• O relativo coma adxectivo (atracción do relativo).

• Sustantivas:

• Oracións completivas de infinitivo:

• Sen suxeito propio: constituo, uolo, etc.

• Con suxeito propio: iubeo.

• Adverbiais:

• Temporais con cum e ubi.

• Causais con quod (pregunta cur).

b) U.D.34:

• O modo subxuntivo.

• Oracións subordinadas finais.

c) U.D.35.

• Estilo indirecto: ordes.

• O pluscuamperfecto de subxuntivo.

• Formas pasivas do subxuntivo.

d) U.D.36.

• Verbos depoñentes.

• O infinitivo de presente pasivo.

• Os imperativos na voz pasiva.

14

e) U.D.37: O ablativo absoluto.

f) U.D.38: O participio de futuro activo.

g) U.D.39:

• Estilo indirecto: formulación de preguntas.

• O pretérito perfecto de subxuntivo.

h) U.D.40:

• Máis usos do caso ablativo.

• Verbos semidepoñentes.

i) U.D.41: Estilo indirecto: oracións subordinadas de infinitivo.

j) U.D. 43: Oracións subordinadas consecutivas.

k) U.D. 44: Oracións subordinadas condicionais.

l) U.D. 45: Valores do subxuntivo.

m)U.D. 47:

• Valores da conxunción cum.

• Valores da conxunción dum.

• O relativo de enlace ou demostrativo.

n) U.D. 48: Oracións subordinadas sustantivas de temor.

o) U.D. 49:

• Verbos impersoais.

• Verbos intransitivos en pasiva.

p) U.D. 50: o xerundio.

q) U.D. 51: o xerundivo.

r) U.D. 52: xerundivos de obriga.

s) U.D. 53:

• O dativo predicativo.

• Oracións subordinadas de relativo con subxuntivo.

15

t) U.D. 54:

• Valores de ut: resumo.

2. Apartado dos textos latinos e a súa interpretación.

2.1. 1ª Avaliación.

a) Introdución ó emprego do dicionario.

b) Tradución de textos orixinais e adaptados.

• Adaptacións:

• Textos propostos no libro de texto.

• Orixinais e adaptados:

• Eutropio

2.2. 2ª Avaliación.

a) Tradución de textos orixinales e adaptados.

• Adaptacións:

• Textos propostos no libro de texto.

• Textos orixinais e adaptados:

• Eutropio

• Fedro

2.3. 3ª Avaliación.

a) Tradución de textos orixinais e adaptados.

• Fedro

3. Apartado de léxico latino e a súa evolución.

3.1. 1ª Avaliación.

16

a) Introdución ó concepto de gramática histórica.

b) Concepto de palabras patrimoniais, cultas e semicultismos.

c) Explicación de regras de gramática histórica que explican a

evolución do latín ó galego / castelán e outras linguas romances

(especialmente peninsulares).

d) Topónimos galegos.

e) Latinismos máis frecuentes.

3.2. 2ª Avaliación.

a) Explicación de regras de evolución do latín o galego / castelán.

b) Topónimos galegos.

c) Latinismos máis frecuentes.

3.3. 3ª Avaliación.

a) Topónimos galegos.

b) Latinismos máis frecuentes.

4. Apartado de Roma e o seu legado.

Advertencia: as obras de lectura son as establecidas para a PAAU de

Latín de Galicia do ano 2009. Esta listaxe, pois, pode sufrir

modificacións segundo o que se estableza para a PAAU do ano 2010.

4.1. Literatura:

a) 1ª Avaliación.

• A épica.

• Lectura obrigada: Metamorfoses 1.452-567; 4.55-166;

10.1-71.

17

• A lírica.

• Lectura obrigada: poemas de Catulo número 51, 2, 86, 87,

109, 5, 7, 3, 85, 70, 8, 11.

b) 2ª Avaliación.

• Historiografía.

• Lectura obrigada: Dende a fundación da cidade 1.56.4-60.

• O teatro: Plauto.

• Lectura obrigada: Anfitrión (¿?)3

• A oratoria.

• Lectura obrigada: Discursos de Calgaco e Agrícola (Tácito,

Agricola, 30-32 e 33-34).

