Proceso lector

12
O proceso lector “O texto non proporciona máis ca unha das fontes críticas de información. O resto é preciso que veña dos coñecementos previos do lector” (Adam e Starr, 1982)

Transcript of Proceso lector

Page 1: Proceso lector

O proceso lector

“O texto non proporciona máis ca unha das fontes críticas de información. O resto é preciso que veña dos coñecementos previos do lector” (Adam e Starr, 1982)

Page 2: Proceso lector

Procesamento ascendente e descendente

O que se entende por lectura segundo Adam e Starr (1982) é a capacidade de entender un texto escrito.

Distinguimos na lectura dous procesamentos: Ascendente (este parte dos signos gráficos, das palabras ata chegar a

niveis superiores). Tamén se che chama de abaixo arriba. Descendente : Vai da mente do lector ao texto. Díselle tamén de arriba

abaixo. Estas dúas formas de proceder son simultáneas, para entender o

texto vai estar interactuando o que o lector sabe co que ve no texto.

O lector considérase pois, un suxeito activo que reconstrúe o significado do texto ao interpretalo segundo os seus esquemas conceptuais.

Page 3: Proceso lector

Lectura eficiente

A lectura eficiente é unha tarefa complexa e depende de procesos perceptivos, cognitivos e lingüísticos.

A lectura é un proceso interactivo. O lector experto deduce información de varios niveis distintos simultaneamente.

A lectura é estratéxica. O lector eficiente supervisa constantemente a súa propia comprensión, sendo selectivo para dirixir a súa atención aos distintos aspectos do texto.

Ler é o proceso que se segue para obter información da lingua escrita do mesmo xeito que escoitar é o que facemos para obter información da lingua oral.

Temos polo tanto que axudar ao alumnado a adquirir habilidades para interpretar a lingua escrita.

A ensinanza da lectura como interpretación da realidade ten que estenderse a todo o currículo escolar.

Page 4: Proceso lector

Para a psicoloxía cognitiva…

Os procesos de obtención de información. Utilizan mecanismos mentais de procesamento. Captación de información polos sentidos. Almacenamento da información en estruturas esquemáticas de

coñecemento. Acto de comprensión supón Proceso de formar, elaborar, modificar as estruturas de

coñecemento. Alteración das redes nas que se organizan os coñecementos. Almacenamento da información en estruturas esquemáticas de

coñecemento.

Page 5: Proceso lector

Implicacións mentais

Page 6: Proceso lector

Implicacións mentais

Page 7: Proceso lector

Construción do significado

Segundo Smith (1983) o proceso de lectura utiliza dúas fontes: Información visual ou a través dos ollos, toda a que nos ven do texto. Información non visual ou de detrás dos ollos, que ven dos

coñecementos do lector. ¿Cómo constrúe o lector o significado?

Formulando hipóteses. Anticipa aspectos do contido do texto a través de elementos contextuais e textuais.

Verificando as hipóteses realizadas. O lector busca indicios, fixarase en elementos gráficos, signos de puntuación, marcas sintácticas, distribución do texto.

Integrando información e comprensión. Se a información é coherente coas hipóteses formuladas o lector construirá o significado elaborando estratexias de razoamento.

Captación de información polos sentidos.

Page 8: Proceso lector

Proceso de lectura

Formulación de hipóteses. O lector progresa ao longo do texto previndo as secuencias ou frases esperadas . Aventura hipóteses en función das inferencias que realizadas.

Verificación de hipóteses.. O significado cáptase sen necesidade de oralizalo. Os ollos exploran o texto percibindo conxuntos informativos. A verificación e anticipación son independentes. Somos capaces de ler palabras inexistentes nun texto soamente porque se supón

que está alí. As letras son identificadas con maior rapidez se forman parte dunha palabra As palabras recoñécense con maior rapidez se forman parte dunha frase.

A anticipación que á súa vez guía o proceso de identificación, soamente se pode realizar a partir do recoñecemento do significado. Non é posible previr ao azar.

Page 9: Proceso lector

Integración da información e control da comprensión

O lector contrasta a nova información coa que xa ten. Se a nova información lle parece secundaria desestímaa Se hai algunha proposición que engloba varias información procede

a utilizala Se non hai unha proposición que agrupe un mesmo tipo de

información, elabóraa el.

O mecanismo de control da comprensión é unha actividade metacognitiva. Actividade de autoavaliación constante sobre o seu propio proceso de construción ou reconstrución do significado.

Page 10: Proceso lector

Solucións adoptadas polos bos lectores

Page 11: Proceso lector

Factores que inciden na comprensión lectora

Os factores que condicionan a comprensión lectora relaciónanse cos dous elementos que interactúan no proceso da lectura: o lector e o texto.

Desde o punto de vista do lector, a intención da lectura, a finalidade, vai determinar a forma en que se aborda o escrito:

Lectura silenciosa, como a dunha novela. Lectura selectiva, para extraer unha idea global. Hai pasaxes que se len

rápido e outros con máis atención. Lectura exploratoria, para encontrar unha información determinada. Lectura lenta, para disfrutar dos aspectos formais do texto. Lectura informativa, de busca rápida de información, como un número

de teléfono, dicionario. Segundo a necesidade do lector vaise establecer a velocidade

lectora, que está relacionada coa intención da lectura.

Page 12: Proceso lector

Factores que inciden na comprensión lectora-2

Os coñecementos que aporta o lector. Coñecementos sobre o escrito: paralingúísticos (tipográficos, frases,

parágrafos, capítulos, fórmulas de introdución e final), morfolóxicos, sintácticos e semánticos. Coñecemento das estruturas textuais, dos tipos de texto: narrativos, argumentativos, descritivos…)

Coñecementos sobre o mundo, vese moito nos titulares de prensa que xogan co que o lector xa coñece.

Cantos máis coñecementos aporta o lector máis fácil será comprender un texto. Pero á súa vez ten que haber espazo para predicir e así manter o interese do lector.

Ás veces o alumnado non é capaz de entender os textos por non posuír ningún coñecemento sobre o tema e non poden establecer relación entre o seu esquema conceptual e o texto.