Presentación básico 13 14

3
That´s English! Celso Emilio Ferreiro, s/n 36005 PONTEVEDRA Tfno: 986833018 · Fax: 986873970 http://www.eoidepontevedra.org [email protected] INFORMACIÓN THAT´S ENGLISH! NIVEL BÁSICO CURSO 2013 / 2014 1. ESTRUCTURA That´s English! é un curso de educación a distancia para aprender inglés ao teu ritmo. Con el poderás estudar dende a túa casa co material didáctico que se che proporcionará ao formalizar a túa matrícula. Ademais, terás práctica oral optativa na Escola Oficial de Idiomas en titorías semanais dunha hora e media de duración, podendo disfrutar de tódalas vantaxes que supón ser alumno oficial da EOI de Pontevedra (poderás utilizar a biblioteca, participar nas actividades extra-escolares que se celebren ao longo do ano, etc..). No ano 2011 acometeuse a posta ao día do programa That´s English!. Estanse reelaborando todos os materiais didácticos e engadiranse novos módulos á estrutura do programa, que che permitirán chegar non só aos niveis Básico e Intermedio, senón tamén ao Avanzado das Ensinanzas de Réxime Especial de Inglés. Neste novo marco, o programa configúrase en 12 módulos que se impartirán en 6 anos, de xeito que cada un deles se corresponde cun cuadrimestre académico: Nivel Básico Módulos 1 – 2 Módulos 3 – 4 Nivel Avanzado Módulos 9 – 10 Módulos 11 - 12 Nivel Intermedio Módulos 5 – 6 Módulos 7 – 8 Cada un dos módulos de Básico consta de 10 unidades didácticas que se impartirán semanalmente e que corresponden a dúas sesións de TV/DVD. Polo tanto, os programas de TV emítense dúas veces á semana durante o módulo e o alumno debería visualizar os DVDs con esa mesma frecuencia para non perder o ritmo da súa aprendizaxe. As titorías semanais estarán enfocadas a desenvolver a expresión oral da unidade didáctica correspondente. Ao remate do novo módulo 4 (plan de estudos 2011) e antigo módulo 5 (plan de estudos 2008) o alumnado deberá superar a correspondente proba terminal de certificación de nivel básico. Dita proba terminal será unificada para tódolos alumnos do mesmo nivel e ámbito educativo, independentemente do réxime (oficial ou libre) e a modalidade (presencial ou a distancia) cursados, e será tamén avaliada segundo os criterios que establece a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 2. MATERIAL DIDÁCTICO O material didáctico do que dispón cada alumno é: a. 1 Libro de texto por módulo coas correspondentes orientacións para o estudo, unidades didácticas e de consolidación e os apéndices (solucións ás actividades, cuestionarios de autoavaliación). b. Un CD de audio que se corresponderá co libro de texto e será imprescindible para realizar moitas das actividades. c. 1 Libro de Gramática e Vocabulario , pensado para resumir e profundar nas estructuras gramaticais e o léxico aprendido ao longo do curso. d. Dous DVDs por módulo cos programas de TV xunto cun programa de repaso ao finalizar cada un deles. e. 1 Portfolio online, documento persoal promovido polo Consello de Europa no que poderás rexistrar todas as túas experiencias de aprendizaxe. f. Guía explicativa de todo o programa ca que o alumno terá que estar familiarizado e onde se atopa unha amplia lista de material de apoio. A partir de outubro poderás atopar todos os materiais do nivel Básico do novo That´s English! no sitio web www.thatsenglish.com , dentro da plataforma e-learning, todavía en pilotaxe, e podes informarte dende xa na web da EOI http://www.edu.xunta.es/centros/eoipontevedra/thats_english de tódolos aspectos académicos e administrativos do curso. Por outra banda, para facer calquera consulta, podes tamén utilizar o teléfono 902 030 237 ou obter información na propia EOI, mediante o enderezo de correo do titor correspondente ou no enderezo [email protected] , así coma no teléfono 986 834 994 de luns a xoves en horario de mañá. 3. O ALUMNADO Os alumnos do programa That´s English! han de ser conscientes dende o 1º día do esforzo que supón unha aprendizaxe destas características. Dende o mesmo día da presentación titorial, o alumnado deberá levar ao día tódolos coñecementos e de seguir os seguintes pasos de estudio: a. Antes de cada programa o alumno deberá familiarizarse cos obxectivos, contidos, gramática e vocabulario de cada sesión. b. Durante o programa o alumno ha seguir o libro.

