PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e...

34
PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS IES SAN PAIO 2013-2014

Transcript of PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e...

Page 1: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES

EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

IES SAN PAIO

2013-2014

Page 2: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E

COMPLEMENTARIAS

ACTIVIDADES COMÚNS DO CENTRO

• Continuar co Proxecto Lector colaborando cos encargados da

Biblioteca que preparan e coordinan este proxecto. O tempo de

lectura na aula sigue sendo de 30 minutos para tódolos cursos da

ESO e 1º BAC.

• Participar, xunto cos alumnos/as de 4º ESO, nas actividades co fin

de recadar fondos para a viaxe de fin de curso, que se realizará no

mes de xuño, como en anos anteriores e en datas próximas ao

remate do curso e cunha duración aproximada dunha semana.

• Participar no programa da Consellería do Medio rural “Semana de

froitas frescas” nas aulas”. Este programa xa está solicitado e

levaríase a cabo, en caso de ser aprobado, durante catro semanas

repartidas o longo do curso: 1ª en decembro, 2ª en xaneiro, 3ª en

marzo e 4ª en maio.

• Competicións Deportivas de fin de trimestre.

• Exposicións no salón de Actos e no vestíbulo do centro de materias

puntuais ou ben de traballos realizados polos alumnos/as do

Instituto, dirixidas polos Departamentos.

• Exposicións de Carteis na entrada do Instituto, a realizar polos

distintos Departamentos.

• Proxección de vídeos elaborados polo alumnado na pantalla xigante.

• Colaboración nas actividades, ensaios do CORO do Instituto,

formado por profesores/as e alumnos/as do centro, que está dirixido

Programación anual de actividades 13-14

Page 3: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

por Dona Rosa Seoane Riobó do Departamento de Música, no

Festival de Nadal e no Festival do Día das Letras Galegas.

• Asistencia a Obras de Teatro programadas polo Concello ou outras

Institucións.

• Continuar cas actividades de Xadrez durante os recreos colaborando

cos profesores que levan a cabo esta actividade: Organizador:

Emilio Pazo. Colaboradores: Miguel Abraira, Francisco Docampo, Luís

Bugarín, Rafael Pérez, Isabel Castaño, Serafín Rodríguez e Marta

Rodríguez Taboada.

• Este curso non haberá Actividades de Deporte Escolar por non ter

profesorado voluntario disposto a levala a cabo e encargarse de dita

actividade.

• O Departamento de actividades promoverá a realización de

actividades que conmemoren as festas tradicionais ( Samaín,

Antroido,etc.); e a conmemoración así mesmo das datas sinaladas

polo calendario oficial da Xunta de Galicia: día da Paz, día do

Libro,día das Letras Galegas etc.; ademais doutras conmemoracións

coma poida ser a celebración do día Mundial da bicicleta, por

segundo ano consecutivo. Logo dun gran primeiro éxito o curso

pasado, intentaremos repetilo este ano en colaboración cos

concellos de Tui e Valença.

• Participación e colaboración coa Asociación SOSTomiñoBaixoMiño.

• Dende o Departamento de Actividades tentaremos, tamén, realizar

unha viaxe cultural a Lisboa, que se levará a cabo no 2º trimestre.

Esta actividade farase en colaboración con outros departamentos.

• No tocante ao Proxecto inderdisciplinar nos primeiros da ESO existe

a posibilidade de facer saídas en Tui e na súa contorna (colexios de

Tui , Concello, xardíns, casco histórico, etc.).

Programación anual de actividades 13-14

Page 4: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

O equipo encargado, coa idea de seguir potenciando e poñendo en

valor a biblioteca do instituto ten programado unha serie de actividades,

algunhas continuación das emprendidas nos pasados cursos e outras

novas, contando coa colaboración dos diversos Departamentos Didácticos

e titores/as:

Boletíns e outras publicacións:

• Continuar a redacción do Biblioxornal para recoller novas

relacionadas coa biblioteca (efemérides culturais, actividades

desenvolvidas, novidades bibliográficas, traballos de creación …)

• Elaboración de escolmas e materiais para distintas celebracións e

conmemoracións (defuntos, violencia de xénero, paz, amor,

muller...) e para o tempo de lectura común nas aulas.

• Continuar con iniciativas como a poesía do mes e o libro do mes.

Publicidade:

• Aproveitando efemérides e datas sinaladas colocaremos nos lugares

de gran concorrencia carteis e tamén citas alusivas á lectura, os

libros e á biblioteca.

Concursos:

• De poesía.

• De carteis e lemas de animación a lectura.

• Concurso “San Valentín”.

Repartiranse agasallos entre os traballos máis suxestivos.

Programación anual de actividades 13-14

Page 5: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

Conferencias e encontros con autores:

• Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

Malamás (o 16 de outubro): presentación de instrumentos musicais

gregos e recitación de poesía grega antiga e moderna.

• Ao longo do curso esperamos contar con outros/as autores/as en

datas dependentes da súa dispoñibilidade e aproveitando a

colaboración dos distintos Departamentos Didácticos e/ou editoriais.

Xestiónase unha presentación da novela Bágoa de Lúa (primeira da

triloxía “As crónicas de Landereina”) pola súa autora Sabela

González.

Cuestionarios:

• Repartidos entre todos os grupos e Departamentos didácticos para

recibir suxestións sobre novos materiais cos que dotar a biblioteca

do centro.

Exposicións:

• De traballos feitos polo alumnado.

• De fondos bibliográficos sobre temas concretos.

