PROBAS XINCANA DO MAGOSTO 2012

6
PROBA 1 . A chave da CAStaña Similar ao xogo da chave, no canto de tirar cunha pedra tiramos cunha castaña. Hai que facer xirar a chave, tirando unha castaña dende unha distancia marcada. Cada vez que fagamos xirar a chave sumamos un punto PROBA 2 . A botella Neste xogo hai dúas modalidades, para os máis peques e para os maiores. Os maiores deberán poñerlle un colar a unha botella empregando un pau a modo de cana de pescar do que colga a argola que hai que colocar no colo da botella. Os peques terán que pescar botellas empregando un sistema similar. As botellas teñen no tapón un gancho polo que hai que pescala cun aparello similar a unha cana de pescar. Por cada botella conseguida sumarase un punto

description

Modelo de probas que faremos na xincana do magosto 2012 no CPI Ponte Carreira

Transcript of PROBAS XINCANA DO MAGOSTO 2012

PROBA 1-. A chave da CAStaña

Similar ao xogo da chave, no canto de

tirar cunha pedra tiramos cunha castaña.

Hai que facer xirar a “chave”, tirando

unha castaña dende unha distancia

marcada.

Cada vez que fagamos xirar a chave

sumamos un punto

PROBA 2-. A botella

Neste xogo hai dúas modalidades, para os máis

peques e para os maiores.

Os maiores deberán poñerlle un

colar a unha botella empregando un

pau a modo de cana de pescar do que

colga a argola que hai que colocar no

colo da botella.

Os peques terán que pescar botellas

empregando un sistema similar. As

botellas teñen no tapón un gancho

polo que hai que pescala cun aparello

similar a unha cana de pescar.

Por cada botella conseguida sumarase un punto

PROBA 3-. castachapas

Consiste en guiar unha castaña

dándolle cos dedos como se dunha canica

se tratase por un camiño cheo de curvas.

Daralle dúas veces seguidas cada membro do grupo. Se

nos saímos do percorrido voltaremos a empezar.

Cada castaña que chegue ao final suma un punto.

PROBA 4-. Castañas a culleradas

Como o seu nome indica, trátase de

levar a unha caixa cantas máis castañas

mellor empregando, para elo, unha culler na

boca.

Cada castaña que depositemos na caixa

suma un punto

PROBA 5-. O trueiro da castaña

Colocados fronte a fronte dous

membros do equipo a unha distancia

sinalada, un deles lanza a castaña e o

outro ten que tentar pescala co trueiro.

Cada castaña pillada, un punto

PROBA 6-. Encestar castañas

Agora toca poñer a proba a nosa puntería.

Temos varios recipientes colocados a varias

distancias. Dende unha marca sinalada temos

que encestar a castaña nun deles.

Cada un terá unha puntuación diferente

en función da súa posición e tamaño

PROBA 7-. A castaña vai de viaxe

Esta proba consiste en levar a castaña por varios

lugares sen que nos caia. Conta de 10 probas

individuais, unha para cada membro do equipo, que

deben colocarse nos puntos sinalados antes do comezo

da proba.

1.- Comezamos buscando unha castaña nunha caixa

chea de bolas, que deberá buscar o membro

máis pequeno do equipo.

2.- Este daralla ao seu

compañeiro (de 4 anos) que terá

que collela nunha pá e levala

camiñando enriba dun banco.

3.- O seguinte colle a pá e terá que

levala camiñando enriba das rodas sen

caerse nin caer a castaña ata deixala

nunha carretilla para o seguinte.

Está prohibido meter o pé na roda.

4.- Unha vez na carretilla, a quen lle

toque ten que levala CORRENDO e

sorteando conos ata o seguinte

compañeiro e depositarlla nunha culler

que terá na boca (non serve coa man).

5.- Este terá levala sobre unha corda fina cun pé

diante doutro e pasarlla a outro

compañeiro, que terá outra culler. Hai

que pasala de culler a culler sen

tocarlle coa man.

6.- Agora temos que levala por un túnel

arrastrándonos. Ao final do percorrido

deixarémola no chan no inicio dun camiño.

7.- Outro compañeiro terá que desprazala por este

sendeiro, cheo de curvas e máis curvas, empregando un

pau moi longo e depositala nunha caixa que atopará ao

final do camiño.

8.- Será un novo campañeiro (de

4 ou 5 anos) o que , unha vez que a

castaña estea na caixa, terá que

tirar enrolando fío ata que caixa lle

chegue. Collerá a castaña e daralla a

outro compañeiro nunha pá.

9.- Este terá que levala SALTANDO de aro en aro

sen que lle caia e deixala no punto de

penalti que atopará ao final dos aros.

10.- Para rematar a súa viaxe, o

derradeiro membro do equipo terá que

meter CASTAÑA… nunha mini portería

a unha certa distancia.

FIN DO PERCORRIDO

Cando en calquera percorrido a castaña caia polo

camiño temos que volver a empezar. (*)

Se a castaña chega ao final sen ter que empezar

de novo, sumamos 10 puntos, restándose de 2 en 2 cada

vez que teñamos que retroceder, podendo restarse aos

puntos doutras probas se é preciso.

CON ESTA XINCANA ESPERAMOS QUE PASEDES E

DISFRUTEDES DUNHA TARDE DIVERTIDA PARA LOGO

ENCHER O BANDULLO COMENDO CASTAÑAS……