Programa bng carballo 2015

16
Carballo, un bo lugar para vivir PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015 Carballo —Depende de nós

description

Programa do BNG de Carballo municipais 2015

Transcript of Programa bng carballo 2015

Page 1: Programa bng carballo 2015

Carballo,un bo lugar

para vivir#

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

PROGRAMA ELE

CTO

RAL MUNIC

IPAIS 2015

Carballo —Dependede nós

Page 2: Programa bng carballo 2015
Page 3: Programa bng carballo 2015

CARBALLO 15-30

A historia recente demóstranos quenon se pode gobernar sen mirar aofuturo e sen aprender do pasado.Debemos fuxir do curto prazo, insta-lado, aínda hoxe, no funcionamentode demasiadas institucións.

Neste momento da nosa historia, ecoa experiencia de 12 anos de go-berno, o BNG apostou por elaborarun plan de acción que vai moito máisalá dun mandato de catro anos. Car-ballo 15-30 é a síntese do deseño es-tratéxico do Carballo que queremospara os próximos tres lustros. Planifi-car, pensar o futuro e traballar cara aun novo horizonte é o que ten quedefinir a acción do goberno do nosoconcello.

A xestión desenvolvida permitiunossentar unhas bases sólidas paraafrontar os retos do futuro nas mello-res condicións. Nestes anos, mesmonos máis duros, o goberno do BNGfoi quen de manter a oferta cultural edeportiva, de reforzar axeitadamenteos servizos sociais, de investir engrandes infraestruturas, de impulsaruns servizos públicos máis eficientes,de reducir o desequilibrio territorial ede planificar pensando no futuro. Asnovas infraestruturas e os equipa-mentos que deberemos desenvolvernos próximos 15 anos xa están dese-ñados no Plan xeral de ordenaciónmunicipal (PXOM). Os estudos direc-tores da auga e o saneamento esta-blecen a cobertura deses servizosbásicos ao 100% do territorio nesemesmo horizonte. E anticipámonosao incremento da demanda eléc-trica cunha subestación que ten ca-pacidade para abastecer un

polígono industrial de dous millónsde metros cadrados e unha poboa-ción de 45.000 habitantes.

Pero o que realmente nos vai dife-renciar doutros territorios é o com-promiso que manteremos todos conesta nova estratexia.

Nese horizonte do ano 2030 teremosque adaptarnos a unha realidadeeconómica sempre cambiante e asu-mir novas responsabilidades cara aunha maior calidade de vida dosnosos veciños e veciñas. O Carballodo BNG seguirá sendo un concellotransparente, accesible no político eno territorial, conectado coa moder-nidade, onde a creatividade seguirátendo muros para derrubar e a inno-vación, espazos nos que dialogar, eonde o comercio, a industria, os ser-vizos, o deporte ou a educación for-marán parte desta nova estratexiacolectiva.

A necesidade de construír unha al-ternativa comprometida socialmentefai máis necesario que o proxectopolítico do BNG avance, que poidasumar máis representación e respon-sabilidade institucional como garante–que temos demostrado– da mellorados servizos públicos básicos paratoda a cidadanía.

Agardemos, pois, darlle a benvida aese Carballo do futuro e á nosa es-tratexia. Benvidos a Carballo 15-30.

Evencio FerreroCandidato á Alcaldía de Carballo polo BNG

Page 4: Programa bng carballo 2015

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015Carballo —Depende de nós

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

ASÍ ENTENDEMOS CARBALLOPara o BNG, Carballo é unha forma deentender a acción política, pegada áspersoas, sensible cos problemas e com-prometida coas solucións. Ese é o nosomodelo, a folla de ruta que trazamos hai12 anos e que nos permite chegar ata omomento actual grazas ao apoio damaioría dos carballeses e carballesas. Onoso compromiso permanente é o detraballar por un concello integrado terri-torialmente, sen exclusión sociais, conpersoas participativas e motivadas noobxectivo sempre presente de facer deCarballo O MELLOR LUGAR PARA VIVIR.

OACHEGAMENTO Á CIDADANÍA é undos nosos sinais de identidade. O Con-cello de Carballo ten sempre as portasabertas ás veciñas e aos veciños, e esta-mos a desenvolver o Regulamento departicipación cidadá para que, ademaisde facilitar a intervención na vida públicaa través dos plenos, da xestión dos cen-tros sociais ou do desenvolvemento deproxectos dinamizadores das parroquias,os nosos veciños e veciñas teñan unpapel máis activo aínda á hora de decidiros investimentos municipais.

