Presentacion abalar ceip eduardo pondal

7
Abalar no CEIP Eduardo Pondal Vigo

Transcript of Presentacion abalar ceip eduardo pondal

Page 1: Presentacion  abalar ceip eduardo pondal

Abalar no CEIP Eduardo Pondal

Vigo

Page 2: Presentacion  abalar ceip eduardo pondal

Que é Abalar…?

Abalar é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Page 3: Presentacion  abalar ceip eduardo pondal

Equipamento pa os nenos e os mestres…

Os ultraportátiles para os alumnos son un equipo de tipo tablet PC e táctil, que cumpre funcións de ordenador portátil e lector de documentos electrónicos.

Para os docentes estará dispoñible un portátil HP PROBOOK 4520S ou un HP PROBOOK 4530S, ambos cunhas características técnicas adaptadas ás súas necesidades.

Os portátiles forman parte da aula dixital, polo que o docente terá que utilizar o portátil que lle corresponda segundo a aula na que estea a impartir a clase.

Page 4: Presentacion  abalar ceip eduardo pondal

E ademais para o centro…

Unha pizarra dixital interactiva e un proxector para dixitalizar inda mais ao colexio.

Page 5: Presentacion  abalar ceip eduardo pondal

Todo isto ten que ter un sitio onde cargarse e quedar ordeado…

Por iso tamén seremos equipados cun armario de cara para os equipos:

O sistema de carga de portátiles está dotado dun programador que permite configurar o período de carga dos equipos. Isto posibilita programar a carga dos equipos en horario non lectivo.

O armario de carga tamén pode ser utilizado como un reforzo multimedia xa que no seu caixón superior dispón, ademais dos mandos de control de carga, a conexión para o sistema multimedia.

ARMARIO DE CARGA PARA OS EQUIPOS:

Page 6: Presentacion  abalar ceip eduardo pondal

Rede WiFi

Por sorte, o noso centro xa ten rede Wifi instalada, pero ao estar no proxecto Abalar a velocidade da rede mellorará e será mais accesible para todos.

Page 7: Presentacion  abalar ceip eduardo pondal

Contidos educativos no proxecto Abalar

Como elemento fundamental do novo modelo educativo que expón o Proxecto Abalar , estase a dotar ao profesorado, así como ao resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais:

• Facilitando o desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos e a incorporación dosúltimos avances tecnolóxicos na educación.

• Aproveitando as mellores prácticas desenvolvidas nos centros máis avanzados, pondo en valor todo o traballo e coñecemento do profesorado galego.

• Fomentando o espírito colaborativo e participativo dos docentes para establecer unha comunidade de desenvolvemento de contidos propios.

• Pondo en marcha un repositorio de información que se alimentará con contidos internos e externos á Xunta de Galicia, tanto públicos como privados e totalmente integrados no espazoAbalar.