• Outras

Visitas:

• Á Biblioteca do instituto, para que o novo alumnado coñeza a nosa

biblioteca, como está organizada, en que consiste a CDU… Estas

visitas guiadas por membros do equipo de biblioteca celébranse ao

longo dos meses de outubro e novembro.

• Á Biblioteca pública municipal, guiadas e orientadas polos

responsábeis da mesma e pensadas tamén para os alumnos de 1º

da ESO.

Programación anual de actividades 13-14

Page 6: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

• “Coñece a biblioteca do teu próximo centro”: xornadas de portas

abertas para o alumnado do último curso dos colexios de primaria

adscritos.

Outros:

• Incrementar os fondos de literatura xuvenil.

• Dotación, en colaboración co departamento de orientación, de

materiais para atención á alumnado con NEE, atención á

diversidade, agrupamentos específicos, diversificación curricular,

inmersión lingüística...

• E-lecturas: ao ser un centro integrado no proxecto E-LBE

utilizaremos os dez dispositivos mercados para probar e practicar as

posibilidades que ofrecen cara a mellora da competencia lectora e

dos hábitos de lectura.

• Grupo de traballo “Da lecto-escritura tradicional á virtual” integrado

por gran parte do equipo de biblioteca e por outro profesorado

interesado, grupo que funcionará entre os meses de novembro de

2013 e abril de 2014.

• Participación de profesores do equipo de biblioteca en actividades de

formación externa como os Encontros de Bibliotecas integradas no

PLAMBE e as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia e de Clubs

de Lectura.

• Club de Lectura “Pedra do Acordo” (convivencia cos clubs de lectura

“Os trasnos dos libros” do IES de Poio e do IES “Ribeira do Louro”

en Porriño, roteiro por Vigo trala lectura da novela Os fillos do mar

de Pedro Feijoo).

• Participación, por segundo ano, nas actividades do grupo

intercentros “Enredando Versos”: visita a Salamanca, obradoiros co

poeta Raúl Vacas (inicios de novembro), encontro-convivencia

poética na próxima primavera en Tui...

• Coordinación do Tempo Específico de Lectura común nas aulas.

Programación anual de actividades 13-14

Page 7: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

• Novos contidos para o espazo de biblioteca dentro da web do centro

e para os blogs da biblioteca e do club de lectura.

• Sesións de busca de materiais nas diversas fontes para a

elaboración dun traballo.

• Sesións de divulgación e práctica dos recursos que oferta o

programa MEIGA (enciclopedias virtuais, prensa dixital... ) para

profesorado e alumnado.

• Literatura e cine: proxección de películas e lectura da

correspondente obra literaria que as inspirou.

• Música e letras: en colaboración co departamento de música, breves

audicións e recitacións coincidindo con distintas conmemoracións.

• Rutas literarias por Tui e bisbarra e outras aproveitando viaxes

didácticas do alumnado (Coimbra (Mosteiro de Santa Clara-Quinta

das Lágrimas relacionados coa lenda de dona Inés de Castro

literaturizada por Camoens no Canto III de Os Lusíadas, Vélez de

Guevara en Reinar después de morir ou Alejandro Casona en Corona

de amor y muerte); provincia de Badajoz (terra do humanista Arias

Montano, do dramaturgo García de la Huerta, do polemista ilustrado

Juan Pablo Forner, dos poetas Meléndez Valdés, Espronceda,

Carolina Coronado Díez Canedo ou Félix Grande, dos novelistas

Luis Landero e Lucía González Lavado, das irmás Dulce e Inma

Chacón... onde o nobel François Mauriad foi xornalista na época da

Guerra Civil; en Zalamea na casa de Pedro Crespo lembrando a

Calderón e a Nebrija no pazo de don Juan de Zúñiga lugar de

redacción da primeira gramática castelá); Ourense (tralas pegadas

de Blanco Amor -A esmorga- de Risco, Cuevillas, Xocas, Otero

Pedrayo polas rúas da Paz e Santo Domingo, na praza do Trigo onde

tivo a súa biblioteca Rey Soto, no museo arqueolóxico lugar de

traballo de Ferro Couselo, no Pazo do bispo, na catedral e na rúa

Perigos onde se ambienta Ilustrísima de Casares...) ou Pontevedra

Programación anual de actividades 13-14

Page 8: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

(lembrando a Valle: estatua, casa do autor e casa dos Muruáis; ao P.

Sarmiento; a Xoan Manuel Pintos; a Torrente: pazo das Mendoza; a

Castelao: café Moderno, Museo, instituto...)

• Voluntariado Lector: as xa tradicionais visitas, en Tui, ás residencias

de anciáns para animar os nosos avós con música e literatura.

• “As bibliotecas da Eurocidade”: potenciar actividades comúns co

resto das bibliotecas do concello e de Valença (escolares e

municipais)

• Participación en actividades ofertadas pola biblioteca municipal e por

distintas asociacións culturais.

• Relanzamento do alumnado-colaborador.

• Realización dun expurgo de materiais a cargo dos departamentos.

• Colaboración e participación en actividades interdisciplinares e

festivas (nadal, fin de curso, revista do centro, día contra a violencia

de xénero, da muller, dos dereitos humanos, do traballo, semana da

prensa...)

Programación anual de actividades 13-14

Page 9: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

ACTIVIDADES DOS DEPARTAMENTOS

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

a) Realización de prácticas por tódolos alumnos dependentes do

seminario

b) Activades extraescolares programadas:

1º de E.S.O:

• Visita a unha depuradora de augas residuais (EDAR de Tui).