Queremos ofrecerlle á veciñanza UNNOVO MODELO DE ADMINISTRACIÓN,áxil e fiable, que actúe con criterios deeficiencia, que facilite a actividade eco-nómica, a creación de empresas e o de-senvolvemento de proxectos. Unhaadministración eficiente na tramitación eque se guíe pola presunción de con-fianza da cidadanía, que achegue crite-rios innovadores e que potencie aparticipación do persoal municipal naxestión dos novos proxectos estratéxi-cos.

Impulsaremos o DESENVOLVEMENTOECONÓMICO do noso concello aprovei-tando os recursos nos que xa somos unreferente e as oportunidades que nosofrece a proximidade ao porto exteriorde Punta Langosteira, apoiando e impul-

sando o COMERCIO e as nosas FEIRASE MERCADOS con iniciativas dinamiza-doras; favorecendo a implantación deempresas no POLÍGONO INDUSTRIALcon medidas fiscais e de apoio á contra-tación; con novos PROXECTOS TURÍSTI-COS que contribúan a desenvolver oenorme potencial do noso litoral, danosa vila e do conxunto do territorio.

Deseñaremos un PLAN DE FORMACIÓNE EMPREGO vinculado ao Fórum Carballoque permita dar resposta ás necesidadesde persoal cualificado por parte das em-presas mediante un programa formativocontinuado e axustado á realidade domercado laboral, tendo como principalobxectivo a redución do desemprego;que fomente e apoie o emprendementodende idades temperás, e que contribúaá actualización constante dos/as nosos/ascomerciantes, hostaleiros/as e empresa-rios/as en xeral a través de iniciativas for-mativas sectoriais e de calidade.

Seguiremos reforzando o papel de Car-ballo como MODELO DE PRESTACIÓNDE SERVIZOS para as persoas en situa-cións de emerxencia social, mocidade,maiores, empresari@s, persoas con di-versidade funcional, infancia, turistas, fa-milias, labreg@s, para veciñ@s do centrourbano ou da zona rural, para @s depor-tistas, mariscador@s, estudantes, afec-cionad@s ao deporte, hostaleir@s,vendedor@s ambulantes… Para tod@s,un bo lugar para vivir.

O NOSO MODELO URBANOCarballo experimentou nos últimos 12anos unha transformación urbana senprecedentes. Pero non é suficiente. OBNG quere que Carballo volva a ser esa“vila fermosa, alegre, ben trazada e conpersonalidade” que describía EugenioCarré Aldao a principios do século XX.Por iso nos últimos anos empeñámonosen buscar novos referentes, de xeito queo mercado municipal, o Fórum ou a Bi-

Page 5: Programa bng carballo 2015

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015Carballo —Depende de nós

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

blioteca Rego da Balsa son xa símbolosarquitectónicos da nosa vila. E por isoplasmamos no PXOM o noso conceptode HUMANIZACIÓN.

• Continuaremos cos proxectos quedotan de identidade propia o CEN-TRO URBANO. Precisamos rúas dasque todas e todos poidamos gozar,dende os/as máis pequenos/as ata aspersoas maiores, espazos sen barrei-ras, accesibles, con servizos axeitadosao século XXI, materiais e mobiliariourbano que lles dean un plus de cali-dade. Unha vez rematada a rúa Colónacometeremos o proxecto de humani-zación doutra rúa emblemática danosa vila: a Martín Herrera, para que ocentro sexa un espazo público vivocun comercio local dinámico.

• Estenderemos o plan de humaniza-ción aos BARRIOS, sempre adaptán-donos ás circunstancias e ásnecesidades de cada un deles: mello-rando a accesibilidade, creando plata-formas únicas, ampliando asbeirarrúas, creando espazos axardina-dos ou novas áreas de aparcamento.O proxecto de reforma integral doChorís xa está en marcha, e permitira-nos dar resposta ás necesidadesdunha zona de uso masivo. Comotamén o é todo o contorno do CEIPBergantiños e o complexo deportivoCarballo Calero, que é outro dosnosos obxectivos para o mandato. Re-novaremos a faciana urbana do diná-mico barrio da Milagrosa e levaremosa primavera ao barrio das Flores.s aprimavera ao barrio das Flores.

• Potenciaremos o METROMINUTOcomo o principal sistema de mobili-dade urbana e introduciremos RUTASACCESIBLES que permitan que cal-quera persoa cunha diversidade fun-cional poida desprazarse dun punto aoutro do centro urbano por beirarrúassen barreiras, sen pendentes excesi-

vas e o suficientemente anchas paraque tamén nas rúas de Carballo tod@steñamos cabida.

• Impulsaremos o PEDIBÚS como sis-tema de mobilidade escolar que fo-menta os hábitos de vida saudable,as relacións sociais entre os nenos enenas e a autonomía infantil, e segui-remos a traballar na aplicación demedidas que contribúan a acadarámbitos escolares máis saudables.