4.2. A romanización:

a) Hispania.

b) Gallaecia.

6. METODOLOXÍA

➢ Lingua latina.

Para a explicación dos contidos deste apartado hase tomar como

punto de partida o libro de texto e a proposta metodolóxica da

editorial Oxford educación.

Presentación intuitiva dos novos contidos a través das viñetas que

abren cada unha das unidades didácticas.

Explicación teórica dos contidos.

Realización dos exercicios e textos que parezan convenientes dos

propostos no libro.

3 Tamén é posible sustituí-la lectura desta obra polo visionado da película Golfus de Roma.

18

➢ Interpretación dos textos.

Para a explicación dos contidos deste apartado hase tomar como

punto de partida a tradución e corrección de textos en clase. Dende

o primeiro día, os/as alumnos/as deberán traducir textos na casa que

posteriormente serán corrixidos e comentados na aula. Os textos

hanse escoller de modo que a dificultade sexa progresiva.

Metodoloxía para a tradución e corrección de textos.

Introdución contextualizadora do texto. O texto, ou conxunto de

textos, irán precedidos dunha presentación que servirá para lle

dar ó/á alumno/a o contexto no que se ha de entende-lo texto

(autor, época, xénero, outros aspectos relevantes).

Aínda que este departamento quere que os/as alumnos/as entren

en contacto o antes posible cos textos orixinais, enténdese, sen

embargo, que os niveis de coñecemento actuais de latín non son os

axeitados para a utilización desta metodoloxía sen máis;

aproveitando, xa que logo, a experiencia do curso 2006-07,

proponse o seguinte:

• todo texto latino para traballar na aula pode constar de ata

tres versións:

• 1ª versión simplificada en latín. O obxectivo deste texto é

permitir ó/á alumno/a un achegamento ó contido do texto a

través dun latín “sinxelo” y “asequible”. Así se consegue que

dende o primeiro momento o/a alumno/a aborde o texto

19

latino dende o latín. É probable que esta versión se utilice

especialmente nos primeiros textos.

• 2ª versión no latín orixinal pero con modificacións na orde

de palabras. En moitos casos a dificultade que desconcerta

ó principiante non é tanto o vocabulario coma a orde da

prosa e, especialmente, do verso latinos. É por iso que unha

vez que se entendeu o contido do texto, parece conveniente

aborda-lo texto pero nunha orde que poida permitir ó/á

alumno/a a comprensión e a identificación das unidades de

significado e das construcións morfolóxico-sintácticas.

Esta versión é obrigada naqueles textos que presentan unha

orde especialmente dificultosa para o alumnado, como é o

caso dos textos en verso.

• 3ª versión: versión orixinal. O/a alumno/a pode, agora si,

aborda-lo texto latino orixinal apreciando as diferencias

formais entre a tradución romance e o texto latino orixinal.

Esta versión é, por suposto, sempre obrigada e debe ser

sobre a que se fagan os comentarios.

• A metodoloxía que se vai utilizar na aula parte do comentario

selectivo de todos aqueles aspectos do texto que parezan

relevantes:

• Achegamento ó contido do texto.

• Achegamento á forma.

• Explicación morfolóxico-sintáctica do texto.

• Outros aspectos relevantes (figuras estilísticas, métrica,

rasgos de autor, etc.).

20

• Durante este curso hase facer un esforzo moi importante para

achegar ós/ás alumnos/as ós recursos que para a tradución e

estudo dos textos latinos están dispoñibles na internet.

➢ Léxico e a súa evolución.

Léxico.

Para facilita-lo coñecemento e recordo de vocabulario básico e de

construcións morfosintácticas moito habituais, habemos recorrer ó

exercicio de relectio, no que os/as alumnos/as deberán traducir dun

modo libre pero conservando o sentido, sen axuda do dicionario,

aqueles textos que se traballaran na aula.

Obxectivos do exercicio de relectio:

• memorización de novo léxico.

• recoñecemiento de construcións sintácticas habituais.

Evolución do léxico do latín ó galego / castelán e outros romances

peninsulares.

Para o desenvolvemento deste apartado hase dotar ós/ás alumnos/as

do material teórico axeitado e dos exercicios correspondentes, para

que poidan coñece-las regras máis importantes que explican a

evolución do latín ó galego / castelán.

