PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o...

26
1 PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 18-19

Transcript of PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o...

Page 1: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

1

PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CURSO 18-19

Page 2: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

2

ÍNDICE

1. Introdución .................................................................................................. 4

2. Programación ............................................................................................. 4

3. Avaliación das necesidades ...................................................................... 4

4. Obxectivos xerais ....................................................................................... 5

5. Obxectivos específicos

5.1. Co centro .......................................................................................... 5 - 6

5.2. Co profesorado ...................................................................................... 6

5.3. Co alumnado do aula de apoio ............................................................. 7

5.4. Coas familias ......................................................................................... 7

5.5. Con outros organismos ......................................................................... 7

6. Planificación xeral das actuacións do Departamento de Orientación

6.1. Apoio ao proceso de ensino – aprendizaxe …………………….....… 7 - 9

6.1.1. Actuacións xenéricas

6.1.2. Actuacións concretas

6.2. Plan de Acción Titorial ………………………………………..……..….... 10

6.3. Plan de Orientación académico – profesional ………………..….....…. 10

6.4. Contribución ás competencias clave ……………………….…....... 10 - 12

6.5. Metodoloxía ……………………………………………………….………. 12

6.6. Temporalización …………………………………………………..…. 12 - 14

6.7. Avaliación ………………………………………………………………...... 14

7. Atención individualizada – apoio

7.1. Contextualización ......................................................................... 15 - 16

Page 3: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

3

7.1.1. Alumnado

7.1.2. Organización da atención individualizada

7.2. Contribución ás competencias clave ............................................ 16 - 18

7.3. Obxectivos ................................................................................... 18 - 19

7.4. Metodoloxía .................................................................................. 19 - 20

7.5. Temporalización ........................................................................... 20 - 22

7.5.1. Exención de francés

7.6. Avaliación ..................................................................................... 22 - 23

7.6.1. Avaliación do alumnado

7.6.2. Procedementos e instrumentos de avaliación

7.6.3. Criterios de avaliación

7.7. Materiais e recursos ............................................................................ 24

7.8. Propostas de mellora .......................................................................... 25

Page 4: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

4

PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CURSO 2018-2019

1. INTRODUCIÓN

O traballo do Departamento atenderá a actuacións por programas. Esta

actuación por programas pretenderá establecer un continuo orientador que

abranga toda a escolaridade do alumnado e que tentará abranguer aos

diferentes membros da comunidade, tanto na faceta de receptores coma de

impulsores do proceso orientador.

2. PROGRAMACIÓN

Realizarase en función das necesidades concretas do instituto. Da análise

destas necesidades deduciranse os obxectivos, as actividades, a metodoloxía

e a avaliación.

Apoio ó ensino-aprendizaxe.

Plano de Acción Titorial.

Plano de Orientación Académico-Profesional.

3. AVALIACIÓN DE NECESIDADES

A avaliación de necesidades constitúe a orixe e a fundamentación da

intervención orientadora do modelo de orientación de programas. Analizarase o

contexto educativo concreto para determinar as posibles necesidades de

orientación e despois darase prioridade as actuacións básicas que irán

encamiñadas aos tres ámbitos anteriormente nomeados. Estas actuacións

centraranse no alumnado da ESO e de Bacharelato.

Page 5: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

5

4. OBXECTIVOS XERAIS

1. Contribuír á personalizar a educación, referida a persoas concretas,

con aptitudes, actitudes e intereses diferentes.

2. Axustar a resposta educativa ás necesidades particulares do

alumnado, mediante as oportunas adaptacións curriculares e

metodolóxicas.

3. Axudar ao alumnado a avanzar no seu proceso de ensino–

aprendizaxe.

4. Resaltar os aspectos orientadores da educación atendendo ao

contexto real no que vive o alumnado.

5. Favorecer os procesos de madurez, do desenvolvemento da propia

identidade e do sistema de valores.

6. Previr as dificultades de aprendizaxe e non só asistilas cando chegan

a producirse, anticipándose a elas e evitando, no posible, os

abandonos escolares, o fracaso e a inadaptación socio–escolar.