• Visita ao Museo do Mar (Vigo)

2º de E.S.O:

• Visita a unha depuradora de augas residuais (EDAR de Tui).

• Visita ao Esteiro do Miño concertada con ANABAM (mes de

decembro).

• Estudo dun ecosistema dunar.

• Posible participación no programa Ríos, correspondente ao

Plan Proxecta, coa visita a unha areeira, Áridos do Mendo.

Data por determinar.

3º de E.S.O:

• Visita a Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, na

Coruña.

• Recorrido en piragua polo Miño (actividade destinada para 3o

ESO e 4º ESO. Obxectivo: Estudar o bosque e ribeira e os

procesos de transporte e modelaxe do río no seu tramo final.

Programación anual de actividades 13-14

Page 10: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

A realizar en colaboración co Departamento de Xeografía e

Historia.

4º ESO:

• Visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas (Illas Cíes). Data

por concretar.

1º de Bacharelato:

• Visita ao Parque Eólico Experimental SOTAVENTO. Segundo

Trimestre.

2º de Bacharelato:

• Bioloxía. Visita ao Departamento de Medicina Legal da

Facultade de Medicina da USC e ao Instituto de Acuicultura de

Santiago. Segundo Trimestre.

• Visita ao Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á

Investigación(CACTI), da Universidade de Vigo.

CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA, HISTORIA E ARTE

Están previstas varias saídas á vila de Tui e arredores como ven

sendo habitual todos os cursos. Ademais programamos unha serie de

saídas que a continuación se relacionan para cada nivel educativo en cada

trimestre. Outras actividades poderán ser incorporadas a medida que

avance o curso, sendo imposible citalas aquí nestes momentos.

1º ESO:

• Saídas a coñece-lo noso entorno. Dende Porriño á Guarda.

• -Pontevedra: Museo Arqueolóxico.

• -Tui: Camiño de Santiago.

Programación anual de actividades 13-14

Page 11: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

• -Saída a Soutomaior-Castelo

• Visita Cangas- Bueu

• Visita centro interpretación arte rupestre de Campo Lameiro

• Alto dos Cubos.

• Casco vello de TUI

2º ESO:

• As mesmas saídas.

3º ESO:

• Visita a unha fábrica: por exemplo Citroen.

• Ciclo do granito: Porriño.

• Visita a un área comecial.

• Ciclo de reciclaxe

• Visita a unha plantación do Baixo Miño

• Visita E.AD.A.R. Tui

4º ESO:

• Conmemoración Mártires de Sobredo.

• Santiago: Parlamento e exposicións.

• Ruta das fortalezas do Miño

• Ruta señor AFRANIO.

1º BACHARELATO:

• Coordinación con outros departamentos.

• Saída a Ferrol

• Exposicións en Vigo e arredores

• Madrid: museos

• Centros históricos

Programación anual de actividades 13-14

Page 12: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

2º BACHARELATO:

• Tui monumental.

• Madrid: museos.

• Vigo: MARCO / IFEVI (algunha posible exposición)

• Saída xeomorfolóxica: Peneda-Xerés / Baixa Limia

• Saídas polo entorno: Tui-Valença; polígono As Gándaras; Monte

Aloia.

• Saída Santiago-Barbanza

• Visita ó taller ou estudio dun artista da bisbarra.

• Asistencia a exposicións temporais.

• Saída BANDE-CELANOVA

• Visita E.D.A.R. Tui

ECONOMÍA

COMPLEMENTARIAS:

Durante o seguinte ano académico faremos durante a hora de clase:

Visitas a diversos organismos oficiais en Tui e arredores: Oficina de

emprego, Facenda... e asistencia a charlas e exposicións da área

panorámica relacionados cos contidos da materia.

Estudaremos a participación dos alumnos en diferentes

convocatorias de concursos con carácter educativo das que o

departamento reciba información ó longo do curso, sempre tendo en conta

a receptividade do alumnado.

Programación anual de actividades 13-14

Page 13: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

Charlas: intentaremos poñernos en contacto con distintos

organismos como BIC Galicia para a impartición de charlas no propio

centro.

Asemade, poderanse organizar actividades EXTRAESCOLARES

consistentes en diferentes visitas:

Visita ó peirao de Vigo, para comprender o proceso de cadea de frío

que se ven utilizando para a óptima conservación dos produtos. Esta visita

poderíase combinar con outra empresa dalgunha etapa da cadea de valor

da pesca.

Estudaremos a posibilidade de visitar o ciclo económico da pedra na

zona do Porriño en colaboración con outros departamentos. Esta

actividade se programaría para 4o ESO.

Se é posible organizarase outra visita á empresa UROVESA en

Santiago, por ter estratexias competitivas propias e innovadoras na

produción e venda dos seus produtos. A visita poderíase completar con

outras na vila, con ou sen colaboración con outros departamentos como

por exemplo: visita ó Parlamento, Instituto Galego de Consumo, ....

Visita a Ourense ó grupo Cuevas, Aceites Abril, termalismo,...

Visita a GADISA e INDITEX, para coñecer como funciona a

distribución alimentaria e téxtil. A visita sería nas súas sedes de Betanzos

e Arteixo e poderíase completar con outras na zona.

Isto é un programa de máximos: valorarase a realización das

referidas actividades para os diferentes grupos do departamento: 4º ESO

e 1º/2º de Bacharelato, dependerá da existencia de datas libres, do custo

de realización e aceptación das mesmas por parte do alumnado.