• O BNG considera que Carballo nonprecisa un aparcamento soterrado.Nin é o momento nin a Praza do Con-cello é o lugar axeitado. Seguiremos amellorar os espazos de aparcamentogratuíto que temos no centro urbanograzas á colaboración dos/as propie-tarios/as, seguiremos fomentando osconvenios con donos/as doutros te-rreos que poidan utilizarse para ese fine para cando sexa preciso elaborare-mos un proxecto de CONSTRUCIÓNDUN APARCAMENTO EN ALTURA enterreos de propiedade municipal.Deste xeito teremos garantida a res-posta ás necesidades que poidan xur-dir a medio ou longo prazo.

• Elaboraremos un plan plurianual deCONSERVACIÓN DE RÚAS E BEIRA-RRÚAS dotado cos fondos suficientespara garantir o axeitado mantementotanto das calzadas coma das beira-rrúas ao longo de todo o ano, e fo-mentaremos a participación veciñalpara que unha porcentaxe dos recur-sos destinados a este tipo de actua-cións sexa fixada directamente polacidadanía a través dos mecanismosprevistos no Regulamento de partici-pación veciñal.

• Demandaremos da Consellería deMedio Ambiente, Territorio e Infraes-truturas a execución da CIRCUNVA-LACIÓN ou ronda leste, de maneiraque poidamos desviar o tráfico pe-

Page 6: Programa bng carballo 2015

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015Carballo —Depende de nós

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

sado das rúas do centro de Carballo egañemos en calidade de vida ao redu-cir a contaminación, os ruídos e osproblemas de tráfico que ocasionanos vehículos de gran tonelaxe. Aomesmo tempo esixiremos a urbaniza-ción dos accesos á vila, dando priori-dade ás travesías de Bértoa e daAvenida de Fisterra, de titularidade au-tonómica.

• Crearemos unha gran ZONA VERDEno contorno do Muíño da Pintura e oRego da Balsa, e poremos en valor assúas ribeiras cunha senda que enla-zará o polígono industrial de Bértoa cocentro urbano.

• Apostaremos polo proxecto doBOSQUE ANIMADO, dándolle conti-nuidade ás actuacións iniciadas me-diante unha oferta pública deadquisición de terreos, co obxectivode convertelo nun lugar de ocio paratoda a familia.

• Continuaremos coa modernizacióndos PARQUES INFANTÍS, adaptán-doos tamén aos nenos e nenas condiversidade funcional e crearemos unPARQUE DE SKATE nos terreos muni-cipais situados xunto á BibliotecaRego da Balsa para dar resposta á de-manda deste tipo de instalacións porparte das mozas e mozos.

• No Carballo para tod@s tamén que-remos que teñan cabida os animais decompaña que contribúen a mellorar anosa calidade de vida e que, segundodiferentes estudos, teñen efectos be-neficiosos para a saúde das persoas,ademais de axudar a mitigar a soidadedas persoas maiores ou de axudarllesa sentirse útiles. Crearemos un PAR-QUE CANINO na zona do San Martiñopara que os animais dispoñan dun es-pazo de recreo do que gozar en liber-dade e sen provocar molestias ácidadanía.

A TRANSFORMACIÓN DO RURALDende o ano 2003, o BNG vén traba-llando por acabar coas enormes dife-renzas que existían ata ese momentoentre unhas parroquias e outras co ob-xectivo de convertelas en 18 bos luga-res para vivir. Hoxe a transformación dorural carballés é un feito. Nos últimosanos temos dado pasos de xigante paraseguir equiparando os servizos que re-ciben os nosos veciños e veciñas ámarxe do lugar no que residan, como fi-xemos ao implantar en todo o territorioun sistema de iluminación con tecnolo-xía led que nos sitúa á vangarda de Ga-liza. Carballo 15-30 suporá o impulsodefinitivo para definir o lugar que que-remos que ocupe a nosa zona rural.

• Nos 12 anos de goberno do BNGconseguimos que o 91% da poboacióndispoña de rede de SANEAMENTO edun sistema axeitado de tratamentodas augas residuais. O noso compro-miso co medio ambiente reforzaraseno vindeiro mandato incrementando acobertura do servizo ata chegar á tota-lidade dos núcleos, ademais de actuali-zar e optimizar o funcionamento dasinstalacións máis antigas.

• A nova captación do río Bardoso,executada neste mandato, permitira-nos iniciar a extensión do ABASTECE-MENTO DE AUGA potable de calidadea todos os núcleos de máis de 50 ha-bitantes. Dentro dese obxectivo estra-téxico, o plan director que temoselaborado recolle as actuacións con-cretas para o vindeiro mandato. Asmáis importantes serán:

- Abastecemento de auga ás pa-rroquias de Oza e Razo cun inves-timento de 1.268.500 euros.