Ademais, hase estudar neste apartado os latinismos máis frecuentes

nas nosas linguas. Partindo da listaxe proposta pola comisión da

PAAU, os/as alumnos/as hanse encargar de atopa-lo significado e o

contexto de uso máis axeitado. Isto hase facer mediante traballos

que se han concretar na programación de aula. O mesmo acontece co

21

estudo da toponimia galega, que partirá da listaxe proposta pola

comisión da PAAU.

➢ Literatura latina.

A metodoloxía que se utilizará para a explicación do núcleo temático A

Literatura Latina combinará, por unha banda, a explicación en clase y,

por outra, o traballo persoal do alumnado. A unha breve introducción de

cada un dos xéneros na aula e esquematización dos seus aspectos máis

importantes, seguirá o traballo persoal sobre o material proposto, que

consistirá na lectura, suliñado y resumo dos aspectos máis relevantes de

cada un dos xéneros, a partir do material proporcionado polo profesor.

Cada alumno/a entregará na data prevista a tal efecto un resumo persoal

de cada un dos xéneros literarios tratados, que o profesor corrixirá e

devolverá. Trala corrección de tódolos resumos hase facer unha posta

en común na que o profesor aclarará aqueles aspectos que quedaran

pouco claros ou que os/as alumnos/as pasaran por alto. Dentro deste

núcleo temático cabe a posibilidade (en función da madurez do grupo e a

dispoñibilidade de tempo) da realización de traballos dirixidos, persoais

ou en grupos, sobre algún xénero literario ou algún aspecto relevante

dalgún deles, con especial valoración dos recursos das novas tecnoloxías

que se utilicen.

7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

22

Os criterios de avaliación recollidos no Anexo I do Decreto

126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o

currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia son:

1. Ser capaz de comprender e traducir de forma coherente

textos latinos pertencentes a diversos xéneros literarios.

Con este criterio preténdese comprobar o progreso na práctica da

tradución, así como a capacidade de lectura comprensiva adquirida

polo alumnado. Na tradución procurarase combinar a fidelidade

coa corrección no estilo, facendo un adecuado uso do dicionario.

2. Recoñecer en textos latinos orixinais os elementos básicos da

morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función da

comprensión do texto latino, apreciando variantes e

coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co

galego e co castelán.

Este criterio trata de comprobar o coñecemento e emprego da

lingua latina por parte do alumnado, completando o nivel adquirido

no curso anterior mediante o estudo das irregularidades

morfolóxicas de maior frecuencia e dos procedementos máis

habituais de subordinación propios da lingua latina. O alumnado

debe manifestar o seu avance neste nivel facendo análises

morfosintácticas de textos orixinais de dificultade progresiva e

recoñecendo as variantes e coincidencias respecto doutras linguas

por el coñecidas.

3. Comparar o léxico latino co das outras linguas de uso do

alumnado, identificando os seus compoñentes e deducindo o seu

significado etimolóxico.

23

Este criterio trata de avaliar se o alumnado domina os

procedementos de derivación e composición na formación do

léxico latino e se é consciente de que eses derivados pasaron

como tales á lingua que utiliza. Así mesmo, trátase de comprobar

se reflexionou sobre os procedementos de derivación e

composición, no que xogan un papel preponderante os afixos de

orixe grecolatina.

4. Realizar comentarios de textos traducidos, analizar as

estruturas e trazos literarios deles e recoñecer o papel da

literatura clásica nas literaturas occidentais.

Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos

elementos esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se

se recoñecen os diversos xéneros polos seus trazos

diferenciadores. O comentario versará sobre textos con sentido

completo de diversos xéneros literarios e a súa comparación con

textos da literatura posterior, especialmente a escrita en galego

e castelán nos que sobrevivan trazos, temas ou tópicos da

literatura latina.

5. Planificar e realizar traballos monográficos empregando fontes

de diversos tipos (restos arqueolóxicos, inscricións, índices,

léxicos, traballos específicos, etc.) e utilizando as tecnoloxías

da información e a comunicación como ferramenta de

organización e comunicación dos resultados.

Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do

alumnado na planificación, procura, recompilación e

sistematización da información, así como o grao de corrección na

24

expresión oral ou escrita. O alumnado, guiado polo profesorado,

planificará a actividade, organizará a información, contrastaraa e

intentará formular hipóteses, elaborando o seu traballo mediante

o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como

ferramentas fundamentais en todo o proceso e como soporte para

a exposición das súas conclusións. Neste sentido, recoméndase o

uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias e

dicionarios en liña, programas de presentacións e outras

ferramentas da internet.

6. Ler obras da literatura latina traducidas.

Con este criterio preténdese que o alumnado capte a mensaxe

contida na obra, as claves do xénero e o seu contexto histórico.

Pode tratarse de obras completas, traducidas ou adaptadas ao

nivel de bacharelato, ou ben de antoloxías dunha única ou varias

autorías ou que se articulen ao redor de temas concretos. O que

se busca fundamentalmente é potenciar o hábito de lectura con

textos atractivos para o alumnado.

2. MÉTODO DE AVALIACIÓN.

1. Avaliación inicial.

Este departamento ha levar a cabo unha avaliación inicial do

seguinte modo:

1. os/as alumnos/as cubrirán unha ficha con datos relativos ás

cualificacións obtidas no curso anterio ou asignaturas

pendentes.

2. mediante unha proba escrita sobre contidos morfolóxicos e

sintácticos. Nesta proba hase tratar de valora-lo coñecemento

25

que de conceptos de morfoloxía e sintaxe xeral ten o

alumnado.

3. mediante unha proba escrita sobre contidos de historia e

legado. Con esta proba preténdese valorar o grao de

coñecemento que o alumnado ten sobre a historia de Grecia en

xeral e sobre a súa vinculación con España e, en particular, con

Galicia.

4. mediante a conversa os primeiros días de clase.

2. AVALIACIÓNS ORDINARIAS.

A cualificación de cada avaliación determinarse do seguinte xeito:

((cualificación 1º exame) + (cualificación 2º exame x 2))/3.

Hai que aclarar que:

1. cada exame consta de tres partes:

1. 1ª parte: morfología e cuestións teóricas de sintaxe (aporta

o 30% da cualificación; para facer media é preciso obter

polo menos 4/10).

2. 2ª parte: relectio (non aporta cualificación, pero é preciso

obter polo menos 5/10 para aproba-la avaliación).

3. 3ª parte: tradución de texto non visto na aula coa axuda do

dicionario. Esta proba presentarase seguindo o modelo das

probas de latín da PAAU, con exclusión dos apartados de

literatura latina e cuestións do mundo clásico, que han ser

avaliados por outra vía. Aporta o 70% da cualificación e

para facer media é preciso obter polo menos 4/10).

2. a materia da relectio e da parte de morfoloxía non se libera.3. CUALIFICACIÓN FINAL.

26

A cualificación final establecerase aplicando a seguinte fórmula:

((cualificación 1ª aval.) + (cualificación 2ª aval. x 2) + (cualificación

3ª aval. x 3)) / 6 = X. Ó 85 % de X háselle engadi-lo 15% de Y,

respectivamente, sendo Y a cualificación media de tódalas probas

de literatura realizadas durante o curso.

IMPORTANTE.

1. Non hai recuperacións das probas teóricas de literatura.

2. Aproba-la 2ª avaliación implica automáticamente recupera-

la 2ª (que quedará aprobada con 5 a efectos da media).

3. Aproba-la 3ª avaliación implica automáticamente recupera-

la 1ª e 2ª (que quedarán aprobadas con 5 a efectos da

media).

4. No caso de que un/unha alumno/a aprobe a 3ª avaliación,

tendo suspensa as anteriores ou algunha delas, e a

aplicación da fórmula xeral dea unha cualificación inferior á

da 3ª avaliación, neste caso a cualificación final poderá ser

a da 3ª avaliación, sempre e cando a actitude e traballo

durante o curso sexan os axeitados.

5. Para poder aproba-lo curso é preciso supera-las probas de

control das lecturas obrigadas.

