Presentación centros

8
Estudo sobre a realidade actual que se vive nos centros educativos na nosa comunidade autónoma.

Transcript of Presentación centros

Estudo sobre a realidade actual que se vive nos centros educativos na nosacomunidade autónoma.

DIABETE E EDUCACIÓN:

ANÁLISE DO CONTEXTO

Anedia pon en marcha unha campaña para coñecer as medidas que os centros educativos da nosa comunidade autónoma teñen deseñadas para atender as necesidades dos nosos nenos e nenas con diabete durante a súa estancia no centro escolar.

COMO O FACEMOS?

Contactamos coa familia do menor.

Informámos da campaña.

Solicitamos a súa autorización para poder solicitar o centro o protocolo de actuación que teñen deseñado para dar resposta ás necesidades cotiás así como as posibles complicacións que poidan xurdir como consecuencia da diabete durante o período de permanencia dos nenos e nenas no centro educativo.

Presentamos a solicitude nos centos.

Analizamos as respostas.

Elaboraremos un documento cos resultados.

QUEREMOS UN PROTOCOLO

DE ACTUACIÓN AUTONÓMICO

Sabemos que os centros que entre o seu alumnado teñen algún

neno ou nena con diabete están facendo importantes esforzos

para poder dar unha resposta axeitada ás necesidades que se

lles presentan e que colaboran coas familias; pero tamén

sabemos que se todos traballamos xuntos e chegamos a

conseguir a elaboración dun protocolo de actuación no ensino,

o traballo de todos será máis sinxelo, e familias e centros

educativos sentiranse máis seguros e tranquilos á hora de

convivir coa diabete e de dar resposta ás necesidades cotiás

destes nenos e nenas.

SE QUERES PARTICIPAR

Se algún de vós ten interese en participar desta iniciativanon o dubidedes.

Xa que cantos máis sexamos mellor, pois a unión fai aforza.

Necesitamos:

Nome e DNI dun dos titores legais do menor.

Nome no nen@

Centro educativo.

Curso.

COMO CONTACTAR CON NOS

Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia

Tlf. 629809086/687760635

http://anedia.blogaliza.org/

[email protected]

www.facebook.com/anedia.galicia