Programación anual de actividades 13-14

Page 14: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

EDUCACIÓN FÍSICA

Ó longo do curso e coa finalidade de complementar e aumentar os

coñecementos dos alumnos, levaremos a cabo as seguintes actividades

extraescolares:

1.- “Semana da auga”: Tentaremos que ó longo dunha semana os

alumnos de 3º ESO, por cursos, asistan a un sesión de xogos na piscina.

O que buscamos é romper coa monotonía das clases, traballando a

condición física nun medio diferente mediante xogos que, posteriormente,

eles poderán aplicar no seu tempo de ocio.

Levarémola a cabo ó final de 1ª avaliación ou ao comezo da 2ª.

2.- Visita a unha “sala de musculación/pesas”: esta actividade está

proposta para os alumnos de 4º ESO. Será levada a cabo ó longo da 1ª

avaliación.

3.- Patinaxe sobre xeo: o alumnado de 1º Bacharelato poderá asistir a

unha sesión de patinaxe sobre xeo. Esta actividade será levada acabo ao

remate dos exames da 1ª avaliación.

4 .- Ruta en piragua polo rio Miño: Actividade programada para

alumnos de 3º ESO. Trátase dun recorrido por augas tranquilas entre

Caldelas e Tui, en kayaks autovaciables que aporta a empresa contratada

(Mikayak).Os alumnos levarán salvavidas e serán controlados, en todo

momento, por persoal especializado. Dado a importancia de que o día

sexa axeitado para levar a cabo esta actividade, esperaremos ó 3º

trimestre ( Maio- Xuño) para levala a cabo.

Programación anual de actividades 13-14

Page 15: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

5.- Sendeirismo polo monte Aloia: Tentaremos facer esta actividade

xunto co Departamento de Ciencias e o de Xeografia, traballando así

interdisciplinariamente. Ó mesmo tempo que os alumnos de 1º da ESO

traballan a súa condición física, disfrutarán da paisaxe coñecendo as

diferentes especies que habitan o monte. Tentaremos facer esta actividade

xa no 3º trimestre (Maio), esperando que o tempo nesas datas sexa o

adecuado para desenvolvela.

Con respecto a este apartado de actividades extraescolares, o

departamento decidiu prohibir a participación nelas, a aqueles alumnos

que teñan faltas graves ao longo do curso ou a aqueles alumnos que non

asistan a clase.

Ante una falta leve seremos os propios profesores do

departamento, os que decidamos a conveniencia de que os alumnos

amonestados participen nas actividades.

Ademáis tentaremos levar a cabo unha serie de actividades

complementarias:

1.- Charla sobre “ Nutrición e alimentación”: Dirixida a alumnos de 4º

da ESO. Persoal especializado de Povisa ou da Cruz Vermella virá ó noso

centro para falar sobre este tema, nunha época na que están xurdindo

numerosos trastornos relacionados coa alimentación. A finalidade da

charla é completar o tema teórico que se trata en 4º na 3ª avaliación,

dándolle ós alumnos unhas nocións básicas que aseguren unha

alimentación equilibrada.

2.- Charla sobre “Alteracións na alimentación: anorexia e bulimia”:

Para alumnos de 4º ESO e relacionado co tema de alimentación e nutrición

Programación anual de actividades 13-14

Page 16: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

xa comentado anteriormente e que tenta concienciar ó noso alumnado dos

problemas que acarrea unha alimentación inadecuada

3.- Charla sobre “Hixiene e educación postural”: dirixida a alumnos

de 2º ESO. Será impartido por persoal especializado no tema.Terá lugar ó

logo da 2º avaliación.

4.- Charla sobre “Os deportes de aventura” e sobre “ Augas

bravas”: Dirixida alumnos de 1º e 2º ESO. Pretendemos ampliar o

abanico de posibilidades relacionadas con actividades que eles poden

desenvolver no seu tempo de ocio.

5.- Sección bilingüe: Charla con deportistas anglosajones de

diferentes modalidades deportivas: esta charla será organizada para o

alumnado que participa este curso académico na sección bilingüe (3ºESO

A/C).

6.- O departamento de E.F. organizará, tanto para o día 21 de

Decembro como para o derradeiro día de clases ( en Xuño), un

campeonato no que os alumnos poderán participar en deportes

como balonmán, baloncesto e fútbol-sala.

7.- Charla sobre “1º auxilios” : para o alumnado de 4º ESO. Nela se

darán coñecementos básicos para que o alumnado saiba como reaccionar

e que técnicas aplicar en certos casos de urxencia.

Programación anual de actividades 13-14

Page 17: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

FILOSOFÍA

Este departamento tentará organizar de novo a actividade

complementaria dirixida ao alumnado de Ética e Filosofía do Dereito de 2º

de bacharelato, que consiste na visita aos xulgados de Tui para

presenciar xuízos penais ou de faltas. Dita actividade tería lugar no

primeiro trimestre e ocuparía como mínimo dúas medias mañás, xa que

non é posible polo tamaño das salas dos xulgados levar a todo o grupo

dunha vez, ademais este curso o número de alumnado é maior e non se

sabe se poderá dividirse en só dous grupos. Nesta actividade o xuíz

despois da celebración do xuizo soe explicar ao alumnado aspectos

importantes do desenvolvemento do mesmo que resultan moi ilustrativos

para eles.

