Power point biblioteca

17

Transcript of Power point biblioteca

Page 1: Power point biblioteca
Page 2: Power point biblioteca

GUÍA DA BIBLIOTECA• A Biblioteca: un mundo por descubrir.• Os Espazos.• A Organización do Fondo.• Recursos• Horarios.• Política de Préstamos.• Carnet da biblioteca.• Normas de Funcionamento.• Plan Lector.• Buzón de Suxerencias e Enfermería• A Mascota.

Page 3: Power point biblioteca

1. A Biblioteca: un mundo por descubrir.

A Biblioteca é un lugar moi especial do colexio. Un lugarpara saber e coñecer, para ler, para aprender pola túa conta. Un lugar de encontro no que te podes informar de todo o que che interese. Ademais de libros tamén podes encontrar videos,DVD, CD-ROM…Pero, sobre todo, a través da lectura dos libros,a biblioteca permitirache viaxar no tempo e no espazo, visitarépocas remotas, lugares marabillosos, descoñecidos, coñecerformas de vida moi distintas ás nosas, ter noticias de civilizacións lonxanas, de animais sorprendentes…… É un lugar para o entretemento, a curiosidade ea imaxinación, para sentir a poesía, para desfrutar de historias e lendas.Tamén che ofrece recursos necesarios para o estudo, a realización de traballos e tarefas escola- res. En resumo, temos na biblioteca un mundo por descubrir.

Page 4: Power point biblioteca

2. Os Espazos.

A nosa Biblioteca está organizada por recunchos. Temosdentro da propia biblioteca un recuncho de lecturainformal onde podedes ler tranquilamente un libro ou as revistas que están colocadas no revisteiro.

Temos tamén un recuncho de idiomas onde podes atopar libros e dvd´s

en portugués, inglés e tamén algún en francés. Este tamén é un recuncho

audio con 3 lectores de dvd onde o alumnado de 5º e 6º pode ver pelis,

documentais ou escoitar música.

Para o alumnado que desexe facer consultas, buscar información ou traballar a lectoescritura dispón de tres ordenadores portátiles. Non está permitido chats ou xogos que non sexan de carácter didáctico. No corredor da biblioteca temos outrorecuncho de lectura informal onde podes merendar antes de entrar.

Page 5: Power point biblioteca

3. A Organización do fondo.

Os libros da nosa Biblioteca están clasificados por ciclos.Cada libro leva un adhesivo rectangular da cor correspondenteao ciclo, na parte inferior do lombo; desta forma é fácil delocalizar os libros. Os de infantil levan un adhesivo de cor azul os de 1º ciclo levan un adhesivo de cor vermella os de 2º ciclo levan un adhesivo de cor verde

e os de 3º ciclo levan un adhesivo de cor amarela. Os libros de consulta e libros de lectura para adultoslevan un adhesivo de cor branca. Estes libros pódense consultarna biblioteca pero non levar a casa.

Page 6: Power point biblioteca

Temos clasificados alfabéticamente por autor e título todos os libros da biblioteca. Hai distintas seccións: . Narrativa . Poesía . Teatro . Cómic Temos un expositor á entrada onde atoparás todas as novidades. Neste outro expositor atópanse os traballos que os nenos foron facendo ao longo destes cursos. Istes nons se poden prestar.

Por outra banda, as novidades aparecerán en carteis por diferentes lugares do colexio.

Page 7: Power point biblioteca

Os CD-Rom e DVD’S están situados nestes dous expositores

no recuncho de idiomas.

Page 8: Power point biblioteca

O profesorado ademais dos recursos anteriores dispón du canón cunha pantalla onde se poden facer proxeccións.

A biblioteca ten dentro un Smart-TV coa posibilidade de polo no corredor que nos vai permitir acceder a calquer canal de tv, acceder a internet ou pasar calquera información que consideremos interesante para o noso alumnado:normas, actividades, actuacións, diversos tipos de información…

4. Recursos

Page 9: Power point biblioteca

5. Horarios.

Luns Martes Mércores

Xoves Venres

HorarioBibliotecaMañás

11:50-12:201º curso2ºcurso

11:50-12:203º curso4º curso

11:50-12:205º curso6º curso

11:50-12:201º curso2ºcurso3ºcurso

11:50-12:204º curso5º curso6º curso

Tardes 16:00-18:00

16:00-18:00

Toda a comunidadeeducativa

16:00-18:00

Toda a comunidadeeducativa

16:00-18:00

Toda a comunidadeeducativa

Este é o horario de préstamo da biblioteca.

