Programa electoral completo PSOE 2011

13

Click here to load reader

description

Programa electoral completo PSOE 2011

Transcript of Programa electoral completo PSOE 2011

Page 1: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán

PROGRAMA ELECTORAL

O Goberno do Partido Socialista de Nigrán propón o EMPREGO como eixo transversal da súa política para o período 2011/2015 e ao que adicará todos os medios persoais e económicos necesarios

Continuaremos apostando polo Polígono Terciario e de Servizos de Porto do Molle como base do crecemento e da xeración de emprego en Nigrán, sempre dende os parámetros da integración deste espazo respectando os valores medio ambientais que o rodean.

Crearemos un Centro de Formación Ocupacional Permanente co obxectivo de formar e integrar laboralmente a aqueles que se atopan en situación de desemprego. Potenciaremos a creación de Empresas de Inserción e Iniciativa Local de Emprego Social ILES como vehículo da incorporación real das persoas.

Apoiaremos e favoreceremos dende o Concello a incorporación das persoas con discapacidade e apoiaremos ao emprego protexido.

Crearemos un Viveiro de Empresas con instalacións para desenvolver os novos proxectos empresariais da xente xove de Nigrán.

Continuaremos chegando a acordos bilaterais polo emprego coas empresas que se instalen en Porto do Molle.

Xeraremos Plans de Formación para as necesidades que vaia adquirindo o parque empresarial de Porto do Molle, co apoio do Instituto do Desenvolvemento Empresarial ou outras institucións que poidan facilitar esta formación para a mellora das expectativas de desenvolvemento profesional e persoal.

Page 2: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán Continuaremos cos programas de formación e

emprego a través das Escolas Obradoiro, obradoiros de emprego e programas experimentais de emprego.

Incorporaremos cláusulas sociais ás contratacións no Concello de Nigrán.

Canalizaremos todos estas iniciativas a través dunha páxina web de Emprego e desenvolvemento local, xestionada polo concello con información, ofertas e demandas de emprego, apertura de convocatorias, asesoramento, inclusión na bolsa local de emprego, etc...

Page 3: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán Seguiremos apostando por un Urbanismo transparente feito

coa participación dos cidadáns e por elo continuaremos cos traballos do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que será aprobado no inicio do mandato. Un documento de vital importancia para o desenvolvemento do municipio.

Seguiremos facendo partícipe a toda a cidadanía na redacción do PXOM a través dos Consellos Sectoriais e co compromiso de continuar facendo un Plan de Ordenación transparente e co consenso de todos os veciños e veciñas de Nigrán.

Seguiresmos eliminando as barreiras arquitectónicas e mellorando o acceso ás dependencias públicas.

Ampliaremos, na medida do posible, as zonas de estacionamento público en núcleos urbanos, zonas escolares e deportivas, pero sen desfavorecer os accesos aos peóns.

Habilitaremos nas zonas próximas as praias, parques públicos, paseos e núcleos urbanos zonas de estacionamento para bicicletas e motocicletas.

Continuaremos coa aposta por humanizar as prazas máis significativas do concello co fin de convertelas en puntos de encontro dos cidadáns. Despois dos arranxos nas prazas de San Roque (Camos), Sancho (Panxón) e de San Pedro da Ramallosa, comprometémonos a continuar coas prazas de Santiago de Parada, Praza de A Carrasca, Torreiro de Priegue, Igrexa de Chandebrito e Torreiro dos Pais Franciscanos de A Ramallosa. Estes espazos serán dotados de rede de acceso a internet inalámbrico (WIFI) co obxectivo de que sexan lugares de encontro tamén da xente máis nova.

Page 4: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán Reordenaremos a Praza do Cean e

acondicionaremos a Rúa Cean dende a Biblioteca Municipal ata a Rúa dos Pazos, con beirarrúas, zonas de estacionamento e alumeado público.

Reordenaremos e humanizaremos o acceso á ponte románica da Ramallosa e o entorno do Arco Visigótico e Templo Votivo do Mar en Panxón.

Promover e construír Vivendas de Promoción Pública co fin de facilitar ós/as a adquisición de primeira vivenda así como de facilitar un fogar a prezo asumible aos veciños e veciñas de Nigrán.

▪ Desenvolvemento definitivo do SAU 12 nas Angustias como modelo de xestión do urbanismo e da vivenda dende o concello.

▪ Apoiaremos as iniciativas privadas onde se desenvolvan proxectos de vivenda protexida a prezo taxado.