Tentaremos repetir, tamén, a actividade complementaria gratuíta

que consiste nun obradoiro sobre o Comercio Xusto ca colaboración de

Solidaridade Internacional de Galicia. Iría dirixida a todo o alumnado de 4º

de ESO xa que cursan Educación Ético-Cívica. O obradoiro ocuparía unha

mañá. O colofón sería o posto de venda de produtos de Comercio Xusto

xestionado polo alumnado voluntario a semana anterior ao Nadal, no

vestíbulo do centro.

De celebrarse este ano as Xornadas Xurídicas do centro este

departamento colaborará na organización das conferencias e na

participación do alumnado de Ética e Filosofía do Dereito dun xeito

preferente aínda que tamén poderán participar en función das

circunstancias alumnado de 1º e 2º de bacharelato dos grupos de

ciencias sociais e humanidades no desenvolvemento de ditas xornadas, tal

e como fixemos o curso pasado.

Programación anual de actividades 13-14

Page 18: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

FÍSICA E QUÍMICA

• Charla sobre o colisionador de partículas (gran colisionador de

hadrones “ LHC ”) para alumnos de ciencias de 1º e 2º de

Bacharelato e alumnos de 4º ESO coa materia de Física e Química

se non se completa o aforo.

• Participación na xornada “ Masterclass Hands on Particle Physics”

para estudantes de bacharelato. Actividade relacionada coa Física de

Partículas organizado polo Departamento de Física de Partículas da

Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa

Sociedade Europea de Física e o CERN. Esta actividade efectúase

sobre o 22 de marzo.

• Solicitude de participación, no curso "10ª Escola de verão de Física"

organizado pola Facultade de Física de Porto, para alumnado de 4º

ESO e 1º de Bacharelato coas materias do Departamento. Esta

actividade solicitase sobre o mes de maio e celébrase na primeira

semana de setembro.

• Solicitude de participación, no “II campus de verán científico-

técnico” organizado pola Universidade de Santiago no Campus de

Lugo, para alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato coas materias

do Departamento. Esta actividade solicitase sobre o mes de maio e

celébrase a finais de xuño

Programación anual de actividades 13-14

Page 19: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

FRANCÉS

Asistencia a representación teatral alumnos de Bacharelato e 4º da

ESO.

Posibilidade de facer unha viaxe cultural a París nas últimassemanas

de marzo.

Semana do cinema francés.

GREGO

No presente curso programamos as seguintes:

Viaxes didácticas:

• XI Viaxe Clásico-Literaria: por terras da provincia de Badajoz

centrando as visitas na propia capital (alcazaba, muralla,

catedral, praza Alta...), Zalamea de la Serena (dístylo sepulcral,

cisterna romana, palacio de don Juan de Zúñiga, casa de Pedro

Crespo, palacio-santuario tartésico e centro de interpretación de

Cancho Roano), Casas de Reina (xacemento e centro de

interpretación da cidade romana de Regina Turdulorum) e Mérida

(acuedutos, templo de Diana, teatro, anfiteatro, circo, museo

nacional de Arte Romana...). Están previstas na ida e no regreso

paradas en Coimbra (universidade, sé velha, mosteiro de Santa

Clara-Quinta das Lágrimas, Condeixa A Nova-Conímbriga) e

Buçaco (parque nacional, pazo e xardíns)

Faremos esta viaxe (pensada para alumnado do segundo ciclo da

ESO e bacharelato) en tres días, nos inicios do terceiro trimestre,

Programación anual de actividades 13-14

Page 20: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

inmediatamente antes das vacacións de Semana Santa, os días 9,

10 e 11 de abril de 2014.

• Para primeiro da ESO proponse unha saída a Pontevedra,

aproveitando algunha exposición ou o salón do libro (fondos

prehistóricos e arqueolóxicos do museo; lembranza de Valle-Inclán,

Xoan Manuel Pintos, Torrente e Castelao...)

• Con segundo da ESO proxectamos visitar Ourense (tralas pegadas

de Blanco Amor -A esmorga-, da xeración Nós; o museo

arqueolóxico lugar de traballo de Ferro Couselo; Pazo do bispo e

catedral onde se ambienta Ilustrísima de Casares...)

• Confeccionaranse pequenas unidades didácticas e/ou cursos virtuais

cos datos histórico-artístico-literarios básicos dos lugares que imos

visitar nas viaxes. E no último trimestre realizarase unha exposición

fotográfica.

• Audición do recitador-músico grego Jristos Kanelos Malamás (o 16

de outubro): presentación de instrumentos musicais gregos e recitación

de poesía grega antiga e moderna, para alumnado de música e

humanidades.

• Posible asistencia a representacións teatrais de obras clásicas; datas e

lugares en función das ofertas que recibamos.

• Colaboración na revista do centro.

Programación anual de actividades 13-14

Page 21: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

INGLÉS

No departamento de inglés platexámonos a posibilidade de levar os

alumnos a unha obra de teatro en inglés, si é posible na Area Panorámica

de Tui. A fecha estaría aínda por determinar.

LATÍN

O Departamento didáctico de Latín organiza e/ou colabora na

realización das seguintes actividades para o presente curso:

• Viaxe didáctica: Retomamos a que no curso pasado se realizou con

grande éxito de alumnado. Faremos esta viaxe en tres días, a finais

do segundo trimestre, inmediatamente antes das vacacións de

Semana Santa de 2013.

• Posible asistencia a representacións teatrais de obras clásicas; datas

e lugares en función das ofertas que recibamos.