- Abastecemento de auga ás pa-rroquias de Lema, Noicela, Rebor-delos e Vilela por importe de1.065.000 euros.

Page 7: Programa bng carballo 2015

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015Carballo —Depende de nós

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

• Reforzaremos os programas de me-llora da REDE VIARIA, habilitandocanles de participación veciñal. Que-remos que as nosas parroquias teñanvías acordes aos tempos actuais; poriso non nos conformamos con re-mendalas, senón que as ampliamos eacondicionamos para mellorar a mo-bilidade de peóns e condutores/as.

• O BNG fixo un importante esforzonos últimos anos para crear unhaREDE DE CENTROS SOCIAIS e ESPA-ZOS PÚBLICOS que están a dinamizara vida social das nosas parroquias. Novindeiro mandato seguiremos incre-mentando esa rede coa construcióndo centro social de Ardaña, un pro-xecto no que, a través das canles departicipación que temos establecidas,o Concello de Carballo irá da man dasveciñas e dos veciños da parroquia.

• Cremos firmemente na potenciali-dade económica do noso territorio noseu conxunto. Ao mesmo tempo queestamos a impulsar o POLÍGONO IN-DUSTRIAL DE BÉRTOA con medidasque incentivan a instalación de empre-sas, dende o Concello de Carballocomprometémonos a apoiar o desen-volvemento de PROXECTOS PRODU-TIVOS vinculados aos sectoresprimarios que contribúan a fixar po-boación a través do aproveitamentosostible dos nosos recursos naturais.

AS PERSOAS, O NOSO PRINCIPALVALORNo BNG sabemos que o principal valorda nosa vila, do noso concello, son aspersoas. Con máis de 31.000 habitantes,Carballo precisaba dar un salto, tantocualitativo coma cuantitativo, na presta-ción de servizos. E así o fixemos. Oscentros sociais das parroquias, o Fórum,a piscina-spa Vila de Noia, a bibliotecaRego da Balsa, os parques biosaudables,o centro de día, o novo polígono indus-

trial, a segunda escola infantil, a transfor-mación do antigo ambulatorio nun cen-tro de recursos sociais, o mercadomunicipal, os novos parques infantís, arecuperación do circuíto do motor…,transformaron Carballo nun bo lugarpara investir, para vivir e para gozar.

• O FÓRUM CARBALLO é un espazoúnico, un centro de formación perma-nente e dinámico que nos últimosanos tense convertido nun servizomunicipal de referencia en Galicia.Consciente de que as competenciasen materia de emprego superan o ám-bito municipal, no BNG queremospoñer o acento na formación para me-llorar as posibilidades de inserción la-boral das persoas desempregadas,para dotar aos emprendedor@s dun-has bases sólidas que fagan viables assúas ideas de negocio e para favore-cer a reciclaxe de empresarios e tra-balladores dos diferentes sectoresprodutivos.

- A Bolsa de Traballo Municipalposta en marcha neste mandatotense consolidado como unha fe-rramenta moi útil de conexiónentre a demanda e as ofertas deemprego que se xeran en Carba-llo e toda a súa contorna. Dotare-mos o servizo de máis recursos econsolidaremos o plan anual deformación adaptándoo as necesi-dades do mercado laboral.

- Seguiremos apoiando o empren-demento, con programas de sensi-bilización dende idades temperás,e con accións concretas de aseso-ramento, apoio e formación quecontribúan á viabilidade dos novosproxectos empresariais.

- A boa saúde económica doConcello de Carballo permitira-nos manter incentivos fiscais paraa creación de empresas, entre as

Page 8: Programa bng carballo 2015

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

01. Evencio Ferrero Rodríguez02. María Belén Lendoiro Esmorís03. Xosé Regueira Varela04. Milagros Lantes Seara05. Luis María Lamas Álvarez06. María del Carmen Ures García07. Miguel Ángel Vales Mallo

08. María del Mar Eirís Villar09. Marcos José Trigo Facal10. Mª do Carmen Regueira Baldomir11. Inés Rodríguez Muiño12. José Daniel Pérez López13. Begoña Moscoso Varela14. Juan Manuel Seoane Collazo

15. Raquel Rodrígu 16. Antonio Rodríg 17. Verónica Naya R18. Agustín Varela Á19. Eva Rodríguez 20. José Antonio B 21. Zaira Caamaño

Page 9: Programa bng carballo 2015

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

uez Pose guez Porteiro Rama Álvarez Portos Bello Fraga Remuiñán

Suplentes

01. Ángel De la Fuente Subiela02. Diana Suárez Ferreiro03. Javier Francisco Graña Añón04. Lidia María Cambón Periscal05. Santiago Ramiro Domínguez

06. María del Pilar Trigo Suárez07. Benedicto Viña Costa08. Irene García Areosa09. Jessica María Calvo Martínez10. José Manuel Buño Suárez

Candidatura do BNGCandidatura do BNG por Carballo

Page 10: Programa bng carballo 2015

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015Carballo —Depende de nós

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

cales figura a bonificación do 95%do ICIO, e para a contratación detraballadores/as formados noFórum.