▪ Apostaremos pola creación de Cooperativas veciñais que impulsen a construción de vivendas entre os veciños e veciñas de Nigrán.

Page 5: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán

Seguiremos apostando polas políticas de protección medio ambiental integradas ás accións de desenvolvemento do municipio. Completaremos a rede de saneamento nas parroquias para depurar todas as súas augas, e seguiremos coa aposta pola recuperación de espazos naturais, rutas de sendeirismo, así como os complexos dunares e cursos fluviais.

Consolidaremos a recuperación do sistema dunar de Lourido e Panxón, ampliando este ecosistema propio para seguir favorecendo a retención de areas das praias e para conseguir que sexa outro atractivo turístico e fonte de ingresos para o comercio local para Nigrán.

Continuaremos coa nosa política de dotar de saneamento a aqueles núcleos e lugares que aínda non contan con el, e achegaremos a rede de auga potable a todo o municipio, iniciando estas actuacións nas parroquias de Parada e Camos.

Seguiremos loitando por conseguir unha figura de protección medio ambiental para ás penínsulas de Monteferro e Monte Lourido desprotexidas inexplicablemente no novo Plan de Ordenación do Litoral (POL) aprobado pola Xunta de Galicia.

Promoveremos e optimizaremos o aforro e a xestión da auga, a xestión do lixo e fomentaremos a redución, a reutilización e a reciclaxe dos residuos.

Crearemos un Punto Limpo para a recollida de residuos domésticos que non poden tirarse ao lixo nin depositarse nos contedores: mobiliario, televisores, ordenadores, fluorescentes, así como aceites de uso doméstico...) para o seu correcto tratamento.

Page 6: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán Seguiremos apostando pola recuperación do

Esteiro do Miñor como espazo natural a preservar e fonte de recursos económicos e traballo para os colectivo de mariscadoras e mariscadores da bisbarra.

Manteremos e melloraremos a senda peonil do Río Muíños dende Lourido ata Camos e Chandebrito. Melloraremos o actual sendeiro entre Lourido e Porto do Molle ao remate das obras no parque empresarial.

Crearemos un sistema publico ou en colaboración con algunha empresa un sistema de préstamo de bicicletas. Con estacións nos puntos mais importantes coma Panxón, Praia América, Centro de Nigrán ou A Ramallosa.

Elaboraremos un plan de austeridade e eficiencia no consumo enerxético, abarcando dende o alumeado publico con medidas como a substitución progresiva das lámpadas de sodio por outras mais eficientes e de maior duración, ata os edificios e vehículos municipais.

Desenvolveremos o Paseo Perimetral a Monteferro coa axuda do Ministerio de Medio Ambiente.

Promoveremos o aproveitamento dos recursos forestais a través dos sistemas de produción de Biomasa de ámbito comarcal e incentivaremos a repoboación do monte con especies frondosas e autóctonas, especialmente naqueles lugares onde se atopen elementos patrimoniais históricos.

Page 7: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán Xestionaremos economicamente o concello de Nigrán con

responsabilidade e continuaremos coa politica de seneamento da institución municipal para que de o mellor servizo aos cidadáns

- Continuar co Plan de Saneamento económico aprobado pola maioría do Pleno Municipal.

- Revisaremos os custes das sub-contratas para redución de gastos correntes.

- Depuraremos saldos pendentes de cobro de exercicios anteriores, especialmente entre os anos 1994 ao 2006.

- Realizaremos un Inventario de bens actualizado e valorado.

- Faremos un control exhaustivo da fiscalización previa, procedementos fiscais e administrativos derivados do gasto.

- Xeraremos remanente en caixa, con todas estas medidas mencionadas anteriormente e outras xa aplicadas na actualidade.

- Revisar a carga impositiva aos cidadáns co fin de rebaixala para facer menos gravosa aos cidadáns sobre todo aquela que teña unha repercusión significativa para as economías familiares

- Mellorar a solvencia e liquidez do noso concello tal como se ven facendo nos últimos catro anos.

- Continuar rebaixando os prazos de pagos a provedores.

- Incorporaremos de xeito progresivo a participación da cidadanía na confección dos orzamentos.

- Suprimiremos ou estableceremos sistemas de control efectivo sobre o servizo das subcotratas posibles para a contratación directa como medida de aforro de custes e a súa vez conleve ampliar mais postos de traballo.

- Poremos en marcha un plan de compras centralizado que buscará un aforro nos prezos buscando o mellor provedor e facilitará o control e axilización das compras polo Concello.