ADDENDA: para evita-las desgraciadamente habituais faltas de

asistencia masivas nos días anteriores ó remate de cada

avaliación, este departamento dispón que toda falta non

xustificada expresamente polos titores legais do/a alumno/a

durante as últimas dúas semanas de cada avaliación poderá

conlevar que non se lle permita ó/á alumno/a a realización dos

27

exames de avaliación, e no caso de que a ausencia se producise con

posterioridade á devandita proba, que se lle suspenda a avaliación

independientemente da cualificación obtida.

3. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E PRÁCTICA

DOCENTE.

Para poder facer un seguemento e avaliación tanto dos procesos de

ensino como da práctica docente do profesor, establécense os

siguintes procedementos:

1. En cada avaliación hanse adicar total ou parcialmente polo menos

dúas sesións de clase para comentar cos/as alumnos/as a marcha

do curso; aspectos relativos á práctica docente do profesor,

problemas que lles xurdan cos distintos contidos da asignatura,

etc. O obxectivo é manter unha comunicación directa cos/as

alumnos/as para poder reflexionar sobre a marcha da asignatura

e, sobre todo, sobre a metodoloxía empregada.

2. Ó remate de cada avaliación, na acta de departamento, hase

recoller unha reflexión sobre estes aspectos. Nesta reflexión

terase en conta expresa e especialmente os comentarios dos/as

alumnos/as.

3. Ó remate do curso o profesor pasará aos alumnos/as algún tipo de

cuestionario para poder avalia-los procesos de ensino e a práctica

docente.

8. MATERIAL E RECURSOS DIDÁCTICOS.

2. Material obrigado:

1. Libro de texto: Latín 2.º de Bachillerato, Proyecto Exedra, de

Oxford EDUCACIÓN.

28

2. Dicionario: Diccionario ilustrado vox latino-español, español-latino.

3. Lecturas: (para ve-las edicións recomendadas vid. páxina web)

1. OVIDIO (ÉPICA):

1. Apolo e Dafne (Metamorfoses 1.452-567)

2. Píramo e Tisbe (Metamorfoses 4.55-166)

3. Orfeo e Eurídice (Metamorfoses 10.1-71)

2. CATULO (LÍRICA): Poemas número 51, 2, 86, 87, 109, 5, 7, 3,

85, 70, 8 e 11.

3. TITO LIVIO (HISTORIOGRAFÍA): A traxedia de Lucrecia

(Historia de Roma dende a súa fundación 1.56.4-60).

4. TÁCITO (ORATORIA): Discursos de Calgaco e Agrícola

(Agricola, 30-32 e 33-34)

5. PLAUTO (TEATRO): Anfitrión.

4. Outros:

1. Conta de correo electrónico.

2. Conta en Slideshare.

9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

Este departamento ten previsto desenvolve-las seguintes actividades

extraescolares cos/as alumnos/as de Latín de 2º de bacharelato:

1. 2ª Avaliación: Festival Grecolatino de teatro de Lugo.

Esta planificación poderá ser modificada en función de distintas

circunstancias, tanto de dispoñibilidade de días como do comportamento e

rendemento académico dos/as alumnos/as.

10. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

29

O tratamento da diversidade en Bacharelato ven dado pola mesma

natureza e organización desta etapa, na que os/as alumnos/as optaron

por unha das modalidades, e, dentro de cada modalidade, escolleron

entre varias materias optativas. Polo tanto, non pode te-la mesma

consideración ca nas etapas educativas obrigadas.

En calquera caso, a atención á diversidade realizarase dentro da aula de

acordo coa realidade concreta dos/as alumnos/as que constitúen o

grupo; en función disto seleccionaranse e distribuirán os contidos e

actividades na forma que resulte máis conveniente.

11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

Para segui-lo axeitado desenvolvemento da programación durante o

curso, polo menos unha vez ó mes hase recoller expresamente no libro

de actas do departamento unha valoración acerca do desenvolvemento

da programación. Nesta valoración hase indicar se a programación se

está a desenvolver segundo estaba previsto ou non. En caso de non ser

así, hanse indicar expresamente as razóns e hanse propo-las medidas

correctoras oportunas.

En Castro de Rei (Lugo) a 25 de setembro de 2009.

Asdo.: Lorenzo Fraga Montero(Xefe de Departamento de Cultura Clásica)