- Continuaremos promovendo eapoiando a formación perma-nente de traballadores e empre-sarios dos diferentes sectoresprodutivos con presenza no nosotermo municipal para mellorar acompetitividade das empresas lo-cais e seguir consolidando Carba-llo como o gran centroempresarial da comarca de Ber-gantiños e da Costa da Morte.

• O noso compromiso co ensino pú-blico de calidade é irrenunciable. Parao BNG a EDUCACIÓN foi, é e serásempre unha prioridade. Por iso nonescatimaremos esforzos en reclamar áXunta de Galicia que asuma as súascompetencias, tendendo sempre aman como parte da necesaria leal-dade institucional. Así o fixemos coaampliación do CEIP Bergantiños: oConcello de Carballo asumiu as obrasde ampliación do comedor e da bi-blioteca, o que permitiu recuperar es-pazos que o centro fora perdendodurante anos por atender as necesida-des de escolarización.

- Seguiremos tendéndolle a maná Consellería de Educación parasolucionar definitivamente os pro-blemas de escolarización que serepiten cada ano en Carballo –eque son competencia exclusivada Xunta de Galicia–, e poñere-mos ao seu dispor os medios aonoso alcance para atender nasmellores condicións a crecentedemanda de prazas derivada daelevada natalidade.

- Potenciaremos o ConservatorioProfesional de Música como cen-tro educativo de ámbito supraco-

marcal e esixirémoslle á Conselle-ría de Educación que asuma a súaresponsabilidade no sostementodas ensinanzas musicais.

- Impulsaremos a Escola Oficial deIdiomas, e demandarémoslle áConsellería de Educación a crea-ción dun centro con entidade pro-pia en vez da sección actual.

- Dotaremos dos fondos necesa-rios as bolsas de comedor, es-tudo, transporte e conservatoriopara que as posibles dificultadeseconómicas das familias non im-pidan o acceso á educación deningún carballés ou carballesa.

• O importante aumento do númerode entidades que traballan no ámbitodo DEPORTE nos últimos anos e o bolabor que están a desenvolver, sempreco apoio do BNG dende o Concellode Carballo, converten o noso munici-pio nun modelo de xestión deportiva aimitar mesmo máis alá de Galiza. Amellora da calidade no servizo, a ac-tualización da oferta de actividades, ocompromiso co deporte de base e fe-derado e a mellora das instalaciónsdeportivas serán as grandes liñas deactuación no próximo mandato.

- A entrada en vigor do PXOM per-mitiranos acometer a construcióndun NOVO POLIDEPORTIVO paracomplementar a oferta actual dospavillóns Vila de Noia, Carballo Ca-lero, IES Monte Neme, IES PargaPondal, CEIP Fogar, CEIP Gándara-Sofán e CEIP Nétoma-Razo e cu-brir as necesidades das entidadesdeportivas de Carballo.

- Continuaremos coa mellora dasinstalacións deportivas dos cen-tros educativos, en concreto copeche do pavillón do CEIP SanLuís Romero e a construción de

Page 11: Programa bng carballo 2015

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015Carballo —Depende de nós

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

novos vestiarios e melloras nocampo de fútbol e no pavillón doCEIP Gándara- Sofán.

- Continuaremos co modelo dexestión participativa do CircuítoMunicipal aberto ás entidades domotor de Carballo para que de-senvolvan actividades de promo-ción e competición de calqueraespecialidade.

- Poremos en marcha o ConselloDeportivo Municipal, un espazode participación dirixido ás enti-dades deportivas do concello.

- Melloraremos o Estadio Munici-pal das Eiroas, coa substitucióndo céspede por outro de últimaxeración e mellorando as presta-cións deste, mellorando a ilumina-ción e as instalacións anexas.

- Promoveremos a utilización deespazos ao aire libre e no medionatural para a realización de activi-dade física mediante a creación ehomologación de novas rutas desendeirismo, a construción dunparque de skate na zona da bi-blioteca Rego da Balsa e a me-llora das instalacións deportivasdescubertas.