description

Information worksheet for the That´s English students at the EOI Pontevedra

Transcript of Presentación básico 13 14

Page 1: Presentación básico 13 14

That´s English! Celso Emilio Ferreiro, s/n 36005 PONTEVEDRATfno: 986833018 · Fax: 986873970

http://[email protected]

INFORMACIÓN THAT´S ENGLISH! NIVEL BÁSICO CURSO 2013 / 2014 1. ESTRUCTURA That´s English! é un curso de educación a distancia para aprender inglés ao teu ritmo. Con el poderás estudar dende a túa casa co material didáctico que se che proporcionará ao formalizar a túa matrícula. Ademais, terás práctica oral optativa na Escola Oficial de Idiomas en titorías semanais dunha hora e media de duración, podendo disfrutar de tódalas vantaxes que supón ser alumno oficial da EOI de Pontevedra (poderás utilizar a biblioteca, participar nas actividades extra-escolares que se celebren ao longo do ano, etc..). No ano 2011 acometeuse a posta ao día do programa That´s English!. Estanse reelaborando todos os materiais didácticos e engadiranse novos módulos á estrutura do programa, que che permitirán chegar non só aos niveis Básico e Intermedio, senón tamén ao Avanzado das Ensinanzas de Réxime Especial de Inglés. Neste novo marco, o programa configúrase en 12 módulos que se impartirán en 6 anos, de xeito que cada un deles se corresponde cun cuadrimestre académico:

Nivel Básico 1º Módulos 1 – 2

2º Módulos 3 – 4 Nivel Avanzado 1º Módulos 9 – 10 2º Módulos 11 - 12

Nivel Intermedio 1º Módulos 5 – 6 2º Módulos 7 – 8

Cada un dos módulos de Básico consta de 10 unidades didácticas que se impartirán semanalmente e que corresponden a dúas sesións de TV/DVD. Polo tanto, os programas de TV emítense dúas veces á semana durante o módulo e o alumno debería visualizar os DVDs con esa mesma frecuencia para non perder o ritmo da súa aprendizaxe. As titorías semanais estarán enfocadas a desenvolver a expresión oral da unidade didáctica correspondente. Ao remate do novo módulo 4 (plan de estudos 2011) e antigo módulo 5 (plan de estudos 2008) o alumnado deberá superar a correspondente proba terminal de certificación de nivel básico. Dita proba terminal será unificada para tódolos alumnos do mesmo nivel e ámbito educativo, independentemente do réxime (oficial ou libre) e a modalidade (presencial ou a distancia) cursados, e será tamén avaliada segundo os criterios que establece a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 2. MATERIAL DIDÁCTICO O material didáctico do que dispón cada alumno é:

a. 1 Libro de texto por módulo coas correspondentes orientacións para o estudo, unidades didácticas e de consolidación e os apéndices (solucións ás actividades, cuestionarios de autoavaliación).

b. Un CD de audio que se corresponderá co libro de texto e será imprescindible para realizar moitas das actividades. c. 1 Libro de Gramática e Vocabulario, pensado para resumir e profundar nas estructuras gramaticais e o léxico aprendido

ao longo do curso. d. Dous DVDs por módulo cos programas de TV xunto cun programa de repaso ao finalizar cada un deles. e. 1 Portfolio online, documento persoal promovido polo Consello de Europa no que poderás rexistrar todas as túas

experiencias de aprendizaxe. f. Guía explicativa de todo o programa ca que o alumno terá que estar familiarizado e onde se atopa unha amplia lista de

material de apoio. A partir de outubro poderás atopar todos os materiais do nivel Básico do novo That´s English! no sitio web www.thatsenglish.com , dentro da plataforma e-learning, todavía en pilotaxe, e podes informarte dende xa na web da EOI http://www.edu.xunta.es/centros/eoipontevedra/thats_english de tódolos aspectos académicos e administrativos do curso. Por outra banda, para facer calquera consulta, podes tamén utilizar o teléfono 902 030 237 ou obter información na propia EOI, mediante o enderezo de correo do titor correspondente ou no enderezo [email protected], así coma no teléfono 986 834 994 de luns a xoves en horario de mañá. 3. O ALUMNADO Os alumnos do programa That´s English! han de ser conscientes dende o 1º día do esforzo que supón unha aprendizaxe destas características. Dende o mesmo día da presentación titorial, o alumnado deberá levar ao día tódolos coñecementos e de seguir os seguintes pasos de estudio:

a. Antes de cada programa o alumno deberá familiarizarse cos obxectivos, contidos, gramática e vocabulario de cada sesión.

b. Durante o programa o alumno ha seguir o libro.

Page 2: Presentación básico 13 14

c. Tras o programa o alumno ha traballar co libro e o CD de audio facendo as tarefas correspondentes. Os alumnos prepararán tamén aquelas actividades abertas que logo enviarán ao seu titor ou desenvolverán nas titorías.