7. Contribuír á adecuada relación e interacción dos distintos integrantes

da comunidade educativa así como entre a comunidade e o entorno

social.

5. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Os obxectivos xerais que establecemos estrutúranse en catro apartados. Serán

os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas

familias.

5.1 Co Centro

- Asesorar tecnicamente sobre as medidas de atención á diversidade e

proporcionar asesoramento psicopedagóxico á acción educativa do centro.

- Contribuír a realización e/ou análise das necesidades do alumnado.

Page 6: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

6

- Colaborar na organización e planificación de toda clases de actividades

educativas.

- Promover a cooperación entre o centro e as familias para unha maior

eficacia e coherencia na educación do alumnado.

- Coordinar o funcionamento do Plano de Acción Titorial, proporcionando

asesoramento e apoio aos programas contemplados no mesmo.

- Redactar, de acordo as directrices da CCP e as achegas dos

departamentos didácticos, a proposta de Plan Xeral de Atención á

Diversidade.

- Colaborar na organización e planificación de toda clases de actividades

educativas dentro do Plano de Convivencia do Centro.

5.2 Co Profesorado

- Transmitir o profesorado, informacións pertinentes acerca da avaliación

psicopedagóxica dos alumnos/as e das características destes.

- Orientalos tecnicamente en relación aos reforzos e apoios

psicopedagóxicos, promoción de alumnado, etc.

- Aportar elementos de información sobre o alumnado durante o proceso

avaliador.

- Colaborar na detección de problemas educativos, de desenvolvemento ou

de aprendizaxe que presente o alumnado e unha rápida intervención para

tratar de subsanalos.

- Colaborar co profesorado no seguimento e avaliación do alumnado.

- Colaborar co profesorado que o requira nas adaptacións dos materiais

didácticos que o alumnado precisa para acceder aos aprendizaxes.

- Colaborar co profesorado titor nas relacións cas familias.

- Asesorar e participar coas titoras/es no desempeño da Acción Titorial.

Page 7: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

7

5.3 Co alumnado da aula de apoio

Especificados con máis detalle no punto 7.

5.4 Coas Familias

- Cooperar na relación titores/familia para solucionalos problemas que

afecten os seus fillos/as.

- Orientalas familias de forma individual e/ou colectiva para que asuman

responsablemente a educación e orientación dos seus fillos/as.

- Demandarlles colaboración para as actividades que realicen no centro.

5.5 Con outros organismos

- Establecer vínculos de cooperación e colaboración con outros

organismos e institucións da comunidade socioeducativa.

- Colaboración coas Consellerías e organismos oficiais.

- Comunicación e colaboración co EOE no caso de pertinencia.

6. PLANIFICACIÓN XERAL DAS ACTUACIÓNS DO DEPARTAMENTO

DE ORIENTACIÓN

Como sinalábamos ao principio da Programación, os obxectivos trataranse de

acadar basicamente a través de tres ámbitos de actuación:

6.1. Apoio ao proceso de ensino–aprendizaxe

O Departamento de Orientación colaborará no axuste da axuda

psicopedagóxica ás diferentes necesidades dos alumnos/as, mediante a

Page 8: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

8

intervención directa ou ben facilitando os recursos, orientacións, asesoramento

que afecten naqueles aspectos que manifestan a diversidade do alumnado e

que están relacionados co proceso de ensino - aprendizaxe, tales como

capacidade para aprender, estilos de aprendizaxe, intereses dos alumnos/as.

- O Departamento de Orientación colaborará cos departamentos

didácticos para establecelo tipo de intervención máis axeitada,

programando e organizando as medidas específicas de atención á

diversidade (atención individualizada, ACS, etc).

- Seguimento das medidas de atención á diversidade do centro.

- Apoio na realización das Adaptacións curriculares por parte dos PTs do

centro.

- Intervención preventiva destinada ao diagnóstico temperá de dificultades

de aprendizaxe e doutras índoles, así como axudar aos docentes

proporcionándolles orientacións, etc.

- Colaborar cando proceda na fase de deseño de diferentes documentos

que se refiran a decisións curriculares.