• A posta en marcha da Biblioteca Mu-nicipal Rego da Balsa, o festival Carba-llo Interplay (CIP) e iniciativas comoDerrubando Muros con Pintura, xuntocoa continua e estabilizada política deprogramación, creación e difusión cul-tural, conseguiron situarnos nos últi-mos anos na vangarda cultural galega.A CULTURA en Carballo está máis vivaca nunca.

- Seguiremos apoiando iniciativasclásicas, coma o Festival Interna-cional Outono de Teatro (FIOT), unreferente indiscutible da escena

en Galiza, e propostas innovado-ras coma o festival de contidosdixitais e webseries Carballo Inter-play (CIP), que en só dúas edi-cións acadou sona internacional.

- Impulsaremos a creatividadedos/as artistas locais poñendo ásúa disposición espazos coma aAula de Gravado do Fórum Carba-llo ou a Aula de Teatro do Pazo daCultura, e seguiremos ofrecéndo-lles, coa colaboración das veciñase dos veciños, novos muros paraderrubar con pintura.

- Completaremos a oferta escé-nica actual, plenamente consoli-dada, coa organización dunfestival de teatro afeccionado.

- Descentralizaremos a programa-ción cultural para estendela áampla rede de centros sociaisque fomos tecendo nas nosas pa-rroquias.

- Reforzaremos a Biblioteca Muni-cipal Rego da Balsa coma un es-pazo dinámico pensado paratodas as idades con actividadescontinuadas, e reorganizaremosos horarios das dúas bibliotecaspara adaptalos ás necesidadesdos usuarios e das usuarias.

- Continuaremos co apoio e im-pulso ás novas formacións musi-cais para que os grupos locaisteñan proxección e visibilidade asícomo integración na actividadecultural-municipal.

- Potenciarase a programación edifusión musical para todas asidades, ofrecéndolle á cidadaníade Carballo en diferentes ámbitose espazos o mellor da creativi-dade musical galega moderna detodos os estilos.

Page 12: Programa bng carballo 2015

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015Carballo —Depende de nós

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

- Seguirase a fomentar a lectura ea creatividade literaria comomedio fundamental de formación,desenvolvemento e lecer, para oque se reforzarán e actualizaránprogramas xa consolidados comoa Semana do Libro e a Lectura e aPraza dos Libros.

• Nun mandato marcado pola crise, ogoberno municipal do BNG de Carballofoi quen de dar resposta ás crecentesnecesidades sociais artellando os pro-gramas e os fondos necesarios para ga-rantir unhas condicións de vida dignas atoda a poboación. A POLÍTICA SOCIALsempre será prioritaria para o BNG. Aampla carteira de servizos que presta xao Concello verase incrementada nospróximos anos con novas propostas.

- Reforzaremos os convenios decolaboración con Cáritas para osostemento do comedor social eampliarémolos á xestión do alber-gue para transeúntes e ao centrode mulleres, porque as iniciativassociais necesarias deben ter oapoio das administracións.

- Fomentaremos a inclusión socialdas persoas con diversidade fun-cional con medidas coma a elimi-nación de barreiras, na que demosxa importantes pasos nos últimosanos; pero tamén con contratosde prestación de servizos específi-cos para centros de emprego.

- Seguiremos a potenciar os hábi-tos de vida saudables entre aspersoas maiores, estenderemos oprograma de exercicio físico atodos os núcleos nos que existademanda e ampliaremos as activi-dades que fomentan a mobili-dade e o envellecemento activo.

- Apostaremos por un servizo demediación cidadá, establecendo

pontes de comunicación entrepersoas en conflito que favorezana resolución dos problemas.

- Potenciaremos o servizo deatención ao/á consumidor/a quevén de empezar a prestar aUCGAL como parte do compro-miso do BNG de defender os de-reitos dos veciños e das veciñasfronte aos posibles abusos dasempresas.

• No BNG queremos seguir ampliandoa CARTEIRA DE SERVIZOS que reci-ben os nosos cidadáns e cidadás,mesmo naqueles casos nos que ascompetencias non corresponden aoConcello de Carballo, senón que de-penden directamente de instituciónscoma a Xunta de Galicia.

- No próximo mandato materiali-zarase a inclusión de Carballo notransporte metropolitano tanto daCoruña coma de Santiago deCompostela, o que facilitará eabaratará a utilización do trans-porte público por parte dosnosos veciños e veciñas.

- Demandaremos da Axencia Ga-lega de Igualdade e Benestar anecesaria construción dunha novaescola infantil.

- Continuaremos a reivindicar adotación de ambulancia medicali-zada e melloras nos servizos deatención médica.

- Estableceremos como prioritariaa mellora das comunicacións conSantiago de Compostela paraque a actual vía provincial pase aser de titularidade autonómica.