Page 8: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán

Consolidar da Rede de Servizos Sociais municipais para achegarnos a toda a poboación necesitada dando apoio e asesoramento a aquelas persoas que o necesiten.

- Construiremos un Centro de Día para Maiores- Poremos en funcionamento unha Ludoteca

Municipal - Faremos as xestións necesarias para dotar a

Nigrán dun Punto de Encontro.- Reforzaremos o servizo de Axuda a Domicilio

para dar resposta a todas as necesidades da poboación que o precise.

- Crearemos o Consello de Maiores con capacidade de decisión a hora de facer inversión e actividades e como interlocutores ante o concello.

- Crearemos o Consello da Xuventude, dirixo por xóvenes e con decisión á hora de xestión dos recursos municipais cara eles así como interlocutores ante o concello.

- Promoveremos políticas activas de igualdade.- Impulsaremos e por en marcha un Plan de

Prevención Municipal en materia de Drogodependencias e outras condutas aditivas.

Apoiar de xeito contundente o Deporte Base, prestando atención a clubs e entidades deportivas de Nigrán así como a potenciación das mesmas dende o Concello.

- Construiremos o Complexo Polideportivo Municipal: como pistas cubertas o semi-cubiertas de tenis, pádel, pistas de atletismo... podendo incorporar salas para ximnasia de mantemento, aerobic, ioga, spinning...

- Crearemos unha rede de instalacións deportivas polas parroquias.

- Optimizaremos as instalacións deportivas existentes.

Page 9: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán- Impulsaremos programas de promoción de

deporte para todos, para a 3ª Idade, nenos, persoas con discapacidade....

- Renovaremos os espazos adicados ao deporte nas parroquias e crearemos novos lugares onde o deporte teña un valor engadido.

- Promoveremos andainas e rutas de sendeirismo pola zona para persoas de todas as idades

Apostar de xeito decidido pola Cultura a través de actividades durante todo o ano e pondo en valor o AUDITORIO MUNICIPAL como espazo de encontro e ensaio de grupos musicais e vocais de Nigrán, como lugar de referente para concertos, obras de teatro,...

Dotaremos ao Concello de Nigrán dun proxecto museolóxico:

- O Museo Arqueolóxico do Val Miñor, sito nunha das escolas unitarias de Balinfra en Camos e no que se recollerá os espolios dos traballos arqueolóxicos realizados polo IEM ou outras institucións previas xestións cos diversos museos nos que están almacenadas estas pezas (Museo Provincial de Pontevedra, Museo Quiñones de León de Vigo, Museo do Pobo Galego de Santiago) así como daquelas que están en fase de estudo. Tamén situaríase todo o traballo de documentación realizado polo IEM nestes últimos 11 anos (calcos de petróglifos e outras pezas arqueolóxicas, fotografías, infografías, levantamentos topográficos, etc...) para diferentes traballos de posta en valor, sinalización, exposicións temáticas, etc... así como unha Biblioteca de Arqueoloxía e Historia Antiga.

- O Museo da Memoria Histórica do Val Miñor, sito noutra das escolas de Balinfra - Camos no que se exporía todo o material acumulado polo IEM e o doado por particulares e de coleccións privadas nestes anos de traballo sobre a Memoria Histórica (fotografías, documentos, copias de causas, gravacións en audio e video, documentación diversa, obxectos atopados nas

Page 10: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigránexhumacións, materiais de exposicións, etc...). así como unha Biblioteca da Memoria Histórica e un Arquivo documental.

- O Museo do Mar de Nigrán, sito nos baixos do faro de Canido (SAU 4), que cohabitaría coa Oficina de Turismo, no que se recollerán os traballos de investigación sobre a Talasonimia da costa sur de Galicia así como os traballos de investigación nas embarcacións tradicionais da costa de Panxón, as dúas gamelas restauradas, as velas e artes tradicionais da zona.

- O Museo Etnográfico e Patrimonial de Chandebrito, O Patrimonio Cultural Inmaterial está formado por os saberes, tradicións e prácticas xurdidas da relación có medio e no grupo social, sendo necesarias para a vida e que se transmiten de xeración en xeración, configurando a identidade dos pobos. Festas, lendas, oficios, saberes, topónimos e a forma de organización social son algunhas manifestacións do Patrimonio Inmaterial.