- Buscar a cooperación entre tódolos representantes do proceso de

ensino–aprendizaxe para optimizar os resultados do mesmo e conseguir

o desenvolvemento integral do alumnado.

6.1.1. Actuacións xenéricas

Preventivas

- Reunións cos titores/as e xefatura de Estudios para detectar posibles

dificultades do alumnado.

- Asesorar ós departamentos que o soliciten sobre criterios e técnicas de

avaliación, aspectos metodolóxicos, secuenciación de obxectivos e

contidos e elaboración de ACIS.

Page 9: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

9

- Comunicación ás familias, cando proceda, dos resultados obtidos na

avaliación así como propostas de aplicacións das medidas de atención

específicas.

Ordinarias

- Asesorar a titores/as en temas relacionados coa titoría ou proceso de

ensino.

- Reunión con titores/as para tratar aspectos concretos cando así

proceda.

6.1.2. Actuacións concretas

- Participar na prevención e detección de problemas de aprendizaxe e

outras necesidades a través da avaliación inicial.

- Realizar avaliación inicial de todo alumnado de 1º da ESO, e transmitir

posteriormente ao profesorado a información dos resultados obtidos na

avaliación así como propostas de aplicacións das oportunas medidas de

atención.

- Atención individualizada do alumnado que o requira por parte do PT do

centro.

- Realización das oportunas avaliacións psicopedagóxicas do alumnado

que presente necesidades educativas especiais.

- Colaborar na organización das medidas específicas de atención á

diversidade.

Page 10: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

10

6.2. Plan de Acción Titorial

- Apoio e desenvolvemento das titorías contribuíndo a posta en marcha de

proxectos educativos que faciliten un desenvolvemento integral do

alumnado.

- Soporte técnico para o desenvolvemento da acción titorial ao

profesorado responsable da titoría.

6.3. Plan de Orientación Académico e Profesional

- Orientación académico-profesional individualizada ao alumnado que o

solicite.

- Orientación académica grupal para o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e

Bacharelato.

- Colaboración, participación e realización en todas as actividades de

orientación académico-profesional do centro.

- Deseño de actividades que axuden ao alumnado a reflexionar e

coñecerse, a determinar intereses, a coñecer capacidades que os

axuden a facer eleccións coherentes e óptimas.

6.4. Contribución ás competencias clave

A través da acción titorial preténdese que o alumnado adquira os instrumentos

e as estratexias sociais necesarias para: desenvolverse en sociedade

respectando as diferenzas de opinión dos outros e expresando as súas

propias con respecto e facéndose respectar; adquirir e mostrar actitudes de

responsabilidade e de respecto cara a saúde das outras persoas e de cara a

saúde de un mesmo; promover a madurez na toma de decisións; construír a

súa propia opinión da realidade escollendo e analizando criticamente a

información de entre os diferentes medios de comunicación; fomentar o

interese pola aprendizaxe ao longo de toda a vida; fomentar a capacidade de

Page 11: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

11

levar adiante as accións necesarias para desenvolver proxectos persoais, tanto

académicos como profesionais.

Para lograr a adquisición destes instrumentos para a vida cotiá, propoñemos

levar a cabo programas que os traballen de xeito interrelacionado.

A competencia lingüística é traballada en todos os programas que se

desenvolven dende a acción titorial (tanto a través do PAT como do POAP) xa

que a linguaxe é o instrumento regulador do pensamento, das emocións e da

conduta.

O bo desenvolvemento desta competencia está moi relacionado co correcto

uso e tratamento da información e pode favorecer a competencia dixital. Para

favorecer esta última, presentamos información relevante para o alumnado a

través da páxina web do centro, realizamos buscas a través da rede usando

todos os medios tecnolóxicos que temos a disposición.

A combinación de ambas competencias favorece o desenvolvemento da

competencia para aprender a aprender, xa que aprender a aprender supón

dispor de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuar

aprendendo de xeito cada vez máis eficaz de acordo cos propios obxectivos e

necesidades. Para favorecer esta competencia, traballase entre outras, co

Programa de Apoio o Ensino-Aprendizaxe dentro da atención individualizada,

ou mesmo, dentro do PAT co Programa de Técnicas de estudio.