- Os avances nas obras do portoexterior obrigan a formular a nece-sidade de liberalizar peaxes entre

Page 13: Programa bng carballo 2015

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015Carballo —Depende de nós

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

o polígono de Bértoa e punta Lan-gosteira para fomentar o trans-porte fluído de mercadorías.

- Dende o Concello de Carballo li-citaremos os contratos dos servi-zos públicos de abastecementode auga e saneamento, limpezaviaria, limpeza das praias e dosedificios municipais, sempre bus-cando a máxima garantía de cali-dade e a maior eficiencia.

• A normalización lingüística procura axustiza e a igualdade a respecto doidioma, para que os galegos e as gale-gas poidamos manter a visión domundo desde a óptica que só nospode dar a lingua propia do noso terri-torio. É responsabilidade de todos ede todas contribuírmos a manter a di-versidade e a riqueza lingüística e cul-tural que fomos herdando, para quepoidamos manter esas visións e cha-marlles ás cousas cos nomes xenuínosque aquí lles damos. Por iso, a postaen valor da LINGUA de noso foi, é eserá un obxectivo do goberno.

- Seguirase a fomentar o uso e oprestixio do galego en todas asaccións que desenvolva o conce-llo e en todos os ámbitos do mu-nicipio, para o que se potenciaráe consolidará o Servizo de Nor-malización Lingüística (SNL).

- Desenvolverase o proxectoApego, para apoiar e axudar á so-cialización en galego desde a pri-meira infancia, achegándolles ásfamilias recursos, materiais, activi-dades, obradoiros, dinamizaciónsocial, etc.

- Poñerase en valor o uso do ga-lego no ámbito socioeconómico,asociativo e na hostalaría, con ac-cións de apoio aos comercios,empresas, asociacións de todo

tipo, bares e restaurantes quequeiran empregalo.

- Reforzaranse e actualizaranseaccións de fomento do galegodesenvolvidas ata o momentocomo os obradoiros de acolle-mento lingüístico, a formación enlingua galega para persoas adul-tas ou sectores específicos, oClub de Debate, o Premio a arti-gos xornalísticos normalizadores,a festa da lingua, campañas de di-namización, etc.

UN TERRITORIO EQUILIBRADOO BNG defende un modelo de ordena-ción que garanta o equilibrio territorial, odesenvolvemento urbanístico sostible ea protección dos nosos recursos natu-rais. A aprobación provisional do Planxeral de ordenación municipal (PXOM)supón un paso adiante definitivo naconstrución do Carballo 15-30. A apro-bación definitiva que debe realizar aXunta de Galicia será un dos obxectivosprioritarios do novo mandato.

• O PXOM é un documento funda-mental para o desenvolvemento eco-nómico do municipio de Carballo,tamén para o TURISMO. Nos últimosanos impulsamos unha serie de medi-das integrais para poñer en relación osrecursos turísticos dos que dispoñe-mos no noso territorio, e nesa liñaqueremos continuar.

- A creación da marcaCARBALLOA UN PASO permitiu artellar as fe-rramentas necesarias para desen-volver unha política turísticabaseada na aposta pola sustenta-bilidade, a calidade dos servizos, aidentificación dos nosos recursos,a promoción, a formación dos/asprofesionais do sector e a postaen marcha de iniciativas que nosconverten nunha referencia.

Page 14: Programa bng carballo 2015

PROGRAMA ELECTORAL MUNICIPAIS 2015Carballo —Depende de nós

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

- No último mandato apostamostamén por incrementar as esixenciasde calidade medioambiental e dexestión de servizos nas nosas praias,e no vindeiro centrarémonos na con-solidación da ISO 14.001 e do Es-quema Europeo de Ecoxestión eEcoauditoría (EMAS), moito máis esi-xentes que a bandeira azul.

- Melloraremos os accesos ás praiase ampliaremos as zonas de aparca-doiro, estenderemos o subministrode auga a todas as praias, e estende-remos os servizos de salvamento esocorrismo e outros complementa-rios á praia de Arnela.

- Seguiremos potenciando Carballocomo destino para congresos e en-contros empresariais, actividadesculturais e deportivas e como cen-tro de referencia do turismo termale vinculado ao golf na Costa daMorte.

• As FEIRAS E MERCADOS son unclaro referente que ten que servir paradinamizar o concello, atraer xente e re-activar e impulsar a economía local.Ademais, constitúen un elemento inte-grador do territorio, ao converter ocentro urbano no escaparate máis im-portante para os produtos da nosahorta e contribuír a estimular o CO-MERCIO local tradicional.

- Recuperaremos as actividades depromoción das feiras e os feiróns detempada, con propostas que contri-búan á posta en valor dos produtosda horta local.