- Consolidaremos das Antigas Escolas de Cotros (San Pedro da Ramallosa) como Centro da arte de Nigrán: entro Artesáns, escola Cerámica e Escola de Pintura. Converténdoa nun Centro de Iniciativas Artísticas e Culturais.

- Converteremos o Muíño de Porto do Molle (Parada), ao carón do Paseo do río Muíños, no Centro de Interpretación da Natureza e a fauna e flora dos cursos fluviais de Nigrán.

- Crearemos o rexistro de artista e artesáns do Concello de Nigrán.

- Melloraremos a Biblioteca Pública Municipal e traballaremos para conseguir un espazo de lectura e estudo máis amplo.

- Seguiremos apostando por un Plan Cultural Anual e en especial de verán que se achegue a todas as persoas e a todas as idades. Faremos fincapé en que Cultura e Turismo vaian da man e converter a Nigrán nun espazo cultural atractivo e de calidade.

Page 11: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán Achegaremos o Concello e os Servizos Municipais aos

cidadáns co obxectivo de facilitar todas aquelas xestións posibles ante a administración local:

- Poremos en marcha a administración electrónica e faremos unha páxina WEB dende a que o cidadán poida realizar as xestión administrativas e para acceder a toda a información municipal.

- Implantaremos un Sistema de Calidade (INTERNO) nas Relacións da Cidadanía coa Administración Local

- Crearemos unha oficina de atención ao cidadán- Activaremos o Portelo Único para que dende

Nigrán esteamos conectados con todas as administracións.

- Xestionaremos ante a Administración Central para que o DNI electrónico se faga en Nigrán.

Apostaremos polo Turismo e os Servizos como motores de cara ao desenvolvemento económico de Nigrán. Un Turismo que achéguese a Nigrán durante todo o ano.

- Seguiremos apostando pola promoción de Nigrán como municipio de sol, praia e gastronómico pero sen esquecer a paisaxe, o patrimonio, o medio natural, o deporte, as rutas de sendeirismo ou a cultura de Nigrán como atractivo de cara ao exterior.

- Potenciaremos as Rutas en bicicleta. Turismo sostible. Potenciar as rutas, os carriis bici e todas aquelas iniciativas que potencien o uso da bicicleta.

- Impulsaremos o benestar social dende o punto de vista turístico.

- Crearemos unha páxina WEB de turismo de NIGRÁN que visitar, que facer, aloxamento, actividades, eventos…

- Reubicaremos as Oficinas de Turismo de Panxón, Praia América e Chandebrito.

Page 12: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán- Apoiaremos aos autónomos e pequenos

empresarios dende o Concello tanto na promoción dos seus negocios como facilidade para instalarse e reduciremos a carga impositiva aos mesmos

- Potenciaremos a gastronomía de Nigrán dende a institución municipal.

- Promoveremos andainas e rutas de sendeirismo pola zona para persoas de todas as idades

Continuaremos apostando pola educación pública e investindo nos Colexios e Garderías de Nigrán para que sigan sendo un referente educativo de calidade.

Instalación de Parques Infantís e de Lecer.

- Renovaremos e ampliaremos os Parques Infantís do municipio co fin de adaptase as necesidades dunha poboación en crecemento

- Crearemos novos Parques BIOSaudables para personas maiores.

Apostaremos por unha Policía Local próxima ao cidadán no que a súa labor se centre máis na labor de axuda aos veciños e veciñas que no impositor de sancións.

- Reordenaremos o tráfico, melloras de accesos peonís, etc.... e todo aquilo que conleve a unha mellor convivencia entre o peón e os vehículos.

- Potenciaremos o modelo de Policía de Proximidade e de axuda á potenciar a colaboración con outras Forzas de Seguridade.

- Elaboraremos un Plan Local de Seguridade, onde participen os responsables da Guarda Civil, Policía Local e Protección Civil e a elaboración do PEMU (PLAN EMERXENCIAS MUNICIPAL).

- Constituiremos unha Comisión Local de Seguridade para analizar e potenciar a seguridade cidadán.

Page 13: Programa electoral completo PSOE 2011

Nigrán- Elaboraremos un programa de actuación para

coordinar á Policía Local de proximidade e os Servicios Sociais para prestar atención a personas maiores, con discapacidade que vivan soas.

- Realizaremos xornadas de educación vial cos Centros Escolares para impartir cursos, a alumnos/as, de Seguridade Cidadán e Seguridade Vial.

- Impartiremos cursos de Seguridade Cidadán e Seguridade Vial, dirixidos a persoas maiores.