Coa posta en marcha dos distintos programas de habilidades sociais e de

mellora da convivencia contemplados no PAT, contribúese a desenvolver a

competencia social e cidadá, xa que esta supón comprender a realidade social

na que se vive e utilizar as habilidades sociais que permiten saber que os

conflitos de valores e intereses forman parte da convivencia e resolvelos con

actitude construtiva.

A programación do PAT contribuirá á adquisición e desenvolvemento da

competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico a través dos

programas de educación para a saúde, que inclúen tanto a prevención de

drogodependencias como a educación afectiva e emocional referida á

Page 12: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

12

sexualidade ; xa que forma parte desta competencia, a protección da saúde

individual e colectiva como elemento clave da calidade de vida das persoas.

Por último, a nosa contribución á adquisición da autonomía e iniciativa persoal

vai ser moi relevante. Esta competencia supón poder transformar as ideas en

accións. Implica polo tanto, a adquisición dun conxunto de valores e actitudes

persoais interrelacionados, dos que destacamos a perseveranza, a autoestima,

a responsabilidade, a autocrítica, a asertividade e o autocontrol emocional. E

tamén resulta importante a capacidade de levar adiante as accións necesarias

para desenvolver proxectos persoais, tanto académicos como persoais ou

profesionais. Habilidades, capacidades, estratexias e valores que tratamos de

potenciar a través de todos os programas implementados ao longo do curso.

6.5. Metodoloxía

A introdución do concepto de competencia básica supón a necesidade de ter

en conta, na planificación dos programas e na posta en práctica das

actividades, a integración de contidos impartidos en materias diferenciadas. De

tal xeito que se favoreza a interconexión dos coñecementos e a xeneralización

das aprendizaxes nos distintos aspectos da vida cotiá do alumnado.

Polo tanto, a metodoloxía a empregar será sempre activa e participativa.

Activa, xa que é o alumno quen ten que integrar os novos aprendizaxes aos

que xa tiña. Participativa, porque a aula ofrece un espazo privilexiado para o

ensaio das estratexias e habilidades que pretendemos que adquiran para a

convivencia nunha sociedade plural e democrática.

6.6. Temporalización

Primeiro Trimestre

- Revisión das actividades realizadas o curso pasado e da memoria de

actividades de titoría realizadas polo profesorado-titor para constatar

o grao de satisfacción das mesmas.

Page 13: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

13

- Proposta de novas actividades para este curso ou mantemento das

xa realizadas o curso pasado.

- Propoñer a temporalización axeitada das actividades de Acción

Titorial para o presente curso.

- Informar ao profesorado-titor do contido do PAT para o presente

curso.

- Coordinación das actividades solicitadas ao concello e outras

institucións de carácter público e privado.

- Reunións periódicas coas titoras para coordinar e informar sobre o

desenvolvemento da programación.

- Asistencia ás reunións de pais sobre información das características

máis salientables da ESO e funcionamento do Centro, titorías,

departamento de Orientación.

- Asistencia a reunións familiares de información sobre as medidas de

atención á diversidade propostas para o alumnado dende o centro

por parte do profesorado e o departamento de Orientación.

Segundo Trimestre

- Entrega de información á titora/or

- Coordinación das actividades solicitadas ao concello/ e distintas

organizacións de carácter público ou privado.

- Apoio e soporte técnico ás titoras no desenvolvemento das

actividades de titoría.

- Reunións periódicas coas titoras para coordinar e informar sobre o

desenvolvemento da programación.

Page 14: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

14

Terceiro Trimestre

- Entrega da información para o terceiro trimestre.

- Coordinación das actividades solicitadas ao concello/ e distintas

organizacións de carácter público ou privado.

- Deseño e implementación, nos cursos correspondentes, dos

programas específicos de orientación académica e profesional, que

inclúen actividades de autocoñecemento, busca activa da

información e promoción da madureza vocacional.

- Atención individualizada ao alumnado/familias que o soliciten.

- Apoio e soporte técnico ás titoras no desenvolvemento das

actividades de titoría.

