Power samain magosto 2010

10
Haga clic para modificar el estilo de subtítulo del patrón O SAMAÍN E O MAGOSTO UNIDADE 1

description

Material elaborado polo ENLD do CEIP de Mondego

Transcript of Power samain magosto 2010

Page 1: Power  samain magosto 2010

Haga clic para modificar el estilo de subtítulo del patrón

O SAMAÍN E

O MAGOSTO

UNIDADE 1

CURSO 2010-2011EDLG do CEIP “ Pedro Barrié de la Maza”

Page 2: Power  samain magosto 2010

ORIXES DO SAMAÍN

Os pobos celtas aportaron a Galicia hai uns 2.600 anos a súa cultura e as súas crenzas. Adoraban a moitos deuses e deusas porque eran politeístas e a maior parte das súas celebracións gardaban relación coas forzas da natureza e as estacións do ano para que lles deparara unas boas colleitas.Unha desas celebracións era o SAMAÍN, data que coincidía co 1 de novembro.Os celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos coma trofeos de guerra e as caveiras aportábanlles a forza e o poder das súas pantasmas.Así colocábanas en lugares altos dos poboados para defendelos. Na celebración do Samaín,as almas en pena volvían ao mundo dos vivos por culpa dun feitizo.Colocaban nos cruces de camiños e no alto dos castros as caveiras dos inimigos mortos cunhas candeas prendidas no seu interior.A finalidade deste rito era asustar aos inimigos , asombrar ás xentes do poboado e espantar os meigallos.Como feito curioso, anos máis tarde, a igrexa adoptou esta celebración do 1 de Novenbro coma o Dia de Santos e Defuntos.Hai varios anos tentouse revitalizar esta celebración en Galicia,así ,na maioría dos centros escolares, os nenos e nenas tentan revivir eses ritos ancestrais tallando e decorando artísticamente as cabaceiras para realizar exposicións e nalgúns casos organízanse concursos que premian os deseños máis creativos.

Page 3: Power  samain magosto 2010

A CABACEIRA Pénsase que a súa orixe está en América e Asia meridional, pero numerosos autores exipcios e hebreos xa citaban o cultivo das cabazas nos seus escritos. A cabaceira é unha planta da familia das cucurbitáceas ,de follas amplas, cunhas flores comestibles alaranxadas. O seu froito pode ter un grande tamaño e a súa cortiza é dura e a súa carne polposa con moitas pebidas.Existen as variedades de verán e de inverno.Cabaza de verán: De pel clara e fina e sementes brandas. Ten un periodo curto de conservación. Exemplos desta variedade son : a cabaza de cor branca, verde ou amarela, a cabaza espagueti (de cor amarela) e a cabaza rondín (de pel alaranxada e carne branquecina).Cabaza de inverno: Máis doce e máis seca cá de verán, con menos contido de auga e de pel máis grosa. Dentro deste grupo atópanse: a cabaza banana, a de cidra ou zapallo e a confiteira ou de cabelo de anxo moi utilizada en diversos produtos de pastelaría. A cabaza do peregrino é unha variedade con forma de botella estrangulada que unha vez seca pode utilizarse como recipiente.

Page 4: Power  samain magosto 2010

MODELOS DE CABAZAS DECORADAS

E TODAS AS QUE SE VOS OCURRAN, QUE SERÁN ÚNICAS…

Page 5: Power  samain magosto 2010

Os rapaces de MONDEGOcelebran o Samaíndecoran moitas cabazasfacendo caveiras sen fin.

As rapazas de SADAseguen coa tradiciónde adornar coma sempreas cabazas e os melóns. 

Neste colexio, señores,faremos a exposiciónnon faltarán as cabazas, cabazas a mogollón. Algún medo pasarános alunnos pequerrechos,ao ver tantas caveiras berrarán coma os bechos.

Vinde,vinde, rapaces,ao Samaín de MONDEGOseguro que o pasaredescon ledicia e moito medo.

COPLAS DO SAMAÍN DE MONDEGO

CONTINUADE VÓS CON MÁIS ESTROFAS…

E NON VOS ESQUEZADES DE PARTICIPAR NO SAMAÍN DECORANDO AS CABAZAS MÁIS ORIXINAIS E TERRORÍFICAS.

Page 6: Power  samain magosto 2010

Aínda non está na cabaza e xa se torna vinagre”

Vai en contra dos que xa dan por conseguidos os feitos sen poñer os medios para logralos.

REFRÁNS E DITOS POPULARES SOBRE AS CABAZAS

“ Saír un cabaza”Non responder ao concepto positivo que se tiña formado sobre algo ou alguén.

“Non necesitar de cabazas para nada” Ter un bastante industria para manexarse por si so.

“Se a criada vai á praza, que traia de todo menos cabaza”

“En Xoves Santo as miñas cabazas planto, pero a vella que o sabía, xa nacidas as tiña”.

“Dé á cabaza o vento e beberás viño fresco”.“Cabaza,cabaza,todo o mundo pa súa casa…”.

Page 7: Power  samain magosto 2010

RECITA ESTA CANTIGA POPULAR

Señora MaríaSeñor Manuel

castañas asadase viño con mel.E viño con mele viño con melSeñora MaríaSeñor Manuel.

Page 8: Power  samain magosto 2010

FICHA TECNICA

ARBORE: castiñeiro

NOME CIENTIFICO: castanea sativa

ORIXINARIA DE : Asia Menor

ALTURA: 25- 35 metros

FROITO: ourizo espiñento chamado aquenio

SEMENTE: castaña

FOLLAS: simples, alternas, pecioladas, oblongo-lanceoladas e serradas

APORTA: hidratos de carbono

USOS DA CORTIZA E FOLLAS: como menciñas, para curtir,tinguir e facer cestos.

A CASTAÑA

Page 9: Power  samain magosto 2010

CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE

CASTAÑAS ASADAS

Page 10: Power  samain magosto 2010

PREGUNTA AOS TEUS PAIS , AVÓS OU VECIÑOS…

Se lembran cando de nenos facían uns colares coma este da imaxe. Chamábanse ZONCHOS ou castañas cocidas coa pel e ensartadas cun fío de cañamazo.As nais e avoas facíanllos aos rapaces e rapazas para levar no pescozo o día 1 de Novembro e todos querían ter o máis longo do barrio.