- Promoveremos un plan de promo-ción que incluirá o redeseño e a di-fusión da marca pan de Carballo, acreación dunha ruta do pan e a or-ganización de actividades vincula-das ao barrio panadeiro da Brea.- Impulsaremos unha campaña de

promoción do mercado de abastose faremos unha oferta pública doslocais e espazos dispoñibles coa in-tención de seguir dotando o edificiomunicipal dos elementos necesa-rios para que exerza como locomo-tora do comercio.

- Apoiaremos as iniciativas de agri-cultura ecolóxica e produción deprodutos de horta alternativos quereforcen as nosas feiras e mercadoscomo centros de referencia da ali-mentación saudable.

• BNG seguirá a aplicar unha POLÍ-TICA MEDIOAMBIENTAL guiada pordous obxectivos: a preservación e aprotección dos recursos naturais e asúa posta en valor como garantes dacalidade de vida dos nosos veciños eveciñas.

- Reforzaremos as campañas deeducación ambiental vinculadas aociclo integral da auga e á adecuadaxestión dos residuos sólidos urba-nos, con iniciativas dirixidas aos di-ferentes sectores da poboación.

- Ampliaremos o mapa de rutas desendeirismo polas diferentes parro-quias, aproveitando recursos comao litoral, os ríos ou o patrimonio his-tórico-artístico para fomentar prácti-cas saudables vinculadas ao medio.

- Seguiremos estendendo aos nú-cleos rurais as illas verdes para faci-litar a separación dos residuossólidos urbanos e mellorar a súaxestión, ademais de ampliar o pro-grama de compostaxe domésticaque tan bos resultados está a dar.

- O control do gasto e a implanta-ción de medidas de aforro enerxé-tico nos edificios e as instalaciónsmunicipais será unha das priorida-des para o vindeiro mandato.

Page 15: Programa bng carballo 2015

…Un concello abertoCarballo é un concello aberto e demo-crático, con paredes de cristal, ondetoda a cidadanía pode participar da vidapolítica sen trabas nin censura. O go-berno do BNG abriu as portas da casado Concello e deu voz á veciñanza nunproceso de participación que seguire-mos a impulsar para que se consolidecomo modelo de convivencia social.

…Un concello emerxenteCarballo é hoxe un bo lugar para vivir epara investir, unha vila dinámica dende opunto de vista cultural, deportivo, social,comercial… Ampliamos os servizos paraas familias e para as persoas maiores,apoiamos as iniciativas sempre creativasdos/as máis novos/as, protexemos asnosas feiras e o comercio de proximi-dade, e impulsamos a integración detodas as diversidades. Deseñamos unhacidade para as persoas.

…Un concello equilibradoDende o BNG vimos traballando paraequiparar a zona urbana e a rural en ser-vizos básicos, levando o abastecementoe o saneamento ao 100% da poboación,estendendo a rede de centros sociais,implantando illas verdes e unha ilumina-ción pública máis eficiente, mellorando arede viaria… Transformamos o rural car-ballés porque para nós Carballo son 18parroquias.

…Con calidade de vidaUnha das prioridades do goberno doBNG é facilitar o acceso da poboación aunhas condicións de vida dignas. Por isonon só non recortamos nos servizos so-ciais, senón que impulsamos políticas deapoio ás persoas en situación de de-semprego e ás persoas que queren de-senvolver un proxecto empresarial.Protección social e emprego son douseixos fundamentais que seguiremos apotenciar.

…E cunha excelente saúde económicaA xestión económica do BNG á frontedo Concello de Carballo é un exemplo:pagamentos ao día, débeda case inexis-tente, unha presión fiscal das máis baixasde Galiza, ratios de recadación elevadísi-mas e un alto remanente de tesouraríaque fai posible que acometamos novosinvestimentos… Despois de 12 anos dexestión do BNG, o Concello de Carballogoza dunha excelente saúde económicaque nos permite:

• Ter capacidade económica e de xes-tión para a prestación, con calidade eeficiencia, dos servizos da nosa compe-tencia e para garantir a cobertura dosservizos básicos nos que se están a pro-ducir recortes por parte dos gobernosdo PP.

• Asumir novas competencias, o que fa-vorece novas potencialidades.

• Xestionar con eficiencia e optimizar osinvestimentos doutras administracións.

• Reforzar o noso liderado na comarcade Bergantiños e na Costa da Morte.

• Mellorar os niveis de calidade de vidada cidadanía mediante a prestación demáis servizos e de maior calidade.

• Optimizar a capacidade de recadaciónpropia para seguir aumentando os recur-sos municipais sen incrementar a pre-sión fiscal.

Carballo,un bo lugar

para vivir#

GRAZAS AO BNG, CARBALLO É…

Page 16: Programa bng carballo 2015

facebook.com/bngdecarballotwitter @bng_carballo