- Reunións periódicas coas titoras para coordinar e informar sobre o

desenvolvemento da programación.

- Avaliación das actividades do PAT e propostas de mellora para o

próximo ano escolar.

6.7. Avaliación

A avaliación levarase a cabo utilizando a observación directa e a información

proporcionada polos profesores.

Ao final do curso deixarase constancia na memoria final do Departamento e na

memoria do PAT.

7. ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA – APOIO

Segundo indica o Decreto 229/2011 de 7 de decembro polo que se regula a

atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade

Autónoma de Galicia, a diversidade é unha realidade presente en tódolos

centros educativos.

Page 15: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

15

Educar na diversidade supón poñer en marcha accións educativas para dar

resposta ás diferentes capacidades, ritmos, estilos de aprendizaxe,

motivacións, intereses e situacións sociais e culturais que pode presentar o

alumnado ao longo do seu proceso de escolarización. O obxectivo principal das

nosas actuacións, polo tanto, é dotar ao alumnado de ferramentas para que a

súa adaptación sexa o máis completa e efectiva posible en tódolos seus

ámbitos de desenvolvemento, e que axuden a compensar as desigualdades

para que podan alcanzar os obxectivos da na súa etapa educativa unha vez

sexan identificadas e valoradas as súas necesidades

7.1. Contextualización

7.1.1. Alumnado

O número de alumnos que recibirá atención individualizada por parte dos

especialistas de pedagoxía terapéutica durante este curso académico

2018/2019 pode variar ao longo do mesmo en función das necesidades

detectadas, tanto polos profesores e titores coma polo propio Departamento de

Orientación no seu labor diario.

Ao comezo do curso, o Departamento de Orientación leva a cabo a avaliación

inicial dos grupos de 1º da ESO a través das probas Badyg, que serven para a

avaliación de aptitudes de comprensión e razoamento verbal, numérico e

espacial e de aspectos de atención e memoria auditiva, visual e ortográfica.

Analizados os resultados se contrastarán coas probas de avaliacións inicial que

realiza o profesorado así como co histórico educativo do alumnado e se

decidirá nestas reunións de avaliación, a pertinencia ou non de medidas a

aplicar.

Nese momento decídese, nun principio, o alumnado que recibirá a medida de

atención individualizada durante o curso e en que momentos acudirá ao aula

de apoio.

Page 16: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

16

7.1.2. Organización da atención individualizada

As sesións de atención individualizada por parte dos especialistas de

pedagoxía terapéutica do centro desenvólvense en dous escenarios diferentes:

o aula ordinaria e o aula de apoio.

No primeiro caso e, de acordo coa lexislación vixente, priorizarase o apoio

dentro das aulas de referencia. Este traballo ten como obxectivo favorecer o

proceso de aprendizaxe do alumnado atendido nunha materia curricular

concreta, apoiando ao profesorado da materia que atende a alumnos con

NEAE.

Aínda que sempre buscamos o nivel máximo de integración dos alumnos

dentro do seu grupo e tentamos desenvolver esta medida, non sempre é

posible levala a cabo debido a horarios, ás características do alumnado e á

inviabilidade de realizalo dentro dalgunhas materias.

Os criterios para formar os grupos para cada sesión de atención individualizada

poden basearse no nivel de competencia do alumnado, no curso onde se atope

escolarizado, nas materias a reforzar e no seu nivel de traballo, e incluso

pensando naquelas dificultades que poidan presentar na súa capacidade de

relación cos compañeiros. O número de persoas atendidas en cada grupo, non

superará como norma xeral, as cinco.

7.2. Contribución ás competencias clave

Segundo o que indica o Decreto 86/2015 de 25 de xuño, polo que se establece

o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na

Comunidade Autónoma de Galicia, no artigo 3 parágrafo “b”: “as competencias

son as capacidades para aplicar de xeito integrado os contidos propios de cada

ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización adecuada de

actividades e a resolución eficaz de problemas complexos”.