• Proxección de películas sobre temas clásicos, de maneira especial

heroes mitolóxicos.

• Exposicións sobre temas clásicos (arqueoloxía, institucións,

mitoloxía, monumentos, toponimia...) a partir de traballos realizados

polos alumnos.

• Exposición fotográfica sobre a viaxe didáctica programada, no último

trimestre.

• Novo número do boletín Tudensis Peregrinatio.

Programación anual de actividades 13-14

Page 22: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

• Visita a la exposición “Sefardíes”, Área Panorámica, Tui, 3º ESO-

PDC, 04/10/13 .

• Itinerario cultural en Pontevedra, 1º ESO (preferente), fecha sin

determinar .

• Asistencia a una función de teatro, sin determinar niveles, sin

determinar fecha.

• Ruta literaria, sin determinar niveles, sin determinar fecha.

• Celebración del Día del Libro, todos los niveles, alrededor del 23 de

abril.

• Excursión a Extremadura y Portugal, alumnado desde 3ºESO, 2º

trimestre .

• Salidas locales para conocer el patrimonio cultural y natural de

nuestro entorno.

• Excursión a Vigo con alumnado del PDC, fecha sin determinar.

• Excursión en tren con alumnado del PDC, fecha sin determinar.

Programación anual de actividades 13-14

Page 23: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

LINGUA E LITERATURA GALEGA

Poderanse propoñer actividades como conferencias,exposicións,

teatro,etc. Segundo a disponibilidade do Centro así como outras que teñan

relación con aqueles acontecementos importantes que surxan no Concello

ou na comarca.

Estamos contactando para desenvolver as dúas seguintes

actividades, ou cando menos unha das dúas: “Nas tardes escuras” un

recital de música no que Narf pon música e comenta 13 poemas de

Rosalía de Castro; un obradoiro de hip-hop para construír cantigas en

galego a cargo dun dos membros de “Dios ke te Crew”.

Poderanse, ademáis, organizar saídas co alumnado do instituto, por

exemplo, paseos por Tui cos alumnos de 1º de ESO para traballar léxico,

roteiros doutra índole, a saída cos alumnos do 2º ciclo da ESO para

participar nos actos de homenaxe aos Mártires de Sobredo, con outros

centros da comarca, etc

Poderá haber algunha saída pedagóxica aínda sen determinar que

iremos comunicando coa debida antelación á Vicedirección..

Con respecto ás saídas ou actividades a idea do Departamento é

que, polo menos, en cada trimestre os alumnos dos diferentes cursos

poidan asistir a unha conferencia relacionada coas lecturas escollidas ao

longo do curso, ou a algunha de temática sociolingúística.

O Departamento sumarase ás actividades propostas e organizadas

polas consellerías de Cultura, Educación, etc. Ou outras institucións como

o Consorcio Audiovisual Galego, a Fundación Comarcal Baixo Miño e así

participar en actividades como “Audio-visual na aula, seminarios de

cultura oral e outras que vaian nacendo.

Programación anual de actividades 13-14

Page 24: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

O noso Departamento segue a apoiar a candidatura para a

declaración do patrimonio inmaterial galego e portugués como patrimonio

da humanidade e, xa que logo, potenciar actividades que mostren esa

riqueza, como as regueifas, ou participar nas actividades de “Ponte nas

ondas”. O noso centro hai anos que participa no Proxecto Cultural

Interfronteirizo. Neste curso continuará a haber actividades relacionadas

coa recuperación da memoria histórica.

O Departamento de Lingua e Literatura Galega colaborará nas

actividades propostas desde o Equipo de Normalización Lingüística, por

exemplo no “Correlingua”, e participará no proxecto elaborado por este

equipo de fomento da lingua galega no centro. Tamén colaboraremos co

Departamento de portugués naquelas actividades que se programen e

precisen da nosa colaboración.

O Departamento desexa concluír que moitas das actividades irán

nacendo ao longo do curso e que as actividades enumeradas arriba poden

sufrir alteracións, dependendo do tempo e da marcha do curso.

MATEMÁTICAS

• Exposición sobre vidas de matemáticos famosos.

• Visita ao observatorio de Compostela.

• Visita ao planetario do Porto.

• Concurso de Fotografía sobre simetrías, perspectivas e volumes.

• Participación no Rallye Matemático.

• Colaboración con outros departamentos en saídas e actividades.

• Torneo de Xadrez em colaboración com outros departamentos.

• Viaxe a Lisboa.

• Teatro escolar.

• Proxección de vídeos educativos sobre as matemáticas.

• Conferencias impartidas por algún matemático de renome.

Programación anual de actividades 13-14

Page 25: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

MÚSICA

1º Trimestre:

• Visita á exposición: Diáspora Sefardí. Para os alumnos de 4º ESO.

Na biblioteca da área panorâmica em Tui. Durante a semana do 30

de setembro ata o 4 de Outubro. Será en horas de clase dos

respectivos grupos

• Actividade: Actuación poético-musical : Grego e música ( Jristos

Malamas ) Para os alumnos de 3º ESO, 4º ESO música e 1º Bac

Música. Dia 16 de Outubro. Actividade dos departamentos de Grego

e Música

• Visita á catedral de Tui . Para os alumnos de 3º de ESO. Data sen

concretar.

