Programación Iniciacion Artesania en Coiro Emao Vigo 2012 13

10
Artesanía en Coiro

Transcript of Programación Iniciacion Artesania en Coiro Emao Vigo 2012 13

Artesanía en

Coiro

Iniciación

Identificar e empregar correctamente as ferramentas tradicionais e modernas paraescoller a que mellor se adecúa ás nosas necesidades.Traballar con soltura todas as posibilidades da pel de poldro. Seleccionar a parte da pel máis adecuada para a peza que se elabora aproveitando o coiro e evitando os defectos.Aplicar correctamente a técnica do repuxado, seña de identidade da nosa Escola.Comprender as fases do proceso de elaboración dunha peza.

Estuche

Elaborar unha peza sinxela empregando ferramentas básicas (sacabocados, regra e escuadra) unida coa costura do salto a cabalo.

Moedeiro

Construír pezas con forrado parcial e aplicar o peche da tapa con broches.

Carteira

Asimilar a idea da peza e aplicar o punto español simple.

Chaveiro

Elaborar unha peza a partir da medida dunha chave.

Pulseiras

Aplicar trenzados redondos e planos de ata seis cabos.

Bolso Plano

Resolver un proxecto de pezas superpostas combinando costuras con tireta (punto español dobre e salto a cabalo)Coñecer o tinguido como parte da decoración dos proxectos

Bolso con Fol

Aplicar a costura de “guarnicionero” con fío encerado para unir o fol. Coñecer e colocar peches magnéticos.

Sandalias

Elaborar pezas sinxelas empregando ferramentas e materiais específicos dos zapateiros.