Por todo iso, o noso traballo desenvólvese atendendo á adquisición das

mesmas, perseguindo que cada un dos nosos alumnos sexa capaz de actuar,

Page 17: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

17

resolver, producir ou transformar a realidade a través das tarefas que lle son

propostas ao longo das sesións de traballo.

Así, dende o Departamento de Orientación trabállanse as competencias clave

do seguinte xeito:

Competencia en comunicación lingüística (CCL): traballaranse as

habilidades para a expresión de ideas e a interacción con outras persoas

para poder interpretar e comprender a realidade, perseguindo tamén a

transmisión de coñecemento e a regulación propia das emocións e da

conduta.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia y

tecnoloxía (CMCT): a importancia da resolución dos problemas da vida

diaria é básica para acadar unha boa base de coñecementos.

Competencia dixital (CD): mediante a busca dun uso seguro e crítico das

novas tecnoloxías en tódalas actividades perseguimos o obxectivo de

achegarnos ás novas esixencias da sociedade.

Competencia para aprender a aprender (CAA): buscamos o máximo

desenvolvemento das capacidades do alumno dentro do seu proceso de

ensino e aprendizaxe axudando, para iso, a organizar a ensinanza para

que se desenvolva dun xeito cada vez máis autónomo.

Competencias sociais e cívicas (CSC): nas nosas actuacións

perseguimos o respecto, a igualdade e a non discriminación, traballando

o plan de convivencia do centro e implicando a toda a comunidade

educativa.

Competencia no sentido da iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE):

dada a singularidade dos alumnos, perseguimos favorecer o

desenvolvemento das súas capacidades para saber elixir e tomar

decisións.

Page 18: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

18

Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC): neste

sentido traballamos o respecto á diversidade de expresións e ao

desenvolvemento do sentimento de identidade, dando unha grande

importancia á creatividade individual.

7.3. Obxectivos

- Asesorar ao profesorado sobre o traballo co ANEAE que atende e

facilitar o material que precise e colaborar na posta en práctica de

actividades para traballar obxectivos comúns.

- Responder ás necesidades do alumnado, adaptando materiais e

programando as actividades de xeito máis individualizado

atendendo á súa casuística.

- Fomentar a participación do ANEAE nas actividades do centro,

garantindo a súa integración.

- Traballar técnicas instrumentais básicas (lectoescritura, cálculo e

razoamento) e procesos cognitivos básicos (atención, percepción

e memoria).

- Traballar técnicas de estudo para mellorar o rendemento nas

diferentes materias.

- Elaborar materiais didácticos individualizados para o traballo co

alumnado na aula de apoio.

- Propiciar unha educación integral, conseguindo aprendizaxes

funcionais e significativos.

- Posibilitar un maior grao de comunicación cos alumnos/as

prestándolles o apoio necesario.

Page 19: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

19

- Perseguir unha motivación axeitada á hora de levar a cabo as

diferentes actividades.

- Atender aos ámbitos de desenvolvemento, buscando o maior

grao de consecución das competencias clave como punto

fundamental do aprendizaxe.

- Perseguir o desenvolvemento de valores coma o respecto ás

diferencias individuais, a solidariedade, a igualdade de trato e

oportunidades e a prevención e resolución de conflitos.

- Traballar aspectos relacionados coas HHSS e autoestima.

- Asesorar ás familias e perseguir a súa implicación nas actividades

do centro.

- Colaborar cos equipos, organizacións e asociacións externos que

actúen no centro.

7.4. Metodoloxía

Con tódolos alumnos se seguirán unha serie de principios didácticos:

- Construción de aprendizaxes significativos partindo dos intereses e

coñecementos previos, o que permitirá acadar aprendizaxes

significativos e a participación activa do alumno.

- Partir do nivel de desenrolo do alumno/a e das súas posibilidades. Para

elo é preciso coñecer as súas limitacións e comezar por actividades

adaptadas ás súas capacidades, o que lle permitirá acadar os logros.

Atendendo especialmente a aqueles alumnos e alumnas que presenten

dificultades de comunicación ou comprensión, tanto a nivel oral como

escrita.