• Visita ao Pórtico da Gloria, do Mestre Mateo na Catedral de Santiago

co fin de analizar os instrumentos medievais presentados na

iconografía pétrea.(3º ESO)

• Visita á exposición de instrumentos antigos no Museo do Pobo

Galego.(3º ESO)

• Visita ao Mosteiro de S. Rosendo (Celanova) para audición de

órgano (2º ESO)

• Festival de panxoliñas navideñas nas residencias de anciáns da

vila de Tui.

2º trimestre:

• Odaiko percussion group / para os alumnos de 2º ESO. No auditório

centro cultural Vigo ( Novagalicia). Do 17 ao 19 de Febreiro/ data

sem concretar

Programación anual de actividades 13-14

Page 26: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

• Asistencia a un concerto ou dous concertos da Real Filarmonía de

Galicia ,organizada polo Auditorio de Galicia para 2º, 3º , 4º ESO

e 1º Bacharelato) . Diferentes datas sen concretar.

• Seminario de Jazz en Pontevedra para alumnos de 4º de ESO ( data

sen concretar)

• Concerto didáctico Jazz, organizado pola produtora musical Fisterra.

Semana das Letras Galegas :

• a) Obradoiro sobre instrumentos tradicionais galegos a cargo de

Pablo Carpintero.

• b) Clase maxistral para cantareiras-os e pandereteiras-os.( para 2º

ESO) Con Beatriz Cela?

• “ Unha aproximación á música galega” : Concerto a cargo de O Leo i

Arremecághona.. Para todos os alumnos do centro. Data sen

concretar.

Todas estas actividades do Día Das letras galegas: para alumnos de

2º, 3º y 4º de ESO. Data posible: A primeira hora da mañá do dia

adicado á actividade do Correlingua.

• Visita a un obradoiro de bombos de Tomiño e outro de gaitas do

Rosal ou en Ponteareas . Para alumnado de 2º ESO. Data sen

concretar.

• Visita a un estudio de Gravación, co fin de coñecer o proceso de

elaboración dun disco e a gravación das distintas partes que forman

unha canción.( 4º ESO e BAC)

• Visita en calidade de público a un programa musical en TVE, para

coñecer o medio audiovisual (como se fai un programa; son directo

e son pregravado...) (3º ; 4º ESO e BAC)

• Visita aos estudios radiofónicos de Radio Tui ( 3º , 4º ESO e BAC)

• Visita ao taller de creación e restauración de instrumentos (Escola

de Artes e Oficios de Vigo).(2ºESO e 3º ESO)

Programación anual de actividades 13-14

Page 27: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

• Viaxe cultural na semana anterior ás vacacións de S. Telmo.

Musical en Madrid

• Visita aos Conservatorios de música galegos, co fin de coñecer como

funciona o sistema de aprendizaxe musical galego.(2º ESO)

3º trimestre:

• Concerto didáctico sobre instrumentos de percusión( 2º,3º, 4º e

BAC música)

• Festival final de curso: Concerto . Data sen determinar.

ORIENTACIÓN

1 º ESO

CONCELLO DE TUI

• Mitos e crenzas sobre o ALCOHOL e TABACO 1º2º trimestre

• Nin bombeiros nin enfermeiras 1º2º trimestre

2º ESO

CONCELLO DE TUI

• CINE nas aulas: “Hoosiers” y “Little Miss Sunshine” 1º3º trimestre

CRUZ VERMELLA

• Prevención condutas violentas. 1º,2º,3º trimestres

OUTROS, HERMANO MAYOR

• Racismo, Traballo infantil, Drogas 2º,3º trimestre

Programación anual de actividades 13-14

Page 28: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

3º ESO

CONCELLO DE TUI

• ETS e educación sexual 1º,2º,3º trimestres

• Habilidades sociais. Autoestima 1º,2º,3º trimestres

CRUZ VERMELLA

• Prevención de drogodependencias 1º,2º,3º trimestres

ORIENTADORA

• Orientación Académico profesional • 3º trimestre

OUTROS, HERMANO MAYOR

• Comercio xusto 2º,3º trimestre

• Drogas 2º,3º trimestre

4º ESO

CONCELLO DE TUI

• Vivindo en Tolerancia. Violencia de xénero. 1º,2º, trimestres

• A mocidade fronte o alcohol, tabaco, e outras drogas. 1º,2º,

trimestres

CRUZ VERMELLA

• Nutrición. Anorexia e bulimia. 2h+2h 1º,2º,3º trimestres

• Métodos anticonceptivos. 2h 1º,2º,3º trimestres

ORIENTADORA

• Orientación Académico profesional 3º trimestre

OUTROS, HERMANO MAYOR

• Busca emprego 2º, 3º trimestres

• Saídas exposicións 2º,3º trimestres

• Saídas feiras emprego. 2º,3º trimestres

• Saídas centros FP 2º,3º trimestres

• Drogas 2º,3º trimestres

Programación anual de actividades 13-14

Page 29: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

1º BAC

ORIENTADORA

• optativas 2º, trimestre

• selectividade 2º, trimestre

2º BAC

ORIENTADORA

• Selectividade, becas e axudas, sistema universitario 2º,

trimestre

UNIVERSIDADE VIGO

• Oferta graos, becas e axudas, residencias 2º, trimestre

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO COMPOSTELA

• Oferta graos, becas e axudas, residencias 2º, trimestre

PLÁSTICA

Co obxectivo de reforzar os coñecementos adquiridos o

departamento promoverá actividades relacionadas ca nosa área e

colaborará, na medida do posible, en todas aquelas actividades e

celebracións que se organicen no centro en datas sinaladas, ca realización

e exposición de traballos realizados polo alumnado.