4. ATENCIÓN TITORIAL A acción titorial do profesorado levarase a efecto, fundamentalmente, en sesións presenciais semanais dunha hora e media de duración e de forma telemática a través do correo electrónico do titor correspondente e da páxina web de That´s English!, onde topará aceso directo á plataforma e-learning e a web do programa. Dado que o primeiro programa de TV específico para cada módulo emitirase a partir do luns 14 de outubro, é lóxico que as titorías propiamente ditas comecen a semana seguinte (do 21 ao 25 de outubro), de xeito que durante esa primeira semana os alumnos traballarán coa primeira unidade didáctica de cada módulo e na segunda semana traballaremos sempre a unidade didáctica que o alumno viu a semana anterior. Así, o alumno terá tempo dabondo para consolidar os seus coñecementos e rematar as tarefas de cara á titoría. As titorías enfocaranse do seguinte xeito:

a. 10 minutos para resolución de dúbidas. b. 80 minutos para favorecer o desenvolvemento da destreza comunicativa de expresión oral e a súa integración coas

outras destrezas no contexto dunha tarefa de interacción. c. Cómpre que os alumnos acudan ás titorías co material da unidade debidamente preparado. Para tales efectos, basta

que o alumno se remita á secuenciación de curso que lle facilitará o seu titor e que tamén estará colgada na páxina web da EOI de Pontevedra, no taboleiro de anuncios da sección de That´s English! (http://www.edu.xunta.es/centros/eoipontevedra/taboleiro_thats_english). Ademais, o envío das actividades correspondentes cada semana poderá ser telemático mediante o correo do titor.

d. Nos cursos terminais de nivel (2º de básico) será fundamental a preparación cara as probas terminais de certificación

5. AVALIACIÓN E PROMOCIÓN A avaliación dos alumnos de That´s English! levarase a cabo mediante probas presenciais ao final dos módulos 1, 2 e 3. Cada proba constará de catro partes: Comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita e expresión oral. O mínimo esixido para superar cada unha das partes é de 5. Ao rematar o módulo 4 (ou o antigo módulo 5) os alumnos realizarán a Proba Terminal de Certificación de Nivel Básico (A2). Para a consulta de resultados, os alumnos terán que acceder á páxina web do programa tecleando o seu nome de usuario e contrasinal correspondente e clicar no apartado expediente. O alumno que fora avaliado positivamente nun módulo, non terá que volver a cursalo, sempre que continúe no mesmo nivel e na modalidade de ensino a distancia. Pero é obrigatorio aprobar un módulo para poder presentarse a convocatoria do exame seguinte. De aí que ao longo do curso o titor informará aos alumnos das posibilidades de recuperación de módulos pendentes.

6. RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS

O profesorado facilitará ao alumnado a revisión de todas as probas realizadas e o alumno/a que estea en desacordo coa súa cualificación final poderá presentar unha reclamación perante a dirección da escola oficial de idiomas no prazo de dous días hábiles contados a partir da publicación da nota final.

7. BIBLIOTECA A biblioteca da EOI de Pontevedra dispón dos seguintes servizos: EN SALA: Consulta de todos os fondos (formato impreso e multimedia), Internet, canais internacionais de TV etc. A DOMICILIO: Empréstito da maioría dos fondos durante dez días, incluíndo DVDs. A biblioteca está formada polas zonas de recepción e información, de multiteca ou zona de consulta de documentos audiovisuais e Internet, a sala de estudo e a zona de materiais bibliográficos por idiomas. Hai documentos que son de libre acceso (dicionarios, enciclopedias...) que poden collerse directamente dos andeis. O material das vitrinas estará accesible cando haxa profesorado de garda. O arquivo contén fondos bibliográficos en soporte papel (libros de texto e de lectura, dicionarios, gramáticas, cómics), material audiovisual (DVD, CD-Rom), material audio (casetes, CD), periódicos e revistas en todas as linguas impartidas. Así mesmo, hai material de Inglés a distancia (That’s English!) e un fondo de películas en V.O.S. en todos os idiomas impartidos na escola. A consulta do catálogo da biblioteca pódese realizar desde calquera ordenador no seguinte enderezo: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ O servizo de empréstito da biblioteca ofrécese de xeito gratuíto para todo o alumnado matriculado na EOI de Pontevedra, calquera que sexa a modalidade de ensino. Pódese consultar horarios e normas de uso nos taboleiros da biblioteca e na páxina web da escola: http://www.edu.xunta.es/centros/eoipontevedra/

Page 3: Presentación básico 13 14