Page 20: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

20

- Intervención motivadora, para o que é importante traballar nun ambiente

de distensión e confianza. Non centrar a atención do alumno nas

dificultades, senón que se tratará de reforzar a confianza en si mesmo e

no grupo como rede social de apoio.

7.5. Temporalización

As actuacións que están incluídas nesta programación teñen a duración dun

curso escolar completo. Como todo plan de actuación, estará determinado por

un proceso de revisión continuado, favorecendo así a posibilidade de

modificalo en calquera momento en función dos resultados observados e das

necesidades que vaian xurdindo, tanto por parte do centro coma por parte do

alumnado.

Primeiro Trimestre

- Revisión das medidas de atención á diversidade tomadas o curso

pasado.

- Propoñer medidas de atención á diversidade necesarias para

aqueles ACNEE que están sen elas e mesmo para o alumnado que

as tivo o curso anterior.

- Reunión coas familias dos alumnos/as de ACNEE para proposta e

explicación das medidas a adaptar.

- Información ao alumnado das medidas.

- Proporcionar información ao profesor-titor sobre as medidas de

atención á diversidade(atención individualizada, ACIs) durante o

trimestre.

- Proporcionar información ao profesorado das áreas adaptadas

daquel alumnado que está a ser atendido na aula de apoio.

Page 21: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

21

- Avaliación e análise das cualificacións escolares do primeiro

trimestre dos alumnos de atención individualizada para realizar

propostas de mellora de ser pertinente.

- Proporcionar información individualizada ás familias cada trimestre.

Segundo Trimestre

- Avaliación e análise das cualificacións escolares do segundo

trimestre dos alumnos de atención individualizada para realizar

propostas de mellora de ser pertinente.

- Proporcionar información ao profesor-titor sobre as medidas de

atención á diversidade(atención individualizada, ACIs) durante o

trimestre.

- Proporcionar información ao profesorado das áreas adaptadas

daquel alumnado que está a ser atendido na aula de apoio.

- Proporcionar información individualizada ás familias cada trimestre.

Terceiro Trimestre

- Proporcionar información ao profesor-titor sobre as medidas de

atención á diversidade(atención individualizada, ACIs) durante o

trimestre.

- Proporcionar información ao profesorado das áreas adaptadas

daquel alumnado que está a ser atendido na aula de apoio.

- Avaliación das cualificacións finais del curso e propostas para curso

seguinte.

- Proporcionar información individualizada ás familias

Page 22: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

22

7.5.1. Exención de francés

Durante unha hora semanal, será impartido por parte dos profesionais de

pedagoxía terapéutica no aula de apoio o reforzo de matemáticas de 2º A da

ESO correspondente á exención de francés.

En coordinación co Departamento de Matemáticas traballaranse os contidos da

materia respectando a programación que seguen os profesores e que teñen

marcada para o seu traballo a través de distinto material de reforzo adaptado

ao ritmo e ás necesidades de cada alumno/a do grupo.

Durante este curso, e coñecendo a casuística de cada un dos alumnos do

grupo, deberán traballarse os contidos tanto de 1º coma de 2º da ESO debido a

que se atopan no mesmo dous alumnos que precisan levar unha ACS na

materia cun nivel por debaixo do curso no que se atopa.

7.6. Avaliación

7.6.1. Avaliación do alumnado

A avaliación é un procedemento moi importante dentro do proceso de ensino e

aprendizaxe, xa que nos axuda a valorar as informacións recibidas e tomar

decisións con respecto ás mesmas.

A avaliación do alumnado que recibe atención pódese dividir en tres

momentos:

- Avaliación inicial: realizada polos diferentes departamentos do centro e

na que se tomarán en conta os datos aportados polos centros de

Educación Primaria e a existencia de informes previos de avaliacións

psicopedagóxicas.

- Avaliación continua: ao longo do curso valorarase a progresión do

alumnado dentro do aula de apoio a través de follas de rexistro de

actividades, entrevistas de seguimento e valoración do profesorado. Con

toda esa información, ao rematar cada trimestre, elaborarase un informe

Page 23: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

23

que será entregado aos titores durante as sesións de avaliación que, á

súa vez, entregarán ás familias.