Cada grupo de alumn@s co seu titor ten reservada unha hora semanal para utilizar a biblioteca no seu horario lectivo.

Toda a comunidadeeducativa

Page 10: Power point biblioteca

6. Política de Préstamos.

Cada alumn@ pode levar Todos os préstamos serán anotados no ordenador. Os alumn@s poden subir todos os días á hora do recreo á biblioteca. Para levar ou devolver fondos teñen que respectar o horario. Pola tarde poden facer uso da biblioteca e tamén facer préstamo.Se alguén non devolve un libro, o perde , o rompe ou estraga será penalizado non podendo levar máis libros en préstamo até que non o devolva ou ben o repoña comprando un novo ou pagando o que custou.

Page 11: Power point biblioteca

7. Carnet da biblioteca. Cada neno terá o seu carnet da biblioteca onde constará o seu nome, apelidos e número de lector. É importante que o use cando vaia á biblioteca para facer préstamo xa que lle vai permitir habituarse ao seu uso.

Page 12: Power point biblioteca

8. Normas de Funcionamento.

Cando collas un libro da estantería has de ser coidadoso e deixar o resto dos libros ben colocados xa que están orde-

nados por orde alfabética. Cando devolvas o libro, antes de colocalo no carriño

corres- pondente deberás entregalo á encargada da biblioteca para que o anote como devolto no programa Meiga que xestiona a Biblioteca Escolar. NON O COLOQUES TI NOS ESTANTES.

Recorda que os libros están ordenados de acordo aos seguin- tes criterios:

1º) N, P, C, T según sexa narrativa, poesía, teatro ou cómic.

2º) As tres primeiras letras do 1º apelido do autor. 3º) As tres primeiras letras do título.

NANDcon

Page 13: Power point biblioteca

Nunca quites os adhesivos que levan os libros na parte inferior do lombo.

Deberás coidar os libros con todo o esmero posible, son moi caros e moitos títulos xa non están dispoñibles nas librarías.

Trátaos con coidado. Se os teus pais che axudan a forralos con plástico transparente, contribuirás á súa conservación.

Cada lector é responsable dos libros que toma en préstamo e se os deteriora ou perde, deberá repoñelos.

Estes carriños son para depositar os libros que devolvedes ou xa non utilizades. O vermello é para o

1º ciclo, o verde para o 2º ciclo e o amarelo para o 3º ciclo.

Page 14: Power point biblioteca

Para utilizar os ordenadores debesfalar coa encargada da biblioteca e ler atentamente as normas de uso queestán coladas na parede. Temos que anotarnos nun libro de rexistros con un ou dous días de antelación para usalos.

O alumnado de 5º e 6º ten a súa dispo- sición 3 lectores de dvd. O sistema é o mesmo. Hai un libriño de rexistros.

Page 15: Power point biblioteca

9. Plan Lector. A nosa Biblioteca desenrola

varias actividades importantescos alumnos: - “Biblioteca de aula” para dedicar diariamente un tempo álectura e ás practicas de com-prensión. - “Mi diario de lectura” co alumnado de 1º, 2º e 3º ciclo de Primaria. Cada vez que lean 1

libro da biblioteca farán un resumodo mesmo e comentarán se llesgustou ou non e por que. Os nen@s do 1º ciclo tamén poderán facer debuxos alusivos ao tema

dos libros e ás personaxes; eses debuxos utilizaranse para deco-rar á Biblioteca.

Page 16: Power point biblioteca

10. Buzón de Suxerencias.

A nosa Biblioteca conta cun buzón de suxerencias a través do cal podedes facer propostassobre a adquisición de

fondos, a organización da Biblioteca ou o seu funcionamento.

11. A Enfermería.A nosa Biblioteca conta cunha sección de enfermería onde os libros máis estra-gados esperan para ser arranxados se fora posible.

os

Page 17: Power point biblioteca

12. A Mascota.

A nosa mascota chámase Libriña e atópase en distitas dependencias do colexio invitando aos alumn@s a que visiten a biblioteca. Tamén podemos atopala nos estantes dos armarios,na contraportada dos diarios de lectura, nos marcapáxinas, nobuzón de suxerencias, adornando a biblioteca ou incluso a entrada do colexio informándonos de cousas interesantes.