Presentación bocetos
Transcript of Presentación bocetos
Na segunda metade do século xix lugo é unha cidade que comeza a expandirse amplamente fóra do territorio abarcado dentro de
murallas, polo que se precisa de novas portas de saída cara ós
novos espazos colindantes
Para atender á expansión da zona, o
bispo aguirre promove a creación da nova parroquia de san
froilán no ano 1890
No ano 1942, coa entrada na parroquia como cura ecónomo de don xosé fernández núñez,
comeza o culto da nosa señora do perpetuo socorro, nun baixo
alugado na avenida da coruña. Este lugar será o
xerme da nova parroquia da milagrosa
Trala adquisición dos terreos e da colocación da
primeira pedra (23 de febreiro de 1946) comeza a
construcción da nova iglesia da milagrosa
A estrutura dos muros, a cuberta e mailo tellado
estarían rematados o 17 de xullo do ano 1948
As obras darían comezo de forma inmediata, grazas á subvención de organismos
civís, eclesiásticos e privados
Dende o ano 1951 o prelado autoriza a celebración da misa dominical, e durante
toda a década as atribucións relixiosas da parroquia continuarán a
medrar (foto de maio, 1952)
Articulado en torno á igrexa, e malia ó feito de
que aínda non se constituíra en parroquia,
o barrio da milagrosa continúa a medrar (foto
de abril, 1962)
O 31 de outubro de 1961, don antonio ona de echave, bispo da diócese, é expelido o decreto de erección de
cinco novas parroquias na cidade, entre elas a parroquia da
milagrosa, formada con territorios segregados das antigas parroquias
de albeiros, san froilán e san pedro. O 2 de decembro do mesmo ano
toma posesión como primeiro párroco don xosé varela españa
No ano 1962 é bendicido o novo altar maior da
igrexa