- Avaliación final: ao rematar o curso, valorarase na memoria final os

resultados acadados tras poñer en marcha estas medidas de atención

individualizada en función das observacións que se foron recollendo

durante o curso. No informe final dirixido ás familias establécense

propostas de mellora de cara ao seguinte curso.

7.6.2. Procedementos e instrumentos de avaliación

Ademáis das follas de rexistro, empregamos tamén a información que de forma

continua recollemos das reunións coas familias e co profesorado.

Mención a parte require a avaliación do reforzo de matemáticas da exención de

francés. Aínda que a recollida de información lévase a cabo do mesmo xeito

que noutras sesións, non queda reflectida no informe ás familias, xa que se

avalía de forma conxunta co profesorado que realiza o reforzo de lingua castelá

no mesmo grupo. As notas serán consensuadas e rexistradas no XADE e

formarán parte do boletíns de notas do alumnado durante a primeira e a

segunda avaliación.

7.6.3. Criterios de avaliación

Os criterios de avaliación que empregamos para valorar o traballo do alumnado

e poder decidir a permanencia no aula de apoio ou a eliminación da medida de

atención á diversidade dependerá dos seguintes puntos:

- Aproveitamento da medida.

- Traballo no aula.

- Necesidade de seguir aplicando a medida.

Page 24: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

24

7.7. Materiais e recursos

Para a atención ao ANEAE, poñemos en marcha procedementos para o

emprego dos distintos recursos que precisamos.

Recursos persoais: departamento de orientación, profesores de áreas y

titores. Traballaremos de forma coordinada, ademais cos servizos externos que

participen na atención á diversidade e coas familias.

Recursos materiais: sexan ordinarios ou específicos deben cumprir funcións

motivadoras e de apoio de cara a guiar o proceso de ensino e aprendizaxe. En

cada actividade favorecemos o emprego de tódolos recursos do aula de apoio

e dos propios de cada alumno, pero incidindo dun xeito especial no material

TIC, presentado como unha ferramenta para a busca de información de forma

autónoma. Contamos con materiais tecnolóxicos modernos, libros de texto dos

propios alumnos, material de reforzo feito polo propio departamento, libros

facilitados polos distintos departamentos didácticos, lecturas, xogos…

Recursos organizativos: a organización propia do centro destina un aula

situada no segundo andar para levar a cabo as sesións de atención

individualizada: o aula de apoio.

Está dotada dos seguintes materiais:

- 2 ordenadores portátiles con conexión a internet.

- 1 taboleiro dixital.

- 1 proxector.

- 1 taboleiro Vileda

- 2 tablets con conexión a internet.

- 1 ordenador de sobremesa.

- 2 armarios con libros de texto de varios contidos e niveles.

- Libros especiais de adaptacións curriculares.

- 9 mesas e cadeiras.

- Espazo para o profesor.

- Material de escritura.

Page 25: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

25

7.8. Propostas de mellora

Este documento atópase ligado a un proceso de revisión permanente en

función de toda a información que podemos recoller das seguintes fontes:

- Entrevistas coas familias.

- Observación e rexistro do traballo dos alumnos atendidos.

- Reunións cos profesores e titores.

- Reunión do departamento de orientación.

- Informes persoais dos alumnos.

Segundo as conclusións que se extrapolen destas fontes, poderemos modificar

os plans de actuación do alumnado atendido de dar resposta no maior grao

posible ás súas necesidades, tanto as detectadas nas avaliacións iniciais coma

as que poidan xurdir durante o paso do curso.

Na memoria que se elabora ao final do curso, inclúense as actuacións levadas

a cabo cos alumnos polos profesionais de pedagoxía terapéutica e a valoración

das mesmas en función dos resultados acadados.

Cos resultados desta valoración, pódense deseñar as propostas de mellora

necesarias co obxectivo de ofertar unha mellor resposta e solucionar os

posibles erros que puideron aparecer durante a posta en marcha da

programación.

Page 26: PROGRAMACION DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · os que se refiren ao centro, o alumnado, o profesorado e os relacionados coas familias. 5.1 Co Centro - Asesorar tecnicamente sobre

26