Non se descarta a visita a museos, exposicións, talleres didácticos e

asistirase a eventos de interese artístico e cultural se se considera de

interese para o alumnado.

Programación anual de actividades 13-14

Page 30: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

Tamén se poderán levar a cabo proxectos en colaboración con outros

departamentos co fin de aunar esforzos para a realización de traballos

comúns

PORTUGUÉS

• Sen data concretada e sen determinar onde: Visita de estudos de

1 ou 2 días a unha cidade portuguesa: Guimarães, Braga, Amarante,

Fafe e/ou Porto.

• Asistencia a representación dunha obra de teatro no São João do

Porto ou do grupo “Comédias do Minho” .

• Charlas e palestras sobre Língua e Literatura portuguesa, sen

determinar datas por agora ata non contactar cos

escritores/profesores que poidan vir ao noso centro.

• Intercambio e convivio con alumnos doutras escolas galegas ou

extremeñas que teñan portugués como lingua opcional. Aínda están

sen determinar a data os posibles institutos cos que facer o

intercambio.

• Intercambio con alumnos/as doutras escolas de Portugal. Visita aos

seus centros. Sen determinar centros ou datas por estar aínda sen

confirmar.

• Viaxe didáctica de 4-5 días ata o Algarve ou a onde marquemos

segundo as nosas posibilidades económicas e humanas.

Programación anual de actividades 13-14

Page 31: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

RELIXIÓN

(En colaboración co IES de Tomiño)

Actividades dunha xornada, puntuais ou no propio Centro (para todos os cursos)

• Audición do recitador-músico grego Jristos Kanelos Malamás (o 16 de outubro)

• Xornada do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

• Xornada de solidariedade no Nadal.

• Celebración do Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz e Día da

Muller.

• Actividades especiais no Nadal e Pascua como por exemplo:

decoración con calendarios de advento,visita as Residencias de

anciáns...

• Charlas-coloquios-mesas redondas.

• Visita dun misioneiro, ex-alumno do centro.

• Participación en campañas de diferentes ONGs (Campaña contra a

Fame de Manos Unidas, Solidariedade Internacional, Entreculturas,

REDES...).

• Exposición no hall e corredores do Instituto de tarefas realizadas

con murais ou carteis.

• Participación en datas sinaladas colaborando con actividades

organizadas por outros Departamentos que estean en relación cos

obxectivos desta materia.

Programación anual de actividades 13-14

Page 32: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

Saídas Didácticas

Saída Curso

Visita ao Castro de Santa Tegra

1º ESO

Recorrido polo Morrazo (petroglifos de Mogor, museo de

Bueu, cruceiro de Hío...)

Saída a Pontevedra, aproveitando algunha exposición ou o

salón do libro (fondos prehistóricos e arqueolóxicos do

museo; lembranza de Valle-Inclán, Xoan Manuel Pintos,

Torrente e Castelao...)Percorrido polas parroquias dos alumnos das que fan un

traballo.

2º ESO

Visita a Colexiata de Vigo, casco histórico, Museo Quiñones

de León e Tenda de Comercio Xusto.

Visita a Ourense (tralas pegadas de Blanco Amor -A

esmorga-, da xeración Nós; o museo arqueolóxico lugar de

traballo de Ferro Couselo; Pazo do bispo e catedral onde se

ambienta Ilustrísima de Casares...) Visita a Catedral de Tui, conxunto histórico . 1º e 2º ESO

Visita ao Belén Do asilo “Residencia San Telmo” 1º a 4º ESO

e BAC

Visita ao Convento das Clarisas de Tui. 3º e 4º ESO

Visita ao mosteiro cisterciense de Santa María de Oia 4º ESO

Viaxe por terras da provincia de Badajoz centrando as

visitas na propia capital (alcazaba, muralla, catedral,

praza Alta...), Zalamea de la Serena (dístylo sepulcral,

cisterna romana, palacio de don Juan de Zúñiga, casa de

Pedro Crespo, palacio-santuario tartésico e centro de

interpretación de Cancho Roano), Casas de Reina

(xacemento e centro de interpretación da cidade romana

3º e 4º ESO

e BAC

Programación anual de actividades 13-14

Page 33: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

de Regina Turdulorum) e Mérida (acuedutos, templo de

Diana, teatro, anfiteatro, circo, museo nacional de Arte

Romana...). Están previstas na ida e no regreso paradas

en Coimbra (universidade, sé velha, mosteiro de Santa

Clara-Quinta das Lágrimas, Condeixa A Nova-Conímbriga)

e Buçaco (parque nacional, pazo e xardíns)Outras que poidan xurdir ao longo do curso en relación

a programación elaborada.

TECNOLOXÍA

Prográmanse unha serie de actividades que axudarán no proceso de

aprendizaxe do alumno, afianzando os coñecementos adquiridos coas

actividades na clase e fomentando o seu interese e motivación pola

materia:

Actividades extraescolares:

Visita ao centro Tecnolóxico Aimén.

Visita ao parque eólico de Sotavento.

Visita á facultade de enxeñería de minas da universidade

de Vigo.

Actividades complementarias:

Exposición dos proxectos realizados durante o curso.

Programación anual de actividades 13-14

Page 34: PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES … · Programación anual de actividades 13-14. Conferencias e encontros con autores: •Audición-obradoiro do recitador-músico grego Jristos Kanelos

Tui 22 outubro 2013

A Vicedirectora

Asdo: Dolores González Budiño

Programación anual de actividades 13-14